comarca a mariña oriental

65
A MARIÑA ORIENTAL A NATUREZA

Upload: monadela

Post on 24-Jan-2017

128 views

Category:

Education


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Comarca A Mariña Oriental

A MARIÑA ORIENTAL A NATUREZA

Page 2: Comarca A Mariña Oriental

A comarca da Mariña Oriental está situada ao nordeste da Provincia de Lugo, no linde con Asturias. O territorio da comarca é moi diverso e irregular e pódese diferenciar en tres áreas. Ao norte a costa con fronte ao Mar Cantábrico, entre as rías de Foz e de Ribadeo. Unha serie de serras por toda a comarca de alturas medias e direccións variadas que a delimitan polo leste e sur e atravesan en parte. Unha sucesión de vales fluviais que conflúen no Eo e no Masma e pequenos regos de curto percorrido que van directamente ao mar. A máxima altitude é o Couto de Frades (916 m), na fronteira entre A Pontenova, A Fonsagrada e Asturias.Conta cun importante patrimonio natural e cultural e acolle varios espazos protexidos.

Page 3: Comarca A Mariña Oriental

SUPERFICIE: 399,8 km2

POBOACIÓN: 16.596 habitantes

CONCELLOS: Barreiros, A Pontenova, Ribadeo e Trabada

ESPAZOS PROTEXIDOS:LICs “Ría de Ribadeo”, “Río Eo”, “Ría de Foz-Masma” “Praia das Catedrais” e “Carballido”, Monumento Natural “Praia das Catedrais”; forma parte da Reserva da Biosfera compartida con Asturias “Río Eo, Oscos e Terras de Burón”.

Page 4: Comarca A Mariña Oriental

CLIMAOceánico húmido, con veráns frescos.

Page 5: Comarca A Mariña Oriental

ACTIVIDADESAs principais son a pesca e o marisqueo, os servizos, a industria e a agrogandaría.

Page 6: Comarca A Mariña Oriental

PATRIMONIOConta cun importante patrimonio etnográfico e histórico artístico: fornos e embarcadoiros de mineral, muíños, pontes, ferrerías, igrexas, pazos, conxuntos urbáns... O Camiño Xacobeo do Norte atravesa a comarca por dúas rutas, por Ribadeo e Trabada.

Faro da Illa Pancha

Construcción agrícolas en San Xes.Forte de Ribadeo.

Page 7: Comarca A Mariña Oriental

CONCELLOS

SUPERFICIE: 72,38 km2 POBOACIÓN: 2.994 habitantes PARROQUIAS: Cabarcos, Celeiro de Mariñaos, Reinante, San Cosme de Barreiros, San Miguel de Reinante, San Pedro de Benquerencia, San Xusto de Cabarcos e Vilamartín Pequeno

BARREIROSEstá situado no noroeste da comarca, lindando polo norte co Mar Cantábrico e polo leste coa ría de Foz e o río Masma. No territorio distínguense dúas áreas. A zona costeira, dentro da Rasa Cantábrica, chan e con numerosas praias de gran calidade: A Pasada, Lóngara, Fontenla, Balea, Pena da Salsa, Coto, Remior, San Bartolo, Altar e Anguieira e que inclúe a banda leste da ría de Foz. O interior é de releve accidentado, de escasa altura, co cume máis alto no monte Seixos, de 391 m,Os ríos principais son o Masma e o seu afluente o Pusigo, que desemboca na ría de Foz, e o rego Barranca que desemboca ao pé da punta do Castro.

Paisaxe interior de Barreiros.

Page 8: Comarca A Mariña Oriental

A capital municipal é o núcleo de San Cosme. As principais actividades son os servizos e a agrogandaría.Acolle importantes valores naturais na súa costa: praias limpas, cantís, e unha rica flora e fauna costeiras. Un pequeno tramo da costa está protexido no LIC “As Catedrais”

Praia de San Cosme

Hórreo ou cabozo coa estrutura típica da comarca

Page 9: Comarca A Mariña Oriental

SUPERFICIE: 135,72 km2 POBOACIÓN: 2.470 habitantes (2015) PARROQUIAS:Bogo, Conforto, A Pontenova, Tececende (Santo Estevo e San Xoán), Vilaboa, Vilameá, Viloudriz, Vilaouruz, Vilarmide e Xudán.

Paisaxe rural no val do río Bidueiro.

