Depósito Legal: CO 1376 2005Autor: Francisco J. ValverdeDebuxos: Fernando García HerreraImprime: Argos ImpresoresA Papeleira Feliz v.1.3 Sogama
Edita:Iniciativas Medio Ambientales, Ciclo Verde, S.L.A. De la Torrecilla s/n14013 CórdobaT: 957 760053 | F:957 434266www.cicloverde.com | [email protected]
A papeleira feliz:sen orellas e sen nariz
22
Non temos nariz, nin tampouco orellas! Non vemos a televisión, non bailamos,
nin xogamos ó fútbol e tampouco montamos en bicicleta!
33
Nós somos papeleiras… Vivimos nas rúas, nas prazas, nos parques e tamén nas
escolas. Somos moitas en todas as partes, e sempre,… pero que sempre,
estamos coa boca moi aberta.
44
Na barriga levamos papeliños, botes, gomas de mascar e un montón de cousas
que a xente xa non quere. Canto máis chea temos a nosa barriguiña, máis
contentas estamos.
55
Da igual que faga tanto calor, que ata nos derreta a cabeza; ou que choiva e
faga frío ata que nos tremen as pernas. Nós estamos no noso sitio…, ben
quedas, esperando que nos boten os desperdicios na nosa barriga.
66
De todas formas, recordade que, ademais de utilizar as nosas barrigas,
debedes facer uso dos contedores de recollida selectiva que hai nas rúas. No
amarelo debemos introducir os envases de plástico, as latas e os briks; no
azul, o papel e cartón; no iglú verde, as botellas, tarros e frascos de vidro,
sen os tapóns!! E no xenérico, o resto.
XENÉRICO
AMARELO
AZUL
77
Algunhas persoas pasan polo noso lado sen facernos caso, e …cataplún! botan
un papel na beirarrúa, na rúa o nunha árbore…
88
Entón poñémonos moi tristes.
99
Cando non nos utilizan sentímonos inútiles e pensamos que non servimos para
nada. Algunhas persoas seguen a ensuciar o noso pobo con todo tipo de papeis
e outras porcalladas.
1010
Entón, ocorreu, que unha papeleira que estaba enfadada porque non lle facían
caso, dixo: “a quen non nos bote os desperdicios na nosa panza… cataplún!
Darémoslle unha patada na canela”.
1111
Non, non! Dixémoslle todas. Non se deben dar patadas… Esa é unha mala idea!
1212
Despois de moito pensar, pero que moito, moito, moito, chegamos a un
acordo entre todas.
1313
E todas xuntiñas decidimos coller as nosas maletas e marchar moi lonxe do
pobo.
1414
As rúas volvéronse feas e moi sucias. Xa ninguén quería pasar por elas, e os
nenos e nenas non querían xogar alí.
1515
Os nenos e nenas, os pais e as nais, os avós e avoas, os mestres e mestras,
todos comezaron a buscarnos, miraban ata debaixo das pedras.
1616
Pero nós seguiamos ben escondidas e atentas a todo o que pasaba no pobo.
1717
Cada día que pasaba, no pobo acumulábase máis lixo nas rúas e isto
preocupábamos pero que moito, moito, moito.
1818
Un día todas as papeleiras reunímonos e como nos daba tanta pena ver o pobo
tan sucio, decidimos que o mellor sería voltar.
1919
Cando chegamos ó pobo, todo o mundo nos aplaudía e dábannos grandes
apertas de alegría.
2020
Aprenderan que nada, pero que nada, debe botarse no chan, e si que debe
estar na nosa barriguiña…
2121
Porque deste xeito nós, as papeleiras, estamos moi felices e contentas.
Encántanos ver o noso pobo limpo e brillante.
2222
EXERCICIOS
Por que é bo usar as papeleiras?
a. Porque son moi bonitas.
b. Porque o pobo estará máis limpo e brillante.
c. Para ser a súas amiguiñas.
- Onde non debemos botar o lixo?
a. Nas papeleiras.
b. Nos contedores do lixo.
c. Nas beirarrúas, árbores ou rúas.
2323
ACTIVIDADES
Conta as papeleiras que hai no teu colexio. Colorea tantas como
atopes:
Debuxa que tipo de residuos viches tirados na beirarrúa camiño do
teu colexio :
2424
Une cunha frecha os materiais a depositar en cada contedor de
recollida selectiva:
amarelo
azul
xenérico