Download - Credo para a pascua
Creo que na túa resurrección acada sentido o meu vivir, o meumeu camiñar e o meu morrer.
Creo que na túa resurrección a
miña fe atopou o seu apoio na luz, na forza e na paz.
Creo que na túa resurrección foi vencida a miña covardía e foi
desafiado o meu vello temor.
Creo que na túa resurrección a
miña carne recibiu as arras
dunha inmortalidade
máis aló da morte.
Creo que na túa resurrección a
nosa esperanza deixou de
confundirse co optimismo e a
utopía.
Creo que na túa resurrección os nosos mortos
acadan a paz e a luz da túa presenza.
Creo que na túa resurrección fun chamado a unha vida sen praias nin fronteiras.
Creo que na túa resurrección
foron bendicidos o traballo e o
progreso, o amor e a amizade.
Creo que na túa resurrección o
mundo deixou de ser escenario
para converterse en compañeiro
do home.
Creo que na túa resurrección as cousas desta
terra recobraron a súa limpa luz do
amencer.
Creo que na túa resurrección aos pobres do mundo
anúnciaselles unha definitiva
liberación.
Creo que na túa resurrección a
historia dos homes e mulleres atopou un centro
e un sentido.
Texto: José Román Flecha Andrés