avanza - santillana.es · ilustración: paul coulbois, el infografista, estudio tenllado, carlos...
TRANSCRIPT
ESO
O libro Xeografía e Historia Avanza, para terceiro curso de ESO, é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana M.ª Guerra Cañizo.
Na súa elaboración participou o seguinte equipo: Fernando Abascal Altuzarra Pedro Adiego Sancho Álvaro Bellón Mena Olga Cabeza García María Ángeles Fernández de Bartolomé Rosa López Pérez Juan Martín Martín Ana Redondo do Río Raquel Rubalcaba Bermejo María Luisa Vázquez Sánchez Javier Velilla Gil Francisco Javier Zabaleta Estévez
EDICIÓN Santiago R. Rivarola (Qurtuba editores, S. L.) María Ángeles Fernández de Bartolomé Raquel Rubalcaba Bermejo
DIRECCIÓN DO PROXECTO Lourdes Etxebarria Orella
AVANZA
Xeografía e Historia
© 2017 by Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L.Entrecercas, 215705 Santiago de CompostelaPrinted in Spain
ISBN: 978-84-9972-599-4CP: 756714Depósito legal: M-8432-2017
Dirección de arte: Xosé Crespo.
Proxecto gráfico: Estudio Pep Carrió.Fotografía de portada: Leila Méndez.Ilustración: Paul Coulbois, El Infografista, Estudio Tenllado, Carlos Fernández del Castillo, Agustí Serrano.
Xefa de proxecto: Rosa Marín. Coordinación de ilustración: Carlos Aguilera. Xefe de desenvolvemento de proxecto: Javier Tejeda. Desenvolvemento gráfico: Raúl de Andrés, Jorge Gómez e Ana Gómez.
Dirección técnica: Jorge Mira.
Coordinación técnica: Xoán L. Bendaña, Jesús Muela e Marisa Valbuena. Confección e montaxe: Medianil Gráfico para Qurtuba editores S. L., Alejandro Martínez e Antonio Díaz. Elaboración cartográfica: Paul Coulbois, GEODÓS, Geotec Cartografía, Rosa López, Tania López e Alberto Solano. Asesoramento lingüístico: Xoán L. Bendaña, Laura Castro, Antonio F. Guiadanes, Antón Palacio e Sara Villar.Documentación e selección fotográfica: Nieves Marinas.
Fotografía: F. PO; J. C. MUÑOZ; J. JAIME; J. LUCAS; KRAUEL; M. SÁNCHEZ; S. PADURA; A. G. E. FOTOSTOCK/JASON FRIEND, J. D. DALLET, ELLEN ISAACS, TYLER OLSON, MEDIOIMAGES, DAVID LYONS, JOSÉ FUSTE RAGA, DINODIA, CORMON FRANCIS/HEMI, ZOONAR/CHRISTA EDER, IGNACIO PALACIOS, GUIDO ALBERTO ROSSI; CONTIFOTO/M. RODRÍGUEZ; CORDON PRESS/SYGMA/M. ATTAR, CORBIS/FIROZ AHMED/DEMOTIX; DIGITALVISION; EFE/BOENSCH, B./PICTURE ALLIANCE/ARCO IMAGES G/NEWSCOM/LAFOTOTECA.COM, LAFOTOTECA.COM/NEWSCOM/J. J. GUILLÉN, FRANCIS R. MALASIG; GETTY IMAGES SALES SPAIN/AFP/FAYEZ NURELDINE, THINKSTOCK, AFP; NASA; BLOM SISTEMAS GEOESPACIALES; J. A. BOTILLO; PARLAMENT EUROPÉEN; SERIDEC PHOTOIMAGENES CD; UNITED NATIONS/UN PHOTO/JOAO ARAUJO PINTO Krauel; ORONOZ; S. Cid; A. G. E. FOTOSTOCK/DEA/G. Cigolini, J.D. Dallet; ALBUM/Oronoz, AKG, Culture images, Erich Lessing, Museo Nazionale do Bargello, Lessing; ARCHIVO PHOTOAISA/Iberfoto; GARCÍA-PELAYO/JUANCHO; GETTY IMAGES SALES SPAIN/DEA/A. Gregorio, Thinkstock, Photos.com Plus; INDEX/Bridgeman; MUSEUM ICONOGRAFÍA/J. Martin; PHOTO RMN/Hervé Lewandowski; SCALA GROUP/ De Agostini Picture Library, Andrea Jemolo; BIBLIOTECA NACIONAL DE ESPAÑA/Laboratorio Biblioteca Nacional; CONGRESO DOS DEPUTADOS, MADRID; HOSPITAL TAVERA, TOLEDO; MADRID, MUSEO NACIONAL DO PRADO/Laboratorio do Museo do Prado / © MUSEO DO PRADO - MADRID - DEREITOS RESERVADOS. PROHIBIDA A REPRODUCIÓN TOTAL OU PARCIAL; MUSEO DO LOUVRE, PARÍS; MUSEO NACIONAL DO BARGELLO, FLORENCIA; MUSEO NAVAL, MADRID; ARQUIVO SANTILLANA.
Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra só pode ser realizada coa autorización dos seus titulares, salvo excepción prevista pola lei. Diríxase a CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos, www.cedro.org) se necesita fotocopiar ou escanear algún fragmento desta obra.
3
UNIDADEMARCO DE
APRENDIZAXESABER
1 A organización política do mundo
páx. 7
Os Estados actuais
A Unión Europea
España
• Que é un Estado, funcións do Estado e o Estado do benestar
• Tipos de Estados
• A cooperación e os conflitos entre os Estados
• As institucións e os símbolos da Unión Europea
• A organización territorial e principais institucións de España
• As Comunidades Autónomas
Saber aplicar:
• Interpretar un esquema
• Interpretar mapas diversos
• Compoñer esquemas e táboas diversas
Saber facer:
• Interpretar o mapa político do mundo
2 O sector primario
páx. 23
As paisaxes agrarias, a gandaría, a pesca e a explotación forestal
• O sector primario na actualidade
• As paisaxes agrarias
• A gandaría, a pesca e a explotación forestal
• O sector primario na Unión Europea e en España
• Os problemas da sustentabilidade
Saber aplicar:
• Obter información a partir da observación de imaxes
• Interpretar gráficos e mapas diversos
Saber facer:
• Interpretar o mapamundi dos usos do solo agrario
3 Minaría, enerxía e industria
páx. 37
Os recursos minerais
As fontes de enerxía
Os recursos naturais e a industria no mundo e en España
• Os recursos minerais
• As fontes de enerxía renovables e as non renovables
• Os trazos da industria actual
• A localización e a deslocalización
• As grandes potencias industriais do mundo
• Os recursos naturais e a industria en España
Saber aplicar:
• Interpretar gráficos sobre a produción e o consumo de enerxía
• Interpretar un mapa de España sobre a produción industrial
Saber facer:
• Interpretar un mapa das áreas industriais máis importantes do mundo
4 Os servizospáx. 51
O comercio
O transporte
O turismo
O sector servizos en España
• O sector terciario: tipos de servizos
• A actividade comercial
• Tipos de transporte
• A importancia do turismo
• O comercio e o transporte en España
• O turismo en España
Saber aplicar:
• Interpretar un debuxo sobre a balanza comercial
• Interpretar gráficos sobre intercambios comerciais
• Identificar o debuxo representativo de distintos tipos de redes de transporte
Saber facer:
• Interpretar un mapa de fluxos
• Analizar e comparar dous mapas de fluxos
5 Un mundo de cidades
páx. 67
As funcións e estrutura da cidade
A organización do espazo urbano
A rede urbana mundial
As cidades de España
• Que é unha cidade
• Partes das cidades
• O crecemento urbano
• Cidades globais, metrópoles e megalópoles
• O sistema urbano español
Saber aplicar:
• Completar táboas e esquemas acerca dos diferentes modelos urbanos
• Analizar mapas e gráficos sobre as cidades
Saber facer:
• Analizar o espazo urbano a partir dun plano
4
UNIDADEMARCO DE
APRENDIZAXESABER
6 O reto do desenvolve- mento
páx. 81
O atraso económico
A pobreza extrema: a fame
As desigualdades
Pobreza e desenvolvemento en España
• Os países segundo o nivel de desenvolvemento
