diario rodaje tamara: proxecto máscaras

32
O diario tralas cámaras Introdución Se fai 3 anos me din que ía pasar por momentos tan bos e tan difíciles, pensaríame participar nun proxecto como Máscaras. E con isto refírome á absorción de tempo, pensamentos e aprendizaxe no que estiven este último ano; rompeume máis dun esquema. Máscaras comezou sendo un proxecto xestionado dentro da empresa, no que a miña participación eran pequenas colaboracións na parte de pre-produción. Diso, a ocuparme de gran parte da produción, houbo -e segue habendo - un camiño moi longo, que neste Diario vou contando. Tendo en conta, que a miña –pouca- experiencia laboral estaba enfocada á participación en traballos enfocados a xestión de proxectos e asesoramento a emprendedores e empresas, aprendín a marchas forzadas. Nunha pequena empresa como a nosa, aínda que cada quen ten unhas funcións definidas, en situacións como estas, apoiámonos mutuamente. Todo proxecto ten alteracións e, Máscaras, non foi menos. Se de por si, executar un proxecto no que tes toda Rda. De Outeiro, 269 Baixo 15011 A Coruña Tel. 981 145 810 [email protected] CIF: B-15.658.461 1

Upload: ig-proyectos

Post on 22-Mar-2016

232 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

Diario rodaje Tamara: Proxecto Máscaras

TRANSCRIPT

Page 1: Diario rodaje Tamara: Proxecto Máscaras

O diario tralas cámarasIntrodución

Se fai 3 anos me din que ía pasar por momentos tan bos e tan difíciles, pensaríame participar nun proxecto como Máscaras. E con isto refírome á absorción de tempo, pensamentos e aprendizaxe no que estiven este último ano; rompeume máis dun esquema.

Máscaras comezou sendo un proxecto xestionado dentro da empresa, no que a miña participación eran pequenas colaboracións na parte de pre-produción. Diso, a ocuparme de gran parte da produción, houbo  -e segue habendo - un camiño moi longo, que neste Diario vou contando.

Tendo en conta, que a miña –pouca- experiencia laboral estaba enfocada á participación en traballos enfocados a xestión de proxectos e asesoramento a emprendedores e empresas, aprendín a marchas forzadas. Nunha pequena empresa como a nosa, aínda que cada quen ten unhas funcións definidas, en situacións como estas, apoiámonos mutuamente.

Todo proxecto ten alteracións e, Máscaras, non foi menos. Se de por si, executar un proxecto no que tes toda a información e coñecementos necesarios é complicado, imaxinarme que fun capaz de axudar a sacar Máscaras adiante, confirmoume que xa non teño medo a nada.

A aprendizaxe foi moi intensiva, incluso con “Auformación Express”,  preguntando de tódalas fontes posibles, cometendo erros garrafais  -e solucionándoos-, poñéndome en tódalas funcións posibles e dando ordes.

Comecei con este Diario cando xa levabamos algunhas sesións (ao día seguinte, escribía en bruto todo o que pasaba). Cheguei a estar tan sobrepasada, que fun incapaz de corrixilo e axustalo para a presentación pública da curta “Calcetin(e)s”. Mentres estaba neste repouso, cheguei a un libro: “Conquista de lo inútil”, de Werner Herzog, que me axudou a desbloquearme (baseado no  diario de rodaxe da súa película, “Fitzcarraldo”; tardou máis de 20 anos en poder tocalo). Pensei, que non era raro o que me pasaba, só necesitaba desconectar e liberar a mente unha semanas…

Rda. De Outeiro, 269 • Baixo • 15011 A Coruña • Tel. 981 145 810 • [email protected]

CIF: B-15.658.461

1

Page 2: Diario rodaje Tamara: Proxecto Máscaras

Ao remate da gravación acabei esgotada psicoloxicamente. Cando releo o dossier, ríome do que foi na realidade o que nel se conta. Nunca imaxinaría así a historia… É difícil atopar as palabras correctas.

O período de gravación foi complicado, pero simultánear con produción foi…non podo definilo. Pero, teño que recoñecer que, unha vez que se comeza a gravar, entras noutro mundo.

O primeiro día foi nas instalacións do club de Aspronaga. Nada máis chegar, coñecín a Mireya, moi faladora e simpática. O primeiro que pensei foi no acolledora que era a xente dese lugar, se en tódolos sitios me recibisen así estaría encantada!. O resto dos protagonistas funos coñecendo a  medida que se ían achegando.

Hai certos aspectos de agradecer naquela xente que colaborou desinteresadamente neste proxecto, un deles foi a empresa Dinamo, que nos cedeu o seu local para facer tódalas gravacións - case 6 meses-, incluso unha persoa do seu equipo participou como guionista (Pedro Brandariz). O sitio era perfecto para o proxecto, sería case imposible atopar un espacio tan acolledor e simpático (cando estea o documental xa saberedes por que o digo).

A segunda sesión comezou un pouco – bastante- tarde porque o local, a verdade, é que está moi recollidiño e descoñecendo a zona podes dar unhas cantas voltas. A novatada sempre a pagas, e neste caso tocoulles as familias.

Recordo que estaba nerviosísima, e non só porque ía coñecer ao grupo, senón – aínda que pareza incrible - por si sería capaz de cambiar a cinta da cámara! Era o primeiro día que utilizaba “unha máquina desas”, e por moitas instruccións previas que me dese o Director, o medo ninguén mo sacaba.

