agora!

16
Declaración aberta por unha participación cidadá nos concellos ( ) ´ Sen partidos, sen institucións, sen nomes. Só multitude.

Upload: universidade-cromatica

Post on 07-Apr-2016

227 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

Esta declaración foi redactada recollendo os ventos arremuiñados que percorren a Costa da Morte. Non inventamos nada e por iso non hai nomes. Non foi froito de militancias e por iso non é partidista. Non hai un ente superior, traballouse fóra das institucións. O seu caracter xenérico pretende unha universalidade dende o concreto, xorde dun espazo e un tempo que invitan a outros lugares e calendarios. A tarefa de utilizar os presupostos aquí recollidos para o voso concello, a súa adaptación e mellora, depende do voso esforzo. A cidadanía ten agora o protagonismo. O carácter aberto desta declaración fala por si mesmo. Agora! non se presenta como un discurso pechado e inmóbil, senón máis ben como unha ferramenta dinámica, como un texto en proceso que se somete dende xa ao debate público.

TRANSCRIPT

Page 1: Agora!

Declaración aberta

por unha participación

cidadá nos concellos

( )´

Sen partidos, sen institucións, sen nomes.Só multitude.

Page 2: Agora!
Page 3: Agora!

Agora!

Prólogo

Os cidadáns teñen o dereito a participar nos asuntos públicos,

directamente ou por medio de representantes, libremente elixidos en

eleccións periódicas por sufraxio universal

Constitucion Española, artigo 23

Esta declaración foi redactada recollendo os ventos arremuiñados que

percorren a Costa da Morte. Non inventamos nada e por iso non hai nomes.

Non foi froito de militancias e por iso non é partidista. Non hai un ente

superior, traballouse fóra das institucións.

O seu caracter xenérico pretende unha universalidade dende o

concreto, xorde dun espazo e un tempo que invitan a outros lugares e

calendarios. A tarefa de utilizar os presupostos aquí recollidos para o voso

concello, a súa adaptación e mellora, depende do voso esforzo. A

cidadanía ten agora o protagonismo. O carácter aberto desta declaración

fala por si mesmo. Agora! non se presenta como un discurso pechado e

inmóbil, senón máis ben como unha ferramenta dinámica, como un texto en

proceso que se somete dende xa ao debate público.

! de 121

Page 4: Agora!

Agora!

Contacto

Facebook

https://www.facebook.com/agoraparticipa

Mail

[email protected]

2 de 12

Page 5: Agora!

Agora!

Contido

1. Qué é a participación cidadá?

2. Por que queremos formas de participación?

3. As formas

4. O método

1. O compromiso horizontal: transparencia e cooperación

2. De arriba a abaixo: a votación popular

3. De abaixo a arriba: a demanda popular

5. Aproveitar o momento

3 de 12

Page 6: Agora!

Agora!

4 de 12

Page 7: Agora!

Agora!

1. Que é a participación cidadá?

✦ A participación cidadá é entender a política como algo máis que a

delegación do poder durante catro anos nun representante.

✦ É a capacidade para intervir nas decisións que se toman no teu

concello.

✦ É control social sobre os orzamentos, o plan urbanístico, as políticas

sociais, as iniciativas culturais e calquera decisión que nos afecte

como pobo.

✦ É poder votar o que só uns representantes non deben decidir.

✦ É a responsabilidade de tomar decisións que afectan a tod@s.

✦ É asumir que ou fas política ou outros a farán por ti.

2. Por que queremos formas de participación?

✦ Porque en ocasións “non nos representan” e non queremos agardar

catro anos para tomar decisións.

✦ Porque as decisións se poden tomar por e para todos.

✦ Porque os representantes non poden actuar contra a vontade

cidadá.

✦ Porque as vellas confrontacións e liortas de “familias” confundiron o

público e o privado, instauraron o tedio, o silencio e a inacción

entre a comunidade. Demandamos un espazo aberto de

fraternidade.

✦ Porque a política non pode rematar cunha maioría.

✦ Porque non queremos que os concellos nos “agasallen” con

porcións de participación, queremos manter a soberanía.

