cantigas de escarnio[1]
TRANSCRIPT
A CANTIGAS DE ESCARNIO E A CANTIGAS DE ESCARNIO E MALDICIRMALDICIR
1. INTRODUCIÓN
2. ORIXES TRADICIÓN AUTÓCTONA
SIRVENTÉS PROVENZAL
3. DEFINICIÓN
4. CAMPOS SÉMICOS
5. CLASIFICACIÓN TEMÁTICA SÁTIRA POLÍTICA
SÁTIRA LITERARIA
SÁTIRA SOCIAL, DE TIPOS E COSTUMESSÁTIRA OBSCENA
6. RECURSOS O EQUÍVOCO
A IRONÍA
As composicións satíricas teñen un valor sociolóxico, histórico
e lingüístico innegable. A través delas podemos comprender e
interpretar os hábitos da sociedade da Idade Media. Podemos
observar nos textos o carácter, os costumes, a psicoloxía e as
crenzas que preocupaban á xente do Medievo.
Poesía autóctona de tradición oral relacionada coa festa do
Entroido, nas que se reflite o espírito carnavalesco que herdamos da
civilización latina, e que expresan como o mundo se pon ao revés
nesta festa pagá.
O sirventés provenzal era unha composición na cal os
trobadores censuraban persoas, criticaban malos costumes, a
política, etc. A súa finalidade era moral e social, fronte á sátira
galega que o que quería era divertir.
Segundo a Arte de Trovar do CBN, as cantigas de escarnio son
aquelas que se basean na equivocación, na utilización de palabras
con dobre sentido. As cantigas de maldicir, en cambio, empregan
palabras directas.
CANTIGAS SATÍRICAS CANTIGAS DE MALDICIR
Sátira encuberta, indirecta
Sátira clara e directa
Algúns son común aos da cantiga de amigo ou amor, aínda que para alteralos
de forma irónica e negativa. Pero temos campos propios:
A aldraxe: series léxicas como a afronta, o litixio e a rifa, o castigo, a
irrisión…
O alimento: ridiculízase a miseria e a avaricia dalgúns tipos sociais como os
infanzóns.
A polémica social é un dos campos máis complexos e implica todos os
sectores e grupos sociais.
O obsceno, con léxico que fai referencia aos órganos sexuais e ás prácticas
eróticas.
SÁTIRA POLÍTICA: trata os problemas políticos e militares que
preocupan aos monarcas do século XIII. Ademais das sátiras persoais,
podemos falar destes dous ciclos:
a) A crítica aos cabaleiros que entregan os seus castelos a Afonso III o
Boloñés na guerra portuguesa de 1246, rompendo as obrigas de
vasalaxe que os unía a Sancho II.
b) A crítica de Afonso X aos nobres que o traizoaron e lle negaron a
súa axuda na guerra de Granada (1264), censurando a súa covardía e
deslealdade.
SÁTIRA LITERARIA: burlas dirixidas a autores e á propia literatura. Os
enfrontamentos eran unha especia de xogo de enxeño para demostrar as
habilidades literarias e dar saída ás rivalidades. Hai tres ciclos:
a) Enfrontamentos entre xograres e trobadores: burlas da falta de
calidade artística ou o cambio de rol dos xograres.
b) Parodia do código do amor cortés e ridiculización dos seus motivos
temáticos ou da linguaxe.
c) Ciclo das “amas e tecedeiras”, nutrido por composicións que
xurdiron logo de que o portugués Joán Soárez Coelho dedicara unha
cantiga de amor a unha ama de cría.
SÁTIRA SOCIAL, DE TIPOS E COSTUMES. Destacan as críticas
á avaricia, ás crenzas na astroloxía e á adiviñación, desde
cortesáns a mercaderes:
a) Os infanzóns e cabaleiros pobres, ridiculizados polas súas
pretensións nobiliarias e a miseria en que viven.
b) Os cregos, frades e monxas aos que se censura polos seus
vicios pouco cristiáns, en especial a gula e a luxuria.
SÁTIRA OBSCENA: pola tendencia ao riso fácil, son comúns
as referencias ao sexual e ao escatolóxico. Destacan neste
ciclo as numerosas cantigas dedicadas ás soldadeiras.