anovii.nº12.maio2007 ... · adiante hai unha reportaxe sobre o enterro da sardiña de porto -...

12
Ano VII. Nº12. Maio 2007. BOLETÍN INFORMATIVO DA FEDERACION GALEGA POLA CULTURA MARITIMA E FLUVIAL [email protected] OAPUPO www.culturamaritima.org Foto: Lino Prieto

Upload: others

Post on 26-Jul-2020

12 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: AnoVII.Nº12.Maio2007 ... · adiante hai unha reportaxe sobre o Enterro da Sardiña de Porto - novo, que como ven sendo cos - tume organiza esta asociación. A reportaxe deste número

Ano VII. Nº12. Maio 2007. BOLETÍN INFORMATIVO DA FEDERACION GALEGA POLA CULTURA MARITIMA E FLUVIAL [email protected]

OAPUPO

www.culturamaritima.orgFoto: Lino Prieto

Page 2: AnoVII.Nº12.Maio2007 ... · adiante hai unha reportaxe sobre o Enterro da Sardiña de Porto - novo, que como ven sendo cos - tume organiza esta asociación. A reportaxe deste número

Estando ao último...A finais do pasado mes de marzosaíu á rúa un novo número doBoletín “O Cabeso”, que editanos Amigos da Dorna de Porto-novo. Nel podemos atopar unhaeditorial onde se presenta o nú-mero, e tamén unha posta ó díasobre os novos tempos queafronta a asociación cunha XuntaDirectiva totalmente renovada,que preside Anxo Telmo. Máisadiante hai unha reportaxe sobreo Enterro da Sardiña de Porto-novo, que como ven sendo cos-tume organiza esta asociación. Areportaxe deste número tratasobre de Frank e Elisse, os tripu-

lantes do Ouais-Ouais, no que serelata parte da viaxe destes ami-gos canadienses que saíron dasúa casa hai case 27 anos nunbarco que eles mesmos constru-íron. Danlle a benvida á Bicoca adorna polbeira que levaron paraPortonovo como recordo do VIIEncontro de Cambados, e fa-lando de Encontros tratan o temada asistencia a Ferrol 2007.

Parabéns para os Amigos daDorna de Portonovo por facerrealidade este V número d’”OCabeso”, o curmán que ten oApupo en Portonovo.

AAmmiiggooss ddaa DDoorrnnaa ddee PPrroottoonnoovvoo eeddiittaann oo sseeuu BBoolleettíínn

AA AAssoocciiaacciióónn CCaallmmoosseeiirraa,, nnoovvaa iinntteeggrraannttee ddaa FFGGCCMMFF

Nace unha nova asociación, no entorno da Arousa… e unha asociación con vocación, con xente vete-rana, curtida. Porque? Moi sinxelo, un ghaleón esvae-ciase na Arousa e xa era un menos, cando estamosno tempo de ir a máis, siseñor, dixeron, e siseñor, oAdelino e Manuel a día de hoxe luce unha espetacu-lar cor de arquitrán, arredence a ilusión e rebosa

gañas de mar, quen podía dar máis?A vellas madeiras foron quedando o descuberto des-pois das horas de sol, lixa, radial e soplete, na adega,a auga a presión, baixo o poderoso brazo dun gue-rreiro antilixo, poñía as cadernas ó descuberto. Al-gunha non estaba de todo boa. Logo as formigasretiraron as areas e o equipo de ataque aplicou aceitea discreción. “E dalle mais ghas” dicían.Na quilla, a golpe experto de radial, os arneiróns sal-taban e daban paso o ferro rebrilante. O traballo éduro, como xa sabemos todos, e o resultado unhaagradable sorpresa. O barco con case 70 anos, estábo. O día de hoxe seguen a recuperar o Barreiros,poñer en orde a electricidade e á espera de escome-zar os traballos de recuperación da súa popa orixinal.E o final será “SiSeñor” berro que simboliza o espírituCalmoseiro cando decide recuperar o galeón, o nomedo ilustre navío?, permanecerá o de Adelino e Ma-nuel? ou acabará sendo “Capeton”? ou ¿? ….Bueno lo.

Decir tamén que Rompetimóns estaba a punto demeterse no fregado, para eles o desexo calmoseirode que atopen o seu ghaleón.

