david pérez rodríguezdavid pérez rodríguez a penela · a lingua falada , como se supón, é o...

35
David Pérez Rodríguez David Pérez Rodríguez David Pérez Rodríguez David Pérez Rodríguez A PENELA A PENELA A PENELA A PENELA “Un pequeno gran pobo para min.” Presentación e localización xeográfica: A Penela é un pobo situado no sur de Monforte. As súas parroquias veciñas son: As Nocedas, Caneda, Santa Mariña, Villamarín, Gullade e Marcelle. Está dividida nos seguintes barrios: Pola parte do Sur: A Rubina, Morade Pequeño e A Cabana. Na parte máis central: As Pereiras , Pacios de arriba, Pacios de abaixo e A Penela. Na parte do Norte: A Fontela, O Couso, A Veiga e O Rosal. Na parte na que eu vivo cos meus pais e maila miña irmá é A Penela ( A capital ). A familia por parte da miña nai vive toda na devandita parroquia excepto unha curmá miña chamada Eva que vive en Santiago de Compostela debido a que está estudando alí unha carreira. Os meus avós viven moi cerca miña e os meus tíos no barrio do Couso. A lingua: A lingua falada , como se supón, é o galego. Utilízanse algunhas palabras que son do castelán sobre todo os máis anciáns. Entre algunhas compre destacar “ayer”. Para min é gracioso que os máis vellos utilicen palabras como “parchero” (perchero), baraxa (baralla) ou aculá (acolá).

Upload: trinhdang

Post on 28-Jan-2019

217 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha

David Pérez RodríguezDavid Pérez RodríguezDavid Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez

A PENELAA PENELAA PENELAA PENELA

“Un pequeno gran pobo para min.” Presentación e localización xeográfica: A Penela é un pobo situado no sur de Monforte. As súas parroquias veciñas son: As Nocedas, Caneda, Santa Mariña, Villamarín, Gullade e Marcelle. Está dividida nos seguintes barrios: Pola parte do Sur: A Rubina, Morade Pequeño e A Cabana. Na parte máis central: As Pereiras , Pacios de arriba, Pacios de abaixo e A Penela. Na parte do Norte: A Fontela, O Couso, A Veiga e O Rosal. Na parte na que eu vivo cos meus pais e maila miña irmá é A Penela ( A capital ). A familia por parte da miña nai vive toda na devandita parroquia excepto unha curmá miña chamada Eva que vive en Santiago de Compostela debido a que está estudando alí unha carreira. Os meus avós viven moi cerca miña e os meus tíos no barrio do Couso. A lingua: A lingua falada , como se supón, é o galego. Utilízanse algunhas palabras que son do castelán sobre todo os máis anciáns. Entre algunhas compre destacar “ayer”. Para min é gracioso que os máis vellos utilicen palabras como “parchero” (perchero), baraxa (baralla) ou aculá (acolá).

Page 2: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha

As celebracións: -A festa celebrada na Penela é a da “A nosa Señora das Angustias” . Festéxase a primeira ou a segunda fin de semana do mes de Agosto. -Ademais da festa das Angustias cada ano faise un festival de Rock chamado “O Penela Rock”. É un festival de Rock no que catro grupos de Rock Galego tocan a súa música ata as tantas da noite. Este festival organízase anualmente pola asociación de veciños Penedo. Este ano 2010 será a súa 5ª celebración e terá lugar o 24 de Xullo. Estades todos convidados!!! As construcións: -Dentro das súas construcións está O local social. Foi construído hai uns anos. Dentro da miña humilde opinión eu creo que é unha parvada porque está inutilizado a meirande parte do ano. -Fóra diso hai unha construción moi vella chamada “Casa da escuela” na que os máis maiores do pobo ían alí á escola, entre eles o meu avó que ten case 83 anos. Alí tamén foi á escola miña nai ata os 7 anos; ao ano seguinte xa fixo 3º curso en Monforte cando foron trasladadas as escolas rurais. Teño escoitado tantas historias e anécdotas dela ! Tamén é colexio electoral. Actualmente estase a reformar xa que está moi vella. -Existe un castro moi antigo nun lugar chamado “A Torre”.

