actividades sobre ecosistemas (iii)

4
ACTIVIDADES DE BIOLOXÍA 4ºESO – 4ª quincena sen clases (1-15 maio) 1 | Páxina ORIENTACIÓNS: Tempo de traballo que vos recomendo: actividades 1- 4 na 1ª semana, e as restantes na 2ªsemana. Recuperación 2ªou 1ª aval.: os que estades con elas, non é preciso que fagades as actividades 6-7-8 Dúbidas: consultádeas todas por correo-e a [email protected] ; tamén podedes resolver dúbidas e outras cuestións na sesión semanal de videoconferencia dos martes ás 13:15 ACTIVIDADES SOBRE ECOSISTEMAS (III) (remate do bloque de temas 6-7-8) 1) Imos a repasar os NIVEIS TRÓFICOS vistos na anteriores actividades, e a partir deles, construír CADEAS e REDES TRÓFICAS aumentando a complexidade e as implicacións. a) Visualiza os seguintes vídeos breves, onde poderás repasar de forma sinxela os conceptos deste apartado: niveis, cadeas e redes tróficas (podes repasar tamén as páxs. 136-137): https://youtu.be/B1xbkeT4BVs https://youtu.be/uftyLuE5Vbw b) A partir da seguinte rede trófica no ecosistema mariño antártico: Identifica a os organismo produtores: ...................................................... Identifica dous consumidores primarios: .................................................. Identifia dous consumidores secundarios: ................................................ Identifica dous consumidores terciarios: .................................................. Constrúe unha cadea trófica de 5 elementos (poden coincidir ou non os anteriores): Constrúe outra cadea trófica de 5 elementos (só cun organimo común ca anterior):

Upload: others

Post on 18-Jul-2022

10 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ACTIVIDADES SOBRE ECOSISTEMAS (III)

ACTIVIDADES DE BIOLOXÍA 4ºESO – 4ª quincena sen clases (1-15 maio)

1 | P á x i n a

ORIENTACIÓNS:

Tempo de traballo que vos recomendo: actividades 1- 4 na 1ª semana, e as restantes na 2ªsemana.

Recuperación 2ªou 1ª aval.: os que estades con elas, non é preciso que fagades as actividades 6-7-8

Dúbidas: consultádeas todas por correo-e a [email protected] ; tamén podedes resolver

dúbidas e outras cuestións na sesión semanal de videoconferencia dos martes ás 13:15

ACTIVIDADES SOBRE ECOSISTEMAS (III)

(remate do bloque de temas 6-7-8)

1) Imos a repasar os NIVEIS TRÓFICOS vistos na anteriores actividades, e a partir deles, construír CADEAS e REDES TRÓFICAS aumentando a complexidade e as implicacións. a) Visualiza os seguintes vídeos breves, onde poderás repasar de forma sinxela os conceptos deste apartado: niveis, cadeas e redes tróficas (podes repasar tamén as páxs. 136-137):

https://youtu.be/B1xbkeT4BVs

https://youtu.be/uftyLuE5Vbw

b) A partir da seguinte rede trófica no ecosistema mariño antártico:

Identifica a os organismo produtores: ......................................................

Identifica dous consumidores primarios: ..................................................

Identifia dous consumidores secundarios: ................................................

Identifica dous consumidores terciarios: ..................................................

Constrúe unha cadea trófica de 5 elementos (poden coincidir ou non os anteriores):

Constrúe outra cadea trófica de 5 elementos (só cun organimo común ca anterior):

Page 2: ACTIVIDADES SOBRE ECOSISTEMAS (III)

[Escriba texto]

2 | P á x i n a

c) Imos aproximarnos de forma práctica ao concepto de bioacumulación. Na seguinte figura

represéntanse a acumulación de DDT (insecticida usado durante décadas) nos diferentes

organismos dunha rede trófica:

Identifica a dous organismos produtores: .....................................; concentración DDT: ..............

Identifica dous consumidores primarios: .......................................; concentración DDT: ..............

Identifia dous consumidores secundarios: .....................................; concentración DDT: ..............

Identifica dous consumidores terciarios: ........................................; concentración DDT: .............

Interpreta os datos: que podes dicir da concentración deste contaminante (DDT) nos diferentes niveis tróficos?

Razoa: que concentración esperarías atopar no corpo dos seres humanos tendo en conta o nivel trófico no que xeralmente nos situamos? (podes expresala comparándoa ca dos niveis tróficos que escribiches nos apartados anteriores)

2) A partir dos niveis tróficos que vimos, constrúense as chamadas PIRÁMIDES TRÓFICAS. Lee

e repasa as páxs. 142 e 143 do libro e despois responde ás seguintes cuestións:

a) Explica que son as pirámides tróficas (ou ecolóxicas) e describe como se representan.

b) Indica que tres tipos de pirámides tróficas hai cunha breve descrición de cada tipo.

c) Algún dos tres tipos de pirámides pode resultar invertida? Explica cal e por que.

3) Páx. 148 - exercicio 5 (pirámide...)

