comisión executiva nacional - ccoo.gal · revalorizacións periódicas e a tendencia á unidade...

53
1

Upload: phamkhanh

Post on 16-Oct-2018

214 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

1

2

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

3

ÍNDICE

1. A sanidade pública ou o negocio da saúde (Federación de Sanidade e Servizos

Sociosanitarios de CCOO de Galicia) .................................................................................5

2. A xestión dos servizos socioeducativos: un modelo complexo (Federación de Ensino de

CCOO de Galicia) ..................................................................................................................9

3. Condicións para o impulso e reforzamento dos servizos públicos galegos (Federación de

Servizos á Cidadanía de CCOO de Galicia) .......................................................................16

4. Servizos públicos para a atención á dependencia (Secretaría de Política Social do S.N. de

CCOO de Galicia) ..................................................................................................................22

5. Servizos públicos en mans privadas: o caso valenciano (Secretaría de Relacións

Institucionais e Cultura de CCOO do País Valenciá) .......................................................27

6. Os servizos públicos na comunidade de Madrid (Secretaría de Política Institucional da

U. S. de CCOO de Madrid)...................................................................................................31

7. O Diálogo Social como instrumento de traballo sindical, en defensa da calidade dos

servizos públicos en Castela e León (Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO de

Castela e León)........................................................................................................................50

8. Conclusións .............................................................................................................................52

0.

4

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

5

A SANIDADE PÚBLICA OU O NEGOCIO DA SAÚDE

Antes de entrar na materia, faremos un pequeno resumo do nacemento do Sistema Nacional de Saúde e Seguridade Social.

O punto de partida das políticas de protección sitúase na Comisión de Reformas Sociais (1883) que se encargou do estudo de cuestións para a mellora e benestar da clase obreira. En 1900 creouse o primeiro seguro social, Lei de accidentes de traballo, e en 1908 apareceu o Instituto Nacional de Previsión no que se integran as caixas que xestionan os seguros sociais que van xurdindo.

Máis tarde, os mecanismos de protección desembocan nunha serie de seguros sociais entre os que destacan o Retiro Obreiro (1919), o Seguro Obrigatorio de Maternidade (1932), o Seguro de Paro Forzoso (1931), o Seguro de Enfermidade (1942) e o Seguro Obrigatorio de Vellez e Invalidez (SOVI) (1947). A protección dispensada por estes seguros axiña se mostrou insuficiente, o que levou á aparición doutros mecanismos de protección articulados a través das mutualidades laborais, organizadas por sectores laborais e cuxas prestacións tiñan como finalidade completar a protección preexistente. Pero debido á multiplicidade de mutualidades, este sistema conduciu a discriminacións entre a poboación laboral, produciu desequilibrios financeiros e fixo moi difícil unha xestión racional e eficaz.

En 1936 aparece a Lei de bases da Seguridade Social, que ten o obxectivo principal de implantar un modelo unitario e integrado de protección social, cunha base financeira de repartición, xestión pública e participación do Estado no financiamento. A pesar desta definición de principios, moitos dos cales se plasmaron na Lei xeral de seguridade social de 1966, o certo é que aínda subsistían antigos sistemas de cotización afastados dos salarios reais dos traballadores, ausencia de revalorizacións periódicas e a tendencia á unidade non se plasmou ao permaneceren multitude de mecanismos superpostos.

Para intentar corrixir os problemas financeiros creouse, en 1972, a Lei de financiamento e perfeccionamento da acción protectora, aínda que esta os agravou ao incrementar a acción protectora sen establecer os correspondentes recursos que lle desen a cobertura financeira. Por isto, non será ata a implantación da democracia en España e a aprobación da Constitución, cando se produzan unha serie de reformas nos distintos campos que configuran o Sistema de Seguridade Social (art. 41 da Constitución).

A primeira gran reforma prodúcese coa publicación do RD Lei 32/1978, en función do acordado nos Pactos da Moncloa. Créase un sistema de participación institucional dos axentes sociais que favorece a transparencia e racionalización da Seguridade Social e establece un novo sistema de xestión, creando os seguintes organismos:

• Instituto Nacional da Seguridade Social, xestión das prestacións económicas do sistema

• Instituto Nacional de Saúde, prestacións sanitarias (Instituto de xestión sanitaria)

• Instituto nacional de Servizos Sociais, xestión dos servizos sociais (IMSERSO)

• Instituto Social da Mariña, xestión traballadores do mar

• Tesourería Xeral da Seguridade Social, caixa única do sistema que actúa baixo o principio de solidariedade financeira

Facendo referencia xa unicamente á Sanidade, esta é a situación actual:

No estado español contamos con dezasete servizos de saúde diferentes, un por autonomía, e o INGESA que acolle a Ceuta e Melilla. Isto tradúcese en dezasete formas de xestión distintas e

1.

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

6

nunha ruptura da carteira de servizos, xa que non se aseguran os mesmos servizos en todas as comunidades autónomas. Isto levou, no ano 2008, ao asinamento dun Pacto pola Sanidade baseado en seis principios básicos:

• Equidade nas prestacións sanitarias para toda a cidadanía

• Cohesión entre as autonomías

• Calidade

• Innovación

• Seguridade para os pacientes

• Sostibilidade

En Galicia, ata o de agora, o sistema é público con concertos puntuais coa sanidade privada, e de financiamento público para a construción e mantemento de infraestruturas. Nos últimos anos integráronse no Servizo Galego de Saúde as fundacións sanitarias: hospitais do Barbanza, Cee, Salnés e Verín, o MEDTEC en parte, o 061, o CTG.

No caso do MEDTEC, agora chamado GALARIA, non se integrou a parte administrativa do servizo e unha parte asistencial: hemodinámica, RMN. Con esta nova entidade de Galaria, o anterior Goberno creou a SPI (Sociedade Pública de Investimentos) para canalizar a través dela a construción, equipamento e mantemento das estruturas sanitarias.

O que temos hoxe enriba da mesa e a PFI (iniciativa de financiamento privado), que é unha fórmula para construír estas infraestruturas públicas recorrendo a empresas privadas construtoras que financian, constrúen e xestionan os centros.

Estas empresas privadas redactan os proxectos técnicos, dirixen as obras, constrúen as infraestruturas, edificios e subministran equipamentos, e xestionan os servizos non asistenciais. A cambio, a Administración pública paga un canon anual pola utilización dos hospitais e centros, xestiona os servizos asistenciais, e en trinta ou corenta anos, a infraestrutura reverte ao sistema público.

Cales son as subcontratas que inclúen os acordos baixo a PFI?

As máis habituais son:

• Mantemento

• Limpeza

• Seguridade

• Servizo de comidas

• Hostalaría

• Servizos auxiliares

• Loxística

• Xestión da documentación e administración dos centros

• Aparcamentos

• Locais comerciais

No ano 1987, o Banco Mundial emitiu un informe sobre o financiamento dos servizos sanitarios, que tivo como consecuencia que a sanidade pública utilizara recursos privados para dar asistencia, e no Acordo sobre Liberalización dos Servizo Públicos, que foi unha negociación entre o Banco mundial e a UE, preténdese que os países eliminen as barreiras á implantación do sector privado na sanidade pública co obxectivo de eliminar o monopolio sanitario público.

Os gobernos europeos destinan un 20% do PIB a educación e sanidade. Estes cartos irían parar en gran medida ás multinacionais de servizos, os bancos e as construtoras, e como consecuencia os sistemas nacionais de saúde, levantados coas cotizacións sociais, quedarían en mans privadas.

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

7

O Tratado de Maastricht limitou o gasto público por debaixo do 3% do PIB e un endebedamento inferior a un 60% do PIB, e o sistema de contabilidade Eurostat non recolle como endebedamento público o contraído por empresas públicas acollidas á xestión privada ou por servizos subcontratados a privadas; é dicir, limítase o endebedamento público, pero non se o contrae coa empresa privada, subvenciónanse empresas privadas con cartos públicos e promóvese a privatización dos servizos sanitarios.

Cales son as vantaxes do sistema de PFI segundo os seus defensores?:

• Penalizacións ás empresas que non garantan a entrega en tempo estipulado.

• Eliminación das desviacións orzamentarias, son orzamentos pechados e por contrato.

• As empresas da construción teñen máis experiencia en dirixir e xestionar.

• Faise unha transferencia de riscos que asume a empresa privada sen recargas ás arcas públicas.

No Reino Unido teñen prevista a construción de 45 hospitais, 21 xa estaban no 2007, e en España púxose en marcha en Valencia, Burgos, Murcia, Asturias e Madrid.

Cales son as desvantaxes da PFI, segundo as experiencias xa en marcha?

• Os préstamos dos bancos ao sector privado teñen uns xuros máis elevados ca cando prestan á Administración pública.

• As empresas da construción buscan ganancia e repartir dividendos.

• Os custos administrativos son máis elevados.

• Existen renegociacións de cambios non recollidos nos contratos: no Reino Unido os catorce primeiros hospitais de PFI incrementaron un 72% o seu custo, igual que ocorreu en Alzira.

• A débeda págase con cargo ao gasto corrente dos orzamentos.

• Reduce os fondos para o persoal.

• Limitan a capacidade dos centros para adaptárense a cambios e innovacións, xa que os contratos a trinta anos non prevén as necesidades futuras da poboación nin as innovacións tecnolóxicas ou novas especialidades.

• Obrigan a renegociar continuamente coas construtoras, e aínda que teñen o compromiso de entregar en perfecto estado de conservación os edificios logo dos anos de concesión administrativa, está claro que despois de trinta anos os edificios xa comezan a presentar serios problemas.

As empresas de PFI reducen a información e a transparencia na xestión dos centros, utilizan estratexias comerciais en prol dos resultados, nunca claros tampouco. Buscan o seu beneficio usando materiais e equipamento de baixa calidade, reducen camas e persoal empeorando a calidade do servizo. Temos en Galicia experiencia nos eternos plans directores dos hospitais, que, aínda co control da Administración, se alongan no tempo, custan máis do contratado, seguen máis directrices estéticas ca de funcionalidade. Ademais, á hora de facer reparacións, aumentan o papelame e o tempo de espera para o arranxo (petición dentro da parte pública, traslado á concesionaria e esta a súa subcontrata).

E qué sucede cando permitimos a entrada do capital privado nestas condicións? Que se separa a xestión sanitaria –obxectivos asistenciais– da empresarial –beneficios–.

E a realidade dos resultados deste sistema? No Reino Unido, con máis anos de experiencia, non foron quen de sancionar os incumprimentos, tiveron que renegociar aumentando o custo, a substitución de tecnoloxías vai a cargo do sistema público. En Alzira, Valencia, exemplo xa coñecido por todos, a Administración pública rescatou o hospital, saneouno pagando as débedas e volveuno ceder cun contrato máis favorable, máis euros por persoa, o que supuxo o 40% do investimento sanitario da Comunidade Valenciana no ano 2006 (e sen preguntar á poboación a asistencia que reciben neste centro). En Madrid ningún dos hospitais foi entregado en prazo e as empresas non recibiron sanción.

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

8

As vantaxes para os Gobernos son claras, xa que conseguen construír centros sen que figuren como endebedamento público e inauguran hospitais obtendo rendibilidade electoral. E pagan os que veñen despois, a forza de pagar máis polo mesmo e hipotecar os orzamentos por anos e, por suposto, empeorar a calidade asistencial xa que reducen camas e persoal.

En Galicia temos un Plan Director de Infraestruturas sanitarias que supón un investimento de 1.300 millóns de euros. O argumento que dá o actual Goberno para xustificar a implantación da PFI é, como non, a crise, o control do déficit público da UE e a transferencia de riscos, entre outros.

Actualmente temos en perigo a construción dos novos hospitais de Vigo e Pontevedra, a apertura do de Lugo que está sen rematar, e os plans directores do resto dos hospitais; tamén o mantemento e construción dos centros de saúde.

No eido laboral, a maioría das cociñas hospitalarias, lavanderías, mantemento e limpeza dos centros están en mans privadas, e xa tamén servizos de arquivos e documentación clínica e a central de chamadas.

A privatización de servizos tamén afecta ao emprego público –caso da central de chamadas–, xa que os postos vanse amortizando e son cubertos por persoal de subcontratas en condicións peores que as da Administración, e en moitos casos son persoal polivalente, é dicir, non traballan en exclusiva para a Administración. Isto mingua a oferta pública de emprego e as contratacións eventuais que se fan para a cobertura de ausencias.

Tamén cómpre dicir que, coa escusa da crise, a Consellería de Sanidade, suspendeu todos os acordos asinados e publicados no DOG que melloraban as condicións de traballo e retributivas do persoal do SERGAS, e que creaban postos de traballo, sobre todo en atención primaria ata o 2011. Esta medida supón un retroceso na sanidade pública galega, nun momento en que se albiscaba unha mellora no sistema, no que se estaba a favorecer a captación e fidelización de profesionais e que volve colocarnos na cola do resto das autonomías.

Se os recursos de infraestruturas e tecnoloxía son importantes, máis o son os recursos humanos que os manexan, e coas políticas privatizadoras só avanzamos cara a unha sanidade para cidadáns de primeira e de segunda clase.

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

9

A XESTIÓN DOS SERVIZOS SOCIOEDUCATIVOS: UN MODELO COMPLEXO

1. QUE SERVIZOS SE ENGLOBAN NESTE SECTOR?

Unha solución para responder a esta pregunta pode ser analizar a CNAE do sector e comprobar que inclúe:

� os centros universitarios e de investigación, públicos e privados, con e sen ánimo de lucro;

� todo o ensino regrado: anterior á primaria, primaria, secundaria, técnica e profesional;

� as ensinanzas postobrigatorias anteriores á universidade, ensinanzas de adultos, preparación para acceso a ciclos formativos, acceso á universidade para maiores de 25 anos…;

� as ensinanzas especiais (artes, idiomas…);

� a educación deportiva e recreativa;

� a educación cultural non regrada, é dicir, non conducente a un título oficial;

� as actividades de orientación, asesoramento e avaliación fóra dos centros educativos;

� a educación especial, atención á discapacidade: colexios, centros ocupacionais e centros especiais de emprego;

� a integración social: atención a menores con problemas de desprotección ou risco de exclusión social.