Page 3: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha

-Na Penela tamén existe unha igrexa, era de supoñer, situada en Pacios de abaixo, que ademais conta cun campanario e un cemiterio preto dela. É unha igrexa de arte románica. Ten un arco na porta principal e ademais a torre do campanario, situado diante do frontis. A torre é de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha porta de entrada de arco de medio punto. Cando entras atópaste unhas escaleiras que te conducen ata a campá, situada na cima do campanario. No campanario hai unha inscrición que di “ Ego Pelagius feci hanc, era millesima ducentesima, turrium , ero memorian, pridie Idus Iulii” que polo que supoño é o nome do autor e a data de construción da igrexa. Queda ademais da época románica a pía bautismal que se encontra no adro. Hoxe en día está á intemperie porque foi substituida por unha mellor de mármore. Iso de mellor a medias porque para a maioría dos veciños ten un valor artístico e sentimental maior cá outra. Sábese que houbo tres retablos, conservándose o principal salomónico da 1ª metade do século XVIII. Xa hai uns anos un arco de medio punto moi valioso foi substituído nunha obra de reforma, a que creo que foi un erro. Algo moi orixinal que cómpre destacar é que a igrexa está separada do campanario escaseando este xeito de construcións na comarca.

A maioría da información da igrexa foi atopada nun artigo publicado no Progreso o Domingo 28 de abril de 1985 por:

D. Xoan Marcial Pereira Fernández, Sacerdote da parroquia da Penela nos anos 1985

Page 4: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha

A igrexa de Santa María da Penela:

Historia: A historia que vos podo contar é moi breve debido á falta de información. Dende hai anos nesta aldea o maior cultivo é o da pataca e a forraxe. A maioría da xente durante anos dedicouse á gandaría. Case tódolos veciños colleitan as súas propias uvas sexa nesta zona ou na zona da Ribeira Sacra para elaboraren os seus propios viños. Nas antigas feiras que se celebraban hai anos o que se facía era comprar ou intercambiar animais. Téñolle escoitado historias a miña avoa sobre que cando ían ás feiras en autobuses os pasaxeiros ían diante e o gando ía na parte de atrás do autocar.

Page 5: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha

Orixes: Cómpre destacar ó bisavó do meu tataravó ao que no ano 1809 lle cortaron a cabeza na revolución francesa na guillotina. Eu descendo por parte de nai de Gregorio Rodríguez-Conde. (O antepasado máis antigo do que teño información, ó que decapitaron) e a través do tempo os meus antepasados foron vivindo sempre nas seguintes parroquias do sur de Monforte: A Penela, As Nocedas, Villamarín, A Meda, Gullade, Piñeira, Lampaza, Doade e Santa Mariña. Accidentes xerográficos: A Penela é unha Parroquia á que pertence unha serra. A serra da Penela, chamada Ana Díez. Ademais tódolos barrios da parte Sur encóntranse en zona montañosa. Nesta parroquia atópase o punto máis alto do Concello de Monforte: O Pico do Vidual (813 m). Personaxes: Temos dúas veciñas da Penela que son bastante coñecidas: - Manuela Rodríguez Losada empresaria e fundadora de “La Retoucherie de Manuela”.Ten franquías por todo o mundo. Reside a meirande parte do ano no barrio de Pacios de Arriba, pertencente á nosa parroquia.

- Julia Otero famosa locutora de radio, recentemente nomeada filla predilecta de Monforte. Visítanos cada vez

Page 6: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha

que lle é posible e cuxa casa, que era dos seus avós, tamén está en Pacios de arriba.

Page 7: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha
Page 8: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha
Page 9: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha
Page 10: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha

MOURELOS

Mourelos é unha aldea do Saviñao, con 147 habitantes, que se divide en quince

barrios : O Mato, O Castro, Torno, Eirexe, a Senra, O Campo, Barrio, a Campaza, a

Carreira, a Reguenga, Arxemil, a Barxa, Cirdeiro, a Vendanova e Vilar.

Na actualidade, Mourelos está sen auga da traída e os veciños seguen

consumindo auga dos seus propios pozos.