• Causas do atraso económico, a pobreza extrema e a fame
• As desigualdades sociais, económicas, de saúde e de benestar
• As axudas exteriores aos países menos desenvolvidos
• Pobreza, desigualdades e desenvolvemento en España
Saber aplicar:
• Interpretar un mapa de distribución de países segundo o IDH
• Completar un esquema sobre organizacións internacionais
Saber facer:
• Comparar o desenvolvemento de dous países: España e Camerún
7 A sustenta- bilidade medioambien- tal
páx. 95
A deterioración ambiental
A contaminación atmosférica
A auga
A biodiversidade
A degradación do solo
• A modificación do medio natural. Posibles solucións
• Efectos da contaminación atmosférica
• A auga como ben escaso
• Ameazas á biodiversidade
• A contaminación dos solos
Saber aplicar:
• Interpretar mapas sobre temas relacionados co medio ambiente e a conservación da natureza
• Comprender un esquema sobre a chuvia ácida
• Analizar un mapamundi acerca da escaseza de auga
• Coñecer as principais zonas do mundo en que a biodiversidade está ameazada
Saber facer:
• Comparar a pegada ecolóxica
8 A Idade Moderna, unha nova era
páx. 109
As exploracións europeas
A América precolombiana
A sociedade e a economía europeas
• O comercio con Oriente e os avances na navegación
• As exploracións portuguesas
• As exploracións castelás
• A América precolombiana: maias, incas e aztecas
• A prosperidade económica en Europa
Saber aplicar:
• Recoñecer fotografías de instrumentos de navegación introducidos na época
• Interpretar un mapa co resultado do Tratado de Tordesillas
• Dispoñer datos nunha liña do tempo acerca das viaxes de Colón
• Analizar datos acerca da evolución da poboación europea mediante gráficos
Saber facer:
• Interpretar a recreación histórica dunha cidade
9 Novas formas de pensar: Renacemento e Reforma
páx. 123
O humanismo e o Renacemento
O Quattrocento e o Cinquecento
A Reforma
A Contrarreforma
• O humanismo e a súa difusión. O Renacemento
• Arquitectura, escultura e pintura do Quattrocento
• Arquitectura, escultura e pintura do Cinquecento
• A expansión do Renacemento en España, Países Baixos e Alemaña
• A doutrina de Lutero e a expansión da Reforma
• O Concilio de Trento e a Contrarreforma
Saber aplicar:
• Interpretar unha imaxe acerca do funcionamento dunha imprenta
• Analizar e interpretar algunhas das obras artísticas máis destacadas da época
Saber facer:
• Analizar un edificio. O palacio Médici-Riccardi
5
UNIDADEMARCO DE
APRENDIZAXESABER
10 A formación do Imperio español
páx. 137
A orixe do Estado moderno
Os Reis Católicos
O Imperio español
A conquista de América
• As monarquías autoritarias europeas
• O reinado dos Reis Católicos: fortalecemento da autoridade real, unidade relixiosa e expansión territorial
• Os gobernos de Carlos I e Filipe II
• A organización do Imperio español
• Problemas exteriores do Imperio español
• A conquista de México e Perú e a organización das colonias americanas
Saber aplicar:
• Relacionar algúns dos reis máis destacados da época cos países que gobernaron
• Analizar mediante un mapa as alianzas matrimoniais tecidas polos Reis Católicos
• Interpretar a árbore xenealóxica de Carlos V• Comprender a evolución dos prezos dos metais
preciosos mediante un gráfico• Estudar as etapas do Imperio español
mediante unha liña do tempo• Coñecer unha cidade colonial mediante
o estudo dunha reconstrución
Saber facer:
• Analizar un mapa histórico. O Imperio español
11 A Europa do Barroco
páx. 153
A crise do século XVII
O declive da monarquía española
O apoxeo de Francia
A prosperidade das Provincias Unidas
Inglaterra e a monarquía parlamentaria
A arte barroca
• O estancamento da poboación e os conflitos sociais no século XVII
• A fin da hexemonía española
• A consolidación da monarquía absoluta en Francia
• A independencia das Provincias Unidas e o auxe do comercio marítimo
• O fracaso do absolutismo en Inglaterra e a creación de imperio colonial inglés
• O Barroco
• O Século de Ouro español
Saber aplicar:
• Estudar a evolución da poboación europea no século XVII mediante un gráfico
• Completar unha táboa coas datas en que se produciron algúns acontecementos relacionados co declive da monarquía española
• Estudar un fragmento da Declaración de Dereitos de 1689
Saber facer:
• Analizar unha escultura barroca• Analizar unha pintura barroca
6
Esquema do libro Esquema do libro
Cada unidade está formada por distintas páxinas de información e actividades. O texto, de carácter informativo, explicativo e descritivo, vai acompañado de distintos elementos como fotografías, gráficos, táboas, etcétera.
A información organízase en epígrafes e subepígrafes e en recadros de ampliación ou exemplificación situados na marxe.
Saber facer desenvolve procedementos e técnicas.
ACTIVIDADES9. Novas formas de pensar: Renacemento e Reforma
Comprende
4 Lembra.
• Cales son as principais características da escultura do Quattrocento?
• Cita tres artistas do Quattrocento e o campo en que destacaron.
Aplica
5 Analiza. Que elementos clásicos observas na igrexa da páxina esquerda?
6 Interpreta. Observa A Primavera, obra de Botticelli, e responde as preguntas.
• Como dirías que son os rostros dos personaxes: fermosos, feos, tranquilos, axitados…?
• Describe a pintura: onde se desenvolve a escena, que personaxes aparecen, como visten, o que fan…
• Indica as características desta pintura que permiten dicir que é unha obra renacentista.
2O Quattrocento
A arquitectura
Os arquitectos renacentistas deseñaron edificios relixiosos e civís adaptados á medida do ser humano. Buscábase ante todo a sime-tría e a proporción. Para isto, os artistas recuperaron os elementos clásicos: arcos de medio punto, frontóns, bóvedas de canón, cúpulas e columnas.
Destacaron Filippo Brunelleschi, que realizou a cúpula da catedral de Florencia, e Leon Battista Alberti, autor da fachada da igrexa de Santa María Novella de Florencia e da igrexa de Santo Andrés de Man-tua.
A escultura
A escultura centrouse na representación do corpo humano e conce-deu especial importancia ás proporcións, á beleza e aos estudos anatómicos, polo que proliferaron os nus.
Sobresaíron Lorenzo Ghiberti e Donatello.
A pintura
Os pintores renacentistas introduciron a perspectiva lineal, unha téc-nica que lles permitiu representar a profundidade. Ademais, lograron dar sensación de volume usando luces e sombras (claroscuro).
Durante o Renacemento seguiron pintándose escenas relixiosas, pero introducíronse temas mitolóxicos, retratos e paisaxes.