Pouco a pouco fun tomando contacto cos protagonistas. Fé uniu ao grupo enseguida. Podería dicir, que estas sesións foron como pequenas reunións de traballo de compañeiros que se xuntan ao final de semana. Había liberdade total para que cada quen puidese expresar as súas ideas, inquietudes, opinións…, bueno o Director e os cámaras tiñamos que estar calados –houbo partes nas que me encantaría haber participado verbalmente- pero non se vai ter todo. De feito a miña visión de espectadora apartada do grupo, é única.

Teñen un sentido do humor… Canto me teño rido, dan fe tódalas cintas que teñen recollidas as miñas carcaxadas, porque era imposible aguantarse.

Rda. De Outeiro, 269 • Baixo • 15011 A Coruña • Tel. 981 145 810 • [email protected]

CIF: B-15.658.461

2

Page 3: Diario rodaje Tamara: Proxecto Máscaras

Todos iamos coas nosas máscaras, e pouco a pouco fomos sacándoas. Nunca me imaxinei que a adaptación con nós fose tan rápido e fácil. Ilusa de min ao pensar que non virían máis sorpresas deste tipo, canta materia prima! Bueno, segue habéndoa.

As familias apoiáronnos moito en todo o que lles pedimos: cambiamos de día de gravación, adiantamos o horario, realizáronse sesións o día previo a noiteboa e fin de ano… Sen a súa colaboración non se podería ter continuado.

Vamos, que a implicación dos protagonistas como das súas familias foi plena, tendo en conta, que nun principio a duración sería de 3 meses , duplicouse. Entre os diferentes compromisos que coincidiron co noso día de “actividade” e que tanto nós como eles queríamos profundizar cada vez máis no engranaxe dunha curtametraxe, chegaron ata o nunca impensable.

Reflexionando…Podería botar tempo e tempo contando tódalas experiencias vividas con eles.

Puros diamantes!

A evolución persoal e profesional, marcaron un antes e un despois en min. Foi imposible separar a parte sentimental da laboral. As expectativas superáronse totalmente.

O nivel de satisfacción é altísimo, tanto pola boa relación entre a xente que participamos como polo traballo conseguido. Foi unha situación irrepetible…Única!

Agora penso que houbo momentos que os gocei pouco por estar barrenando, presións ou circunstancias que non axudaban e que se agudizaron coa prolongación das sesións. A hora e media semanal chegábanos de sobra pero oito sesións eran escasas para aproveitar todo o potencial que había. Quixemos, e quixeron, aproveitalo todo. As imaxes dino todo.

Houbo situacións que me superaron por completo, pero conseguín seguir adiante. Como ben me inculcaron,  nunca deixo as decisións/accións a medias; ou dou todo ou non dou nada. Gardo partes para o equipo e outras para o subconsciente.

Eva

No Nadal levei por primeira vez a Eva a súa casa, é a que vive máis apartada da cidade. Este foi o comezo de moitas viaxes a Armentón. Grazas as súas discusións con Manolo pegámonos moitas risas.

Rda. De Outeiro, 269 • Baixo • 15011 A Coruña • Tel. 981 145 810 • [email protected]

CIF: B-15.658.461

3

Page 4: Diario rodaje Tamara: Proxecto Máscaras

Eva fai teatro, e aínda que tardou en dicírnolo despois ata nos invitaba a asistir as representacións que facía.

Mireya

Foi a primeira persoa do grupo que coñecín. Moi faladora, sempre ten un sorriso. Adáptase a calquera situación e colabora incansablemente.

Sempre ten algunha ocorrencia e cando pon voces, escacharrámonos de risa. Xa fixo algunha incursión no mundo audiovisual e, claro está, tivo un punto ao seu favor. Tal foi a súa implicación que cando estabamos elaborando a historia da curta, sorprendeunos traendo escrito da casa un micro – relato. Que máis podiamos pedir!

Amparo

Moi agradable e tranquila, e sobre todo moi ocupada, non para de facer actividades, ir de vacacións…normal que moitos días nos diga que está cansada –iso si, sempre ríndose.

Si lles deixáramos recollíanos todo ao final da gravación, tiñamos que dicirlle que parase.  Despois de 6 meses, por fin, coñecín ao seu churri.

Miguel

Un artista. Por pouco lle temos que poñer un detective, con tantas “chicas guapas”… cansouse de camiñar. Ai, cantos paseos se dou e volta! Por iso lle cantaba continuamente o estribillo de “Volando voy, volando vengo, vengo”.

A verdade e que me rin moitísimo con el na curta, pero tamén houbo momentos nos que había que poñerse seria porque daquela era todo unha festa. Xuventude, divino tesouro.

Manolo

Outro artista, ademais do protagonista da curta. Dispón dun calidades innatas interpretativas e humorísticas impresionantes. El e Miguel deron moito traballo pero conseguimos que o deran todo.

Deixoume abraiada coas sesións de interpretación e ensaio, non houbo nin a primeira na que non me fixese rir a carcaxadas.

Rda. De Outeiro, 269 • Baixo • 15011 A Coruña • Tel. 981 145 810 • [email protected]

CIF: B-15.658.461

4

Page 5: Diario rodaje Tamara: Proxecto Máscaras

Diario semanalVou relatando o que foi sucedendo cada día, a veces avanzado e outras

retrocedendo. Intento dar unha imaxe resumida de como chegaron a facer a “súa curta”:

Diario – Día 1Cun atraso dun  mes, por fin comezamos a gravar. O lugar elixido para o

primeiro día foi nas instalacións de Aspronaga. Levaríase a cabo as entrevistas cos sete protagonistas elixidos: Martín, Amparo, Walter, Mireya, Manolo, Eva e Miguel.

