I ESTUDO CESTA DA COMPRA EN LIÑA
I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais
2
INTRODUCIÓN ___________________________________________________________ 3
FINALIDADE E OBXECTO DO ESTUDO ____________________________________ 5
MOSTRAS E ÁMBITO _____________________________________________________ 6
METODOLOXÍA ___________________________________________________________ 8
EVOLUCIÓN DOS PREZOS ________________________________________________ 9
VARIACIÓN DE PREZOS POR CADEA DE DISTRIBUCIÓN: ______________________ 12
ALCAMPO __________________________________________________________________________ 12 CARREFOUR ________________________________________________________________________ 12 EROSKI _____________________________________________________________________________ 13 FROIZ ______________________________________________________________________________ 13 GADIS ______________________________________________________________________________ 14 HIPERCOR __________________________________________________________________________ 14 MERCADONA _______________________________________________________________________ 15
RELACIÓN ENTRE PREZOS POR ENVASE E UNIDADE DE MEDIDA _____________ 16
PREZOS POR GRUPO DE PRODUTOS ________________________________________ 17
ALIMENTACIÓN _____________________________________________________________________ 17 BEBIDAS ____________________________________________________________________________ 18 DROGUERÍA ________________________________________________________________________ 19
CONCLUSIÓNS ______________________________________________________________ 20
CESTA DA COMPRA _____________________________________________________ 22
RESUMO ____________________________________________________________________ 23
É DOADO FACER A COMPRA POR INTERNET? ____________________________ 24
NORMATIVA E CUESTIÓNS LEGAIS ______________________________________ 27
ANEXO: CESTA DA COMPRA_____________________________________________ 29
I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais
3
INTRODUCIÓN
Nos últimos tempos os hábitos de compra dos consumidores e consumidoras estanse a
modificar da man das novas tecnoloxías. É unha realidade, que internet cada día está máis
presente nas nosas actividades diarias e facer a nosa compra non é unha excepción.
Segundo os datos de consumo alimentario do Ministerio de agricultura, alimentación e
medio ambiente publicados o pasado mes de marzo1, a evolución dos hábitos de compra
por internet aumentaron de xeito continuo nos últimos 10 anos. Na actualidade representan
un 10% das compras que se realizan.
Evolución dos hábitos de compra por internet (2004 – 2013)
Por outra banda, e segundo datos do mesmo informe, os consumidores e consumidoras
elixen maioritariamente os supermercados e hipermercados para realizar as súas compras.
En alimentos non frescos a porcentaxe de persoas que os elixe supera o 70% e representan
preto do 60% no total da alimentación.
1 http://www.magrama.gob.es/es/alimentacion/temas/consumo-y-comercializacion-y-distribucion-alimentaria/PRESENTACION_DATOS_CONSUMO_2013_tcm7-321988.pdf
I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais
4
Cuota de Mercado de los canales de compra
Non é menos certo que nos últimos anos, desde a explosión da crise económica, o prezo
dos produtos ten un peso cada vez máis importante na nosa decisión de mercar nun ou
noutro establecemento, máis incluso que a proximidade.
En canto á decisión sobre que produtos mercar, o 69% dos consumidores e consumidoras
recoñecen que sempre elixen as mesmas marcas e un 24% escolle entre determinadas
referencias comerciais.
Segundo un estudo de Omnicom Media Group2 sobre evolución do consumidor ante a
recesión económica, 7 de cada 10 españois manifestan seguir dispostos a consumir a
mesma marca pero buscando o menor prezo. Este mesmo estudio pon de manifesto que o
prezo converteuse nun factor de compra clave: un 65% fíxase moito máis agora nos prezos
que antes.
Estas novas realidades na toma de decisións non son estrañas aos grandes distribuidores,
é por este motivo que, nos últimos anos, as ofertas 3x2, descontos en ulteriores unidades,
produtos reclamo, diferentes tipos de envases, etc; fan que non sempre podamos facer
unhas comparativas reais que nos permitan acertar na mellor elección para os nosos
intereses.
2 http://recursos.anuncios.com/files/319/19.pdf
I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais
5
FINALIDADE E OBXECTO DO ESTUDO
A Unión de Consumidores de Galicia ten como obxectivo principal do presente estudo
establecer os grupos de distribución que ofrecen mellores prezos nas súas plataformas de compra en liña, atendendo tanto aos prezos por envase como aos prezos por unidade de medida, e atendendo tanto ao conxunto dunha cesta como a tipos de produtos.
Ao xuízo de Unión de Consumidores de Galicia resultará moi ilustrativo por de manifesto que segundo a
metodoloxía de estudio, un mesmo grupo de distribución pode acadar excelentes resultados no custe final dunha
cesta da compra se atendemos a un dos criterios e un resultado ben distinto cando atendemos ao outro baremo.
