Download - A achega de Galicia ao quentamento global
A ACHEGA DE GALICIAAO QUENTAMENTO
GLOBAL
As emisións de gases de efectoinvernadoiro en Galicia
(1990-2012)
Unha sucesión de fortes temporais asolou a costa galega duranteo inverno de 2013. Un anuncio do futuro que nos agarda?.
Segundo a comunidade científica, aíndaparece posíbel evitarmos unha catástrofeclimática planetaria, mais só se nospróximos anos as emisións mundiais degases de invernadoiro comezaren adiminuír.
A nosa terra debería contribuír á loitacontra a crise climática asumindo dunhavez a súa responsabilidade. Considerandoa nosa poboación, consumimosdemasiados recursos naturais e xeramosunha contaminación excesiva. A nosaeconomía é inxusta e insustentábel taména escala global. É precisa unha profundamudanza para podermos vivir ben sencontinuarmos a espoliar a natureza eoutros pobos.
Entre 1990 e 2012, as emisións de gasescausantes do cambio climáticoaumentaron o 6,3% en Galicia. A pesar do"boom eólico" da década pasada, sen oque terían medrado aínda máis. O freo áexpansión das renovábeis imposto polaregresiva reforma eléctrica do GobernoRajoy, sumado á ausencia a todos osniveis institucionais de medidasambiciosas de redución das emisións,auguran para os próximos anosdiminucións insuficientes ou novosaumentos.
Galicia non combate o cambio climático
As emisións territoriais de Galicia repuntan desde 2010, a pesarda crise económica. A causa é a recuperación do uso do carbónpara xerar electricidade nas centrais das Pontes e de Meirama.
Nota: Os datos preséntanse en unidades de “CO2 equivalente” (CO2 eq). O CO2 eqexpresa a eficacia no aumento do efecto invernadoiro dos diversos gases consideradosno Protocolo de Quioto, usando como referencia o dióxido de carbono (CO2).Fonte: Ministerio de Medio Ambiente.
30,048
27,379
25,903
28,260
Galicia e España aumentaron as súas emisións territoriais, aotempo que a UE as diminuía. España foi un dos tres estados daUE onde máis medraron as emisións desde 1990.
Variación das emisións de gases de invernadoiro noperíodo 1990-2012 (en porcentaxe)
Fonte: Ministerio de Medio Ambiente e Axencia Europea de Medio Ambiente.
Unión Europea
España
Galicia
-19,2
19
6,3
As emisións por habitante do noso país son moi superiores aopromedio mundial. E mesmo superan as de España e a UE. A nosaachega relativa á mudanza climática é alta.
Nota: Considéranse as emisións procedentes da queima de combustíbeis fósiles.Fontes: Ministerio de Medio Ambiente e Axencia Internacional da Enerxía.
A produción de electricidade con carbón e o transporte sonos sectores con maiores emisións de gases de invernadoiro.Durante 2012 achegaron o 56,4% das emisións totais.
Emisións de gases de invernadoiro por sectores en 2012
Que sectores xeran máis emisións?
Térmicas de carbón11.526.612 ton. (38,4%)
Outras industrias enerxéticas
1.400.259 ton. (4,7%)
Transporte
5.415.150 ton. (18%)
Industria
4.211.760 ton. (14%)
Agricultura e gandería
3.343.000 ton. (11,1%)
Sector comercial, residenciale institucional
3.364.000 ton. (11,2%)
Outros
787.620 ton. (2,6%)
Nota: A categoría "Outros" abrangue o tratamento de residuos, o uso de disolventes eoutros produtos e as emisións fuxitivas dos combustíbeis. As emisións do "Sectorcomercial...." consideran tamén as provenientes da queima de combustíbeis nossectores agrogandeiro e pesqueiro.Fonte: Ministerio de Medio Ambiente.
A actividade das centrais termicas de carbón das Pontes e deMeirama é o que máis determina as variacións nas emisións degases de invernadoiro en Galicia. A evolución das emisións totaissegue a mesma tendencia que a das emisións das térmicas decarbón.
Resto das emisións
Emisións das térmicas de carbón
20.823.627
12.969.793
5.226.397
7.638.580
11.526.612
20.676.75319.740.760
18.521.858
Nota: Datos en toneladas de CO2 (térmicas) e CO2 eq (resto das emisións).Fontes: Consellaría de Medio Ambiente e Ministerio de Medio Ambiente.
En 2012, a central térmica de carbóndas Pontes, propiedade de ENDESA,foi o maior foco emisor de dióxido de
carbono do Estado español e onúmero 27 de Europa. A produción
eléctrica con carbón é a máisintensiva en gases causantes docambio climático. A central das
Pontes queima carbón deimportación procedente de
Indonesia.