En ditas entrevistas, o plantexamento era poñelos diante da cámara, para contar quenes eran e que historia lles gustaría facer. Eu achegueime alí antes de comezar, para coñecelos e reforzar; pero visto que todo ía ben marchei antes de que gravasen.

Ese día, coñecín a todo o grupo, pero cos únicos que falei foi con Mireya e Martín.

Diario – Día 2Dinamo, empresa amiga que se dedica aos servizos socioculturais cedeunos

desinteresadamente o seu local para realizar as gravacións de todo o proceso previo á curtametraxe e nas que lle demos forma a historia.

O local é moi agradable, un garaxe transformado nunha especie de minúsculo teatro no que te podías atopar todo o material co que eles traballan: disfraces, xogos, decorados… A verdade e que o sitio é moi acolledor e gracioso. Só ten un pero, que está bastante escondido, senón se controla a zona podes pasar horas buscándoo. E iso pasoulles aos protas –deron unhas cantas voltas- e iso que lles deran instruccións para chegar! Algúns viñeron sós, porque teñen  unha parada próxima e outros con familiares. Ao ser o primeiro día e tras esta incidencia xa comezamos máis tarde.

Fe encargouse da coordinación do grupo. O único prota que faltou foi Martín, polo que tivemos que chamar ao día seguinte e informarnos do que sucedera.

O primeiro día era para coñecernos todos e falar do que se ía facer. Presentáronse todos, contando quen eran, que lles gustaba facer, que historia lles gustaría… Repetindo basicamente o que contaran nas entrevistas.

Rda. De Outeiro, 269 • Baixo • 15011 A Coruña • Tel. 981 145 810 • [email protected]

CIF: B-15.658.461

5

Page 6: Diario rodaje Tamara: Proxecto Máscaras

Aínda que Iago Graña (coordinador de ocio de Aspronaga) algo me dixera de que sacan coletillas cando non saben/interesa responder, sorprendeume o ben que o fan, porque houbo momentos que enredaban de tal maneira a Fe –e aos demais tamén, aínda que estabamos coas cámaras- que nos toleaban. Non sei que pasará aquí!

Diario – Día 3Eva coméntanos, que para a próxima semana, teñen unha obra de teatro. Temos

que chamar a Aspronaga para informarnos da situación.

Continuouse coa conversa do día anterior, pero xa enfocada máis ao tema da curta,  as propostas foron do máis variado: medo, musical, amor…

Falta Walter, tampouco foi a Lamastelle (onde traballan) e escoitaron que estaba enfermo.

Non recordo más desta sesión.

Diario – Día 4Falouse con Iago Graña (coordinador de Ocio de Aspronaga) o venres anterior.

Informounos que lles xurdira de súpeto a invitación da Consellería de Traballo para asistir a unha representación teatral.

O noso Director está interesado en asistir e gravar ao equipo de Máscaras. Temos que facer varias xestións entre Aspronga, a Consellería e  a propia Compañía para que nos dean autorización. Finalmente, asisten como espectadores e só permiten gravar na entrada. Nesta ocasión, libro, e voume cedo para a casa.

Mentres tanto, Mireya, Manolo e Miguel… esperando na entrada de Dinamo por nós. Esquecéronse informalos!

Falo con Iago Graña e coméntame que están todos moi contentos. De paso facilítame os teléfonos das familias para sondear si no Nadal poderíamos gravar.

Diario – Día 5Está próxima a visita do guionista, polo que teñen que centrar a trama da

historia. Cústalles concretar e cada un fai divagacións a “tutiplé”. Están intentando que  nós fagamos a historia e eles zafarse!

Rda. De Outeiro, 269 • Baixo • 15011 A Coruña • Tel. 981 145 810 • [email protected]

CIF: B-15.658.461

6

Page 7: Diario rodaje Tamara: Proxecto Máscaras

Martín veu moi falador, é o que ten as ideas máis claras, o resto están moi románticos!

Esta semana, chamamos as familias para plantexarlle a posibilidade de gravar os xoves previos a noiteboa e fin de ano: Eva, Miguel, Martín, Mireya e Manolo. Walter segue enfermo.

Na chamada a casa de Miguel, infórmannos que faltará o próximo xoves porque ten unha recollida de diploma da actividade de vela adaptada. Na conversa tamén nos menciona outra entrega e quedamos en asistir a unha delas para gravalo, finalmente quedamos sen ir por falta de tempo. Ao ter coñecemento previo da súa ausencia, gravouse só, explicando o tema que quería representar na curta, para así mostrarlle a Pedro a súa proposta na seguinte sesión.

Diario – Día 6Comezamos un rato antes porque Pedro ten que marchar cedo. Walter segue

enfermo e Martín vaise antes de que empecemos porque se empeza a sentirse mal. Chamamos a Iago Graña e dinos que o mandemos para a casa.

Martín e Walter están perdendo a base do proxecto, vai ser complicado que se poñan ao nivel do resto do equipo a estas alturas.

Todos explican o que queren facer e Pedro toma nota. Daralle forma a “todo este material” e nos facilitará a historia.

Tamén queda confirmada a asistencia á comida do próximo xoves en Lamastelle (Centro onde traballan), a cal fomos invitados. Asistirán o Director, Anxo e Fé, que aproveitarán para coñecer máis ao detalle as instalacións e gravar a viaxe en autobús de volta para a casa, aínda que os protagonistas ían para a sesión de gravación. Nun principio iamos darlles unha sorpresa, pero non houbo maneira, como o saberían?.

Diario – Día 7Comida en Lamastelle (centro onde traballan) co grupo. Reenganchan coa

gravación. Hoxe toca que Pedro conte a historia que ideou a partir das propostas do equipo.