Para Unión de Consumidores de Galicia, manter unha boa decisión na fixación de prezos atendendo a ambos os
elementos determinará a mellor opción xa que logo o usuario poderá adquirir a bo prezo os produtos que busca
con independencia de que precise un formato maior ou menor.
Será obxecto de estudio a relación entre ambos tipos de prezos en orden a determinar a
opción de cada grupo respecto dos formatos que comercializan.
Tamén trataremos de albiscar as condutas dos distribuidores á hora de fixar prezos e
formatos, o número de referencias dispoñibles, así como valorar a aproximación do
formato ás unidades de medida legalmente establecidas (quilo, litro, etc.); unha opción que
a xuízo de Unión de Consumidores de Galicia repercutiría moi positivamente na capacidade
do usuario para comparar prezos e de seguro incidiría na minoración dos custes por parte
dos produtores.
Ao tempo que se realiza o estudo de prezos, e como obxectivos secundarios, analizarase
o cumprimento da normativa en canto a indicación de prezos dos produtos e outros
servizos, protección de datos ou indicacións nas vendas a distancia.
Por último, realizaremos unha valoración de cada unha das plataformas co fin de
determinar que grupos de distribución apostan polo uso da novas tecnoloxías e cales
semellan empregalas quizais para non quedar fóra.
Trátase, en definitiva, de facilitar á cidadanía unha comparativa que lle axude na toma de
decisións á hora de realizar a compra de produtos de alimentación por internet, incidindo na
importancia que o formato e a unidade de medida teñen no importe final da nosa compra; se
ben moitas das conclusións poden extrapolarse ao proceso de compra en tenda física.
I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais
6
MOSTRAS E ÁMBITO
A proposta de traballo que presenta a UCGAL pasa por analizar unha lista de 83 produtos divididos en tres grupos:
• Alimentación (47 referencias): Aceites, aperitivos, pastas, lácteos, conservas
vexetais, produtos de almorzo, fariñas, salsas e alimentación infantil.
• Bebidas (10 referencias): Auga, cervexa, refrescos, viño e zume.
• Droguería (26 referencias): Hixiene persoal, limpeza do fogar e droguería infantil.
Trátase de referencias de marcas comerciais xa que as marcas de distribución tenden a
estar moito máis estandarizas. Analizar os prezos de produtos de marca comercial elimina o
impacto nos resultados das políticas de prezos que cada un dos grupos de distribución pode
ter sobre os produtos de marca propia
Os produtos de referencia foron elixidos pola súa popularidade e coñecemento xeneralizado
entre os consumidores. Determinar as referencias incluídas no estudo foi unha das partes
máis complicadas xa que pronto comprobamos que non sería doado atopar todos os
produtos en todas ou na maioría dos grupos que eran obxecto de estudio. En todos os
casos tentamos que os produtos elixidos estivesen presentes na totalidade dos
establecementos comerciais incluídos no estudo.
Na lista da compra confeccionada non se recollen produtos conxelados ou frescos nin
tampouco algúns dos que, aínda que convenientes, non se puideron atopar marcas
comerciais na maioría das cadeas (por exemplo celulosas, instrumentos de limpeza ou
conservas de peixe).
En canto ao ámbito, Unión de Consumidores de Galicia incluíu no estudio a Alcampo,
Carrefour, Eroski, Froiz, Gadis, Hipercor e Mercadona; grupos que no seu conxunto e
segundo datos de Alimarket (empresa líder en xeración de contidos de información
económico – sectorial) referidos a 2013, representaban o 76% do reparto de venta retallista
en Galicia.
Todos os grupos obxecto de estudio contan con plataformas web onde se pode realizar a
compra dos seus produtos.
I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais
7
Alcampo https://www.alimentacion.alcampo.es/tienda/home.php
Carrefour http://www.carrefouren liña.carrefour.es/supermercado/Bienvenida.aspx
Eroski http://www.compraen liña.grupoeroski.com/supermercado/home.jsp
Froiz https://compraen liña.froiz.com/index_alt.php
Gadis http://www.gadisline.com/web/gadisa.jsp
Hipercor http://www.hipercor.es/hipercor/sm2/login/portada.jsp?_requestid=835028
Mercadona https://www.mercadona.es/ns/entrada.php?js=1
Quedan fora do presente estudo aquelas cadeas de distribución, que aínda que asentadas
na nosa comunidade, non posúan plataforma de venta en liña.
I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais
8
METODOLOXÍA
Realizáronse un total de 6 tomas de mostras durante os meses de xullo a outubro de 2014.
