as castañas e o magostocentros.edu.xunta.es/iescarril/webantiga/2008-09/magosto... ·...

26
As castañas e o Magosto I.E.S. “Miguel A. González Estévez” O Carril - (Vilagarcía de Arousa)

Upload: others

Post on 23-Feb-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 2: As castañas e o Magostocentros.edu.xunta.es/iescarril/webantiga/2008-09/magosto... · 2009-01-19 · "Has de cantar que che hei de dar zonchos, has de cantar que che hei de dar moitos;

Castiñeiro (Castanea sativa)• Plantas da familia das fagáceas.

• A fecundación dá orixe ós ourizos e ás castañas. Das flores dos castiñeiros obteñen as abellas polen e néctar para facer mel.

• Orixinaria de Asia Menor. Os gregos e romanos estendérona por Europa, e logo foi levada ó Novo Mundo.

• Atópase por toda Galicia, aínda que é máis frecuente na parte oriental. Son moi coñecidos os soutos da provincia de Ourense.

Page 3: As castañas e o Magostocentros.edu.xunta.es/iescarril/webantiga/2008-09/magosto... · 2009-01-19 · "Has de cantar que che hei de dar zonchos, has de cantar que che hei de dar moitos;

Descrición• As follas son estreitas,

alternas, con beira moi dentada, peludas no envés cando son novas.

• Especie monoica: un mesmo castiñeiro bota flores masculinas (candeas) e flores femininas (agochadas na base das candeas).

• Os froitos están recobertos por unha casca verde con espiñas (o ourizo) e preséntanse en grupos de dous ou tres.

Page 4: As castañas e o Magostocentros.edu.xunta.es/iescarril/webantiga/2008-09/magosto... · 2009-01-19 · "Has de cantar que che hei de dar zonchos, has de cantar que che hei de dar moitos;

AproveitamentoMadeira de cor amarelada e dureza media, tenaz e flexible. Moi valorada para fabricar mobles, entarimados, instrumentos, etc.

O froito: alimento tradicional da poboación campesiña, e tamén para os animais, pero perdeu importancia na dieta europea coa chegada da pataca de América.

Pode consumirse crúa, cocida ou asada. O marrón-glacé é un doce de receita francesa que aumenta o valor enerxético das castañas. En Galiza só hai unha fábrica (Ourense) deste produto.

Nova oferta de produtos tradicionais como a augardente de castaña, a crema de castaña, o pan de castaña…

Page 5: As castañas e o Magostocentros.edu.xunta.es/iescarril/webantiga/2008-09/magosto... · 2009-01-19 · "Has de cantar que che hei de dar zonchos, has de cantar que che hei de dar moitos;

Historia• Os romanos coñecíana ben e foron espallando polos países

conquistados as clases de castiñeiros e as técnicas de cultivo de Oriente.

• En Galicia, o cultivo do castiñeiro estendeuse ata se converter a castaña nun alimento básico.

• No s. XVIII foise estendendo o cultivo da pataca e do millo.• O castiñeiro retrocedeu, refuxiándose no interior de Galicia. A finais do

s.XIX fai aparición a enfermidade da tinta.• Morreron moitos castiñeiros en Europa e en Galicia (1920). • En Galicia as maiores masas de castiñeiros atópanse nas montañas

dos Ancares e do Courel. • Castiñeiros demoucados (cortados a uns dous metros do chan, para

aproveitarlle a madeira, e que logo voltaron a botar novos paus).

Page 6: As castañas e o Magostocentros.edu.xunta.es/iescarril/webantiga/2008-09/magosto... · 2009-01-19 · "Has de cantar que che hei de dar zonchos, has de cantar que che hei de dar moitos;

LonxevidadeDe tódalas árbores que hai en Europa o castiñeiro é a que mais anos pode chegar a vivir.

O máis famoso do mundo está en Italia, na provincia de Catania, e dise que ten uns 3.000 anos.

En Galicia, o castiñeiro máis vello din que é o de Os Pombariños, en Manzaneda (Ourense).

Calcúlase que ten arredor de 1.000 anos. Precísanse dez persoas collidas das mans para rodear todo o seu contorno.

