científicos galegos

21
CIENTÍFICOS GALEGOS SÉCULO XX

Upload: donovandjerdic

Post on 05-Jul-2015

199 views

Category:

Education


2 download

DESCRIPTION

This is a work about Galician Scientists of the XX Century

TRANSCRIPT

Page 1: Científicos galegos

CIENTÍFICOS GALEGOS

SÉCULO XX

Page 2: Científicos galegos

MANUEL VARELA RADÍOMANUEL VARELA RADÍO

• Naceu en Pontevedra o 15 de decembro de 1873 e finou en Madrid o 13 de decembro de 1962.

• Foi un médico e catedrático galego.

• Desde a súa cátedra deixou unha importante pegada en Santiago.

Page 3: Científicos galegos

• Estudou nos institutos de Pontevedra e Santiago.• Matriculouse en Medicina, e visitou algúns centros

científicos en Alemaña.• Doutorouse en Madrid e voltou a Alemaña para

especializarse en Xinecoloxía e Obstetricia.• Incorporou a utilización de adiantos técnicos na cirurxía

xinecolóxica, como a utilización da radioterapia. • Levou a cabo un laboratorio titorial cos galegos que

estudaban Medicina. • Tívose que exiliar a Francia e Suíza, pola guerra. Foi

cesado da súa cátedra.• Repuxérono no 1945, pouco tempo antes de xubilarse.• Seguiu exercendo privadamente ata a súa morte.• Unha das súas obras máis importantes foi Radioterapia

do Cancro.

Page 4: Científicos galegos

Ramón María Aller UlloaRamón María Aller Ulloa

• Naceu no pazo de Filgueiroa, o 3 de febreiro de1878, e morreu o 28 de abril de 1966.

• Foi un astrónomo galego, ademáis de sacerdote e matemático.

Page 5: Científicos galegos

• Estudou cos xesuítas na Guarda e logo no seminario de Lugo.

• Obtuvo un doutorado en Teoloxía con 20 anos.• Licenciouse en Ciencias Exactas na Universidade de

Madrid con 26 anos.• Doutórase en Ciencias Exactas no 1912 e constrúe o

primeiro observatorio astronómico en Lalín.• No 1939 ensinou Xeometría e Análise Matemática na

Universidade de Santiago.• No 1944, creouse a cátedra de Astronomía para él, onde

continuou cos seus estudos do firmamento.• Inventou aparellos de mediación e observación, algúns dos

cales foron adoptados polo observatorio de París.• Foi nomeado catedrático e director vitalicio no observatorio

de Santiago.• Foi cóengo honorario e fillo adoptivo da cidade de Santiago

de Compostela.• Foi imposto o seu nome, Aller, nun cráter da Lúa.

Page 6: Científicos galegos

Roberto Nóvoa SantosRoberto Nóvoa Santos

• Naceu na Coruña, o 8 de xullo de 1885 e finou en Santiago o 9 de decembro de 1933.

• Foi médico, escritor e profesor.

• Tamén desempeñou un importante traballo político.

Page 7: Científicos galegos

• Estudou Medicina en Santiago de Compostela.

• Traballou de profesor auxiliar de Patoloxía Xeral na Facultade de Medicina de Santiago.

• En 1911 foi estudar Fisioloxía e Patoloxía ao estranxeiro.

• Á volta obtivo a cátedra de Patoloxía Xeral polas universidades de Santiago e Madrid.

• Deu conferencias en Francia, Alemaña, Austria, Cuba, Arxentina e Uruguai.

• Foi deputado pola provincia da Coruña nas cortes de 1931, representando á Federación Republicana Gallega.

• Deixou máis de 200 traballos publicados.

• Fundou e dirixiu varias revistas de divulgación científica e potenciou os foros médicos en Galicia.

• Pouco antes de morrer, foi a Arxentina durante 4 meses a dar un curso formando parte da cúpula da JAE.

Page 8: Científicos galegos

Gonzalo Gallas NovásGonzalo Gallas Novás

• Naceu en Pontevedra o 4 de outubro de 1886, e finou en Granada o 29 de xuño de 1955.

• Foi un importante químico orgánico.

• Chegou a ser Decano da Facultade de Ciencias da Universidade de Granada desde 1931 ata a súa xubilación en 1952.

Page 9: Científicos galegos

• Estudou no Instituto de Pontevedra.• En 1902 ingresou na Facultade de Ciencias.• Doutourouse en Ciencias Químicas en Madrid,

obtendo Matrícula de Honor.• Completou os seus estudos no Instituto Pasteur de

París.• En 1914 empezou a publicar textos na Journal

Chemical Society.• En 1931 foi elixido Decano da Facultad de Ciencias da

Universidade de Granada, cargo que ocupou ata a súa xubilación en 1953.

• En ocasións ocupou o rectorado da universidade.

Page 10: Científicos galegos

José María Fernández ColmeiroJosé María Fernández Colmeiro

• Naceu en Silleda o 21 de setembro de 1894, e finou en París en 1959.

• Foi un médico galego.

• Emigrou aos 18 anos a Uruguai.

• Formou parte da Liga Contra o Fascismo, o Nacionalsocialismo e as persecucións raciais nos anos 30.

Foto da Fundación Curie

Page 11: Científicos galegos

• Traballou de farmacéutico en Uruguai.

• En 1928 graduouse en Medicina na Universidade de Montevideo.

• En 1935, foi un agregado cultural da embaixada de Uruguai en Madrid, onde colaborou con Manuel Varela Radío.