5 de 12

Page 8: Agora!

Agora!

3. As formas

A política municipal, pola súa proximidade e dimensións, debe converterse

nun auténtico viveiro político. Nun lugar de participación directa, nun

espazo de experimentación democrática que controle a política, vixíe os

poderes e deseñe novas formas de organización.

O sistema legal imperante impide ata certo punto unha

democratización municipal. Unha corporación non está obrigada a convocar

votacións ou escoitar as peticións populares, incluso chega a ser ilegal! Con

todo, o elemento máis conflitivo é tratar de que os medios de participación

sexan vinculantes, é dicir, que o resultado das votacións e peticións

populares sexa acatado. Legalmente os gobernos non teñen por que acatar

os resultados pois as eleccións cada catro anos outorgan un poder sen

control. A cidadanía pode botarse a durmir.

Por iso, dende esta Declaración Aberta por unha Participación Cidadá nos Concellos, propoñemos un cambio de política. Unha política

baseada na exemplaridade e na vontade máis que nas leis e a norma. Pero

tamén construímos ferramentas: a Votación Popular e a Demanda Popular.

Ferramentas, por suposto, que non son entendidas como as únicas

posibles, pero si un comezo fundamental, un asento sobre o que traballar.

Así, esta declaración, de inicio non podería inmediatamente

converterse en ordenanza; a lexislación seguramente impida os seus

presupostos, pero a súa xénese parte da vontade de todas as forzas

políticas de cumprir co aquí exposto. Por iso, é fundamental a incorporación desta declaración nos programas municipais dos distintos partidos democráticos porque prometer o seu cumprimento é a promesa

de apostar pola democracia. A política é vontade, non simple normativa, e

os partidos deben tomar boa nota deste espirito. A vontade pode actuar

nas marxes da lei e non necesariamente contra dela; é polo tanto alegal e

sobre todo política.

6 de 12

Page 9: Agora!

Agora!

É sinxelo imaxinar que un partido na oposición poderá subscribir facilmente esta declaración xa que, como veremos, garántalle

unha ferramenta popular que, usada con responsabilidade social, pode

contrarrestar as decisións do partido no goberno. E iso é saudable

democraticamente. Pola súa parte, o partido gobernante tamén vería

fortalecida a súa xestión a través destes mecanismos soberanos posto que

as súas dec is ións es ta r ían ava ladas po la pu ls ión popula r.

Consecuentemente, o partido gobernante debería dimitir en bloque en

caso de non aceptar a vontade das votacións e Demandas Populares.

Dirase que tras anos de mentiras e enganos da política

institucional, a vontade non é máis que un brinde ao sol, que sen unha

legalidade que o protexa, o aquí dito se incumprirá sistematicamente.

Porén, nós dicimos: a vontade de cambio é a única luz posible, pois o seu

resplandor ilumina as sombras e revela as carencias que asfixian a política.

Non podemos agardar a que a lei se revire contra a man que a creou. É a

vontade cidadá e política a que nos devolverá a toma de decisións.

Confiamos nos representantes dos partidos políticos, conviven

con nós, somos nós. Por iso queremos que prometan cumprir co aquí dito,

e iso é máis que suficiente de momento. Xa chegarán as ordenanzas e

regulamentos. Pero todo compromiso ten consecuencias. En caso de que o

partido no goberno traizoe a promesa de facer vinculantes as decisións das

votacións e demandas populares debe actuar en consecuencia. Sabemos

que legalmente unha corporación non pode convocar eleccións ou disolver

o goberno local e por iso terá que abandonar o goberno mediante formas

legais. Por exemplo, a dimisión da lista no seu conxunto. Sexan cales sexan

as consecuencias desta disolución, é o prezo a pagar.

Se a traizón á promesa chega incluso a negar a disolución do goberno só nos queda dende aquí chamar á desobediencia civil, á manifestación e ao boicot dos partidos presentes. Coa súa mentira chaman á insubordinación, á renuncia e á deserción.

7 de 12

Page 10: Agora!

Agora!