Antigamente, os veciños vivían da agricultura, da gandeiría e da viticultura. Tiñan

tres cantinas que estaban situadas na Eirexe, na Vendanova, onde tamen había un

estanco, e na Senra.

Na Campaza houbo unha casaescola. Contáronme que, antes, os alumnos non

estaban separados por clases coma agora, senon todos xuntos. Para poder utilzar o

edificio a modo de escola, o concello pagáballe un alugueiro ó señor da casa

empregada para poder usar o seu baixo. Os profesores eran todos de fóra e

trasladábanse ata a aldea cada día.

En Mourelos é tradición que o 24 e o 31 de decembro se vaia ós “cancelos”. Isto

consiste en levarlle cousas, tradicionalmente exclusivamente os cancelos, ós veciños

ata o campo situado diante da igrexa.

Page 11: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha

Campo da igrexa ( esta igrexa leva de pé máis dun século)

Alí, as festas son o 7 de xaneiro, que é o San Xulian, referido ós rapaces que ían

a mili; e o 15 e 16 de Agosto, dedicadas á Virxe da Ascensión. As festas fanse no

campo da Igrexa. Antes utilizábase para tal fin un campo situado na parte baixa da

igrexa, pero últimamente habilitouse un xusto ó lado para tal fin.

Hai un local social onde se fan talleres, festas, banquetes, etc. para tódolos

veciños. Alí foi o local onde tiñan a primeira television é acudian a vela todos

xuntos. Máis tarde só se reunían para ver os partidos e, na actualidade, debido a

que xa todo o mundo ten un televisor na súa casa, perdeuse este costume. Tamén

neste local era onde se levaban a cabo programas como prescolar na casa, pero

agora xúntanse normalmente na casa dalgunha veciña.

Page 12: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha

Local social, feito polos veciños, hai aproximadamente 40 anos.

En Mourelos hai un monte, o Monte de Castro ou monte de Roca, do cal hai

pezas expostas no Museo de Lugo.

Entrevista

A unha veciña de Mourelos :

�.Cambiou moito a vida en Mourelos desde antes a agora? En que?

- Si, cambiou moito. Antes había moitos animais e agora non hai case ningún.

Antes viviamos da agricultura, pero agora é algo moi raro.

�.Con que vos divertiades antes?

- Correndo unhas detrás de outras, xogando á billarda ou á mariola.

�.A que te dedicabas cando eras nova?

- Coidando nas vacas e nas ovellas, dende moi nena. Habáa veces que as

levaba ó monte antes de ir ó colexio.

Page 13: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha

A un ex-veciño de mourelos :

�. Que tal a túa vida de pequeño en Mourelos?

Moi boa, correteando polo monte cos amigos.

�.Cando empezaches a escola? E cando a remataches?

Con cinco anos, aínda que se empezaba con seis, e estiven hasta 5º de Primaria

na escola de Mourelos. Despois, fun para o colexio de Escairon (Dr. López Suárez)

e estiven hasta 7º . É dicir, rematei ós 14 anos porque deixei os estudios.

�. Cando marchaches de Mourelos?

Desde os dezasete a os dezaoito marchei a Barcelona, e ó volver fun á mili. Pero

marchar, marchei ós vintedous anos porque casei, pero sigo indo de visita e a

traballar á ribeira os fins de semana.

Yudit Mariño Campos �ºB

Page 14: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha

Na serra oriental da provincia de Lugo, entre os Ancares e o Caurel, nas proximidades de Castela-León, a uns 1000 m. de altitude, atópase o lugar de Pando, é unha pequena aldea da provincia de Lugo, pertencente á parroquia de Alence, do concello de As Nogais, do que dista uns 15 Km.. Na actualidade ten 15 veciños, que ocupan 6 casas, pero a mediados do século pasado (1950) chegou a ter 10 casas habitadas cuns 40 veciños, dos cales 10 eran nenos que ían á escola da parroquia a uns 2 Km.(andando). Hoxe só queda un rapaz en idade escolar que ten que percorrer uns 20 quilómetros (en autobús) para ir ao instituto no veciño concello de Becerreá, o que nos amosa como medra o despoboamento na Galicia interior.