Rda. De Outeiro, 269 • Baixo • 15011 A Coruña • Tel. 981 145 810 • [email protected]

CIF: B-15.658.461

7

Page 8: Diario rodaje Tamara: Proxecto Máscaras

Ao grupo non lles convence a parte dos calcetíns, e tampouco dan  máis alternativas! De feito, nin se puxeron de acordo cun final e decidiuse ir preparándoo sobre a marcha.

Na sesión de hoxe fixeron unha demostración completa da súa facilidade “para levarnos a horta” cando algo non lles gusta. E case o conseguiron. Tiñan tódalas intencións de que o equipo técnico fixeramos a historia e como foron incapaces tocoulles pensar. Coa adaptación do final, pasou o mesmo, se o podiamos facer nós para que ían pensalo eles? Pero tampouco lles funcionou e incluso ata lles empezou a gustar o matiz do calcetín.

Martín e Walter finalmente déronse de baixa por problemas de saúde, quedan “os cinco magníficos”.

Diario – Día 8Esta sesión pretendemos que fose moi “light”, polo que seleccionamos algunhas

curtas galegas que lles servisen de inspiración, tanto para decidir un final como coa interpretación. Entre elas, atopábase unha na que participaba Pedro, todos o recoñeceron ao momento. O seguinte foi unha curta dun home espido recorrendo o centro de A Coruña, e que semellaba estar soñando e un videoclip narrando unha historia.

Neste sesión, estiven sentada xunta eles e percibín mellor o que se estaba “cocendo”.

Por último Manolo amosounos fotos del no clube, para iso saíu ao escenario onde estaba a pantalla do cañón e cunha vara de madeira que había por alí  íanos sinalando e relatando a historia de cada imaxe. Eva o interrompía continuamente para matizar, el enfadábase e comezaban a rifar, deixouno ben claro: el era o protagonista nese momento.

Diario – Día 9Rematou a fase de Fé, e sen previo aviso aos “protagonistas” (queríamos

analizar as súas reaccións nas des-improvisacións). Comezan as sesións de interpretación preparatorias para a curta. Pasan para o venres no mesmo horario. Os pais adaptáronse a nós sen ningún problema.

Rda. De Outeiro, 269 • Baixo • 15011 A Coruña • Tel. 981 145 810 • [email protected]

CIF: B-15.658.461

8

Page 9: Diario rodaje Tamara: Proxecto Máscaras

Actuouse libremente e adaptándose a eles, polo que os cámaras tivemos que seguir o ritmo das sesións. Foi agotador.

A primeira reacción do grupo ao non ver a Fé foi desconcerto, puxéronse a falar co resto do equipo técnico.

Antes de nada, houbo unha auto- presentación e explicación do traballo e hobbies de cada un. Os exercicios foron espectaculares, e en pouco tempo liberaron todas as súas cualidades interpretativas. Incrible! Colaboraron moito e fixérono estupendamente, son rapidísimos.

Diario – Día 10Había unha sorpresa, trouxéronse uns calcetíns, xa que a historia da curta ía ser

sobre eles. Un xogo onde exteriorizar os sentimentos individuais de cada un e compartilo co resto. Pero o mellor veu ao final (Eva estaba moi en desacordo coa proposta, pero tras tanto insistirlle todo o equipo, cedeu). Bailaron as mans, e tamén os pés.

O grupo cada vez está máis implicado, Miguel aproveita o tempo moitísimo, pasou de non moverse, falar pouco e observar,  a todo o contrario.

Estamos avanzando moito máis do esperado, traballan moito e moi ben.

Diario – Día 11Foi un día anárquico. Estaban moi alterados e desconcentrados.

A valoración do equipo mentres estabamos recollendo foi que veñen “hiper -excitados” porque lles está encantando esta parte e cada vez queren aprender máis.

Tomouse a decisión de comezar a meter un pouco de “aburrimento” nestas sesións porque senón van a volvernos tolos.

Diario – Día 12Temos por rutina antes de gravar, ir a tomar un café a un “bar de barrio” que hai

ao lado do local.

Unha vez colocado o equipamento e aproveitando o relucente sol de última hora da tarde, fomos para fóra a charlar antes de que viñera o “quinteto”.

Rda. De Outeiro, 269 • Baixo • 15011 A Coruña • Tel. 981 145 810 • [email protected]

CIF: B-15.658.461

9

Page 10: Diario rodaje Tamara: Proxecto Máscaras

Amparo vai no Luar (na TVG) e para a semana seguinte marcha de vacacións (internamente no centro teñen como norma, que se faltan dos días a unha actividades, teñen que deixala. Nesta ocasión, fíxose unha excepción, por acordo unánime do propio equipo).

Ao momento chega Miguel coa “madriña” e Mireya co pai, o cal nos informa que o venres 18 faltará porque ten un acontecemento familiar. Todo son inconvenientes e atrancos!

Xa con todo o grupo, comezamos a gravación: sentáronse no chan en forma de círculo, agás Miguel que está no seu sillón. Co fin de evitar tanta adrenalina, nesta sesión, intentase facer moito máis relaxada. Cada un narra as súas vivencias diarias en termos xerais para despois ir detallando con representacións mudas dun problema no almorzo. A actuación de  Manolo foi espectacular, os xestos da súa cara son abraiantes.

Rematada a sesión e xa dirixíndome a abrirlles a porta as familias, os meus compañeiros informan ao quinteto do meu aniversario, e comezan a felicitarme e cantarme. Foron moi agarimosos.

