informe sobre os restos do castelo de fontÁn (sada) localizados no cantil do peirao

11
INFORME SOBRE OS RESTOS DO CASTELO DE FONTÁN (SADA) LOCALIZADOS NO CANTIL DO PEIRAO.

Upload: usc-es

Post on 16-Jan-2023

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

INFORME SOBRE OS RESTOS DO CASTELO DE FONTÁN (SADA) LOCALIZADOS NO CANTIL DO PEIRAO.

MALDE ARQUEOLOXÍA INFORME SOBRE OS RESTOS DO CASTELO DE FONTÁN (SADA) LOCALIZADOS NO CANTIL DO PEIRAO.

1

1.- INTRODUCCIÓN

Este documento é redixido a solicitude do concello de Sada, pola aparición de restos

da fábrica do Castelo de Fontán no cantil do peirao.

Por desgraza pese á corrección nos termos da solicitude, enviada por carta certificada

con acuse de recibo (18/02/2014), e con rexisto de saída do 14/02/2014, é precedida

por unha nota pública de imprensa do 13/02/2014 con informacións falsas e

tendenciosas sobre a relación do arqueólogo director coa Dirección Xeral de

Patrimonio a respeito das dovelas do porto e o seu depósito.

Alegrámonos moito que finalmente se teña a ben considerar o noso parecer técnico

logo de sofrer a súa desconsideración pública.

Imos informar e facer unha proposta sobre algo que non formou parte da escavación

arqueolóxica do Castelo de Fontán. Porén en razón da súa relación, e tendo en conta

a súa relevancia non temos inconveniente en manifestarnos neste documento.

2.- ENTRADA CON ARCO MONUMENTAL E ACESO ABOVEDADO

O Castelo foi moi coñecido pola súa entrada monumental, na que destacaba un gran

arco de medio ponto, configurado con grandes dovelas. Este arco proseguía para o

interior a modo de bóveda de canón, rematando noutro arco de menor porte. O aceso

entre o exterior e o patio interior realizábase por medio dun pasadizo interno

abovedado, configurado polos mencionados arcos. No momento da escavación, en

2007, dito arco non existía. Podíase considerar a posibilidade que a posición do

mesmo estivera entre os dous muros naquel intre visíbeis. Da mesma maneira o

perpiaño dun deles podería ser un revestimento externo. Porén, a intervención

arqueolóxica veu desmentir esas posibilidades

A batería foi construída con cachotería tomada con morteiro de cal. Este técnica é moi

práctica xa que aproveita recursos locais (xistos), e moi eficiente xa que absorbe os

impactos artilleiros.

Neste contexto construtivo a presenza do arco, e dos revestimentos con perpiaño de

granito, veñen engadir un deliberado efeito de monumentalidade. A monumentalidade

da entrada resulta coerente coas dimensións e características xerais da batería que

MALDE ARQUEOLOXÍA INFORME SOBRE OS RESTOS DO CASTELO DE FONTÁN (SADA) LOCALIZADOS NO CANTIL DO PEIRAO.

2

lle fixo acredora do apelativo de “Castelo”.

A escavación e a documentación de Hermosilla determinaron que o arco non estaba

emprazado entre os muros aínda conservados. Da mesma maneira, revestimento

con perpiaño de granito non era un acabado externo senón o interior do pasadizo

interno da entrada. O arco apoiábase nun dos muros conservados, e noutro que

desapareceu por mor das obras do porto.

3.- O PROCESO DE RUÍNA

Para entender a presenza das dovelas no cantil do porto, hai que considerar o

proceso de ruína do Castelo.

3.1.- A ruína por abandono

Entre os 700 m³ retirados na escavación atopouse no pasadizo de aceso unha moeda

de Alfonso XII de 1878, que sitúa o final do uso militar do castelo. Esta data resulta

coerente coa evolución tecnolóxica da artillaría. Os baluartes do século XVIII fican

obsoletos ante canóns estriados, de tiro plano e a maior potencia dos obuses. En

tanto que en Fontán non se implantan os novos modelos (como acontecerá noutros

lugares da costa -Monte de San Pedro na Coruña-), nen tampouco é reformado (como

as casamatas da Graña e San Filipe), así o baluarte é abandonado.

