cartas de inverno-agustín fdez. paz

2
5 MAIO 2014 AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ pode considerarse un dos máximos expoñentes da literatura infantil e xuvenil galega actual. Conta cunha produción ampla e variada, tanto en narración curta como en novela, e moitos dos seus libros están traducidos a outras linguas. Acadou premios de gran- de prestixio neste campo: • Merlín 1989 por As flores radiactivas. • Edebé 1994 con Trece anos de Branca. • Lazarillo 1990 con Contos por palabras. • Premio Rañolas 1995 con Cartas de inverno. • Premio Raíña Lupa 1998 por Cos pés no aire. • Premio Barco de Vapor 2003 por O meu nome é Skywalker. • Formou parte da Lista de Honor de IBBY e da Lista de Honor da CCEI en máis dunha ocasión. • Foi finalista do Premio Nacional de Literatura Infantil. Recientemente vén de recibir o Premio Trasalba que recoñe- ce o seu labor como escritor de literatura dirixida aos lecto- res máis mozos así como o seu compromiso coa lingua e os movementos de renovación pedagógica. Cartas de inverno é un dos best-sellers da literatura gale- ga. Coincidindo coa saída á rúa da 20º edición en lingua galega en 2007, a novela vendera 65.000 exemplares en ga- lego (20 edicións) e outros moitos en castelán (12edicións) e en catalán (16 edicións). CLUB DE LECTURA “Laretiñas” IES POETA AÑÓN CARTAS DE INVERNO Agustín Fernández Paz O AUTOR : Agustín Fernández Paz (Vilalba , 1947) Páxinas web consultadas para a elaboración desta guía: http://cadernodelingua.wordpress.com http://www.filix.org/materiais/cartas.pdf http://scarlattilee.blogspot.com.es/p/1-eso.html Novela gráfica baseada na novela de Agustín Fdes. Paz OS NOSOS ANTEPASADOS IMAXINARIOS: OS MOUROS. A terra garda e documenta testemuñas do pa- sado.Así os túmulos coñecidos popularmente como má- moas, medelas,antas, arca, etc...aparecen vinculados a unha relixión ou ritual animista-panteísta mesturada ao mesmo tempo con lendas de seres imaxinarios que tiñan poderes máxicos, ouro encantado, etc...chamados mouros que poboaron eses lugares. A cultura popular transformou os sucesivos antepasados imaxinarios en poboadores máxicos de mámoas e incluso castros. Na actualidade a ensinanza histórica erudita e culta esta destruíndo esta noción do pasado da cultura popular por iso a sociedade galega xa non está en con- tacto con esas tradicións.

Upload: ies-poeta-anon

Post on 07-Mar-2016

244 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

Guía do libro -Club de Lectura do IES Poeta Añón de Outes, A Coruña-

TRANSCRIPT

Page 1: Cartas de inverno-Agustín Fdez. Paz

5 MAIO 2014

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ pode considerarse un dos

máximos expoñentes da literatura infantil e xuvenil galega

actual. Conta cunha produción ampla e variada, tanto en

narración curta como en novela, e moitos dos seus libros

están traducidos a outras linguas. Acadou premios de gran-

de prestixio neste campo:

• Merlín 1989 por As flores radiactivas.

• Edebé 1994 con Trece anos de Branca.

• Lazarillo 1990 con Contos por palabras.

• Premio Rañolas 1995 con Cartas de inverno.

• Premio Raíña Lupa 1998 por Cos pés no aire.

• Premio Barco de Vapor 2003 por O meu nome é Skywalker.

• Formou parte da Lista de Honor de IBBY e da Lista de

Honor da CCEI en máis dunha ocasión.

• Foi finalista do Premio Nacional de Literatura Infantil.

Recientemente vén de recibir o Premio Trasalba que recoñe-

ce o seu labor como escritor de literatura dirixida aos lecto-

res máis mozos así como o seu compromiso coa lingua e os

movementos de renovación pedagógica.

Cartas de inverno é un dos best-sellers da literatura gale-

ga. Coincidindo coa saída á rúa da 20º edición en lingua

galega en 2007, a novela vendera 65.000 exemplares en ga-

lego (20 edicións) e outros moitos en castelán (12edicións) e

en catalán (16 edicións).

CLUB DE LECTURA “Laretiñas”

IES POETA AÑÓN

CARTAS DE INVERNO

Agustín Fernández

Paz

O AUTOR : Agustín Fernández Paz (Vilalba , 1947)

Páxinas web consultadas para a elaboración desta guía:

http://cadernodelingua.wordpress.com

http://www.filix.org/materiais/cartas.pdf

http://scarlattilee.blogspot.com.es/p/1-eso.html

Novela gráfica baseada na novela de

Agustín Fdes. Paz

OS NOSOS ANTEPASADOS IMAXINARIOS:

OS MOUROS.

