aprobado un orzamento de 789.121 euros para o ano 2013. a ...€¦ · lateral do río, entre a...

12
Aprobado un orzamento de 789.121 euros para o ano 2013. A dotación do mobiliario completa o proxecto de reforma do multiusos. O Concello solicitou axudas para paliar os danos do tornado. “Portas de Galicia” edita unha guía de promoción turística da comarca. Número 32 Publicación de actualidade municipal Inverno 2012/13 www.castrelodoval.com A mellora de rúas e camiños de Castrelo e Nocedo foron algunhas das obras públicas executadas ao longo do ano. O Concello xestionou o pro- xecto, que contou con finan- ciamento autonómico. Un monolito lembra, na estra- da de Campobecerros a Porto- camba, aos tres portugueses fusilados durante a Guerra Civil. Entidades culturais e políticas, e o Concello partici- paron nesta homenaxe. A candidatura do PSdeG- PSOE foi a gañadora en Cas- trelo do Val nas eleccións ao Parlamento de Galicia, do pasado 21 de outubro. Recibíu o 46,7% dos votos, fronte ao 38,6% do PP. Substitúe na Corporación a Raúl Fernández, elixido deputado no Parlamento de Galicia

Upload: others

Post on 15-Aug-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Aprobado un orzamento de 789.121 euros para o ano 2013. A ...€¦ · lateral do río, entre a ponte e a casa rec-toral; a rúa dende o cruceiro de Trasca-rreira ata a Ponte do Medio,

Aprobado un orzamento de 789.121 euros para o ano 2013.A dotación do mobiliario completa o proxecto de reforma do multiusos.O Concello solicitou axudas para paliar os danos do tornado.

“Portas de Galicia” edita unha guía de promoción turística da comarca.

Número 332 PPublicación dde aactualidade mmunicipal IInverno 22012/13

www.castre lodoval .com

A mellora de rúas e camiñosde Castrelo e Nocedo foronalgunhas das obras públicasexecutadas ao longo do ano.O Concello xestionou o pro-xecto, que contou con finan-ciamento autonómico.

Un monolito lembra, na estra-da de Campobecerros a Porto-camba, aos tres portuguesesfusilados durante a GuerraCivil. Entidades culturais epolíticas, e o Concello partici-paron nesta homenaxe.

A candidatura do PSdeG-PSOE foi a gañadora en Cas-trelo do Val nas eleccións aoParlamento de Galicia, dopasado 21 de outubro. Recibíuo 46,7% dos votos, fronte ao38,6% do PP.

Substitúe naCorporación aRaúl Fernández,elixido deputadono Parlamentode Galicia

Page 2: Aprobado un orzamento de 789.121 euros para o ano 2013. A ...€¦ · lateral do río, entre a ponte e a casa rec-toral; a rúa dende o cruceiro de Trasca-rreira ata a Ponte do Medio,

Castrelo do Val nº 32 Editorial

Páxina 2

As contas do Concello, transparentes

Un orzamento axustado e solidario para 2013

O Concello de Castrelo do Val disporá en 2013 dun orzamento de algo máis de 789mil euros. Os capítulos de investimentos reais, bens correntes e servizos e de persoalvolverán ser os máis relevantes, pola súa cuantía.

No estado de ingresos, as maiores aportacións ás arcas municipais correspondenás transferencias correntes, aos impostos directos e indirectos, ás taxas e ás trans-ferencias de capital. Manter o equilibrio financeiro é un dos principais obxectivos doGoberno Municipal, para ter as contas públicas ben saneadas e cumprir co obxectivo domenor déficit posible.

A crise non impedíu que aolongo dos últimos meses selevaran a cabo ou se xestiona-sen obras necesarias para oprogreso do noso concello. Amellora da rede viaria e os ser-vizos sociais mereceron unesforzo especial por parte doGoberno Municipal de Castrelodo Val. Compre que unha boaxestión do novo orzamento, apesar da dimunición dos ingre-sos, incida nun maior nivel deservizos, en beneficio de tódo-los veciños e veciñas do muni-cipio, e, máis que nunca, o tra-ballo solidariio e a colaboraciónentre as distintas Administra-cións públicas.

A pesar da menor aportación da Xunta de Galicia e do Goberno de Espa-ña no orzamento municipal, a Corporación de Castrelo do Val aprobouunhas contas realistas para 2013, nas que bens correntes e servizos, einvestimentos terán especial relevancia.

