problemas medioambientais en españa

Post on 26-Jan-2015

9.158 Views

Category:

Education

5 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Presentación sobre as paisaxes naturais en España e os problemas medioambientais que lles afectan

TRANSCRIPT

Fontes de texto e presentación: Grupo de traballo de Xeografía do Bacharelato a Distancia (IES San Clemente de Compostela), Ana Rey, Isaac Buzo e “sennumero”

Reelaboración propia con imaxes de Kalipedia, Wikipedia, National Geographic, Yann-Arthus Bertrand e outros

España oceánica

España mediterránea

España das montañas

Illas Canarias

CLIMA E ACTIVIDADES HUMANAS

Fotografías de Yann-Arthus Bertrand:

deserto de Xordania e provincia de Corrientes (Arxentina)

Proxectos de Zaha Hadid para Dubai, adaptándose a un clima desértico: Dancing Towers e Auditorio

VEXETACIÓN E ACTIVIDADES HUMANAS

Extensión de novas variedades de cultivos, adaptados aos rigores climáticos

Repoboación forestal con especies alóctonas

SOLOS E ACTIVIDADES HUMANAS

Corrección do pH dos solos mediante aportación de cal ou outros elementos químicos

123

AUGA E ACTIVIDADES HUMANAS

Usos agrarios (80%)

Usos urbanos (14%)

Usos industriais (6%)

CONSTRUCIÓN DE PRESAS EN ESPAÑA

Consulta información sobre o estado das concas hidrográficas en:

http://embalses.net/

Fonte: El País, 18 de abril de 2008

• España é o 5º país por nº de desalgadoras (900 plantas en total)

• Unha planta de 50.000 m3 supón un investimento medio de 36 millóns de euros

• A maior instalación é a de Carboneras (Almería)

• A vida media dunha planta está entre 8 e 10 anos

AS

DE

SA

LG

AD

OR

AS

,

UN

HA

AL

TE

RN

AT

IVA

47.1

52.9

Procedencia da auga desalgada en España

Auga de mar

Auga salobre

Ubicación das novas plantas desalgadoras

Fonte: www.belt.es (7 de xuño de 2005)

O FUTURO MAPA DAS DESALGADORAS

A RELACIÓN DO SER HUMANO CO MEDIO NATURAL

O incremento do impacto paralelo ao progreso técnico das sociedades

DEGRADACIÓN

SOBREEXPLOTACIÓN

CONTAMINACIÓN

Os grandes problemas relacionados co medio ambiente, a nivel mundial.Fonte: Ed. Santillana

DEGRADACIÓN AMBIENTALExpansión urbana

A expansión das cidades consome espazos de valor ecolóxico e agrarioÉ un proceso agravado pola aparición de grandes conurbacións en áreas metropolitanas

Fonte: Proxecto Terra

Juan Luis Dalda: Expansión urbana de Vigo. Mapa realizado en 2001

DEGRADACIÓN AMBIENTALProliferación de segundas residencias

A construción de segundas residencias altera a paisaxe provocando impactos na fauna, modificación dos ecosistemas litorais e prelitorais (dunas, albufeiras e praias), incrementando o perigo de incendios forestais. Moitas veces aténtase directamente contra o recurso natural que xenerou a proliferación de construcións turísticas.

Benidorm a comezos de 1960 e na actualidade

Poboación en Benidorm

0

50000

100000

150000

200000

250000

300000

350000

400000

450000

1960 2008 Verán

DEGRADACIÓN AMBIENTAL Proliferación de obras de enxeñería civil

Impactan nos ecosistemas cortando o tránsito dos animais ou transformando os seus hábitat . Destrúen solos fertis e afectan á paisaxe. Crean microclimas específicos. A súa construción tamén provoca a aparición de escombreiras, canteiras, etc.

DEGRADACIÓN AMBIENTALOutras actuacións humanas

Fonte: Banco de Imaxes do CNICE e Wikimedia

SOBREEXPLOTACIÓN

EXPLOTACIÓN DO MEDIO POR ENRIBA DA SÚA CAPACIDADE DE PRODUCIÓN E DE REXENERACIÓN

SOBREEXPLOTACIÓN:Degradación do manto vexetal

DEFORESTACIÓN:

Roturacións para obter novas terras para a agricultura e pastos Construción de vivendas, instalacións industriais e obras de enxeñería Tala masiva de bosques para obter madeira Incendios forestais

Resultado:

Diminución da superficie forestal Aumento da erosión

Solución:

Conservación e potenciación das especies autóctonas Reforestación

SOBREEXPLOTACIÓN:Erosión do solo

Consecuencia de:

