afundación · natureza, procedente da árbore que se plantou na coruña en 1917 para conmemorar a...

9
Enrique Tenreiro 5840 días e 24 horas Afundación Cantón Grande, 8, 3º andar A Coruña

Upload: others

Post on 29-Jun-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Afundación · natureza, procedente da árbore que se plantou na Coruña en 1917 para conmemorar a morte de Eduardo Pondal, o gran bardo de Bergantiños -amante tamén, por certo,

Enrique Tenreiro5840 días e 24 horas

Afundación

Cantón Grande, 8, 3º andar

A Coruña

Page 2: Afundación · natureza, procedente da árbore que se plantou na Coruña en 1917 para conmemorar a morte de Eduardo Pondal, o gran bardo de Bergantiños -amante tamén, por certo,

ARQUITECTO DE SOÑOS E PAIXÓNS: ENRIQUE TENREIRO

Xavier Seoane

Cando se entra na nave industrial onde Enrique Tenreiro garda as súas obras, o visitante ten a sensación de penetrar nunha certa selva onde mobles antigos se alternan cun vello e romántico organillo, un arrombado Seiscentos cun “Balilla” paleolítico, unha lambreta amarela con grandes troncos de árbores. No claro do bosque, colocadas en peañas ou sobre mesas de traballo, as esculturas. Pezas creadas en boa parte coa presenza, como música de fondo, do canto gregoriano e, sobre todo, de Johan Sebastian Bach. Seica o alento e as derivas melódicas, contemplativas e por veces abstractas desas músicas lle axudan ao artista a concentrarse no traballo. A mergullarse. A viaxar.

Ao lado das pezas, un enorme piñeiro; unha verdadeira escultura da natureza, procedente da árbore que se plantou na Coruña en 1917 para conmemorar a morte de Eduardo Pondal, o gran bardo de Bergantiños -amante tamén, por certo, das epifanías da paisaxe, dos vastos espazos e, como non, da condición agreste da terra bergantiñán-. Un toro descomunal, con rexas pólas, que fica alí agardando a intervención do escultor.

O visitante, fronte á escenografía poderosa da nave, axiña intúe que a obra de Enrique Tenreiro amosa unha relación moi estreita co vasto repertorio de formas, suxestións e élans do que chamamos natureza: todo ese ámbito fenoménico e vital que nos rodea e nos seduce, deixando na nosa psique un abraio misterioso e non doadamente explicable que constitúe, de maneira cernal, o sustento do noso coñecemento do mundo e da nosa complexa vivencia sensible da contorna, da materia, da realidade natural.

Dese mesto mundo, dese enigmático libro sempre aberto, procede en gran parte a achega orgánica, construtiva, sensorial e material do cosmos que decanta Enrique Tenreiro. Unhas obras de forte intensidade expresiva, por veces con sacudidas abertamente expresionistas, de intrínseco dinamismo, que se en ocasións se inclinan cara unha percepción construtiva de tipo arquitectónico, noutras acadan un barroquismo sísmico, con enerxías internas que se despregan en construcións, xestos e quén sabe se murmurios e até gritos.

Sempre hai vida alentando nestas obras, unha eclosión enerxética, unha pulsión tan natural como espiritual en acción e movemento. Un dinamismo que pode suxerir, ademais do azar e do caos, da vontade e do capricho, do nuclear e do expansivo, outros varios rexistros, aos que non é alleo o labrar da chuvia, do vento, do mar… en definitiva, o repertorio da natureza e da materia na súa xénese, expansión, sintaxe e crecemento.

Textos: Xavier Seoane, Enrique Tenreiro.Fotografía: María Piensos, Enrique Tenreiro.Diseño, maquetación: Mochi Maceira.Tirada de catálogos: 200 (50 numerados)[email protected]

Dedicado a mi querido padrino Rodri que se fue estos días...

A María piensos, a Tono Galán y a Fátima Otero.