• No 1936 enrolouse como médico no exército da República, onde pasou a Marrocos e axudou a fuxir aos republicanos.

• Desde 1938 traballou na Fundación Curie de París, que chegou a dirixir.

• Foi tamén o director do Instituto de Canceroloxía.

• Foi laureado co premio Chevillon da Academia Nacional de París e co título de Estranxeiro Insigne.

• Morreu cando dirixía o Servizo de Roetxeoterapia da Fundación Curie en 1959.

Page 12: Científicos galegos

Gurmesindo Sánchez GuisandeGurmesindo Sánchez Guisande

• Naceu en Santiago de Compostela en 1894 e finou en Bos Aires en 1976.

• Foi un médico galego.

• Creou unha institución de protección á infancia, sendo coñecido como o “médico dos nenos pobres”.

• Foi membro da masonaría.

Page 13: Científicos galegos

• Licenciado en Medicina en 1915, con Premio Extraordinario.• Foi profesor auxiliar na Facultade de Medicina de

Compostela. • Foi decano da Facultade de Medicina de Zaragoza e

catedrático de Anatomía Descritiva das universidades de Sevilla.

• Exiliouse a Bos Aires por mor da Guerra Civil.• Íntimo amigo de Castelao, embalsámao ao falecer este.• Pronunciou conferencias, publicou traballos científicos e

sociolóxicos e organizou cursos.• Patentou inventos coma o biberón Gelwe. • Formou parte da loxia “Antolín Faraldo”, de exiliados galegos

en Bos Aires.• Ademais de promover iniciativas editoriais e culturais, fundou

en 1942 o "Fogar Galego para Anciáns" de Domcelaar.

Page 14: Científicos galegos

Luis Iglesias IglesiasLuis Iglesias Iglesias

• Nado en Teis o 2 de xullo de 1895, e finado en Santiago o 29 de decembro de 1977.

• Foi un científico.

• Colaborou na Historia de Galiza, de Ramón Otero Pedrayo, escribindo a parte de Zooloxía.

Page 15: Científicos galegos

• Estudou bacharelato en Vigo.

• Fixo a carreira de Ciencias Naturais e Medicina.

• Doutorouse en Ciencias Naturais coa tese Curculiónidos da Península Ibérica e Islas Baleares, en 1918.

• Ao ano seguinte licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago.

• Adicouse á docencia, e centrouse na investigación da Entomoloxía.

• Desempeñou os cargos de: Decano da Facultade de Ciencias, Reitor da Universidade e Presidente do Seminario de Estudos Galegos, do que formaba parte desde 1926.

• Ingresou na Real Academia Galega co seu discurso: As especies do xénero Carabus en Galicia.

Page 16: Científicos galegos

Luis Freire GarcíaLuis Freire García

• Naceu na Coruña en 1914, e finou en Vigo en 1997.

• Foi un botánico e micólogo galego.

• Matriculouse na Universidade despois de enviudar, aos 57 anos.

Page 17: Científicos galegos

• Estudou bacharelato, a reválida e o bacharelato superior.

• Posteriormente desenvolveu a afección ao estudo dos insectos, arañas e plantas.

• Comezou Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela aos 57 anos, logo de enviuvar.

• Rematou en catro anos, e realizou a tese de licenciatura e doutoramento en 1981 sobre “Macromicetos da Selva Negra”.

• Foi membro fundador da Sociedade galega de Historia Natural, do Grupo Botánico galego, do Grupo Micolóxico galego e da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.

• Ten unha rúa co seu nome na Coruña, na urbanización de Breogán.

• Desde 1999 os Museos Científicos Coruñeses, en colaboración coa Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, organizan o Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares.

Page 18: Científicos galegos

Antonia Ferrín MoreirasAntonia Ferrín Moreiras

• Naceu en Ourense o 14 de maio de 1914 e faleceu en Santiago o 6 de agosto de 2009.

• Foi matemática e astrónoma.

• Tívose que trasladar a Santiago de Compostela coa súa familia en 1920.

Page 19: Científicos galegos

• Estudou bacharelato no Instituto Arcebispo Xelmírez.

• En 1930 matricúlase na facultade de Ciencias da Universidade de Santiago.

• Obtén o título de mestra, e comeza a exercer a profesión.

• Segue estudando e matricúlase en Farmacia.

• En 1937 é sancionada e apartada da docencia na Universidade de Santiago.

• En 1940 revísase o seu proceso e pode reincoporarse á docencia universitaria.

• Neses anos conoce a Ramón María Aller Ulloa, e interésase pola astronomía.

• Traballa con el no Observatorio Astronómico da Universidade de Santiago de Compostela e publica os seus traballos en distintas revistas astronómicas.

Page 20: Científicos galegos

• En 1950 licenciouse en Ciencias Exactas na Universidade Central de Madrid.

• En 1957 convértese na primeira muller profesora da facultade de Matemáticas en Santiago.

• Nesa época remata a súa tese sobre observación astronómica, que é a primeira tese sobre matemáticas escrita por un galego.

• Nese ano marcha a Madrid para converterse en catedrática de Matemáticas na diplomatura de Maxisterio desa cidade.

• Trasládase á facultade de Matemáticas da Universidade Complutense, onde dará clase de astronomía durante case vinte anos, ata a súa xubilación en 1984.

• No 2004 trasládase a Santiago por motivos de saúde, onde morre cinco anos máis tarde.

Page 21: Científicos galegos

FIN

Marta Expósito, Lucía López e Aine Rodríguez