Page 3: AnoVII.Nº12.Maio2007 ... · adiante hai unha reportaxe sobre o Enterro da Sardiña de Porto - novo, que como ven sendo cos - tume organiza esta asociación. A reportaxe deste número

Texto e fotos: Lino PrietoDende a semana anterior xa che-gaban embarcacións ós panta-láns da Asociación de MariñeirosArtesanais e Deportivos San Mi-guel de Bouzas, os amarres es-taban preparados para recibir osbarcos e tripulacións participan-tes no seu II Encontro. Para queimperase a orde Carlos Campos,sempre solícito e coa carpeta enristre, encargouse da perfectadistribución dos atraques variasdatas antes.

O sábado amencía cunha brisiñaque se foi facendo máis xeitosacoa chegada do mediodía. OPaseo Marítimo de Bouzas xa es-taba engalanado con bandeiro-las, as carpas de comedor eescenario, así como a carpa daexposición empezaba a acolleros moitos asistentes á Xuntanza,as embarcacións seguían che-gando e sendo botadas ó mar pormedio dun potente camión-grúadurante toda a mañá, ó tempoque se recollían as acreditaciónsdos tripulantes. No pantalán si-tuado máis a terra xa estabanamarrando dornas, gamelas, fa-

luchos, a barca de río chegadade Monforte e botes polbeiros; noseguinte lucían pau, mentresaparellaban, a dorna meca “AMeca”, os galeóns “Nuevo Sofía”e “Luísa”, o “Harlinger”, a lanchapoveira “Fe em Deus”, na quesería a derradeira xuntanza do fi-nado Manuel Lopes, e outros deporte semellante. Despois da in-auguración da Xuntanza, na queestiveron presentes autoridades,organización e a FGCMF, pormedio do presidente FernandoPiñeiro, comezou a navegaciónpola ría. Non quedou ninguén enterra, saímos a navegar polocampo delimitado pola organiza-ción, a navegación durou ata ahora do xantar.

Rematado o xantar, e máis ben,houbo foliada e gaiteiros mentresesperabamos pola botadura dagamela coruxeira, última incorpo-ración á flota dos Mariñeiros deBouzas. Logo de botar o “novo”barco ó mar saímos de novo anavegar. Despois de amarrar earranchar os barcos era o mo-mento para poñerse guapos para

a cea e posterior queimada. Houbo sorteo de regalos para os tripulantes, sorteo un tanto des-afortunado... logo un meigo fixounha queimada.

Na mañá do domingo chegamosá carpa comedor onde nos espe-raba o café quente e os sobaoscos que collemos forza para saírde novo ó mar. Chamaba a aten-ción como a traíña Vigo05 borne-aba coas velas arriba e senninguén a bordo, o vento mantí-ñase coma o día anterior, aíndaque se foi cerrando de néboapero saímos igual. Veleiros e em-barcacións tradicionais navega-ban entre neboeiro e as pitadasdos mercantes que saían doporto de Vigo. No mediodía tivolugar a entrega de diplomas ásasociacións participantes e nasobremesa intercambiáronse opi-nións e números de teléfono, ocamión-grúa volvía a traballar endirección inversa, os barcos vol-taban ó carro e ós que chegaronnavegando empezaban a verse-lle as popas dende Bouzas caraás Cíes. Cómpre felicitar os mari-ñeiros de Bouzas pola súa en-trega na organización e polaatención ós tripulantes, que foiexcelente, por non falar da barralibre de cervexa... para a seguinteocasión alí estaremos.

Page 4: AnoVII.Nº12.Maio2007 ... · adiante hai unha reportaxe sobre o Enterro da Sardiña de Porto - novo, que como ven sendo cos - tume organiza esta asociación. A reportaxe deste número

TEXTO E FOTOS: Paco Fernández Rei Presentación do Encontro: B. Máiz, F. Piñeiro, A. Bugallo e P. Villamar