4. O método

a. O compromiso horizontal: transparencia e cooperación

Asumir esta Declaración de Participación Cidadá é tamén asumir un

compromiso de transparencia e cooperación coa cidadanía. Este

Compromiso Horizontal conlevará cando menos a asunción das

seguintes accións:

i. Impulsaranse mecanismos de participación veciñal tales como

reunións de barrio, asembleas, comisións consultivas, encontros

formativos, comisións cooperativas e similares. Buscarase así a

participación cidadá na elaboración de propostas, plans urbanísticos,

partidas orzamentais, accións culturais, etc.

ii. Os veciños e veciñas poderán controlar os orzamentos e gastos do

concello. Para iso, a través da web municipal poderán comprobarse

os movementos bancarios do municipio. Os orzamentos municipais

han de ser participativos, procurando dende o concello espazos para

a valoración, debate e inclusión de propostas populares.

iii. A contratación pública de persoal e servizos rexirase pola

exemplaridade democrática informando en reunión aberta das

opcións presentadas así como dos concursos públicos e do

procedemento de selección, evitando sempre calquera mecanismo

de contratación discrecional.

iv. Crearase o Comité Democrático, organismo encargado de velar polo

correcto desenvolvemento dos procesos democráticos así como das

ferramentas da Votación Popular e a Demanda Popular.

v. O Comité Democrático estará composto por dúas seccións. A

primeira delas, a permanente, estará conformada por todos os

representantes dos partidos políticos. A segunda sección, a cidadá,

será temporal e estará conformada por cidadáns escollidos por

sorteo do novo censo. A sección temporal complementará e axudará 8 de 12

Page 11: Agora!

Agora!

vi. á permanente durante os procesos democráticos: redacción da

pregunta, votacións e na valoración e validación das demandas

populares. Os sorteos para a sección cidadá realizaranse cada ano

garantindo así a rotación de cidadáns. A proporción será de 1 a 1, é

dicir, tantos representantes como cidadáns. O sorteo contará con

tantos suplentes como cidadáns titulares. As súas reunións serán

abertas e estarán anunciadas no Bando e na páxina web do concello.

Calquera cidadán, asociación, grupo ou colectivo poderá expresarse

libremente nas xuntanzas do Comité. Todas as reunións serán

recollidas en acta polo secretario, elixido entre os membros do

Comité, e no caso de seren necesarias declaracións públicas

nomearase un voceiro.

vii. Crearase un novo censo a partir do censo electoral ao que se lle

incorporará calquera persoa residente no concello maior de 16 anos.

O censo permanecerá sempre aberto a novas incorporacións.

Calquera persoa poderá incorporarse ao censo ata 15 días antes

dunha votación.

b. De arriba a abaixo: a votación popular

i. Crearase a Votación Popular de carácter vinculante. Esta ferramenta,

a máis básica de participación, servirá de base para a creación de

novos métodos de participación horizontais.

ii. Votación vinculante daquelas decisións que afecten á vida da

cidadanía (PXOM, obras públicas, impostos, orzamentos, etc.) Ao

mesmo tempo, calquera dos representantes poderá solicitar a

votación popular para cuestións de interese xeral que afecten ao

conxunto da cidadanía.

iii. A votación levarase a cabo no prazo dun mes dende a súa solicitude.

Solicitude que se fará sempre en reunión plenaria. As votacións

deberán ser anunciadas no Bando e na páxina web. En caso de erros

9 de 12

Page 12: Agora!

Agora!

iv. telemáticos ou defectos de procedemento nas votacións estas

poderán repetirse no prazo dunha semana.

v. As votacións serán telemáticas (aplicación móbil ou internet) e

presenciais. O anonimato estará garantido. Se a implantación do

sistema telemático se vise retrasada garantirase o voto presencial.