Os principais pintores foron Masaccio, Mantegna e Botticelli.
DICIONARIO VISUAL
Igrexa de Santo Andrés de Mantua, obra de Alberti. Interior (A) e exterior (B).
A B
Arco de medio punto
Cúpula
Bóveda de canón
Arco de medio punto
Frontón triangular
Bóveda de canón
Sacrificio de Isaac, obra de Ghiberti. Esta obra gañou un concurso para elixir o escultor que realizaría as portas do baptisterio da catedral de Florencia.
127126
9. Novas formas de pensar: Renacemento e Reforma
Novas formas de pensar: Renacemento e Reforma9
A finais da Idade Media iniciouse en Europa unha nova forma de pensar que situaba o ser humano no centro do universo e que confiaba na razón para descubrir os segredos da natureza: o humanismo. Este novo espírito difundiuse rapidamente grazas á imprenta e orixinou o Renacemento, un novo movemento artístico, e a movementos de reforma da Igrexa católica.
Diferentes Igrexas protestantes
RENACEMENTO
REFORMA LUTERANA
HUMANISMO
CONTRARREFORMA CATÓLICA
Intolerancia relixiosa
Italia
España Máis tardío e relixioso
Quattrocento
Cinquecento
123
Unha introdución breve
e unha imaxe grande
sintetizan a unidade.
Un esquema recolle os
contidos máis importantes.
O Dicionario visual axuda
con fotos, debuxos, mapas
ou esquemas á aprendizaxe
dos conceptos.
Unha serie de fichas (Sabías que,
Un exemplo, Presta atención…)
complementan o texto
informativo.
9. Novas formas de pensar: Renacemento e Reforma
Faino ti
21 O autor e a data. Quen construíu o palacio Médici-Riccardi? En que data se construíu?
22 A estrutura. Observa a planta e indica cales son os principais cuartos e cal é a súa función.
23 A decoración. Que aspectos destacarías da decoración? Razoa a resposta.
24 O estilo. De que estilo artístico é o palacio Médici-Riccardi? Xustifica a resposta.
SABER FACER: Analizar un edificio. O palacio Médici-Riccardi
Na primeira metade do século XV, Cosme de Médici decidiu construír un palacio como residencia familiar. A obra encargouse a Michelozzo, quen, entre 1444 e 1460, levantou un edificio que se converteu no modelo dos palacios florentinos e no símbolo do poder político dos Médici.
PASOS PARA SEGUIR
Para analizar un edificio ten en conta estes aspectos:
1 O autor e a data. Indica quen o mandou construír, cando foi construído, que tipo de edificio é e para que se realizou.
2 A estrutura. Sinala con que material está realizado o edificio, describe a súa planta e explica como son o interior e o exterior (estancias, tipo de arcos e columnas, etc.).
3 A decoración. Observa os elementos decorativos (esculturas, pinturas…) e descríbeos.
4 O estilo. Tendo en conta as súas características, indica a que estilo artístico pertence.
A fachada principal ten tres pisos. O inferior foi realizado con almofadado rústico e o segundo, con almofadado suave. O terceiro é liso.
As estancias da familia distribuíanse arredor do patio. Só as persoas máis próximas tiñan acceso a elas. A estancia principal era a cámara (dormitorio), onde se recibían as visitas importantes.
A capela estaba decorada con frescos de Benozzo Gozzoli que representaban a procesión dos Reis Magos. Os personaxes principais teñen os trazos dos membros da familia Médici.
No patio estaba o orixinal do David, esculpido por Donatello.
Patio porticado
Xardín
Na planta do palacio Médici-Riccardi obsérvase que as estancias se organizaban arredor do patio.
9. Novas formas de pensar: Renacemento e Reforma
134
AUTOAVALIACIÓN
Marca a opción correcta en cada caso.
1. Cales foron os principais instrumentos de difusión da doutrina humanista?
A imprenta, as relacións entre humanistas, as academias e as universidades.
A Igrexa católica e o Islam.
As escolas municipais.
2. Cal das seguintes foi unha característica fundamental do humanismo?
A relixiosidade.
O centro no ser humano.
O misticismo.
3. Indica un trazo definitorio da nova ciencia.
O uso de linguas vernáculas.
A realización de experimentos.
A interpretación directa da Biblia.
4. En que etapas se divide o Renacemento italiano?
Trecento e Quattrocento.
Románico e Gótico.
Quattrocento e Cinquecento.
5. Cales foron as principais características da arquitectura do Quattrocento italiano?
A simetría, a proporción e os elementos clásicos.
A decoración abundante.
A ausencia case total de decoración.
6. Quen foi o principal escultor do Cinquecento italiano?
Miguel Anxo.
Botticelli.
Brunelleschi.
7. Cal foi a principal característica do estilo plateresco?
Decoración moi abundante.
Sobriedade na decoración.
Ausencia de decoración.
8. Quen foi o autor da pintura O enterro do señor de Orgaz?
Berruguete.
Durero.
O Greco.
9. Quen foi o impulsor da Reforma protestante?
Martiño Lutero.
Xoán Calvino.
Henrique VII.
10. É unha doutrina protestante:
Calvinismo.
Budismo.
Catolicismo.
11. Que trazo é propio do luteranismo?
As persoas que fan boas obras salvaranse.
Os fieis relaciónanse directamente con Deus e interpretan a Biblia libremente.
Os sacerdotes deben gardar celibato.
12. Cal foi o obxectivo da Contrarreforma?
Modernizar a Igrexa católica adoptando algunhas das teses do protestantismo.
Reorganizar e revitalizar a Igrexa católica e enfrontarse ao protestantismo.
Unir a Igrexa católica coa Igrexa ortodoxa.
13. Como se chamou o Concilio que tratou de reformar a Igrexa católica?
Concilio de Loyola.
Concilio de Trento.
Concilio de Nicea.
14. Que nova orde se fundou a partir da Contrarreforma?
Os franciscanos e os agostiños.
Os dominicanos e os beneditinos.
Os xesuítas.
15. Que consecuencia tiveron a Reforma e a Contrarreforma?
O coñecemento da historia relixiosa.
A intolerancia relixiosa.
Os contactos entre relixións.
16. Que relixión era a dominante nos países do norte de Europa?
A calvinista.
A protestante.
A católica.
136
As Actividades están secuenciadas en categorías
(Comprende, Razoa, Aplica) para facilitar a súa
comprensión.
Cada unidade péchase cunha
Autoavaliación que permite recoñecer
os contidos aprendidos e e os que
cómpre volver revisar.A sección Pasos para seguir recolle
as pautas
necesarias para
aplicar a técnica
ou o procedemento.
Os procedementos
de máis dificultade
incorporan un
Exemplo resolto.
A sección Faino ti propón a realización
da técnica de maneira pautada e sinxela.
6
1. A organización política do mundo
A organización política do mundo1
• Segundo a organización política
• Segundo a relixión
• Segundo a organización territorial
Compoñentes e funcións
• Cooperación: ONU
• Conflitos
Tipos
Relacións entre os Estados
InstituciónsOrganización
política
Historia
• Concellos
• Provincias
• Comunidades Autónomas
Organización territorial
Institucións
OS ESTADOS ACTUAIS
A UE
ESPAÑA
A ORGANIZACIÓN POLÍTICA
DO MUNDO
O mundo está formado por máis de 200 Estados. Os Estados relaciónanse entre eles establecendo sistemas de cooperación, como a ONU ou a Unión Europea, pero tamén se enfrontan e teñen conflitos.
7
Que é un Estado
O Estado é a unidade política e administrativa superior que rexe un territorio. Todos os habitantes dese territorio están sometidos á autoridade do Estado.