2.- CALES DESTES SERVIZOS DEBEN PRESTAR DIRECTAMENTE AS DISTINTAS ADMINISTRACIÓNS?

Loxicamente, as Administracións central, autonómica e local teñen distinto protagonismo e diferentes competencias segundo a actividade da que se trate: non é o mesmo expedir un título de Medicina que autorizar a apertura dunha academia de perruquería.

O PÚBLICO COMO SERVIZO DIRECTO:

� Atendido por funcionarios, comprendería aqueles servizos que directamente ten que prestar o Estado e que son indelegables e imposible privatizar, por exemplo, a Inspección Educativa.

� Atendido por funcionarios todo aquel servizo que requira dar fe pública, como a proposta para expedir títulos académicos.

� Atendido por funcionarios ou persoal laboral o servizo de todos aqueles centros de titularidade pública.

AS ADMINISTRACIÓNS E O SEU DEBER DE VELAR POLO PÚBLICO

En calquera caso, as administracións teñen a responsabilidade de lexislar e velar polo cumprimento da norma en todos aqueles servizos socioeducativos que xestione a empresa privada.

2.

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

10

3.- AS DOBRES REDES: A CONCESIÓN, O CONCERTO E A SUBVENCIÓN. OS PROLES E OS CONTRAS

En todos os servizos detallados no punto 1 cabe a posibilidade de que a Administración delegue a prestación do servizo —aínda que colabore sosténdoa economicamente— na empresa privada, e aquí topámonos con situacións ben diversas:

� A subvención, pura e dura, o chamado «cheque escolar». É a entrega de cantidades directamente ao usuario, ás veces de forma xeneralizada e outra ponderada pola renda. É o sistema menos favorable para os traballadores/as e menos controlable. Opoñémonos a el por principio, pero segue implantado en Galicia na educación infantil.

� A concesión. É o sistema polo que o empresario recibe a cantidade global do servizo, contrata, paga… As traballadoras e traballadores están suxeitos ao convenio do sector. É o máis frecuente na educación infantil, especial…

� O concerto. Os traballadores cobran segundo convenio directamente da Administración, e o empresario recibe módulos negociados para pagar ao persoal de administración e servizos e os gastos de mantemento, de xeito que o servizo sexa totalmente gratuíto para o usuario.

Evidentemente o terceiro é o máis garantista, tanto para usuarios como para os traballadores, pero impide en moitos casos o crecemento da rede pública. É o sistema polo que aposta o goberno neoliberal da Comunidade de Madrid, que aínda vai máis lonxe cedendo terreos públicos para construír centros concertados.

4. AS NOSAS LIÑAS DE ACTUACIÓN EN CADA CASO CONCRETO

A partir de agora podemos centrarnos naqueles puntos estratéxicos prioritarios nos que basear a nosa acción sindical:

Combater o chamado «fracaso escolar» e o abandono escolar prematuro

Para isto é imprescindible un plan coordinado de todas as administracións educativas e os axentes sociais, especialmente para aqueles centros que teñan altas porcentaxes de escolarización de alumnado con necesidades educativas especiais ou alumnado inmigrante.

Este plan debe recoller:

� A incorporación ao sistema educativo de novos perfís profesionais, non necesariamente públicos: integradores sociais, mediadores…

� A detección temperá das dificultades e a súa correcta atención dende o primeiro momento da escolarización.

� Un plan de choque específico en secundaria.

� Unha distribución equilibrada do alumnado que presenta dificultades entre todos os centros sostidos con fondos públicos. Esta medida é imprescindible para evitar que o ensino público acabe sendo subsidiario do ensino privado.

Non é posible abordar con seriedade o grave problema do fracaso escolar se os poderes públicos non fan un maior esforzo orzamentario, que supoña un incremento significativo do financiamento público en relación co PIB ata acadar, como mínimo, o 7% do PIB para as etapas educativas anteriores á universidade e un 2,1% do PIB para o sistema público universitario.

O valor da educación infantil

Debemos esixirlles aos poderes públicos que garantan e potencien a escolarización efectiva na educación infantil, mediante a creación e consolidación dunha rede de escolas infantís de titularidade pública en Galicia que atenda toda a demanda existente.

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

11

Esta rede estará conformada polos centros propios da comunidade autónoma e os centros das administracións locais, e debe constituírse no elemento vertebrador e no referente indiscutible de calidade do sistema, rexéndose por unha única normativa, contrariamente ao que sucede neste momento en Galicia, onde sempre defendemos que esta normativa e o control da súa aplicación dependa exclusivamente da Consellería de Educación.

En calquera caso, oporémonos a toda forma de financiamento indirecto destes niveis de ensino a través da familia mediante o cheque ou bono escolar ou mediante a desgravación fiscal do custo. Só serían aceptables convenios anuais condicionados a un compromiso de satisfacción progresiva da demanda, cunha oferta do servizo público coa finalidade de que con eses convenios se poida atender toda a demanda desde o primeiro momento.

Neste caso, os convenios con entidades privadas para a escolarización de nenos e nenas de 0 a 3 anos deben cumprir os requisitos mínimos fixados polas administracións educativas, que han ser basicamente iguais aos da rede pública, cun control de fondos e con condicións de acceso e traballo para os profesionais que as equipare aos concertos das etapas obrigatorias

A necesidade de servizos educativos complementarios

Neste apartado, os obxectivos que nos marcamos son:

� Universalizar os servizos educativos complementarios a todo o alumnado, ben pola asunción directa da Administración educativa, ben coa colaboración doutras institucións públicas, garantindo que non haxa exclusións.

� Incorporar novos servizos educativos que garantan unha atención integral do proceso educativo, incorporando novos perfís profesionais que potencien a mediación como metodoloxía de traballo preventivo e a intervención social.

� Cómpre xeneralizar, ademais do transporte escolar, os comedores e as actividades complementarias, outros servizos tales como aulas matinais, apertura prolongada dos centros, utilización das infraestruturas escolares, acceso á biblioteca e aos medios audiovisuais escolares, etc.

� Regular mediante unha normativa os servizos educativos complementarios nas leis educativas autonómicas de educación ou, de non as haber, no desenvolvemento normativo da LOE para todos os centros sostidos con fondos públicos. A Inspección educativa controlará o funcionamento destes servizos. En Galicia, neste momento, a Administración educativa desenténdese tanto da oferta como da regulación e control destes servizos.

� Planificar estes servizos mediante unha programación e distribución racional e integrada dos tempos escolares.

� Garantir a universalización destes servizos antes que a súa gratuidade, que estará asegurada cando cumpra o seu uso, para o cal debe orzarse un número suficiente de axudas e bolsas para as familias que o necesiten en función dos seus ingresos económicos.

A importancia da formación profesional

Un dos compromisos adquiridos coa Unión Europea —ao que cómpre dedicar maiores esforzos polo atraso nos niveis de cualificación de España— é elevar a proporción do alumnado titulado nas etapas postobrigatorias, logrando unha formación integral que, ao longo de toda a vida, posibilite a adquisición de coñecementos, competencias e cualificación que lles permitan intervir e reaccionar ante a rápida evolución do mercado laboral e a integración social nunhas sociedades cada vez máis multiculturais.

Segue existindo na actualidade, nunha boa parte da nosa cidadanía, un certo rexeitamento inxustificado á formación profesional.

Imponse reducir no noso país o abandono escolar prematuro, co fin de aumentar as cifras de mozos e mozas que continúen os seus estudos ao finalizaren a etapa obrigatoria, xa sexa en bacharelato ou en ciclos formativos. En concreto, hai que actuar decididamente para alcanzar a taxa media europea de alumnado matriculado en formación profesional, como xa ocorre no bacharelato e na universidade.

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

12

(Ver ANEXO)

A formación profesional é un elemento absolutamente necesario e ha de funcionar con transparencia e flexibilidade, mediante sistemas abertos que permitan compaxinar a formación co traballo e valorar este como un mecanismo máis de adquisición de competencias.

O novo enfoque do espazo europeo da aprendizaxe permanente implica a reflexión, o deseño e a posta en marcha dunha política global ou integral que atenda á tripla dimensión da aprendizaxe permanente: a innovación, a inclusión social e a cidadanía activa, de maneira que as persoas de todas as idades teñan a oportunidade de deseñar o seu propio itinerario de aprendizaxe permanente.

Por todo isto, entendemos que cumpriría, nun posible pacto político e social pola educación, priorizar o recoñecemento, a expansión e o financiamento da formación profesional. Para isto propoñemos as seguintes liñas de actuación:

� Promover campañas institucionais de fomento e revalorización da formación profesional.

� Intensificar a información e a orientación profesional e para o emprego. Mellorar o funcionamento dos Departamentos de Orientación, de xeito que as persoas de todas as idades teñan a oportunidade de deseñar o seu propio itinerario de aprendizaxe permanente.

� Estender e potenciar a rede pública de formación profesional, cunha oferta que responda ás demandas sociais e ás necesidades do sistema produtivo, que favoreza a inserción laboral e que sexa elaborada con procedementos obxectivos.

� Diminuír as ratios e realizar desdobramentos nos módulos prácticos.

� Culminar o proceso de elaboración dos novos títulos de formación profesional adaptados á Lei de cualificacións e á LOE.

� Mellorar as infraestruturas e instalacións.

� Recuperar nos novos títulos os requisitos mínimos detallados, exhaustivos e precisos, tal e como apareceron nos títulos publicados en novembro de 2007, sempre de acordo coa Lei de prevención de riscos laborais.

� Planificar e desenvolver políticas de formación permanente, establecendo vínculos intersectoriais en relación co emprego, a inclusión social e os servizos sociais.

� Implicar a toda a Confederación de CCOO para expoñer na negociación colectiva o recoñecemento dos títulos de FP nos convenios colectivos.

� Avanzar na integración efectiva dos subsistemas de formación profesional para que sexa posible o tránsito das persoas entre eles, mediante o recoñecemento efectivo en cada subsistema da acreditación da formación no outro.

� Impulsar o desenvolvemento de sistemas públicos rigorosos, efectivos e operativos de avaliación e acreditación das competencias adquiridas por vías non formais, especialmente a experiencia laboral.

� Desenvolver a rede de Centros Integrados de FP de titularidade pública que, formando parte do servizo educativo público, responda ás demandas formativas do contorno laboral e ás necesidades de formación da poboación ao longo da vida, que recolla a orientación profesional e que permita optimizar e mellorar ao máximo os recursos dos centros e o control dos fondos públicos destinados á Formación Profesional. Propiciar a participación activa e coordinada de CCOO nos Consellos Sociais destes centros.

� Desenvolver a Rede de Centros de Referencia Nacional que asegure a innovación e experimentación en formación profesional.

� Ampliar e axeitar a oferta de ciclos formativos dirixidos a adultos, tanto na modalidade presencial como a distancia, favorecendo os ciclos formativos para persoas adultas e a matriculación por módulos.

� Planificar actuacións para que o alumnado que vai incorporarse ao mercado laboral coñeza e valore o traballo que realizan as organizacións sindicais na mellora das condicións laborais e dunha sociedade máis xusta.

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

13

Así mesmo, faise necesario planificar, elaborar e potenciar un mapa de programas de cualificación profesional inicial que dote o sistema educativo dunha ferramenta eficaz para que unha parte do alumnado que dificilmente acadaría o graduado en ESO consiga e adquira unha cualificación que lle facilite a súa inserción laboral e obteña competencias básicas para proseguir a súa formación ao longo da súa vida. Hai que garantir en todos os centros de educación secundaria sostida con fondos públicos unha oferta suficiente dos devanditos programas.

O impulso da aprendizaxe ao longo da vida

Mellorar as oportunidades de aprendizaxe a todas as idades e en distintos contextos: escolar, laboral, social, cidadán ou familiar.

� Favorecer a matrícula de bacharelato en réxime nocturno e a distancia.

� Potenciar os estudos de formación profesional regrada, cunha oferta variada de ciclos de formación profesional de grao medio e superior, a distancia, con matrícula parcial, combinando simultaneamente estudo e traballo, etc.

� Potenciar as ensinanzas de idiomas, incluído o castelán e o galego como linguas estranxeiras para a poboación inmigrante, e adaptar a estrutura dos centros á demanda, e non ao revés, como acontece actualmente.

� Estudar medidas para que as accións descritas se fagan efectivas a colectivos con especiais características, como persoas en privación de liberdade, as internadas en hospitais ou centros sanitarios con enfermidades de longa duración, persoas con discapacidades físicas, psíquicas ou sensoriais, etc.

� Desenvolver o catálogo modular de formación profesional e educación permanente.

� Establecer plans periódicos de detección de necesidades formativas.

� Garantir o previsible aumento da demanda de formación no eido persoal para unha participación activa na sociedade, abordando ámbitos relacionados con saúde, o consumo, a actividade física e o deporte, o desenvolvemento sostible, programas de voluntariado…

� Incorporar a formación teórica e práctica en materia de prevención de riscos laborais na formación inicial e permanente.

Os sectores restantes:

Para a F. E. de CCOO, cómpre que as administracións garantan a universalidade, equidade e calidade das prestacións socioeducativas sobre os diferentes niveis de acción social:

� Servizos de atención ás persoas con discapacidade e centros especiais de emprego (CEE)

� Servizos de atención a menores con medidas xudiciais ao abeiro da lei do menor e en situación de desprotección e/ou exclusión social

� Servizos de actividades socioeducativas, apostando pola súa extensión como un dereito social de toda a cidadanía e, particularmente, dos colectivos máis desfavorecidos da sociedade.

� Actividades extraescolares, culturais, ludotecas, escolas matinais e actividades de lecer e tempo libre, integrándoas na educación non formal en estreita colaboración coa institución educativa regrada e con outros servizos á comunidade.