Procesos naturais acentuados polas pendentes e as precipitacións torrenciais Prácticas agrícolas e gandeiras inadecuadas Deforestación

Resultado:

Solo desestruturado e descohesionado que resulta menos resistente á erosión mecánica da auga e do vento, puidendo provocar a desertificación

Mapa de risco de desertificación, observade que as zonas con maior risco se localizan no litoral mediterráneo, en especial no SL, coincidindo cos climas máis secosO 31,49 % do solo español ten un risco alto ou moi alto de se desertificar

Fonte: Ministerio de Medio Ambiente

EROSIÓN NATURAL: Proceso mediante o que actúan os axentes externos. Causan desgaste das rochas, transporte de materiais e acumulación de sedimentos, e producen cambios na paisaxe.

PRAIA DAS CATEDRAIS (LUGO)

EROSIÓN MARIÑA

PROCESO DE EROSIÓN

ACCIÓN ANTRÓPICA

SOBREEXPLOTACIÓN: Esgotamento de acuíferos e desecación de

humedaisConsecuencia de:

Mentalidade hixienista do s. XIX e princip. do XX (acabar coas febres palúdicas) Obter novas terras de cultivos Sobreexplotación dos acuíferos para regadío (desecan humedais e na costa producen a intrusión de auga salgada) Obras públcias para a regularización dos cauces fluviais

Resultado:

Destrución dos hábitat de numerosas especies animais e comunidades vexetais Perda de produtividade do solo Contribúe a descohesinar o solo

Relación entre o bombeo de auga de acuíferos de Castela A Mancha co aumento do caudal do río Xúquer.Como se observa hai unha relación inversa: canto máis aumentan os bombeos dende os acuíferos, menos aumenta o caudal do río Xúquer.

Fonte: Ministerio de Medio Ambiente

SOBREEXPLOTACIÓN: Esgotamento de acuíferos e desecación de

humedais

Masas de auga soterráneas costeiras salinizadasFonte: Ministerio de Medio Ambiente

http://www.tablasdedaimiel.com/

IMPACTOS DA MALA XESTIÓN DA AUGA

Fonte: Greenpeace

Son os cultivos baixo plástico unha forma de desertificación?

SOBREEXPLOTACIÓN:Degradación da fauna

Características de España Riqueza faunística Ponte entre África e Europa para as aves migratorias

Consecuencia de: Desecación de humedais Caza e pesca descontrolada Loita contra especies dañinas para a agricultura e a gandería

Resultado: Destrución de hábitat Esgotamento de caladoiros de pesca Aumento de especies en perigo de extinción

Exemplo de áreas de distribución de dúas especies en perigo de extinción: lince Ibérico (1) e oso pardo (2).

Fonte: Ministerio de Medio Ambiente

CONTAMINACIÓN

ADICIÓN DE MATERIAS NOCIVAS EN PROPORCIÓN NON ASIMILABLES POLO MEDIO

CONTAMINACIÓN:Atmosférica

A contaminación atmosférica é a presenza de substancias que habitualmente non se atopan na atmosfera ou que o están en concentracións menores ás existentes. Estas substancias poden causar danos directos ou indirectos á poboación.

Os principais focos de emisión son: as centrais térmicas e industrias; automóbiles, calefaccións domésticas, incendios forestais, aviación, refrixerantes e aerosoles.

Os principais contaminantes son: monóxido de carbono (CO), dióxido de carbono (CO2), dióxido de xofre (SO2), óxido de nitróxeno (NO), partículas de polvo e fume e cloro (Cl2)

PRINCIPAISCONSECUENCIAS

CHOIVAÁCEDA

BURACO CAPA OZONO

EFECTOINVERNADOIRO

ILLAS DE CALOR

CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICAEfecto invernadoiro

Denomínase así pola semellanza cun invernadoiro, onde os cristais permiten a entrada de enerxía solar mais non permiten a súa saída, co que a calor aumenta no interiorNa atmosfera o papel dos cristais xógano os denominados gases de efecto invernadoiro, como o CO2. En circunstancias normais permiten manter unha temperatura axeitada para a vida; mais o exceso de gases fai que a capa aumente e, polo tanto, tamén a temperatura, provocando un quecemento globlal.

Para reducir os gases que producen efecto invernadoioro e así evitar o quecemento gobal, chegouse a un acordo internacional polo que se estableceu un límite nos diferentes países á emisión de ditos gases: dióxido de carbono (CO2), gas metano (CH4) e óxido nitroso (N2O),

ademais de tres gases industriais fluorados: hidrofluorocarbonos (HFC), perfluorocarbonos (PFC) e hexafluoruro de azufre (SF6).