Os Estados están formados por varios compoñentes:
• Os cidadáns. Teñen dereitos e obrigas.
• Un territorio. Está delimitado por unhas fronteiras.
• Unhas institucións. Son necesarias para facer efectivas as decisións do Estado. Por exemplo, a policía, o exército, o corpo de diplomáticos e os funcionarios que executan as políticas.
Ademais, os Estados posúen uns símbolos que os identifi-can, como o himno e a bandeira.
Actualmente, o mundo está formado por uns 200 Estados. Pero este número e o territorio dos Estados variou ao longo da historia e continúa facéndoo, xa que se pode reducir ou ampliar como resultado dunha guerra, dun proceso de inde-pendencia ou dun tratado internacional.
As funcións do Estado
O Estado desenvolve numerosas funcións:
• Establece relacións internacionais. Funda embaixadas e consulados noutros Estados, forma parte de organismos internacionais, chega a acordos con outros Estados, etc.
• Garante a seguridade nacional. Mantén a orde públi-ca e defende o territorio e os cidadáns contra as agresións exteriores.
• Regula a economía e as relacións laborais. Crea nor-mas para orientar a actividade económica.
• Ofrece servizos básicos, como educación, sanidade, transporte…
O Estado do benestar
O Estado proporciona uns servizos básicos á poboación co diñeiro dos impostos:
• Ofrece servizos públicos, como sanidade e educación.
• Concede subvencións á poboación necesitada.
• Establece un sistema de pensións que permite vivir dig-namente á poboación xubilada ou que non puido traballar.
É o que se coñece como Estado do benestar. Existe nos países desenvolvidos, sobre todo nos europeos.
1Os Estados actuais
Tamén hai Estados frustrados, que son os que presentan un baleiro de poder que lles impide controlar o seu territorio e defender os seus cidadáns de grupos terroristas, paramilitares ou da delincuencia organizada. Estas circunstancias convértenos en Estados inseguros para a poboación que vive neles.
Actualmente estímase que existen arredor de 40 países que son Estados frustrados.
TEN EN CONTA
INTERVENCIÓN DO ESTADO
DÉFICIT DO ORZAMENTO DO ESTADO
REEQUILIBRIO DO ORZAMENTO DO ESTADO
Política de grandes obras:
estradas, encoros,
etcétera.
Aumento
de ingresos
�scais do Estado.
Aumento dos ingresos
das familias.
Diminución do paro.
Crecemento
do consumo.
Crecemento
da poboación.
Contratación.
Distribución de subsidios
a parados, empresas,
familias, etc.
FUNCIONAMENTO DO ESTADO DO BENESTAR
8
ACTIVIDADES1. A organización política do mundo
Comprende
1 Lembra. Enumera as funcións do Estado.
1)
2)
3)
4)
2 Identifica. Marca verdadeiro (V) ou falso (F), segundo corresponda. As afirmacións que consideres erróneas escríbeas debaixo correctamente.
Todos os Estados ofrecen á súa poboación servizos públicos, como a sanidade e a educación.
Todos os Estados teñen un territorio delimitado por unhas fronteiras.
Unha das funcións do Estado é a de garantir a seguridade do Estado e dos cidadáns.
Os Estados están formados por dous elementos: o territorio e os cidadáns.
3 Conceptos. Completa o texto sobre o Estado coas seguintes palabras.
poboación – territorio – política goberno – fronteiras – símbolos
O Estado é unha unidade
e administrativa superior que goberna un
cunhas claras
e recoñecidas internacionalmente, en que vive
unha que se rexe por un mesmo
e unhas mesmas leis. Tamén posúe uns
que o identifican (himno, capital, moeda…).
O Estado
Compoñentes:
•
•
•
Funcións:
•
•
•
•
4 Conceptos. Explica o que é o Estado do benestar.
Razoa
5 Explica. Cres que a recadación de impostos é necesaria para que o Estado poida prestar servizos aos cidadáns? Xustifica a resposta.
6 Interpreta o esquema. Observa o gráfico da páxina anterior e contesta:
• Que representa?
• Por que un Estado necesita unhas institucións?
• E unhas leis?
Extrae conclusións
7 Resume. Completa o esquema.
9
SABER FACER: Interpretar o mapa político do mundo
PASOS PARA SEGUIR
Os mapas políticos permiten coñecer a situación dun territorio, así como a medida, a forma, as fronteiras, a organización territorial e as principais localidades.
Para analizar un territorio nun mapa político, fíxate nestes aspectos.
• Situación: localiza as coordenadas xeográficas e o continente onde está. Observa a súa situación e indica se é interior ou costeiro.
• Tamaño: indica se é grande, mediano ou pequeno ou se se trata dun microestado, como Mónaco.
• Forma: indica se a súa forma é compacta, alongada, fragmentada…
• Fronteiras: fíxate nas fronteiras naturais (ríos, mares...) e políticas (indícanse mediante liñas).
• Capital: márcase cun punto (Ten en conta que que un territorio pode ter unha capital ou varias).
Faino ti
8 Analiza o mapa.
• En que continente se sitúa China? Que cidade é a súa capital?
• Con que países ten fronteiras políticas?
• Cita tres países que se atopen no mesmo continente ca China.
• Cita dous países costeiros de América e dous do interior de Europa.
• Que información che proporciona o mapa sobre Angola?
