Download - Boletín do Ceesg nº 101
Boletín do Ceesg
2
Neste boletín: Tema do mes: Sen límites. Sofía Riveiro
Especial 15 anos: O Ceesg e eu: unha historia dentro de outras historias. X. Manuel Cid
CGCEES:
A construción profesional a través dos congresos.
Próximo número da revista RES: Inserción sociolaboral e educación social.
Actualidade:
Experiencias de Educación Social na Escola en Galicia. Raquel López
As facultades galegas acollerán a presentación da revista Galeduso
Educadoras/es sociais, necesitamos o mestrado de profesorado para acceder aos corpos
docentes?
O Tribunal Constitucional frea a reforma local.
Os dereitos dos consumidores, dereitos cidadáns. Manifesto de Adicae.
Campaña 15·15·15. Cota única 2017.
Formación: Últimos días para a inscrición no VII Congreso Estatal de Educación Social.
Formación con desconto para colexiadas e amigas, e outra formación.
Emprego
Grupos de traballo:
Fiadeiras no Parlamento de Galicia.
BloguES: Ocuparse sensatamente da infancia no espazo local. Jaume Funes
http://jaumefunesa.blogspot.com.es
Para ler e reflexionar: Fíos Violeta. Convivir en igualdade (María Hermelo Iglesias)
Actuacións
15 anos de historia. Aprobación do Código Deontolóxico do Educador/a Social
Os soños de todas
Documentos profesionalizadores
Avisos
Boletín do Ceesg
Nº 101 - marzo 2016
3
Mónica Serrano Soto Presidenta Colexiada nº 3795
Lito Prado Vicepresidente Área de Comunicación e Participación colexial Área de Acción Profesional Colexiado nº 3089
Maite Sío Docampo Secretaria Colexiada nº 3850
Alfonso Tembrás López Tesoureiro Área de Desenvolvemento Profesional Colexiado nº 0103
Daniel Alves Rivera Vogal Área de Acción Profesional Colexiado nº 3979
Antón Bouzas Álvarez Vogal Área de Acción Profesional Colexiado nº 0968
Beatriz Caneda Zamar Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3901
Leticia Castro Torres Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3892
Natalia Domínguez Galán Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 0398
Eva López Soto Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 0924
Andrea Maroñas Bermúdez Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 0118
Priscila Maximino Bento Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3999
Belén Piñeiro Álvarez Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 3286
Eva Moldes Casal Vogal Área de Acción Profesional Colexiada nº 3195
Sofía Riveiro Olveira Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 3389
Laura Vilaboy Romero Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3873
2015 - 2019
XUNTA DE GOBERNO
4
TEMA DO MES Sen límites
Hoxe, 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, son moitos os colectivos e
entidades que se suman a conmemorar este día, como algo a superar e con
moitas cuestións a reivindicar.
Nós, o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia -Ceesg-, non só
nos sumamos, senón que desexamos que non teñamos que conmemorar esta
data nunca máis. Pero sexamos realistas; van alá máis de cen anos desta data
e seguimos reivindicando o posto que corresponde ás mulleres, que é o lugar
xusto e digno para máis da metade da poboación mundial.
Aínda así, en datos macro, seguimos sendo, as mulleres, as posuidoras do 1%
da riqueza mundial só, e ocupando, segundo o Fondo das Nacións Unidas para
as Mulleres (UNIFEM), o 70% da pobreza. Ademais estímase que 7 de cada 10
persoas que morren de fame no mundo son mulleres e nenas. As mulleres
tamén son/somos o maior grupo entre os denominados traballadores pobres,
persoas que traballan pero que non gañan o suficiente para saír da pobreza
absoluta. Segundo a Organización Mundial do Traballo, as mulleres constitúen
actualmente o 60% dos traballadores pobres.
Non hai ningún país do mundo no que exista unha igualdade completa entre
homes e mulleres. Pero non por iso imos “tirar a toalla”, a pesar de
comprender que isto é unha “carreira de fondo”.
Este ano, o tema da ONU é “Por un planeta 50-50 en 2030: DEMOS O PASO
para a igualdade de xénero”, en relación á consecución dos Obxectivos de
Desenvolvemento Sostible (ODS). Imos ter que dar MOITOS pasos, un detrás
doutro, e atentas a non dar “pasos en falso” ou “pasos cara atrás”. E neses
pasos, oxalá quede a pegada da educación social.
Sofía Riveiro Olveira
Vogal do Ceesg.
Colexiada nº 3389.
5
Sen límites
Aquí, ó igual que nas carreiras de longa distancia, debemos aprender a
ascender desniveis con zancadas curtas e eficientes e a descender con rapidez
sen axitarse nin descontrolar o paso e ritmos adecuados. É esencial un paso
uniforme e mantido. É esencial seguir reivindicando o noso papel, o noso
lugar, o noso posto, o das mulleres; e xa que logo, a nosa figura profesional de
educadoras/es sociais para mudar esta situación desigual e inxusta.
CELEBRAMOS os avances que se viñeron dando estes últimos anos, sobre
todo, da man do feminismo, e que permitiron que mulleres vaian/vaiamos
ocupando eses postos inaccesibles ata non fai tanto, a todos os niveis
(persoal, familiar e profesionalmente): o voto feminino (no Estado Español, en
1931 -Segunda República- pero actualmente existen aínda países sen ese
dereito) a escola coeducativa (máis ben, podemos seguir falando de escola
mixta, con claros intentos de mudar cara unha escola coeducativa e inclusiva)
dereitos sexuais e reprodutivos (con pasos atrás nesta última lexislatura)
políticas específicas de igualdade, plans de igualdade e leis pola igualdade
loita contra a violencia de xénero atención á diversidade e inclusión social
máis visibilidade para concienciar (con axuda das redes sociais dixitais que
rompen barreiras e dan voz)
CELEBRAREMOS novidades lexislativas, actos
programados e outros avances encamiñados a romper
barreiras, tirar muros, poñer chanzos, facilitar trasfegos,
crear pontes, tecer redes, fiar…, celebraremos que a
educación social estea incorporada nas vidas da xente,
que nos permitan educar en igualdade desde as
primeiras idades ata a xente maior, desde as escolas ás
administracións, desde o tempo libre á formación
continua, desde a modalidade presencial á virtual. SEN
LÍMITES!
6
ESPECIAL 15 ANOS O Ceesg e eu: unha historia dentro de outras historias
Ocorréuseme este título pois cando penso na data de creación do colexio,
aquel 1 de xaneiro de 2001, vexo varias historias entrecruzadas, podendo
afirmar que eu estaba alí, que a miña propia historia estivo influenciada
considerablemente polas outras, e a eses cambios históricos na educación eu
tamén contribuín coa miña humilde aportación, sempre máis pequena do que
realmente recibín.
A creación do Ceesg foi un proceso que eu coñecín ben, pois coincide coa
miña decisión de abandonar a Vicerreitoría de Extensión Universitaria da
Universidade, para estar máis preto dos/das estudantes da Facultade de
Humanidades, que xa botaban de menos as saídas de estudo programadas
polo Cid, a Lodoselo, Portugal, MUPEGA, Concello de Santiago, Pasatempo de
Betanzos, Caranza de Ferrol, e tantas outras que viñan achegando aos futuros
educadores e educadoras sociais aos contextos de intervención.