O 7 de maio presentouse en San-tiago o VIII Encontro de Embarca-cións Tradicionais de Galicia 2007(Ferrol 5-8 de xullo) nun acto enque interviron Ánxela Bugallo,Conselleira de Cultura e Deporte;Pablo Villamar, responsable daárea de Promoción Económica daDeputación da Coruña; FernandoPiñero, presidente da FederaciónGalega pola Cultura Marítima eFluvial (FGCMF); e BernardoMáiz, presidente do "Club do Mar"de Ferrol. Ánxela Bugallo referiuse ó conve-nio asinado entre a DirecciónXeral para o Deporte e a FGCMFpara realizar actividades no bienio2007-08, cun triple obxectivo: di-fusión do traballo que se estáfacer de "rehabilitación e posta envalor de todo o que é o noso patri-monio marítimo e fluvial"; dinami-zacion do sector dasembarcacións tradicionais comoespazo para o lecer e a prácticadeportiva; e busca en Galicia e enEuropa do recoñecemento socialde todo ese patrimonio como "ele-mento que nos identifica, que con-forma unha parte fundamental donoso acervo cultural e que ataagora, salvo polo traballo reali-zado polas asociacións da Fede-ración, que neste momento son38, non tivo ese recoñecemento". O presidente da FGCMF Fer-nando Piñeiro lembrou os durosinicios dos Encontros de Ribeira,Coruxo e O Grove ata chegar ó deRianxo, despois do cal houbo que

refundar a Federación. No 2001en Combarro seguiuse medrandoe entrouse nunha xeira de interna-cionalización e consolidación, quecontinuou na Illa da Arousa no2003 cun Encontro que se conver-teu na Gran Festa do Mar e taménda cultura fluvial. O xeneroso tra-ballo de tantas asociacións fixoque en Cambados no 2005 seacadase a plena consolidación,pois á parte dos moitos museospresentes, nunca tantos tipos bar-cos diferentes e de tantos paísesnavegaran no litoral galego. Fer-nando salientou que por primeiravez o Encontro viña ó norte e queesperaba que en Ferrol se aforta-lase o recoñecemento social donoso patrimonio marítimo e fluvial.Bernardo Máiz, presidente do"Club do Mar", manifestou quepara a súa asociación organizar oEncontro era un reto moi grandeco que queren "presentar ómundo toda a riqueza marítima deGalicia, as embarcacións e todo oque apoiaba a construción desasembarcacións". Agradeceu o so-porte dos patrocinadores, moi par-ticularmente o da Consellería de

Cultura e Deporte, e avanzou oprograma de actividades. Unhadas novidades serán unhas xor-nadas técnicas en terra e no "Hi-dria" (o Barco da Memoria) sobrea lexislación e a normativa dosbarcos tradicionais a cargo de moidiversos especialistas. En Ferrol atracará a exposición"Patrimonio do vento e do sal: em-barcacións tradicionais galegas",realizada por un equipo da propiaFGCMF. Desde o 6 de maio, oproxecto "NaBeira08" da Federa-ción e da Consellería de Cultura eDeporte está a levar polos portosdo litoral (e a algunha vila do inte-rior) esa exposición co fin de mos-trar os fitos máis relevantes quemarcaron de xeito determinante anosa cultura marítima e fluvial.

Quen se achegue en xulloó peirao das Curuxeiras paragozar do VIII Encontro, que pro-cure tamén visitar o Arsenal, pezafundamental da arquitectura navalmilitar contemporánea europea,xa que a Mariña de Guerra da Ar-mada Española abrirá esas insta-lacións os días do Encontro; e quenon esqueza visitar o barrio daMagdalena, centro histórico da ci-dade, para poder gozar da belezaxeométrica dese rectángulo derúas lonxidunais e rectilíneas cru-zadas por outras perpendiculares.É a herdanza de enxeñeiros comoJorge Juan ou Julián SánchezBort, que no século XVIII conver-teron a viliña mariñeira de Ferrolnunha cidade moderna.

Outro momento da presentación do Encontro.

Page 5: AnoVII.Nº12.Maio2007 ... · adiante hai unha reportaxe sobre o Enterro da Sardiña de Porto - novo, que como ven sendo cos - tume organiza esta asociación. A reportaxe deste número

NOTA:-O Pavillón dos Museos permanecerá aberto de11: 00 a 14:00 e de16:00 a 19:00 durante os 4 días.- Haberá visitas guiadas ás embarcacións, con explicacións sobre tipoloxías e aparellos.-Gardería 3-5 anos e Actividades nenos de 6-12 anos de 11.30-13.30 e17 -20 (Xardin da Ranita).