– Situación:
– Tamaño:
– Capital:
– Ten fronteira con
E S T A D O S U N I D O S
C A N A D Á
MÉXICO
PERÚ
COLOMBIA
ECUADOR
GÜIANA
BRASIL
ARXENTINA
CHILE
BOLIVIA
PARAGUAI
URUGUAI
SURINAME
EUA
GÜIANAFRANCES
40º
60º
Ottawa
Washington
Ciudad de México
Georgetown ParamaribBogotá
Quito
SucreBra
Asunción
Santiago BuenosAires Montevideo
Lima
60º90º120º150º180º
80º
Círculo Polar Ártico
60º
40º
Trópico de Cáncer
20º
0º Ecuador
20º
Trópico de Capricornio
80º
180º
Círculo Polar Antartico
150º 120º 90º 60º
SAN VICENTEE GRANADINAS
SAINT KITTS E NEVIS
SANTA LUCÍA
BARBADOSGRANADA
TRINDADEE TOBAGO
VENEZUELA
PANAMÁ
COSTA RICA
NICARAGUAO SALVADOR
HONDURASGUATEMALA
BELICEXAMAICA
HAITÍ
REPÚBLICADOMINICANA
BAHAMAS
CUBA
PORTO RICO
ANTIGUAE BARBUDA
DOMINICA
A Habana
Nassau
Saint John's
San Juan
SantoDomingo
PortoPríncipeKingstonBelmopan
Guatemala
San Salvador
Managua
San JoséPanamá
Tegucigalpa
Porto EspañaCaracas
Saint George's Bridgetown
KingstownCastries
Roseau
Basseterre
Bogotá
REPÚBLICA
REPÚBLICA
0 930
quilómetros
Escala
O C É A N OP A C Í F I C O
10
SUECIAFINLANDIANORUEGA
ISLANDIA
REINOUNIDO
IRLANDA
ESPAÑA
MARROCOS
PORTUGAL
MAURITANIA
SÁHARAOCCIDENTAL
CABO VERDE
GUINEA ECUATORIAL
SÃO TOMÉ E PRÍNCIPE
NIXERIA
NÍXER
LIBIA
CHAD
CAMERÚN
REP.CENTRO-
AFRICANA
CON
GO
ANGOLA
REP.DEM.DOCONGO
RUANDA
ZAMBIA
BOTSWANAZIMBABUE
SUAZILANDIA
LESOTHOSURÁFRICA
NAMIBIA
MO
ZAM
BIQ
UE
MALAWITANZANIA
MADAGASCAR
COMORES
BURUNDI
KENYAUGANDA
SOMALIA
DJIBUTI
ETIOPÍA
SUDÁN DO SUR
SUDÁN
EXIPTO
SEYCHELLES
MAURICIO
ERITREA
BAHREIN QATAR
EAUOMÁN
IEMEN
ARABIASAUDITA
KUWAIT AFGANISTÁN
TURKMENISTÁN
UZBEQUISTÁN
KAZAKHSTÁN
KIRGUIZISTÁN
TAXIQUISTÁN
PAQUISTÁNNEPAL
MALDIVAS
SRI LANKA
INDIA
BANGLADESH
MYANMARLAOS
TAILANDIA VIETNAMCAMBODJA
BRUNEI
MALAISIA
SINGAPURAINDONESIA
BUTÁN
FILIPINAS
TIMOR LESTE
AUSTRALIA
PAPÚANOVAGUINEA
PALAU
COREADO SUR
COREADO NORTE
XAPÓN
MONGOLIA
FEDERACIÓN DE RUSIA
CHINA
ESTADOS FEDERADOSDE MICRONESIA
ILLAS MARSHALL
KIRIBATI
NAURU
TUVALU
ILLAS SALOMÓN
VANUATU
FIXI
NOVA ZELANDIA
ESTONIALETONIA
ASA
GABÓN
DINAMARCA
bo
asilia
o
Trípoli
Windhoek
Luanda
MaseruMaputo
Mbabane
Gaborone
Lusaka Harare
Lilongwe
Antananarivo
Port Louis
Vitoria
Moroni
Dodoma
NairobiBujumbura
Kigali
Kampala Mogadiscio
Djibuti
Addis AbebaJuba
KhartumN'Djamena
Abuja
SanaaAsmaraNiamey
Yaundé
LibrevilleBrazzaville
Kinshasa
São Tomé
Malabo
Praia
Madrid
Lisboa
Rabat
El Aaiún
MelekeokBandar SeriBegawan
X akarta Dili
Port Moresby
Canberra
Wellington
Suva
Port Vila
Honiara Vaiaku
Yaren
Bairiki
MajuroPalikir
Manila
Phnom Penh
Kuala LumpurSingapura
Bangkok
Colombo
Naypyidaw Vientiane
HanoiDhaka
Thimbu
Toquio
PyongyangSeúl
Beijing(Pequín)
Ulan Bator
Astana
Bishkek
Dushanbé
Islamabad
NovaDelhi
Katmandú
Kabul
Tashkent
Ashjabad
Kuwait
Doha
MascateAbu Dhabi
Oslo Helsinki
Moscova
ManamaRyad
O Cairo
Londres
Reykjavik
Bangui
Cidade do Cabo
180º150º120º90º60º30º0º30ºº
30º 0º
hciw
neerG
e
d
onai
dire
M
30º 150º 180º
80º
Círculo Polar Antártico
60º
40º
20º
0º
20º
40º
60º
80º
Estocolmo
DublínCopenhaguen
TallínRiga
Malé
Nuakchott
718059_02_p02_mundipolitico
IRÁN
ALXERIAIRAQ
TURQUÍA
UCRAÍNA
FRANCIA
POLONIA
SAN MARINO
ALEMAÑA
SIRIA
ROMANÍAHUNGRÍA
REINO UNIDO
TUNISIA
GRECIA
AZERBAIXÁN
SERBIA
BULGARIA
AUSTRIA
LITUANIA
SUÍZA
XEORXIA
XORDANIA
CROACIA
REP. CHECABÉLXICA
ESLOVAQUIA
MOLDAVIA
ALBANIA
PAÍSES BAIXOS
ARMENIA
DINAMARCA
ISRAEL
BOSNIA EHERCEGOVINA
ESLOVENIA
MACEDONIA
KOSOVO
LÍBANOCHIPRE
LIECHTENSTEIN
ANDORRA
MALTA
MÓNACO
CIDADE DOVATICANO
LUXEMBURGO
MONTENEGRO
ITALIA
BIELORRUSIA
Bakú
Kiev
Roma
TunesAlxer
Vilna
Minsk
Viena
Praga
VaduzBerna
París
Ammán
Sofía
Beirut
Kuwait
Berlín
Zagreb
Bagdad
Ereván
Atenas
AncaraTirana
Mónaco
Damasco
Teherán
Tbilisi
Nicosia
Londres
Pristina
Budapest
Varsovia
Bruxelas
BucarestBelgradoSarajevo
KishiniovLiubliana
Ámsterdam
Xerusalén
Luxemburgo
SanMarino
La Valletta
Andorrala Vella
Bratislava
PodgoricaSkopje
BAMAKO
MALÍ
GUINEA
GHANA
SENEGAL
BENIN
BURKINA FASO
COSTA DOMARFIL
LIBERIA
TOGO
SERRALEOA
GUINEA-BISSAUGAMBIA
GUINEA ECUATORIAL
A DE CABO VERDE
A DE CABO VERDE
Lomé
Accra
Dakar
UagaduguBanjul
Conakry
Yamusukro
Nuakchott
PortoNovo
Freetown
Monrovia
Bissau
O C É A N O
A T L Á N T I C O
O C É A N O
Í N D I C O
O C É A N O
P A C Í F I C O
O C É A N O G L A C I A L Á R T I C O
O C É A N O G L A C I A L
A N T Á R T I C O
1. A organización política do mundo
11
2Tipos de Estados
Os Estados segundo a organización política
Segundo a súa organización política, os Estados poden ser democracias, ditaduras, repúblicas e monarquías.
• Nos Estados democráticos, o poder repártese entre o Parlamento (poder lexislativo), que elabora as leis; o Goberno (poder executivo), que aplica as leis, e os xuí-ces (poder xudicial), que velan polo cumprimento das leis.
Os cidadáns participan no goberno a través das elec-cións, en que elixen os seus representantes. Existe unha lei máxima, a constitución, aprobada polos cidadáns, onde se define a forma do Estado e se regulan os dereitos e os deberes dos cidadáns.
• Nas ditaduras, unha persoa ou un grupo (o exército, un partido político, etc.) concentra todos os poderes do Estado. Os cidadáns non participan no goberno e este impón as leis e non recoñece os dereitos humanos.
• Nas monarquías, o xefe do Estado é un rei, que accede por dereito de nacemento e llelo transmite aos seus fillos.
• Nas repúblicas, o xefe do Estado é un presidente. Se é democrática, o presidente é elixido polos cidadáns.
Os Estados segundo a relixión
Segundo o papel que ten a relixión no Estado, estes clasifí-canse en Estados laicos, confesionais e teocráticos.
• Nos Estados laicos hai separación entre o Estado e a relixión. As leis non dependen de doutrinas relixiosas.
• Nos Estados confesionais existe unha relixión oficial que inspira as leis e goza de amplos privilexios.
• Os Estados teocráticos teñen unha relixión oficial e os seus libros sagrados convértense na lei. Os relixiosos condicionan as accións do Goberno.
Os Estados segundo a organización territorial
Segundo como se organizan as relacións entre as institu-cións estatais e as institucións rexionais, os Estados poden ser centralizados ou descentralizados.
• Nun Estado centralizado, a Administración central go-berna todo o territorio do Estado.