A PONTENOVAOcupa o sur da comarca, lindado polo leste con Asturias. É un concello de montaña cun territorio moi irregular formado por unha sucesión de serras e vales, moi fragmentado e fracturado, situado entre as serras orientais e as primeiras serras prelitorais. As maiores alturas están no leste e sur, nunha aliñación de montes, no comezo das serras orientais galegas, que van desde o Couto de Frades, con 916 m, na confluencia de A Pontenova, A Fonsagrada e Asturias, ata o Caleiro (802 m). No oeste as serras do Pousadoiro (666 m) e a serra da Cadeira (Cerrochán, con 776 m).O río Eo atravesa o concello de sur a norte e recibe o Bidueiro e Turia pola dereita, e o Xudán e Riotorto, pola esquerda.As actidades máis importantes son a agrogandaría e os servizos

Page 10: Comarca A Mariña Oriental

Capela de San Xes. Ao fondo a fraga de Reigadas no LIC “Carballido”

Os principais valores naturais están asociados ao río Eo e ás fragas das serras, dunha gran biodiversidade e de gran atractivo paisaxístico.Unha parte do territorio está protexido nos LICs “Carballido” que inclúe as fragas de San Xes e Reigadas, e “Río Eo”, que inclúe o curso completo dos ríos Eo e Turia no concello.Hai varias rutais indicadas para visitar as fragas, percorrer as ribeiras do Eo ou visitar as antigas minas de ferro.

Fornos de calcinación de mineral de ferro na Pontenova. A comezos do século XX houbo un especial desenvolvemento da mineiría de ferro na Pontenova, con minas en Vilaudriz e Boulloso. En 1905 construíse un ferrocarril para transportar o mineral ata o porto de Ribadeo e pechouse en 1964. Hoxe pódese facer unha ruta polo antigo trazado da vía.

Page 11: Comarca A Mariña Oriental

SUPERFICIE: 108,88 km2 POBOACIÓN: 9.929 habitantes (2015)PARROQUIAS: Arante, Cedofeita, Coxela, Covelas, A Devesa, Ove, Piñeira, Ribadeo, Rinlo, Santalla de Vinausende, Vilaframil e Vilaselán.

Vista desde o monte de Santa Cruz, onde hai unha aula da natureza, unha área de lecer e un miradoiro.

RIBADEOSituado ao nordeste da comarca, entre o mar Cantábrico e a marxe esquerda da ría e o río Eo que fai de linde natural con Asturias. A zona norte do territorio do concello forma parte da Rasa Cantábrica. É un terreo chan cunha costa recortada con pequenos entrantes, esteiros e cabos. Destacan as praias de Os Bloques, Rochas Brancas, Olga, Areosa, Os Castros, Sebarellos (As Illas), Esteiro e As Catedrais. A continuación da rasa esténdese a serra do Mondigo que acada 509 m de altura máxima.O río principal é o Eo que percorre o linde leste do concello e recibe o río Grande. Outros regos pequenos (Vilaselán ou Moreira, Tacós, Capela e San Xulián) desembocan directamente no Cantábrico.

Page 12: Comarca A Mariña Oriental

A vila de Ribadeo é o eixo dos servizos da comarca. Conta cun porto comercial, pesqueiro e deportivo.O seu centro histórico é rico en edificios civís como a torre dos Moreno, o pazo do marqués de Sargadelos, a Aduana Vella ou o forte de San Damián. Un paseo permite percorrer todo o contono costeiro.

As principais actividades son os servizos (especialmente o comercio e o turismo), a industria, a gandaría, as explotacións forestais, a pesca e a acuicultura.Ten un importante patrimonio natural (a costa, a ría e o río Eo) con varios espazos protexidos, e histórico-artístico (pazos, igrexas, casco da vila de Ribadeo, hórreos...).A Ruta Norte do Camiño de Santiago atravesa o concello desde Ove ata Arante.

Cargadeiro de mineral que viña das minas de ferro de Vilaoudriz, na Pontenova.

Page 13: Comarca A Mariña Oriental

SUPERFICIE: 82,69 km2 POBOACIÓN: 1.203 habitantes (2014)PARROQUIAS: A Fórnea, A Ría de Abres, Sante, Trabada, A Valvoa, Vidal, Vilaformán e Vilapena.

Paisaxe de Trabada.