O obxectivo era reducir a emisión destes gases no período de 2008 ao 2012 un 5 % a respecto da emitida en 1990. Este acuerdo impulsado por Nacións Unidas é o denominado Protocolo de Kioto (asinado en 1997).

Países asinantes do Protocolo de Kioto en 2005. No todos os países ratificaron estes acordos. Nótese como o principal país emisor, EE.UU. (cun terzo do total) desbotou ratificar o asinado

CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICAEfecto invernadoiro

Evolución das emisións de gases efecto invernadoiro en España (1990-2005)

Fonte: Ministerio de Medio Ambiente

CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICAEfecto invernadoiro

Evolución das emisións de gases efecto invernadoiro en España segundo a actividade emisora (1990-2005)

Fonte: Ministerio de Medio Ambiente

CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICAEfecto invernadoiro

CONTAMINACIÓN:Atmosférica: Choiva áceda

As emisións de xofre e de nitróxeno mestúranse con vapor de auga no aire. Ao se condensaren, formar nubes e precipitar, as solucións de ácido sulfúrico e nítrico caen á superficie, alterando a vexetación, os solos, as augas e os edificios. Fonte: Kalipiedia

Óxidos de xofre

Óxidos de nitróxeno

Formación de ácedo sulfúrico e ácedo nítrico

Choiva áceda

CONTAMINACIÓN:Atmosférica: Choiva áceda

Efectos da choiva áceda sobre un bosque da República Checa e sobre unha gárgola dun edificio histórico

Fonte: Wikimedia

Os países coas centrais térmicas máis sucias, segundo WWF / ADENA (2007)

As Pontes

CONTAMINACIÓN:Atmosférica: Burato da capa de ozono

A capa de ozono (O3) atópase entre os 10 e os 50 km de altura, na estratosfera

Filtra as radiacións ultravioletas do Sol

A capa de ozono ten diminuído de espesor a causa da reacción do ozono co cloro presente nos CFC’s (clorofluorocarburos)

O cloro separa as moléculas de O3 en osíxeno normal (O2), uníndose á restante (CLO, monóxido de cloro)

Fonte: Banco de Imaxes do CNICE

CONTAMINACIÓN:Atmosférica: Burato da capa de ozono

O grosor da capa de ozono reduciuse ao máximo nos polos, polo que a penetración da radición ultravioleta aumentou nestas zonas. En España a capa de ozono reduciuse un 8 %. Na UE, a proibición de CFC’s aminorou o problema desde o ano 2000.

Como resultado existe un aumento do cancro de pel, cataratas nos ollos, ademais de perturbacións na vida vexetal e animal.

Fonte: Ministerio de Medio Ambiente

http://www.eea.europa.eu/maps/ozone/map

As unidades Dobson (en inglés, DU) son un xeito de expresar o espesor da capa de ozono na estratosfera.Unha unidade Dobson equivale a 0,01 mm de espesor de capa en condicións normais de presión e de temperatura (1 atm y 0 °C respectivamente), expresado en número de moléculas; unha DU representa a existencia de 2.69 × 1016 moléculas por centímetro cuadrado (2.69 × 1020 moléculas/m²)

Fontes: MMA, IGN, AGE

CONTAMINACIÓN:Atmosférica: Illa de calor

É unha situación que se produce nas cidades debido á acumulación de calor polo formigón e outros materiais construtivos, ao que se une a ausencia de zonas verdes e de superficies acuáticas que refresquen o ambiente, a xeración da propia calor nas cidades (aires acondicionados, calefaccións, etc.) e a presenza de partículas contaminantes.

Fonte: wikimedia

CONTAMINACIÓN:Atmosférica: Campá de po

A emisión de gases desde veículos, calefaccións e industrias nas cidades xeran o coñecido smog ou néboa fotoquímica, que permanecerá ancorada aos núcleos urbanos, sobre todo en situacións de estabilidade atmosférica. O smog pode provocar problemas oculares e respiratorios.

CONTAMINACIÓNdas augas

Fontes: MMA, IGN, AGE

CONTAMINACIÓN:Augas mariñas

Verquidos nucleares

CONTAMINACIÓN:Augas mariñas

Unha marea negra é o resultado de derrames de petróleo que se producen cando un buque petroleiro sofre un accidente e o seu cargamento é verquido ao mar. Isto xenera unha forte contaminación que incide na fauna mariña e no litoral, ademais de provocar graves perdas a outros sectores económicos (a pesca o o turismo)O chapapote é a substancia viscosa, pastosa en que se converte o petróleo (equivalente ao alcatrán), e que ten unha grande repersusión sobre o meido mariño. O último grande accidente que afectou ás costas peninsulares foi o do Prestige (2002)

Fonte: Flickr

CONTAMINACIÓN:Augas mariñas

Mapa de risco de mareas negras en España

Fonte: WWF Adena

CONTAMINACIÓN:Solos

Danos causados pola actividade agraria (xa comentados anteriormente), polas granxas, pola contaminación procedente da industria, polos vertedoiros e escombreiras, ou polas urbanizacións.Ademais, a contaminación atmosférica acaba por se depositar por decantación.