O camiño de regreso a casa faise moi longo, e aínda que Eva me vai falando todo o camiño e intento atendela, por momentos evádome pensando no proxecto.

Diario – Día 13Amparo está de vacacións. É o segundo día que falta e bótase de menos a súa

presencia. Veñen bastante exaltados, por iso de que despois da gravación teñen festa no club, aínda que ao final, só fora a ir Eva.

Por información extra-oficial sabemos que a mediados de semana Manolo ten unha actuación de coro o venres no noso horario, polo que chamamos a casa. Colle a nai e dinos que prefire asistir a Máscaras, que nos despreocupemos que xa se arranxará ela.

Temos que aburrilos, teñen que vir con menos ansias de pasalo ben porque nin os deixa traballar ben nin lles vai a ser beneficioso para a gravación, onde teñen que estar hiper- concentrados.

Rda. De Outeiro, 269 • Baixo • 15011 A Coruña • Tel. 981 145 810 • [email protected]

CIF: B-15.658.461

10

Page 11: Diario rodaje Tamara: Proxecto Máscaras

Eva, tendo experiencia na interpretación teatral, cústalle moito representar pola vergonza que ten, é incrible o mal que o pasa.. Miguel e Manolo están aproveitando estas sesións moitísimo, xa se fixeron cos papeis protagonistas.

Montan o seu corrillo e comezan a traballar. Como sempre, sorpréndennos positivamente, manexan a situación de vicio.

Estas últimas sesións estánseme facendo moi longas – en parte polo cambio de día-, pero sobre todo, porque xa levamos bastantes gravacións e teño gañas de facer a curta.

Diario – Día 14Mireya vai na xura de bandeira do seu irmán. Como todos veñen antes de

tempo, comezamos pronto.

Eva vai faltar a unha das sesións en marzo e quere traernos unha nota por escrito escusando a súa asistencia. Nós dicímoslle que non fai falla, pero insiste. Mira que é responsable!

Manolo quedase fora, vou xunta del. Dime que ten fame e que se hai algunha tenda a que ir a comprar comida, dígolle que ten que aguantarse un pouco que xa imos a gravar; e pasa para dentro. Recoñezo que teño un especial cariño a este home!

Reúnense no seu corrillo e o primeiro que fan é un baile coas mans; é espectacular o seu avance. Seguen coas accións/estados, é Manolo, o máis esaxerado de todos, faise co papel protagonista (en certos momentos, era incapaz de parar de rirme).

Hoxe entra en acción o Director, para ensinarlles ao noso quinteto como teñen que responder as ordes del. Elixiuse a Eva para facer un exemplo, estaba máis relaxada do normal. Puxémola no medio do escenario cunha cadeira e unha mesa e unha cunca de caldo (que era un sombreiro). O Director dáballe ordes desde diversos planos, o que significou que tivo que repetir un montón de veces a mesma escena. Creo que se quedaron coa idea do que lles espera.

A rodaxe da curta vai ser máis complicada do esperado, e nos vai levar bastante tempo. Imos exprimirnos todos ao máximo.

Marcho apurada para levar a Amparo e a Eva á casa. Teño que recoñecer que me encontraba bastante mal e co tráfico que había colapseime completamente, cando cheguei a casa o primeiro que fixen foi sentarme no sofá e aproveitar o silencio.

Rda. De Outeiro, 269 • Baixo • 15011 A Coruña • Tel. 981 145 810 • [email protected]

CIF: B-15.658.461

11

Page 12: Diario rodaje Tamara: Proxecto Máscaras

Diario – Día 15Mireya ven antes de tempo con súa irmá, e toma un café con nós no bar de

enfronte; quedo eu con ela ata que o acaba. Aínda non estou entrando pola porta e Eva xa se achega a min para preguntarme se a levo ata  casa do seu irmán, que está a medio camiño da de Amparo.

Despois dunhas sesións extras, e co corrillo xa feito, infórmase ao quinteto que para o próximo día comezaremos cos ensaios para a curta. A situación é propicia para que conten o que aprenderon durante este tempo, ao que Eva nos sorprende confesando a vergonza que pasa representando.

Traballáronse varios exercicios, entre eles o de coller un “recen nacido” feito con dúas bufandas: incrible a representación de Manolo!. O resto do equipo tamén nos toca interpretar. Cando o colle o Director , o deixa no chan “de mala maneira”,  Amparo levántase rapidamente para collelo e poñelo ben.

Por último hai unha sesión de baile no escenario, primeiro eles sos e logo por parellas.  Logo vanse despedindo de cada cámara, emocioneime moito. E por último nós… cunha rancheira de Luis Miguel!

Como a próxima semana cadra con carnavais, decidimos darnos un descanso. Avisamos as familias cando os veñen a recoller. Todos se poñen tristes ao marchar, pero Miguel está desconsolado…

Levo a Amparo e Eva para a casa. Volvo para reincorporarme a reunión que temos e na que acordamos en aproveitar a sesión seguinte para xuntar a todo o equipo involucrado ata o momento.  Xa é o momento de decidir o que queren facer co proxecto; xa saben ata onde queren chegar.

Diario – Día 16Descanso do grupo por carnavais, facía falla tamén un parón para comezar agora

cos ensaios. Finalmente farase a reunión o venres 11.

Diario – Día 17Falta Eva. Compramos unha pequena “merendola” e fomos a buscar a Manolo e

Amparo á parada. O día que empezou tan relucente, ao final acabou chuvioso, que

Rda. De Outeiro, 269 • Baixo • 15011 A Coruña • Tel. 981 145 810 • [email protected]

CIF: B-15.658.461

12

Page 13: Diario rodaje Tamara: Proxecto Máscaras

casualidade! O tempo alíase cos estados de ánimo. Ao pouco xa veu o resto do grupo e puxémonos a gravar. Nesta ocasión o decorado foi a mesa  grande na que se sentaron libremente tódalas persoas convocadas.