Voltaba eu para a casa, pois había de producirse un cambio tamén radical na
organización dos estudos universitarios, transformando a Facultade de
Humanidades e a Escola de Maxisterio en dous novos centros, sendo un deles
a actual Facultade de Ciencias da Educación, na cal eu ía ser Decano
Comisario. Que nome máis feo; tardei o mínimo tempo legalmente permitido
para convocar eleccións e pasar a ser só decano democraticamente elixido.
Alguén entendía eses meus cambios como pasar de papa a sancristán, nunha
concepción xerárquica e non colexiada do poder. Para min foi deixar unha
actividade, gratificante certamente, pois non era moi distante do perfil da
Educación Social, para asumir outra na que ía ter un papel máis directo na
formación de educadores e educadoras sociais, e tamén na súa organización
colectiva e colexial.
Na formación inicial volvo á Facultade cun novo plano de estudos, no que me
Xosé Manuel Cid Fernández
Colexiado de Honra do Ceesg
7
O Ceesg e eu: unha historia dentro de outras historias
centro, entre outras materias, na educación para a paz, optativa que collían
todos e todas. Os anos de colaboración co amigo Suso Jares dábanlle a esta
disciplina unha dimensión especial en Galicia, e ademais na dimensión da
interculturalidade, puidemos conectarnos ao proxecto de Ponte nas Ondas.
Xunto coas saídas antes sinaladas, a programación nocturna de Ponte nas
Ondas é outra actividade que non se borra facilmente da retina de moitas
promocións de educadores e educadoras. Nin que dicir ten que a
colaboración histórica con organizacións deste ámbito, abríanos as portas
para as primeiras prácticas institucionais e as primeiras contratacións (Cruz
Vermella, Concellos, cooperativas de tempo libre, ANPAs, Asociacións
veciñais, de persoas maiores...)
Pero esperábame outra misión na que puiden aportar algo e aprender moito,
a de colaborar no proceso de habilitación, que durou 18 meses. Cantos
expedientes que a Xunta Xestora traía informados, e só procedía debater os
casos dubidosos!!!
Non vou nomear aquel enorme equipo de 12 educadores/as, tres
especialistas convidados e tres representantes das Universidades, pois
esgotaría o espazo deste artigo que necesariamente ha de ser breve. Direi tan
só, que privilexio poder aprender fundamentos da profesión con aquela
xente. Entidades que traballaban no noso campo, perfís profesionais, funcións
dos profesionais que exercían a educación social, antes de esta converterse
en carreira universitaria... Conservo aínda copia das funcións que certificaban
algúns candidatos e candidatas a habilitación. Canta reflexión teórico-práctica
sobre a profesión hai detrás daqueles expedientes.
Como debe ser os documentos que eu teño non conteñen os nomes, por
razóns obvias de confidencialidade, pero son páxinas de expedientes que
deben estar íntegros nos arquivos do Ceesg. Como historiador da educación,
penso nas narracións que hai nesas carpetas, que son historia viva da
profesión e que algún día deberán ser interpretadas e sacadas á luz para dar
máis consistencia á nosa historia colectiva.
Historias que levaban xa daquela décadas agardando poñer no seu
expediente a palabra educador/a social, e deixarnos como legado un posto de
“Conservo aínda
copia das funcións
que certificaban
algúns candidatos
e candidatas a
habilitación. Canta
reflexión teórico-
práctica sobre a
profesión hai
detrás daqueles
expedientes”
8
traballo que debera ser ocupado no futuro quen tivese ese título expedido
por unha universidade. Un proceso sen dúbida fundamental para a
autoestima do profesional, pero tamén para a autoestima colectiva, xa que
permitía dar os pasos necesarios para a proxección social da profesión, para a
definición do perfil profesional, en definitiva para estar no mundo. Se non se
nos coñece, non existimos.
Penso que estes profesionais tiñan máis presente no feito de habilitarse, o
contribuír á fortaleza da tribo, que a resolución da súa situación persoal, pois
a fin de contas algúns estaban próximos á xubilación; pero querían estar no
momento histórico en que unha profesión é refundada. Xa existía, pero non
tiña o recoñecemento que dá a titulación universitaria. Por iso é moi
importante que baixo o mesmo paraugas do Colexio se xunten as persoas que
nos sentimos educadores/as sociais, e aqueles/as que o ían ser polo título
obtido na Universidade. Algunhas voces querían confrontar estes dous perfís,
pois non esquezamos que estamos no país do minifundio, pero eran voces
minoritarias que non resoaron na dinámica conxunta de construción
cooperada.
Miraba eu con atención que chegasen peticións dos máis diferentes ámbitos,
pois só así se conseguiría esa unidade e forza necesaria. O sector da
animación era o menos motivado para a colexiación, feito que eu comentaba
frecuentemente cos amigos Xan Bouzada ou Benito Losada, entendendo que
moitos técnicos de cultura e xestores do tempo libre, eran referentes na
profesión e habían de contribuír a consolidar ese espazo da Educación Social.
Nuns casos conseguimos que se achegasen estes profesionais e noutros casos
mantivéronse á marxe, sentíndose identificados cunha profesión particular
diferente da nosa.
En todo caso quede aquí a lembranza desa etapa definitiva para pór os
cimentos da organización colexial, que hoxe con 15 anos xa está na maioría de
idade, acudindo a moitas frontes na defensa da profesión, dos/das
profesionais e sobre todo dos participantes dos diferentes servizos. Orgulloso
de formar parte coa miña pequena contribución de Colexiado de Honra a esta
marabillosa tribo.
“Se non se nos
coñece, non existi-
mos.”
9
CGCEES A construción profesional a través dos congresos
No último número da revista RES, Revista de Educación Social publicouse un
artigo do noso compañeiro e presidente honorífico do CGCEES Alberto
Fernández de Sanmamed sobre os Congresos Estatais de Educación Social
celebrados ata a data. Un repaso polas citas profesionais que tivemos en
Pamplona, Madrid, Barcelona, Santiago de Compostela, Toledo, Valencia, ata
chegar á próxima que será en Sevilla no vindeiro mes de abril.
Ante a proximidade da celebración do VII Congreso Estatal de Educación
Social resulta unha lectura ben interesante, na que se incorpora o acceso a
todos os documentos publicados dos anteriores congresos.
Ler o artigo
Santiago acolleu o Congreso Estatal de Educación Social no
ano 2004.
10
Próximo número da revista RES:
Inserción sociolaboral e Educación Social
Está en preparación o próximo nº 23 da revista RES, Revista de educación Social, que levará
por título: Inserción sociolaboral y Educación Social.
O prazo para o envío de artigos é ata o 15 de maio.
Ver información detallada do próximo número
Ver orientacións sobre cómo colaborar con RES, Revista de Educación Social
Dende 2002, a revista RES serve para compartir experiencias e coñecementos derivados do
exercicio da profesión de educador/a social. Dota dun espazo común aos educadores/as so-
ciais no que poidan non só debater as súas propostas e intercambios profesionais sobre a ac-
ción socioeducativa senón que tamén se xere e vertebre coñecemento para a sociedade en
xeral.
É unha das revistas virtuais de educación social con máis proxección no mundo da educación
social, tanto española como latinoamericana. É utilizada como referencia bibliográfica e de
fonte de datos relacionados coa realidade discursiva e a profesión de educadores e educado-
ras sociais pola maioría das facultades que imparten os estudos de grao; e referénciase cada
vez máis en estudos, investigacións, artigos, etc. relacionados coa educación social.
