caricatura de antonio palla - seminariogalan.orgseminariogalan.org/2012/expo2.pdf · 2018-02-26 ·...

16
CARICATURA DE ANTONIO PALLA

Upload: others

Post on 03-Apr-2020

8 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

CARICATURA DE ANTONIO PALLA

OS PRiMEIROS ANOS 1OS PRiMEIROS ANOS 1OS PRiMEIROS ANOS 1OS PRiMEIROS ANOS 1OS PRiMEIROS ANOS 1

Valentín Paz Andrade naceu na parroquiapontevedresa de San Salvador de Lérez, o23 de abril de 1898.Con tan só oito anos quedou orfo de nai.Os seus primeiros estudos foron dirixidospola súa tía Dolores, casada co poeta e xor-nalista Xoán Bautista Andrade, e mestra deprimaria con destino no mesmo Lérez.Máis tarde estudou na Academia Balmes,que ocupaba un piso nunha casa da rúapontevedresa de Manuel Quiroga e o ba-charelato no Instituto de Segunda Ensinan-za, tamén en Pontevedra.Grazas á relación co seu tío Xoán Bautistacoñece a Castelao, en 1916. Tamén da mando seu tío entra en contacto co xornalismocolaborando en diferentes semanarios exornais: «Alma Galaica», «La Provincia»e «Gaceta de Galicia».Nun primeiro momento matricúlase en De-reito, pero, diante da oposición das súastías, intenta cambiar a matrícula para Me-diciña, aínda que finalmente se impón avontade do seu pai e queda matriculado enDereito na univesidade compostelá: «Tesescollida a carreira de avogado, e non vascambiar polo que outros digan».

Matilde Andra-de, nai de Va-lentín.

Francisco Paz,o pai.

«A casa do Cristo», en Lé-rez, onde naceu ValentínPaz Andrade.

A UA UA UA UA UNIVERSIDADE 2NIVERSIDADE 2NIVERSIDADE 2NIVERSIDADE 2NIVERSIDADE 2

A súa chegada a Santiago prodúcese noano 1917 e participa, dende os primeirosmomentos, en actividades políticas de cla-ra tendencia galeguista.Nunha asemblea do Grupo AutonomistaGalego de Estudantes, na que Paz Andra-de é nomeado presidente, elabórase un ma-nifesto político, escrito en galego, e dirixidoaos universitarios e á cidadanía de Santia-go, no que se exalta á nación galega e sefai un chamamento á acción colectiva paraerguer o país. Aparece o slogan «Terra aNosa» como signo identitario do novo gru-po. Era «unha primeira mensaxe da moci-dade galega, crente nun mellor destino paraa súa terra», en palabras do propio Valen-tín.Os anos de Compostela son para Valentínos do inicio de moitas relacións persoais epolíticas, coñece a Asorey, Camilo Díaz Vali-ño, Villar Ponte, Dieste, Viqueira... e reto-ma a súa relación con Castelao, ao que xaconsidera «o seu segundo mestre».No ano 1921 licénciase en Dereito coamáxima nota, sobresaliente, e poucos díasdespois pasa a ocuparse do seu primeirocaso na Audiencia de Pontevedra.

Xoán Bautista Andrade, tío deValentín, nunha caricatura deCastelao.

Valentín Paz, coa togade avogado, despois dasúa licenciatura en1921.

Abd-el-Krim el Jatabi xun-to co seu pai, antigo cola-borador das tropas espa-ñolas en Marrocos.