• Nun Estado descentralizado, as rexións teñen as súas institucións propias: un Parlamento, un Goberno e uns tribunais con amplos poderes.
Congreso dos Deputados, en Madrid.
ÍNDICE DE DEMOCRACIA NO MUNDO
POSICIÓN PUNTUACIÓN
Noruega 1 9,93
Suecia 2 9,73
Islandia 3 9,65
Dinamarca 4 6,52
Nova Zelandia 5 9,26
Australia 6 9,22
Suíza 7 9,09
Canadá 8 9,08
Finlandia 9 9,06
Países Baixos 10 8,99
Luxemburgo 11 8,88
Austria 12 8,62
Irlanda 13 8,56
Alemaña 14 8,34
Malta 15 8,28
Reino Unido 16 8,21
Rep. Checa 17 8,19
Uruguai 18 8,17
12
ACTIVIDADES1. A organización política do mundo
Comprende
9 Identifica. Escribe o tipo de Estado que corresponde
a cada frase.
• O rei é o xefe do Estado.
• Unha persoa ou un grupo concentra todos os poderes
do Estado.
• A relixión e o Estado están separados e non hai
unha relixión oficial.
10 Pensa. Explica o que é unha república. Despois,
di se unha república é sempre democrática.
Tipos de Estado
Segundo a organización política
Estado democráticoPoder repartido entre o Parlamento, o Goberno e os xuíces.
Participación dos cidadáns no Goberno (eleccións).
Segundo a relixión
Segundo a organización territorial
Fonte: Liberdade no mundo, 2015. Freedom House
Extrae conclusións
12 Sintetiza. Completa a táboa.
Incumprimentodos dereitos fundamentais e sistema político controlado
Amplo respectodas liberdadespúblicas
Respectoparcialdas liberdadespúblicas
Aplica
11 Interpreta o mapa. Observa o mapa e responde.
• Que continente presenta os índices máis baixos de democracia? E os máis altos?
• Como son os índices de democracia en Asia?
13
As organizacións internacionais
Os Estados relaciónanse entre si xeralmente de forma pací-fica. Para tratar cuestións de interese común, adoptar deci-sións e solucionar problemas, crearon organizacións inter-nacionais.
Hai organizacións internacionais de alcance mundial e outras que agrupan países dunha zona determinada, como a UE ou a Liga Árabe.
Tamén hai organizacións con obxectivos variados, como a ONU, e outras que só se ocupan dunha materia. Por exem-plo, a OTAN é unha organización militar constituída por 28 Estados nun sistema de defensa común.
A ONU
O principal organismo internacional de mediación entre os Estados é a Organización das Nacións Unidas (ONU). Fundouse en 1945, despois da Segunda Guerra Mundial, cando os Estados caeron na conta de que cumpría crear un organismo que resolvese os conflitos de xeito pacífico. Ac-tualmente, 193 países, case todos os Estados do mundo, for-man parte desta organización.
A ONU ten tres obxectivos principais:
• A defensa dos dereitos humanos. Aprobou impor-tantes documentos, como a Declaración dos Dereitos Humanos, que todos os Estados membros teñen que respectar.
• O mantemento da paz. Emite resolucións de cumpri-mento obrigado para países involucrados en conflitos. Ademais, organiza misións de paz coa intervención sobre o terreo das forzas armadas de paz ou Cascos Azuis.
• A cooperación internacional. Creou organismos con obxecto de axudar os países en varios aspectos, por exemplo, a FAO para a agricultura e a alimentación, a OMS para a saúde, ou UNICEF para a infancia.
A ONU ten algúns puntos débiles que dificultan a súa tare-fa. Hai cinco Estados (Estados Unidos, Rusia, China, Reino Unido e Francia) que poden vetar as súas decisións, polo que estas a miúdo quedan limitadas polos seus intereses. Ade-mais, a ONU non ten financiamento nin exército propio, polo cal depende das achegas dos Estados.
Os membros da ONU están obrigados a resolver de ma-neira pacífica as desavinzas que teñen entre si. Non obs-tante, este compromiso rompeuse moitísimas veces.
3A cooperación e os conflitos entre os Estados
Cascos Azuis.
DICIONARIO VISUAL
A ONU ten diferentes órganos de goberno para desenvolver os seus obxectivos:
• Secretario Xeral. Actúa como portavoz da comunidade internacional.
• Asemblea Xeral. É o principal órgano deliberativo. Está composta por representantes de todos os Estados membros.
• Consello de Seguridade. Ten a misión de manter a paz e a seguridade. Está formado por 15 membros, 5 permanentes que teñen dereito de veto e 10 non permanentes renovados cada dous anos. As súas decisións téñense que cumprir de xeito obrigatorio.
TEN EN CONTA
14
ACTIVIDADES1. A organización política do mundo
Comprende
13 Lembra. Enumera os tres principais obxectivos da ONU.
•
•
•
14 Conceptos. Completa as seguintes frases.
• A ONU creouse no ano
• Os Cascos Azuis ocúpanse de
• Os principais puntos débiles da ONU son
15 Conceptos. Completa o texto sobre a ONU coas seguintes palabras:
paz – organizacións – OTAN forzas – Cascos Azuis
As armadas de paz da ONU, coñecidas
como pola cor do casco
ou da boina, están integradas por militares dos exércitos
dos países que integran a ONU. A súa función principal
é crear ou manter a en áreas de conflito.
Ás veces, a ONU autoriza outras
a actuar no seu nome, por exemplo,
á .
Razoa
16 Pensa. Explica por que…
• Os Estados crearon organizacións internacionais.
A Organización das Nacións Unidas (ONU)
Obxectivos
Puntos débiles
Data de creación
Número de membros
• A ONU é o organismo de mediación entre Estados máis importante.
• A ONU creouse tras a Segunda Guerra Mundial.
• UNICEF promove a protección, a supervivencia e o desenvolvemento dos nenos do mundo.
Extrae conclusións
17 Resume. Completa o esquema.
15
Unión económica e coordinación política
Tras a Segunda Guerra Mundial (1939-1945), retomouse a idea de crear unha organización para fomentar a coopera-ción entre os países europeos.
Os inicios da Unión Europea (UE) encontrámolos en 1957, cando seis países europeos decidiron ampliar a coopera-ción entre eles. Hoxe, a UE está formada por 28 países. Es-paña incorporouse en 1986.
Nos últimos tempos, a UE afondou na integración económi-ca e política:
• En 2002 entrou en circulación a moeda única, o euro. Ac-tualmente adoptárono 19 países.
• Fortaleceuse o papel do Parlamento Europeo e recoñe-ceuse a cidadanía europea e a libre circulación de cida-dáns da UE polos Estados membros.
• Creáronse fondos e políticas de solidariedade para as rexións menos desenvolvidas.
• Estableceuse unha carta de dereitos fundamentais para todos os cidadáns, o Tratado de Lisboa.
As institucións da UE
Os Estados membros da UE delegan parte da súa soberanía nalgunhas institucións independentes que representan os intereses da Unión no seu conxunto. En Bruxelas, a capital da UE, cada país ten unha representación permanente para defender os seus intereses.
As principais institucións da UE son:
• O Parlamento Europeo representa os cidadáns. Propón as leis e aproba os orzamentos.
• A Comisión Europea vela para que se apliquen os regu-lamentos e se utilicen adecuadamente os fondos.
• O Consello da UE é o órgano que toma as principais decisións.
Os símbolos da UE
• A bandeira da UE está formada por un círculo de doce estrelas douradas sobre un fondo azul.
