Download - Erea gaiteiros galegos
EREA FERNÁNDEZ
LENCE
3ºESO
Ramiro Villamor García (Gaiteiro de Santo
Xusto) naceu en 1913 e faleceu en 1993.
Foi un dos gaiteiros máis coñecidos na
comarca do Ulloa.
As súas primeiras melodías sacounas dunha
pipa de alcacén ou dunha frauta construída
coa cana dos mangos das vasoiras da
época.
O seu primeiro instrumento foi unha requinta
fabricada por el mesmo.
Cando mercou a súa primeira gaita comezou
a actuar na compaña de percusión da que
se encargaban os seus fillos.
Non houbo festa, romaría ou feira da
comarca que non contara coa actuación
deste afamado gaiteiro.
Bruno Villamor Gay naceu en Lugo en 1978.
Ten contacto coa música tradicional dende
moi neno, dado que é neto do “Gaiteiro de
Santo Xusto”.
Empezou a tocar con seis anos.
É o primeiro licenciado da provincia de Lugo
en Instrumentos de Música Tradicional
(2011).
Actualmente forma parte de diversas
asociacións culturais e folclóricas, Cantigas
e Flores (Lugo), Virxe da Cela (Monfero),
Minhotos (Lugo)...
Participou na gravación de diversos discos,
o último recentemente co grupo os
Minhotos, do que forma parte.
É o director artístico da asociación cultural
Cantigas e Flores.
Susana Seivane naceu en Barcelona no ano
1976.
É a herdeira da familia Seivane, unhas das
familias con máis prestixio e fama dentro do
mundo dos gaiteiros e artesáns de gaitas en
Galicia.
Comezou a súa andaina musical o cumprir
os tres anos.
Ela é quen de crear un estilo propio.
Esta gaiteira ten publicados gran cantidade
de discos.
Carlos Núñez Muñoz naceu en Vigo en
1971.
É un musico español considerado como un
dos mellores gaiteiros do mundo.
Comezou a tocar con frautas e os oito anos
coa gaita.
Aos trece anos foi descuberto por “The
Chieftains” e comezou a súa carreira
musical, que aínda continua.
Este publicou varios discos.
Unhas das súas características é que
colabora con todo tipo de músicos de
calquera nacionalidade tanto na gravación
dos seus discos como nas actuacións en
directo.
FIN!!
EREA FERNÁNDEZ
LENCE
3ºESO