O sistema educativo amplía cada día máis o seu marco de actuación, tanto con servizos máis alá dos correspondentes ao ensino regrado dentro da propia institución escolar, como con outros servizos educativos que transcenden o campo de acción educativa no seu sentido tradicional. Estes servizos, nados inicialmente máis desde un sentido de voluntariado ou cultural que desde o seu aspecto educativo, son hoxe unha demanda social necesaria para o logro do estado de benestar que debe acadar a sociedade galega e completan a formación da cidadanía.

Os límites clásicos do que tradicionalmente era o «educativo» e o «social» hai moito tempo que se esvaeceron; así, a sociedade ten claro que non só se seguen procesos educativos na escola, o instituto ou a universidade, da mesma maneira que o social sae do exclusivo ámbito das tarefas de traballo social.

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

14

Estas antigas e diferenciadas realidades quedan palpablemente superadas, mesturadas e, en moitas ocasións, unidas de maneira indisoluble. Desde a propia universidade dáselles resposta coa implantación de novas titulacións universitarias que se orientan cara ao valor da educación como recurso de desenvolvemento persoal e comunitario, como poden ser os integradores sociais, educadores sociais… que poden colaborar cos centros educativos e os concellos.

Igualmente, o crecente sector de lecer e actividades culturais e de tempo libre, o florecemento das empresas de servizos, colaboran na formación integral ao tempo que facilitan a conciliación da vida laboral e familiar. Aquí será de grande importancia a regulación de todas aquelas titulacións que a Administración debe controlar (monitores…).

O maior problema xorde cando estes servizos se xestionan a través da externalización, o que comporta a competencia entre entidades que poxan primando o baixo custo do servizo a pesar do seu financiamento con diñeiro público.

Polo tanto, habemos de estar pendentes de que en todos estes servizos os pregos de condicións para a súa contratación non utilicen prácticas temerarias á baixa que poñan en perigo tanto as condicións laborais dos traballadores como a calidade do servizo.

Particularmente no caso dos centros especiais de emprego, habemos de esixir uns requisitos mínimos indispensables para a concesión de autorización da súa creación.

Defenderemos que os CEE autorizados reúnan unhas esixencias destinadas ao control e transparencia da súa xestión, non permitindo comportamentos faltos de ética, ilegais nin abusivos

Nestes sectores debemos prestar ESPECIAL ATENCIÓN á hora de:

� Esixir a intervención continuada, periódica e especializada da Inspección de Traballo.

� Esixir que as actividades socioeducativas vinculadas á escola pública sexan xestionadas como servizo público.

� Impulsar a elaboración de normativas que establezan os perfís profesionais específicos para o desenvolvemento destas actividades.

EN RESUMO:

O dereito á educación ao longo da vida implica a existencia dun modelo de escola pública, gratuíta, democrática, inclusiva, coeducativa e laica, e obriga as administracións educativas a planificaren e controlaren unha oferta de servizos socioeducativos que, tendo como eixe fundamental a infraestrutura e a oferta de prazas da rede de titularidade pública, teña en conta a realidade existente e a actual tendencia demográfica, de xeito que o incremento de prazas recaia fundamental e prioritariamente na rede pública. Especialmente cando determinados sectores se empeñan en estender sombras de sospeita sobre o sistema público de ensino e, xa que logo, sobre o dereito á educación.

Así mesmo, reclamamos que todos os centros financiados con fondos públicos, cos mesmos dereitos e obrigas, estean comprometidos cunha educación de calidade para todos, na que a equidade, a excelencia e a non discriminación sexan os trazos significativos para avanzar cara á unha maior calidade dos servizos socioeducativos.

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

15

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

16

CONDICIÓNS PARA O IMPULSO E REFORZAMENTO DOS SERVIZOS PÚBLICOS GALEGOS

CONTEXTO ACTUAL

Nuns tempos tan cambiantes como os que vivimos, nos que conseguimos tirar muros, instaurar tribunais internacionais, loitar globalmente contra os fundamentalismos de calquera tipo ou ser capaces de deter o cambio climático e superar a crise económica, seguimos precisando dos servizos públicos de calidade que nos permitan funcionar coma sociedades nas que poidamos convivir en liberdade, igualdade e fraternidade. Este slogan da revolución francesa marcou o inicio dunha época e nestes intres estamos asistindo o comezo doutra, para que inda non encontramos un lema.

O mantemento dos servizos públicos baixo uns parámetros de calidade e a súa ampliación permitiranos afrontar estes novos tempos de mellor maneira. A sociedade ten que ter un papel máis activo e participativo na súa xestión e os empregados e empregadas públicas teñen que ter un firme compromiso na mellora dos servizos que se prestan (única maneira, ademais, de loitar contra esas voces interesadas que din que somos moitos, caros e traballamos pouco pois só o recoñecemento social da figura do empregado público poderá facer que subsista no tempo, xunto cos servizos que presta).

Os Servizos Públicos tradicionais, sanidade, educación... son garantes da cohesión social e o seu debilitamento, por redución ou mala prestación, fará incrementar as diferenzas sociais, sobre todo nas comunidades urbanas, onde os lazos de solidariedade son mais febles que nas rurais.

Entendemos que os servizos de interese xeral teñen unha obriga específica de servizo público. Constitúen o elemento esencial do modelo social europeo e sen eles a mellora da calidade de vida da cidadanía e a loita contra a exclusión social non serían unha realidade. Este servizos refírense principalmente as grandes industrias de redes, coma o transporte, os servizos postais, a enerxía e as comunicacións. Case todas elas integradas dentro do que en Comisións Obreiras chamamos servizos a cidadanía.

O FUTURO QUE NOS AGARDA

Tras unha dura pelexa, as organizacións sindicais europeas lograron parar os aspectos mais negativos da Directiva europea sobre os servizos no mercado interior, tamén coñecida coma Bolkestein. Entre eles conseguiuse a exclusión do texto dunha serie de servizos coma os sanitarios, determinados servizos sociais, transportes, medios audiovisuais, servizos vinculados o exercicio da autoridade pública....

Esta batalla gañámola moi parcialmente. As dúas últimas sentencias dos Tribunais comunitarios que afirman a prevalenza do comercio sobre as melloras laborais xa pactadas en convenio ou que pretendían conseguirse, nos fan baixar a realidade. Os dereitos sociais non ocupan no espazo europeo unha posición xurídica equiparable as liberdades empresariais.

A lexislación española está facendo unha transposición desta directiva que tense que aprobar antes de fin de ano, será a “Lei sobre o libre acceso ás actividades de servizo e o seu exercicio” actualmente no Senado. Un texto que, en moitos aspectos, trata de levar ó límite máximo os aspectos mais negativos da Directiva. Se a elo engadimos a recente emenda aprobada na Lei de Orzamentos Xerais do Estado, cunha sonora derrota gobernamental, pola que xa a partir do ano que ven vai ser posible contratar de novo polas Administracións Públicas actividades ó través de Empresas de Traballo Temporal, o panorama que nos agarda nos servizos públicos ou de interese xeral non ten moi boa pinta. Imos precisar dos maiores esforzos do conxunto das organizacións sindicais e de todos e todas as persoas ou colectivos que creemos que os dereitos sociais é o mellor

3.

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

17

patrimonio que ten a Unión Europea e debería telo a uns niveis similares o resto do mundo, para defender os servizos públicos ou de interese xeral de calidade.

QUEN DEBE XESTIONAR OS SERVIZOS PÚBLICOS OU DE INTERESE XERAL?

A doutrina da xurisprudencia sinala como servizo público á aquelas actividades que son titularizadas pola Administración en razón do seu carácter esencial para a comunidade, asumindo por tanto un poder de disposición e control sobre os devanditos servizos, cuxo exercicio e réxime xurídico sométese o dereito administrativo. Por tanto a xestión destes servizos debe realizarse con empregados e empregadas que formen parte das administracións, organismos ou entidades de carácter público.

Aquí poderíamos incluír os seguintes: atención sanitaria, docencia, xustiza, institucións penitenciarias, tributos e trámites administrativos, corpos de seguridade e exército. Todos estes servizos esenciais son tutelados polas administracións públicas ou organismos competentes, e incluso nalgúns deles coexiste a xestión privada coa pública. Hospitais, colexios, ou vixilancia privada.

Esta política permitiunos poñer ó dispor de todas as persoas uns servizos de carácter universal, polos que non se tiña que pagar o usalos, xa que están financiados cos cartos de todos, xunto cuns servizos privados que poderían acudir os que tivesen dispoñibilidade económica. Este foi o compromiso xurdido tras a 2.ª Guerra Mundial, un pacto entre a dereita e a esquerda, que co fin da guerra fría desaparece. Agora xa estamos nos tempos da globalización e inda por riba en crise, co que a blindaxe dos servizos públicos vai sendo furada polas liberdades empresarias. As Administracións pásanlle a bola da xestión a entidades privadas. Os Estados de benestar teñen un opoñente moi duro, as empresas multinacionais. O poder social é o poder económico, coexistindo coma sempre. A loita por un mundo no que quen marque a pauta sexan os estados estamos perdéndoa, proba disto é a crise económica e medioambiental que sufrimos. Agardamos que as novas iniciativas políticas que están tomando corpo desequilibren a balanza actual que favorece o capital, e volvan poñer por riba os intereses do conxunto da sociedade.

Na actualidade só as potencias emerxentes, detentadoras de importantes recursos naturais fanlle fronte as multinacionais, pero teñen uns aparatos estatais moi afastados de conseguir as políticas de benestar das que gozamos nos países occidentais. Quizás a alianza entre estes dous modelos de estado podería diminuír o poder das grandes empresas multinacionais, principais xestoras de servizos públicos ou de interese xeral.

Existe tamén unha realidade sobre a que convén pararse un momento. Ata fai poucos anos os servizos públicos mencionados entendíanse, a efectos de xestión de recursos humanos, coma un todo. Desde hai un tempo ven sendo unha práctica habitual que as Administracións ou entidades públicas externalicen unha boa parte destes servizos considerando que elo non afecta o núcleo principal da súa actividade: por exemplo, limpeza, restauración, seguridade, mantemento, obras, arquivos, e un enorme etc....., decisións e prácticas xustificadas na maioría das ocasións por parte de quen as toma con variopintos argumentos, entre os que destacan en demasiadas ocasións as razóns subxectivas cando non interesadas.

As xestoras dos servizos públicos deben ser as administracións e as entidades de colaboración constituídas entre elas (mancomunidades, consorcios..), máis próximas a cidadanía. O Estado Español, xunto coa Unión Europea, debe loitar por unha regulación do sistema económico que faga posible o desenvolvemento social sen a destrución medioambiental. As Administracións Autonómicas son unha ponte entre o Estado e as deputacións e concellos, entre ser estado e barrer para casa, entre tela competencia e transferir a xestión de xeito coordinado.

En conclusión, os servizos de interese xeral antigamente xestionados, nunha parte importante por grandes empresas públicas, desde os procesos de liberalización dos anos 90, pasaron a constituír ou integrarse en empresas multinacionais. Debido a este cambio o persoal directivo destas empresas ten hoxe en día un control excesivo, sobre os principais instrumentos de poder que existen para garantir a cohesión social e territorial na Unión Europea.

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

18

OS SERVIZOS PÚBLICOS DAS ADMINISTRACIÓNS NA NOSA COMUNIDADE

En Galicia, a realidade ven a demostrar que, en xeral, as políticas aplicadas polos últimos gobernos da Xunta en relación cos Servizos Públicos non veñen sendo moi distintas das do resto do estado, pero si teñen peculiaridades que é tan necesario identificar e abordar como as súas propias consecuencias. Así, o novo goberno de Galicia, como xa fixera o anterior do bipartito, enchese anunciando desde o momento en que foi elixido, que unha das súas prioridades é a de abrir un proceso de diálogo social con empresarios e sindicatos coa intención de elaborar, propoñer, abordar e aplicar, fórmulas e medidas concretas que axuden a supera-la crise e así garantir un crecemento sostible na nosa Comunidade que mellore as condicións de vida do conxunto da cidadanía; non ten dúbida algunha de que esta é para nos, unha prioridade de primeiro orde, na que por certo levamos tempo esixindo poder participar; dialogo que forzosamente, tamén se ten que dar para cos Servizos Públicos galegos, e no que deberán estar, xunto coa Admón. Autonómica e as Administracións locais, os Sindicatos con representación na Función Pública galega.

Sen embargo ese proceso verbalmente anunciado aínda non se chegou a abrir, e por si fora pouco de xeito unilateral o Goberno da Xunta remata de anular, conxelar e modificar a práctica totalidade dos acordos vixentes alcanzados polos Sindicatos co anterior goberno.

En todo caso, a modo de comentario dicir que o acontecido debera servir para que reaccionemos, recoñezamos nun primeiro paso, tal e como dicíamos, os problemas, para a continuación poder elaborar as nosas propostas de solucións e enfrontarnos a eles.

Para poder analizar os servizos públicos galegos debemos ter unha pequena idea xeral da súa dimensión e complexidade; así a Xunta de Galicia, a máis de exercer o goberno, tamén actúa como “empregadora”, como empresa. Conta con máis de 85.000 empregados e empregadas públicos, entre os que tamén hai un importante porcentaxe de temporalidade, e un importante abuso da privatización da xestión de moitos servizos públicos.

Temos que chamar a atención, así mesmo, sobre o colectivo de traballadores e traballadoras da Administración Local, importante en número (máis de 30.000 en toda Galicia) e que sen dúbida irá incrementándose en maior medida no futuro, dada a demanda cada vez máis consistente de transferencias de servizos e de financiamento que veñen reclamando; como mínimo do total referido, un 28% está en situación precaria cando non en situación de fraude de lei, e responde nun alto porcentaxe e un modelo clientelar de acceso que temos por forza que superar.

Por outra banda, están outros ámbitos de emprego público, que teñen unha grande transcendencia social, e que poderiamos resumir dicindo que son os que sustentan unha boa parte do Estado do Benestar (Servizos Sociais, Educación, Sanidade, Emerxencias,), e que con fondos totalmente públicos, cada día en maior medida están sendo sometidos, desde a súa creación, a fórmulas de xestión mixtas cando non a concesións directamente á empresa privada; un bo exemplo disto o son, os múltiples servizos que pasaron a engrosar a chamada administración paralela en crecente expansión nos últimos anos (recordar a creación dos consorcios dependentes de Vicepresidencia na Xunta) .

