unha mirada á contorna

Post on 11-Apr-2017

409 Views

Category:

Education

6 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

O MILLO DE DON MANUEL

O venres día 6 de Novembro pola tarde os nenos/as de 2º e 3º de primaria do colexio CEIP Ponte do Porto fixemos unha pequena excursión. Como este ano estamos

traballando a temática do millo vamos visitar a Don Manuel, un agricultor da nosa zona, que ten moitas leiras de millo.

Cando saímos da escola para visitar a Don Manuel, fixemos un percorrido de 20 minutos, no cal puidemos ver moitas cousas da nosa contorna; grandes cabazos, leiras

de millo, o antigo campanario, o cementerio vello, moitas hortas, casas antigas de pedra, edificios novos... E moitas cousas máis!

Cando chegamos a leira de Don Manuel, estaba moi contento de ter visita. Contounos moitas cousas acerca do millo; Cando se plantaba e cando se recollía, que tipos de millo había, para que servía...e moitas anécdotas da súa época sobre a recollida do millo. Despois de atender as explicacións deixounos escunchar un anaco da leira.

Recollemos as espigas para os caldeiros para levalas na carretilla ó cabazo.

De lado do cabazo tamén había fabas a secar, para despois gardar.

Ó chegar o cabazo coa carretilla chea, quedamos asombrados porque parecíanos un cabazo pequeno pero cabía moitísimo millo. Don Manuel díxonos que antes non había luz eléctrica e tiñan que escunchar á luz da lúa, para acabar de facer o traballo. Tamén nos pareceu interesante saber que un millo era para darlle de comer ós animais e outro para facer comidas.

Finalmente, vimos un escunchador e un muíño eléctrico que tiña de lado do cabazo, nunha casiña de pedra, o cal nós deixou ver como funcionaba. Para rematar sacamos unha foto en grupo e demos as gracias por todo o que nos ensinou.

Pasámolo Xenial!!!!!!!!!!!!!

top related