ESTADO DE GASTOS Euros ESTADO DE INGRESOS Euros

Gastos de persoal 191.900 Impostos directos 236.708

Bens correntes e servizos 515.231 Impostos indirectos 15.000

Gastos financeiros 4.300 Taxas e outros ingresos 64.940

Transferencias correntes 1.000 Transferencias correntes 442.540

Investimentos reais 51.690 Ingresos patrimoniais 200

Transferencias de capital 0 Transferencias de capital 39.010

Ingresos patrimoniais 0 Reintegro de Fondo 2008 -4.105

Pasivos financeiros 25.000 Reintegro de Fondo 2009 -5.172

TOTAL GASTOS 789.121 TOTAL INGRESOS 789.121

Page 3: Aprobado un orzamento de 789.121 euros para o ano 2013. A ...€¦ · lateral do río, entre a ponte e a casa rec-toral; a rúa dende o cruceiro de Trasca-rreira ata a Ponte do Medio,

Páxina 3

O plan de obrascontribúe a mellorar a rede viaria

Vicente Gómez: “Ademais de potenciar os servizos sociais,o Concello segue traballando na reforma das infraestruturas”

A través do Plan PEIM Rural, realizáronseobras de pavimentación e asfaltados en

Castrelo e Nocedo, por importe de41.459 euros. En Castrelo, o camiño

lateral do río, entre a ponte e a casa rec-toral; a rúa dende o cruceiro de Trasca-rreira ata a Ponte do Medio, para conti-

nuar ata a Ribeira e Salgadiños. EnNocedo, asfaltouse o tramo entre a rúa

da Besada e a de San Antón.

P.- O recurte do orzamento, incidirá tamén nos proxectosdo Concello de Castrelo do Val?Vicente.- Traballamos para que esto non suceda. En 2013haberá menos cartos, pero hai que manter os mesmos ser-vizos que antes. Trátase de facer algúns axustes, pero quenon repercutan na eficiencia deses servizos, nin na calida-de de vida dos veciños e veciñas do concello.P.- Cales son os proxectos para este período?Vicente.- Hai iniciativas en marcha, como o espazo recre-ativo na antiga escola de Campos, as rutas de sendeiris-mo polos ríos Camba e Parada, para dinamizar a parteNorte do municipio; e estamos pendentes de concretarnovos convenios coa Xunta e a Deputación para melloraras infraestruturas viarias.P.- Nuns momentos de gran preocupación polo futurolaboral, qué pode facer o Concello?Vicente.- Os veciños e veciñas coñecen o esforzo quelevamos realizado nestes últimos anos, tanto a nivel deObradoiros de Emprego, como de contratacións paramellorar servizos municipais. No último ano tamén o fixe-mos, aínda que en menor medida, e agardamos continuarnesta liña no futuro. Tamén axudaremos, na medida dasnosas posibilidades, para que as obras do AVE repercutande xeito positivo na creación de postos de traballo.

O alcalde de Castrelo do Val amósase especialmentecrítico co previsto “canon da auga” da Xunta de Galicia,que encarecerá o servizo de abastecemento e depura-ción: “Esta é unha medida allea ao Concello, pero que,de aplicarse, terá repercusión sobre as economías doscidadáns. Penso que agora, en plena crise, non é omomento de aumentar os impostos, nin de obrigar ástraídas comunitarias a instalar contadores e a pagar ocanon, como pretende a nova Lei de Augas de Galicia”.

VicenteGómez

Page 4: Aprobado un orzamento de 789.121 euros para o ano 2013. A ...€¦ · lateral do río, entre a ponte e a casa rec-toral; a rúa dende o cruceiro de Trasca-rreira ata a Ponte do Medio,

Páxina 4

Moción ssocialista aa pproldos aafectados ppolotornado ddo vverán

A Corporación Municipal aproboupor unanimidade unha moción pre-sentada polo grupo do PSdeG-PSOE nas que se solicita ás Con-sellerías de Presidencia e MedioAmbiente e Infraestruturas quehabiliten partidas económicas coasque sufragar parte dos danos pro-vocados polo tornado do pasado25 de xullo (o grupo do PP taménapoiou a iniciativa).

Unhas 40 vivendas e variasnaves industriais víronse afecta-das, sobre todo nos tellados e vola-dizos, polas fortes rachas de ventode case 100 quilómetros por hora.Os danos superaron os 200.000euros. Moitos dos afectados care-cían de póliza de seguros e algúnstampouco teñen medios para sub-sanar os desperfectos.

Nas imaxes, unha das navesmáis afectadas polo curto, perointenso temporal de vento.

