o trevo

Post on 24-May-2015

90 Views

Category:

Education

6 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

O TREVOO TREVO

Outubro 2013

Rodrigo García Carro

I.E.S Francisco Asorey

CARACTERÍSTICASNome científico: Trifolium pratense.Familia: Papilionáceas.Descrición: Planta perenne con talos que miden entre 60

cm e 110 cm.Hábitat: En prados e lugares herbosos.

A RAÍZ

A raíz do trevo é pivotante, é dicir, co eixo ou parte principal ben diferenciado, do cal se desprenden os eixes ou raíces secundarias, e dos que sobresaen pelos absorbentes. Ten nódulos especiais que aloxan bacterias que transforman o nitróxeno.

O TALO

• Ten talos fortes e pilosos.• Miden entre 10 cm e 60 cm de

lonxitude, podendo chegar ata os 110 cm.

AS FOLLASPresenta follas trifoliadas con foliolos ovalados, brandos, de grandes dimensións (1-3 cm de lonxitude e 8-15 mm de ancho), con dúas estípulas basais que se estreitan en forma de arista; un peciolo de 1-4 cm. de lonxitude, e de cor verde, cun característico pálido crecente na súa metade exterior.

AS FLORES

As flores, de 12-15 mm de lonxitude, posúen corolas formadas por 5 pétalos soldados de cor rosa violáceo. Con menor frecuencia podémolas atopar brancas ou purpúreas, sendo todas elas membranosas na frutificación. Preséntanse agrupadas en inflorescencias de 2-3 cm de diámetro con forma de cabezas globosas, e cubertas na súa base polas estípulas das follas superiores.

O cálice está formado por 5 sépalos soldados, coa forma dun tubo campaniforme.

OS FROITOS

O froito é unha legume incluída no cálice, de forma ovoide, e contén una soa semente. Estas son de forma acorazonada, moi pequenas, e de tonalidades que varían do amarelo ao violeta.

CICLO DE VIDA

Os trevos duran pouco tempo.Son plantas invernais de pouca vida que presentan grandes producións sobre todo en terras fértiles, aínda que tamén prosperan no chan de baixa fertilidade.

UTILIDADESO principal uso é para forraxe,O trevo ten importantes utilidades curativas e medicinais.É unha planta moi rica de “isoflavonas”, unha substancia moi beneficiosa para a prevención de diversos tipos de cancro nas mulleres, como o cancro de mama ou de ovarios. Tamén ten importantes propiedades antiasmáticas é resulta un bo cicatrizante para as feridas da pel.

CURIOSIDADES

De xeito moi excepcional podemos atopar trevos de catro follas (un entre cada 10.000).Moitas culturas consideran este trevo como un símbolo de boa sorte.

top related