A terra garda e documenta testemuñas do pa-

sado.Así os túmulos coñecidos popularmente como má-

moas, medelas,antas, arca, etc...aparecen vinculados a

unha relixión ou ritual animista-panteísta mesturada

ao mesmo tempo con lendas de seres imaxinarios que

tiñan poderes máxicos, ouro encantado, etc...chamados

mouros que poboaron eses lugares.

A cultura popular transformou os sucesivos

antepasados imaxinarios en poboadores máxicos de

mámoas e incluso castros.

Na actualidade a ensinanza histórica erudita e

culta esta destruíndo esta noción do pasado da cultura

popular por iso a sociedade galega xa non está en con-

tacto con esas tradicións.

Page 2: Cartas de inverno-Agustín Fdez. Paz

ARGUMENTO Sobre o libro... Para o debate...

Coñeces a existencia dalgunha casa encantada na túa

contorna? E sabes doutras supersticións relacionadas co

máis alá e o sobrenatural ?

Adrián, na última mensaxe que lle deixa escrita nun

cartón ao seu amigo fala dun vulto repulsivo, uns ollos

brillantes que parecían transmitir todo o horror que un

humano é capaz deconcibir: «terías que ver o que eu vin,

terías que saber o que hai aquí abaixo». Que pode ser?

Adrián e Xabier senten ao mesmo tempo terror e desexos

de fuxir da casa e unha atracción imperiosa polo seu se-

gredo máis escuro. Por que pensas que poden sentir iso?

Sentiches algunha vez algo semellante?

“Aínda hoxe me río dos que me dicían que publicando en

galego estaba pechándome fronteiras que escribir nun idio-

ma minoritario era un labor inútil” (p. 21)

“Eu ben sei que a Santa Compaña desapareceu coa chegada

da luz eléctrica… Xa non me lembraba como é esta Galicia

nosa, amigo Xabier. Pero tiñas toda a razón cando me di-

cías que por debaixo da capa de modernidade seguía vivo o

antigo sistema de crenzas, mesmo nas ciudades. E aquí en

aldeas coma esta iso nótase moito máis”. (p.45)

Xabier di que o éxito non só llo debe á súa arte como

escritor, senón tamén ao azar. ¿A que lle chama «azar»

no seu caso?

Di Xabier: «a curiosidade puido máis ca min e, coma a

muller de Lot, volvín abrir o libro pola páxina fatídica».

Lembremos esa historia bíblica.

Adrián, cando confesa o seu medo, lembra os relatos que

escoitaba de neno na casa de súa avoa, naquelas noites

nas que se xuntaban ao redor da cociña, e non pode evi-

tar un calafrío, quizais porqueaínda garda a lembranza

do terror que lle invadía cando os maiores o mandaban á

cama e tiña que subir só as escaleiras que levaban ao

sobrado… ¿En que ocasións pasaches medo?

Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor galego de sona Xabier

Louzao volve a Galicia e atopa as cartas que o seu amigo Adrián lle escribira

na súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os

estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier

a acudir na súa axuda.

Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que enfrontarse a miste-

rios que tal vez as persoas nin sequera somos capaces de imaxinar. Vai de

cartas. As que Tareixa Louzao recibe de seu irmán, Xabier, co encargo de que

llas entregue ao Inspector Soutullo se non ten novas del nun tempo determi-

nado. E cartas, as que antes recibirá Xabier do seu amigo Adrián.

Finalmente será Tareixa quen, seguindo as claves que atopa nas cartas de

Xabier e as súas propias decisións, rematará para sempre co que se agocha

debaixo desa casa misteriosa

Salvador Dalí :

Muchacha en la ventana

Por que cres que o autor titula o libro así?

Por que lle envía Xavier todas as cartas á súa

irmá?

Por que compra Adrián a "casa embruxada”?

A quen pertencera antes?

Sabes que é un PETROGLIFO?

Que escoitaba Adrián polo teléfono e fax?

Que atopou Adrián no faio?

Que sucedía cada vez que miraba o gravado da

moza?

Que mensaxe pronunciaba a rapaza do gravado

e a quen se dirixía?

Que crees que había baixo a trapela?

Que atopou Teresa tralo incendio da casa ?

Que aconteceu cando Teresa queimou o libro de

gravados?

Labirinto de Mogor e outros

pretroglifos galegos

Sobre H.P. LOVECRAFT (1890-1937)

Escritor estadounidense considerado o mestre da literatu-

ra fantástica.

A súa narrativa recrea unha mitoloxía terrorífica de seres

dun inframundo paralelo. De feito, el mesmo creou unha

complexa e persoal mitoloxía monstrosa en cuxo centro

están os old ones, divinidades horribles e cheirentas expul-

sadas da Terra nos tempos prehistóricos e na loita para

tomar posesión dela.