O CConcello ddelimitará rrutasde ssendeirismo ppolas rribeiras

dos rríos CCamba ee PParada

O Concello ten en marcha un proxectode dinamización da zona Norte do munici-pio con dúas rutas de sendierismo, de granvalor paisaxístico e cultural. Unha delas é aRuta do Ouro polo río Camba, circular, porCampobecerros-Portocamba-Campobece-rros, con percorrido inicial pola ribeira dorío e retorno polo Camiño de Santiago (ouá inversa).

A segunda proposta é a Ruta do Ouropolo río Parada (Ruta do Foxo). O percorri-do sería polas dúas ribeiras do Parada,dende Sanguñedo a Veiga de Nostre. Teríaa alternativa de facer unha única ruta circu-lar, saíndo de Sanguñedo e pasando polofoxo do lobo, para baixar a Veiga de Nostree continuar poloa ruta do ouro, de volta aSanguñedo.

Ambas rutas ofrecen a posibilidade decombinar a paisaxe e a natureza, e a histo-ria da Vía da Prata, unha das máis impor-tantes vías de peregrinación a Compostela.

O novo centro social de Fontefría quedou habilitado para usos múltiples,pero, sobre todo, como velorio do pobo. Foi construído na parte Sur, enterreos comunitarios, grazas á colaboración do Concello de Castrelo doVal, que incluíu o proxecto no Plan Provincial de Obras (o Ministerio deAdministracións Públicas, a Deputación Provincial e o propio Concelloaportaron 40.000 euros), e o pobo de Fontefría, quen a través da Xuntade Montes habilitou outros 20.000 euros da tesoureiría comunitaria, pro-cedente da explotación e venda da madeira dos terreos en man común.Fontefría dispón tamén do Centro dos Danzantes, gran dinamizador davida social deste pobo.

Fontefría: centro social

Page 5: Aprobado un orzamento de 789.121 euros para o ano 2013. A ...€¦ · lateral do río, entre a ponte e a casa rec-toral; a rúa dende o cruceiro de Trasca-rreira ata a Ponte do Medio,

Páxina 5

Completada a reforma do edificio multiusosUn lugar para actividades sociais, culturais e deportivasUn lugar para actividades sociais, culturais e deportivasO Concello de Castrelo do Val

completou a dotación do mobilia-rio, informática e aparellos de xim-nasia na nave multiusos de OTerrón. Foi a través do investimen-to de 15.000 euros, co que se culmi-na o traballo de reforma da antigapista polideportiva que iniciou a

Corporación Municipal hai variosanos. En fases sucesivas foron rea-lizándose as obras de peche peri-metral do recinto e da construciónde varias salas, almacéns e zonade servizos nas antigas bancadas.

O investimento conxunto superaos 100 mil euros, aportados pola

Xunta, o Goberno de España e opropio Concello de Castrelo do Val.

Este recinto serve agora tantode garaxe e almacén, como deespazo deportivo e para realizardiferentes actividades de caráctersocial, deportivo, cultural ou re-creativo.

Moderna aula multimediaA última actuación no edificio multiusos de O Terrón foi a instala-ción dunha moderna pizarra electrónica, para impartir cursos, char-las ou conferencias que precisan de apoio multimedia. Neste recin-to tamén se instalaron butacas, cadeiras e un armario para alber-gar os aparellos de ximnasia.

No multiusos impartíronse cursos de formación, tanto de nivelbásico como específico, de Prevención de Riscos Laborais, nos queparticiparon 40 alumnos. Estes cursos, impartidos por unha enti-dade homologada, serven para a obtención da Tarxeta Profesionalde Construción.

Mobilia

rio

Xim

nasia

Músic

a

Page 6: Aprobado un orzamento de 789.121 euros para o ano 2013. A ...€¦ · lateral do río, entre a ponte e a casa rec-toral; a rúa dende o cruceiro de Trasca-rreira ata a Ponte do Medio,

Páxina 6

Como aconteceu nas últimas elec-cións municipais e xerais, o PsdeG-PSOE volveu ser a forza política máisvotada en Castrelo do Val nos comi-cios autonómicos do pasado 21 deoutubro. A candidatura socialista,encabezada por Manuel "Pachi" Váz-quez, superou o 46% por cento dosvotos emitidos, por riba das outrasforzas políticas que concorriron aesta cita para renovar o ParlamentoAutonómico e a Xunta de Galicia: oPartido Popular acadou o 38,6%; a doBNG foi a terceira candidatura máisvotada, co 7%, mentres que Alterna-tiva Galega de Esquerdas, tivo queconformarse co 4,7%. Outros parti-dos recibiron, en conxunto, 20 votos(10 foron para Compromiso por Gali-cia). Nos escrutinio houbo tamén 10votos nulos e 13 en branco. A parti-cipación foi do 70,61%, sobre uncenso de 1.041 electores (en Castre-lo do Val, a abstención situouse no29,39%), por debaixo da media pro-vincial).