Page 7: As castañas e o Magostocentros.edu.xunta.es/iescarril/webantiga/2008-09/magosto... · 2009-01-19 · "Has de cantar que che hei de dar zonchos, has de cantar que che hei de dar moitos;

Valor ecolóxico e económicoAs follas do castiñeiro caen, pudren, e fan solo, aumentando a capa de humus. A castaña serve de alimento a moitos animais salvaxes, dan sombra e os soutos son paisaxes fermosas.

A madeira é nobre, de grande calidade: usada tradicionalmente para as trabes, táboas do piso, armarios, cadeiras, mesas e bancos,.... Pode durar centos de anos sen podrecer e sen lle entrar a puvulla.

Alimentación: a industria da castaña está cada día máis desenvolta, con novas formas de consumo e comercialización: marron glacé, tartas de castañas, ...

Novas formas de recollida e conservación (inmersión en auga, desecación, fumigación, pelado por medios automatizados, conxelación,…).

Page 8: As castañas e o Magostocentros.edu.xunta.es/iescarril/webantiga/2008-09/magosto... · 2009-01-19 · "Has de cantar que che hei de dar zonchos, has de cantar que che hei de dar moitos;

Conservación• Para que se conserve e non pudra:

1) Unha vez que cae da árbore, recoller o antes posible.2) Non deixala en sacos nin en montóns grandes. 3) Débese ter en sitios refrixerados cunha temperatura de 0º C, pois a 2ºC xa empeza a xermolar.

• Italia é o país europeo que máis castañas produce. Francia é un importante produtor e o país europeo que máis castañas importa.

• A castaña é alimento para moitos animais e o home, dende o Paleolítico; alimento básico para os pobos máis pobres, por iso en Francia se lle chamaba "o pan dos pobres".

• En China, na literatura de fai 6.000 anos hai moitas referencias á castaña, como alimento popular, e aínda hoxe se poden atopar centos de receitas.

Page 9: As castañas e o Magostocentros.edu.xunta.es/iescarril/webantiga/2008-09/magosto... · 2009-01-19 · "Has de cantar que che hei de dar zonchos, has de cantar que che hei de dar moitos;

Propiedades e usos• As follas e a cortiza úsanse como

menciñas polas propiedades astrinxentes (en diarreas, tos, inflamacións de gorxa, febre e reúma).

Tamén se usa para curtir e tinguir, e en cestería, sen esquecer o grande valor ornamental.

• A polinización é por insectos e rexenérase ben por semente; pero tarda moitos máis anos en dar froitos que cando é por rebrote das cepas cortadas.

Page 10: As castañas e o Magostocentros.edu.xunta.es/iescarril/webantiga/2008-09/magosto... · 2009-01-19 · "Has de cantar que che hei de dar zonchos, has de cantar que che hei de dar moitos;

A árbore• Árbore moi lonxeva que

acada un gran porte, se se deixa medrar.

• A copa é alta, esférica e moi densa.

• Chega ata os 25 ou 35 metros e ten raíces profundas.

• Adáptase moi ben ós climas temperados. Pode soportar fríos no inverno pero é moi sensible ás xeadas primaverais.

Page 11: As castañas e o Magostocentros.edu.xunta.es/iescarril/webantiga/2008-09/magosto... · 2009-01-19 · "Has de cantar que che hei de dar zonchos, has de cantar que che hei de dar moitos;

As caracochas• A cortiza e cincenta-

pardusca ó principio, pero co tempo vai tornando escura e con fendas.

• O tronco é groso e dereito, oco en exemplares moi vellos.

• Pode vivir varios séculos, aínda despois de baleira-lo tronco polo efecto das pudricións.

• Cando abre o toro reciben o nome de caracochas. Hai tempo servían para refuxio dos nenos cando ían ás fragas co gando.

Page 12: As castañas e o Magostocentros.edu.xunta.es/iescarril/webantiga/2008-09/magosto... · 2009-01-19 · "Has de cantar que che hei de dar zonchos, has de cantar que che hei de dar moitos;

Repoboación

• A repoboación lévase a cabo con exemplares híbridos (entre especies europeas e asiáticas) por culpa da enfermidade da "tinta" que acabou con moitos soutos nas zonas costeiras.

• Tamén se fan enxertos nos patróns bravos do monte e logo lévanse ós soutos.