11
Experiencias de Educación Social nos centros escolares en Galicia
Dende hai uns anos, Galicia únese á reivindicación de incorporar novos perfís
profesionais ao ámbito da educación escolar para contribuír a solventar a
problemática da chamada “crise da escola”. Mais non só se trata de paliar
problemas existentes, senón actuar no ámbito da prevención e estender a
acción educativa máis alá dos muros da escola. Neste senso, a figura da
profesional da Educación Social enmárcase perfectamente neste obxectivo.
Seguindo a López Zaguirre (2013), existen diversos modelos sobre a
integración da Educación Social nos centros escolares:
Educadoras e educadores sociais adscritos aos centros escolares:
As profesionais da educación social forman parte dos equipos dos
centros escolares. É o caso das Comunidades Autónomas de Andalucía,
Estremadura e Castela A Mancha, aínda que con matices entre elas.
Educadoras e educadores sociais integrados nos Servizos Sociais
Municipais:
Están adscritos aos Servizos Sociais Municipais e as funcións respecto
aos centros escolares realízanas en coordinación cos equipos educativos
de ditos centros. Sería o caso de Baleares, Euskadi, Galicia ou Madrid.
Nalgúns casos estanse dando modelos mixtos, como en Catalunya, nos
que os institutos teñen outro profesional –de Educación Social e/ou
Integración Social- ademais da persoa traballadora dos Servizos Sociais
municipais.
Proxectos concretos liderados por educadoras e educadores sociais nos
centros escolares:
Raquel López Fernández
Colexiada Ceesg nº 3808
Membro da Secretaría Técnica do I Congreso Internacional e III Xornadas sobre Educación Social e Escola
ACTUALIDADE
12
Os Concellos, en convenio cos gobernos autonómicos, elaboran proxectos de intervención nos centros escolares coordinados por educadoras e educadores sociais.
Como se desprende do anterior, Galicia non ten regulada a presenza de
educadoras e educadores sociais nos centros escolares, a lexislación máis
próxima é aquela que regula a Orientación (Decreto 120/1998 e a posterior
Orde do 24 de xullo de 1998) pola que se establece a creación de
Departamentos de Orientación nos centros de educación secundaria e nos de
Primaria de máis de 12 unidades, como criterio xeral. Cómpre sinalar que nos
Equipos de Orientación Específicos (EOE) estipúlase a presenza dunha persoa
titulada en Traballo Social e/ou Educación Social. Actualmente non consta que
en ningún dos catros EOE existan algunha educadora ou educador social.
Aínda así, existen algunhas experiencias da incorporación de profesionais da
Educación Social no contexto escolar que serven para xustificar e reivindicar a
súa regularización.
Neste senso, en Galicia coñécense algunhas experiencias de intervención de
educadoras sociais no contexto escolar, en moitos casos, a través de
iniciativas municipais como é o caso de Atalaia Social que, entre as súas liñas
de traballo desenvolve intervencións socio-educativas nos centros escolares
realizando programas de convivencia nas aulas, obradoiros de diversas
temáticas – de educación afectivo sexual, de habilidades sociais e persoais, de
prevención da violencia de xénero, de igualdade e coeducación ou de
alimentación e prevención de trastornos – ademais de xornadas de
sensibilización. Estas accións perseguen como principal obxectivo crear un
espazo de información, reflexión e diálogo onde abordar aspectos de interese
para o benestar e desenvolvemento saudábel das mozas e mozos a través
dunha metodoloxía participativa, activa e baseada na aprendizaxe
significativa. Por outra banda, o Instituto Galego de Xestión para o terceiro
Sector – Igaxes 3 – desenvolve dende o ano 2009 o programa Aleida nos
Concellos de Santiago de Compostela e Ames para a prevención do fracaso
Igaxes 3 desenvolve o programa Aleida para a prevención do fra-caso escolar nos concellos de Ames e Santiago de Compostela.
13
escolar. O equipo de Aleida traballa principalmente no centro escolar co
alumnado de 6º de Primaria a 4º de ESO. Empregan unha metodoloxía que
combina actividades en grupo e atención individual cando se precise dunha
atención máis concreta. Fóra do horario escolar, traballan con adolescentes
que teñen problemas concretos de adaptación no eido escolar. Ademais,
realizan mediacións familiares ou titorías para axudar ás familias a resolver os
conflitos que poidan ter cos seus fillos e fillas. Coordínanse cos Servizos
Sociais dos municipios onde interveñen e cos equipos dos centros escolares e
forman parte dalgunhas redes de barrio ou territoriais.
Cómpre sinalar que nos últimos anos teñen xurdido iniciativas empresariais
no ámbito social que contemplan o contexto escolar como un posible ámbito
de intervención e traballo aínda que estas experiencias acostuman a ser no
marco dun proxecto puntual e sobre un aspecto moi concreto (educación
para saúde, habilidade sociais, igualdade…) e non son iniciativas tan globais e
integrais como as arriba presentadas. Sinalar tamén que estas experiencias
son coñecidas por “proximidade” a profesionais que traballan neste eido mais
non se realiza unha forte labor de divulgación destas experiencias para
revalidar a necesidade da inclusión da Educación Social nos Departamentos de
Orientación dos centros escolares.
Outros programas – xa finalizados- nos que interviñeron profesionais da
Educación Social no contexto escolar foron:
Programa Dorna “embárcate na saúde”: programa de educación para a
saúde iniciado no ano 1988 no Concello de Camariñas. Propón un
itinerario formativa a nivel comunitario centrado na educación para a
saúde e entendida dende unha visión integral. Este programa foi
desenvolvido por educadoras e educadores sociais a través da entidade
Xeneme.
Relaciónate “de bo rollo”: programa experimental dirixido á prevención
de conflitos e ao consumo de substancias tóxicas iniciado no ano 2006
Dorna, embárcate na saúde foi un programa desenvolvido por Xeneme, no Concello de Camari-ñas.
14
nos centros do Concello de Santiago de Compostela. As profesionais
encargadas de implantalo foron unha psicóloga e dúas educadoras
sociais da Unidade Municipal de Atención ás Drogodependencias
(UMAD). A finalidade era iniciar un camiño de apertura nos centros
escolares que promovese a implicación de toda a comunidade educativa
no seu desenvolvemento.
Proxecto de intervención socioeducativa nos institutos do barrio de
Labañou (A Coruña): enmárcase dentro do Programa Xeral de Servizos
Sociais de Atención Primaria de prevención e cooperación social. A súa
finalidade é promover e fortalecer o tecido social da comunidade
mediante actuacións preventivas de promoción e participación social
dirixidas a toda a poboación.
Como se amosa, as experiencias de Educación Social no ámbito escolar en
Galicia son puntuais e pouco divulgadas mais serven como alicerces da
fundamentación e reivindicación da necesidade de incluír novas figuras
profesionais neste contexto.
Tanto dende o Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores
Sociales e ASEDES como na totalidade dos Colexios Profesionais do Estado
reivindícase a incorporación desta figura no contexto escolar compartindo
liñas moi semellantes. Dende ASEDES, no ano 2004 elaborouse un Informe
sobre a concreción do traballo da educadora ou educador social en centros
escolares. Este Informe, tras realizar unha recapitulación da definición e
ámbitos de traballo da Educación Social, recollía a ubicación – Departamento
de Orientación – e funcións que debería desempeñar este profesional
ademais das experiencias que existían nese momento ao longo do Estado.