A representación da provincia deOurense na Cámara autonómicacorresponde, nesta nova lexislaturaa Jesús Vázquez Abad, Carmen

Pardo López, Miguel SantalicesVieira, Antonio Rodríguez Miran-da, Cristina Romero Fernández,Antonio Mouriño Villar, EnriqueNóvoa López e Moisés BlancoParadelo, como deputados elec-tos do Partido Popular; Manuel"Pachi" Vázquez Fernández, MaríaQuintas Álvarez, Raúl FernándezFernández e Carmen Acuña doCampo, do PSdeG-PSOE; TereixaPaz Franco, do Bloque Nacionalis-ta Galego; e David Fernández Cal-viño, da Alternativa Galega deEsquerdas (EU+ANOVA).

Nova victoria do PSdeG-PSOE no escrutinio de Castrelo do Val

Raúl Fernández conseguíu a acta de de-putado autonómico nas eleccións ao Parla-mento de Galicia do pasado 21 de outubro.Ante a incompatibilidade para ocupar douscargos, decretada polos órganos de direc-ción do PSdeG-PSOE, presentou a súarenuncia como concelleiro e tenente dealcalde de Castrelo do Val, da que informouo alcalde, Vicente Gómez, no pleno munici-pal do pasado 8 de novembro. O seu postofoi ocupado por María del Mar Valle Álvarez.

Raúl Fernández foi alcalde de Castrelodo Val durante case 19 anos (entre 1987 e2005) e tenente de alcalde da Corporacióndende os comicios municipais de 2011.

P G-PSOEDE

333333

275275

5050

46,7746,77

38,6238,62

7,027,02

anova 3434 4,784,78

Forzapolítica

Númerode votos %

Resultados enCastrelo do Val

21-O: Eleccións ao Parlamento de Galicia

Raúl é o primeiro político do nosomunicipio que accede á Cámaraautonómica en toda a súa historia.

Raúl Fernández, elixido deputadoautonómico pola provincia de Ourense

Page 7: Aprobado un orzamento de 789.121 euros para o ano 2013. A ...€¦ · lateral do río, entre a ponte e a casa rec-toral; a rúa dende o cruceiro de Trasca-rreira ata a Ponte do Medio,

Páxina 7

María del Mar Valle Álvarez convertíuse o pasado 29 de novem-bro, coa súa toma de posesión, en nova concelleira de Castrelo doVal, en substitución de Raúl Fernández, quen renunciou tras con-seguir a acta como deputado no Parlamento autonómico. Maríadel Mar ocupara o número 7 na candidatura do PSdeG-PSOE naseleccións municipais de 2011.PP..- Vostede naceu en Ourense, pero ¿cal é o vencellamento queten con Castrelo do Val?María del Mar.- Eu vivo en Castrelo dende hai 6 anos, e toda amiña familia é nativa deste concello; en concreto, de Castrelo e deSanguñedo. Sempre tiven unha querencia especial por esta terra e,xa de pequena, gustábame moito vir a ver aos meus avós, a fami-liares e amigos.PP..- ¿Cal é a súa traxectoria profesional?María del Mar.- Realicei estudos administrativos, e teño o títulode técnico especializado en Informática. Antes, traballei no Con-cello de Castrelo do Val e agora estou facendo un curso de XestiónAdministrativa. A nivel político, esta é a miña primeira experien-cia.PP..- ¿Custoulle moito dar o paso de entrar na política?María del Mar.- Penseino, pero houbo bastante xente que me ani-mou, dicindo que as persoas novas tíñamos que decidirnos eimplicarnos nas responsabilidades do Concello. Hai que estar ásboas e ás malas. Parece que cando as cousas non van tan ben, efalo a nivel xeral, non hai tanta xente disposta a dar a cara.PP..- Aínda está pendente a reorganización das áreas do Gober-no Municipal, pero ¿ten preferencia por algunha parcela enespecial?María del Mar.- Gustaríame ocuparme de cuestións que teñanque ver cos veciños. Síntome moi a gusto falando con todos eles,coñecendo os seus problemas e intentando buscarlles algunhasolución.PP..- ¿Cómo ve a situación do concello, en xeral?María del Mar.- Ten moitos servizos, aínda que agora, coa crise,estamos un pouco limitados para realizar novos proxectos.PP..- ¿Detecta algunha deficiencia a nivel municipal?María del Mar.- Sería bo que houbese máis subvencións e axu-das, para que entrase a traballar máis xente.PP..- ¿Está ilusionada para desempeñar o seu cargo como novaconcelleira?María del Mar.- Moito.