O clima é duro, moi frío en outono-inverno, con frecuentes e abondosas nevadas, chuvioso en primavera, e caloroso no verán. A aldea é bastante dispersa, pois como en moitas galegas hai cimo do lugar, e baixo do lugar, que como indica o nome refirese á parte alta e baixa, aínda que só sexan 6 casas habitadas.

Page 15: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha

A maioría dos habitantes desta aldea son xubilados, aínda así cultivan a horta (cebolas, leitugas, allos, feixóns e outras verduras) e tamén crían animais varios (porcos, polos, coellos) para autoconsumo, e o resto, que aínda están en activo, adícanse á agricultura e á gandeiría de vacún de carne con denominación de orixe Tenreira Galega, polo que o nacemento dun xato é moi importante e todos os que poden axundan, xa que deste feito depende a súa economía.

A mAis de todo isto é unha aldea moi bonita, xa que parece que estando alí non pasa o tempo; non hai que preocuparse polos coches, case non hai ruídos, a xente é toda coñecida, pódense ver con facilidade animais salvaxes, coma corzos, xabarís; podese oír o ouvear dos lobos no monte ao anoitecer e podense ver moitas estrelas porque de noite hai moi pouca luz. Pasamos a entrevistar a un dos habitantes de Pando:

- Naceu vostede aquí. Que recorda de cando era neno?

Page 16: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha

- Si eu nacín aquí, cando era neno había moita xente na aldea, tódalas casas tiñan moitos nenos, eu teño 6 irmáns, pero non eran tempos doados, había moito que traballar e pouco para comer.

- Cambiou moito a maneira de vivir dende entón? - Bastante, hoxe hai maquinaria coa que se fai máis axiña o traballo e con menos

esforzo, as vivendas estan moi melloradas, e podemos viaxar grazas aos coches.

- Coñeceu outros sitios? - De novo, coma todos, tiven que facer o servizo militar, primeiro estiven no

Ferrol, despois en Cádiz e o por ultimo tiven que pasar unha boa tempada no Sahara, que é moi distinto disto, de maior fun a outras cidades.

- Cambiou moito a aldea nestes anos? - A verdade é que non moito, fixéronse un par de casas novas, tamén se caeu

algunha, reparáronse algúns camiños, pero o resto segue a ser moi semellante, iso sí o monte esta moito máis descuidado, porque cando era neno sementabanse cereais e pastaba o gando e agora xa non se fai nada diso.

Page 17: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha

SINDRÁN

Sindrán é un pobo situado ao leste de Monforte de Lemos. Mirando aos arredores Sindran é un pobo bast ante grande en relación aos outros que os rodean que son Pinel, Bascos, Chavaga e Liñares. En Sindrán habera uns cincuenta e tres veciños que viven aquí todos os dí as, logo no verán énchese de turistas. Xeograficamente está formado por dous montes chamados “Monsoar” e “A Med orra” logo ten un regato que baixa dende o medio dos dous montes, cruza Sindrán e Bascós e acaba desembocando no río Cabe. Divide o pobo en dúas partes e o resto to do é bastante chan.

Page 18: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha

A maior parte dos veciños traballan en Monforte e a lgúns en cidades máis afastadas e aínda hai bastante xent e nova e nenos. Hai bastantes casas novas só hai catro caí das. Moitos veiciños marcharon de aquí cando pechou hai sete ou oito anos a “Tilleira” a fábrica de ladrillos qu e había en Monforte, xa que aí traballaban varios vec iños. ENTREVISTA A UN VECIÑO -Cres que Sindrán acabara desaparecendo? -Non creo. Neste pobo hai moita xente nova que vive aquí e ten fillos. E logo tamén está bastante cerca de Monforte e é un lugar moi tranquilo -Que pensas da agricultura deste pobo? -Creo que cada vez vai a menos. Agora a xente deixa os sitios a monte xa que non lles é rendible e o que s egue facendo algo e por “hoobie”, xa que non lle dá nin para os gastos da contribución.