TRABADASituado no centro-leste da comarca á beira do río Eo, que fai de linde natural con Asturias nunha parte do seu percorrido polo concello. O territorio é moi irregular. No centro-leste atópase o val do río Trabada que atravesa o concello de oeste a leste e a marxe esquerda do Eo, no comezo do esteiro. O resto son sucesións de cumes de diferentes alturas que acadan a máxima elevación na serra da Cadeira (Cerrochao, con 774 m) que fai de linde do concello polo oeste e sur.É un concello eminentemente rural con pequenos núcleos de poboación.

Page 14: Comarca A Mariña Oriental

Área de lecer “A Choza” na Ría de Abres, no Eo, Conta con embarcadoiros, paneis explicativos e observatorio de aves.

As principais activiadades son a gandaría (vacún de leite), o sector forestal e os servizos.Acolle importantes valores naturais: o Ríos Eo, protexido nos LICs Ría e Rio Eo”, e as fragas da Becerreira, Belosiña, Vilapena e Cabanela.A Ruta Norte do Camiño Xacobeo Francés percorre o concello.

Capela na área de lecer da Cadeira.

Page 15: Comarca A Mariña Oriental

RELEVOA Mariña Oriental sitúase entre o Mar Cantábrico e as últimas estribacións cara ao norte das Serras Orientais. A maioría do territorio é unha sucesión de cumes e vales profundos, agás unha pequena faixa paralela á costa que forma parte da Rasa Cantábrica.No norte, seguindo unha dirección leste-oeste, paralela á Rasa, atópase a serra de Monciro. No oeste as serras da Cadeira e Pousadoiro, E no oeste e sur os cumes das estribacións das serras orientais: Caleiro, Prídos, Couto de Frades..., onde se atopan as máximas alturas da comarca.Os materiais son moi variados: granitos, xistos, lousas, cuarcitas... e dan lugar a formas de relevo tamén diversas onde alternan lombas suaves con abas de forte pendente e crestóns rochosos.

Vista desde o cume do Montouto cara ao interior onde se aprecia o releve irregular que conforma a comarca.

Page 16: Comarca A Mariña Oriental

Rasa costeira e primeiras elevacións das serras paralelas ao mar.

Cuarcitas coroando o monte Mondigo.

Page 17: Comarca A Mariña Oriental

A maior parte dos montes están cubertos de masas forestais de eucaliptos (sobre todo nas achegadas á costa) e piñeiros. Nas serras do centro e sur da comarca atópanse fragas dunha gran diversidade que acollen unha rica e variada flora e fauna. Partes destes espazos están protexidos no LIC “Carballido”, no concello de A Pontenova.

Froitos de capudre (Sorbus aucuparia).

Cuarcitas, brión e toxos.

Flor de eucalipto. As serras costeiras están practicamente cubertas de eucaliptos.

Page 18: Comarca A Mariña Oriental

Bolboreta (Melanargia lachesis)

Bufo real (Bufo bufo)Lagarta galega (Podarcis bocagei)

Page 19: Comarca A Mariña Oriental

Cara oeste do Mondigo.

SERRA DO MONDIGOEstá formada por varios montes de pequena altura situados no concello de Ribadeo. A máxima altura é o Alto do Mondigo, con 570 m, un excelente miradoiro sobre a costa desde Burela a Ribadeo. Os montes están practicamente cubertos de piñeiros e eucaliptos. Accedese desde o km 13 (Cubelos) da estrada de Vilamar a Ribadeo (Lu 133).

Page 20: Comarca A Mariña Oriental

Cuarcitas no alto do Mondigo e vista da costa da Mariña Lucense. Os cumes dos montes de Mondigo e Penalonga están formados por cuarcitas que se erguen por riba dunha base formada na súa maioría por xistos.

Page 21: Comarca A Mariña Oriental

Bosque autóctono na aba oeste da Cadeira, en Taboada.

SERRA DA CADEIRASituada ao leste do río Masma, entre o Val de Lourenzá e o val do Eo. Os cumes máis altos son o Cerrochao, con 776 m, Camelas, con 765 m e Picato, con 748 m.Accedese desde Riotorto, A Pontenova ou Trabada.

Page 22: Comarca A Mariña Oriental

SERRA DO POUSADOIRO Ten orientación N-S e separa os concellos A Pontenova e Riotorto. Polas dúas vertentes circulan afluentes do Eo (o Ferreiravella e o Xudán). O punto máis alto é o Pousadoiro, con 666 m. Está formado por lousas, areiscas, e crestóns de cuarcitas. A vexetación dominante son os eucaliptos e os piñeiros e consérvanse pequenas masas de carballos, especialmente na vertente oeste.Accedese desde A Pontenova ou desde a estrada da Pontenova a Meira, en Xudán.