Hoxe veu un dos fotógrafos da Opinión para sacarnos unha foto, previamente o Director tivo a entrevista nas súas instalacións.

Os protagonistas estaban bastante desconcertados co que iamos facer, sabían que remataramos as sesións de interpretación e contaban con comezar cos ensaios. Miguel non paraba de mirar a hora.

O tempo chegounos de sobra para plantexar os temas que había que falar: se lles interesaba mostrar todo o traballo realizado e  onde o quererían ensinar. Todos estaban de acordo que fose visible o máximo posible: cine, teatro, TV, internet…. Así mesmo, gustoulles a idea de ensinarlles a outras persoas da súa entidade todo o aprendido ata o momento, así como presentar a curta nun teatro onde fose toda a xente posible.

Claro esta, polo medio  houbo de todo: bailes, batallitas… pero non conseguiron/quixeron contar cál ía ser a historia da curta, e iso que o Director lles insistiu, non houbo maneira. Ao final só narraron algún dos traballos feitos. Quedáronse coas ganas, teñen que esperar a ver a obra rematada.

Informáronse as familias, cando viñeron a recollelos, da programación prevista: dúas sesións de ensaios e a continuación a gravación da curta.

Botamos un bo anaco falando e saímos as tantas de alí. Acordamos que Fé leve as sesións dos ensaios. 

Diario – Día 181º día de ensaio. Hoxe foi un destes días que desexas que acabe pronto,  no que

te levantas de mal pe.

Temos o guión secuenciado, para o próximo día dámoslles os diálogos. Onte a tarde, o Director achegouse ao Forum para seleccionar un colaborador, o papel de Pablo encontrou o seu destino en Iñaki. Un vasco que vai falar en galego!

Hoxe trouxo a Miguel o pai e estivemos falando con el , soubemos que non conta nada na casa, todo o contrario ao que nós pensabamos!.

Rda. De Outeiro, 269 • Baixo • 15011 A Coruña • Tel. 981 145 810 • [email protected]

CIF: B-15.658.461

13

Page 14: Diario rodaje Tamara: Proxecto Máscaras

Empezamos a gravar e centreime. Manolo quedouse impactado ao ver que el era o protagonista, nunca o vin tan atento e calado, de feito mandaba atender ao resto. Eva andaba demasiado nerviosa (supoño que pola obra de despois). Miguel un pouco vago, mandáballe a Eva que pasase as follas e esta dicíalle: en que mundo vives!! E el respondíalle: en España!); Mireya estaba lendo a historia polo que ía a outro ritmo; Amparo tamén moi centrada, ríase sen parar cando entrou a súa personaxe na historia.

Quedamos sen tempo e o Director narrou o desenlace tan rápido que non lles dou tempo a pensar na súa sátira. Todos levaron a copia do guión excepto Miguel e Eva, deixáronlla a Fe.

Isabel levou a Amparo e eu a Eva. Nalgúns momentos da viaxe, teño que recoñecer, que me abstraín.

Diario – Día 19Iñaki e Carlos achéganse ao 2º día de ensaio e toman contacto co grupo,

coñecen a historia.

Iñaki vese unha persoa moi sociable. Carlos só se puido quedar un anaco pero o suficiente como para que o grupo soubese cal era o seu papel.

Amparo quedouse durmida no autobús e viña relaxada de máis; Manolo estaba moi baixo de forma, ten que comer algo antes da gravación;  Eva  veu demasiado hiperactiva; Mireya coma sempre e Miguel máis centrado que o día anterior. Aínda así, creo que lles afectou que viñese xente a maiores, parece que os despista e non se comportan o mesmo que ao estar sos con nós.

No ensaio anterior rematouse a presas a historia, e xa que viñan outros dous intérpretes, repasouse dende o principio o guión. Amparo e Manolo estiveron estudiándoo toda a semana.

Antes de comezar a gravación, estivemos falando con Iñaki, o cal xa nos estaba esperando na porta. Marcha de viaxe e volve a semana do 11 de abril, polo que axustamos datas con el. Ao final da sesión levan as secuencias.

Eva o día 15 marcha de vacacións e os pais de Manolo tamén, quedándose coa irmá, polo que teremos que poñernos de acordo con ela.  Por certo, veunos súper elegante ,de camisa (cando o viñeron a recoller, a nai contounos que se quixo arranxar tanto porque era o último día de ensaio).

Rda. De Outeiro, 269 • Baixo • 15011 A Coruña • Tel. 981 145 810 • [email protected]

CIF: B-15.658.461

14

Page 15: Diario rodaje Tamara: Proxecto Máscaras

Ao levar a Amparo a casa informei a unha monitora de que ía haber un 3º ensaio e que estabamos marcando as datas de gravación.

Estou desexando comezar coa curta.

 Diario – Día 20Substituíuse a mesa de traballo, polo corrillo no que inicialmente se traballou:

Fé enfronte do quinteto e cada un cos diálogos en galego. Hoxe están moito máis tranquilos e concentrados que en anteriores sesións, seguramente polo factor de que estabamos só “os de sempre”.

Eva máis tranquila, tamén quería deixarnos os diálogos por si tiña que aprendelos (pensaba que era como unha obra de teatro), pero finalmente, explicámoslle que tampouco os tiña que aprender ao pé da letra e que eran poucos. De feito despois estaba moi concentrada -e menos asustada- coa historia.