Por tanto, entendemos que os problemas dos Servizos Públicos, teñen unhas características especificas, entre outras, pola circunstancia de que neste caso quen decide quen será o titular ou quen o empregador é a propia administración, e non a patronal privada.

Para comezar a abordar os múltiples problemas que padecen os Servizos Públicos e facendo referencia exclusivamente ás Administracións Públicas galegas, identificariamos e clasificariamos en tres grandes bloques as prioridades que entendemos, se deben abordar para garantir uns principios de calidade, transparencia e suficiencia:

1. Redución da temporalidade tanto na propia Administración Autonómica (Xunta de Galicia) como especialmente nos Concellos galegos.

A identificación do emprego público con estabilidade laboral, segue a ser unha idea xeneralizada para o conxunto da sociedade, sobre todo cando se pretende facer a comparación das vantaxes deste, co que xera a empresa privada, e sen embargo a realidade é que si por algo se veñen

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

19

caracterizando as administracións públicas nos últimos anos, non son precisamente polo seu crecemento no emprego fixo, senón por un desmedido aumento da precariedade laboral e a temporalidade, incrementos os que non son alleas ningunha das administración, aínda que si ben e certo a maior gravidade recae na administración local.

2. Ordenar e democratizar a Función Pública na Administración Local.

A idea da existencia do “enchufismo” nos concellos, segue a estar instalada na sociedade galega; e máis, esta asociación de concellos co enchufismo, segue a ser unha constante diaria nos medios e comunicación, e desde CC.OO. podemos constatar que este por desgraza, segue a ser un problema real en demasiados concellos e algunhas deputacións, sen esquecer que ata a propia Xunta de Galicia está a ser acusada en demasiadas ocasións de prácticas similares. Por tanto resulta indubidable que este gravísimo problema perdura e por tanto debe ser extirpado definitivamente para un mellor funcionamento e unha mellor consideración e respecto cara ás institucións que representan a todo o pobo.

3. Reforzamento dos Servizos Públicos, retomando as privatizacións feitas.

Xunto coa temporalidade e a precariedade laboral, un dos maiores problemas que presentan as Administracións Públicas veñen sendo as chamadas “externalizacións de servizos” frase eufemística onde as haxa, posto que o que se esconde detrás, na maioría das ocasións, non é outra cousa que a privatización pura e dura dun servizo, e que na maioría das ocasións ten como significado a utilización dun servizo público para convertelo nun negocio no que a rendibilidade da empresa adxudicataria está por riba do servizo que se debe prestar, e todo elo sen que exista garantía algunha sobre un control posterior para que os servizos externalizados se presten nuns parámetros de calidade, entre os que se conten as condicións laborais.

Noutras ocasións as externalizacións supoñen a creación de redes paralelas de supostos servizos, ao marxe do control parlamentario, sendo controlados e utilizados pola clase política gobernante para obter réditos electorais ou doutro tipo.

Ambos modelos de “externalización” non supoñen outra cousa que un fraude intolerable cara ao conxunto da cidadanía, e que nos debemos perseguir e axudar a eliminar.

Partindo destes tres eixes, e por concretar algo máis, cremos que os obxectivos prioritarios en relación coa Xunta de Galicia deberían ser os seguintes:

• O reforzamento do dereito á negociación colectiva nas AA.PP., con garantías xurídicas e obrigacionais para o cumprimento do pactado, por riba dos intereses conxunturais e puntuais dalgunha das partes.

• Plan de redución da temporalidade; na Xunta por baixo do 8%.

• Reforzar os principios de igualdade, mérito e capacidade, nas OPEs. da Xunta, garantindo en todo intre os principios legais de igualdade, mérito e capacidade así como o de publicidade.

• Freo ás privatizacións, e redución das actuais asistencias técnicas, contratos de autónomos, e outros instrumentos privatizadores. Eliminación da “Administración paralela” creada polo anterior goberno.

• Creación dunha Mesa Permanente de Negociación da Administración Local na que estean presentes a Xunta, a FEGAMP e os sindicatos.

En canto os eixes e prioridades que afectan a Administración Local deberemos traballar para acadar:

• redución da temporalidade ata un máximo do 10% (porcentaxe incluído xa no Acordo estatal de xullo 2005), e de fixación dos cadros de persoal de carácter estrutural.

• regularizar as subvencións para crear emprego de xeito que deixen de ser o argumento principal para as altas taxas de temporalidade.

Recordar aquí, que unha gran parte dos servizos que se veñen prestando desde as Administracións Locais en Galicia, están suxeitos a subvencións de distinta índole, aínda que na súa

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

20

maior parte corresponden a subvencións que proveñen de distintas consellerías da Xunta de Galicia; a práctica totalidade dos servizos sociais que prestan os concellos, son subvencionados pola Xunta con programas anuais, que propician a precaridade e a temporalidade, así en liñas xerais o emprego xerado polos servizos sociais nos concellos nos últimos 20 anos, está en situación irregular e en fraude de lei, con condicións laborais e salarios precarios. Exemplo disto son tanto os servizos sociais básicos como os servizos de drogodependencias que seguen a ser prestados polos concellos, desde fai máis de 20 anos, por esta via da subvención, a pesares de que todos coincidimos en que deberían estar integrados xa fai moitos anos no SERGAS.

Outro exemplo o forman os Servizos de Emerxencia, dos que segundo establece a lexislación se deberan facer responsables, en función da poboación, ou ben os propios concellos ou as Deputacións, están sendo concesionados, por decisión destas últimas e a Xunta de Galicia en primeiro termo, a empresas de servizos, que tan so pretenden facer negocio coa desgraza allea, precarizando o emprego e os salarios e asumindo competencias impropias, tentando consolidar un modelo imposible de aplicar por lei noutras comunidades autónomas, pero que en Galicia grazas á tolerancia e complicidade de todos os partidos presentes no Parlamento, é posible.

A externalización xeneralizada nos últimos anos de servizos, no conxunto das administracións locais de Galicia, como os de abastecemento de auga, limpeza viaria, recollida de residuos sólidos urbanos, servizos sociais básicos, mesmo unha boa parte dos servizos de xestión e control administrativo, como xestión de multas, tramites urbanísticos etc, ven sendo unha constante, ata tal punto que a excepción a atopamos nos concellos que aínda non externalizaron.

Por todo elo, desde CC.OO. temos claro que este proceso debe ter unha racionalización e un senso perfectamente predefinido, debendo establecer de xeito claro e concreto, que tipo de servizos poden e que tipo de servizos non poden ser externalizados, no ámbito das administracións públicas, así como que garantías deben cumprir as empresas adxudicatarias, tanto con respecto o servizo que deben prestar como as condicións laborais mínimas que deben cumprir para cos seus empregado se empregadas.

• Medidas homoxenizadoras das condicións de traballo e salariais no conxunto da Administración Local galega, que ao noso entender deberían pasar polo compromiso de mediación entre a FEGAMP e os sindicatos para acadar un acordo que sirva de marco de relación laborais para o persoal laboral e funcionario de xeral aplicación naqueles concellos nos que non é posible a negociación directa.

• pactar métodos de selección de persoal que garantan os principios de igualdade, mérito e capacidade, como listas de contratación e órganos de selección supramunicipais, participación sindical...

• Compromiso de revisión das privatizacións máis rechamantes, como os Parques Comarcais de Bombeiros, as Fundacións Comarcais, etc., ou a proliferación de empresas privadas xestionando a prestacións dos Servizos Sociais.

Contovos agora algunhas cuestións sobre outros servizos públicos do noso ámbito:

OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

A Compañía de Radiotelevisión de Galicia (CRTVG) e as súas sociedades, TVG e RTG, son os medios de comunicación públicos de Galicia. A TVG e a RTG son empresas públicas con sectores da súa produción privatizados (Delegacións, directos e gran parte da área de programas) e, polo tanto, xestionadas por empresas privadas da comunicación.

O servizo público de comunicación audiovisual é un servizo esencial para a comunidade que ten como función principal difundir contidos que fomenten os principios e valores constitucionais e que debe contribuír á formación dunha opinión plural e a dar a coñecer a cultura e a lingua propias de Galicia.

A probable aprobación da Lei Xeral do Audiovisual colocaría os Entes públicos audiovisuais de ámbito territorial inferior ao Estado (a CRTVG) sen regulación específica, propiciándose un devir diverso nas comunidades autónomas sen sometemento a normas básicas e, por elo, sen as garantías suficientes para o cumprimento do servizo público no marco definido pola Constitución.

Ademais existen polo menos unha ducia de entes municipais en Cerceda, Teo, Boqueixón, Quiroga, Ponteareas e A Guarda a case un de cada catro concellos galegos posúe unha emisora de radio. Ademais ten

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

21

unha importante presenza a Delegación de Radiotelevisión Española en Galicia. Xunto con este panorama público coexisten un número importante de canais e emisoras privadas.

TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA

O transporte de viaxeiros por estrada nunha comunidade como a nosa, dispersa e envellecida, cobra unha dimensión importante. Hoxe en día as empresas privadas realizan servizos que, debido o seu elevado custo e poucos ingresos, provocan que as frecuencias dos viaxes sexan escasas. A Administración debe garantir o servizo ós habitantes dos núcleos de poboación máis dispersos.

O transporte urbano e o metropolitano realízanse a través de empresas privadas. A materia pendente é a integración do transporte urbano e interurbano, prestados por empresas diferentes que precisan dun ente de coordinación xa inventado, Consorcio Metropolitano de Transporte, pero por desgraza non constituído en ningunha das cidades galegas. A xestión privada deste servizo pode e debe ser mellorada o través da integración sinalada e da rapidez nos traslados, no que por exemplo o aumento de carrís de uso reservado, xoga un papel positivo. A continuidade de políticas que favorezan tarifas especiais a colectivos concretos, a posibilidade do intercambio sen cobro a maiores e a chegada mais frecuente en determinadas horas, ó centro ou polígonos industriais das liñas metropolitanas, fará aumentar a súa utilización.

Para rematar tan so comentar que este pequeno análise tan so pretende tentar trasladarvos unha mínima idea dos que o noso xuízo constitúen os principais déficits que teñen os servizos públicos galegos, con especial atención ós dependentes das propias administracións públicas de Galicia, así como o compromiso que, como sindicato, temos de mantelos e amplialos así como de mellorar as condicións de traballo das persoas que os prestan, ben sexan empregados ou empregadas públicas ou de empresas privadas.

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

22

SERVIZOS PÚBLICOS PARA A ATENCIÓN Á DEPENDENCIA

SITUACIÓN DO SISTEMA PARA A AUTONOMÍA E ATENCIÓN ÁS PERSOAS CON DEPENDENCIA (SAAD) O nome da lei que coñecemos como «lei de dependencia» non é este senón Lei de promoción da autonomía persoal e atención a persoas con dependencia.

Por que aclaro isto? Porque a intención desta lei non é só coidar os dependentes, senón tamén conseguir que esta dependencia chegue o máis tarde posible mediante a potenciación da autonomía persoal e tamén coidar dos coidadores/as —coidadoras na maior parte dos casos—. Claro que, como é un sistema moi custoso, estase a implantar de xeito gradual comezando polos dependentes máis afectados, os casos máis graves, ata chegar a aqueles que o que necesitan é potenciar a súa autonomía persoal.

Ademais disto, temos que ter en conta que a lei xa está creada. Agora cómpre implantar o SAAD, que é o Sistema para Autonomía e Atención ás persoas con dependencia, e que parte desta lei.

É por iso polo que penso que temos que comezar a falar do SAAD e non da lei de dependencia.

Este sistema é novo, de difícil implantación polo que supón de custo e porque parte dunha lei de ámbito estatal que ten o seu desenvolvemento nos distintos decretos autonómicos.

Estes decretos teñen un desenvolvemento desigual dependendo das distintas autonomías, o que fai que, ao cabo, os dependentes non estean atendidos igual en todas elas. Nalgunhas, sobre todo Madrid, Valencia e Murcia, estase a boicotear a lei de xeito descarado.

O xornal El País publicaba hai uns días que hai autonomías que fan caixa con este sistema, en concreto Murcia, Canarias e Baleares. Este estudo de El País fíxoo unha asociación de directores e xerentes de centros públicos da terceira idade; coidamos que é un colectivo serio na elaboración dos seus estudos e, en todo caso, non ten vínculo ningún con ninguén que nos faga pensar que é un estudo interesado, polo que lle damos credibilidade.

O artigo non falaba de Madrid, pero nós temos constancia de que nesa comunidade tamén se está a facer. A diferenza entre estas tres comunidades e Madrid é que ás primeiras, entre o que lles achega o Estado e o que pagan os usuarios, sóbranlles cartos e terían que explicar o que fan con eles; e Madrid non está atendendo, en xeral, a novos dependentes senón metendo por este sistema aqueles que xa tiña en centros co que, o que antes pagaba a Comunidade agora págao o Estado.

Isto que sucede en Madrid tamén se fai noutras comunidades como Galicia, pero coa diferenza de que nas outras comunidades se atende máis xente, e non só as persoas que xa estaban atendidas.

En Galicia, malia que o Goberno da Xunta non para de dicir que non lle chegan os cartos, que Madrid manda pouco, se analizamos este estudo e os datos que, por outra banda, temos en CC OO, vemos que o investimento da Xunta na lei de dependencia, en xeral, é dun 33,2%, a da Administración central dun 50,9% e a dos usuarios un 15,9%. Isto para a atención directa e malia que a lei establece que a comunidade autónoma ten que achegar, como mínimo, o mesmo que o Estado. No financiamento definitivo, que inclúe achegas extraordinarias para reformas, investimento etc., o Estado contribúe cun 65,1%, a Xunta cun 19% e os usuarios cun 15,9%.