Dende o Consejo General, a través da Revista de Educación Social (RES), no
ano 2013 publicouse un monográfico de “El educador social y la escuela” que
recollía diversos artigos na mesma liña que o Informe, falando sobre a
necesidade de incluír estes profesionais no contexto escolar e as funcións a
“Tanto dende o
CGCEES e ASEDES
como na totalidade
dos Colexios
Profesionais do
Estado reivindícase
a incorporación
desta figura no
contexto escolar
compartindo liñas
moi semellantes”
15
desenvolver.
O Informe mencionado serviu de base para os Colexios Profesionais que
reivindican ás súas respectivas Administracións a incorporación de
profesionais da Educación Social. Neste senso, o Colexio de Educación Social
de Andalucía (2012), o da Comunitat Valenciana (2006) e das Illas Baleares
(2007) publicaron sendos monográficos sobre educación social e contexto
escolar. Dende o Colexio de Educación Social do Principado de Asturias
(COPESPA) organizouse en decembro unha “merenda socioeducativa” sobre a
Educación Social Escolar. Isto amosa o interese dos Colexios Profesionais en
incorporar esta figura profesional ao contexto escolar mais, na revisión
realizada dos distintos Colexios Profesionais Autonómicos ningún deles conta
cun grupo de traballo, comisión ou área específica neste eido polo que non
deixan de ser accións puntuais con escasa continuidade e intensidade no
tempo.
En canto ao Colexio de educadoras e educadores sociais (Ceesg) amósase moi
belixerante neste eido. No ano 2005 e a través do Colectivo Rueiros,
organizáronse en Ourense unhas Xornadas sobre o conflito na escola nas que
se falaba da posible incorporación de educadoras e educadores sociais aos
contextos escolares para intervir neste eido. Neste mesmo ano, ao traballo do
Ceesg únese Nova Escola Galega (NEG) na reivindicación da inclusión da figura
da Educación Social a prol da mellora da calidade educativa na escola. Así, nos
anos 2005 e 2006 realízanse dúas xornadas das que saen sendas publicacións:
“A escola, ¿punto de encontro entre o profesorado e educadores/as sociais?”
(2006) e “Educación social e escola” (2008).
No ano 2008, no marco da 3ª Escola de Primavera titulada “Educación social e
cidadanía: intervención na escola e na comunidade” falouse da vinculación
sobre escola e educación social e as experiencias que neste eido se estaban
dando. Ademais, publicouse un tríptico que recollía as posibles funcións a
desenvolver no contexto escolar. Neste presente ano, retomouse a
En 2005, a través do colectivo Rueiros, o Ceesg organizou as Xornadas Técnicas sobre o con-flicto na Escola: estratexias e solucións.
16
colaboración entre Ceesg e NEG ademais de unirse as tres Universidades
Galegas de cara organizar unhas terceiras xornadas -en outubro de 2016- e
convidar á Administración Autonómica a que teña en conta a inclusión deste
profesional de cara a consecución dunha educación escolar de máis calidade e
integradora, principios recollidos na actual lexislación educativa, tanto
autonómica como estatal.
A próxima acción do Ceesg en relación á incorporación de edu-
cadoras/es sociais no ámbito escolar, será o I Congreso Inter-nacional e III Xornada de Educa-
ción Social e escola
17
As facultades galegas acollerán a presentación da revista Galeduso nº 11, sobre
Educación Social e persoas maiores
Despois de editado e distribuído o nº 11 da revista Galeduso, cremos importante dala a coñe-
cer, e decidimos facer a súa presentación nas Facultades de Ciencias da Educación das Univer-
sidades galegas.
Ourense. 7 de abril. Nas Xornadas Interxeracionais. Edificio de Ferro.
Santiago. 13 de abril. 10:30h. Fac. Ciencias da Educación. Campus Vida.
A Coruña. Data por confirmar. Fac. Ciencias da Educación.
Este número da revista está dedicado á “Educación social e persoas maiores”, e ten por obxe-
ctivo facer ver a importancia do papel da educación social no traballo coas persoas maiores e
as posibilidades das accións socioeducativas dirixidas ao desenvolvemento integral destas per-
soas.
18
Educadoras/es sociais, necesitamos o mestrado de
profesorado para acceder aos corpos docentes?
Nas últimas semanas, foron moitas as consultas recibidas no Ceesg acerca da
necesidade de ter o antigo CAP ou o actual Mestrado universitario de
Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación
Profesional e Ensino de Linguas. Por iso, cremos conveniente aclarar esta cues-
tión.
O Ministerio de Educación, no seu día, ditou instrucións acerca deste asunto, e
no borrador das bases da próxima convocatoria da Consellería de Educación
tamén se deixa claro, no apartado referido aos requisitos das persoas que
desexen participar no proceso selectivo, que di, cando se refire ao acceso ao
corpo de educación secundaria:
b) Estar en posesión da formación pedagóxica e didáctica á que se refire o arti-
go 100.2º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Con carácter
xeral, reunirán este requisito os que estean en posesión do título oficial de
máster universitario que habilite para o exercicio das profesións de profesor
de ensinanza secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional ou
escolas oficiais de idiomas. A especialidade que conste no citado título, faculta-
rá para a presentación do persoal aspirante en calquera especialidade.
Estarán dispensados da posesión do citado título o persoal aspirante que acre-
dite ter, con anterioridade ao 1 de outubro de 2009, algún dos seguintes requi-
sitos:
Estar en posesión do título de profesional de especialización didáctica,
do certificado de aptitude pedagóxica ou do certificado de cualificación
pedagóxica.
Estar en posesión do título de mestre, diplomado en profesorado de edu-
19
cación xeral básica, mestre de ensino primario, licenciado en pedagoxía
ou en psicopedagoxía. Asemade, tamén estarán exentos os que estiveran
cursando algunha das tres anteriores titulacións e tiveran cursado 180
créditos destas á citada data do 1 de outubro de 2009.
Ter impartido docencia durante dous cursos académicos completos ou,
no seu defecto, durante 12 meses exercidos en períodos continuos ou
descontinuos, en centros públicos ou privados debidamente autorizados,
nas ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, ou de bacharelato,
ou de formación profesional, conforme ao previsto na disposición transi-
toria cuarta do Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro.
Cando se describen os requisitos de acceso ao corpo de profesorado de For-
mación Profesional, estes son os mesmos, salvo que non se contempla a op-
ción para as persoas que tivesen cursados os 180 créditos antes do 1 de outu-
bro de 2009 (haberá que revisar as bases definitivas, pois as instrucións do Mi-
nisterio sobre a exención do Mestrado non distingue entre diferentes corpos)
Ademais, no tocante ao profesorado de formación profesional engade algun-has particularidades para algunhas especialidades que non nos afectan como educadoras/es sociais.
En conclusión, educadoras/es sociais SI temos que ter o mestrado de profeso-rado, a non ser que cumpramos con algúns deses supostos de exención.
Educadoras/es sociais podemos presentarnos ás especialidades de “Formación e Orientación Laboral” e “Intervención Socioco-munitaria” do corpo de ensino secundario, e á de “Servizos á comunidade” no corpo de forma-ción profesional.