HORA Actividades no MarObradoiros didacticos

nenosObradoiros demostrati-

vos Xornadas TécnicasActuacións e Espectá-

culos Actos Varios5 de Xullo

9:30 Navegación libre Inauguracion no HidriaPaseos Marítimos 1º Panel das xornadas

12:0012:30 Actividades ata as 14:00 Actividades ata as 14:00 1º Panel das xornadas Monicreques13:00 Banda Municipal de Ferrol Presentación AMMMG

13:30 Novas Embarcacións Presentación Amonaga

14:00 xantar de benvida16:00 Reunión Patróns Actividades ata as 19:00 Actividades ata as 19:00 2º Panel das xornadas16:30 Navegación libre18:30 Festa da Arribada saído ó mar dos asistentes

22:30Raparigos e Batuko

Tabanka Cine do mar6 de Xullo

9:30 Navegación libre 3º Panel das xornadas

11:00Actividades ata as

14:00Actividades ata as

14:00Montaxe de redes-Cu-

ruxeiras14:00 xantar

16:00Actividades ata as

19:00Actividades ata as

19:00 Mesa RedondaPres:Novas Embarca-

cións

18:00Travesia Ferrol-Mugardos

Seixo-Barallobre-Ferrol

18:30 Clausura e nevegación20:00 Reunión patróns Toxos e Froles23:00 Mackfeck

7 de Xullo9:30 Navegación libre

11:00 Regata Desafío total Actividades ata as 14:00 Actividades ata as 14:00 Memoria do Atlántico Os Estrobos Pres. Nabeira 0813:30 Pres Brest 08 14:00 xantar 16:00 Actividades ata as 19:00 Actividades ata as 19:00

17:00 Regata de velas18:00 Festa da Cabrias-Curuxeiras

20:00 Homenaxe Manoel Lopes

0:00 O Cempés8 de Xullo

11:00 Actividades ata as 13:30 Actividades ata as 13:30 Os Estrobos11:30 Regata de Dornas12:30 Monicreques13:3014:00 xantar 16:30 Actividades ata as 18:30 Actividades ata as 18:30

17:00 Navegación libre18:30 Teatro de rúa20:00 Cancións Mariñeiras

ACTO DE ENTREGA DE TROFEOS e CLAUSURA DO VIII ENCONTRO

ACTO DE INAUGURACIÓN OFICIAL DO VIII ENCONTRO

Page 6: AnoVII.Nº12.Maio2007 ... · adiante hai unha reportaxe sobre o Enterro da Sardiña de Porto - novo, que como ven sendo cos - tume organiza esta asociación. A reportaxe deste número

Texto: Fernando PiñeiroNo inverno fóiselle dandoforma ó invento e ó chegaro remate da primaverabotou a andar. O soporteen prensa e na TV foi im-portante, e da súa presen-tación deron conta osxornais. A FGCMF asinoucoa Consellería de Culturae Deporte un convenio decolaboración que nas súasliñas é moi sinxelo: divulgaro patrimonio maritimo e flu-vial de Galicia e polo ca-miño promocionar Ferrol, onoso VIII Encontro de Em-barcacións Tradicionais de

Galicia e facer coñecer apresenza de Galicia enBrest no 2008.

Elixíronse os portosen función da súa situa-ción, e posibilidades depromoción. O obxectivo eraque as Asociacións daFGCMF puideran aprovei-tarse e darse a coñecermais no seu entorno. A tra-vesía comezou en Bouzas-Vigo e de aí a Cangas,Pontevedra, Bueu, Vilagar-cía, Ribeira, Cambados,Muros, Monforte de Lemose A Coruña, unha semana

antes de arribar a Ferrol,onde estará os días do En-contro.

Tamén NaBeira foi o motivopara botar a andar a novaexposición que ten aFGCMF. "Patrimono doVento e do Sal. As embar-cacións tradicionais gale-gas", que en Ferrol estarácompleta; e cando chegue-mos a Brest, totalmente apunto para amosar a ri-queza do noso patrimoniomarítimo e fluvial. A exposi-ción é froito do labor daxente da Federación. Coor-dinados por Luis Rei, nelatraballaron Paco Fernán-dez Rei, Dionísio Pereira,Antón Pais, Pablo Carrera,Xaquín Lores e outros

