o adro nº7

Post on 07-Mar-2016

247 Views

Category:

Documents

5 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

O novo número de decembro de 2011 que fala dos 20 anos da Troula

TRANSCRIPT

o adrodecembro 2011 número 7

20 anos

EDITORIALSan Calzón, ou don Calzón en versión laica, ou simplemente Calzón, formando parte xa do noso grupo de amigos, abre en portada este número que conmemora os 20 anos ininterrumpidos da festa do 14 de agosto entre a mocidade de B u s t a v a l l e . E s p e c i a l m e n t e significativo e que Calzón que acaba de celebrar neste 2011 a súa primeira aparición fágase coa foto da portada, pero é que esta é unha festa que non se deixa dominar pola melancolía do tempo pasado, senón que mira cara adiante, disposto a seguir disfrutando da festa moitos anos máis. Anos levabamos sen poder consagrar a festa nocturna a alguén de importancia, o día 15 xa ten a súa tradicional santa, e por fin este ano, procedente de Ourense, chegou Calzón a alegrar os nosos corazóns, e a el lle adicamos a tradicional carreira en calzoncillos, ata houbo procesión e todo, para os devotos claro, e como se de San Fermín se tratara, tivo os seu cánticos, aínda que os touros non apareceron por ningures, iso, si, homes desnudos, ou máis ben en calzóns houbo unha chea deles, dispostos a facerse coa v i c t o r i a . Vi v a S a n C a l z ó n !

PODES CONSULTAR OS NÚMEROS

ANTERIORES DA REVISTA O ADRO

NA SEGUINTE DIRECCIÓN DE

INTERNET:

http://issuu.com/acbustavallezorelle

Número da lotería de Nadal que xoga a Asociación: mercado no bar 2000 de Maceda

ASOCIACIÓN CULTURAL

BUSTAVALLE-

ZORELLE

“loitando polo noso pasado”

FAITE SOCIO

Correo web: Blog:

Photoblog:

Photoalbum Picasa:

Facebook: “AsociaciónCultural Bustavalle-Zorelle”

acbustavallezorelle@gmail.comhttp://acbustavallezorelle.blogspot.com/

www.flickr.com/photos/ acbustavallezorelle

http://picasaweb.google.es/ acbustavallezorelle

comendo é como se manteñen as

amistades

aínda que a nós o que nos gusta

é beber

e algúns ti´ñan moita sede

e xa se sabe: como a auga da nosa fonte

non hai...

outros prefiren

madrugar e disfrutar

do noso chocolate

con churros...

pero que non pare a música

pero tamén nos gusta facer

outras cousas...

camiñarxogar o futebol

a chave

ver cine de terror

xogo das sillas

xogo dos ovos... con amenazas

o baile da mazá

aínda que algúns prefiran comelas

Ata

consegui-

mos unha

estética propia

peiteados comp`lementos

tatuaxes e moitos e moitos modelos de calzóns

sempre estivemos rodeados

dos mellores profesionales

panadeiros técnicos de son montadores

especialistas en calefacci´ón

dj´s

go-gos

todo é tan divertido que ata hai liñas

regulares de autobuses

o noso distintivo: ás 3 da maña:

carreira de/en calzóns

and the winner was...

e sempre fumos moitos/as

moitos amigos e amigas

e o mellor de todo é que hai

futuro...

E por fin alguén deu coa resposta: 1982

No número anterior expuñamos todo o debate que viña de xenerar unha fotografía de Bustavalle na que aparecía unha data que se cuestionaba por parte de todo o mundo.Pois ben xa temos unha resposta definitva: a fotografía é do ano 1982.

A resposta facilitouna Alberto Requejo indicando que foi feita por “Paisajes Españoles, S.A.”, e tamén nos facilitou unha foto de Zorelle feita pola mesma empresa.

“Físicamente habitamos un espacio, pero,

sentimentalmente, somos habitados por unha memoria.

Memoria dun espacio e dun tempo, memoria dentro da

cal vivimos, como unha illa entre dous mares: a un

chamámoslle pasado, a outro chamámoslle futuro.

Podemos navegar no mar do pasado próximo grazas á

memoria persoal que retivo a lembranza das súas rutas,

pero para navegar polo mar do pasado remoto teremos

que usar as memorias acumuladas no tempo, a memoria

dun espacio continuamente en transformación, tan

fuxidizo como o propio tempo.

O que sabemos dos lugares é que coincidimos con eles

durante un certo tempo no espacio que son. O lugar está

aí, a persoa aparece, despois a persoa marcha, o lugar

continúa, o lugar fai á persoa, a persoa transforma o

lugar.”

José Saramago

BUSCAMOS A IMAXE

DO NOSO POBO Neste 2012 que empeza propómonos buscar a imaxe que mellor

identifique, por un lado a Bustavalle e por outro a Zorelle. Pode

ser un lugar, un camiño, un edificio, un obxecto, un animal...

calquera cousa pode ser o sinal identificativo do noso pasado, e

tamén do noso futuro.

Por iso ata o mes de maio abrimos prazo para presentar as túas

propostas. Calquera pode propor a súa aposta vía correo

electrónico á Asociación. No próximo número da revista faremos

públicas as candidatas de cada pobo e durante o mes de agosto de

2012 será o prazo de votación dando a coñecer a imaxe máis

representativa do noso pobo o 15 de agosto. Esperamos a vosa

participación.

top related