María del Mar Valle, concelleira:"Estou moi ilusionada

por traballar e aportar ideasque beneficien ao municipio"

"Vexo que o Concello de Castre-lo do Val ten moi bos servizos.

Tódolos pobos dispoñen de cen-tros sociais, hai boas comunica-cións, ao que tamén contribuíude forma notable Raúl Fernán-dez, durante o seu cargo de

delegado da Consellería de Polí-tica Territorial, dispoñemos dun-

has instalacións recreativasmodélicas e dun edificio multiu-

sos que xa é importante, edeberá selo, aínda máis, no

futuro. Penso que as bases doprogreso están ben asentadas eo que temos que facer é seguirtraballando entre tódolos veci-

ños e veciñas, porque nonpodemos desaproveitar ningúnesforzo, para que Castrelo doVal siga sendo un referente enpolíticas de desenvolvemento

no medio rural".

Entrevista

Page 8: Aprobado un orzamento de 789.121 euros para o ano 2013. A ...€¦ · lateral do río, entre a ponte e a casa rec-toral; a rúa dende o cruceiro de Trasca-rreira ata a Ponte do Medio,

Páxina 8

A Confederación retrasa o proxecto anti riadas no Támega,licitado polo anterior Ministerio de Medio AmbienteA Confederación Hidrográfica doDouto aprazou a adxudicación do pro-xecto de "Adecuación ambiental edefensa contra as avenidas do ríoTámega", que fora licitado polo ante-rior Ministerio de Medio Ambiente,Medio Rural e Mariño (MARM) enoutubro de 2011, por importe de 360mil euros. A Confederación alega quenon dispón de partida orzamentaria eque as obras "non son prioritarias".

O proxecto contemplaba a limpezadas canles e ribeiras do río de Ribas, aeliminación dun badén no Támega, e arestauración de taludes, na área recre-ativa de As Batocas e na zona deNocedo do Val. Tamén, a instalacióndunha baranda en Castrelo do Val, notramo urbano do río.

Para o alcalde, Vicente Gómez,"esta obra é necesaria, porque tódolos

invernos se producen asulagamentos nomunicipio". Considera que a canle doTámega acumula moito sedimento, queprovoca contínuos desbordamentos.

En 2010, unha riada arrincou os piares da pontede As Batocas, que comunica Castrelo co conce-llo veciño de Monterrei, obrigando a pechar o trá-fico e o paso de peóns.

O citado ponte xa foi acondicionado polo Conce-llo de Castrelo do Val. O alcalde, Vicente Gómez,agarda que o proxecto se retome canto antes,para evitar máis problemas.

Os rrecortes dda XXunta oobrigan aao CConcello ee aaos uusuariosa ssufragar bboa pparte ddo sservizo dde aaxuda ddomiciliaria

Para o Goberno Municipal de Cas-trelo do Val, os Servizos Sociaisson prioritarios, polo que, en opi-nión do alcalde, Vicente Gómez, "épreciso facer un esforzo suple-mentario para que as persoas queos necesitan, sobre todo, o deaxuda no fogar, non se vexan per-xudicados polos recortes orza-mentarios da Xunta de Galicia". Defeito, a aportación autonómicapara cubrir o custe deste servizopasou, na prestación básica, de15.000 euros anuais, a 2.900euros nos último exercicio.

Esto fixo que o Concello teñaque aportar máis, e que os ususa-rios deban facer tamén un esforzo,para sufragar, entre ambos, máisdo 30 por cento do custe total doservizo de axuda no fogar (o cóm-puto realízase polas horas das tra-balladoras auxiliares no domiciliodestes usuarios, en tarefas de lim-peza, aseo persoal, acompaña-mento,...). O principal problemaradica na reducción do Plan Con-certado por parte da actual Xuntade Galicia.

O alcalde de Castrelo do Val écontrario á fusión de concellos,como se apuntou dende algunhainstancia política para "adelgazaras Administracións públicas". Vi-cente Gómez reflexiona sobre asituación das persoas maiores edas máis desfavorecidas, "queprecisan dunha atención persona-lizada, como a que se lles prestaagora dende un concello pequeno,pero próximo aos cidadáns e áxilpara resolver os seus problemas".

Vicente Gómez tamén é partida-rio de manter a Mancomunidadede Concellos da Comarca deVerín, porque, na súa opinión,"presta bos servizos e funcionaben, tanto a nivel das prestaciónsde carácter social, como de recolli-da de lixo, recadación, etc.".“Incluso -opina o alcalde- poderíanmancomunarse outros servizos,para que resulten máis baratos,tanto para os Concellos, comopara os propios contribuíntes,sobre todo neste intre, de especialdificultade para moitas familias donoso municipio”.