Os datos recollidos para cada produtos correspondíanse co PVP do envase e co prezo por
unidade de medida. Os rexistros de datos realizáronse sempre nun prazo máximo de 48
horas, agás na primeira mostra, para a que foron precisos 7 días, ao tratarse daquela na
que se determinaron os produtos incluídos na cesta da compra.
As datas da recollida de datos foron as seguintes:
10 ao 17 de xullo
31 de xullo
26 ao 27 de agosto
14 de setembro
5 de outubro
23 de outubro
Aínda sendo rigorosos na elección dos referencias a analizar, houbo momentos nos que
algúns dos produtos que conformaban a cesta da compra non se atopaban na totalidade
das tendas en liña, xa que ou ben foran eliminadas definitivamente da liña de compra ou
carecían temporalmente de existencias.
Nestes casos, e para evitar rexistros en branco que alterarían o estudo, aplicouse o prezo
medio para ese produto (media aritmética cos datos obtidos nas demais cadeas de
distribución), evitando aplicar prezos superiores ou inferiores que non responderían á
realidade e distorsionasen o resultado.
Unha vez recollidos todos os prezos dos diferentes produtos calcúlase o prezo total de cada lista da compra (por envases e por unidade de medida) ao tempo que se calcula o
prezo medio de cada toma de mostra.
I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais
9
EVOLUCIÓN DOS PREZOS
Existe unha evolución diferente en canto ao prezo por envase e o prezo por unidade de
medida; é por isto que cómpre facer unha análise diferenciada co fin de verificar a
existencia ou non de posibles estratexias comerciais e como estas poden afectar na nosa
decisión de compra como consumidores e consumidoras.
A media do importe da compra por envase é de 224,77 €
A media do importe da compra por unidade de medida é de 345,61 €
211,86 €
228,73 € 220,49 € 224,58 €
237,15 € 246,69 €
203,88 €
Prezos Medios por Envase
322,70 €
364,08 € 363,51 €
342,20 €
316,81 €
369,26 €
340,73 €
Prezos Medios Unidade de Medida
I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais
10
A evolución do prezos por envase durante os meses obxecto do estudo no experimentou
un cambio moi significativo. Practicamente cada unha das cadeas de distribución comezou
e rematou o estudo na mesma posición con respecto ás súas competidoras. Os mellores
resultados son para Froiz e Mercadona.
Como se pode observar, as diferenzas nas estratexias son visibles. Así como existen
cadeas comerciais que apostan por un encarecemento do prezo por envase (nalgúns casos
derivados dunha utilización de formatos de maior tamaño), existen outras que se decantan
por abaratar o carro da compra aínda que isto signifique un encarecemento do prezo do
produto en valores absolutos.
Esta evolución baixista é a predominante no caso de Hipercor e relativa no caso de
Eroski. O resto das cadeas de distribución incrementan os prezos por envase, o que
significa que os consumidores precisamos desembolsar máis cartos para comprar a
mesmas cousas en outubro que en xullo aínda que a cantidade que compremos poida ser
maior.
As sete cadeas de distribución permanecen na súa posición no gráfico durante todo o
estudo salvo no caso de Eroski e Carrefor que intercambian posicións na terceira mostra
realizada, pero rematan do mesmo xeito que o comezaron.
190,00 €
200,00 €
210,00 €
220,00 €
230,00 €
240,00 €
250,00 €
260,00 €
Evolución dos prezos por envase
MERCADONA
GADIS
EROSKI
CARREFOUR
ALCAMPO
HIPERCOR
FROIZ
I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais
11
Con respecto aos prezos por unidade de medida, Alcampo e de novo Mercadona obteñen os mellores resultados. As variacións de prezo foron un pouco máis evidentes. A
explicación a este comportamento atopámolo na apostas das distribuidoras por vender
envases máis grandes para así poder obter un mellor prezo en termos estandarizados.
Hai que destacar que aínda que as diferenzas entre o mellor situado, Alcampo, e o peor, Hipercor, son de máis de 60 €, existen tres grupos claramente diferenciados entre si:
Hipercor, Gadis e Eroski na parta alta da gráfica e cuns prezos por unidade de medida máis
altos; Carrefour e Froiz no centro e na parte máis baixa Mercadona e Alcampo cos prezos
máis competitivos. Entre os pertencentes aos tres grupos distan tramos que non chegan
aos 20 €.
A diferenza da gráfica anterior, neste caso existen cambios de posicións xa que Froiz e
Carrefour alternan a súa situación desde o comezo ate o remate do estudo.
Teñen unha estratexia baixista Alcampo e Carrefour o que leva parella a necesidade de
facer un maior desembolso xa que esta tendencia tradúcese en envases máis grandes ou
produtos que se venden en máis dunha unidade, polo tanto maior desembolso á hora de
realizar compra.