O abandono causa a súa ruína, que resulta visíbel en fotografías de 1927

3.2.- A ruína pola construción do porto

Nos anos 30 e 40 (s. XX) as fotografías antigas informan quer da conservación da

planta, quer da consideración como ruínas “fermosas” a teor de fotografías como das

medas de trigo no entorno da entrada co seu arco monumental.

Porén, a meados do século XX a construción do porto de Fontán-Sada esixiu

MALDE ARQUEOLOXÍA INFORME SOBRE OS RESTOS DO CASTELO DE FONTÁN (SADA) LOCALIZADOS NO CANTIL DO PEIRAO.

3

desmontar parte dos cantís de Fontán para gañar terreno útil, ao tempo que fornecía

de material sólido de reenchido. A información gráfica é moi elocuente, e da conta xa

non da ruína, senón da destrución do castelo, con dous momentos claros:

1. Até 1956-19591, co porto xa construído, consérvase a entrada monumental e

algún fragmento da troneira dianteira.

2. Posteriormente, desaparecen definitivamente a entrada e as troneiras.

Perspectiva, anos 40

Castelo de Fontán

Perspectiva, anos 50

1 Tal e como corroboran as moedas de 5 pts de 1957 e de 10 céntimos de 1959, que axudan a matizar cronoloxicamente a cartografía.

MALDE ARQUEOLOXÍA INFORME SOBRE OS RESTOS DO CASTELO DE FONTÁN (SADA) LOCALIZADOS NO CANTIL DO PEIRAO.

4

A fotografías aéreas permiten determinar o uso específico do predio do castelo como

lugar de acopio de material. Quer dicir, desmontouse o terreno ocupado pola

construción, respectando unha casa viciña, e tomando como limite un dos lados do

proprio castelo (lado norte), que por ese motivo se conservou.

1956-1959: Vista xeral dos restos do Castelo de Fontán durante a construcion do porto.Montaxe da sobre cartografía vectorial 1:5000 da Xunta de Galicia, a fotografía xeoreferenciada do “Voo

dos Americanos” (ao redor de 1956) (CDIX) e a planta de Hermosilla (1800).

1956-1959: Vista de detalle dos restos conservados e o impacto da construción do porto:a)b)c)

Entrada abovedada e baluarte anexo de defesa da mesma. Esquina da zona de troneiras.Desmonte que afecta ao predio onde se emprazaba o castelo que xa destruíra 2/4 partes.

a

b

c

MALDE ARQUEOLOXÍA INFORME SOBRE OS RESTOS DO CASTELO DE FONTÁN (SADA) LOCALIZADOS NO CANTIL DO PEIRAO.

5

Apartir de 1959 o porto ocupa definitivamente o predio do castelo. O desmonte non só

ocupa especificamente o emprazamento do castelo, senón que ademais ten unha

orientación contraria aos estratos xeolóxicos da zona, orientados en sentido N-S,

mentres que o desmonte vai en dirección O-E. O Resultado vai ser unha enorme

depresión antinatural no terreno, que vai quedar disimulada polas novas edificacións

do porto.

Fotografía aérea coa construción do porto concluída, nos que se aprecia perda de outros restos conservados ao redor de 1956.a) b)

Restos actuais do casteloDesmonte específico do predio do castelo que configura unha depresión singular.

a

b

4.- A IDENTIFICACIÓN DAS DOVELAS

De forma casual, posteriormente a intervención arqueolóxica, advertimos a presenza

de restos de cantería de granito na zona da cetaria. Estas pezas mostraban

similitudes coas do castelo coñecidas por medio das fotografías antigas e polos restos

conservados. Atopábanse tiradas sobre a estreita faixa de cantos depositados xunto

ao cantil. Trátase dun lugar excéntrico no conxunto do porto. Por outra parte, a maré

cobre periodicamente este lugar ocultando os restos.

MALDE ARQUEOLOXÍA INFORME SOBRE OS RESTOS DO CASTELO DE FONTÁN (SADA) LOCALIZADOS NO CANTIL DO PEIRAO.

6

Por tanto, non puidemos actuar sobre as mesmas por motivos de oportunidade. As

pezas emprázanse fora e a distancia da zona autorizada de escavación, a cal

desenvolveuse sobre a totalidade da edificación conservada. De igual maneira

descoñecíamos e descoñecemos a propriedade do terreno no que se atopan as

pezas, posto que está a carón da cetaria. O noso traballo tan só estaba autorizado a

desenvolverse nunha parcela municipal na que se observan os restos do castelo.