Vicente Gómez: “O Con-cello ten que facer ungran esforzo para que osveciños e veciñas máisnecesitados sigan dispo-ñendo dun bo servizo deaxuda a domicilio”.

Page 9: Aprobado un orzamento de 789.121 euros para o ano 2013. A ...€¦ · lateral do río, entre a ponte e a casa rec-toral; a rúa dende o cruceiro de Trasca-rreira ata a Ponte do Medio,

Páxina 9

Campos e Portocamba recuperaron a memoria históricaHomenaxe aos carrilanos fusilados na Guerra CivilHomenaxe aos carrilanos fusilados na Guerra Civil

Descubrimento da lápida conmemorativa, a cargo de Paula Godinho eManuel Loff, en presencia do concelleiro de Cultura, Xosé Lois Santiago,

e de representantes do Concello e asociacións políticas e culturais. Naimaxe inferior, no Teleclub de Campobecerros, proxección do documen-tal "Causa 1021", dirixido por Pablo Ces e Xosé Lois Santiago "Pello",

Un monolito lembra no Monte da Ladeira,entre Campobecerros e Portocamba, a trescidadáns portugueses, que traballaban nasobras dos camiños de ferro, asasinados neselugar o 20 de agosto de 1936, en plena Gue-rra Civil. A memoria de Antonio Ribeiro, JoséMaría Sena e Ramiro Mateus pretende lem-brar un grave erro que atopamos na historiade tódolos pobos: "O esquecemento leva aque feitos coma estes se poidan repetir", gra-vado na lápida conmemorativa.

O sábado 23 de xuño, varias dúcias deveciños e representantes de asociacións cul-turais e políticas acudiron ao acto organizadopola Concellería de Cultura de Castrelo doVal, que contou coa colaboración da Asocia-ción Cultural "Os Carrilanos", o Proxecto Inte-runiversitario "As vítimas, os nomes, asvoces e os lugares" e os profesores portu-gueses, Paula Godinho, da Universidade deLisboa, e Manuel Loff, da Universidade dePorto. Estes foron os encargados de descu-brir a placa conmemorativa.

O alcalde, Vicente Gómez, referíuse aoacto como "un feito importante para lembrara persoas que defenderon a democracia e osdereitos dos traballadores, e para que asnovas xeracións lembren aquela loita paranon repetir erros históricos".

Xosé Barxa, presidente de "Os Carrilanos",foi partícipe dun "acto sinxelo, pero compro-metido e sinceiro na memoria destes carrila-nos. Hai quen dí que estes actos non debíanfacerse, pero eu penso que a historia haiquerecordarla e expricala para que isto non volvaa repetirse. Ademais, para min, é a vitaminada vida e a que nos fai seguir adiante".

A antropóloga Paula Godinho aludíu ámemoria que aínda existe nalgúns pobos dacontorna sobre aquel "terrible acontecemen-to", e Manuel Loff repasou o significado e arepercusión da Guerra Civil no páis veciño.

O historiador Dionisio Pereira, de "Nomes evoces", extendeu a memoria da represiónfranquista a veciños do concello de Castrelodo Val que a sofriron en primeira persoa, casode Emilio Pousa, Jacinto Rodríguez, RicardoGonzález, Antonio Fernández, Antonio Colme-nero , Camilo Gago e ao alcalde de Castreloen 1936, José María López Fernández.

Page 10: Aprobado un orzamento de 789.121 euros para o ano 2013. A ...€¦ · lateral do río, entre a ponte e a casa rec-toral; a rúa dende o cruceiro de Trasca-rreira ata a Ponte do Medio,

Páxina 10

Editada unha guía centrada na paisaxe,o patrimonio e a etnografía da comarca

A publicación dunha guía turís-tica e un concurso gastronómico anivel comarcal son as últimasactuacións do Plan de Competiti-vidade Turística "Portas de Gali-cia", do que forma parte Castrelodo Val xunto a outros once conce-llos das comarcas de Monterrei-Verín e Conso-Frieiras.

De Castrelo do Val, a guía des-taca a singularidade da paisaxedos pobos da montaña, das tradi-cións (danzantes de Fontefría), danatureza, a ruta dos carboeiros,...

Este Plan foi asinado entre a SecretaríaXeral para o Turismo e os concellos limítrofesou próximos á raia para fomentar o desenvol-vemento turístico desta zona. O seu obxectivoé crear unha marca turística sólida, xeradorade experiencias e cohesionadora do destinonesta área xeográfica galega.