300,00 €
310,00 €
320,00 €
330,00 €
340,00 €
350,00 €
360,00 €
370,00 €
380,00 €
1 2 3 4 5 6
Evolución dos prezos segundo unidade de medida
MERCADONA
GADIS
EROSKI
CARREFOUR
ALCAMPO
HIPERCOR
FROIZ
I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais
12
VARIACIÓN DE PREZOS POR CADEA DE DISTRIBUCIÓN:
ALCAMPO
Con respecto aos prezos medios, Alcampo obtén o mellor prezo medio por unidade de medida pero o segundo peor resultado no caso dos envases. A tradución desta
expresión é que para abaratar o custe por unidade de medida temos que comprar máis
cantidade de produto. Opción interesante para grandes consumidores.
CARREFOUR
No caso desta cadea de distribución, os seus resultados coinciden cos prezos medios
tanto en prezos por envase como por unidade de media.
190,00 €
240,00 €
290,00 €
340,00 €
390,00 €
1 2 3 4 5 6
Variación dos prezos de Alcampo
Prezos envases
Prezos Unidade Medida
190,00 €
240,00 €
290,00 €
340,00 €
390,00 €
1 2 3 4 5 6
Variación dos prezos Carrefour
Prezos envases
Prezos Unidade Medida
I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais
13
EROSKI
Eroski atópase por riba da media no prezo por unidade de medida pero preto da media no caso dos envases. Isto tradúcese en que por envase, ou o que é o mesmo, por encher
o carro, pagamos un prezo medio pero, en termos absolutos, estamos comprando a un
prezo por unidade estandarizada superior á media.
FROIZ
Obtén o mellor prezo por envase, e sitúase tamén por baixo da media no caso de prezos por unidade de medida. Froiz é a cadea distribución na que resulta máis
económico encher o carro cos produtos da nosa cesta, e o prezo por unidade estandarizada
sitúase un pouco por baixo da media dos sete supermercados analizados. O resultado
deste grupo sitúao como unha das dúas mellores opcións con independencia do formato.
190,00 €
240,00 €
290,00 €
340,00 €
390,00 €
1 2 3 4 5 6
Variación dos prezos de Eroski
Prezos envases
Prezos Unidade Medida
190,00 €
240,00 €
290,00 €
340,00 €
390,00 €
1 2 3 4 5 6
Variación dos prezos de Froiz
Prezos envases
Prezos Unidade Medida
I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais
14
GADIS
Neste caso atopámonos por moi por riba da media cando nos referimos a unidade de medida pero dentro desta se atendemos a prezos por envase. Isto significa que aínda
que encher o carro da compra cos produtos da nosa cesta non supoña un excesivo custe, si
resulta un maior desembolso para adquirir unidades estandarizadas dos mesmos (kg, litro,
lavado, etc.)
HIPERCOR
Esta é a cadea de distribución que ten uns os prezos máis elevados tanto en referencia a envases como en unidade de medida. A opción de compra menos interesante con
independencia do formato.
190,00 €
240,00 €
290,00 €
340,00 €
390,00 €
1 2 3 4 5 6
Variación dos prezos de Gadis
Prezos envases
Prezos Unidade Medida
190,00 €
240,00 €
290,00 €
340,00 €
390,00 €
1 2 3 4 5 6
Variación dos prezo de Hipercor
Prezos envases
Prezos Unidade Medida
I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais
15
MERCADONA
É o outro grupo de distribución que está por baixo da media tanto no caso de prezos por envases como no prezo medio por unidade de medida, e malia que non obtén o
mellor resultado en ningún dos dous parámetros, obtén o mellor resultado global do noso estudio ao acadar o segundo posto nas dúas estatísticas.
Manterse por baixo da media tanto en prezos por envases como por unidade de medida (ao igual que Froiz) amósanos unha estratexia que tenta combinar ambas as dúas referencias e que permite comprar os produtos que o consumidor precisa a un prezo competitivo con independencia do formato do envase polo que se decante.
190,00 €
240,00 €
290,00 €
340,00 €
390,00 €
1 2 3 4 5 6
Variación dos prezos de Mercadona
Prezos envases
Prezos Unidade Medida
I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais
16
RELACIÓN ENTRE PREZOS POR ENVASE E UNIDADE DE MEDIDA
Se analizamos as diferenzas entre prezo por envase e por unidade de medida atopámonos que a cadea de distribución que conta cunha menor diferenza entre ambas é Alcampo, mentres que na que máis se distancian é Eroski.
A existencia de unha menor diferenza significa que as medidas tenden a estar máis
estandarizadas, ou o que é o mesmo, a ser produtos dunhas dimensións que tenden hacia
as unidades de referencia, o quilo ou o litro.