Vista do Pousadoiro desde A Pontenova.

Page 23: Comarca A Mariña Oriental

Couto de Frades.

MONTES DE SAN XESUnha sucesión de montes que forman as últimas estribacións cara ao norte das serras orientais galegas e fan de linde entre a comarca da Mariña Oriental, as terras asturianas e a comarca da Fonsagrada. O cume máis alto é o Couto de Frades, con 916 m, na confluencia entre A Pontenova, A Fonsagrada e Asturias. Séguenlle cara ao sur, e facendo de linde coa Fonsagrada o Chao do Caramelo (905 m), Cruz de Barreiros (900 m), Cruz de Grañas, 902 m) e Caleiro 802 m, punto fronteirizo entre A Pontenova Ribeira de Piquín e A Fonsagrada) que se prolonga por terreos da Pontenova cara ao norte ata o cume do Chao de Fontangordo (767 m) e Pruídas (873 m). Son montes de cumes suaves e vales profundos nos que se atopan algunhas das mellores fragas atlánticas de Galiza (San Xes e Reigadas) protexidas dentro do LIC “Carballido”, compartido coa comarca da Fonsagrada.

Vista do val do Bidueiro desde o alto de San Xes.

Page 24: Comarca A Mariña Oriental

Fraga de San Xes, entre o Couto de Frades e o Couto de Caramelo.

Toda esta zona é dun gran valor paisaxístico e hai numerosas rutas que se poden seguir desde San Xes, Bogo ou Zarro de Pedro. A estrada de A Pontenova a Carballido percorre os cumes das serras cunhas vistas panorámicas excepcionais.

Page 25: Comarca A Mariña Oriental

OS RÍOSO sistema fluvial da Mariña Oriental pertence na súa maior parte á cunca do Eo que percorre o linde dos concellos de Ribadeo e Trabada e atravesa o da Pontenova con dirección sur norte. Varios afluentes do Eo que baixan das serras limítrofes, a maioría pola marxe esquerda, completan a rede. No oeste da comarca circula o río Masma, que nunha grande parte fai de linde co concello de Foz. Das serras costeiras baixan numerosos regos de pouca lonxitude e escaso caudal (Moreira, Tacós, Capela e Barranca) que desembocan directamente no Cantábrico formando pequenos esteiros.

O Eo na Pontenova.

O curso dos ríos é moi variable. Nas áreas de montaña escavan vales profundos onde abondan os rápidos. Na proximidade da costa e no curso baixo teñen un discorrer maino onde predomina a sedimentación o que da lugar a esteiros dunha grande riqueza biolóxica.

Page 26: Comarca A Mariña Oriental

Os bosques de ribeira que rodean os ríos están formados por amieiras, salgueiros, freixos… e una variada flora e fauna acuáticas e de ribeira.

Palla real e outras plantas na ribeira do Eo.

Adelfiñas e carrizos no esteiro do Eo.Xunco marítimo, unha das plantas máis comúns nas augas salobres.

Page 27: Comarca A Mariña Oriental

Garza real (Ardea cinerea). A ave de maior tamaño que se atopa nos esteiros.

Gaiteiro (Platycnemis pennipes), unha libeliña que se pode atopar en cursos de corrente lenta.

Page 28: Comarca A Mariña Oriental

RÍO EOÉ un río compartido en grande parte con Asturias que nace en Fonteo (Baleira) e desemboca na ría de Ribadeo despois de 79 km de percorrido por Galiza. Dos 930 km2 da súa conca, 700 corresponden ao territorio galego. Na comarca recibe pola dereita o Bidueiro e o Turia, e pola esquerda o Xudán, Riotorto, Carreirachán, Trabada, Vidal e PequenoPresenta augas altas invernais e unha moderada estiaxe como corresponde a ríos de réxime pluvial oceánico.O río Eo é un dos poucos ríos galegos onde se pesca habitualmente o salmón. Está protexido en varios espazos. LIC “Río Eo” LIC, Humidal de importancia internacional (Convenio RAMSAR) e ZEPA “Ría de Ribadeo” e está incluído ademais no Inventario de Áreas Importantes para as Aves da Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/BidLife).