Page 13: As castañas e o Magostocentros.edu.xunta.es/iescarril/webantiga/2008-09/magosto... · 2009-01-19 · "Has de cantar que che hei de dar zonchos, has de cantar que che hei de dar moitos;

Alimentación• As castañas foron durante

moito tempo fonte de hidratos de carbono, ata que a pataca a foi reemprazando.

• Aínda se utilizan de moitos xeitos, dánselle ó gando ou cébanse os porcos.

• Cómense crúas ou asadas, cocidas ou secas, con chourizos, con ovos ou leite.

• As que non se consomen, lévanse ó canizo para secar.

Page 14: As castañas e o Magostocentros.edu.xunta.es/iescarril/webantiga/2008-09/magosto... · 2009-01-19 · "Has de cantar que che hei de dar zonchos, has de cantar que che hei de dar moitos;

Tipos de castaña• Bolerca: a que abortou dentro do ourizo, que non medrou.•

Brava: a do castiñeiro bravo, sen inxertar.

• Bullote: castaña asada no tixolo.•

Burgazo: castaña fresca cocida que se come con leite.

• Crouco: a que é pequena.

• Degaro: a castaña que cae do ourizo ó chan xa madura. Tamén se chaman restrelos.

•Enxeridas: formadas por varias pezas.

•Maia: a pilonga ou seca, e afumada.

• Mamota: cocida coas dúas cascas; é a castaña mal asada que non pela ben.

• Pilonga: castaña seca.

• Zoncho: a mamota. Os cativos enfíanas nun cordel a xeito de rosario para ilas comendo.

Page 15: As castañas e o Magostocentros.edu.xunta.es/iescarril/webantiga/2008-09/magosto... · 2009-01-19 · "Has de cantar que che hei de dar zonchos, has de cantar que che hei de dar moitos;

Tradicións• Celebración pagá, da cultura celta e o

culto á fecundidade, que homenaxea a colleita de castañas, coa mestura do lume, a terra, o sol e as árbores.

•Desde o 1 de novembro, Día de Todos os Santos, ata o 11, Día de San Martín, sucédense as festas do Magosto en Galicia e na comarca do Bierzo, en León.

• O magosto ten tres elementos principais: as castañas, o viño e a fogueira.

• Festa de connotacións máxicas entre o fume das fogueiras e o mundo dos mortos, polo que antigamente se celebraba o Día de Todos os Santos xunto aos cemiterios e igrexas.

• A castaña simboliza a inmortalidade ao provir dunha árbore de longa vida, e dise que cada castaña que estala no lume supón a liberación dun alma encerrada no purgatorio.

Page 16: As castañas e o Magostocentros.edu.xunta.es/iescarril/webantiga/2008-09/magosto... · 2009-01-19 · "Has de cantar que che hei de dar zonchos, has de cantar que che hei de dar moitos;

O Magosto• O mes de novembro é o mes do Magosto.• Datas de celebración: 1 de novembro, festa de

Tódolos Santos, ou o día 11, festa de San Martiño.

• Outra data para comer castañas é o primeiro de maio: castañas "MAIOLAS ou MAIAS“.

• Tamén se comían na Coresma cando había o costume de non tomar carne.

• Ásanse e os mozos saltan por riba do lume para purificarse co fume e enfeluxan as caras de borralla.

• Ao rematar as castañas comezaba o “serán”, a festa das pandeiretas.

• Para que lles sexa máis cómodo comelas, nalgúns sitios atravésanas cun fío para poder levalas a modo de colar: son os ZONCHOS.

Page 17: As castañas e o Magostocentros.edu.xunta.es/iescarril/webantiga/2008-09/magosto... · 2009-01-19 · "Has de cantar que che hei de dar zonchos, has de cantar que che hei de dar moitos;

Ameazas

• Moitos soutos están a ser arrasados polos madeireiros.

• Outra ameaza é a "tinta", unha enfermidade de orixe chinesa semellante a un fungo. Ataca ás árbores pouco a pouco manchándolles a madeira e diminuíndo o seu valor comercial.

• En Galiza, a enfermidade entrou por terras de León. O Centro de Investigacións Forestais de Lourizán investiga dende hai anos a creación dun híbrido resistente á enfermidade.