A converxencia de ambos prezos facilitaríanos a comparativas entre cadeas de distribución,
se ben é certo que tamén nos levaría a situacións nas que poderiamos acabar mercando
máis cantidade, aumentando así o risco de desbotar produto non consumido e incidindo así
nun maior gasto final.
MERCADONA
GADIS
EROSKI
CARREFOUR
ALCAMPO
HIPERCOR
FROIZ
110,84 €
136,12 €
143,02 €
117,62 €
79,66 €
122,58 €
136,85 €
Diferencias entre prezo por envase e unidade de medida
I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais
17
PREZOS POR GRUPO DE PRODUTOS
ALIMENTACIÓN
Os produtos de alimentación son os que teñen un peso máis importante no noso estudo (47 referencias). Son os que representan un maior número de referencias aínda que non a parte máis elevada do gasto por envase.
No caso do prezo por envase, a cadea de distribución mellor situada, ao igual que no total da lista da compra, é Froiz cun custe de case 84 €, (un 25% menos que a máis cara Hipercor con 104 €) seguida de Gadis.
No caso do prezo por unidade de medida, a cadea de distribución que ofrece uns mellores prezos para a nosa cesta da compra é Alcampo (240 €) seguida a 4 € de distancia por Mercadona. Na parte oposta da gráfica atopamos a Hipercor e Gadis onde resulta 35 € máis caro realizar a compra por unidade de medida.
96,01 € 91,87 €
96,05 € 100,72 € 100,20 €
104,46 €
83,84 €
ALIMENTACIÓN PREZO POR ENVASE
247,54 €
274,81 € 272,68 € 265,78 €
240,13 €
275,73 €
256,08 €
ALIMENTACIÓN PREZO UNIDADE MEDIDA
I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais
18
BEBIDAS
É o grupo de produtos máis pequeno con só 10 referencias. As cadeas de distribución que ofrecen un mellor prezo por envase son Eroski e Froiz e a que ofrece un prezo máis caro é Mercadona.
No caso dos prezos por unidade de medida Alcampo é onde resulta máis económico realizar a compra de bebidas e as máis caras son Gadis e Carrefour a un euro de distancia.
Neste grupo pódese diferenciar claramente como unha estratexia de grandes volumes pode situarnos na parte máis alta da gráfica no caso de prezo por envase pero moi preto da parte baixa no prezo por unidade de medida.
26,32 €
20,58 € 19,18 €
23,58 €
20,07 € 23,02 €
19,22 €
BEBIDAS PREZO POR ENVASE
14,43 €
14,88 €
14,53 €
14,86 €
13,88 €
14,40 € 14,50 €
BEBIDAS PREZO UNIDADE DE MEDIDA
I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais
19
DROGUERÍA
O Grupo de droguería é o que representa a maior parte do desembolso na nosa cesta da compra. Conta con un total de 26 referencias.
A cadea de distribución que se sitúa nunha mellor posición á hora de realizar a compra de droguería por envase é Mercadona con 89,50 € un 33% máis económica que a máis cara, Hipercor con 119 €.
No caso de prezo por unidade de medida Mercadona (60,70 €) mantense na súa posición de mellor opción, seguida moi de preto po Alcampo e a case 20 € da máis cara, Hipercor (79 €).
89,53 €
116,80 € 105,26 € 100,28 €
116,88 € 119,21 €
100,82 €
DROGUERÍA PREZO POR ENVASE
60,72 €
75,69 € 76,30 €
61,55 € 62,74 €
79,16 € 70,11 €
DROGUERÍA PREZO UNIDADE DE MEDIDA
I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais
20
CONCLUSIÓNS
Realizando unha comparativa entre os prezos por unidade de medida e os prezos por
envase podemos dicir que a cadea de distribución que se atopa mellor situada (máis
preto dos eixos) ou que ten unha mellor relación entre prezo por envases ou por unidade de medida é Mercadona. No extremo oposto (máis afastado dos eixos) atópase
Hipercor, sendo este o supermercado en cuxa tenda en liña resulta máis caro realizar a
compra.
Xa dende a primeira toma de mostra démonos conta da imposibilidade de poder facer a mesma “cesta da compra” en todas as cadeas de distribución. Aínda que os produtos
eran os mesmos, as presentacións eran diferentes.
Existen estratexias diferenciadas. Así como nuns casos existe unha aposta decidida por
abaratar o prezo por unidade de medida, o que se traduce nun maior desembolso á hora
de realizar a compra; noutros atopámonos con un abaratamento dos envases
incrementando o prezo estandarizado, ou o que é o mesmo reducir o prezo do carro da
compra pero encarecer o produto que mercamos.