O ano 1921 é tamén o ano do chamado De-sastre de Annual, no que as tropas do lidermarroquí Abd el-Krim esnaqui-zaron as tropas españolas des-tinadas no Rif ao mando do xe-neral Silvestre.Valentín é chamado a filas edestinado a Ceuta e promovi-do ao cargo de sarxento, a pe-sares da súa intención de que-dar como soldado raso.Por mor dunha pequena afec-ción cutánea é enviado á Co-ruña, onde o declaran inútil para o servizomilitar.Durante a súa estadía no Hospital Militardesta cidade, afonda na súa relación cosirmáns Villar Ponte, Peña Novo, López Aben-te e cos restantes compañeiros das Irman-dades da Fala e xorde entre eles a idea decrear en Vigo un xornal de información, pro-poñéndo a Paz Andrade como Xefe de Re-dacción e coa facultade de poder elexir aosseus colaboradores.Son os inicios do futuro xornal «Galicia».

Batería de artillería española apuntando ásposicións rifeñas do Monte Gurugú.

EEEEEN MARROCOS 3N MARROCOS 3N MARROCOS 3N MARROCOS 3N MARROCOS 3

O XORNAL «GO XORNAL «GO XORNAL «GO XORNAL «GO XORNAL «GALICIA» 4ALICIA» 4ALICIA» 4ALICIA» 4ALICIA» 4

Coa idea de poñer en marcha o novo xornalna cidade de Vigo sae Paz Andrade da Co-ruña na primavera de 1922.O xornal levaría o nome de «Galicia» e asúa cabeceira sería rotulada por Castelao.A data de saída quedou marcada para o 25de xullo, Día de Galicia.O «Galicia» era un xornal moderno, para asúa época, que incluía caricaturas e debuxosde Maside e Castelao, artigos de Villar Pon-te, Vicente Risco, Roberto Blanco Torres,fotografías de Ksado...A ditadura de Primo de Rivera e a censuramilitar imposta aos medios de comunicaciónvai supoñer a persecución do xornal e dosseus colaboradores.Un 15 de setembro de 1926, catro anos edous meses despois do primeiro número,desaparece finalmente o xornal que durantetodo ese tempo dirixira Valentín Paz Andra-de e que dera cabida nas súas páxinas asplumas máis importantes da intelectualida-de galega.

Cabeceira do xornal «Galicia», dirixidopor Paz Andrade.

Propaganda do xornal«Galicia», realizada porCastelao.

A AA AA AA AA AVOGVOGVOGVOGVOGACÍA 5ACÍA 5ACÍA 5ACÍA 5ACÍA 5

Cartel de apoio ao Esta-tuto de Autonomía de1936, realizado por Car-los Maside.

Unha vez rematada a súa andaina como di-rector do «Galicia» e con evidentes proble-mas económicos, Valentín retoma o seu tra-ballo de avogado.En decembro de 1931, Paz Andrade ingresano Partido Galeguista que reclama o dereitode autodeterminación para Galicia e procla-ma como obxectivo básico a redacción dunEstatuto de Autonomía. Nesta comisión que-da integrado Valentín, xunto a Risco, Bóve-da e Carballo Calero.Nunha folga de mariñeiros, no segundo se-mestre de 1932, Valentín é tiroteado por dousanarquistas á saída dun café na rúa do Prin-cipe, acertándolle con varios balazos.Deste atentado tardaría tres semanas en serdado de alta, aínda que quedaría cunha baladentro do seu corpo ao ser difícil a súa ex-tracción sen danar a mobilidade do brazo de-reito.O 28 de xuño de 1936 é aprobado o Estatu-to de Autonomía de Galicia enviándose a Ma-drid para a súa aprobación polas Cortes.O inicio da Guerra Civil, o 18 de xullo de1936, paraliza todo trámite posterior e a apli-cación do Estatuto queda paralizado. Cartel de Luís Seoane

para apoiar o Estatuto deAutonomía de xuño de1936.