20
O Tribunal Constitucional frea a reforma local
A Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da
Administración Local (LRSAL), entre outras cuestións, modificou as competen-
cias municipais en materia de servizos sociais, educación e saúde. Foi obxecto
de múltiples protestas, entre as que queremos destacar o posicionamento do
Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales (CGCEES),
(CGCEES), que ademais elaborou diferentes emendas ao proxecto de Lei, que
no seu día foron desestimadas polo Goberno. Tamén é salientable o move-
mento que xurdiu en Galicia da man das e dos profesionais dos servizos sociais
“O social, no local”
Agora, esa lei sofre un duro revés para que chegue a aplicarse, xa que o Pleno
do Tribunal Constitucional declarou inconstitucionais e nulos algúns dos seus
preceptos, ao considerar que o Estado invade competencias autonómicas en
materias relativas á saúde, servizos sociais ou educación. Así, o fallo do Alto
Tribunal avala que os concellos sigan aplicando as políticas sociais e educati-
vas.
A Federación Española de Munici-
pios y Provincias publica no último
número da súa revista “Carta local”
un artigo que detalla a información
da sentenza.
Ver artigo
Portada da revista “Carta local”, da FEMP
A plataforma “O social, no local”, durante unha das súas
manifestacións, no ano 2013
21
Os dereitos dos consumidores, dereitos cidadáns
O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia adheriuse ao manifesto de Adicae con motivo do Día Mundial do Dereitos das Persoas Consumidoras (15 de marzo), que reproducimos a continuación, traducido a galego: MANIFESTO: Os dereitos dos consumidores, dereitos cidadáns. A sociedade civil representada por organizacións sociais de moi diversos ámbitos unímonos no Día Mundial dos Dereitos dos Consumidores co obxectivo de reclamar estes dereitos como nexo común e fundamental ás nosas diversas e compartidas reivindicacións sociais e económicas. O dereito a unha vivenda digna, o dereito a un sustento económico e a un consumo suficiente, o dereito a unha xustiza efectiva, o dereito a unha alimentación saudable, o dereito á educación financeira independente, o dereito á garantía do aforro e seguridade económica das familias e outros tantos dos consumidores son sistematicamente quebrantados no noso Estado. Esta vulneración afunde as súas raíces en considerar ao cidadán por parte dos grandes poderes económicos como mera mercadoría para a maximización dos seus beneficios e intereses, degradando os nosos dereitos sociais e económicos á mínima expresión. Fronte a iso reivindicamos os dereitos dos consumidores como o instrumento clave para parar os pés a este xogo do “todo vale” no taboleiro da economía. Os consumidores queremos influír decisivamente nas regras do xogo. As entidades financeiras e grandes empresas son as que impuxeron as súas normas sobre as institucións nas máis importantes lexislacións en materia económica e de consumo de maneira sistemática desde a transición. Pero a situación cambiou e non queremos tolerar máis abusos aos consumidores, e por iso queremos desmarcarnos definitivamente do antigo sistema de corrupción económica e fraudes masivas aos consumidores coas armas da acción colectiva, do acordo social, da participación nas institucións e da loita contra o individualismo e a pasividade. Os poderes públicos deben garantir a defensa dos consumidores e usuarios e a protección dos seus intereses económicos e sociais. A pesar diso atopámonos o paradoxo de España como un caso paradigmático en Europa con alta conflitividade de consumo e de maneira cíclica con enormes fraudes e abusos masivos por parte das entidades financeiras e outros sectores do chamado “gran consumo”.
22
Queremos un cambio de modelo de consumo para democratizar o sistema económico e construír unha sociedade máis xusta. Pedimos que en todas as actuacións dos poderes públicos considérense os dereitos dos consumidores como peza central para un novo modelo económico e de país. O cambio tamén empeza polos consumidores!
Por todo iso, reivindicamos:
O dereito a uns servizos financeiros xustos e transparentes. Os servizos financeiros son cada vez máis importantes para os consumidores, pero ter acceso a eles non é suficiente; tamén deben ser xustos e transparentes. A fraude e os abusos como sistema debe finalizar a través dun novo marco de regulación e supervisión que poña ao as entidades financeiras ao servizo dos consumidores e non ao servizo duns poderosos, como sucede actualmente. Garantir a transparencia e acabar coa falta de información e a complexidade dos contratos financeiros é fundamental para garantir os dereitos e a seguridade dos consumidores.
O dereito a unha xustiza colectiva eficaz. Sen xustiza colectiva, non hai xustiza para os consumidores! A acción colectiva ante abusos xeneralizados non só permite aforrar tempo e custos aos afectados e á propia xustiza, evidentemente saturada, senón visualizar ante toda a sociedade a dimensión que adquiren as fraudes das empresas e entidades financeiras, así como a forza que poden ter os consumidores agrupados e organizados baixo unha causa lexítima e común.
O dereito a unha subministración enerxética a prezo xusto para todos. A enerxía, sendo un ben que inflúe directamente coa posibilidade de vivir unha vida digna, é un dereito básico ao que todos teriamos que ter acceso a un prezo xusto, de forma xeneralizable e igualitaria. Non pode ser un privilexio duns poucos, senón un dereito para todos.
O dereito a unha alimentación saudable e sustentable. O dereito á alimentación é un dos dereitos humanos fundamentais e, ao mesmo tempo, as persoas temos dereito a acceder a unha alimentación saudable e sustentable. Unha correcta alimentación é fundamental non só para a saúde, senón tamén para a boa vida dos consumidores. O consumo responsable non só ten que mirar ao consumidor senón tamén ás empresas, na produción e distribución. Só a través desta corresponsabilidade poderemos consumir ben, para vivir mellor. Así, fronte ao intento de considerar aos consumidores como suxeito individual do que emana o único dereito á libre elección de compra dentro do mercado, nós reivindicamos o cambio de paradigma dos consumidores, pasando de ser un suxeito individual e pasivo a axente social con dereitos. Só saíndo desa ficción individualista e mercantilista do consumidor (e por tanto da cidadanía) que encobre unha situación de desequilibrio e dominación, poderemos garantir a efectiva aplicación dos dereitos económicos e sociais.
Os dereitos dos consumidores son claves para os dereitos económicos e sociais! Os dereitos dos consumidores son claves para o cambio!
23
Campaña 15·15·15. Cota única 2017
Xa coñeces a campaña 15·15·15? É un conxunto de beneficios sobre as cotas colexiais, de xeito
que resultan máis económicas nos casos das altas de novas persoas que se colexien este ano,
persoas que leven 15 anos colexiadas, e persoas que soliciten o cobro unificado para o ano
2017.
Nesta ocasión queremos chamar a atención sobre esa última opción, a cota única.
De xeito habitual, as cotas de mantemento colexial cóbranse por semestre adiantado, nos
mes de xaneiro e xullo. A opción 15-15-15 consiste en pagar as dúas cotas do ano 2017 de
xeito unificado, nun recibo que o Ceesg emitirá no mes de xaneiro. Deste xeito, aplicarase un
desconto de 15€ sobre a cota correspondente (a maiores das posibles bonificacións por
desemprego ou salario inferior ao SMI)
As colexiadas e colexiados que desexen aplicar esta cota única, deben solicitalo a través do
formulario web habilitado a tal efecto.
Ir ao formulario de solicitude
24
FORMACIÓN
Últimos días para a inscrición no VII Congreso Estatal de Educación Social
No mes de marzo publicouse o programa definitivo do VII Congreso Estatal de
Educación Social, e a través da páxina web do Congreso estánnolo
debullando, presentando un por un todos os obradoiros nos que se poderá
participar: sobre parentalidade positiva, sobre informe socioeducativo, sobre
xestión de emocións... E moitos máis que podedes consultar no programa e
na web do congreso.