Page 3: Afundación · natureza, procedente da árbore que se plantou na Coruña en 1917 para conmemorar a morte de Eduardo Pondal, o gran bardo de Bergantiños -amante tamén, por certo,

Enrique Tenreiro sabe detectar, “ver” accións, suxestións e ritmos espontáneos da natureza de posible rendemento creativo e mesmo estético, e, aproveitando ese impulso inicial, matiza, corrixe, intervén, coa súa intelixencia, emoción, sensibilidade e sentido construtivo, para espertar formas que responden a unha fluída complexidade e densidade que vai -desde o puramente xenuíno e elemental que fornece o medio- ás derivas imaxinarias e instintivas ou ás magmáticas emersións do subconsciente, das paixóns, dos soños, do desexo... Esa relación de respecto pero tamén de transgresión, de intervención, sabe manterse nunha certa fidelidade á materia inicialmente dada, grazas en parte a unha concepción da arte na que o artista venera, e mesmo valora en alto grao, a pura materialidade do mundo obxectivo. De aí o seu primitivismo, a súa intencionada tosquedade, a súa conexión con todo un conxunto de tendencias creadoras contemporáneas que lle axudan á creación desa ambigüidade formal e expresiva e desa inmersión no natural e no ancestral.

Tenreiro participa, neste sentido, de moitas actitudes das vangardas do século XX no seu desexo dunha arte que conecte, sen excesivas mediacións estigmatizadoras, co auroral, o primixenio, o matérico… Coñece as varias tendencias abstractivas; os expresionismos, maiormente os abstractos; a arte bruta; a tradición do obxecto encontrado duchampiano e da “maxia da descuberta” que tan ben teorizou Breton e que os surrealistas case en pleno practicaron… ese horizonte, en diálogo cos seus coñecementos das artes primixenias e das tradicións exocéntricas á tradición europea, constitúe o campo de forzas no que se move.

Así xorden aspectos recorrentes na súa obra: o aproveitamento das formas dadas polo medio (lembremos as súas caracochas, os ocos e curvas e pólas e vetas que sabe respectar e reconducir segundo o seu instinto…); a pigmentación fresca e espontánea en xogo coas ricas texturas naturais; o respecto ás rugosidades, defectos e matices; as intervencións puídas ou as rabuñaduras e os cortes da motoserra ou os golpes da maza e da gubia sempre que os considera pertinentes; as cores atrevidas, intensas, que actúan como gritos de pulo vital, de emoción e de liberdade; as frecuentes canles e incisións; as curvas ou ondulacións continuas, enrolantes, rítmicas…

Calquera diría que estamos fronte a un celta avant la léttre. Unha sorte de galego atlántico, telúrico e visionario, dos bosques e dos tesos cumes que, entre outros, cantara Novoneyra. Porque en certa maneira podería encaixar na ampla tradición enxebre, raigal, do locus, que vén dos petróglifos e do megalitismo, que pasa polo grande barroco das catedrais e dos mosteiros, que vibra nos bacelos e nas rochas, que latexa en Asorey, estoupa en Laxeiro e que se amosa nunha notable parte da literatura ou mesmo da cultura galegas, con cumes certamente significativos.Con certeza, Enrique Tenreiro, a través desta praxe orgánica, mobiliza no espectador o reto dunha case inesgotable hermenéutica, xa que este

Page 4: Afundación · natureza, procedente da árbore que se plantou na Coruña en 1917 para conmemorar a morte de Eduardo Pondal, o gran bardo de Bergantiños -amante tamén, por certo,

se enfronta a un mundo imaxinario mais á vez paradoxal de erotizantes e úbedas floracións, de formas eruptivas, en ocasións case volcánicas, de animais indefinibles, de alvéolos e óvulos, de celas e panais, de colares e vértebras, de chapiteis e corolas, de serpes ou aves, de anatomías fabuladas, de vibracións estrañas…

Ás veces parecería como se un vigoroso rastrexador de montes ou un mallante á procura das crebas anónimas e retortas que envía o mar, ou como un certo Miguelanxo da natureza asilvestrada ou un Le Corbusier ou Bach de non se sabe qué ficticias viaxes, decidise poñernos ante os ollos un museo imaxinario cuxa materia prima está constituída polas epifanías expresivas do castiñeiro e do carballo, do complicado alcipreste e do expresivo piñeiro, e até por algunha que outra enredadeira dun grosor sorprendente.