OS DESOS DESOS DESOS DESOS DESTERROS 6TERROS 6TERROS 6TERROS 6TERROS 6

A chegada ao poder dos militares supónpara Paz Andrade sucesivas ordes de des-terro. Os cargos políticos exercidos duran-te a República e os seus posicionamentosperiodísticos xogan na súa contra.O seu primeiro desterro é en Verín, ondechega acompañado dun curmán e dunamigo de ambos, quedando hospedadonun hotel da vila.Pasou en Verín tres meses e medio do ano1936 e, agás un incidente con falanxistas,Paz Andrade considera esta estancia comoa máis placenteira dos sucesivos deste-rros aos que foi castigado.Posteriormente é enviado a Requeixo daSerra, a Castro Caldelas e a Pobra de Tri-ves, onde coñecerá a Pilar, coa que casa-rá dous anos despois.A finais de 1937, ano e medio despois doseu primeiro desterro, volta Valentín á ci-dade de Vigo e retoma a súa actividadecomo avogado dos armadores.

Caricatura de Valentín,da autoría de Alfonso R.Castelao.

Portada de «Valentín PazAndrade, a memoria do sé-culo XX», de Tucho Calvo.Fondo RAG

VIGO 7VIGO 7VIGO 7VIGO 7VIGO 7

De volta a Vigo reinicia a súa actividadecomo avogado e como asesor de «La Ma-rítima», dirixe a revista «Industrias Pesque-ras» e colabora en «Industria Conserve-ra», así como en xornais galegos, «El Pue-blo Gallego», «La Noche», «El Faro deVigo»...Cando o sete de xaneiro de 1950 morreCastelao en Bos Aires, Paz Andrade adíca-lle un artigo no xornal «La Noche» co título«Castelao, el hombre y el artista». Cincoanos despois completa esta homenaxe coapublicación da elexía «Pranto Matricial».

Nos anos cincuenta viaxa a Sudamérica erelaciónase co exilio galego e coas autori-dades arxentinas, uruguaias e brasileirasás que lles achega os seus coñece-mentos sobre o mundo da pesca. Con-vértese nun colaborador activo da FAO,organismo dependente das NaciónsUnidas, e percorre Sudamérica impar-tindo conferencias sobre a economíapesqueira.

«Pranto Matricial» é unhaelexía adicada a Castelao,publicada cinco anos des-pois da súa morte.

Valentín Paz Andrade, nunha confe-rencia.Fondo RAG

PESCANOVPESCANOVPESCANOVPESCANOVPESCANOVA 8A 8A 8A 8A 8

En «Epistolario» recóllenseas cartas publicadas por Va-lentín dende 1930 a 1985.Fondo RAG

En 1960 un empresario de Lugo, XoséFernández, encárgalle a Paz Andrade queconstitúa unha nova empresa pesqueiracon barcos frigoríficos, que exploren e ex-ploten novos caladoiros afastados dascostas galegas e que traballen con espe-cies de máis valor comercial. Nace destexeito a empresa Pescanova, radicada en Vigoe da que Valentín será nomeado vicepresi-dente.Dous buques conxeladores, o Lemos e o An-drade inician esta nova etapa. Un vai caraos caladoiros arxentinos e o outro cara acosta de Sudáfrica. A especie a comerciali-zar será a pescada, dunha enorme calida-de e dun tamaño moi apreciable.O nome da compañía foi idea de Valentín,así como o nome dos primeiros barcos,todos de castelos galegos: Lemos, Andra-de, Pambre, Doncos, Sobroso, Souto-maior, Vilalba e Vimianzo.Pescanova é, na actualidade, unha mul-tinacional líder no sector dos alimentosultraconxelados.

Valentín tivo unha gran impor-tancia na creación da empresaPescanova, da que foi nomea-do vicepresidente.