Foto: Lino Prieto

Foto: Lino Prieto

Foto: Lino Prieto

Page 7: AnoVII.Nº12.Maio2007 ... · adiante hai unha reportaxe sobre o Enterro da Sardiña de Porto - novo, que como ven sendo cos - tume organiza esta asociación. A reportaxe deste número

que achegaron impactantesfotos, particularmente LinoPrieto (perdoade os que noncito). O resultado é un pro-duto serio do que seguroque os autores nunca esta-rán completamente satisfei-tos, pero é unha obra moifermosa e chea de contido.A exposición "Patrimono do

Vento e do Sal" non xubila aanterior do Patrimonio Mari-timo, que tantas xornadasacumula as súas costas, eque nestes momentos seguea navegar polos centros es-colares de toda Galicia,onde rematará a súa trave-sía cara o verán; e de a de-mandaren, facer unha novatravesía o vindeiro curso.

Esta é a liña do conve-nio asinado coa Conselleríade Cultura e Deporte. Agoravén o Encontro de Ferrol,para o que xa queda moipouco, e para o que taméncontaremos cun apoio im-portante da administración.Esperemos que este sexa o

camiño no agardado recoñe-cemento do Patrimonio Ma-ritimo e Fluvial de Galicia. Ocerto e que nos días en queescribo este texto (finais demaio) a FGCMF está a aca-dar unha importante cota depromoción a través de tódo-los medios de comunicaciónasí como na web www.nabeira.org

Foto: Lino Prieto Foto: Lino Prieto

Foto: Lino Prieto

Foto: Lino Prieto

Page 8: AnoVII.Nº12.Maio2007 ... · adiante hai unha reportaxe sobre o Enterro da Sardiña de Porto - novo, que como ven sendo cos - tume organiza esta asociación. A reportaxe deste número

Texto “Os Galos - Bueu”Coñecido como estaleiro ou car-pintería de Purro, na Banda doRío de Bueu, foi fundado no ano1920 por José Del Río Casal, apartires dunha concesión adminis-trativa para ocupación de espazopúblico. A elección desta ubica-ción para o obradoiro non é casualpois nesta parte de Bueu dábanseas condicións idóneas: un entornoxeográfico con bo suministro dematerias primas, boas comunica-cións por estar no centro da vila,unha praia abrigada que facilitabafacer as botaduras con seguri-dade e proximidade a desembo-cadura do río Bispo que permitíao curado da madeira no seucauce.Amosa unha configuración comúna tódalas carpinterías de ribeiraque comprende unha pequena ofi-cina, unha zona para o trazado deproxectos, outra para a elabora-ción das pezas de madeira ondese axeitan o banco e as ferramen-tas, o gran alboio para a construc-ción dos cascos baixo teito, unhaárea descuberta para almacena-mento e secado da madeira e ovaradoiro con vías, orientadosempre en perpendicular á beira-mar. A parte máis antiga da carpinteríaestá formada por unha estruturacuberta por un tellado a dúasaugas asentado sobre columnas

de pedra onde se ergue un pe-queño faio no que está instaladaa máquina de afiado da serra decinta. Noutra parte do taller sitú-ase a pequena oficina que taménera utilizada para agochar as fe-rramentas, este elemento foi en-gadido nunha ampliación levada acabo dispois do ano 1938, candoo estaleiro foi comprado por RosaCortizo Cerviño, aboa de Purro,para o seu fillo.Con este novo propietario a car-pintería incrementou a súa activi-dade pasando dunha producciónexclusiva de embarcacións de pe-queno porte, gamelas, chalanas,

lanchas xeiteiras, botes polbeirose traíñas, a construir tamén em-barcacións de maiores dimen-sións. Coa implantación do motorcomo método de propulsión prin-cipal, as embarcacións aumenta-ron as súas dimensións, o que fixonecesario a ampliación das insta-lacións en varias fases e conferiu-lle o aspecto tan peculiar queamosa na actualidade. A implan-tación das bateas nas Rías Baixasabriu un novo mercado para oscarpinteiros de ribeira, e supusounha carga de traballo importantedurante os derradeiros anos.