Tractor en tarefas de fertilización do solo

CONTAMINACIÓNdos solos

Fontes: MMA, IGN, AGE

CONTAMINACIÓN:Lixo (RSU)

Fonte: IGN

CONTAMINACIÓN:Lixo (RSU)

Xeneran problemas de contaminación en aire, augas superficiais e soterráneas, e solos.O aumento dos RSU é constante. A súa eliminación lévase a cabo por medio de verquidos controlados (45 %), incontrolados (33%), compostaxe (16 %) e incineración (6%).

Fonte: Ministerio de Medio Ambiente

CONTAMINACIÓN:Lixo (RSU)

Fonte: IGN

Fonte: Ministerio de Medio Ambiente, IGN, AGE

XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS

CONTAMINACIÓN:Lixo (RSU)

A análise da composición dos RSU permite plantexar varias solucións para controlar o seu crecemento: Reutilizar, Reciclar e Reducir

Fonte: SOGAMA

CONTAMINACIÓN:Lixo (RSU)

Tratamento dos RSU en Galicia. Rede de instalacións

Publicado en www.xornal.com o 1 de setembro de 2009

CONTAMINACIÓN:Acústica

O ruído non engade partículas contaminantes á atmosfera, ás augas ou ao solo, mais produce unha diminución da calidade ambiental.

A cifra máxima de tolerancia ao ruído é de 65 decibelios, e tres cuartas partes da poboación está sometida a niveis superiores.

Causas: incremento do tráfico, das actividades industriais e dos servizos urbanos (bares, discotecas,…).

Consecuencias: problemas de saúde física (dores de cabeza, xordeira, hipertensión) e psicolóxica (ansiedade, agresividade, insomnio).Mapa de ruido de Madrid (2007) publicado por ADN. En

vermello, as zonas de máis de 65 decibelios de media

Fonte: © Frédéric Tapissier / AVEX.

CONTAMINACIÓN:Lumínica

A contaminación lumínica ten dous impactos evidentes no contorno e as persoas porque: a) reduce a visibilidade do ceo nocturno e fai desaparecer da vista as estrelas e b) supón un evidente derroche de enerxía en forma de luz que vai "a nengunha parte".

CONTAMINACIÓN:Nuclear

Prodúcese en casos de accidente ou mal uso, en instalación onde se xenera, utilizan ou almacenan compoñentes radiactivos, como as centrais nucleares, ou os depósitos de residuos nucleares.

En España hai seis centrais nucleares en explotación; delas, Almaraz e Ascó, teñen dúas unidades xemelgas, polo que o número de reactores é de oito, e una central que foi declarada en cese definitivo de explotación, José Cabrera. O listado de centrais é ol seguinte: Santa María de Garoña, (1970); Almaraz, con dúas unidades (1980 e 1983); Ascó, tamén con dúas unidades (1982 e 1985); Cofrentes (1984); Vandellós II (1987); e Trillo, a última central posta en marcha en España (1987).As centrais españolas producen en torno ao 20 % da enerxía eléctrica que se consume no noso país. O accidente de Chernobil (1986) paralizou o desenvolvemento nuclear en Europa desta actividade, aínda que na actualidade reactivouse o debate sobre o uso desta enerxía. Centrais en proxecto que foron paradas “temporalmente” (en 1991)pola moratoria nuclear: Lemóniz I e II (Biscaia), Valdecaballeros I e II (Badaxoz), Trillo II (Guadalaxara).

Fonte: Consejo de Seguridad Nuclear

CONTAMINACIÓN:Nuclear

Para o almacenamento dos residuos radiactivos producidos en España están en funcionamento as instalacións de El Cabril (Córdoba), que ten como obxectivo o almacenamento deste tipo de residuos en forma sólida. Esta instalación cubrirá as necesidades de almacenamento do noso país nas vindeiras décadas.

Canto aos tipos de almacenamento, hai almacéns temporais en Trillo e a central José Cabrera, baseados en contedores.

Noutros países hai instalacións para almacenar residuos radiactivos de alta actividade en almacéns xeolóxicos profundos.

Fonte: Consejo de Seguridad Nuclear, revista Entrellíneas

Fontes: EPER 2004, IGN, AGE

top related