A OBRA LITERARIA 9A OBRA LITERARIA 9A OBRA LITERARIA 9A OBRA LITERARIA 9A OBRA LITERARIA 9

A obra literaria de Valentín Paz Andrade nonestá só ligada ao mundo da pesca, campono que ten numerosas publicacións e co-laboracións en revistas especializadas. Éautor, tamén, de obras de ensaio nas queachega a súa visión e dá as claves para odesenvolvemento económico, social e cul-tural de Galicia.En 1959, publica en Bos Aires, «Galiciacomo tarea», en 1970, «La marginaciónde Galicia» e «El capital como factor deldesarrollo de Galicia», onde establece asclaves políticas e económicas do naciona-lismo galego.En 1955 xa publicara o seu primeiro librode poemas «Pranto Matricial», elexía aoseu amigo Alfonso Rodríguez Castelao,falecido cinco anos antes.Trece anos despois que publica o seu se-gundo libro de poesía, «Sementeira dovento» e en 1979 «Cen chaves de som-bra», prologado polo seu amigo LorenzoVarela e coa cuberta deseñada por LuísSeoane.En 1982, Ediciós do Castro publícalle o seuensaio sobre Castelao «Castelao na luz ena sombra».

Con «Cen chaves de sombra»,editado en 1978, Valentín con-solida a súa obra poética.Fondo RAG

Caricatura de Paz An-drade, realizada porLuís Seoane.

A POLÍTICA 10A POLÍTICA 10A POLÍTICA 10A POLÍTICA 10A POLÍTICA 10

A partir da morte de Francisco Fran-co, en 1975, as forzas políticas come-zan a buscar o seu acomodo na novasituación de liberdade que se abre ácidadanía.Paz Andrade entra a formar parte daComisión dos Dez, en representaciónde Galicia e centra o seu labor nestaComisión na defensa da personalida-de xurídica e histórica de Galicia con-seguindo poñela ao mesmo nivel queCataluña e Euskadi.En 1977, nas primeiras eleccións libres, Va-lentín é elexido senador pola provincia de Pon-tevedra.E ao Senado leva as inquedanzas do sectorpesqueiro galego, loitando para que as co-munidades autónomas poideran asumir com-petencias no litoral propio e para evitar que oestado español implante a zona económicaexclusiva das 200 millas.

Parte do libro «A galeci-dade na obra de Guima-rães Rosa» será usadapor Valentín no seu dis-curso de ingreso na RealAcademia.

Fondo RAG

Paz Andrade, cuarto pola esquerda,formou parte da Comisión dos Dezque artellou a transición á democra-cia, despois da morte de FranciscoFranco.

TODA UTODA UTODA UTODA UTODA UNHA VIDA 11NHA VIDA 11NHA VIDA 11NHA VIDA 11NHA VIDA 11

Folleto da exposición sobre Paz An-drade celebrada na Fundación LuísSeoane, da Coruña, a principios de2012.

No ano 1964 é nomeado, a proposta deOtero Pedrayo, García Sabell, Fernándezdel Riego, Ferro Couselo e Vales Villama-rín como membro da Real Academia Gale-ga; catorce anos depois le o seu discursode ingreso, baseado na obra «A galecida-de na obra de Guimarães Rosa», publica-da nese mesmo ano.A partir do ano 1975 os premios, recoñe-cementos e galardóns a Paz Andrade sonnumerosos: o Pedrón de Ouro, A Cruzde San Raimundo de Peñafort, a Me-dalla da Cidade de Pontevedra, A Me-dalla Castelao da Xunta de Galicia, énomeado membro da Real Academiadas Ciencias, Medalla de Ouro da Ci-dade de Vigo, o Premio Trasalba daFundación Otero Pedrayo...O 19 de maio de 1987 faleceu PazAndrade en Vigo, por mor dunha do-enza cardiovascular, sendo enterra-do, cuberto coa bandeira galega, nocemiterio da súa vila natal.