Page 19: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha

ABEL DIAZ LAFUENTE 3ºA

PIÑO

por María Táboas

SITUACIÓN XEOGRÁFICA E DEMOGRÁFICA: Piño é un pobo situado a 6 km. Aproximadamente de Pobra do Brollón e a uns 15 km. de Monforte de Lemos. Está a 400 m. de altitude e ten unha temperatura media anual de 10ºC. Ten unhas 70 casas e hai 120 (aprox.) cidadáns empadroados na vila, mais só vivimos nela de forma permanante unhas 50 persoas. HISTORIA: O seu nome completo é Santa María do Espiño debido á lenda que di que hai centos de anos, nas terras de labranza próximas a Piño , aparecéuselle a Virxe

Page 20: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha

María a un campesiño enriba duns espiños. Ese nome deixouse de utilizar co tempo e agora só os anciáns do pobo o coñecen. CONSTRUCIÓNS IMPORTANTES: Piño é a aldea máis importante de toda a parroquia: consta dunha igrexa construída aproximadamente entre finais do S.XIX e principios do S.XX; a cal ten diversas figuras pero as principais son a de Sta. Bárbara, patroa de Piño, e a do Ánxel da Bola. Tamén ten un local social construído no ano 2004, onde se levan a cabo diversas tarefas: é onde se vota cando hai eleccións; ás veces celébranse festas e aniversarios; cómese alí o día do magosto, de San Xoán, no entroido... TURISMO E LECER: Os días de festa de Piño son o primeiro sábado e domingo despois do día da Ascensión no mes de maio. Antigamente eran o domingo e o luns, pero como axente agora adoita traballar os luns cambiose para que acudise máis xente. Adoitan celebrarse traendo a algunhas orquestras, colchonetas inchables e pequenos postos ambulantes de améndoas garrapiñadas, pipas e algodón doce. Tamén hai procesións e misas. En vacacións adoitan vir moitas persoas a Piño a visitar aos seus familiares, a maioría deles son rapaces e rapazas, pero ven xente de todas as idades. ENTREVISTAS: Entrevistamos a unha das persoas que levan máis tempo vivindo en Piño, a señora Visitación Rodríguez Pérez: E.- Canto tempo leva vostede vivindo en Piño?

V.- Levo máis de setenta anos, aínda que emigrei a Suíza e estiven alí durante cinco anos.

E.- Cambiou moito a aldea dende que vostede era pequena?

V.- Non moito, aínda que fixeron unha ou dúas casas novas e o local social, ademais das reformas dalgunhas casas.

E.- Cales son os lugares máis salientables de todo Piño? V.- Na miña opiñón, os sitios máis bonitos son o adro da igrexa, o pombar de pedra e a carballeira que está e fronte do local social.

Page 21: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha

Javier Díaz Losada 3º A

CANEDA Xeografía: Caneda está situada ao sur de Monforte de Lemos, a uns catro quilómetros de distancia desta cidade. A súa extens ión non se coñece moi ben, pero debe de ter sobre uns vinte quilómetr os cadrados. Hoxe en día está aldea, conta con cento setenta habitant es, unha densidade de corenta habitantes por quilómetro cadrado. Caned a está formada por sete núcleos, Outeiro, Fontes, Campelo, Vao, A Font e e Sobrado. Segundo din, conta con trinta e dúas casas, cada un ha das cales repartidas nas distintos núcleos. A aldea ten un am plo monte que vai dende Santa Mariña do Monte ata máis ou menos Vilam arín, polo outro lado limita coa Penela.