O comezo foi un pouco particular, Manolo perdeuse completamente. Custáballe asimilar os diálogos e, aínda que entende o galego, por escrito éralle imposible. Deixei soa a cámara gravando e púxenme ao seu lado para poder avanzar, porque Fe con todos non podía. Esta pequena dificultade atrasounos un pouco pero enseguida colleu o ritmo, e Fe puido continuar soa con eles.

Sorprendeume a alta calidade de lectura e comprensión de Amparo e Miguel, leron moi ben en galego e moi rápido; de Mireya xa sabía que o tiña por outras ocasións na que lera. En cambio, Manolo e Eva, aínda que o intentaron, eran incapaces de manexarse nin entender o texto en galego. Tras preguntarlles o que preferían, decidiron facer a curta bilingüe.

Tamén se repasou a programación da gravación.. Démoslles poucos detalles porque ao fin e ao cabo e, como lles dixo o Director, eles só teñen que preocuparse pola súa personaxe, do resto xa nos encargamos nós. Creo que o tomaron ao pé da letra.

Fe mais eu dixémoslles que estariamos con eles para axudarlles en todo, mostráronse moito máis tranquilos.

Prefiro non adiantarme aos feitos, mellor omito sensacións, pensamentos e valoracións para eses días.

Rda. De Outeiro, 269 • Baixo • 15011 A Coruña • Tel. 981 145 810 • [email protected]

CIF: B-15.658.461

15

Page 16: Diario rodaje Tamara: Proxecto Máscaras

Diario – Gravación da curta “Calcetin(e)s”Tardei, exactamente, 14 días en volver a escribir sobre Máscaras, rematei tan

extenuada e sobrepasada que necesitaba dixerir as vivencias destes intensos días.

O día previo á gravación, intentei deixar reflectido os meus pensamentos, e o único que conseguín foron divagacións e ideas que se atropelaban, hoxe podo dicir, que a miña mente estaba bastante nubrada co meu esaxerado autocontrol das situacións. Porque eu tamén son moi controladora, iso si, cando vexo que a miña función acabou, desenténdome e avanzo para a seguinte.

Para nada estaba nerviosa, raro en mín. Aproveitei que a tarde do venres estaba fermosa e que saímos cedo para dar unha longa e reconfortante camiñata. Á noite foi outro conto, espertei continuamente e levanteime cedísimo.

A parte de que case tiven un accidente antes de chegar ao meu destino…, cheguei a primeira e despois de min Fé. Abriunos Patxu e logo chegaron o Director e José. Os nosos protas viñeron entorno as 11.00 (hora marcada na circular).

Quen máis e quen menos viña nervioso, aínda que o negasen. Comezamos tarde a gravar. Normal, porque había que axustar os apartados técnicos para todo o día, tendo en conta que pola tarde se nos ía encher de xente.

Todo ía bastante ben ata despois de comer. Entre a xente que empezou a vir, o calor  mezclado coa barriga chea, e o cansancio, foi horrible, dan fe as fotos. E como non ía ser menos, o instinto de supervivencia aflorou e estivemos ata o límite nas últimas horas da tarde e incluso parte do equipo chegou ata a noite. Manolo, é todo un campeón!

Eu marchei antes para levar a Eva e Amparo a casa, elas xa remataran e despois dun intenso día era moita hora de descansar. Amparo ía tan cansa que nin sequera quería cear, como ben lle dixo a Guillermina, ía directa para a cama. Eva case que tamén, porque pouco falou de  volta. E eu, digamos que cando quixen parar, non puiden, case nin peguei ollo en toda a noite coa adrenalina. Outra cousa foi o domingo, estaba morta.

O día podía dicirse que foi satisfactorio. O peor estaba por vir, a ver quen se atreve a rebaterme.

Rda. De Outeiro, 269 • Baixo • 15011 A Coruña • Tel. 981 145 810 • [email protected]

CIF: B-15.658.461

16

Page 17: Diario rodaje Tamara: Proxecto Máscaras

Houbo que xestionar horarios, comidas, localizacións sobre a marcha e que dicir que os protas estaban bastante dispersos con iso de que ían facer unha curta mentres os demais traballaban.

O 2º día fun a buscar a Miguel e marchamos xuntos dirección a Lamastelle (por certo, descoñecía a súa ubicación exacta, grazas que veu comigo, senón faría unha ruta turística por Oleiros). Chegamos a tempo, aínda non comezaran.Víñame a risa entre os problemas de vestiario, as interpretacións para falar cos familiares, as preocupacións amorosas, os síndromes pre-vacacionais… e que dicir cos diálogos! (mil grazas táboa, non sei que sería de nós sen ti!).

Ao gravar a primeira secuencia do día, relaxeime e púxenme a pensar noutras preocupacións (ignorante de min ao pensar que ía todo sobre a marcha). Aprendida a lección da comida, apenas probei bocado, pero iso si, tiven compañeiros de mesa para falar a mogollón. Tivemos que saír pitando para “A Casita” a gravar outra das esceas e aí xa a fixemos, os que estaban sentados nos sofás quedaban durmidos – literalmente- e tiñamos que espabilalos.

Que tarde! Inolvidable, en serio. Parecía unha “olla exprés” a punto de estoupar. Cando saímos de alí eran as 9 da noite, levei a Manolo a xunta a súa irmá e a Eva a casa. O resto da historia queda para o diario persoal. Pero o que podo dicir é que fixeron todo o posible para que o venres estiveran todo o día ocupados e faltar a clase/traballo. Estaban pasándoo ben.