O 6 de abril asinouse un convenio entre o Ministerio de Traballo e a Xunta de Galicia polo que se transfiren 32.111.659 euros para a dinamización da economía e o emprego destinados a actuacións vinculadas coa atención á dependencia. Estes cartos viñan asignados con nomes e apelidos; é dicir,

4.

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

23

sabíase a cantidade que lle correspondía a cada centro para atender a dependencia. Desde CC OO pedímoslle á conselleira de Traballo unha relación de a onde se destinaban estes cartos e comprometeuse a dárnola, pero aínda non nos chegou. De todos os xeitos, temos constancia de que, na maior parte dos casos, no canto de investilos en prazas que poidan ir directamente á dependencia, a maioría estanse dedicando a arranxar problemas dos centros que terían que ir no orzamento do propio centro, como cambiar timbres, arranxar a electricidade, etc.

E, malia isto, nos últimos meses notouse un atraso constante no día de cobramento da libranza por coidador non profesional; se antes se facía o ingreso antes do día 5 de cada mes, agora adoita facerse a mediados, cando non hai atrasos moito maiores. A paga de setembro librouse o 28 de outubro e non chegou a moitos bancos ata o 30 de outubro.

Hai que ter en conta que a lei di que o SAAD ten que se manter a medias entre a Administración central e as autonómicas, pero moitas pretenden que a Administración central cargue coa maior parte dos custos, como así está pasando e, con todo, hai queixas de que non chegan os cartos.

Comunidades como Cantabria, Castela e León, A Rioxa , Andalucía e Castela-A Mancha non teñen problemas económicos para atender este sistema. Polo que atinxe a Galicia, aínda que non está entre as que menos ou peor implantación teñen, dista moito de estar entre as mellores.

Xa co BNG había unha cantidade inxente de problemas; a descoordinación era absoluta e nin o grao nin o Plan Individual de Atención chegaba aos destinatarios en prazo.

Na campaña electoral de Galicia, ao PP enchéuselle a boca dicindo que en catro meses eles poñían a andar este sistema. Levan oito gobernando e aínda non foron quen de modificar o decreto que en Galicia modifica a lei; decreto ao que, por certo, fixemos cantidade de alegacións desde CC OO (o BNG non aceptara ningunha). O PP, cun borrador que presenta de novo decreto leva o mesmo camiño; tamén lle fixemos moitas alegacións e, polo de agora, aceptaron dúas, as menos significativas porque só se trataba de aclarar dous parágrafos, pero noutros temas como prazos, silencio administrativo negativo, etc. non as aceptaron.

Nestes momentos en Galicia, como xa dixemos, o sistema está excesivamente burocratizado. Ao primeiro, o problema era o tempo excesivo que tardaban en chegar as valoracións ao usuario. Hoxe en día, ese punto está máis ou menos arranxado, aínda que con problemas, pero a deficiencia maior atópase no Programa Individual de Atención. Este é o programa que nos di que servizo nos corresponde, e aquí danse atrasos de anos. Hai xente que solicitou no 2007 e aínda non se lle deu o servizo.

Ao tardar tanto en resolver a situación, hai moitos casos nos que, cando se dá o servizo ou mesmo a libranza para o coidador non profesional, o dependente xa morreu; é dicir, por falta de axilidade na tramitación e por falta de servizos non se cumpren os obxectivos para os que foi creada esta lei.

LIBRANZAS E SERVIZOS

Como dicía anteriormente, a idea desta lei non é só atender a persoa con dependencia senón tamén a quen a coida. Daquela, é imprescindible que se lle dea prioridade aos servizos fronte á libranza por coidador non profesional, que é na que un familiar coida o dependente. Porén, a media estatal de libranzas é dun 52% e a de Galicia dun 62%.

As razóns polas que se dan máis libranzas ca servizos:

� Á Administración resúltalle máis barato porque a Administración central manda os mesmos cartos para unha libranza que para un servizo, e é máis custosa unha praza nunha residencia, por exemplo, ca a libranza.

� En Galicia, Vicepresidencia anunciou no seu momento que se lle ía pagar a quen tivese un dependente ao seu cargo, co que se crearon unhas expectativas respecto ao SAAD non tanto como o servizo que é, senón como unha pensión máis que ía entrar na casa.

� Persiste aínda a cultura de que aos dependentes hainos que atender na casa; considérase, en moitas ocasións, que mandalos a unha residencia ou a un centro de día é abandonalos.

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

24

� Moita xente, e sobre todo neste período de crise, prefire a libranza porque é unha paga máis, e danse casos de persoas que son retiradas da residencia para levalas para a casa porque así, ademais de ter a paga desta persoa teñen tamén a que dá o SAAD.

Nós temos razóns de sobra para apoiar os servizos fronte ás libranzas:

� As libranzas ao coidador non profesional recólleas a lei como algo excepcional, algo que se dá cando o dependente non ten outros recursos ao seu alcance, e isto fíxose así por varios motivos:

� Dixemos xa que esta lei non só pretende atender a persoa con dependencia, senón tamén a quen a coida e, en moitas ocasións, esta persoa non está en condicións de atender a ninguén e bastante dificultade ten con atenderse a si mesma. Sabemos que hai moita xente de 70 anos atendendo outra persoa de 90, ou de 80 atendendo outra da mesma idade e, a miúdo, esta situación trae consigo unha deterioración de ambas as partes.

� A lei recolle que o coidador/a non profesional estará dado de alta nun convenio especial da Seguridade Social; porén, é moi significativo que só unha terceira parte destes coidadores/as estean dados de alta, o que nos confirma que son persoas maiores de 65 anos ou persoas que están traballando.

� En moitas ocasións, proponse como coidador/a unha persoa do contorno pero esta non pode atender o dependente, ben pola súa idade ben porque traballa, e úsanse estes cartos para pagar unha empregada de fogar que, ao mesmo tempo, atende o dependente.

� Normalmente, a persoa dependente está mellor atendida nun centro de día ou nunha residencia que na súa casa, pois a atención nestes centros ten que ser integral: non só reciben asistencia senón que se traballan as habilidades conservadas para que non as perda ou as perda o máis tarde posible.

� O traballo do coidador/a familiar supón un gran desgaste porque, ao esforzo físico e psíquico que supón, únese o desgaste afectivo xa que, indubidablemente, afecta sempre máis ver a deterioración dunha persoa á que te unen lazos de afectividade que a daquela coa que tes unha relación laboral, por moito aprecio que lle teñas. En moitas ocasións, a persoa que coida outra con dependencia acaba adiantando a súa propia dependencia.

� Cando empezamos a falar desta lei, cando se elaborou o Libro Branco no que se baseou, fíxose un estudo e chegouse á conclusión de que coa implantación desta lei podíanse crear 400.000 postos de traballo. Indubidablemente, se en vez de crear servizos se pagan libranzas para o coidador/a non profesional, o que facemos é eliminar postos de traballo. Sobre todo se temos en conta que, como diciamos, destes coidadores, un número moi baixo é o que se dá de alta na Seguridade Social. Actualmente, no ámbito estatal, creáronse, ao abeiro desta lei, 68.000 postos de traballo.

Por todas estas razóns, desde CC OO defendemos que se lles dea prioridade aos servizos, tal como estipula a lei, e tamén é por isto estamos insistindo en Madrid en que se dean os cartos vinculados aos servizos, ou sexa, que se manden máis cartos por cada servizo que por cada libranza. Deste xeito, estamos convencidos de que as autonomías estarían máis interesadas en crear estes servizos.

REALIDADE DOS SERVIZOS NO SAAD EN GALICIA Facemos unha breve descrición da situación dos servizos:

� Teleasistencia: é un servizo telefónico de control e atención a persoas maiores e discapacitadas. Está concertado coa privada, en xeral coa Cruz Vermella, e utilízase, sobre todo, como apoio ao maior.

� Axuda no fogar: este é un servizo bastante coñecido. Xa existía antes desta lei. Depende dos concellos. Hai concellos que teñen o seu propio persoal para atendelo e outros concertan o servizo con empresas privadas. Existe unha axuda no fogar para xente que o necesita por determinadas circunstancias, aínda que non sexan dependentes, ou unha axuda para os usuarios do SAAD e dependen de diferentes orzamentos.

� Centros de día para a terceira idade: moitos deles están dentro de residencias privadas ou concertadas, onde os traballadores compaxinan o seu traballo con tarefas da residencia e onde os espazos físicos son inadecuados e o persoal a cargo da promoción da autonomía persoal

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

25

carece de titulación. Outros son só centros de día, tamén de titularidade privada, e adoitan ser pequenos. Tamén hai algún centro de día en residencias públicas e algún fogar da terceira idade que se poden asemellar a centros de día, pero para persoas válidas.

� Centros de día para discapacitados físicos ou psíquicos: estes apenas existen na rede pública e dependen, normalmente, de asociacións ou fundacións. No Centro Asistencial Santiago Apóstol na Coruña, centro público, hai unha gran porcentaxe de rapaces en réxime de media pensión; algúns deles van ao Colexio Público Santiago Apóstol e outros ao Centro de Asistencia e Educación Especial Santiago Apóstol. Podiamos considerar que este centro cumpre as funcións de centro de día, en parte, pero atende rapaces, en teoría, menores de 18 anos aínda que despois pódese ampliar ata os 24, polo que non se considera centro de día. Esta podería ser unha excepción dentro dos centros de día aínda que, como dixen, non está considerado como tal. Hai outro en Ferrol con características parecidas. Daquela, podemos dicir que hai unha gran deficiencia en centros deste tipo, non pola súa calidade pero si pola cantidade.

� Centros de día para discapacitados con enfermidade mental: se falamos das persoas con enfermidade mental, atopámonos con que só hai hospitais de día e algún centro ocupacional levado por algunha asociación ou fundación. Resulta totalmente insuficiente. O enfermo mental é o grande esquecido na nosa sociedade.

� Atención residencial á terceira idade: en Galicia temos residencias públicas que non chegan, nin con moito, a cubrir as prazas necesarias, polo que o gran sector de residencias está a cargo das empresas privadas que forman grandes centros residenciais situados nas cidades e pertencentes, tamén a maioría, a grandes empresas como EULEN, BALLESOL ou caixas ou bancos. Compleméntanos pequenos centros chamados tamén mini residencias que, en moitas ocasións, son negocios familiares instalados en chalés e que non ofrecen a máis mínima calidade na súa maioría.

� Residencias para discapacitados. Aquí imos facer algunha división:

� Residencias para discapacitados físicos: en Galicia, a deficiencia deste tipo de residencias é grande. Na rede pública hai dous centros para discapacitados físicos, un en Ferrol e outro en Bergondo, e os dous dependen do IMSERSO. O de Bergondo é para estancias temporais mentres se adquire unha formación profesional, e o seu obxectivo é integrar o discapacitado na vida laboral. O réxime pode ser en residencia, media pensión e ambulatorio. Tamén conta cunha unidade para persoas con discapacidade física e dano cognitivo sobrevido, co mesmo obxectivo do que falabamos, polo que a deterioración cognitiva non pode ser moi grande. Na rede privada apenas existen, e as que hai adoitan ser para persoas con discapacidade física e deterioración mental, o que se chama «duais».

� Residencias para persoas con atraso mental: na rede pública temos dous centros para maiores de 18 anos cun atraso mental severo ou grave, e un centro ocupacional. Tamén temos dous centros para menores de 18; nun deles pódese ampliar a idade ata os 18 anos e outro ten unha unidade para maiores de 18. En todo caso, estas prazas non abondan e, como dicía, hai tamén prazas concertadas e conxeniadas coa privada que seguen a ser totalmente insuficientes.

� Residencias para enfermidade mental: este xa é un mundo á parte. Apenas hai residencias pero semella que tampouco hai moita intención de crealas. Por unha parte, o enfermo mental ten que estar na súa casa, coa familia e no seu contorno, cousa que ninguén dubida para aqueles que se poidan manter aí, pero o que non se pode facer é usar isto como desculpa para non facer centros. Hai enfermos mentais que necesitan un ingreso, e non só durante unha pequena temporada, e estas persoas non teñen alternativas ou teñen as mínimas. Tamén neste caso hai asociacións que teñen centros de día, residencias e vivendas tuteladas para eles, pero tamén na privada hai moi pouco.

Existen outro tipo de residencias para a discapacidade, de iniciativa social, e nas que se recollen as persoas que non teñen cabida noutro sitio. Estas residencias son un «caixón de xastre» onde van as persoas que non encaixan en ningures; na maioría tense en conta, no mellor dos casos, o tema asistencial pero non a rehabilitación, etc. Nestas, a Administración, como diremos tamén das residencias da terceira idade, non entra porque é mellor iso ca nada.

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

26

Nas residencias da terceira idade, privadas e concertadas, atopamos, no noso traballo sindical diario, un sector cun convenio colectivo case de mínimos e unhas condicións laborais precarias: contratos temporais, excesiva rotación do persoal, realización de múltiples tarefas, salarios mínimos, ratios de persoal por baixo das condicións esixidas pola consellería, etc. Son numerosas as denuncias que cursamos diante das inspeccións provinciais de benestar por estes temas pero, ao ser tan débil a rede asistencial, a Administración non sanciona nin intervén para esixir unha rápida corrección dos problemas, xa que consideran que é peor non ter nada que ter algo malo.

Non queremos acabar como noutras comunidades, onde os escándalos polas condicións dos residentes son continuos e o control sobre a calidade só se exerce nos centros públicos.

Respecto das residencias públicas, tamén teñen problemas. Os medios, en moitas ocasións melloran os das privadas pero na maioría hai problemas de falta de persoal.

SAAD E SERVIZOS SOCIAIS

Outro tema importante é a identificación que se está a facer entre esta lei e os servizos sociais.

Están a desaparecer servizos sociais coa desculpa de que xa os recolle o SAAD e, ao final, atopámonos con que non hai nin o servizo nin o ofrece o sistema. Isto é algo ao que temos que prestar moita atención e que ocorre, por exemplo, con centros da terceira idade.

Antes, unha persoa podía solicitar un centro e tería ou non tería praza, tardaríase máis ou menos dependendo do posto que ocupase na lista de espera, pero solicitábao e, se tiña unha puntuación alta, entraba na primeira praza.