Page 22: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha

Caneda conta cunha ampla canle de regadío, que pasa polo fondo da aldea, mellor dito por debaixo das casas. A auga de sa canle procede do encoro de Vilasouto, no Incio. Tamén ten un amplo l ocal social, onde se celebran as comidas e aniversario, un campo da fest a e un palco. Patrimonio: Caneda ten unha igrexa que esta situada en Campelo, nela celébrase a misa de cada domingo, vodas, bautizo… . É unha igre xa bastante grande e ten un gran altar situado na parte posteri or. Caneda ten varias fontes: A Fonte: Caneda aínda que está en zona montañosa, ten abunda ncia de auga. Esta vén das nacentes que alimentan lameiros e veig as. Existen tamén diversas fontes. O barrio de “A Fonte”, era unha fo nte que na época era moi importante para tódalas persoas, e ata hoxe a a uga é capturada dende esta fonte nun tanque para transportar a vari as casas. Moi preto da fonte, encóntrase a capela de San Paio. Hai ano s, este era un importante centro de romería, onde as persoas tiñan comida e bebida, e pasaban o día a carón desta fonte que a consideraba n medicinal. Para chegar a esta fonte hai que ir ao barrio da Fonte e xusto enfronte do sinal do barrio, tómase un camiño que vai cara ó mo nte, e camiñamos uns 200 metros ata que remata nunca finca onde term ina o camiño, entre as silvas vaise atopar esta fonte. Á beira da estrada hai un tanque con varios tanques para abastecer algunhas casas de Caneda. Hoxe, a fonte está rodeada por mato, segundo contan os veci ños debaixo da maleza hai un empedrado e hai unha sepultura antrop omórfica, que din que nela foi o santo soterrado. Airexa: No medio do pobo de Caneda, fronte á igrexa hai un campo, metémonos nel e a uns 15 metros da entrada, xunto a o lado dun loureiro de 6 metros de altura está esa fonte. Esta fonte é utilizada para o rego de fincas próximas. Fontes: No barrio de Fontes, está a fonte, que hai moito te mpo foi usada polo pobo, é máis segundo algúns veciños, antes estaba r odeada por granito e agora cambiouse por bloques e ladrillos, ademais de próximas fincas, chega á fonte materia orgánica en abundancia. Esta fonte foi no seu tempo arranxada polo concello de Monforte e nela re alizábanse análises periódicas. Pinguela:

Page 23: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha

Esta fonte está situada na parroquia de Caneda, acc édese a ela ben pola aldea ou pola estrada Vilamarín- Monforte. Fro nte ao desvío de Vilamarín existe outro que nos leva a Caneda, preto , a uns 25 metros á dereita vemos un córrego e a uns 30 metros está a m uro cortado e da capa de barro vese caer constantemente auga (de aí o nome da Pinguela). Hoxe, a fonte encóntrase rodeada de male za.

A capela de San Paio: Nesta capela tódolos anos se celebra unha misa na h onra do santo San Paio. Segundo din era o santo máis pequeno que exis tiu. A misa celébrase sempre a última fin de semana de xuño, on de se saca o santo en procesión. A capela atópase nun camiño subindo c ara ó monte, é unha capela moito bonita ten un altar estupendo. É pequena pero acolledora. Segundo contan algúns veciños en épocas pasadas, a xente vivía da agricultura basada na plantación de hortalizas, da gandeiría basada no gando vacún e bovino e da explotación forestal. Xa fai anos, existía un grupo de mulleres, que ían polas casas ofrecendo leite, ovos, pan…. Tamén, se querías, pod íanche bate-lo leite na túa propia casa, ademais tamén cosían roupa, pla nchábana e facían tarefas do fogar.

Page 24: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha

Situado na parroquia de Villamarín,concello de Monforte de Lemos atópase unha pequena aldea de tan só cinco casas habitadas e un

Page 25: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha

total de vinte e cinco habitantes chamado Morade Grande.

Vendo a imaxe,a vista poderíanos enganar,xa que parece que hai máis de cinco casas, pero o que tamén se ven son as cortes, alboios e palleiras que van adxuntas a cada casa. As principais actividades económicas ás que se dedican a maioría da poboación (case todos xubilados ) son agricultura e gandería en pequenas creces; excepto un dos veciños que practica gandería leiteira extensiva.O resto dos veciños que non se dedican a estas actividades teñen que desprazarse ata Monforte par ir traballar. Nas seguintes imaxes podemos ver: 1.: unha finca divida en moitas partes onde cada veciño ten a súa parte de terreo, 2.: un rabaño de vacas alimentándose. 1.

Page 26: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha

2.