O equilibrio atopámolos naquelas cadeas que de distribución que teñen en conta ambos os
dous aspectos.
310,00 €
320,00 €
330,00 €
340,00 €
350,00 €
360,00 €
370,00 €
380,00 €
190,00 € 200,00 € 210,00 € 220,00 € 230,00 € 240,00 € 250,00 €
Prez
os p
or u
nida
de d
e m
edid
a
Prezos por envase
Relación prezos medios
MERCADONA
GADIS
EROSKI
CARREFOUR
ALCAMPO
HIPERCOR
FROIZ
I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais
21
Para encher o carro precisamos 224 € de media. A mellor opción en relación ao prezo por envase é Froiz onde realizar a compra cústanos 203 €, seguida moi de preto por
Mercadona. En Hipercor precisamos 43 € máis.
En prezos por unidade de medida a cadea máis competitiva é Alcampo onde gastamos
316 € só 6 menos que a seguinte Mercadona pero a un 16% menos que a máis cara, Hipercor. De media precisamos 345 € para realizar a nosa cesta da compra en unidades
estandarizadas.
I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais
22
CESTA DA COMPRA
Como xa comentamos, a elaboración da cesta da compra foi un aspecto complicado deste
estudo, posto que dende o primeiro momento démonos conta que sería imposible facer a
mesma análise en todas as cadeas de distribución dada a falla de coincidencia dos
formatos ou a propia falla puntual dalgunha das referencias.
A cadea de distribución que sofre unha maior perda de referencias na nosa lista da
compra foi Carrefour onde desaparecen 6 produtos, mentres que Gadis, Eroski e Froiz practicamente non sufriron variacións.
Por cadeas de distribución podemos atopar as seguintes incidencias encanto á
conformación da lista da compra:
Tanto Carrefour como Alcampo teñen unha tendencia á baixa no seus prezos por envase ao tempo que desaparecen produtos do seu liñal de internet. Parece que a
mellora nos prezos descorre á par dunha limitación das opcións para os consumidores e
consumidoras.
Mercadona tamén sofre unha redución de referencias parecida á de Alcampo aínda que na
súa tenda en liña podemos atopar un maior número dos produtos que conforman a nosa
lista da compra.
As ofertas ou promocións 3x2 non sempre supoñen un aforro para os nosos petos,
sobre todo se decidimos comprar un só produto no canto dos tres. Tanto no caso de
Carrefour como Eroski, cadeas onde son máis frecuentes este tipo de promocións,
atopámonos produtos afectados por estas ofertas que ven incrementado o seu prezo individual.
I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais
23
RESUMO
Atopámonos referencias que teñen un envase diferente para case cada cadea de distribución o que fai necesaria a comparación a través do prezo por unidade de medida.
Un dos casos que máis chama a atención é o do lavalouzas Fairy, para do cal atopamos 5
envases diferentes nos 7 grupos de distribución (850, 900, 615, 750 e 1.190 ml).
En diversos casos atopamos variacións nos formatos dos produtos analizados, botellas
de lixivia que pasa de 2,3L a 2L ou Ketchup que baixa o seu volume son exemplos que
debemos ter en conta. Debemos vixiar estas circunstancias, xa que nalgunhas ocasións
estas variacións nos formatos non van acompañadas dunha variación no prezo. Ou o
que é o mesmo encarece o prezo por unidade de medida.
A non estandarización de formatos lévanos a que se dean picarescas como variar o formato pero mantendo o mesmo prezo. Nos casos atopados o envase faise máis
pequeno pero o prezo non varía.
Existen produtos que presentan evolucións similares en todas as cadeas de distribución ao mesmo tempo ou en prazos moi similares. Entre a toma de mostras 5 e 6 o
aceite de oliva dispara o seu prezo incrementándose en máis de 50 céntimos en todas
as cadeas de distribución.
Seguimos atopando produtos que se etiquetan ou se destacan como oferta e que teñen prezos maiores que na toma de mostra anterior. Polo que debemos ser cautos cos
nosos impulsos de compra diante dunha referencia como a sinalada e tentar comparar
sempre.
A unidade de medida establecida non sempre é unha referencia que poda reflectir a
variación dos prezos. Cando prezo por unidade de medida é moi baixo (toalliñas de bebe
por exemplo) unha variación no prezo do envase, na maioría dos casos, non ten repercusión no prezo por unidade de medida.
I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais
24
É DOADO FACER A COMPRA POR INTERNET?
Como sinalábamos na introdución do estudo, a venta por internet en España está presente
dende hai máis de 10 anos. Neste tempo a maioría da cadeas de distribución dotáronse
dunha plataforma de venta en liña.