Foto: Os Galos

Foto: Os Galos

Page 9: AnoVII.Nº12.Maio2007 ... · adiante hai unha reportaxe sobre o Enterro da Sardiña de Porto - novo, que como ven sendo cos - tume organiza esta asociación. A reportaxe deste número

No ano 1975 ampliáronse as ins-talacións cara as testas NW e N,pero cando en 1988 se constrúeun muro de abrigo para protexeras casas das maruxías, perdé-ronse as vías de varada do esta-leiro; unha estructura que estabacomposta por tres raís paralelos,dous laterais a mesma altura e ocentral máis baixo, a modo de “v”,que se fincaban nuns pilotes demadeira enterrados na area dapraia, as vías tiñan unha lonxi-tude aproximada de 30 metroscara a liña de maré. A perdadesta infraestructura básica pro-vocou que entre os anos 1986 e1988 se construísen dous bacosa carón do porto pesqueiro, nunalboio levantado para esta obra. Estratexias e perspectivas de fu-turo

A carpintería de Purro en Bueu,fechou a súa actividade construc-tora hai pouco máis de catroanos, dispois de ter feito comoderradeira encarga o bote xeiteiro

Os Galos. A partires desa ata quedou aberta unha fronte deloita pola conservación do aste-leiro de Purro que no decursodeste tempo non atopou máisque atrancos nun esforzo, ata ode agora baldeiro, levado en soli-tario polos Galos que teñen ofirme convencemento de que énecesario a implicación das dife-rentes administracións para ga-rantir a presenza do sector dacarpintería de ribeira en Bueu cófin de tecer unha relación entre aprodución económica e a poten-ciación turística da bisbarra, dán-dolle pulo, xunto coa navegacióntradicional, como un dos elemen-tos sobre o que construír a dina-mización turística e apreservación do patrimonio cultu-ral e etnográfico.

Mentras se debate esta loita con-servacionista o estaleiro estásendo utilizado pola asociacioncomo obradoiro para realizar omantemento da pequena frota de

embarcacións tradicionais da quedispoñen. Mágoa que esta asociación non poida contar nincoa disposición económica parafacer os amaños necesarios nincunha mínima capacidade deci-soria sobre o uso final das instala-cions.

O estaleiro está ligado íntima-mente á historia marítima recentedo concello de Bueu: foi a derra-deira carpintería de ribeira en ac-tivo, nela traballaron e seformaron moitos profesionais enela construíronse infinidade deembarcacións, moitas aínda enactivo. O seu peculiar aspectoconvirteuse en parte da paixaseurbana de Bueu, actuando comoreferente patrimonial do concellounha vez destruídos aqueles ou-tros bens arquitectónicos suscep-tibles de ocupar tal lugar. De talxeito, nalgunhas páxinas webaparece como un símbolo tantodo pobo como da carpintería deribeira e son varias as

Foto: Os Galos

Page 10: AnoVII.Nº12.Maio2007 ... · adiante hai unha reportaxe sobre o Enterro da Sardiña de Porto - novo, que como ven sendo cos - tume organiza esta asociación. A reportaxe deste número

publicacións que fan men-ción a este taller. Polo tanto,a súa imaxe é un vínculo deunión entre o pobo de Bueue o seu pasado, sempre ven-cellado aos barcos e o mar,que pode significar o reen-contro cunhas orixes cultu-rais que, a pesares da súaproximidade, son ignoradospor unha boa parte da pobo-ación.Non se trata de aplicar nin-gunha solución preexistentesenon estudiar unha soluciónadaptada ao entorno socialno que se pretende desen-volver a proposta. Para iso,resulta preciso iniciar un pro-ceso que valore todas aque-las ideas sobre as diferentesactividades ou usos que sepoderían dar ó estaleiro dePurro. Que dúbida cabe queo primeiro paso sería a reali-zación dun amplo proxectomuseístico, no que se valora-sen todas as posibilidades,así como as reformas ouarranxos precisos para odesenvolvemento das dife-rentes actividades as que sepoida adicar, sempre coa te-mática da carpinteiría de ri-beira como eixo vertebrador.

Proponse tamén o desenvol-vemento dunha parte viva,na que se trataría de ter unhaactividade que permita aosvisitantes poder seguir decerca a construcción dunhaembarcación tradicional, epoder observar as diferentestécnicas que empregan estesartesáns, para crear unhaembarcación a partir dunhamorea de táboas.