O Eo no couto de Salmeán (A Pontenova).

Page 29: Comarca A Mariña Oriental

O Eo na Pontenova.

Page 30: Comarca A Mariña Oriental

O Eo en Trabada.O Eo na Ría de Abres. Unha área de lecer e un paseo permiten percorrer e coñecer a fondo un tramo do río.

Esteiro do Eo. Ata a Ría de Abres chega a influencia das mareas e alí comeza do esteiro do Eo, unha zona de grande valor ecolóxico, en especial para o descanso e cría das aves acuáticas.

Page 31: Comarca A Mariña Oriental

A ría de Ribadeo e a ponte dos Santos.

Page 32: Comarca A Mariña Oriental

Ferrería de Bogo, no Rego do Bidueiro. Conxunto etnográfico restaurado formado por unha ferrería e un muíño.

REGO DO BIDUEIRO Un afluente do Eo que baixa do Couto de Frades e xúntase a el nas proximidades da Pontenova.

Page 33: Comarca A Mariña Oriental

Seimeira de San Xes. O río Bidueiro baixa por un estreito cavorco de cuarcitas polo interior da fraga de San Xes nun recuncho no que se conservan varios muíños. Accedese pola ruta que sae da aldea de San Xes e percorre a parte alta da fraga.

Page 34: Comarca A Mariña Oriental

RÍO TURIA É un afluente do Eo que ven de terras asturianas.

Río Turia ao pé da súa desembocadura no Eo na Pontenova..

Page 35: Comarca A Mariña Oriental

RÍO GRANDEÉ un afluente do Eo que nace na aba sur do Mondigo. RÍO TRABADA

Un afluente do Eo que nace na serra da Cadeira e recolle as augas do concello de Trabada.

Desembocadura do Trabada no Eo.

Page 36: Comarca A Mariña Oriental

Esteiro do Masma, no fondo da ría Foz.

RÍO MASMANace entre os Picos de Seixo Branco e Cadramón (Serra do Xistral) e despois de 66,2 km de percorrido desemboca na ría de Foz. Na comarca discorre polo leste do concello de Barreiros, facendo de linde nun tramo con Foz. Ten un réxime pluvial oceánico.Está protexido como LIC. O esteiro está incluído tamén no Inventario de Áreas Importantes para as Aves da Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/BirdLife)

Page 37: Comarca A Mariña Oriental

REGO DE SANTO ESTEVO É un afluente do Masma que nace nos montes da Ínsua e ten un curso con moito desnivel con varios saltos e rápidos en lousas. O máis interesante atópase preto da capela de Santo Estevo e cae de 10 m de altura, nun entorno natural de gran riqueza biolóxica.

Fonte de Santa Rosa á que se lle atribúen poderes curativos para as “rosas” da pel. Os panos usados para curar as doenzas déixanse pendurados nas ponlas das árbores da contorna

Page 38: Comarca A Mariña Oriental

A COSTAForma parte da zona chamada Arco Cantábrico, coñecida tamén como Rías Altas e, dentro dela, da Rasa Cantábrica, tramo comprendido entre a ría de Ribadeo e as proximidades de Burela, unha plataforma aplanada e elevada que cae directamente ao mar. É unha zona moi exposta na que alternan cantís de diferentes alturas con rías e pequenos esteiros. A Rasa Catábrica é unha plataforma da abrasión mariña formada sobre lousas, elevada e cuberta de sediemntos.

Plataforma de abrasión e cantís na liña costeira.

As rías do Cantábrico caracterízanse por teren dimensións reducidas (ata 8 km de lonxitude e menos de 15 m de profundidade) e forma de funil. Formáronse cando os ríos que discorren cara ao norte se encaixaron no seu curso inferior (aproveitando as fallas) e posteriormente os vales foron invadidos polo mar ao producirse, entre períodos glaciares, variacións no nivel do mesmo. Estas rías atópanse nun estadio de colmatación bastante avanzado, aparecen recheas de area e lama, porque a forza do mar e a pouca capacidade dos ríos non fan posible a saída dos sedimentos cara a fora. Nesta comarca atópanse as de Ribadeo e Foz.

Page 39: Comarca A Mariña Oriental

Arcos nos cantís das Catedrais.

Areais no interior da ría de Foz.