• O himno oficial da UE é a Oda á alegría, incluída na No-vena Sinfonía de Beethoven.
• A moeda común é o euro e o seu símbolo é €.
• Hai un único modelo de pasaporte.
4Un exemplo de cooperación: a UE
Parlamento Europeo. Estrasburgo.
FITOS NA HISTORIA DA UE
1950 Discurso de R. Schuman
1951 Creación da CECA
1957 Firma dos Tratados de Roma
1958 Europa dos Seis
1973 Europa dos Nove
1975 Creación do FEDER
1981 Europa dos Dez
1986 Europa dos Doce e �rma da Acta Única Europea
1993 Entra en vigor o Tratado de Maastricht
1995 Europa dos Quince
2007 Europa dos Vinte e sete
1998 Creación do Banco Central Europeo
1999 Entra en vigor o Tratado de Ámsterdam
2009 Entra en vigor o Tratado de Lisboa
2013 Europa dos Vinte e oito
2000 Adóptase o Tratado de Niza, que entra en vigor en 2003
2004 Europa dos Vinte e cinco
EuropadosSeis
Europados
Nove
EuropadosDez
Europados
Doce
Europados Vinte
e cinco
Europados Vinte
e sete
Europados Vinte
e oito
2002 Comeza a circular o euro
Europados
Quince
718059_02_p56_Linea_tiempo_Union_Europea
16
ACTIVIDADES1. A organización política do mundo
Comprende
18 Localización. Observa o mapa.
• Enumera os países que formaban parte da UE en 1957.
• Que país se incorporou na última ampliación? En que ano?
• En que ano ingresou España?
• Enumera os países que teñen o euro como moeda única.
Razoa
19 Pensa. Contesta as preguntas.
• O lema da UE é «unidade na diversidade». A que cres que se refire?
• Hai países na Unión Europea que non teñen o euro como moeda? Se é así, poderías dicir algún?
ESPAÑA
FRANCIA
POLONIA
ROMANÍA
SUECIA
ITALIA
ALEMAÑA
FINLANDIA
REINOUNIDO
GRECIA
BULGARIA
HUNGRÍAAUSTRIA
PORT
UG
AL
REP.CHECA
IRLANDALETONIA
LITUANIA
ESTONIA
ESLOVAQUIA
BÉLXICA
PAÍSESBAIXOS
CHIPRE
LUXEMBURGO
MALTA
ESLOVENIA
DINAMARCA
CROACIA
MACEDONIA
MONTENEGRO
ALBANIA
SERBIA
ISLANDIA
TURQUÍA
FONTE: Unión Europea.
0 430
quilómetros
Escala
718059_02_p08_ampliaciones_UE
A UE
Principais institucións Principais retos
• Por que cres que o himno oficial da UE é a Oda á alegría, de Beethoven?
Extrae conclusións
20 Sintetiza. Completa a táboa.
Ampliacións da UE
Europa dos Seis (1958)
Europa dos Nove (1973)
Europa dos Dez (1981)
Europa dos Doce (1986)
Europa dos Quince (1995)
Europa dos Vinte e cinco (2004)
Europa dos Vinte e sete (2007)
Europa dos Vinte e oito (2013)
SERBIA Países candidatos
Países da Zona Euro
718059_02_p08_leyenda_ampliaciones_UE
17
O sistema político
A Constitución española de 1978 define España como un Estado social, porque o Estado intervén coa vontade de conseguir unha sociedade máis xusta; democrático, por-que os cidadáns participan no goberno; e de Dereito, por-que as leis obrigan a todos os españois e ás institucións, e recoñécense dereitos aos cidadáns.
A organización territorial
Territorialmente, España organízase en municipios, provin-cias e Comunidades e Cidades Autónomas.
• Hai máis de 8.100 municipios, gobernados cada un por un concello.
• Os municipios organízanse en 50 provincias, adminis-tradas polas Deputacións Provinciais. As illas teñen a súa administración propia: os cabidos en Canarias e os consellos en Baleares.
• As provincias agrúpanse en 17 Comunidades Autóno-mas e dúas Cidades Autónomas (Ceuta e Melilla). Cada Comunidade Autónoma ten o seu Estatuto de Autono-mía, que establece as súas competencias e institucións.
As principais institucións
As principais institucións do Estado español son a Coroa, as Cortes Xerais, o Goberno e os tribunais e xulgados. A capi-tal de España é Madrid.
5O Estado español
DICIONARIO VISUAL
O Palacio das Cortes é a sede do Congreso dos Deputados do Estado español.
O rei é o xefe do Estado.
España é unha monarquía parlamentaria, porque os actos do rei deben estar avalados polo Goberno ou polo Parlamento.
• Presidente. Votado polo Congreso.
• Vicepresidentes.
• Ministros. Elixidos polo presidente.
• Xuíces e maxistrados. Son independentes e están sometidos á lei.
• Tribunal Supremo. Ten xurisdición en todo o territorio nacional.
• Tribunal Constitucional. Interpreta a Constitución en caso de dúbida.
Congreso dos Deputados
Senado
De 300 a 400 deputados elixidos por sufraxio universal cada catro anos.
• 4 senadores por provincia
• 3 senadores por illa maior
• 1 senador por illa menor
• 4 senadores por Ceuta e Melilla
• Senadores autonómicos
Suprema autoridade do Estado: a Coroa
Poder xudicial: os Tribunais e os Xulgados
PRINCIPAIS INSTITUCIÓNS DO ESTADO ESPAÑOL
COMPOSICIÓN
• Cumpre funcións simbólicas, por exemplo, representar o país nas relacións internacionais.
• Dirixe a política interior e exterior.
• Dirixe a Administración civil e militar.
• Goberna segundo as leis.
• Fan cumprir as leis.• Elaboran as leis.
• Aproban os orzamentos.
• Controlan a acción do Goberno.
• Elixen o presidente do Goberno.
FUNCIÓNS
Poder executivo: o Goberno
Poder lexislativo: as Cortes Xerais
Congreso dos Deputados, en Madrid.
18
ACTIVIDADES1. A organización política do mundo
Aplica
21 Localiza. Con axuda do mapa político de España, completa a táboa.
22 Completa o gráfico.
Xaén
León
Lugo
Cádiz
Palma
Ávila
Ceuta
Soria
Mérida
Xirona
Teruel
Cuenca
Murcia
Madrid
Toledo
Málaga
Lleida
HuescaBurgos
BilbaoOviedo
Zamora
Huelva
Melilla
Almería
Granada
Córdoba
Segovia
Cáceres
Sevilla
LogroñoOurense
Badaxoz
Alacant
Valencia
Albacete
Zaragoza
Palencia
A Coruña
Barcelona
Tarragona
Salamanca
Santander
Valladolid
Pontevedra
Ciudad Real
Guadalaxara
Pamplona/IruñaVitoria-Gasteiz
Castelló de la Plana
Donostia-San SebastiánSantiago
de Compostela
AN D A LU C ÍA
CASTELA E LEÓN
ARAGÓN
GA L IC IA
CASTELA - A MANCHA
CATALUÑA
ESTREMADURA
A RIOXA
COMUNIDADEVALENCIANA
PAÍS VASCO
RE X IÓ NDE MU RCI A
CANTABRIAPRINCIPADODE ASTURIAS
C. DE MADRID
C. F. DENAVARRA
ILLAS BALEARES
PO
RT
UG
AL
F R A N C I A
M A R R O C O S
M a rM
e d i t er r
áneo
OCÉANO
ATLÁNT ICO
0 68
quilómetros
Escala
718059_02_p10_Espana_provincial
Santa Cruzde Tenerife
Las Palmasde Gran Canaria
C A N A R I A S
Mar Cantáb r i co
Comunidades uniprovinciais
•
•
•
•
•
•
•
Cidades Autónomas
•
•
CORTES XERAIS TRIBUNAIS E XULGADOSGOBERNO
COM
POSI
CIÓ
N
De 300 a 400deputadoselixidospor sufraxiouniversal
SENADO
(votado polo Congreso)+
VICEPRESIDENTES+
MINISTROS(elixidos polo presidente)
(independentese sometidos
á lei)
4 senadores por provincia
4 senadores por Ceuta e Melilla
Senadores autonómicos
1 senador por illa menor
3 senadores por illa maior
PODER PODER PODER
FUN
CIÓ
NS Aprobar as leis.Aprobar os orzamentos.
