al-Ándalus · • ano 750: a dinastía abasida fíxose co poder do islam asasinando á familia...
TRANSCRIPT
AL-ÁNDALUS
A conquista e o emirato dependente (711-756)
• Á morte do rei visigodo Witiza, iníciase unha guerra civil pola sucesión entre Rodrigo e Axila. Este pediu axuda aos musulmáns do norte de África.
• Ano 711: o gobernador Musa e o seu xeneral Tariq cruzan o estreito de Xibraltar e derrotan a Rodrigo na batalla de Guadalete.
• Despois ocupan Sevilla, Córdoba e, no 713, Toledo con pouca oposición.
• En tan só 4 anos os musulmáns ocupan case toda a Península, aínda que axiña abandonan as terras do norte.
• Establecen a capital de Al-Ándalus en Córdoba, fundando un emirato dependente do califato de Damasco.
Batalla de Roncesvalles (778): Carlomagno vence
os musulmáns.
O emirato independente (756-929)
• Ano 750: a dinastía Abasida fíxose co poder do islam asasinando á familia Omeia en Damasco.
• Só un dos Omeias conseguiu escapar e chegar a Al-Ándalus: Abderramán I
• No 756 proclamouse emir independente de
Córdoba: deixaron de obedecer en política ao califa, agora en Bagdad, aínda que seguiron recoñecendo a súa autoridade relixiosa.
O califato (929-1031)
• Abderramán III proclámase califa no 929: ademais de dirixir o goberno, convertíase tamén na máxima autoridade relixiosa de al-Ándalus.
• Goberno: – O hayib era o primeiro ministro – Os visires eran os ministros – Os valís eran os gobernadores das provincias
• No ano 976 accede ao título de califa Hisham II con 11 anos:
• O goberno quedou en mans de Almanzor, un brillante xeneral que emprendeu numerosas campañas de saqueo ou razzias contra os reinos cristiáns do norte: atacou cidades como Barcelona oi Santiago de Compostela
Os reinos taifas (1031-1086) • Tras a morte de Almanzor en 1002, as loitas
internas provocaron a división do califato en numerosos reinos taifas no ano 1031.
• Etapa de crise política, con enfrontamentos entre eles e contra os cristiáns, a quen pagaban parias ou tributos para evitar os seus ataques.
• Destacaron os taifas de Sevilla, Toledo, Badaxoz e Zaragoza.
• En 1085 Toledo cae en mans dos cristiás: Os musulmáns chaman na súa axuda aos almorábides, guerreiros bérberes que formaran un gran imperio no norte de África.
Os imperios norteafricanos • Os almorábides (1086-1145):
– Profesaban os principios máis estritos do Islam. – Acoden en apoio do taifa de Sevilla e derrotan a
Afonso VI. – En 1145 prodúcese unha nova fragmentación: os
segundos taifas (1145-1175) • Os almohades (1175-1231):
– Outra dinastía norteafricana que ocupa parte da Península.
– Serán derrotados en 1212 na batalla das Navas de Tolosa por unha unión militar dos reinos cristiáns.
Imperio almorábide e Imperio almohade
O reino nazarí de Granada (1238-1492)
• Último territorio musulmán na Península. • No poder estaba a dinastía nazarí. • O reino nazarí era débil: durante máis de dous
séculos foi vasalo de Castela (pagaban un tributo)
• Finalmente foi conquistado polos Reis Católicos en 1492 tras la rendición de Boabdil despois de 10 anos de guerra.
Rendición de Granada
A sociedade • A sociedade andalusí era heteroxénea:
– Os conquistadores e os seus descendentes eran o grupo máis poderoso:
• A minoría de orixe árabe reservou para ela as mellores terras e os cargos de goberno.
• Os conquistadores de orixe bérber ocupaban unha posición inferior. – Os muladís eran os cristiáns que adoptaron a relixión, a lingua e
os costumes do Islam. – Os mozárabes eran os cristiáns que vivían en territorio
musulmán pero continuaron practicando a súa relixión cristián. Pagaban impostos.
– Os xudeus eran unha minoría moi activa economicamente. – As mulleres estaban sometidas á autoridade do pai ou do
marido. – Os escravos eran o chanzo social máis baixo.
A economía • A maior parte da poboación dedicábase a agricultura:
cereais, vide, oliveira, árbores froiteiras. – Desenvolveron técnicas de regadío. – Introduciron novos cultivos: algodón, arroz, berenxenas... – Os agricultores vendían os seus produtos nos zocos das
cidades. • Os artesáns desenvolveron unha artesanía de calidade:
cerámica, repuxado do coiro, armas, seda, carpintaría, marfil...
• Comercio: utilizaban dúas moedas: o dinar de ouro e o dirhem de prata.
A cultura • Desenvolveuse unha cultura espléndida
debido a prosperidade económica e a certa tolerancia intelectual.
• O califa Al Hakam II creou unha biblioteca de 400.000 volumes.
• Destacaron importantes pensadores musulmáns e xudeus como Avicena, Avempace, Averroes ou Maimónides.
A Arquitectura
• Utilizan materiais pobres, como o ladrillo, pero recubríanos con abundante decoración para dar aparencia de suntuosidade.