ENTREVISTA A: Concepción Pérez,habitante dende 1957 P: Leva xa moito tempo vivindo aquí,¿cambiou moito este lugar ó longo do tempo? R: Si, por suposto que cambiou. Arranxaron o camiño que pasaba polo medio do pobo e, antes todos os arredores e aquí tamén estaban cheos de leiras,barbeitos ou lameiros e agora todo cheo de piñeiros. P: Aumentou a poboación nos últimos anos? R: Sempre foi máis ou menos igual, non cambiou moito. P: Como ve vostede a relación entre veciños?

Page 27: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha

R: Aquí levámonos todos ben, axudámonos uns ós outros na vendima,na recollida da herba, das patacas, do trigo,etc. P: Cree vostede que ten futuro esta aldea? R: O certo é que non; aínda que están aumentando as oportunidades para vivir no rural, hai moitas máis nas cidades. Grazas por atenderme.

Ana Rodríguez 3ºB

Page 28: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha

Esta situada no Concello de Monforte de Lemos fronte ao monte Marroxo. É un pobo de uns 150 habitantes a maioría maiores de sesenta anos. Rodéase polas montañas, a xente é agradable e con moitas cousas que contar da súa vida. Agora veremos unha entrevista feita a un home de 85 anos chamado Domingo Fouces Fouces que e meu bistío paterno. Enquisa: - ¿Que ferramentas eran empregadas antes para labrar a terra? O arado de pao para surcar a terra, o arado de ferro para sementar e a fouce para segar ou desbrozar. - ¿Cantas horas o día podíades chegar a pasar co gando no monte? As que fixese falta para que o chegar ,na casa non tivesen fame. - ¿Cales eran as tres cousas máis importantes para subsistir? Axudar na casa, manter o gando e comer claro está. - ¿Que idioma predominaba naquel tempo? O galego era o mais empregado aínda que había unha morea de xente que comezaba a fala do castelán. Domingo Fouces Antigamente o que se comía era todo cultivado nas casas e feito a man polos propios habitantes da zona como o pan, o trigo, o centeo, crianza de porcos, gando tanto ovino como vacún. A xente era pobre xa que casi todos os homes do pobo ía a traballar as minas de “Freixo” onde extraían volframio para os alemáns. Tamén se adicaban a levar as vacas a pastar e temén a labrar a terra ca xugada de bois que tiraban por un arado de ferro que podía ser de dobre vertedeira ou arado de pao. Amósovos a leira de trigo que empregaban antigamente para darlle de comer as vacas e extraer a espiga para facer as bolas de pan de trigo.

Page 29: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha

A vida da xente era dura debido á escaseza de roupa para vestir, a pouca semente e de mala calidade. O que tiñan na casa eran cousas de primeira necesidade. A xente no ía de festas nin a ningures para poder aforrar uns cartiños. Soían aproveitar a roupa que quedaba dos irmáns xa que non había unha soa casa que tivese só un fillo. O motivo de non ter un so fillo ou filla era porque cando eran maiores axudaban nas tarefas da casa, as mulleres lavaban a roupa e facían a comida, mentres que os homes labraban a terra, levaban ao gando pastar, cortaban leña cara ao final do verán e coidaban as vides. Ao chegar a maioría de idade case todos os homes emigraban cara ao estranxeiro, a Suiza para traballar nas fábricas de chocolate ou a Alemaña para construír os primeiros tractores para labrar a terra e segar a herba. Os irmáns do meu bistío Domingo emigraron a Suiza, a Arxentina, a Bélxica e a Alemaña mentres que el quedou a axudar aos seus pais no campo e na casa. Na época que estivo só cos seus pais construíu unha caseta para refuxiarse cando levaba as vacas ao monte e comezaba a chover. Está case completamente en ruínas pero aínda se pode observar como eran as paredes que facían contra os valados para que aguantasen máis tempo en pé xa que as pedras non levaban cemento, suxeitábanse unhas enriba das outras. Amosóvola na seguinte fotografía tomada hai uns días. Refuxio de pedra. As casas eran de pedra e de palla unha mestura chamada adobe. As paredes sostíñanse moitos anos en pé. Estas estaban compostas dun patio, un corredor que soía ser de madeira, dunha adega e por baixo das habitacións estaban as cortes porque a calor que desprendían subía ás habitacions e actuaba como a calefacción. Dentro da casa había unha lareira, unha cociña, dormitorios e un comedor pequeno no que se encontraba a estufa de ferro. As seguintes imaxes ensinan como era a casa dos pais do meu bistío.