Vamos, que o venres volveron a vir todos menos Eva que cumpriu coa súa parte e marchaba de viaxe ao día seguinte. O que nós pensamos que ía ser relaxado… en fin saímos as 7 da tarde de Lamastelle, pitando, só quedaban Mireya, Manolo e Miguel, e a estes dous tiñamos que levalos a casa!. Mireya como vive ao lado xa foi ela soa. Sorte que confían en nós e xa saben como son estas historias… Pero a gracia do día, fíxonola Manolo. Levámola á parada e non estaba ninguén para recollelo, veña a chamar (el, dende o seu móbil) e non contestaban, despois de media hora aparece un veciño que foi facer a compra e de volta a casa ía chamar ao seu piso. De repente chega a súa nai toda apurada dicindo que non soou o teléfono e que somos nós peores que el , ao facerlle caso. As risas foron escandalosas. Xa temos outra historia!

Quedamos Iago (o noso Director), Fe e mais eu aparvados, de verdade que rematou a odisea?

Rda. De Outeiro, 269 • Baixo • 15011 A Coruña • Tel. 981 145 810 • [email protected]

CIF: B-15.658.461

17

Page 18: Diario rodaje Tamara: Proxecto Máscaras

As miñas valoracións persoais comezan co meu estreo neste mundo do audiovisual. Creo que nunca me acostumarei de todo ao ritmo de traballo deste sector. Agobiame traballar con moita xente e improvisar demasiado. Este binomio extenúame. Teño que aprender a ser menos responsable…Ao final estaba máis preocupada polos protas que pola propia historia, quería telos controlados por si pasaba algo, o que comían, si se aburrían (porque Amparo tivo moito que esperar para gravar as súas secuencias)…

Paguei o primeiro prazo da novatada, porque estou segura de que me tocarán máis. Teño un  bo recordo destes días pola boa relación do equipo técnico e artístico, por todo o que aprendín e porque me gusta o que fixen, pero é insalubre facelo a miúdo, senón que llo pregunten ao noso Dire.

Bueno, houbo momentos que lles rifei por estar nas nubes (por dicir algo suave, porque entre chicas guapas, regalos e mais botamos horas e horas), ata ao final lles tivemos que dicir que tiñamos que ir de marcha polo que debían acabar (e funcionou).

Vamos que para eles foi un “cachondeo”.

Rda. De Outeiro, 269 • Baixo • 15011 A Coruña • Tel. 981 145 810 • [email protected]

CIF: B-15.658.461

18

Page 19: Diario rodaje Tamara: Proxecto Máscaras

Diario – Estrea da curta “Calcetin(e)s”Por fin chegou o día de mostrar o traballo intenso da gravación da curta

“Calcetin(e)s”. Non quixen ver nada ata o propio día da estrea porque me facía ilusión ter o mesmo punto de partida que os protagonistas. Pero si que tiven que oír…, había que colaborar cos subtítulos, así que me aprendín case de memoria os diálogos.

Producíronse varios contratempos, como que Mireya non puido asistir porque marchaba de viaxe. Uns días antes gravóuselle unha mensaxe para poñer o día da estrea pero tivemos tan mala sorte que o sistema de reprodución da sala non o aceptaba. Co ben que quedara!

Chegamos como unha hora antes á Fundación Caixa Galicia para ultimar preparativos. Baixei cos “nosos artisitas” e gran parte do equipo para preparar a presentación. A intención era que eles fosen os protagonistas e o resto meros espectadores, era o seu día. Ao principio dáballes un pouco de vergoña subirse ao escenario pero unha vez enriba e cos micrófonos acendidos non había quen os parara, sobre todo a Manolo e Amparo. Que verborrea se teñen!

O Director mantívonos en ascuas ata o último minuto, xa que tivo un pequeno problema coas copias. Iso si, veunos moi elegante coa bata de verde de Aspronaga.

Ao final, tamén subiu o equipo técnico ao escenario e acabamos falando todos. E máis sería se deixaramos a Amparo e Manolo! Pero xa todos tiñamos moitas ganas de ver a curta. Puxémonos en primeira fila, tiña a Fe e Eva a cada lado. A verdade e que o son da sala puido ser mellor… Sorte que as  imaxes xa o transmitían todo!

Foi incrible a mestura de sensacións a nivel profesional como persoal. Aínda non son capaz de externalizar todo o que pensaba ou sentía. De feito, tardei case un mes en poder describir o que pasou ese día. Sempre teño a sensación que non aproveito estas ocasións plenamente por desprazar a atención nos demais; en cambio ese día fun un pouco egoísta, sentándome en primeira fila xunto aos protagonistas para gozar do momento.

“Calcetin(e)s” superou todo o programado e imaxinado. Cada imaxe que vía , engadíalle os recordos do día da gravación, de cando os coñecín, dos ensaios ou das moitas experiencias vividas con eles. Algúns veranse na película e outros quedarán como recordos.

Rda. De Outeiro, 269 • Baixo • 15011 A Coruña • Tel. 981 145 810 • [email protected]

CIF: B-15.658.461

19

Page 20: Diario rodaje Tamara: Proxecto Máscaras

Realmente, cando pasaron os créditos creo que desconectei un pouco da situación, e comecei a dixerir o que estaba pasando. De feito, aparte dos comentarios que me fixeron algunhas das persoas que se acercaron para felicitarme, non souben cal foi a valoración xeral ata que mo contou o equipo.

Agora só queda ver a película de non ficción de como se creou “Calcetin(e)s”. ¿Como será?

Rda. De Outeiro, 269 • Baixo • 15011 A Coruña • Tel. 981 145 810 • [email protected]

CIF: B-15.658.461

20