Page 18: As castañas e o Magostocentros.edu.xunta.es/iescarril/webantiga/2008-09/magosto... · 2009-01-19 · "Has de cantar que che hei de dar zonchos, has de cantar que che hei de dar moitos;

O futuro do castiñeiroDin que o castiñeiro é unha árbore de crecemento lento, pero non é certo: con trinta anos pode chegar a ter medio metro de diámetro.

Para madeira, a mellor idade para cortalo é entre 70 e 90 anos.

• O esgotamento das madeiras nobres dos países tropicais motiva que aumente a importancia da madeira do castiñeiro.

• Poñer un souto hoxe é tamén unha boa inversión dende o punto de vista económico.

Page 19: As castañas e o Magostocentros.edu.xunta.es/iescarril/webantiga/2008-09/magosto... · 2009-01-19 · "Has de cantar que che hei de dar zonchos, has de cantar que che hei de dar moitos;

Adiviñas populares• "Unha cousiña cousa, criada no monte, • enxoita na casa e cómese sen tasa“

• "Son verde e non son limón, • son moura e non son carbón, • son vermella e non son sangue, • son branca e non son papel,• ¿Que cousa cousiña son?

• "Eu nacín dentro dun berzo,• onde ninguén tocar ousaba: • quen puña a man non tornaba...• Entre cidades e cortes • me desexan ver crescida, • e as mulleres preguizosas • comigo gañan a vida“

• "¿Cal é a cousa, cal é ela, • ten tres capas de inverno: • a primeira mete medo, • a segunda é lustrosa • a terceira é amargosa?“

Page 20: As castañas e o Magostocentros.edu.xunta.es/iescarril/webantiga/2008-09/magosto... · 2009-01-19 · "Has de cantar que che hei de dar zonchos, has de cantar que che hei de dar moitos;

"Outo estou, color de ouro teño, por unha risada perdo canto teño“

"Outo me vexo no meu canguerexo, vexo vir e non podo fuxir“

"Outo, outo cabaleiro dalle a risa e caelle o diñeiro“

"Alto foi meu nascimento de doncela recollida; cando ia para me rir, tal foi a queda que dei que a casa non máis voltei“

"Altetes, altetes con seus carrapetes; con o riso que lle deu, todo se perdeu“

Alto me vexono meu lugarexo.Por unha risada,perdín miña añada.

Page 21: As castañas e o Magostocentros.edu.xunta.es/iescarril/webantiga/2008-09/magosto... · 2009-01-19 · "Has de cantar que che hei de dar zonchos, has de cantar que che hei de dar moitos;

• Altos padrescapeludas madrese os fillos incha-foles,adiviña ti, se podes.

• Alto me mirocolor de ouro teñopor unha risadaperdín canto teño.

• Ao pimpín,ruín cabaleiro,pégalle a risae solta o diñeiro.

Page 22: As castañas e o Magostocentros.edu.xunta.es/iescarril/webantiga/2008-09/magosto... · 2009-01-19 · "Has de cantar que che hei de dar zonchos, has de cantar que che hei de dar moitos;

CantigueiroTeño un castaño moi alto, no tronco ten mil enredos, tampouco os namorados poden ter os ollos quedos.

"Acabáronse as vendimas aí veñen as esfolladas para comer coas nenas catro castañas asadas"

"Miña nai, dóeme a barriga, Miña filla, confesión. As castañas que comiches ¿de que castiñeiro son?"

Page 23: As castañas e o Magostocentros.edu.xunta.es/iescarril/webantiga/2008-09/magosto... · 2009-01-19 · "Has de cantar que che hei de dar zonchos, has de cantar que che hei de dar moitos;

"As castañas son castañas, os ourizos son ourizos;

os ollos da túa cara, para min son dous feitizos"

"Canta a rula, canta a rula, canta a rula naquel souto;Pobriño daquel que espera

polo que está na man doutro"

"Acabáronse as castañas, secáronse os castiñeiros, acabáronse as rapazas;

quedan os mozos solteiros”

"Has de cantar que che hei de dar zonchos,

has de cantar que che hei de dar moitos;

has de cantar e has de cantar, has de cantar que chos hei de dar".

"Ábreme a porta, Marica, que che quero dar castañas;

-Eu a porta non cha abro, que ben sei as túas mañas".