O Plan de CompetitividadeTurística “Portas de Galicia”

engloba aos concellos de Cuale-dro, Laza, Monterrei, Oimbra,

Riós, Verín, Vilardevós, AGudiña, A Mezquita, Viana,

Vilariño e Castrelo do Val.

Plan de Competitividade Turística “Portas de Galicia”

No primeiro ano de vixen-cia, o Plan desenvolveu oque será Centro BTT Por-tas de Galicia, o segundocentro de Bicicletas TodoTerreo que está incluído noCentro BTT de Galicia.Estará composto por unharede de 14 rutas polas dúascomarcas, que suman untotal de 201 quilómetros.Será o Centro BTT máislongo de Galicia, e ade-mais de dinamizar o terri-torio, intentará pór envalor recursos naturais epaisaxísticos da zona.Tamén se convocou o con-curso para o deseño doBósque Máxico, de inter-pretación da natureza.

Primeira fase

P..- CCándo eespertou een tti aa vvocación ppola mmedicina?Rosa: Dende que era pequena, sempre quixen ser médico. Despois, durante os anos dacarreira decidínme pola Neurociruxía.P..- CCal éé aa ttúa ttraxectoria fformativa ee pprofesional?Rosa: Estudiei Medicina na Universidade de Santiago. Fixen a especialidade de Neuroci-ruxía, en Vigo, no Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, tras aprobar o exame MIR. Fun a segun-da neurociruxana formada en Galicia. Dende o ano 2000 son especiaslita en Neurociruxía etraballo no hospital onde me formei.P..- EEstás ssatisfeita cco ttraballo qque rrealizzas aa ccotío?Rosa: A miña é unha especialidade moi difícil, pola complexidade dos tipos de patoloxíaque engloba e porque supón un reto diario. Pero sempre que se consigue un bo resultado ou,alomenos, axudar ao paciente, supón unha satisfacción.P..- CCon qqué ffrecuencia rretornas aa PPepín?Rosa: Traballo en Vigo, vivo en Pontevedra, pero sempre que podo escapo á miña casa, aPepín, onde viven os meus pais. Non vou con toda a frecuencia que me gustaría, pero, cadadous ou tres meses, pasó alí un fin de semana. Cada vez aprecio máis o ambiente tranquilodo pobo, sen monitores, nin tráfico, nin teléfonos,... Gústame moito na primavera e no verán.P..- QQue ccambiou een CCastrelo ddo VVal, nno qque llembras ddende qque eeras ppeqquena?Rosa: Moito, e para mellor, nas vías e servizos públicos, no desenvolvemento do turismo rural.É un lugar no que se vive a un ritmo tranquilo, sen estrés, que o boto de menos cando estou fóra.

Rosa Martínez naceu en San Sebastián. É amaior de catro irmáns. Os dous que lle seguen,Vicente e Belén, tamén naceron no País Vasco,e o máis pequeno, Xabier, en Ourense. A fami-lia asentouse definitivamente en Pepín, no ano1981, cando Rosa tiña 14 anos.

Rosa Martínez Rolán: “Cada vez aprecio máis a vida tranquiladun pobo como Pepín e o contacto coa natureza”Neurociruxana no Hospital Xeral de Vigo. Colaborou na ponenciapresentada nun congreso médico de Sevilla sobre a extracción dunarpón que lle atravesou o cráneo a un xove, que logrou sobrevivir.

Rosa foi noticia o pasado verán, cando diversos mediosse fixeron eco do éxito dunha operación para extraerlle aun home un arpón que lle atravesou o cráneo e o cerebrode lado a lado. Ela estaba de servizo no Hospital Xeral deVigo e foi a encargada de atendelo. Os resultados destaoperación foron presentados nun congreso médico.

os nosos veciños/as...

Page 11: Aprobado un orzamento de 789.121 euros para o ano 2013. A ...€¦ · lateral do río, entre a ponte e a casa rec-toral; a rúa dende o cruceiro de Trasca-rreira ata a Ponte do Medio,

Páxiina 111

Case 50 mil persoas poide-ron contemplar, dende o 15de xuño e ata mediados dedecembro, a Estela do Gue-rreiro da Pedra Alta, atopadaen 2009 en Castrelo do Val,que forma parte da exposi-ción “Gallaecia Petrea”, naCidade da Cultura. Esta éunha das pezas máis impor-tantes na sección adicada áPrehistoria de Galicia.

A exposición, que permanecerá aberta ata o31 de marzo de 2013, artéllase a través deseis espazos diferentes, agrupados por perí-odos históricos e por disciplinas, de formaque o visitante poida percorrer o fío da histo-ria da pedra en Galicia, na xeoloxía, preshis-toria, época romana, Idade Media, perotamén na arte moderna e contemporánea.