O estaleiro de Purro poderíaconstituir, xunto co cercanoMuseo Massó e flota de em-bacacións tradicionais daAsociación Os Galos, un re-

ferente da cultura marítimapodendo converterse o obra-doiro nun elemento único ediferenciador do pobo, favo-recendo o seu atractivo nonsó cultural, senon tamén o tu-rístico -non debemos esque-cer que o Museo Massórecibiu o ano pasado un totalde 20.000 visitas. Co puloque está a vivir o patrimoniomarítimo a escala europea,dende a Bretaña francesa,paises baixos ou os paisesnórdicos ata o Mediterraneo,a recuperación do taller dePurro contribuiría a estabili-zar e focalizar en Bueu aoferta etnográfica de caráctermarítimo ca comarca do Mo-rrazo, creándose ao mesmotempo os elementos necesa-rios para afrontar o lideratocomo referente nas Rías Bai-xas e en Galicia.

Asocicación de Amigosdas Embarcacións Tradi-cionais “Os Galos”Bueu

Foto: Lino Prieto

Foto: Lino Prieto

Page 11: AnoVII.Nº12.Maio2007 ... · adiante hai unha reportaxe sobre o Enterro da Sardiña de Porto - novo, que como ven sendo cos - tume organiza esta asociación. A reportaxe deste número

Calendario Oficial de Actividades da F.G.C.M.F.

Page 12: AnoVII.Nº12.Maio2007 ... · adiante hai unha reportaxe sobre o Enterro da Sardiña de Porto - novo, que como ven sendo cos - tume organiza esta asociación. A reportaxe deste número

FEDERACIÓN GALEGA POLA CULTURAMARÍTIMA E FLUVIAL

Ed. Multiusos, Campo da Mercede s/n.36630 CAMBADOS, Pontevedra

Telf. 986524845E-mail: [email protected]

CONSELLO DE REDACIÓN:Lino Prieto, Fernando Piñeiro

Francisco Fdz. ReiCOLABORADORES:

Ana Gil, C.M. Ferrol

FOTOGRAFIAS:Lino Prieto, Asociación Os Galos e outros

MAQUETACIÓN:Otero & Prol

Listado actualizado de asociacións membros da F.G.C.M.F.1 CRAC CORUXO 986 460 736 [email protected] Real Cofradía da Dorna de Ribeira 606 061 363 [email protected] Amigos da Dorna Meca 986 732 805 [email protected] Asc. de Embarcacións Tradicionais «Os Galos» 986 321 799 [email protected] Club do Mar de Ferrol 981 353 499 [email protected] Asc. «As Joritas» 986 542 0567 Grupo Etnográfico Mascato 986 520 008 [email protected] Asc. Cultural e Deportiva DORNA 649 190 098 [email protected] Asc. De Gameleiros Asodiña 986 222 441 [email protected] Asc. Mariñeiros San Miguel de Bouzas 678 502 029 [email protected] Asc. SODINÁUTICA 986 222 441 [email protected] Asc. De Veciños «Boureante» 669 897 53713 Clube Mariño «A Reiboa» 669 897 537 [email protected] R.C.N. De Sangenjo 670 544 295 [email protected] Asc. «A Rabandeira» 636 643 137 [email protected] Amigos da Dorna de Portonovo 686 982 062 [email protected] Clube Mariño Salnés 986 526 927 [email protected] Asc. Barcas do Minho 982 465 218 [email protected] Asc. Canle de Lira 981 184 906 [email protected] Asc. Cultural «A Figueiriña-Lanchas do Sil» 988 682 146 [email protected] Asc. Mar da Pedra 986 307 044 [email protected] Club Náutico de Redes 647 368 795 [email protected] Asc. «A Rompetimóns» 659 834 701 rompetimóns@rompetimóns.org24 Asc. Barcos do Norte. Viana do Castelo 938 014 101 [email protected] Asc. Amigos das Embarcacións Tradicionais 981 220 02026 Asc. Mar de Noia 981 821 681 [email protected] Asc. Mar de Muros 981 763 97928 Asc. Sueste 986 315 250 [email protected] Escola Obradoiro Mar de Vigo II 986 462 090 [email protected] Asc. Cultural «A Gamela». Cabo da Cruz 649 987 012 [email protected] 31 Esteirana de Remo 981 826 040 [email protected] Asc. Cultural «Gameleiros». Breadouro. 986 490 592 [email protected] Asc. Marítima e Cultural Vilaxoan 653 350 045 [email protected] 34 Fundación Expomar 982 586 232 [email protected] Asc. Lajareu por Barlovento [email protected] Asc. Cultural, Deportiva Fasquía 986 551 282 [email protected] Asc. Calmoseira [email protected]