"A castaña no ourizo quixo rir e rebentou:

caendo castiro abaixo, mira que golpe levou"

Page 24: As castañas e o Magostocentros.edu.xunta.es/iescarril/webantiga/2008-09/magosto... · 2009-01-19 · "Has de cantar que che hei de dar zonchos, has de cantar que che hei de dar moitos;

Poemas• "Castaños de Dormeá,

os do corpo ben comprido,de graciosa estatura,dobrados e ben seguidos:¡ouh! Castaños somellantesós celtas nosos antigos;a quen as hedras demostranamor, con abrazo amigo:os arrebatados ventosdo mes bretumoso e fríode xaneiro, entre vós fungandando doentes suspiros: e o musgo dos vosos gallos, ermos e desgornecidos,ó impulso das duras ráfagasvai lonxe caer rompido" ... (Eduardo Pondal)

..."¿Queredes castañasdos meus castiñeiros?...Cantádeme un maioSin bruxas nin demos;Un maio sin segas,Usuras nin preitos,Sin quintas nin portas, Nin foros, nin cregos." (Curros Enriquez)

Debaixo dun castiñeiropaseando unha galiñacaeu degarado ourizoe un golpe lle deu na crista,bota a correr a galiñae dille de présa ao galo:-Fuxa, señor galo, fuxa,que cae o ceo en anacos.-Quén llo dixo, ña galiña?-Sentin un na coroniña.Apreta o galo a correre, co raposo encarando:-Fuxa, -dille,- señor Pedro,que cae o ceo en anacos.- Quén llo dixo, señor galo?-Dixo a señora galiña.-Quén llo dixo, ña galiña?-Sentin un na coroniña.Bota o raposo a correre, atopando o can ao paso:-Fuxa, -dille,- señor can,que cae o ceo en anacos.-Quen llo dís, señor raposo?-Díxomo o señor galo.-Quén llo dixo, señor galo?-Dixo a señora galiña.-Quén llo dixo, ña galiña?-Sentin un na coroniña.Bótase o can a correre co lobo tropezando:-Fuxa, -dille,- señor lobo,que cae o ceo en anacos."

(Marcial Valladares)

Page 25: As castañas e o Magostocentros.edu.xunta.es/iescarril/webantiga/2008-09/magosto... · 2009-01-19 · "Has de cantar que che hei de dar zonchos, has de cantar que che hei de dar moitos;

RefraneiroO que non sabe maña, non come castaña.

Sempre o porco ruín ha topar cunha boa castaña.

Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto.

Castañas, noces e viño, fan as delicias do San Martiño

Polo San Martiño vai ver o teu soutiño

Fíate das castañas asadas, que se estoupan, sairanche á cara

Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai viño ruín“

A castaña no agosto quere arder;

e no setembro, beber.

Castañas no Nadal saben ben e pártense mal.

Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruin viño.

Temperá é a castaña que por setembro regaña.

Polo San Martiño, castañas e viño.

Page 26: As castañas e o Magostocentros.edu.xunta.es/iescarril/webantiga/2008-09/magosto... · 2009-01-19 · "Has de cantar que che hei de dar zonchos, has de cantar que che hei de dar moitos;

Lendas e supersticiónsDin contos populares italianos que o castiñeiro ten os mesmos poderes máxicos có carballo; aínda que a súa sombra dá mala sorte.

Ó cortares a árbore sae o demo que pode quitar a vida se non se lle entrega un fillo ou filla.

As castañas son consideradas coma froitos funerarios, cómense a véspera do Dia de Defuntos ou déixanse para que os mortos as coman durante a noite.

Tamén temos moitas semellanzas coa tradición veneciana de comelas o día de San Martiño. As mulleres pobres acudían baixo das fiestras dos ricos a cantar unha longa canción chea de louvanzas, que remataba coa petición das castañas. Estas mulleres representaban ás ánimas do purgatorio.

É tamén coñecido o feito de que pisar unha castaña, ó ires polo monte, fai que a persoa non teña nunca amores. É posible que iso sexa pola súa forma de corazón.

Soñar con castañas crúas, é aviso de ter que facer algo urxente. De seren cocidas, é que a persoa é moi débil de carácter. Se son asadas, é un aviso de precaución.