CANDO TI VOLVCANDO TI VOLVCANDO TI VOLVCANDO TI VOLVCANDO TI VOLVAS 12AS 12AS 12AS 12AS 12

NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,que dende a Torre de Hércules ao Miñoun facho acenderá por cada illa,cando ti volvas polo mare;de toxo unha fogueira en cada monte,cando ti volvas polo mare;dos castros na coroa unha cachela,cando ti volvas polo mare;unha loura candea en cada pino,cando ti volvas polo mare;o seu cirio de frouma os alciprestes,cando ti volvas polo mare;luces de ardora branca en cada mastro,cando ti volvas polo mare;un farol mariñeiro en cada dorna,cando ti volvas polo mare;veliñas á xanela en cada casa,cando ti volvas polo mare;e as pérolas das bágoas derramadas,cando ti volvas polo mare;cando ti volvas polo mare...

Galiza, 1954

Aut

ocar

icat

ura

de A

lfons

o C

aste

lao

publ

icad

a en

«E

l Far

o de

Vig

o»,

o 28

de

xuño

de

1931

, o d

ía q

ue fo

i ele

xido

Dip

utad

o po

r Pon

teve

dra.

Valentín Paz Andrade«Pranto Matricial»

CANTARELA 13CANTARELA 13CANTARELA 13CANTARELA 13CANTARELA 13

Plim-plim, plim-plim, plim-plim...Con sílaba de ferreirocanta, canta,os minerais sonos debullando,plim-plim, plim-plim, plim-plim...canta, canta o teu cincel....

O teu arte, canteiro,arte maior do pico e da marreta,qué xeolóxico verso,na castidade crúa do perpiañolabrará para min?...

Plim-plim, plim-plim, plim-plim...As voces unisílabas da pedra,só por túa mao, canteiro,se xuntaronao pentagrama máxico do mundo.

Samil (Vigo), 1959

Paz Andrade, terceiro pola esquerda,diante do monumento a Curros Enrí-quez, na Coruña, xunto a Fernándezdel Riego, Carré, Xesús Naia...Fondo Real Academia Galega

Valentín Paz Andrade«Sementeira do vento»

TRIADAS 14TRIADAS 14TRIADAS 14TRIADAS 14TRIADAS 14

Verde vento polas leirase vento azul polo mar,panos da mesma bandeira.

Quen fora vento, meu mare sobre o teu lombo brandopuidera o corpo deitar!

Quen fora o vento poboadode polen e de cantigase malvises namorados!

Quen fora o vento que rubea refrescar as estrelasdespois de folgar coa nube!

Quen fora xinete aladode ardor e de vidro feitosobre das olas montado!

Valentín Paz Andrade«Sementeira do vento»

Na celebración do Premio Trasalba daFundación Otero Pedrayo concedido aValentín Paz Andrade, cuarto pola esquerda,no ano 1986.Fondo Fundación Penzol

barco de sombras 15barco de sombras 15barco de sombras 15barco de sombras 15barco de sombras 15

Para Xosé Núñez Búa

Despois da meia noite de Vilaxoán partían...Polo peirao durmido vultos de homes da vilapouco a pouco engulidos por un barco sen lucesa pasarela entrando en alongada fila....Cando o pesqueiro boga da Illa para Sálvorarepican a maitíns as monxas dun convento,as luces de Riveira e de Aguiño esmorecen,o mar saúda o barco coa súa mao ao vento....Alá fica Rianxo con Castelao de fora,e Povoa do Deán sen don Ramón senlleiro.Despois o barco vira a costa de Pondalpara ter da liberdade o rumo verdadeiro.

Ao doblar Ortegal no roteiro de Franza,as cantábricas puntas de Galiza dixeron:Adeus fillos da Terra as alleas ciscadose que Deus vos recolla no anaco que nos deron!...De aqueles que unha noite de Vilaxoán partironpoucas malvas darían camposanto da Terra.A dispersión, a praga bíblica de Galiza,nos exiliados roe como cinzas da Guerrra.

Pousa Nova do Mar,San Xoán, 1976

Valentín Paz Andrade«Cen chaves de sombra»

«Evasión», unha das estam-pas do álbum «Atila en Gali-cia», de Alfonso R. Castelao.