Mais ese trazo enredante e sinuoso que nos leva por variados horizontes expresivos, non só se dá nas esculturas. Enrique Tenreiro –que deixou, desta vez, na casa as súas performances- presenta tamén nesta exposición algunhas pezas figurativas dos seus comezos artísticos, ou dos seus tempos en París, e debuxos, e series de gravados… Aínda que o espectador axiña se decata de que talvez un mesmo alento fortemente vitalista subxace a toda a obra.

Esa enerxía latexa, pois, nos gravados, coas súas placas coloristas e a súa creación de estruturas e de ritmos, de superposicións e de transparencias, cos seus vermellos intensos, os seus vívidos amarelos, os seus penetrantes violetas e os seus grises e morados…

Tamén, nesa curiosa e atrevida incorporación dos globos, creando unhas pezas esculto-pictóricas que teñen moito do expresionismo matérico e do abstracto, ademais de algo así como un pop excitado e rechamante, que estoupase e se expandise até o berro plástico…

Porque hai unha radical vontade táctil e unha actitude expansiva que encaixan co espírito apaixonado de Enrique Tenreiro, ese arquitecto visionario e polícromo das xéneses e as formas. De maneira que, soe o contemplativo e sereno gregoriano ou arrevoen as espirais sonoras de J. S. Bach, o visitante do bosque sae aos ámbitos da vida cotiá cheo de sinerxías misteriosas e dun sentimento do mundo que ten moito de ancestral e de druídico. E quizais de máxico e quén sabe se, mesmamente, de chamánico.

Page 5: Afundación · natureza, procedente da árbore que se plantou na Coruña en 1917 para conmemorar a morte de Eduardo Pondal, o gran bardo de Bergantiños -amante tamén, por certo,
Page 6: Afundación · natureza, procedente da árbore que se plantou na Coruña en 1917 para conmemorar a morte de Eduardo Pondal, o gran bardo de Bergantiños -amante tamén, por certo,

Eran las cinco de la tarde y medio ahogado en los rápidos del río Lérez me preguntaba…, tiritando de frío! si acaso no estaba yendo demasiado lejos en mi peregrinaje, “a contracorriente”, por el río... por el arte...

Todo había empezado casi un año antes en la galería Metro, del amigo Javier, cuando en el primer día de “CRASH festival de performances”, la gente entraba por la puerta muerta de curiosidad. Venían a ver la “escultura-efímera-humana” que el escultor iba a hacer… Un martes a las 6, mientras los niños comían el bocadillo por la rúa do Vilar.

Era fácil!, sólo debía engañar al público como “conejillo de indias”, para atarlos con medias, plastificarlos como palets, vendarles los ojos y hacerles comulgar… con lo que yo quisiera… Cava, aftereights, cantos gregorianos!, daba igual, los convertiría en un ramillete humano. Relajados ya… los desperté con el humo y los chillidos de la motosierra…, el pánico era generalizado, la gente de la calle aplaudió a rabiar… y todo había comenzado ya! El escultor que se atrevió a hacer una performance, ya no pararía…

Noche cerrada, noviembre, asociación de artistas de A Coruña, 13 mujeres valientes harían una última cena, empaquetadas, mesa y mantel por medio… Leonardo! su última cena… Todo mujeres, ni una más, ni una menos… María Piensos, pintora y psicóloga pasará por Jesucrist@ en una reivindicación 100% feminista. Tuvimos que esperar 2.000 años para esa cena imposible! Sólo se nos había ocurrido a María y a mí… casi casi ya éramos “performancers” profesionales.

14 de febrero. Mientras los enamorados pasean por la calle Magdalena, en la galería Sargadelos de Ferrol yo me muero! Mi viuda guapa y de negro asiste al velatorio… Otra vez María! recibiendo los pésames del público que no daba crédito. Tuvo que ser en Ferrol, nada menos… donde grité, cual Lázaro! “No serán demasiados bombones para este régimen?… alimenticio supongo…”

23 de febrero y no es Tejero! el que grita por las rampas del Ágora de Coruña, sino el que escribe… Megáfono en mano! Por amor al arte, por amor al arte! GILIPOLLAS!!! Que habéis perdido la vida!!!