O prazo de inscrición está a punto de esgotarse. Se queres beneficiarte dun
desconto na cota a través da “promoción amiga”, contacta co Ceesg.
Inscricións ata o 8 de abril!
Non o deixes pasar. Espérannos en Sevilla.
www.congresoeducacionsocial.org
25
Catálogo de formación do Instituto SIAC. Instituto SIAC. A distancia. www.institutosiac.es
Formación con desconto para colexiadas/os e amigas/os
XXVIII Congreso Internacional de Xerontoloxía e Xeriatría. Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría.
Lugo. 22 e 23 de abril. congreso.sgxx.org
Outra formación
Información detallada de
todas estas accións
formativas en
www.ceesg.org
Xornada: Ética e discapacidade. FEAFES Galicia. Santiago. 6 de abril. feafesgalicia.org
Cursos: Coaching educativo; TIC no ámbito social; Feminismos e igualdade. Cooperativa anfibia En liña. cursos.anfibiacooperativa.com/
26
EMPREGO
Educador/a social. Muxía.
Estas son as ofertas de
emprego publicadas o mes
pasado na web do Ceesg.
Para ver a información
completa e actualizada,
recorda consultar
frecuentemente a web do
Ceesg
Técnico/a de proxectos de formación, emprego ou recursos humanos. Vigo.
Educador/a familiar. Poio.
Docente para cursos de Atención á infancia no domicilio. Pontevedra e Santiago.
Educador/a social. Bueu.
Profesor/a asociado/a. Santiago.
Docente para curso de Atención a persoas maiores no domicilio. Pontevedra e Santiago.
Coordinador de delegación. Bolivia.
Autoras/es para manuais de formación especiali-zada e de certif. de profesionalidade. Pontevedra.
Técnico/a comarcal. Conso-Frieiras.
Encargada/o de ocioteca. Monterroso.
27
GRUPOS DE
TRABALLO Fiadeiras no Parlamento de Galicia Técnico/a de proxectos de formación, emprego ou recursos humanos. Vigo.
Educador/a familiar. Poio.
Docente para cursos de Atención á infancia no domicilio. Pontevedra e Santiago.
Profesor/a asociado/a. Santiago.
Docente para curso de Atención a persoas maiores no domicilio. Pontevedra e Santiago.
Coordinador de delegación. Bolivia.
Autoras/es para manuais de formación especiali-zada e de certif. de profesionalidade. Pontevedra.
O Grupo de Traballo Fiadeiras foi convidado pola Comisión non permanente
de estudo para a Igualdade e para os Dereitos das Mulleres do Parlamento
de Galicia, para comparecer na súa sesión do 2 de marzo de 2016.
Solicitaba a comisión que aportasen o seu punto de vista, melloras e propos-
tas acerca das leis vixentes sobre violencia de xénero.
Desde a óptica da Educación social, destacaron a prevención e sensibilización
como piares fundamentais para o traballo contra a violencia contra as mulle-
res. Entre as súas propostas: a incorporación de educadoras/es sociais nos
CIM e outros recursos de atención a mulleres, maior especialización do per-
soal dos CIM, revisión do curriculum oculto e materiais didácticos no eido es-
colar, control de contidos nos medios de comunicación (publicidade, trata-
mento informativo da violencia machista, certos programas…)
O vídeo completo da súa participación pode verse na web do Parlamento de
Galicia.
Ver vídeo.
Tania Merelas e Natalia Domínguez compareceron en representación de
todo o grupo, que puido seguir a sesión dende unha sala anexa.
Técnico/a comarcal. Conso-Frieiras.
Encargada/o de ocioteca. Monterroso.
28
BloguES Ocuparse sensatamente da infancia no espazo local
(Reflexións para a Xornada da FEMP sobre atención comunitaria psicolóxica e educativa. Madrid 03.11.2011)
Nunha sociedade aceleradamente cambiante, mestiza, con frecuencia socialmente fráxil, sometida a novas crises económicas, algúns grupos de cidadáns e cidadás como os nenos e nenas corren o risco de pagar todos os pratos rotos, asumir sobre as súas costas as nosas hipotecas.
No terreo das políticas, especialmente as locais, moitas da iniciativas e dos recursos de infancia quedan desbordados polas novas realidades ou, o que é peor, cando empezan a aplicarse os recortes pasan a ser considerados secundarios e prescindibles.
Para que, polo menos, non perdamos a preocupación por pensar formas sensatas e actualizadas de prestar atención á infancia suxiro compartir un debate sobre as principais propostas para a infancia que toda comunidade local debería ter. Propoño reflexionar sobre estas 10:
1. Un programa destinado a abordar a pobreza infantil, o impacto nas diversas infancias das situacións de pobreza (nas necesidades básicas, no acceso aos recursos e as formas de convivencia en dificultade nos diferentes sistemas, empezando pola escola)
2. Nos primeiros anos de infancia diversos espazos lúdicos, para os nenos e nenas e os seus adultos, destinados a completar, de maneira interactiva, a estimulación familiar ou a que se dá nos espazos educativos regrados.
3. Neses primeiros anos, un programa con actividades diversas, destinado a axudar a construír as vinculacións con acúdalas adultas do seu grupo familiar.
4. Tamén nesta primeira infancia unha proposta de atención destinada a estimular a tempo, a compensar inicialmente, os déficits de desenvolvemento, incluídos os de relación e integración social.
Jaume Funes Artiaga
Psicólogo, educador, e xornalista
http://jaumefunesa.blogspot.com.es/
29
5. Unha proposta múltiple, para os diferentes ciclos da infancia e a adolescencia, destinada a facer posibles as paternidades e maternidades eficientes, para axudar a adquirir e manter as competencias parentais necesarias en cada etapa.
6. Un sistema integrador de espazos infantís de encontro educativo a partir do lecer creativo e das relacións con figuras educativas que constrúen referencias, que pasan a ser referencias adultas positivas nas súas infancias, complementarias das que teñen en casa ou na escola.
7. Un programa múltiple destinado a acompañar a escolarización, no territorio, a facer real a idea de que educa a comunidade, que inclúa respostas singulares para as situacións de dificultade.
8. Un sistema compartido entre sistemas e recursos para facer posible o acompañamento educativo dos nenos e nenas do territorio con graos diversos de intensidade (en función das situacións e as idades).
9. Un sistema de mediación para a abordaxe dos conflitos e tensións nos grupos familiares e das tensións adolescentes coa comunidade.
10. Unha proposta de integración de diferentes recursos locais para acompañar as transicións da adolescencia (para ser mozo/a despois da ESO).
Publicado en http://jaumefunesa.blogspot.com.es en novembro de 2011
30
PARA LER E
REFLEXIONAR
Fíos Violeta: Convivir en igualdade. Ano: 2010
Editorial: Xunta de Galicia Autora: María Hermelo Iglesias
Fíos violeta é un recurso didáctico que parte do cine como
portador de valores e contravalores sociais, que ten como
obxectivo lograr que rapazas e rapaces sexan capaces de re-
flexionar, a través de material cinematográfico, sobre a secu-
lar desigualdade das mulleres, aquí e en tantas outras socie-
dades e culturas do mundo. Está destinada a traballar con
alumnado de educación secundaria obrigatoria, e foi deseña-
da dende unha perspectiva interdisciplinar. Pero non é un
material exclusivo da educación regrada; a súa versatilidade
permite a posta en práctica en calquera outro contexto onde
o obxectivo de educar a favor da igualdade sexa prioritario.