Durante a recollida de datos tivemos a oportunidade de avaliar cada unha das plataformas
das cadeas de distribución analizadas, ao tempo que valoramos a facilidade á hora de
realizar a compra.
Debemos destacar que antes do acceso ás tendas en liña todas as cadeas de distribución
ofrecen información clara e fácil de identificar sobre os métodos de pago, gastos inherentes ao do servizo, e formas de como hai que realizar os trámites. Tamén
aparecen facilmente destacados os servizos de certificación cos que contan as diferentes
plataformas de venta.
Unha vez accedemos ás tendas en liña, as diferenzas comezan a ser máis visibles, xa
que nos atopamos con dous tipos diferentes de plataformas que responden a dúas
estratexias de posicionamento claramente diferenciadas.
Por un lado, empresas como Gadis, Froiz e Mercadona, contan cunhas plataformas de
venta, ao noso entender, simples e pouco intuitivas, sen imaxes dos produtos (Froiz
acábaos de introducir) e que contan cuns sistemas de procura de referencias mellorables,
por non teñen opción de auto enchido.
I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais
25
Por outro lado as outras catro cadeas de distribución (Alcampo, Carrefour, Eroski e Hipercor) dotáronse de plataformas de venta moito máis intuitivas e con facilidades na procura de referencias.
I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais
26
Neste punto gustaríanos destacar a aposta pola compra electrónica realizada por Carrefour ao contar coa primeira APP de compra así como unha web optimizada para dispositivos móbiles. Esta aposta fai da compra en liña algo
atractivo ao tempo que fácil de realizar.
Dende a Unión de Consumidores de Galicia invitamos ao resto das cadeas de distribución a realizar esta aposta
sobre todo se atendemos ao incremento constante das cifras
de compra por internet e de uso de dispositivos móbiles como
smartphones ou tablets para realizar as compras.
I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais
27
NORMATIVA E CUESTIÓNS LEGAIS
Os aspectos normativos que quixemos analizar afectaban por unha banda ao cumprimento da normativa relativa a etiquetado de prezos e por outro a protección de datos, privacidade e información preceptiva segundo a normativa de comercio electrónico.
No referente á indicación de prezos e dende a entrada en vigor do Real Decreto 3423/2000, de 15 de decembro, polo que se regula a indicación dos prezos dos produtos ofrecidos aos consumidores e usuarios todos os comerciantes están obrigados a indicar o prezo de venta e os prezos por unidade de medida en todas as referencias analizadas na nosa cesta da compra3
Artigo 2. Definicións.
A efectos do presente Real Decreto enténdense por:
a) “Prezo de venta”: o prezo final dunha unidade de produto ou dunha cantidade determinada do produto, incluídos o Imposto sobre o Valor Engadido (IVA) e todos os demais impostos.
b) “Prezo por unidade de medida”: o prezo final, incluídos o IVA e todos os demais impostos, por un quilogramo, un litro, un metro, un metro cadrado ou un metro cúbico do produto ou unha unidade de produto, ou, con respecto aos produtos especificados no anexo II, a cantidade establecida no dicho anexo. Tendo en conta que se pode empregar só unha unidade de medida para cada categoría de produtos.
Anexo II respecto a deterxentes
Nos deterxentes destinados ao uso doméstico para o lavado de roupa en máquinas automáticas, a unidade de medida referirase á cantidade necesaria para un lavado en condicións normais de lixo e dureza da auga de 25 grados franceses.
Dende a Unión de Consumidores de Galicia entendemos que a referencia de unidade medida que obriga aos deterxentes é un criterio a lo menos cuestionable ao resultar excesivamente técnico e pouco empregado polos consumidores e consumidoras de a pé, e que ademais préstase a confusión (lavado / caciño). Quizais resultaría máis axeitado empregar unha unidade facilmente comprensible e verificable pola meirande parte das persoas que adquiren o produto.
A pesares das indicacións legais, case a totalidade das cadeas de distribución analizadas cumpren o RD 3423/2000 e mostran a totalidade dos seus produtos co PVC e co prezo por unidade de medida. Aínda que algunhas tentan que ambas as dúas referencias estean facilmente localizables en todo o momento da compra como no caso de Hipercor, onde están presentes ao longo de todo o proceso de compra, o que facilita poder realizar unha comparativa coas medidas estandarizadas en calquera momento.
3 Só coa excepción dos viños con indicación xeográfica e os viños con denominación de orixe
I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais
28
O único grupo que non cumpre coa citada norma é Froiz en cuxa web non aparecen indicados os prezos por unidade de medida, debendo ser o propio consumidor quen se
encargue de realizar os cálculos se quere coñecer este dato. Aínda así, nalgúns casos (por
exemplo iogures) a tarefa complicase ao non ter ningunha referencia da cantidade de
produto que imos adquirir. Desde a Unión de Consumidores de Galicia instamos a Froiz a corrixir o seu etiquetado e adaptarse á normativa vixente.