Page 40: Comarca A Mariña Oriental

Algas (golfos) nas pozas que quedan ao pé dos cantís ao debalar o mar

Nos espazos do litoral fórmanse diversos hábitats acuáticos ou costeiros (rochosos ou areosos) que dan acobillo a numerosas especies de flora e fauna, algunhas explotadas polas actividades de pesca e marisqueo.

Page 41: Comarca A Mariña Oriental

Inula crithmoides

Spartina maritima

Page 42: Comarca A Mariña Oriental

Percebes (Pollycipes cornucopia). Son crustáceos de vida sedentaria aos que lles gostan as augas limpas e batidas.

Cagón (Arenicola mariña), un verme común nos fondos limpos dos esteiros e areais das rías que se alimenta filtrando area e deixa estas curiosas moreas.

Píllaras riscadas, limícola que invernan nas costas da comarca.

Page 43: Comarca A Mariña Oriental

Mencer na Ría de Ribadeo.

RÍA DE RIBADEO A Ría de Ribadeo ou do Eo é alongada e estreita (10 km de lonxitude e 800 m de anchura media). Ábrese aproveitando unha falla con orientación N-S entre a Punta da Cruz en Asturias e a Illa Pancha en Ribadeo. É unha ría case rectilínea, con algúns entrantes na parte asturiana, que está limitada por unha costa de cantís rochosos de lousas, xistos e areiscas. O curso baixo do Eo forma chairas aluviais moi planas e terrazas dando lugar a un esteiro de extensas marismas que quedan ao descuberto na baixamar.

Page 44: Comarca A Mariña Oriental

Vista da ría desde o monte da Cruz, con Ribadeo no primeiro plano.En Ribadeo houbo unha famosa escola de pilotos, importantes asteleiros, factorías baleeiras e empresas navieras que tiñan o priviexio (xunto con A Coruña, Vigo e Carril) para a importación de liños e cánamos do Baltico.

Page 45: Comarca A Mariña Oriental

Esteiro e desembocadura do Eo. Na zona da Veiga é onde se produce máis sedimentación, tanto das areas que trae o mar como dos materiais achegados polo río. Isto da lugar a lameiros e bancos de area (tesos) que quedan ao descuberto ao debalar o mar.

Ribadeo e Castropol, nas beiras galega e asturiana da ría.

Page 46: Comarca A Mariña Oriental

Punta do Castelo e praia do Cargadoiro, onde se atopan os restos do antigo embarcadoiro de mineral de ferro.

Boca da Ría de Ribadeo desde a Ponte dos Santos.

Page 47: Comarca A Mariña Oriental

Pena Furada na boca da Ría de Ribadeo.

Page 48: Comarca A Mariña Oriental

Vista desde O Mondigo sobre a Rasa Cantábrica, desde a punta Corveira ata a praia de Esteiro.Nas costas galegas do Cantábrico era costume escribir nos documentos das propiedades “linda ao norte con Inglaterra, mar por medio”.

RASA DE RIBADEOForma parte da rasa Cantábrica que se extende desde o cabo de Peñas (Asturias) ata Burela. É unha superficie elevada (planalto) sobre o nivel do mar, moi chan, cunha pendente suave cara ao mar que se corta bruscamente terra adentro, na liña na que se cree que antigamente estaban os cantís. Comeza con maior altura en Asturias, con 110 a 120 m, e vai descendendo pouco a pouco ata Burela onde só acada de 3 a 5 m. Na beira costeira remata en zonas de cantís que caen case rectos e zonas de praias. Asimesmo está interrompido polos vales dalgúns ríos. A orixe desta rasa ou planalto foi moi estudada por diversos especialistas que barallan distintas hipóteses sobre as causas que puideron actuar máis ou menos combinadas: proceso tectónico de fallas e levantamento da costa no final da Oroxenia Hercínica, movementos epiroxénicos Alpinos, e elevación e descenso do nivel do mar con maior ou menor acción erosiva.

Page 49: Comarca A Mariña Oriental

Faro na Illa da Pancha na costa exterior da Ría de Ribadeo. Foi construído en 1880.

Nas rochas dos cantís da costa da Mariña Oriental pódense ver gran cantidade de pregamentos e fallas que o traballo do mar deixa ao descuberto.

Cantís na rasa de Ribadeo

Punta das Penas Brancas. Toda a formación do planalto cantábrico está intensamente repregada pola Oroxenia Hercínica.

Page 50: Comarca A Mariña Oriental

Antiga cetárea de Rinlo, a primeira de Galiza.