Hoxe non se accede a unha praza nestes centros se non é pola lei de dependencia e, como esta funciona con lentitude, non se dan. Temos que ter en conta que hai xente esperando un servizo desde 2007; cousa, por certo, totalmente ilegal, pois a lei fala de meses para resolver os PIA e o decreto vixente en Galicia fala dun ano, o cal é unha verdadeira barbaridade.

Tamén por estes problemas e outros que se están a dar en distintas comunidades, moitos deles comúns a todas, é polo que, desde CC OO estamos instando o Goberno para que se tutele esta lei desde Madrid. A Administración central non pode dar só os cartos, senón que ten que facer un control do seu gasto e do cumprimento efectivo ou non da lei.

IDENTIFICACIÓN DE SAAD CON TERCEIRA IDADE

Este é outro problema que temos co sistema. A partir da aparición desta lei fálasenos deste sistema como un sistema dirixido á terceira idade.

É certo que a maior parte das persoas que se acollen ao sistema son maiores, pero non podemos esquecer nunca que hai persoas con dependencia desde o seu nacemento. De feito, hai un baremo para avaliar a dependencia entre os 0 e os 3 anos.

27

SERVIZOS PÚBLICOS EN MANS PRIVADAS: O CASO VALENCIANO

INTRODUCIÓN A prestación, estrutura e xestión dos servizos públicos no caso do País Valenciano sufriu unha importante deterioración nestes últimos anos de goberno popular. Pero non só o Goberno da Generalitat practicou esta orientación privatizadora; tamén o fixeron outros de distinto signo, sobre todo na Administración local; por comodidade ou por estreiteces económicas, deixaron que importantes servizos pasaran a empresas privadas. Nós, que eramos conscientes de que esta administración próxima, a local, cumpría un papel máis efectivo na prestación de servizos públicos á cidadanía, vemos que a súa debilidade financeira e a falta de orientación de modelo público producía importantes externalizacións e privatizacións.

O esquema ideolóxico que se seguiu estes últimos anos é ben coñecido: predícase que a xestión dos servizos públicos en mans privadas aforra cartos públicos e mellora a súa xestión e mais que —na tese clásica neoliberal— os poderes públicos non deben ter totalmente nas súas mans a prestación dun servizo, xa que a empresa privada ten dereito tamén a exercer esas funcións.

A realidade é ben distinta. As privatizacións, xeralmente, non melloraron a xestión e se aforraron foi, en moitos casos, debido aos baixos salarios e ás peores condicións laborais dos traballadores e traballadoras. Houbo un notable interese, por razóns ideolóxicas e económicas, en favorecer determinados grupos afíns ás teses conservadoras.

No primeiro caso podería estar o ensino e no segundo o ámbito da sanidade, servizos sociais ou dependencia; con todas as matizacións que poidamos facer.

Agora, no caso valenciano tamén se dá outra razón poderosa: o interese por maquillar o forte endebedamento e transferir do capítulo I ao IV ou ao VI da Lei de orzamentos da Generalitat valenciana determinados servizos a entidades privadas ou empresas públicas. Unhas empresas públicas que teñen proliferado ultimamente e que, malia seren públicas, funcionaron con prácticas opacas e sen lle render contas ás Cortes valencianas.

En CC OO, que sempre enarboramos a defensa do público, non debemos facer só unha defensa programática e acrítica. Debemos analizar como se presta o servizo público, como se controla e ser os primeiros en propoñer melloras na xestión. Deixar que outros o propoñan sería cederlles toda a iniciativa.

Segundo a miña opinión, o sindicato ten dado mostras ultimamente de tomar o camiño das propostas e as alternativas. Poño dous exemplos recentes. Un sería o Estatuto Básico do Empregado Público e o outro o Acordo de Función Pública asinado no marco do diálogo social, onde se introducen importantes melloras para desenvolver na atención aos servizos públicos.

SITUACIÓN NO PAÍS VALENCIANO Con grandes trazos, tentarei expresar cal é o estado dos servizos públicos na nosa comunidade.

Polo que se refire ao ensino, o Goberno popular impulsou medidas de apoio á iniciativa privada, ben por acción —coa extensión dos concertos de bacharelato— ben por omisión —atrasando a construción dos centros educativos—. Porén, as importantes mobilizacións destes anos ao redor da Plataforma en Defensa do Ensino Público e o aumento vertixinoso do alumnado —outra cousa para lle agradecer á inmigración—, obrigounos a estender o mapa escolar.

Sempre fomos constantes na reivindicación dunha necesaria rede de centros que atendese a toda a poboación, pero tamén para que a rede concertada fose pública no sentido de atender a todo tipo de alumnado. Para isto asinamos acordos retributivos e de cadros de persoal no ensino público que tamén nós lles trasladamos aos traballadores e traballadoras do ensino privado concertado.

O clima de enfrontamento político que provocou o PP coa promulgación da LOE, unha lei que, ao meu modo de ver, facía unha aposta por unha rede pública xestionada polo sector público e

5.

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

28

privado concertado, supuxo abrir outra vez en sectores conservadores do ensino novas frontes de rexeitamento da lei.

A oposición á impartición da educación para a cidadanía e os dereitos humanos é un claro exemplo no que colaborou activamente a Consellería de Educación ordenando que se dera en inglés. Isto só tiña un obxectivo: dificultar a extensión desta materia. Á parte do ridículo e o desgaste que tivemos que sufrir, os tribunais déronnos a razón canto á ilegalidade da medida.

Pero as ideas extravagantes continuaron: introducir uniformes nos colexios públicos ou facer centros experimentais cuxo ensino é integramente en inglés. Coma se pensasen introducir referentes do ensino privado clásico en sectores da rede pública.

Impulsaron o debate do acertado, do que eles chaman «educación diferenciada» que non é, nin máis nin menos que o ensino segregado por sexos. Non tomaron unha soa medida para conseguir unha mellor repartición do alumnado entre os centros públicos e privados, na que os primeiros escolarizan máis do 80% dos nenos e nenas inmigrantes.

En resumo, a rede de titularidade pública estendeuse, aínda que non o necesario, pero as medidas de apoio ao sector privado aumentaron.

Citarei dúas cuestións máis do sector educativo: a educación infantil de 0-3 anos e a universidade.

No acordo de concertación social que asinamos hai dous anos, o PAVACE (Pacto Valenciano polo Crecemento e o Emprego), introducimos a negociación da extensión dunha rede de escolas infantís de 0-3 anos no seu período de vixencia. O obxectivo era a ampliación da rede pública, tanto da Generalitat como dos municipios, ata atinxir niveis similares aos do ensino obrigatorio.

Producíronse tímidos avances, pero outra volta a planificación brillou pola súa ausencia. Estenderon o bono escolar e estanse autorizando numerosas escolas municipais ao abeiro do Plan E e do Plan Educa3, pero o sistema de xestión é do máis diverso: desde concellos que constrúen e crean cadro de persoal, a outros que ceden terreo á iniciativa privada en réxime de concesión administrativa. Preocúpanos que o control público non sexa igual en ambos os casos.

As universidades públicas valencianas están sufrindo un verdadeiro acoso financeiro e político. Amais de lles aprazar unha débeda producida os catro últimos anos ata o 2019¡, non cobraron as dúas últimas transferencias correntes, co que se viron obrigadas a endebedarse con pólizas bancarias. Están apoiando tamén as dúas universidades privadas católicas dunha forma notable e crearon unha universidade a distancia, a VIU, con xestión de fundación pública que iniciou a súa andaina con sesenta alumnos e alumnas e impartindo só másteres.

Na sanidade pública estanse a impulsar diferentes fórmulas de xestión que permiten que a iniciativa privada se faga con determinados servizos.

No primeiro goberno popular (1995-1999) foron transferidos practicamente todos os servizos de radiodiagnóstico á iniciativa privada. Dúas empresas controlan este servizo, que está sometido á lei do mercado. Cada exploración é facturada á Axencia Valenciana de Saúde.

Na Comunidade Valenciana, consorcios, fundacións e concesións administrativas foron as fórmulas desenvolvidas polo Goberno valenciano.

Todas estas fórmulas de xestión fináncianse con fondos públicos que proveñen dos impostos da cidadanía; porén, algunhas delas son xestionadas por empresas privadas, o que introduce o lucro como efecto da actividade empresarial. É dicir, que as empresas na súa lóxica de funcionamento obteñen beneficios da dita xestión sanitaria.

Para o caso das concesións administrativas, a Generalitat Valenciana abóalle á concesionaria un canon por cidadán con dereito á asistencia sanitaria en cada departamento de saúde; un canon que xestiona unha unión temporal de empresas e que asume a construción do centro hospitalario, o mantemento das infraestruturas e a xestión da prestación sanitaria con persoal propio, ben que, de feito, tamén xestiona funcionalmente o persoal estatutario da Consellería de Sanidade que tiver praza en propiedade no departamento correspondente.

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

29

Despois de dez anos da posta en funcionamento do Hospital La Ribera en Alzira, hai dous hospitais máis e outros dous en construción. Ao final do período, un 25% da cidadanía será atendida en hospitais privados.

Encontrámonos así cunha importante implantación do chamado «modelo valenciano» sen que, pola contra, se realizase unha avaliación dos resultados, en termos económicos, sanitarios e, sobre todo, de eficiencia social. Ten mellores resultados en materia de saúde a sanidade pública xestionada por empresas privadas que a xestionada directamente pola Consellería de Sanidade? Logrouse un aforro con este tipo de xestión? Os beneficios das concesionarias proveñen dos salarios e das condicións laborais dos traballadores?

A Consellería de Sanidade lanzou a proposta da autoxestión dos centros de atención primaria, que pasa pola contratación externa e onde o persoal médico se organiza empresarialmente atendendo a poboación asignada a cambio dunha cantidade económica prefixada.

Nesta fórmula, faise partícipe o persoal médico dos beneficios ou perdas. Vemos o inconveniente de que o sistema se aparta do noso modelo de atención primaria, no cal a atención integral de toda a comunidade se afasta da lóxica do beneficio para centrarse na educación sanitaria, a docencia e a prevención.

Non nos opuxemos a avanzar cara a novas formas organizativas que melloren a xestión directa da sanidade pública, que se encontra lexitimada na sociedade. Pero pedimos que esas fórmulas veñan avaladas pola súa rendibilidade social e que supoñan unha mellor xestión dos recursos públicos.

Polo que atinxe ao desenvolvemento da Lei de dependencia, cómpre indicar que a valenciana é a comunidade que menos recoñecementos rexistrou no conxunto de comunidades autónomas. O rexeitamento da lei e o obstrucionismo que practicaron as autoridades valencianas foi notable.

Por outro lado, a externalización a unha mercantil das funcións propias do proceso de recoñecemento e prescrición de recursos puxo en risco a garantía de independencia, eficacia e confidencialidade nos ditos procesos e, polo tanto, supuxo unha lesión ao novo dereito recoñecido. A falta de resposta administrativa en meses e mesmo en anos foi a norma.

Ademais, a Generalitat valenciana optou polas prestacións económicas en vez da posta en marcha dunha rede pública de servizos que impulsase a creación de novos empregos.

Ata o 1 de abril, nin a teleasistencia, nin a axuda a domicilio, nin a figura do asistente persoal se recoñeceran, fronte ás atencións residenciais que ascenden a máis de 10.448.

A aplicación da Lei de dependencia supuxo a desaparición do bono residencia para maiores, unha fórmula aplicada a residentes de centros de maiores nunha ampla rede de residencias privadas que foi impulsada pola Generalitat. Tamén as axudas á discapacidade pasaron ao sistema de dependencia, co que o que tiñamos regulado como subvencións á prestacións de servizo pasou a axudas individuais.

O cúmulo de disparates culminou na relegación dos servizos sociais de base, substituídos pola mercantil antes citada, AVAPSA, o que supuxo un colapso para o recoñecemento de dereitos.

Unha forte mobilización cidadá conseguiu, a través do Observatorio Valenciano pola Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia, o recoñecemento por parte do Goberno valenciano da súa política errática e obstrucionista.

Nos orzamentos da Generalitat para o ano 2010 existe un forte aumento para a aplicación da Lei, que provén en gran medida do aumento das axudas do Goberno central.

Xa vimos que fronte a amplos colectivos sen ánimo de lucro que atendían a discapacidade, menores, saúde mental e maiores, e que en moitos casos eran asociacións de pais e nais ou entidades sen ánimo de lucro, apareceron grupos empresariais que pretenden ocupar un espazo que pode dar beneficios ante unha situación de aumento da promoción pública destes sectores.

Sindicalmente temos atendidos todos estes sectores, promovendo convenios colectivos que supuxeran o achegamento ás condiciones de traballo dos sectores públicos.

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

30

Queda un amplo abano de servizos atendidos xeralmente polos concellos, como son a recollida de residuos, enerxía, augas, etc., que están actualmente no centro do debate da Administración local.

Os compañeiros e compañeiras da FSC iniciamos unha campaña para coordinar as políticas de defensa do público e contra a política de moitos concellos de privatizar servizos. Intentamos alcanzar un pacto local entre concellos para coordinar servizos esenciais que supoñan economías de escala e homologación das condicións laborais.

Hoxe, no País Valenciano abriuse outra fronte: a escaseza de recursos da Generalitat implica que se comece a falar da privatización do transporte público de titularidade pública. Así o formularon con respecto á ampliación de tranvías e trens da Generalitat, alegando non lle poder facer fronte aos investimentos. As repercusións respecto á responsabilidade da seguridade do tráfico son evidentes.

ALGUNHAS CONCLUSIÓNS Da nosa experiencia no País Valenciano:

� Dános máis forza trasladar ao ámbito da concertación social determinados temas de xestión e provisión dos servizos públicos.

� A homologación das condicións laborais dos traballadores e traballadoras dos servizos públicos privatizados, á parte de seren un elemento básico do noso proxecto, desenmascara actitudes de mercantilización dos servizos públicos.

