Download - Como embelecer a túa alma
Música
COMO EMBELECER A TÚA ALMA
O limpador da túa alma é o perdón.
Deberás usalo todo o tempo apenas vexas
unha impureza, aplícao. Non te deites nunca
sen ter pedido perdón e sen ter perdoado.
O resultado será que en paz te acostarás e así mesmo durmirás e o
teu soño será reparador.
A hidratante da túa alma é a oración.
Se non hidratas a pel do teu rostro, múrchase.Así, se non oras, a túa
alma resécase.Pero a medida que
confías en Deus, o afán e a ansiedade desaparecen, e aprendes a repousar e
esperar no Señor.
O tonificante da túa alma é a loanza.
Cando loas e dás grazas a Deus e volves aos teus pensamentos, cando te esqueces de ti mesmo,
sen egoísmo no teu corazón, quedas libre
para que Deus poña en ti o seu gozo.
A nutritiva da túa alma é a Palabra.
Así como no físico non podes vivir sen
alimentos, a túa alma necesita o alimento da
Palabra de Deus. Cando te alimentas coa
Palabra, a debilidade e a confusión desaparecen.
Serás como unha árbore plantada a carón das correntes de auga.
O protector da túa alma é a coiraza da fe.
Coa fe protexeraste das inclemencias da vida,
mirarás por encima das circunstancias e pasarás
vitoriosa.
A través de ti, Deus moverá montañas e alcanzarás a outros.
Se usas a diario estes produtos de beleza, a túa alma manterase limpa e o teu corazón
será puro.Saciaraste de bens, de
modo que te rexuvenezas como a
aguia.
Que alguén toque a miña vida é un privilexio. Tocar a vida de alguén é un honor, pero o axudar a que outros toquen as
súas propias vidas é un pracer indescriptible.