Page 3: ACTIVIDADES SOBRE ECOSISTEMAS (III)

[Escriba texto]

3 | P á x i n a

4) Páx. 149 - exercicio 9 (efecto dun impacto ambiental nunha rede trófica: para responder,

pensa en que especies salerían prexudicadas e cales poderían saír “beneficiadas” –ou non-

pola diminución de coellos nese ecosistema)

5) Imos a repasar os FACTORES BIÓTICOS E ABIÓTICOS vistos, e as relacións entre uns e outros dentro dun ecosistema, aplicándoos para analizar problemas en situacións concretas. Lee con atención o seguinte texto elaborado a partir de diferentes páxinas web sobre a praga que leva varios anos afectando e reducindo drásticamente as nosas poboacións de ameneiros: TEXTO:

O fungo dos ameneiros (www.galiciaambiental.net) No verán de 2009, as cuncas hidrográficas galegas, especialmente as dos ríos Miño e Sil, víronse fortemente afectadas por un fungo que atacaba os ameneiros das súas ribeiras, secándoos e provocándolles a morte. O fungo atacaba aqueles exemplares máis debilitados, por diferentes razóns, e os exterminaba coas conseguintes consecuencias negativas para os seus ecosistemas xa que os ameneiros serven de alimento para determinados insectos dos que, á súa vez, se alimantan os peixes dos ríos. A praga, aínda sen erradicar, provocou a tala e desaparición de numerosos exemplares da ribeiras dos ríos alterando así os baltróns e as condicións das súas augas, afectando á flora e á fauna que neles habitan.

O decaimento relaciónase con estrés hídrico e fungos (http://aprafoga.org)

Tras debilitarse pola seca, os ameneiros quedan máis susceptibles ao ataque dos fungos e a contaminación (...). Desde que Coto do Frade* (*asociación ecoloxista) enviase a Estación Fitopatolóxica de Pontevedra mostras de chan, auga e árbores do Avia, búscanse causas da mortandade en toda Galicia. O seu director, Pedro Mansilla, non descarta unha combinación de factores: seca, fungos ou cambios nas augas fluviais e contaminación. As talas de ameneiros seguen prohibidas. Para non esparexer o fungo só serve queimar a árbore e limpar as ferramentas.

Denuncia: a FEG denuncia que a tala de ameneiros vai empeorar a saúde do Miño (www.federacionecoloxista.org)

Os ecoloxistas denuncian que a tala masiva de ameneiros, realizada sen ter en conta ningún criterio técnico ou biolóxico, vai empeorar a saúde dos cursos fluviais desa bacía. A FEG tamén apoia publicamente o traballo informativo e de denuncia desenvolvido por Coto do Frade. A FEG quere lembrar que a vexetación de ribeira contribúe a mellorar a saúde dos ríos. Nomeadamente, as árbores contribúen a fixar as marxes do río, regulan a chegada de auga de escorrentía aos cursos e reducen tamén a velocidade das augas, polo que a eliminación masiva e caótica de ameneiros vai empeorar a calidade das augas e os efectos das enchentes do vindeiro outono.

CUESTIÓNS:

a) Influencia dos ameneiros nos factores bióticos: indica algunha cadea trófica descrita no texto. Que

efectos terá nesa cadea a desaparición de ameneiros...?

b) Influencia dos ameneiros nos factores abióticos: indica que influencia ou efectos teñen as árbores

de ribeira dos ríos (coma os ameneiros) nos cauces e augas dos ríos.

c) Que conxunto de factores poderían estar danando aos ameneiros? Indicaos e dí se cada un deles é

de tipo abiótico ou biótico.

Page 4: ACTIVIDADES SOBRE ECOSISTEMAS (III)

[Escriba texto]

4 | P á x i n a

6) Repasamos algúns conceptos básicos en Ecoloxía:

Podes correxila no seguinte enlace: http://www.iessuel.es/ccnn/interactiv/ecologia/eco_2eso_01.htm

7) Repaso sinxelo dalgúns FACTORES BIÓTICOS E ABIÓTICOS en ecosistemas concretos:

A) Podes correxila no seguinte enlace: http://www.iessuel.es/ccnn/interactiv/ecologia/eco_2eso_04.htm

B) Podes correxila no seguinte enlace: http://www.iessuel.es/ccnn/interactiv/ecologia/eco_2eso_19.htm

8) ACTIVIDADE VOLUNTARIA – Busca información e prepara un pequeno vídeo de presentación (preferiblemente de non máis de 3 min) onde expoñas un problema medioambiental concreto escollido por tí, ben sexa de ámbito local ou global (algúns exemplos de impactos locais: efecto dos incendios, especies invasoras, contaminación por plaguicidas/herbicidas/outros, contaminantes bioacumulativos, extinción ou diminución de especies, deforestación...). Intenta resumir as causas e consecuencias desa situación ambiental incluíndo na túa explicación os contidos de Ecoloxía tratados. Utiliza para o vídeo todos os recursos que consideres necesario...incluíndote! :)