� Creamos un sistema de coordinación confederal coas federacións implicadas —Ensino, Sanidade e Servizos Sociosanitarios e Servizos á Cidadanía— para programar actuacións para a mellora e defensa dos servizos públicos. Tamén coas federacións de Actividades Diversas e Comercio e Hostalería, que agrupan sectores que prestan servizos no sector público.

� A participación en plataformas é un elemento imprescindible para trasladar e xuntar esforzos en defensa do público.

� A defensa do público vai unida a unha reivindicación dos sectores implicados pero que debe involucrar necesariamente a cidadanía.

� O control social dos servizos públicos, nos que debe primar o acceso a eles en condicións de igualdade e calidade, non pode ser delegado ao control privado.

� Non hai que renunciar a novos modelos de xestión e organización dos servizos públicos pero, en todo caso, ese novo modelo non pode delegar o control que corresponde aos responsables políticos en mans privadas.

� É a conxunción da vontade dos propios traballadores e traballadoras do sector público, xunto co convencemento da propia cidadanía, a que pode forzar os responsables políticos a manteren servizos públicos eficaces.

� Hai que impulsar os órganos de participación nos que estamos, consellos de saúde, consellos sociais de Universidade, consello escolares, consellos de benestar social, etc. Aínda que na actualidade sexan órganos formais con escaso contido, hai que impulsalos promovendo modificacións lexislativas que eleven a capacidade de decisión.

� Todas estas medida privatizadoras van ter un discurso recorrente dirixido á cidadanía, o da libre elección —ben sexa polo interese privado, ben polo ideolóxico— con recursos baratos e demagóxicos. Basta citar dous exemplos: o da libre elección de centro educativo que está impulsando unha patronal do ensino privado que baixo a escusa de que non poden atender a demanda solicitan apoios, solo escolar e financiamento para poder atender as solicitudes. E o outro, o que vivimos, creo, en Galicia e no País Valenciano: o da libre elección da lingua no ensino, tratando de retroceder o que se avanzara nestes anos coa posta en marcha dun ensino bilingüe para todo o alumnado.

Como dixo un dirixente de CCOO, «os servizos públicos privatizados poden volver á xestión pública, pero se a cidadanía asume que dá igual quen xestiona os servizos públicos, o cambio pode durar décadas».

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

31

OS SERVIZOS PÚBLICOS NA COMUNIDADE DE MADRID

A COMUNIDADE DE MADRID 2003-2010 • As políticas dos gobernos presididos por Esperanza Aguirre:

o Rebaixas de impostos

o Privatización de servizos públicos

o Ocupación e instrumentalización das institucións e órganos de participación

REBAIXAS FISCAIS IRPF- 2008

6.

40200

2000

0

500

1000

1500

2000

cantidade rebaixada

1 2 3

Ingresos do contribuínte

Rebaixas fiscais en IRPF REBAIXAS FISCAIS EN MADRID (EN EUROS) COMPARATIVA 2006/2007

76 152334

575

1205

BaseLiquidable

10000 20000 40000 100000 1000000

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

32

A fiscalidade perde papel redistribuidor e incrementa as desigualdades

INGRESOS BENEFICIOS

15.000 € 40€

100.000 € 200€

1.000.000 € 2000€

FISCALIDADE E IMPOSTOS

INCREMENTO RELATIVO DOS IMPOSTOS EN MADRID 2003/2007

30,2%

62,2%

48,3%

Directos Indirectos Total Recaudación

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

33

IMPOSTO DE DOAZÓNS

Previsión n.º de doazóns: 50.000 doadores (2% dos contribuíntes)

Volume de cartos doados: 6.500 millóns €

Custo da rebaixa fiscal: 1.100 millóns € (con sucesións 1.424 millóns €)

Regalo medio por doador: 22.000 €

REGALOS FISCAIS. ELIMINACIÓN TOTAL DO IMPOSTO DE PATRIMONIO

Cota en € Regalo en € Número de contribuíntes

15.000 € (con ou sen vivenda) 0 Máis de 2.000.000

200.000 € (unha segunda vivenda) 431,3 101.400

1.000.000 € (4 ou 5 vivendas) 5.567 57.629

6.000.000 € (varias propiedades) 84.802 9295

10.000.000 € (gran fortuna) 193.700 507

Máis de 10 millóns € Máis de 193.700 169

*Deducións: 150.000 € por vivenda; 112.000 € en xeral

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

34

A SANIDADE NA COMUNIDADE DE MADRID 2003 - 2010

OBXECTIVOS DO GOBERNO REXIONAL EN ATENCIÓN PRIMARIA

PROPOSTA / ANOS 2003 2007 2010 ∆ (10/03) ∆ (10/07)

T. medio/ consulta en xeral 6,6 7.3 7,3 0,7 0,00

T. medio/ consulta en pediatría 9,2 10 10 0,8 0,00

Centros saúde/ Consultorios 403 421 419 16 -2,00

Equipos A. P. 294 312 311 17 -1,00

O peso relativo da sanidade decrece no conxunto do Orzamento da Comunidade de Madrid

36,50 36,48 36,49 36,61 36,17 36,63

32,30 32,08

28,00

30,00

32,00

34,00

36,00

38,00

2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010

Anos

Por

cent

axe

8 70 €

9 56 €

9 8 0 €

1.0 2 3 €

1.0 2 6 €

1.0 9 1 €

1.0 17 €

1.16 9 €

1.157 €

1.2 8 0 €

1.14 0 €

1.3 12 €

1.13 5 €

1.3 50 €

0

200

400

600

800

1000

1200

1400

2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009

Anos

O gasto sanitario por habitante na Comunidad de Mad rid mantense por baixo da media por comunidades autónomas

Comunidad de Madrid Media Nacional

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

35

PROPOSTA / ANOS 2003 2007 2010 ∆ (10/03) ∆ (10/07)

Cobertura 92,3 95,1 97,21 4,91 2,11

Presión asistencial en med. Xeral 39 36 34 -5 -2,00

Presión asistencial en pediatría 24,8 23,7 23 -1,8 -0,70

Presión asistencial en enfermería 22,2 21 21 -1,2 0,00

Gasto farmacéutico 890 1199 1221 331 22,00

ORZAMENTO EN ATENCIÓN PRIMARIA 2004-2010

Cap./ ano 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 ∆(10/04) % (10/04)

Capítulo 1 478,00 532,50 531,00 603,10 661,10 670,10 633,50 155,50 32,53 %

Capítulo 2 64,37 65,43 66,40 74,68 66,90 64,80 67,87 3,50 5,44 %

Capítulo 4 944,90 1.040,00 1.143,00 1.199,00 1.195,70 1.233,70 1.220,00 275,10 29,11 %

Capítulo 6 6,32 6,37 5,88 9,26 7,90 4,40 4,50 -1,82 -28,80 %

Capítulo 8 0,00 0,22 0,37 0,37 0,50 0,50 0,46 0,46 0,46 %

TOTAL 1.493,59 1.644,52 1.746,65 1.886,41 1.932,10 1.973,50 1.926,33 432,74 28,97 %

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

36

ORZAMENTO EN ATENCIÓN ESPECIALIZADA. PROGRAMAS 750 A 775. 2004-2010

Cap./ano 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 ∆(10/04) % (10/04)

Capítulo 1 1.647,95 1.745,27 1.908,00 2.024,10 2.146,30 2.116,60 2.138,14 490,19 29,75 %

Capítulo 2 903,60 1.025,90 1.462,00 1.645,70 1.865,40 2.032,40 2.068,70 1.165,10 128,94 %

Capítulo 4 6,90 8,90 11,60 11,10 17,50 0,20 0,18 -6,72 -97,39 %

Capítulo 6 51,00 54,40 43,90 96,10 85,40 14,50 21,80 -29,20 -57,25 %

Capítulo 8 0,00 1,46 2,70 2,80 2,80 2,80 2,80 2,80 0,46 %

TOTAL 2.609,45 2.835,93 3.428,20 3.779,80 4.117,40 4.166,50 4.231,62 1.622,17 62,17 %

EVOLUCIÓN DA ATENCIÓN PRIMARIA E ESPECIALIZADA. 2004 - 2010

0,00

1.000,00

2.000,00

3.000,00

4.000,00

5.000,00

2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010

Años

Mile

s de

Eur

os

ATENCIÓN PRIMARIA TOTAL ATENCIÓN ESPECIALIZADA TOTAL

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

37

AUMENTO DO GASTO ATENCIÓN PRIMARIA E ATENCIÓN ESPECIALIZADA. 2004 – 2010

Capítulo 4 6,90Capítulo 6 51,00Capítulo 8 0,00TOTAL 2.609,45

ATENCIÓN ESPECIALIZADA (programas 751 a 775)Cap./ano 2003 2004Capítulo 1Capítulo 2Capítulo 6Capítulo 8TOTAL

ATENCIÓN ESPECIALIZADA 1 (programa 750)Cap./ano 2003 2004

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

38

GASTO EN XESTIÓN SANITARIA DIRECTA E INDIRECTA. 2007 - 2010

ATENCIÓN ESPECIALIZADA (programas 751 a 775) Hospitais públicos e lavandería xestión directa

Cap./ano 2007 2008 2009 2010 ∆ (10/07) ∆ %

Capítulo 1 1858,2 2028,7 2051,3 2138,14 279,94 15,07 %

Capítulo 2 1086,7 1089,3 1080,7 1072,35 -14,35 -1,32 %

Capítulo 6 28,5 18,4 14,5 21,8 -6,7 -23,51 %

Capítulo 8 2,8 2,8 2,8 2,8 0 0,00 %

TOTAL 2976,2 3139,1 3149,3 3235,09 258,89 8,2 %

ATENCIÓN ESPECIALIZADA 1 (programa 750) Novos hospitais xestión indirecta

Cap./ano 2007 2008 2009 2010 ∆ (10/07) ∆ %

Capítulo 1 165,9 117,6 65,3 42,5 -123,4 -74,38 %

Capítulo 2 559,0 776,1 951,7 996,35 437,4 78,24 %

Capítulo 4 11,0 17,5 0,2 0,18 -10,8 -98,36 %

Capítulo 6 67,3 67,0 0 0 -67,3 -100,00%

TOTAL 803,2 978,2 1017,2 1039,03 235,8 29,36 %

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

39

HOSPITAIS PFI

HOSPITAIS PRIVADOS

CONCESIÓNS HOSPITALARIAS GRUPO CAPIO

Hospital/Ano 2007 2008 2009 2010 ∆(10/07) ∆ %

Hospital Jiménez Díaz 174 195,8 209,4 211,15 37,15 21,4 %

Hospital de Valdemoro 13,2 27 35,4 37,40 24,20 183,3 %

Total 187,2 222,8 244,8 248,55 61,35 32,8 %

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

40

AUMENTO DO GASTO EN XESTIÓN DIRECTA, INDIRECTA E PRIVADA DE HOSPITAIS 2007 - 2010

EVOLUCIÓN DOS CONCERTOS CON MEDIOS ALLEOS

PROPOSTA 2007 2010T. medio/ consulta en xeral 7,3 7,3T. medio/ consulta en pediatría 10 10Centros saúde/Consultorios 421 419Equipos A. P. 312 311Cobertura 95,1 97,21Presión asistencial en med. xeral 36 34

273328 345 355

460

597633

673

0

100

200

300

400

500

600

700

800

2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010

Años

Mile

s de

Eur

os

Comunidad de Madrid

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

41

EVOLUCIÓN DOS SEGUROS PRIVADOS NA COMUNIDADE DE MADRID. 2003-2008*

Seguros/Anos 2003 2006 2007 2008 ∆(08/03) ∆ %

Particulares 1.012.809 1.431.829 1.659.661 1.398.074 385.265 38 %

Empregados AA. PP. 365.740 340.859 333.849 332.724 -33.016 -9 %

Total 1.378.549 1.772.688 1.993.510 1.730.798 352.249 26

*Últimos datos dispoñibles 2008

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

42

A EDUCACIÓN NA COMUNIDADE DE MADRID. 2003 - 2010

O ENSINO PÚBLICO E O ENSINO PRIVADO EN ESPAÑA 2009*

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

43

O PESO RELATIVO DA EDUCACIÓN DECRECE NO CONXUNTO DOS ORZAMENTOS DA COMUNIDADE DE MADRID

27,5726,74 26,45 26,15

25,40 25,1024,20

22,31

20,00

22,00

24,00

26,00

28,00

30,00

2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010

Anos

Por

cen

taxe

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

44

GASTO PÚBLICO POR ALUMNO ENSINANZA NON UNIVERSITARIA

País VascoNavarra

Asturias Galicia

CantabriaCastilla y León

Baleares

Castilla-La Mancha

CanariasRioja (La)

Extremadura

MEDIA NACIONAL

AragónCataluña

Madrid

Comunitat ValencianaAndalucía

Murcia

0 € 1.000 € 2.000 € 3.000 € 4.000 € 5.000 € 6.000 € 7.000 €

1

Co

mun

ida

des

Aut

ono

ma

s

Euros

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

45

EVOLUCIÓN DO GASTO EDUCATIVO. 2003 - 2010

EVOLUCIÓN CONCERTOS EDUCATIVOS

38 %54 %

98 %

0

20

40

60

80

100

Porcentaxe de Incremento

1

Gasto Educativo 2003 - 2010

Enseñanza Publica Enseñanza Privada Enseñanza Concertada

CONCERTOS 2003-2007-2010

6.506

12.20413953

0

2.0004.000

6.0008.000

10.000

12.00014.000

16.000

1 2 3

AU

LAS

CO

NC

ER

TA

DA

S

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

46

CRECEMENTO DO ALUMNADO NAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS

CURSOS 2007-08 // 2002-03

125.645

27.431

51.987

67.182

9.613

18.364

-50.000 - 50.000 100.000 150.000

Andalucía

Aragón

Asturias (Principado de)

Balears (Illes)

Canarias

Cantabria

Castilla y León

Castilla-La Mancha

Cataluña

Comunidad Valenciana

Extremadura

Galicia

Comunida de Madrid

Murcia (Región de)

Navarra

País Vasco

Rioja (La)

Ceuta

Melilla

PRIVADA

PÚBLICA

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

47

EVOLUCIÓN PRAZAS RESIDENCIAS APOSTA POLO VEHÍCULO PRIVADO

ORZAMENTO DO METRO

Incremento das prazas residenciais de maiores según modelo de xestión

2004-2009

12,8

83,2

180,1

Públicas Concertadas/Contratadas Subvencionadas

Kms. de autopistas e autovías / millóns de habitantes

137

71

43

174

Berlín-Branderburgo

París Londres Madrid

ORZAMENTO DE METRO 2009 EN MILL.€

366,4 425,3

89,4

1.464,40

Persoal Canon e Alquileres Mantemento Total Orzamento

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

48

PREZO VIAXE METRO

0

0,5

1

1,5

2

2,5

3

Rede de Metro Liña TFM

IMPORTES 2007 TAREFA DE EQUILIBRIO DE METRO E DE LIÑA 9, TRAMO PRIVADO

(estimada)

A PRIVATIZACIÓN DO CANAL DE ISABEL II No Debate sobre o Estado da Rexión DEL 208, a Presidenta da Comunidade de Madrid Esperanza Aguirre anunciou a transformación do Canal de Isabel II, empresa responsable do abastecemento de auga á Comunidade de Madrid, nunha sociedade anónima, así como a venda a particulares do 49 % das accións, co fin de que xestione o ciclo integral da auga en Madrid.