• Como o islam prohibe representar persoas ou animais, na decoración empregaban motivos vexetais (ataurique), xeométricos (lacería) e inscricións con versos do Corán.
• É característico o horror ao vacío (horror vacui), é dicir, todo o muro ten que estar decorado
• Soportes e cubertas: – columnas e piares. – Diversos tipos de arcos: ferradura, ferradura
apuntado, polilobulados, entrelazados. – Edificios alintelados: teitos planos de madeira,
pero tamén usaron cúpulas, aínda que as máis das veces tiñan só un sentido decorativo: utilizan arcos e cúpulas falsas.
• As bóvedas de cruzaría utilizan nervios que non se cruzan no centro.
Etapas
• 1. Arquitectura califal – Mesquita de Córdoba
• Edificio máis representativo deste período. • Chama a atención o contraste entre a austeridade
exterior e a exquisita decoración interior. • Naves perpendiculares á quibla. • As columnas dan o aspecto dun bosque de dous pisos:
sistema de dobre arquearía, con arcos de medio punto sobre arcos de ferradura a modo de arcos entibos e pilar sobre columna. As doelas alternan o branco e o vermello.
• Etapas construtivas da mesquita de Córdoba: – Abderramán I iniciou a súa construción no 784 sobre a
antiga igrexa cristiá de san Vicente. • 11 naves de norte a sur. Aparecen os modillóns de rizos. • Doelas de pedra e ladrillo.
– Abderramán II (833-848) derriba a quibla e prolonga a sala de oración cara ao sur.
– Mohamed I (855) constrúe a Porta de san Estevo, cun arco enmarcado por un alfiz.
– Abderramán III (929) estendeu o patio cara ao norte e fixo o minarete.
– Al Hakam II (961-969) fai a ampliación coas maiores novidades arquitectónicas: maxura de gran barroquismo, con arcos lobulados, entrelazados, bóvedas de nervios e o actual mihrab (tradicional).
– Almanzor (987-990). Amplía cara ao leste debido ao obstáculo que supón o río Guadalquivir cara ao sur: quedou o mihrab descentrado. Doelas vermellas pintadas.
Palacio Medina Azahara (arquitectura califal) Abderrmán III
Mesquita do Cristo da Luz (Toledo) • Planta cadrada dividida en 9 tramos cun rico
repertorio de bóvedas de cruzaría.
• 2. Arquitectura das taifas – Tendencia decorativa e barroca, moi luxosa pero con
materiais pobres – Destacan a alcazaba de Málaga, Almería ou o Palacio da
Aljafería en Zaragoza
• 3. Arquitectura almohade. – Reacción contra a tendencia decorativa das taifas
motivado pola súa ortodoxia relixiosa: carácter austero.
– Decoración a base de rombos, chamadas sebkas. – Destacan a Xiralda (alminar da demolida mesquita
de Sevilla), a Torre do Ouro ou o Alcázar de Sevilla.
Alcázar de Sevilla
Xiralda
• 4. Arquitectura nazarí – Volve á abundante decoración:
• Os muros cúbrense de xesaría e cerámica vidrada. • Columna nazarita, de fuste delgado e liso rematado por
collaríns. • Arcos de medio punto peraltado e polilobulados. • Bóvedas e arcos de mocárabes: pequenas pezas de
estuco ou madeira ensamblados que colgan a modo de estalactitas, e que conseguen efectos de luz e sombra.
– Destacan a Alhambra de Granada e Xeneralife.
Alhambra de Granada
• O “castelo vermello” é unha cidade- palacio construída nos séc. XIV e XV sobre unha fortaleza taifa.
• Arquitectura luxosa pero falsa: os arcos interiores son vanos alintelados con revestimento de ieserías sobre lixeiro esqueleto de madeira.
• 3 unidades: – Alcazaba (fortificación con muralla) – Cidade laboral (onde vivía persoal de palacio) – Palacio ou Casa Real
• Palacio: – 1º metade séc. XIV: YUSUK I O espazo público era
a zona onde o rei exercía as súas funcións de goberno: distribuíase arredor de 3 patios paralelos:
• Patio de Machuca, coa Sala do Mexuar (sala de audiencias) • Patio do Cuarto Dourado, coa oficina de apelación ao rei • Patio de Comares ou de Arrayanes,
– co Salón de Comares (salón do Trono) – Sala da Barca – Patio dos Arraianes
– 2ª metade séc. XIV: MOHAMED V As dependencias privadas formaban a zona en que vivían o rei e a súa familia: Cuarto dos leóns:
• Patio dos leóns, Sala dos Reis, Sala dos Mocárabes, Sala dos Abencerrajes e Sala das Dúas Irmáns.
Patio de Machuca
Sala do Mexuar
Cuarto dourado
Salón de Comares
Sala da Barca
Patio dos Arrayanes
Patio dos Leóns
Sala dos Reis
Sala de Mocárabes
Sala das Dúas Irmáns
Sala dos Abencerrajes
Xardín de Lindaraja
Xeneralife • Residencia de veraneo dos reis situado en fronte a
Alhambra, onde os xardíns e fontes con xogos de auga son o seu principal encanto.