Porto de Rinlo, unha pequena poboación pesqueira asentada nun abrigo natural da costa, que tradicionalmente se dedicou ao marisco.

Praia dos Castros.

Punta Gallín.

Page 51: Comarca A Mariña Oriental

Praia das Illas. Entre as praias dos Castros e das Illas atópase un grupo de illotes de tamaños variados chamados “Os Castros”, que, segundo a tradición local, estaban unidos entre sí formando un castro.

Rochas na praia das Illas. Praia de Esteiro.

Page 52: Comarca A Mariña Oriental

Furna. As rochas que conforman os

cantís das Catedrais están dispostas en

estratos horizontais.

AS CATEDRAISCon este nome coñécese unha zona de cantís e praias que só teñen acceso na seca. A intensa erosión e a disposición dos estratos da lugar a formacións moi curiosas e espectaculares: arcos, furnas, illotes, columnas, buratos (bocas do inferno)...Tradicionalmente a esta praia chamábaselle de Augasantas.A praia das Catedrais foi declarada Monumento Natural en novembro de 2003.

As Catedrais nun sábado de verán. A praia mide 320 m de lonxitude e 10 m de largura media, pero coa marea chea practicamente desaparece. Actualmente o acceso está limitado e hai que solicitar un permiso.

Page 53: Comarca A Mariña Oriental

Arcos a xeito de contraforte de catedral que dan nome a este singular monumento xeolóxico da costa norte de Lugo.Para poder acceder á parte baixa é preciso atopar un día cunha boa seca.

Page 54: Comarca A Mariña Oriental

Praia de Arealonga, en San Miguel de Reinante, e Punta do Castro. Mide 950 m de lonxitude e 20 m de largor medio. Todos os veráns se celebra nesta localidade un nomeado concurso internacional de castelos de area.Hai unha tradición en Reinante que dí que ao que atopa na praia un “bítere”, o opérculo dunha caracola de cor parda-laranxa, procedente de augas profundas, terá un ano de boa sorte e amor.

Pregamento na praia de Longara (Barreiros). Esta praia é un interesante museo xeolóxico onde podemos atopar furnas, arcos e pregues.

Arco na praia de Longara.

Page 55: Comarca A Mariña Oriental

Vista xeral da praia de Longara, de fina area e 680 m de lonxitude.

Praia de Balea (Barreiros). No pequeno illote consérvanse vestixios dun castro. É unha praia abrigada de area fina, con 810 m de lonxitude.

Praia da Fontenla (Barreiros). Con area fina e de forte ondada. Mide 600 m de lonxitude e 25 m de largor medio.

Page 56: Comarca A Mariña Oriental

Praia de Altar, de 950 m de lonxitude e 45 m de largor medio.Na parte externa da ría de Foz atópase unha frecha de area que tapa parcialmente a súa boca (entre as praias de Altar e Anguieira, resultado da interacción entre a dinámica interna da ría e unha corrente O-E que percorre a costa. Entre os anos 1969 e 1977 construíronse en Foz unha serie de espigóns que modificarón a dinámica da ría e fixeron practicamente desaparecer estra frecha arredor de 1980, mentres se xuntaba area na outra banda, na praia da Rapadoira. Na actualidade estase a rexenerar, despois da construción dun novo dique en 1988.

Praias de Benquerencia desde a Punta de San Bartolo. No litoral do concello de Barreiros, entre a punta de San Bartolo e a Punta do Castro, atópase unha sucesión de praias ás veces dificiles de diferenciar.

Page 57: Comarca A Mariña Oriental

RÍA DE FOZÉ unha ría de pequeno tamaño, máis aberta na saída ao mar que no seu fondo, rodeada de xistos e areíscas. Nela desembocan os ríos Masma e Centiño e o rego do Esteiro. É unha ría en proceso de colmatación porque a forza do mar impide a saída dos materiais que arrastra o río e trae cara a ela a area que arranca nos cantís veciños. Presenta unha ampla chaira intermareal lamacenta rodeada por marismas que se concentran na marxe dereita do interior da ría.

A Ría de Foz, xunto con parte do río Masma está protexida como LIC e ZEPA. Está incluída tamén no Inventario de Áreas Importantes para as Aves da Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/BirdLife), por ser un importante ponto de invernada de aves acuáticas.

Ría de Foz desde a praia da Anguieira.