Nunha soa convocatoria de votación poderán propoñerse varias

cuestións. Coa finalidade de evitar gastos económicos e

medioambientais innecesarios, podería non ser imprescindible a

impresión de papeletas. A pregunta deberá estar sinalada ben

visible no punto de votación presencial e cada persoa escribirá nun

papel proporcionado polo concello a súa resposta de acordo a

unhas indicacións.

vi. O órgano encargado de redactar a pregunta e organizar as votacións

será o Comité Democrático. A pregunta deberá ser consensuada.

vii. Para que o resultado dunha votación cidadá sexa lexítima

precisarase dunha participación mínima do 30% do novo censo. En

caso de non acadar o quórum entenderase que a cuestión non

resultou de interese cidadán permanecendo a decisión nos

representantes. As propostas serán aprobadas por maioría simple.

viii.No caso de que o resultado da Votación Popular anule unha

proposta da corporación abrirase un prazo para a recollida de

suxerencias en torno ao tema da pregunta.

ix. Os representantes, grupos, asociacións ou cidadáns poderán levar a

cabo charlas informativas ou presentacións en defensa da súa

proposta ata 24 horas antes das votacións.

x. O responsable das mesas e o reconto de votos será o Comité

Democrático.

10 de 12

Page 13: Agora!

Agora!

xi. Os resultados serán recollidos en acta e asinados polos membros do

Comité Democrático. Os resultados serán publicados no Bando e na

páxina web e levados a sesión plenaria para a súa aceptación.

xii. Toda moción de censura e confianza deberá ser sometida a votación

popular.

xiii.O goberno comprométese a informar, formar e concienciar á

cidadanía sobre as votacións e demandas populares así como a

promover e facilitar o acceso ao sistema.

xiv. E, finalmente, as vontades que subscriban esta proposta

comprométense firmemente a levala a cabo superando lexislacións e

buscando medios alternativos para os impedimentos legais,

xurídicos e de calquera orde inmobilista.

c. De abaixo a arriba: a demanda popular

i. Crearase a figura da Demanda Popular. É dicir, un procedemento de

carácter vinculante que recolla unha proposta, sexa unha ordenanza,

un gasto, unha ferramenta, un proceder ou calquera demanda

posible feita pola poboación.

ii. Para que unha Demanda Popular poida ser implantada deberá estar

asinada, como mínimo, por tantas persoas do novo censo como os

⅔ do total de votos dos partidos con representación.

iii. A Demanda Popular será remitida ao Comité Democrático para a súa

discusión e validación. A demanda será vinculante mais será

tarefa dos representantes políticos adaptar a proposta á realidade

económica, política e medioambiental e se fose necesario reunirse

coa cidadanía ou promotores da demanda para chegar a acordos.

iv. Unha vez estudada a súa viabilidade, a Demanda Popular será

remitida a sesión plenaria para a súa presentación e aprobación.

11 de 12

Page 14: Agora!

Agora!

5. Aproveitar o momento

Corren tempos de cambio. Os partidos tradicionais, asentados en formas

clásicas ou empurrados a unha rexeneración forzosa, observan como novas

forzas emerxen do espectro político.

A crise económica espertou algo na poboación, quizáis non

participación, quizáis non emoción política pero si a forza para preguntar,

para querer saber. E ese saber levou ao enfado. E despois do enfado

chegou a acción. Agora xa non estamos indignados, agora estamos

ilusionados, agora estamos creando.

Os partidos tradicionais están febles, ata mudan os seus discursos

de cara ao espectáculo. Mentres, a multitude di querer participar, di querer

asumir os poderes que lle son propios.

Dende aquí non se fala de fundar un partido senón de

democratizar o sistema. De quitarlles aos partidos políticos o monopolio da

política e da democracia. Trátase de incorporar democracia ás súas

estruturas e aos gobernos, de obrigalos a renunciar á xestión da soberanía

baixo o pretexto da representación.

Non estamos fundando ou tomando un partido político, estamos reclamando democracia.

Saber canto tempo estará a porta aberta é imposible. As eleccións

municipais manterana sen cadeado. Cómpre aproveitar o momento. O

momento de insuflar democracia nas estruturas máis próximas a nós.

12 de 12

Page 15: Agora!
Page 16: Agora!

DEBATE, MELLORA, DIFUNDE

e finalmente

APLICA!