Dita actuación xustificouna na “necesidade de obter fondos para levar a cabo infraestruturas hidráulicas necesarias para Madrid, como é a construción de dous novos grandes embalses”.

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

49

O CES DA COMUNIDADE DE MADRID Así, un teórico da externalización como E. S. Savas afirma:

“Unha campaña de relacións públicas é máis que necesaria se o sector público desexa estender a contratación externa en áreas aínda dominadas pola produción e/ou prestación pública. A través de: asociacións de cidadáns por un goberno mellor, asociacións de veciños descontentos coas prestacións públicas, contribuíntes insatisfeitos, asociacións de comerciantes privados e grupos de empresarios.”

OUTRA PUBLICACIÓN DO CES “Coa contratación externa é frecuente que se produzan despedimentos. Poden adoptarse varias medidas para mitigar a resistencia ás reformas, empezar por contratacións externas parciais en lugar de totais, Pode fomentarse tamén a xubilación anticipada, ademais de promoverse tamén o emprego de algúns traballadores públicos por parte do contratista privado ou incluso a súa contratación. Algunhas veces esta colocación de traballadores na empresa contratista pode darse como unha opción temporal, mediante a cal, despois dun certo período, a empresa privada pode ter a opción de rescindir os contratos dos traballadores. “

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

50

O DIÁLOGO SOCIAL COMO INSTRUMENTO DE TRABALLO SINDICAL, EN DEFENSA DA CALIDADE

DOS SERVIZOS PÚBLICOS EN CASTELA E LEÓN

1. DESENVOLVEMENTO HISTÓRICO DO DIÁLOGO SOCIAL EN CASTELA E LEÓN: SERVIZOS PÚBLICOS

Xuño de 1997. Asinamento do documento «DIÁLOGO SOCIAL PARA O DESENVOLVEMENTO SOCIOECONÓMICO DE CASTELA E LEÓN»

� Desenvolvemento de programas de fomento do emprego rural.

� Creación do Servizo Rexional de Colocación de Castela e León.

� Creación do Consello de Seguridade e Saúde Laboral rexional, desenvolvendo o «Plan rexional de seguridade e saúde laboral».

2001-2007, Desenvolvemento de diferentes acordos tripartitos coñecidos como «Diálogo social rexional»

� Acordo para o impulso do diálogo social en Castela e León (novembro 2001)

� Acordo para a calidade da asistencia sanitaria en Castela e León (abril 2002)

� Acordo para a modernización da negociación colectiva na administración de Castela e León (xullo 2002)

Novembro 2002: cinco acordos do diálogo social

� Acordo do diálogo social de Castela e León sobre política forestal

� Acordo sobre transferencias do INEM á comunidade de Castela e León

� Acordo de integración social e laboral da poboación inmigrante

� Acordo en materia de prevención de riscos laborais

� Acordo do diálogo social de Castela e León sobre mellora do ensino

febreiro 2004: cinco acordos sobre o desenvolvemento do diálogo social en Castela e León en materia de:

� Acordo do diálogo social de Castela e León sobre creación e posta en marcha do Consello Rexional de Traballo e os Consellos Provinciais de Traballo

� Acordo do diálogo social de Castela e León sobre accións en materia de Inspección de Traballo e Seguridade Social

� Acordo sobre incorporación do persoal laboral ao Servizo Rexional de Relacións Laborais

� Acordo do diálogo social de Castela e León sobre ingreso mínimo de inserción (IMI)

� Acordo do diálogo social de Castela e León sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes

febreiro de 2005: dependencia, solo e vivenda, infraestruturas

� Acordo do diálogo social de Castela e León sobre atención a persoas dependentes (febreiro 2005)

� Acordo do diálogo social de Castela e León sobre solo e vivenda (febreiro 2005)

7.

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

51

� Acordo do diálogo social de Castela e León sobre infraestruturas (febreiro 2005)

xaneiro 2007: formación profesional

� Plan de formación profesional en Castela e León 2007-2010

2. DIÁLOGO SOCIAL ACTUAL: CALIDADE DOS SERVIZOS PÚBLICOS

Decembro 2007:

� Reforma do Estatuto de Autonomía de Castela e León

� Capítulo IV:

Principios reitores das Políticas Públicas de Castela e León

� Artigo 16.4:

O fomento do diálogo social como factor de cohesión social e progreso económico, recoñecendo o papel dos sindicatos e organizacións empresariais como representantes dos intereses económicos e sociais que lles son propios, a través dos marcos institucionais permanentes de encontro entre a Xunta de Castela e León e os ditos axentes sociais. Para isto regúlase un Consello do Diálogo Social en Castela e León.

Febreiro 2008:

� Acordo de creación do consello do diálogo social en Castela e León

Febreiro 2009:

� Acordo do consello do diálogo social de Castela e León en materia de:

� Reactivación económica

� Políticas activas de emprego

� Dependencia e servizos sociais (2009-2015)

Marzo 2009:

Constitución de doce mesas de diálogo social vinculadas ao consello de diálogo social

As implicadas na mellora dos servizos públicos son:

� Calidade da contratación da administración

� Simplificación administrativa

� Novas tecnoloxías

� Cohesión territorial

� Cohesión social: novos dereitos sociais

Mesa de cohesión social: novos dereitos sociais

� Submesa de políticas socioeducativas

� Submesa de políticas sociosanitarias

� Submesa de políticas sociais

� Submesa de políticas de igualdade

Xullo 2009:

� Acordo para a conciliación da vida familiar, escolar e laboral en Castela e León

� Acordo de bases para elaborar a lei de dereito á vivenda en Castela e León

� Acordo para o impulso do diálogo social na deputación de León

Novembro 2009

� Acordo sobre violencia de xénero

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

52

CONCLUSIÓNS

Os servizos públicos constitúen unha das bases do estado de benestar e permiten a satisfacción das necesidades máis básicas da cidadanía, en condicións de acceso universal, non discriminatorio e cun custo accesible. Polo tanto, desempeñan un papel vertebrador na sociedade, aínda máis relevante nestes momentos de crise económica, ao promoveren unha maior cohesión social.

O valor do estado de benestar social, que asegure a todos os cidadáns e cidadás o acceso a uns servizos públicos de calidade, adquire unha especial dimensión na conxuntura actual, na que a protección ofrecida a través deste tipo de servizos e prestacións actúa como escudo fronte á crise, evitando unhas consecuencias máis agresivas en termos de pobreza e exclusión para a cidadanía.

Por iso, impulsar uns servizos públicos eficientes e de calidade debe ser un obxectivo irrenunciable das sociedades desenvolvidas, tanto nos ciclos de expansión —co fin de facer participe do progreso e desenvolvemento económicos o conxunto da cidadanía, e conseguir unha mellor distribución da riqueza xerada— como en épocas de recesión e crise económica —para actuar de mecanismo de protección, en especial cos máis débiles—.

Neste contexto, o mantemento e a mellora dos servizos públicos é unha cuestión inescusable para CC OO, que aposta por incrementar a súa eficiencia e calidade pero tamén a súa modernización e atención de novas demandas e situacións.

No actual escenario económico, a máxima prioridade son as persoas. Evitar que paguen a crise aqueles que non a xeraron. Aí os servizos públicos poden e deben ter unha función fundamental. Atender as persoas que perderon o emprego con medidas de protección social para evitar as bolsas de pobreza e exclusión social e promover a súa recolocación e xerar emprego son cuestións prioritarias.

A educación e a sanidade son dereitos constitucionais que cómpre defender, protexer e preservar como dereitos fundamentais e elementos clave que garanten a igualdade de oportunidades, polo que reafirmamos a necesidade de garantir o dereito da cidadanía a unha educación e unha sanidade públicas, gratuítas e de calidade.

A educación é a maior riqueza e o principal recurso dun país e dos seus homes e mulleres, ao se configurar como o medio máis adecuado de garantir o exercicio da cidadanía democrática, responsable, libre e crítica que resulta indispensable para a constitución de sociedades avanzadas, dinámicas e xustas. O dereito á educación ao longo da vida implica a existencia dun modelo de escola pública, gratuíta, democrática, inclusiva, coeducativa e laica, e obriga as administracións educativas a planificar e controlar unha oferta de servizos socioeducativos que, tendo como eixe fundamental a infraestructura e a oferta de prazas da rede de titularidade pública, recolla a realidade e a actual tendencia demográfica, de xeito que o incremento de prazas recaia fundamental e prioritariamente na rede pública.

Así mesmo, reclamamos que todos os centros financiados con fondos públicos, cos mesmos dereitos e obrigas, estean comprometidos cunha educación de calidade para todos, na que a equidade, a excelencia e a non discriminación sexan os trazos significativos co fin de avanzar cara a unha maior calidade dos servizos socioeducativos.

Coidamos necesario que se poñan os medios suficientes para a escolarización dos nenos e nenas menores de 3 anos, como medida de creación de emprego que, ademais, contribúe á conciliación da

8.

comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de galicia

53

vida persoal e laboral. E tamén cobra especial relevancia nestes tempos a loita contra o fracaso e o abandono escolar prematuro, así como darlle prioridade a un plan específico de formación profesional.

Non compartimos os cambios que se están a dar no sistema sanitario: a saúde estase a converter nun negocio que antepón os criterios económicos aos sanitarios nun modelo que transfire recursos ao sector privado e privatiza os servizos non sanitarios. Este modelo descapitaliza o servizo público e non alivia as listas de espera nin mellora a atención aos pacientes. Só un servizo público de sanidade garante a calidade e o acceso da cidadanía en condicións de igualdade.

A aprobación da Lei de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia é unha aposta sen precedentes polo estado de benestar, que supón un paso adiante grande na atención e coidado das persoas maiores e das dependentes, polo que será preciso axilizar os tempos da súa aplicación se queremos ver cumpridas as expectativas creadas arredor dela. Non debemos esquecer tampouco a importancia en termos de creación de emprego que pode ter a súa aplicación efectiva.

Unha boa parte dos servizos que prestan as administracións locais en Galicia son externalizados a empresas de servizos que precarizan as condicións laborais e deterioran a calidade do servizo. Por iso, desde CC OO cremos que este proceso debe racionalizarse, establecendo de xeito claro e concreto que tipo de servizos poden externalizarse e que garantías deben cumprir as empresas adxudicatarias, tanto con respecto ao servizo que presten como ás condicións laborais dos seus empregados e empregadas.

O transporte público colectivo adquire un protagonismo especial no modelo de desenvolvemento sustentable, de benestar social e de mobilidade das persoas. Hoxe máis ca nunca, ante a vulnerabilidade do noso país no actual escenario enerxético pola súa elevada dependencia e excesivo consumo, fomentar e impulsar o transporte público colectivo nos seus diferentes modos e a súa utilización, elevando os seus niveis de calidade e eficiencia, é indispensable.

As telecomunicacións representan hoxe en día un sector de absoluta relevancia e valor estratéxico indiscutible. O obxectivo básico é conformar un modelo de comunicación e de información veraz, como factor de cohesión democrática e desenvolvemento de criterios tales como diversidade, independencia, calidade, accesibilidade e universalidade. Os servizos audiovisuais de titularidade pública son esenciais para a sociedade, en resposta á súa necesidade de desenvolvemento dos valores de democracia e liberdade. Deben estar financiados de forma adecuada para o desenvolvemento da actividade encomendada, dispondo de instrumentos que garantan os principios de transparencia e eficiencia na súa xestión, e eficacia na consecución dos obxectivos encomendados.

Por todo o exposto desde o Sindicato Nacional de CC OO de Galicia, consideramos necesario:

• Potenciar os servizos públicos polo seu papel vertebrador na sociedade. En tempo de crise, o sector público representa un dobre papel de empregador e de garante da protección social, por iso é máis necesario ca nunca garantir a xestión pública destes servizos fronte aos intentos de privatización.

• Reforzar a protección e a cohesión social. O actual contexto económico, no que moitas persoas esgotan as súas prestacións ou carecen delas, esixe un incremento da protección social para avanzar en solidariedade, igualdade e cohesión social.

• Prover en termos de calidade e igualdade o acceso á sanidade para o conxunto da poboación.

• Garantir a sustentabilidade, universalidade, accesibilidade e gratuidade do ensino como expresión do dereito á educación ao longo da vida.

• Ofertar os servizos e prestacións que emanan da Lei de dependencia para que se configure como un verdadeiro dereito subxectivo baseado nos principios de universalidade, equidade e accesibilidade.

• Asegurar o control dos poderes públicos no sector das telecomunicacións, para desenvolver un modelo de sociedade da información non discriminatorio nin excluínte e promover un modelo de transporte público sustentable que garanta a mobilidade das persoas e o benestar social