Download - Boletin maio 2015 nº 181
BOLETIN PARROQUIALNº 181 - Maio 2015
PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS
REFLEXIÓN ANTE AS VODAS DE PRATA PARROQUIAIS
A nosa parroquia está de aniversario, o 30 de Agosto teremos, oficialmente, vintecinco
anos. Con este motivo, o próximo día 7 de Xuño (XIX aniversario da bendición do com-
plexo parroquial), teremos unha gran celebración ás 12, en torno a mesa eucarística, pre-
sidida polo Sr. Vicario territorial de Santiago, o noso veciño José Antonio, e ás 14, na mesa
do xantar. Unha comisión traballou arreo para facer un gran programa xa coñecido. Pero
esta efemérides non remata ata o 4 de Outubro, festa do noso patrón, S. Francisco de Asís.
Ese día presidirá a misa de 12, D. Julián, o noso arcebispo, e, ademais, entronizaremos a
Cruz de S. Damián que trouxemos de Asís o verán pasado. Rematada a Eucaristía teremos,
no salón de actos, a “festa do compartir”.
Todas estas celebracións que tiveron, dende hai dous anos, unha serie de actos preparato-
rios: camiño de Santiago, peregrinación a Roma e a Asís, ciclo de Cineforum, concurso de
redacción infantil sobre a figura de S. Francisco, etc., débennos levar a unha profunda
reflexión.
Vintecinco anos de vida dunha comunidade deben significar madurez, compromiso, expe-
riencia, reflexión sobre o realizado e o non realizado; todo isto non só a nivel comunitario
senón tamén a nivel individual. Pero este mirar non debe quedarse en reflexión sobre o
pasado senón tamén sobre o futuro. Agora que temos vintecinco anos, que estamos en
plena xuventude, ¿que debemos corrixir?, ¿que novos retos ante tempos novos?
Ser cristián non é un título que gardamos na carteira da nosa intimidade, ser cristián signi-
fica ser testemuña do Resucitado coas palabras e cos feitos; ser cristián implica celebralo
polo menos, dominicalmente, na Eucaristía e coa comunidade parroquial. Para que unha
parroquia teña Vida precisa do Pastor, pero tamén de apóstolos: coa Palabra, coa Caridade,
co compromiso evanxelizador.
¿Non che parece unha boa ocasión para dar un paso adiante para formar parte das distin-
tas actividades parroquiais, e ofrecerte a servir á comunidade no teu tempo libre? Sería
unha boa maneira de celebrar as vodas de prata parroquiais.
Grazas pola vosa comprensión, polo voso cariño e pola vosa axuda de todo tipo.
¡Moitas grazas, e que o Señor “bo pagador” volo premie!Benjamín
CONTAS PARROQUIAIS - Ano 2014
Neste ano que o papa Francisco o
quixo referir á misericordia, encaixa
perfectamete co evanxeo das
Benaventuranzas: “Ditosos os mise-
ricordiosos porque eles acadarán
misericordia”.
Aquela expresión do profeta Oseas,
que Xesús retoma no Evanxeo:
«Quero amor e non sacrificios, coñe-
cimento de Deus máis que holocaus-
tos» (Os 6, 6), trátase dunha palabra
clave, unha das palabras que nos
introducen no corazón da Sagrada
Escritura. O contexto, no que Xesús
a fai súa, é a vocación de Mateo, de
profesión "publicano", é dicir, recau-
dador de impuestos por cuenta da
autoridade imperial romana; por iso
mesmo, os xudeos o consideraban un
pecador público. Despois de chamalo
precisamente mentres estaba sentado
no banco dos impostos —ilustra ben
esta escena un celebérrimo cadro de
Caravaggio—, Xesús foi á súa casa
cos discípulos e sentouse á mesa
xunto con otros publicanos. Aos fari-
seos escandalizados, respondeulles:
«Non necesitan médico os sans,
senón os enfermos. (...) Non vin cha-
mar aos xustos, senón aos pecado-
res» (Mt 9, 12-13). O evanxelista san
Mateo, sempre atento ao nexo entre o
Antigo e o Novo Testamento, neste
momento pon nos beizos de Xesús a
profecía de Oseas: «Ide e aprendede
o que significa: "Misericordia quero
e non sacrificios"».
PARROQUIA VIVA
17.- Ascensión do Señor
24. -Pentecoste
28.- Reunión do grupo de Caritas, ás
20,30
31.- Santísima Trindade
No mes de maio hai tres solemnida-
des litúrxicas importantes que dal-
gún xeito pechan o tempo pascual,
tanto a festa da Ascención como
Pentecoste crean espectativas de
esperanza.
Dentro dos equipos de Cáritas xoga
un papel especialmente importante
o Consiliario, que depende directa-
mente do Delegado Episcopal,
quen, á súa vez, depende do Sr.
Arcebispo que é o responsable
máximo e presidente de Cáritas.
Cáritas é a propia Igrexa no exerci-
cio da caridade, no que a opción
preferencial polos pobres é o seu
centro, non porque soa ben, senón
porque é o mandato evanxélico de
Xesús: un amor comprometido cos
máis empobrecidos e non atendidos.
Pois a novidade que nos honra é que
D. Benjamín, o noso pároco, é agora
o consiliario de Cáritas Interparro-
quial de Santiago na que está inte-
grada a nosa parroquia.
Estamos seguros que servirá para
mellorar o servizo aos pobres e revi-
talizará o traballo coordinado dentro
da cidade de Santiago para servir
mellor aos empobrecidos que con
tanta evidencia se mostran nas rúas
e en moitas familias da cidade e da
súa contorna.
CÁRITASANO DA MISERICORDIACremos que para chegar a unha ver-
dadeira conversión hai que humillar-
se e recoñecer as nosas limitacións e
fraxilidades abrindo o corazón a
Deus.
A nosa fortaleza vennos da graza ou
axuda de Deus. Xesús permanece
connosco e co seu exemplo e a súa
palabra alimenta a nosa fidelidade.
Por unha parte está a súa fidelidade á
promesa feita e por outra o seu com-
promiso e entrega.
Hai algo máis dun mes celebramos e
lembramos a xenerosidade da súa
entrega, consumándoa na cruz, e de
seguido a súa resurrección que anun-
cia a resurrección de todos os que
colaboran na súa obra.
Xesús aparece como un Bo Pastor
que coñece as súas ovellas e as
acompaña cara a bos pastos, por iso
se define sen dúbida como o
Camiño, a Verdade e a Vida.
Nel enontramos un “repouso” activo,
segundo o salmista, porque somos
enviados a construír un Reino de paz
e concordia.
ACONTECEMENTOS
Bautismos:
Pablo Vidal Valiña, de Juan Alberto
e Lidia (05-04-2015).
Lucas Rodríguez Rivero, de Miguel
Antonio e Eva (19-04-2015).