Controlar o Goberno.
Dirixir a política interior e exterior.
Dirixir a Administración militar.Facercumprir as leis.
Capital de provincia
Cidade Autónoma
Límite de EstadoLímite de Comunidade Autónoma
718059_02_p10_leyenda_Espana_provincial
Límite de provincia
Capital do Estado
Capital de Comunidade Autónoma
19
Entre as Comunidades Autónomas existen gran-des diferenzas de distinto tipo:
• Diferenzas de extensión. Hai Comunidades moi extensas, como Andalucía, e outras moi pequenas, como A Rioxa.
• Desequilibrios demográficos. A poboación concéntrase en Madrid e nas rexións costeiras e illas, mentres que amplas zonas do interior peninsular están case despoboadas.
• Desequilibrios económicos. Madrid, País Vasco, Navarra e Cataluña son as Comunida-des cos ingresos medios per cápita máis altos, mentres que os habitantes de Andalucía, Es-tremadura, Castela-A Mancha e Murcia rexis-tran os ingresos medios máis baixos.
6As Comunidades Autónomas: contrastes territoriais
PO
RT
UG
AL
F R A N C I A
M A R R O C O S
Ma r M edi t e r ráneo
OCÉANO
ATLÁNTICO
Mar Cantábrico
FONTE: INE. 2014.
ANDORRA
• Desigualdades sociais. A renda dispoñible por habitante determina o nivel de vida da po-boación e a taxa de risco de pobreza relativa. Esta última é máis elevada nas rexións econo-micamente deprimidas e onde a distribución da riqueza é máis desigual.
O principio de solidariedade, recollido na Constitución española, condiciona a actuación dos poderes públicos, especialmente en materia económica e financeira, que debe dirixirse a re-ducir os desequilibrios entre as Comunidades. Con este obxectivo tamén se crearon os Fondos de Compensación Interterritorial.
Ocupados porsector económico
Primario
Secundario
Terciario
718059_02_leyenda_PIB_Sectores_CCAAAs Comunidades Autónomas de Estremadura, Andalucía e Rexión de Murcia presentan o maior número de empregados no sector primario.
PORCENTAXE DE OCUPACIÓN POR SECTOR ECONÓMICO
20
1. A organización política do mundoACTIVIDADES
Aplica
23 Interpreta. Examina os mapas e contesta.
• Cal é a Comunidade Autónoma máis extensa?
• E a menos extensa?
• Que superficie ten o territorio de Galicia?
• Onde se concentra a maioría da poboación de España? Por que?
• Que indica o PIB per cápita? Que Comunidades Autónomas o teñen máis alto?
10.602 km2
5.327 km2
7.230 km2
10.390 km2
32.091 km2
4.992 km2
79.462 km2
47.720 km2
41.635 km2
87.597 km2
19 km2
13 km2
7.447 km2
8.028 km2
94.227 km2
29.574 km2
11.314 km2
5.045 km2
23.255 km2
PO
RT
UG
AL
F R A N C I A
M A R R O C O S
M a r M e d i t e r r á n e o
OCÉANO
ATLÁNTICO
718059_02_p10_Extension_Espana
A L X E R I A
Mar Cantábrico
ANDORRA
PO
RT
UG
AL
F R A N C I A
Mar Med i te r r áneo
OCÉANO
ATLÁNTICO
718059_02_PIB_CCAA
Mar Cantábrico
A L X E R I A
M A R R O C O S
ANDORRA
FONTE: INE. 2014.
PO
RT
UG
AL
F R A N C I A
Mar Me di te r r áneo
OCÉANO
ATLÁNTICO
718059_02_Densidad_espana
Mar Cantábrico
M A R R O C O SA L X E R I A
ANDORRA
PO
RT
UG
AL
F R A N C I A
Mar M ed ite r ráneo
OCÉANO
ATLÁNTICO
718059_02_PIB_per_capita
Mar Cantábrico
M A R R O C OS
A L X E R I A
ANDORRA
FONTE: INE. 2014.
PIB per cápita (En €) Máis de 30.000
De 25.000 a 30.000
De 20.000 a 25.000
De 15.000 a 20.000
718059_02_PIB_per_capita_leyenda
Densidade (En hab/km2)Máis 500
De 500 a 120
De 120 a 80
718059_02_Densidad_España
De 80 a 20
Menos de 20
PIB (En miles de millóns de €)
De 100.000 a 200.000
De 60.000 a 100.000
De 40.000 a 60.000
De 20.000 a 40.000
Menos de 20.000
718059_02_leyenda_PIB_CCAA
21
AUTOAVALIACIÓN
Marca a opción correcta en cada caso.
1. Que elementos compoñen un Estado?
O territorio, os cidadáns e as institucións.
O territorio, os cidadáns, as leis e as institucións.
O territorio, os cidadáns, o exército e as fronteiras.
2. Segundo o papel da relixión, os Estados poden ser…
Democracias ou ditaduras.
Repúblicas ou monarquías.
Laicos, confesionais ou teocráticos.
3. Nunha ditadura…
O poder exérceo unha persoa ou un grupo.
Os cidadáns participan no goberno a través das eleccións libres e democráticas.
O poder está repartido entre o Parlamento, o Goberno e os xuíces, que actúan de forma independente.
4. Quen é o xefe do Estado nunha república?
O rei.
O presidente.
Nunha república non hai xefe do Estado.
5. A principal organización internacional de mediación entre os Estados é…
A UE.
O Banco Mundial.
A ONU.
6. Cales son os principais obxectivos da ONU?
Defender os dereitos humanos, manter a paz e favorecer a cooperación internacional.
Establecer tratados internacionais entre países pobres e ricos, e fomentar o comercio internacional.
Ampliar as fronteiras dos países membros e manter a paz dentro destes mesmos países.
7. Cales son as principais institucións da UE?
A UE non ten institucións propias.
O Parlamento Europeo, a Comisión Europea e o Consello da UE.
O Consello de Seguridade, o Congreso e o Senado.
8. Territorialmente, España organízase en…
Estados, Comunidades Autónomas e concellos.
Comunidades Autónomas, provincias e concellos.
Concellos, vigairías e mancomunidades.
9. En España, o poder lexislativo está en mans…
Do Parlamento.
Da Coroa.
Do Goberno.
10. Que institución se encarga de gobernar un municipio?
O concello.
A Deputación.
O Senado.
REPASO ACUMULATIVO
24 Compara os mapas físico e político de Europa e responde.
• Entre que Estados fan fronteira os Pireneos?
• Cita dous Estados que sexan insulares.
• Cal é a capital máis setentrional dun Estado europeo?
• España está no leste ou no oeste de Europa?
• Que mares rodean España?
• A que países pertencen estas illas?
Córsega:
Sicilia:
Baleares:
22