Humillados, cabizbajos, con mono naranja desfilan entre los latigazos de María… Mil gracias! otra vez, por tanta creatividad, por tanta transgresión juntos… Les acuso de haberse vendido al arte fácil, “al que se vende antes de ver la obra”. Les acuso de no aguantar las penurias, de bajarse los pantalones ante rebajas de cachés. De no sobrevivir con un pedazo de pan en la boca… como Van Gogh! 300 personas nos miraban atónitos y con la adrenalina a 100, grité: Lo tengo! Por fin lo he conseguido! He triunfado! Soy escultor!… pero… Se me ha pasado la vida… Y no he tenido el AMOR!!!!!!!!

Page 7: Afundación · natureza, procedente da árbore que se plantou na Coruña en 1917 para conmemorar a morte de Eduardo Pondal, o gran bardo de Bergantiños -amante tamén, por certo,

Saltan las naranjas desde un contendor, entre las palmeras de Méndez Núñez, de los jardines de Coruña, contra la violencia de género… una naranja por cada mujer! “Naranjas de la china”, qué más podía decir…

Las 8 en punto, en El Cercano de Ourense, el de Moncho! Niños apurando los batidos, se hace el silencio, se apaga la luz… Y yo me quedo en paños menores sobre el colchón, improvisado entre las mesas, con 100 “whatsapps” en las manos. Mi compañera de amores aún insiste, la pasión por mí hace tiempo que se fue, el público alucina, tensión total, pareja en crisis! o no… ANTONIOOOOOOO!!!!! Salí gritando a la calle…

En las puertas de la Barrié me presenté, con el cubo, la pala, la pelota de colores y el bañador rojo de Ballantines… Se me había ido la cabeza! pensaba tomar el sol en mi querida Coruña, donde quisiera, donde me plazca, tras una semana de huracán Ruth, en el primer claro que hubo… cuando toda Coruña suspiraba medio deprimida, aquí no hay quién viva…, el escultor grita entre el público incrédulo: Nunca choveu que non escampara… por el optimismo esta vez!

Vestido de ejecutivo, tirando billetes falsos, por la calle Barcelona, dentro de una nevera! homenaje al querido López Vázquez. Javier, amigo escritor…, periodista valiente…, allí te vi!

Las aguas están cada vez más frías y ya no distingo bien, ¿fue sueño o lo viví? No creo que fuera yo el que se paseó por la rúa de San Pedro con dos guantes “con una mano delante y otra detrás”, como Dios nos trajo al mundo… La noche diluviaba, las parejas entre la oscuridad se apartaban espantadas, fue entrar en Espazo en Branco Galería y pedir… Passport please! Passport please…, el comisario miraba porno entre wiskys la ayudante me torturaba y yo gritaba… Passport please… por los inmigrantes ahogados en Lampedusa!

María me torturaba, Tono, amigo!, artista íntegro 100% a la cámara, 3 ó 4 personas de público, Fátima, gracias mil! allí estuviste tú. Fue así o no? Vosotros que vinisteis me diréis, el frío ya me confunde…, esto se acaba…, qué vida más dura la del arte! la del arte las 24 horas…, con la mente siempre a 100! y el cuerpo detrás…

Enrique Tenreiro(Junio 2015)

Page 8: Afundación · natureza, procedente da árbore que se plantou na Coruña en 1917 para conmemorar a morte de Eduardo Pondal, o gran bardo de Bergantiños -amante tamén, por certo,
Page 9: Afundación · natureza, procedente da árbore que se plantou na Coruña en 1917 para conmemorar a morte de Eduardo Pondal, o gran bardo de Bergantiños -amante tamén, por certo,

“Ao final, pechando os ollos atopei a escultura propia, na paixón, no corazón... Xorde entón a provocación, a performance, tratando de abrir ollos alleos á dor da xente...”

Enrique Tenreiro(Junio 2015)

5840 días e 24 horas

Do 10 ao 27 de xuño

AfundaciónCantón Grande, 8, 3º andarA Coruña

5840 días e 24 horas