Podes consultar esta publicación na
31
ACTUACIÓNS
Reunións coa Consellería de Política Social e a Dirección Xeral de Familias, Infancia e Dinamización demográfica
No mes de marzo, a axenda do Ceesg recollía dúas
reunións políticas importantes:
Por unha banda, o Conselleiro de Política Social, José
Manuel Rey Varela, convocounos para unha toma de
contacto co colexio profesional, escoitar as nosas
principais demandas, e trasladarnos algunhas das
accións que están a traballar ou planificar.
Por outra, a Directora Xeral de Familias, Infancia e
Dinamización demográfica, Amparo González Méndez,
convidábanos a un encontro no que puidésemos
trasladar as necesidades e propostas de mellora en
relación aos centros que dependen do seu
departamento.
Fíos Violeta: Convivir en igualdade. Ano: 2010
Editorial: Xunta de Galicia Autora: María Hermelo Iglesias
José Manuel Rey Varela e Amparo González Méndez. Imaxe: xunta.es
32
Presentación do curso (Tran)sexualidade, infancia, e intervención socioeducativa
O Grupo Fiadeiras, xunto a asociación ARELAS (Asociación galega de meno-
res trans) convocaron aos medios a unha rolda de prensa para a presenta-
ción do curso sobre transexualidade e infancia que impulsaron, e contribuír
á sensibilización social neste tema.
A información foi ben acollida, e foron varios os medios que recolleron a
noticia, ou que contactaron para recoller declaracións sobre a transexuali-
dade e a infancia.
33
Concentración en apoio das persoas refuxiadas O Ceesg súmase a esta concentración celebrada en Santiago de Compostela
o 12 de marzo, para:
1. Denunciar o Acordo que a Unión Europea pretende asinar con Turquía
e que contravén os máis elementais dereitos humanos e os acordos
internacionais en materia de refuxio e inmigración, entre outras ra-
zóns por:
Establecer a posibilidade de facer deportacións colectivas de per-
soas,retrotraéndonos aos peores momentos da Historia de Europa
do século XX.
Por pretender “comprar” en Turquía campos de internamento des-
tas persoas para quitarse de forma intolerable esta realidade de
enriba.
2. Esixir que o goberno español promova unha radical oposición a este
Acordo entre os gobernos da UE. Esixir tamén que o propio Parlamen-
to Europeo impida a aprobación do mesmo.
3. Reclamar unhas políticas de refuxio e inmigración a nivel europeo e a
nivel do Estado Español acordes coa legalidade internacional e basea-
das no respecto aos dereitos humanos.
4. Esixir unha Política exterior europea que promova solucións pacíficas
e razoables dos conflitos que como o de Siria forzan a tantos millóns
de persoas no Mundo a buscar protección e refuxio noutros territo-
rios.
O Foro Galego de Inmigración, do que forma parte o Ceesg, tamén se sumou á concentración, e fixo públi-co un comunicado de prensa no que denuncia o acordo entre a UE e Tur-quía.
34
Reclamamos o noso espazo na rede CeMIT No mes de marzo presentamos recursos de reposición contra as bases de
contratación de Axentes TIC para as aulas CeMIT dos concellos de Sada, Ca-
mariñas, e Burela. Solicitamos a través destes recursos a inclusión do perfil
de educación social para o acceso aos postos.
Nos últimos tempos, asistimos a un cambio nos perfís solicitados para estas
prazas, de xeito que agora priman os vinculados coa informática, e exclúen
os perfís socioeducativos. Non era así hai anos, cando a educación social
tiña unha presenza máis clara. Por isto, tamén nos diriximos hai uns días á
AMTEGA e á Fegamp (entidades asinantes do convenio para a creación da
rede de centros CeMIT e desenvolvemento do Plan de Inclusión Dixital de
Galicia) solicitando que no propio convenio se inclúan directrices sobre o
persoal que debe estar á fronte das aulas.
E tamén... Comparecencia de Fiadeiras nunha Comisión do Parlamento de Galicia.
Reunións de traballo da Área de Acción Profesional, do Geix, e de Fiadeiras.
Participación na reunión do Foro de Inmigración.
Participación na Mesa de Traballo sobre “Sen teito” do Concello de Santiago de Compostela.
Participación nas reunións virtuais do CGCEES sobre o Congreso estatal e a Asemblea Xeral.
Adhesión ao manifesto “Os dereitos dos consumidores, dereitos cidadáns”, de Adicae.
Participación na rodaxe dun anuncio do Movemento Galego de Saúde Mental.
Comunicado “Sen límites”, polo 8 de marzo, Día das mulleres. (Sofía Riveiro)
Presentación do libro “Machismos, de micro nada” en Ferrol, Arteixo, Vilalba, e na TVG (Fiadeiras).
Comezo do curso (Tran)sexualidade, infancia e intervención socioeducativa (Fiadeiras)
Asistencia aos actos do Día Mundial do Traballo Social organizados polo COTSG en Santiago de Compostela.
Asistencia á charla: Al volante eres lo que más vale, en Vigo.
Asistencia á conferencia: “Derrubaron muros, ocuparon espazos. Achegas das galegas nos S. XIX e XX”, en Pontevedra.
Sorteo dunha inscrición no VII Congreso de Educación Social entre as amigas e amigos do Ceesg.
Servizo xurídico do Ceesg, primeiro martes e terceiro mércores de cada mes na sede do Ceesg.
Recurso de reposición a unha praza de “Educador/a familiar” no concello de Poio.
Participación na reunión da Plataforma Feminista Galega de Ourense, e designación dunha representante neste grupo da plataforma.
Reunión da comisión sobre contratacións públicas de servizos educativos coa infancia.
35
E tamén... Comparecencia de Fiadeiras nunha Comisión do Parlamento de Galicia.
Reunións de traballo da Área de Acción Profesional, do Geix, e de Fiadeiras.
Participación na reunión do Foro de Inmigración.
Participación na Mesa de Traballo sobre “Sen teito” do Concello de Santiago de Compostela.
Participación nas reunións virtuais do CGCEES sobre o Congreso estatal e a Asemblea Xeral.
Adhesión ao manifesto “Os dereitos dos consumidores, dereitos cidadáns”, de Adicae.
Participación na rodaxe dun anuncio do Movemento Galego de Saúde Mental.
Comunicado “Sen límites”, polo 8 de marzo, Día das mulleres. (Sofía Riveiro)
Presentación do libro “Machismos, de micro nada” en Ferrol, Arteixo, Vilalba, e na TVG (Fiadeiras).
Comezo do curso (Tran)sexualidade, infancia e intervención socioeducativa (Fiadeiras)
Asistencia aos actos do Día Mundial do Traballo Social organizados polo COTSG en Santiago de Compostela.
Asistencia á charla: Al volante eres lo que más vale, en Vigo.
Asistencia á conferencia: “Derrubaron muros, ocuparon espazos. Achegas das galegas nos S. XIX e XX”, en Pontevedra.
Sorteo dunha inscrición no VII Congreso de Educación Social entre as amigas e amigos do Ceesg.
Servizo xurídico do Ceesg, primeiro martes e terceiro mércores de cada mes na sede do Ceesg.