As maiores industrias emisoras foron responsábeis do 46% dosgases de invernadoiro emitidos desde Galicia en 2012.
Fonte: Consellaría de Medio Ambiente.
Os gobernos están a frear a expansión das enerxías renovábeisno noso país, prexudicando o combate á mudanza climática.
2008Novas centrais de
ciclo combinado dasPontes e Sabón
2011 /1 2O prezo do dióxidode carbono atinxeníveis mínimos
2009Feijoó anula o
concurso eólico dobipartito
201 2Rajoy suprime asprimas para novas
centrais renovábeis
2008Zapatero frea a
expansión da solarfotovoltaica
201 0Xunta, partidos e
sindicatos defendenas centrais de carbóndas Pontes e Meirama
Nota: Para obter a potencia de orixe renovábel consideráronse as enerxías eólica,solar, minihidráulica e da biomasa.Fontes: Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e Ministerio de Medio Ambiente.
Potencia instalada renovábel
Emisións das centrais térmicas
Aínda que as emisións do transporte estanse a reducir porcausa da crise económica desde 2007, aumentaron o 48% entermos absolutos desde 1990. En termos per cápita sonsimilares ás da UE-15.
Emisións por habitante do transporte (ton/hab)
Galicia
UE-15
1,34
1,93
2,25
2,48
2,09
2
1,91
1,95
Nota: Os estados da UE-15 son Austria, Alemaña, Bélxica, Dinamarca, España,Finlandia, Francia, Irlanda, Italia, Grecia, Luxemburgo, Países Baixos, Portugal, ReinoUnido e Suecia.Fontes: Ministerio de Medio Ambiente e Axencia Europea de Medio Ambiente.
Propostas para combater o cambio climático
A descarbonización da economía baixo criterios desustentabilidade ecolóxica e xustiza social exixiría unha profundatransformación do noso modelo económico, produtivista econsumista. Decrecer o uso de recursos naturais e substituír osfóseis por renovábeis é chave. Eis tres accións fundamentaispara a transición cara a unha verdadeira economía verde.
Sen carbón econ máisrenovábeisEn 2012, o 81% da enerxíaprimaria consumida enGalicia procedeu decarbón, petróleo e gasimportados.
Para reducirmos as nosasemisións o máis prioritarioé pechar xa as térmicasde carbón. Hoxe non sonprecisas para nosautoabastecermos.
É urxente acabarmos cun"parón renovábel" que sóinteresa ás grandeseléctricas. A promoción daxeración distribuída deenerxía renovábel debeestar no centro daestratexia enerxética, xuntoco decrecemento doconsumo.
Mobilidadereducida everdeO crecementodesmesurado damobilidade motorizada estáno núcleo duro dainsustentabilidade da nosaeconomía.
Unha estratexia demobilidade verde que noncombine as accións dedesincentivo dos modos detransporte contaminantescoas de promoción dosverdes fracasará.
Medidas chave son: Xerarproximidade, gravar máisos combustíbeis, nonampliar a rede viaria dealta capacidade, potenciaro transporte colectivo oupromover a marcha a pé eo uso da bici.
Agroecoloxíae soberaníaalimentarNon só as nosas emisiónsterritoriais son excesivas.Tamén o é a pegada decarbono, isto é, as emisiónsasociadas ao nosoconsumo.
A maior causa, xunto coadependencia do coche, éunha dieta mediaexcesivamente rica enproteínas animais ebastante dependente deimportacións.
Relocalizar a produción eo consumo de alimentos,promover a agriculturaecolóxica ou incentivardietas con menos carne emáis vexetarianas é básicopara diminuírmos a pegadade carbono.
Autor:
Xosé Veiras GarcíaEcoloxista e biólogoBlog:http: //[email protected]@xoseveiras
Esta publicación l icenciouse coa Licenza Creative CommonsRecoñecemento-Non comercial 4.0 Internacional. Para ver unha copiadesta l icenza, visite http: //creativecommons.org/l icenses/by-nc/4.0/.
Agosto de 201 4
Referencias dos datos sobre emisións:
-Axencia Europea do Ambiente:http: //www.eea.europa.eu/data-and-maps/data/data-viewers/greenhouse-gases-viewer
-Axencia Internacional da Enerxía:http: //www.iea.org/statistics/topics/CO2emissions/
-Consellaría de Medio Ambiente, Territorio eInfraestruturas:http: //cambiocl imatico.cmati.xunta.es/
-Ministerio de Medio Ambiente, Agricultura e Alimentación:http: //www.magrama.gob.es/gl/cal idad-y-evaluacion-ambiental/temas/sistema-
espanol-de-inventario-sei-/default.aspx