Page 58: Comarca A Mariña Oriental

Praia da Anguieira, no interior da Ría de Foz.

Page 59: Comarca A Mariña Oriental

RESERVA DA BIOSFERA “RÍO EO, OSCOS E TERRAS DE BURÓN”Declarado pola Unesco o 17 de setembro de 2007.Espazo conxunto con Asturias cunha superficie de 158.883 ha (108.007 corresponden a Galiza) que inclúe catorce concellos, nesta comarca Ribadeo, Trabada e A Pontenova.Destaca polo seu valor medioambiental e paisaxístico con áreas costeiras, de media e alta montaña e vales fluviais. Os obxectivos prioritarios desta declaración perseguen desenvolver os recursos en armonía coa conservación do medio ambiente apostando por un turismo respetuoso pola natureza. Uns dos principais valores a conservar son as fragas, o salmón do Eo e a riqueza ornitolóxica da ría do Eo.

Mazo da ferrería de Bogo (A Pontenova).Interior da fraga de San Xes

ESPAZOS PROTEXIDOS

Page 60: Comarca A Mariña Oriental

O Eo na Pontenova

LIC RÍO EOÉ un espazo que inclúe a ría de Ribadeo, o curso do Río Eo desde Santalla, na Ribeira de Piquín ata a desembocadura e os seus afluentes Rodil, Turia e Trabada.É unha área con importantes valores ecolóxicos onde podemos atopar ecosistemas diferentes: o esteiro, o río, os bosques de galería...

Salmón, unha especie emblemática do río Eo.

Page 61: Comarca A Mariña Oriental

Patos rabudos

RÍA DE RIBADEOHumidal de importancia internacional (Convenio RAMSAR -563,44 ha) e Zona de especial protección para as aves (ZEPA -1.915 ha), compartida con Asturias.Está incluída no Inventario de Áreas Importantes para as Aves da Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/BidLife).É unha zona que destaca por ser unha das áreas de descanso máis importantes para as aves invernantes entre as que se atopa a maior concentración de patos rabudos (Anas acuta) de España (arredor de 1.000 exemplares).

Page 62: Comarca A Mariña Oriental

LIC PRAIA DAS CATEDRAISEspazo que abrangue a costa desde a punta Corbeira ata a punta do Gallín e un tramo do curso baixo do Regueiro da Barranca que desemboca na praia de Arealonga; 297 ha nos Concellos de Barreiros e Ribadeo. A Praia das Catedrais (28,94 ha) está declarada tamén Monumento Natural. O maior interese do espazo reside nos cantís traballados polo mar nos xistos e areiscas da rasa de Ribadeo.

Page 63: Comarca A Mariña Oriental

Esteiro do Masma e ría de Foz desde a praia da Anguieira.

LIC RÍA DE FOZ-MASMAO espazo inclúe o curso medio e baixo do río Masma, os seus afluentes Valiñadares, Fraga Vella e Batán, a ría de Foz, e a costa ata Benquerencia. Nesta comarca afecta ao concello de Barreiros, na marxe dereita do Masma e da Ría de Foz. En abril de 2004 foi declarada Zona de Especial Proteción para as Aves (ZEPA) e está incluída no Inventario de Áreas Importantes para as Aves da Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/BirdLife).É un importante punto de invernada de aves acuáticas. Destaca a presenza dun endemismo, a Cochlearia aestuaria, e o fento capilaria (Adiantum capillus-veneris) nas fendas húmidas dos cantís.

Píllaras.

Page 64: Comarca A Mariña Oriental

LIC CARBALLIDOOcupa 4.828 ha en dúas zonas separadas que se corresponden cos vales dos río Rodil (na comarca da Fonsagrada) e Bidueiro, afluentes do Eo. Nesta comarca afecta ao concello da Pontenova, onde se aopanas fragas de San Xes e As Reigadas.O seu maior interese reside en seren fragas atlánticas moi ben conservadas cunha flora e fauna moi variadas, ao que hai que engadir o atractivo paisaxístico e etnográfico da zona.

A fraga de San Xes (ou Cabanal) é unha das maiores fragas de Galiza, situada entre o cume do Caramelo (870 m) e a marxe esquerda do río Bidueiro ou San Xes, cubrindo por completo unha aba de lousa de 40 m de desnivel.

Paxariños (Linaria triornitophora)

Page 65: Comarca A Mariña Oriental

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Xullo 2016