Recurso de reposición a unha praza de “Educador/a familiar” no concello de Poio.
Participación na reunión da Plataforma Feminista Galega de Ourense, e designación dunha representante neste grupo da plataforma.
Reunión da comisión sobre contratacións públicas de servizos educativos coa infancia.
No calendario da nosa podes ver
algunhas das actuacións previstas para as
próximas datas.
36
15 ANOS DE
HISTORIA Aprobación do Código Deontolóxico da Educación Social
O Colexio de Educadores Sociais de Galicia, en cumprimento das súas
funcións, quixo no seu momento dotar aos/ás educadores/as sociais de
Galicia dun código deontolóxico para a profesión, destinado a servir como
norma de conduta profesional no exercicio do seu labor nos diversos ámbitos
onde interviñesen.
Por aquel entón non existía aínda o CGCEES, e era a Asociación Estatal de
Educación Social (ASEDES) a entidade que agrupaba aos Colexios e
Asociacións Profesionais de Educación Social do estado, e a que aprobou o
código deontolóxico na súa Asemblea do 28 de febreiro de 2004, en Toledo. O
colexio galego asumiu como propio o código deontolóxico aprobado por
ASEDES, aprobándose por unanimidade na Asemblea Xeral ordinaria do
colexio o día 8 de maio dese mesmo ano.
A construción do código deontolóxico.
Este documento foi froito do traballo que durante longo tempo estiveron a
levar a cabo as e os compoñentes dunha comisión específica creada a este fin
en ASEDES e os Colexios e Asociacións membro.
Foi no III Congreso Estatal do/da Educador/a Social (XV Congreso mundial da
AIEJI), celebrado en Barcelona en xuño de 2001 co título “Ética y calidad en la
acción socioeducativa”, onde se asentaron as bases para establecer o
compromiso necesario para a elaboración dun código. Coa
“Declaración de Barcelona”, asúmese o compromiso de
“continuar ou iniciar procesos participativos de creación
de códigos deontolóxicos do educador e da educadora so-
cial”.
Portada da Revista “Claves de educación social” nº 3, monográfico sobre ética profesional.
Stand do Cesg durante o III Congreso Estatal de Educación
Social. Barcelona, xuño 2001.
37
Aprobación do Código Deontolóxico da Educación Social
Na Asemblea Xeral de ASEDES de Toledo, o 30 de novembro de 2002,
concretouse este compromiso e constituíuse a “Comisión de código
deontolóxico”. Esta Comisión recolleu a historia, os borradores e propostas
anteriores existentes, as experiencias noutros ámbitos... e coordinou a
elaboración dun novo texto, a través dun traballo conxunto, participativo e
interactivo que durou dous anos, e no que estiveron implicadas asociacións e
colexios profesionais de educadoras/es sociais, así como outras persoas
expertas.
Entre aqueles borradores existentes previamente, cabe destacar “Un esbozo
de Código Deontológico del educador social”, Universidad de Deusto, 1996,
de Luis Pantoja, publicado na revista Claves de Educación Social nº 3, de abril
de 1998.
Presentación pública do Código deontolóxico.
A presentación oficial do código deontolóxico fíxose no marco do IV Congreso
Estatal do/da Educador/a Social, celebrado en Santiago de Compostela en
setembro/outubro de 2004, a cargo do educador e da educadora social Iñaki
Rodríguez Cueto e Araceli Lázaro Aparicio, ambos membros da comisión
encargada da súa elaboración.
Tamén quixemos facer unha presentación no marco universitario, e foi no ano
2006 cando tamén Araceli (na Universidade de Santiago) e Iñaki (na
Universidade de A Coruña e na Universidade de Vigo – Campus de Ourense)
se encargaron da conferencia “Reflexión ética da Educación Social”.
Sería en Toledo no ano 2007, cando o código deontolóxico volve ter presenza
nun evento de gran importancia, esta vez xa como parte dos documentos
profesionalizadores, que foron aprobados
e presentados durante o desenvolvemento
do V Congreso Estatal de Educación Social.
Portada da primeira publicación do Código Deontolóxico por parte do colexio.
Presentación oficial do Código Deontolóxico, durante o IV Congreso de Educación Social. Santiago, outubro 2004
38
Os documentos profesionalizado-res envíanse a todas as educado-ras/es sociais no momento da súa colexiación.
A actualidade
O código deontolóxico segue vixente, formando parte dos documentos
profesionalizadores que se fan chegar a cada colexiada/o novo, e no Ceesg
seguimos promovendo a reflexión sobre o papel da ética na práctica
profesional.
Así, no 2014 organizamos a presentación do libro “Cuestiones éticas de la
Educación Social. Del compromiso político a la responsabilidad en la práctica
profesional” nas tres universidades galegas, coa participación do seu autor,
Jesús Vilar.
O último paso relacionado coa ética e cos documentos profesionalizadores foi
incorporar na nova versión do boletín unha sección específica que nos irá
recordando os preceptos recollidos no código deontolóxico e nos demais
documentos profesionalizadores.
Pero sen dúbida, a acción máis importante relacionada coa deontoloxía é a
constitución, en decembro de 2014, da Comisión de Ética e Benestar
Profesional, amadriñada por Carmen Adán Villamarín, e composta por
persoas da Xunta de Goberno do Ceesg, colexiadas/os, e persoas do ámbito
universitario. Esta comisión cumpre, por unha banda, a función consultiva,
asesora, orientadora, e formativa, naqueles casos que as persoas colexiadas
poidan plantexar; e por outra, unha función fiscalizadora de malas prácticas,
nun papel mediador para a súa denuncia ante outras instancias.
Todo isto, para poñer en valor o noso código deontolóxico, unha ferramenta
que deberiamos ter sempre enriba da mesa, como material de consulta e de
referencia, e como guía do noso quefacer profesional.
39
40
AVISOS
Código Deontolóxico do educador e a educadora social
Principios deontolóxicos xerais Principio de respecto aos suxeitos da
acción socioeducativa
«O/A educador/a social actuará en interese
das persoas coas que traballa e respectará
a súa autonomía e liberdade. Este principio
fundaméntase no respecto á dignidade e no
principio de profesionalidade descrito neste
código»
DOCUMENTOS PROFESIONALIZADORES
41
AVISOS Consulta de cotas pagadas ao Ceesg no 2015 Xa está en funcionamento na nosa web a aplicación para coñecer o importe das cotas sufragadas ao Ceesg no exercicio 2015. Ir á aplicación
Colaboración co Boletín do Ceesg Podes enviarnos os teus artigos para publicar no Boletín do Ceesg. O prazo de envío é o día 20 de cada mes. A Área de Comunicación decidirá en cada caso se saen publicados, e resérvase o dereito a publicalos en boletíns posteriores. Todos os artigos se traducirán a galego ou castelán para publícalo en ambas linguas. Prégase axuntar fotografía do autor/a. Os artigos deben utilizar unha linguaxe non sexista.
42
Rúa Lisboa, 20, baixo C (Barrio das Fontiñas)
15707 Santiago de Compostela
ceesg.gal
Colexio de Educadoras e
Educadores Sociais de Galicia
@GaledusoCeesg
Boletín do Ceesg
http://fiadeirasceesg.blogaliza.org/
Fiadeiras Ceesg
Geix Ceesg
Escaravellando Grupo de
Infancia e Adolescencia
ABeira Ceesg
A Eira do Ceesg