A Estela do Guerreiro da Pedra Alta deCastrelo do Val data de hai uns tres mil anos.Esta gran pedra antropomorfa ou estatua-menhir, de 800 quilos e 175 centímetros dealto, pertence ao que a historiografía deu enchamar Estelas do Suroeste, por localizáren-

se maioritariamente neste sector da Penín-sula Ibérica. Posúe catro escotaduras quebuscan definir unha silueta humana. Estádecorada cun escudo, unha espada, un carrotirado por cuadrúpedes e unha posible lanza.

Esta estela foi enviada á exposición a tra-vés dun servizo de transporte especial. OConcello de Castrelo do Val realizou xestiónscoa Consellería de Cultura para que, candoremate a mostra da Gallaecia Petrea, poidaser exposta temporalmente no Museo Etno-gráfico e contemplada por veciños e visitan-tes, como un atractivo máis para coñecer onoso municipio.

José Luis Lozano Rúa, o descubridor da Estela da Pedra Alta, elaborou unha peque-na guía didáctica, na que se explican de xeito resumido a historia, os símbolos e alenda do guerreiro das Batocas. Comeza lembrando que “hai tres anos, en Castre-lo do Val, saíu da terra unha pedra”. Ten gravada unha espada en diagonal, á altu-ra do pescozo, e ao nivel do corazón, un escudo con tres círculos concéntricos. Ásúa dereita pode contemplarse, non sen certa dificultade, un carro tirado por dousanimais, que poden ser bois ou cabalos.

José Luis, que se encargou da custodia da estela ata o traslado a Santiago deCompostela, tivo tempo de imaxinar ao “Guerreiro Batocas” como destinatario dapedra, que estaría coroando a mámoa do seu enterramento: “Batocas era un gue-rreiro, un home respetado polos seus veciños. Cando morreu -non sabemos se foiguerreando, pero pensemos que sí- os seus amigos decidiron facerlle unha home-naxe en forma de pedra para que todos os que visitaran a zona o puideran ver”.

Page 12: Aprobado un orzamento de 789.121 euros para o ano 2013. A ...€¦ · lateral do río, entre a ponte e a casa rec-toral; a rúa dende o cruceiro de Trasca-rreira ata a Ponte do Medio,

Edita: Concello de Castrelo do Val - Imprime: RODI Artes Gráficas S.L. - Dep. Legal: OU 228-97

As piscinas estrearon durante o verán un novo modelo de xestión. Unha empresa pri-vada encargouse do coidado e mantemento das instalacións, do 20 de xuño ata o 31de agosto. Houbo diferentes actividades, incluídas clases de natación para nenos eadultos. Pola súa singularidade, as piscinas municipais de Castrelo do Val convertíron-se nun dos lugares predilectos para a mocidade do concello e da comarca.

Afeccioados á caza de toda a Comunidade acudiron o 15 de xullo á Veiga de Castrelopara participar na cuarta edición da Feira do Can de Caza, que organiza a peña "Os Can-tineiros", con Milucho Parada e Xosé Lois del Valle á cabeza. Máis de 700 exemplaresde diferentes razas, con predominio de setter, pointer e podencos, estiveron á venda ouparticiparon nun concurso morfolóxico. Houbo degustación de empanada de caza e unxantar popular e, pola tarde, unha concentración ecuestre, con doma clásica e engan-che, e paseos a cabalo para os máis novos. Como en anos anteriores, A Veiga acolleuunha exhibición de aves de cetrería, de gran espectacularidade, que goza de boa acep-tación entre tódolos asistentes. Con só catro edicións, a Feira do Can de Caza de Cas-trelo do Val configúrase como unha das máis importantes de cantas se celebran aolongo do ano en toda Galicia.

A tradición continúa en Fontefría, na celebración da Santa Marta. Osdanzantes manteñen vivo o ritual, que o convirte en orixinal e nundos poucos que aínda perduran das chamadas “danzas brancas” naprovincia de Ourense. Unha festa que atrae non só a veciños, senóntamén a devotos e curiosos de toda a comarca.

A Festa do Forno de Castrelo foi, un ano máis, a celebración máisconcorrida do verán en todo o municipio. A elo contribúen varias cir-cunstancias: a data (mediados de agosto), cadrando co maiornúmero de visitantes, de vacacións; o fermoso entorno e as gañasde pasalo ben dos nosos veciños e veciñas, disfrutando da compa-ña de amigos e familiares e da comida, na que a carne asada, pos-tres e licores adquiren especial protagonismo culinario.