Non cómpre facer ningunha especial referencia a cuestións relacionadas coa política de privacidade, protección de datos ou identificación do titular da páxina, e outros aspectos relacionados coa contratación a distancia xa que logo a xuízo de Unión de Consumidores de Galicia todas as empresas cumpren a normativa e contan cun bo nivel de accesibilidade.
I Estudo Cesta da Compra en liña – Marcas Comerciais
29
ANEXO: CESTA DA COMPRA
• ACEITE XIRASOL KOIPESOL • ACEITE OLIVA VIRXE EXTRA CARBONELL • ACEITUNA NEGRA LA ESPAÑOLA • ACEITUNA RECHEA LA ESPAÑOLA • ALCACHOFA CORAZÓNS CIDACOS • ARROZ REDONDO SABROZ BRILLANTE • AZUCAR MORENO AZUCARERA • BATIDO CHOCOLATE PULEVA • CACAO SOLUBLE COLA CAO • CAFE MOLIDO NATURAL BONKA • CAFE SOLUBLE DESCAFEINADO NESCAFE • PASTILLAS POLO AVECREM • CALDO LIQUIDO POLO GALLINA BLANCA • CANELÓNS PLACAS GALLO • COPOS MAIZ CORN FLAKES KELLOGGS • CEREAL SOLUBLE EKO • CHOCOLATE C/LEITE AMÉNDOAS NESTLE • CRACKER GALLETA SALADA TUC LU • CREMA CACAO 2 SABORES NOCILLA • ESPARRAGO BLANCO CIDACOS • FIDEO FINO PASTA GALLO • GALLETA MARIA DORADA MARBU • FARIÑA MAICENA • FARIÑA PAN • KETCHUP HEINZ • LEITE INFANTIL LIQUIDA NESTLE • LEITE SEMIDESTONADA CALCIO PASCUAL • MACARRON PLUMA GALLO • MARGARINA VEXETAL TULIPAN • MAIONESA CASEIRA CALVE • MARMALADA FRESA TEMPADA HERO • MOSTAZA MAILLE • NATILLAS CHOCOLATE DANET DANONE • PAN MOLDE BIMBO • PAPILLA POLVO NESTLE • PETIT SUISSE FRESA DANONINO DANONE • QUEIXO BARRA LARSA • QUEIXO FRESCO BURGOS ARIAS • QUEIXO PORCIÓNS LIGHT EL CASERIO • QUEIXO UNTAR PHILADELPHIA • SALCHICHA PAVO OSCAR MAYER • SPAGHETTI GALLO
• TARRITO GUISANTES C/ XAMÓN COCIDO BABY HERO
• TARRITO MAZÁ / PLATANO HERO BABY • IOGUR LIQUIDO ACTIMEL DANONE • IOGUR NATURAL ZUCRE DANONE • TARRITO POLO C/ VERDURAS HERO BABY • AUGA MINERAL NATURAL CABREIROÁ • BEBIDA ISOTONICA LIMÓN AQUARIUS • CERVEXA ESTRELLA GALICIA • COLA NORMAL COCA COLA • GASEOSA LA CASERA • LIMON CON GAS FANTA • LARANXA CON GAS FANTA • VIÑO BLANCO DON SIMON • VIÑO TINTO MESA • ZUME LARANXA CON PULPA DON SIMON • CHAMPÚ PANTENE • COMPRESA CON ÁS EVAX • DENTIFRICO PASTA COLGATE • DESENGRAXANTE KH-7 • DESODORANTE BYLY • DETERXENTE LAVADORA ARIEL • DETERXENTE LAVADORA A MAN PERLAN • DETERXENTE LAVALOUZAS FINISH • ENXUAGUE BUCAL LISTERINE • ESCUMA BARBEAR GILLETTE • ESCUMA CABELO FRUCTIS • XEL BAÑO SANEX • XABRÓN MANOS DOVE • LAVALOUZAS MANO FAIRY • LIXIVIA LAVADORA NEUTREX • LIMPACALZADO BETUN BUFALO • LIMPACRISTAIS CRISTASOL • LIMPADOR MOBLES PRONTO • LIMPADOR VITROCERAMICA VITROCLEN • LIMPAFOGAR BIOALCOHOL TENN • MAQUINILLA BARBEAR FUSION • PAÑAL DODOT • PROTEXESLIP EVAX • SUAVIZANTE ROUPA FLOR • TAMPONS TAMPAX
• TOALLITAS HUMEDAS BEBE DODOT