Finalmente, sen o conxunto de información arqueolóxica non poderíamos identificar

estas pezas e atribuírlles unha orixe, xa que poderían ter calquer procedencia (p.e.

das casas de Fontán ou das factorías de salgazón)

A posición dos restos, afastado do núcleo do castelo, resulta coerente co proceso de

ruína que descrebemos anteriormente. Depois de 1959 acométese o desmonte

definitivo que vai destruír os restos conservados entre 1956-1959 (entrada

monumental e os fragmentos das troneiras dianteiras). Existe documentación

fotográfica na que se pode observar o inicio dos traballos e como rematan (tempos

anteriores a construción da depuradora).

MALDE ARQUEOLOXÍA INFORME SOBRE OS RESTOS DO CASTELO DE FONTÁN (SADA) LOCALIZADOS NO CANTIL DO PEIRAO.

7

A partir de aproximadamente de 1959: Fotografía co porto construído. Momento de ampliación a conta do castelo na zona da cetariaa)b)

c)

Restos conservados (entrada monumental, baluarte lateral, troneira lateral Liña de corte e gran desmonte que ten destruído a parte dianteira do castelo. Está sen cobertura vexetal e con rochas removidas en superficie polas obras. Contrasta con outras zonas sen tocar.

Deposición dos derrubes no perímetro rochoso do litoral.

ab

c

Momento no que está rematado o gran desmonte:a)b)c)d)

Xera unha depresión ou interrupción antinatural no terreno. Os seus arredores xá están construídos (edificio da cetaria). Restos actuais do castelo.Zona de onde se atopan as dovelas.

a

b

c

d

MALDE ARQUEOLOXÍA INFORME SOBRE OS RESTOS DO CASTELO DE FONTÁN (SADA) LOCALIZADOS NO CANTIL DO PEIRAO.

8

Nesta restitución fotográfica pódese observa a estruturación da entrada monumental.

Na fotografía antiga mostra os elementos perdidos e o seus emprazamento orixinal.

A desaparición do lateral direito provocou o conseguinte derrube do arco. Pódese

apreciar o pavimento do pasadizo interno e a ausencia do paramento direiro sobre o

que se apoiaba a bóveda de canón que o recubría.

MALDE ARQUEOLOXÍA INFORME SOBRE OS RESTOS DO CASTELO DE FONTÁN (SADA) LOCALIZADOS NO CANTIL DO PEIRAO.

9

Nestas fotografía podemos observar a posición da entrada monumental e a forma de

caída e dispersión da fábrica.

O gran corte que seccionou o terreno, destruíndo unha parte importante do castelo,

marcou o límite na da intervención arqueolóxica por motivos evidentes: o primeiro

pola enorme desnivel (un corte vertical de mais de 15 m.), e en segundo lugar por

situarense as instalacións da cetaria na parte baixa.

MALDE ARQUEOLOXÍA INFORME SOBRE OS RESTOS DO CASTELO DE FONTÁN (SADA) LOCALIZADOS NO CANTIL DO PEIRAO.

10

5.- PROPOSTA DE CONSERVACIÓN

En atención ao relevante papel da entrada monumental do castelo, recomendamos a

recuperación das pezas que a compuña, co fin de non seren perdidas por efeito do

mar, obras ou roubo.

As pezas forman parte do castelo de Fontán. Por tanto non recomendamos o seu

traslado ao Castelo de San Antón. Non creemos que sexa preciso por razóns de

conservación, ao tratarse de materiais estábeis (pedra). Creemos que,

preferentemente, deberían incorporarse ás ruínas do castelo, dentro dunha

rehabilitación que tente restituír o arco, ou simplesmente sendo mostradas nas

imediacións como pezas salientábeis castelo.

O procedimento é ben simples: identificación en campo das pezas; autorización da

propriedade e da Dirección Xeral de Patrimonio para retiralas con medios adecuados;

emprazamento nunha nova ubicación (depósito ou no castelo).

A Coruña, 21 de febreiro de 2014

Antón Fernández Malde

Arqueólogo Director da escavación arqueolóxica do Castelo de Fontán