Page 30: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha

Casa antiga feita a man polos meus tataratíos. SAMUEL FOUCES FERNÁNDEZ 3º A

Page 31: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha

A miña aldea Canaval (San Pedro) Un pouco de historia. Canaval, situada á marxe esquerdo do Río Cabe e cuns 230 habitantes en total, foi unha parroquia tradicionalmente das máis industriais do municipio, debido en parte á existencia na mesma dunha estación de ferrocarril e das “barreiras” que aportaron abundante materia prima ás tres cerámicas que existiron nesta localidade; a última delas desaparecida no nadal de 1994. Algún historiadores asocian o nome de Canaval cun destacamento militar romano asentado nas cercanías. Actualmente as poucas empresas que hai son familiares. Porén, continúa sendo, despois da capitalidade do municipio, a parroquia con máis servizos. É a parroquia mellor comunicada, xa que posúe un enlace coa N-120 e tres trens paran diariamente na súa estación. Conta tamén coa única praia fluvial do municipio.

Igrexa de San Pedro de Canaval. A igrexa foi restaurada no século XVIII. É un edificio de planta rectangular, con ábside da mesma forma e sacristía adosada polo lado norte. Do seu trazo románico só conserva algunhas formas románicas do sécul XIII na súa entrada principal e no interior. A porta principal, de trazado románico, ten un arco de medio punto con 3 arquivoltas de sección rectangular e puntas de cravo no maior. As columnas teñen capiteis cúbicos e os seus soportes e fustos son lisos ao igual que o tímpano. No interior, o arco triunfal que comunica a nave co prebisteiro é de medio punto e de grande amplitude. Fachada da igrexa de San Pedro de Canaval.

Page 32: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha

As fábricas que pasaron por Canaval. Ao longo dos anos nesta aldea houbo unha serie de fábricas como a dos calcetíns e a de ataúdes. Non obstante, esta aldea amósanos a cara máis escura da caída industrial do municipio quedando para o recordo fábricas de cerámica e ladrillo, de tella, unha tapicería...ademais dunha grande cifra de persoas que perderon os seus postos de traballo. Na actualidade aínda se conservan algunhas fábricas, como a de ataúdes. O servizo de ferrocarril. En canto ás vías de comunicación por ferrocarril cabe destacar que decreceu dunha forma un tanto alarmante nestes últimos anos pola falta de servizos. Na estación de Canaval paraban varios trens ao longo do día, e aparte de transporte de pasaxeiros habíao tamén de mercadorías para as minas e demais fábricas do lugar. As minas pecharon a finais dos anos 50 pero a estación seguiu prestando servizos ás fábricas de Canaval e aos almacéns do resto do municipio. Actualmente non é usado polas fábricas e apenas fai mais de dúas paradas en cada dirección ao día.

Page 33: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha

Festas. Había aquí unha serie de festas que na actualidade se seguen a celebrar pero de maneira un tanto diferente e dende hai un ou dous anos. Todas son na honra dalgún santo coma por exemplo a “Festa de San Pedro” celebrada o sábado e domingo máis próximos ao 29 de xuño e a da “virxe do Rosario” celebrada o segundo sábado e domingo de outubro. Unha das festas máis populares en toda a comarca era “O Rosario” de Canaval que ten lugar a segunda fin de semana de outubro, esta festa foi decaendo pero agora está a se recuperar. Tamén se celebraba con devoción a festa de “San Pedro” a cal tamen tentou recuperarse pero non o conseguiu. Outros. Ademais de todos estes lugares están a praia fluvial, o bar e o servizo de taxis que contribúen á mellora de noso pobo.

Page 34: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha

Patrica López Feijoo, 3º A

Page 35: David Pérez RodríguezDavid Pérez Rodríguez A PENELA · A lingua falada , como se supón, é o galego. ... de planta cadrada e está construída con sólida mampostería, cunha