acta resumo do 2º foro cidadán teo decide: camiÑos … · recabar posibles temas e focos de...

17
Acta resumo do 2º Foro Cidadán TEO DECIDE: CAMIÑOS SEGUROS

Upload: vudung

Post on 03-Dec-2018

215 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Acta resumo do 2º Foro Cidadán

TEO DECIDE: CAMIÑOS SEGUROS

Ficha técnica

Obxectivos Realizar unha presentación das actuacións en sendas que programará o Concello, a partir das propostas formuladas no proceso TEO DECIDE: IDEANDO CAMIÑOS SEGUROS polas asociacións e persoas participantes.

Recabar posibles temas e focos de interese para novos procesos participativos no marco TEO DECIDE.

Lugar Salón de plenos da Casa do Concello.

Data 19 de maio de 2016

Asistencia ANPA Rabadela -Calo- (2 persoas).

Asociación Herdeiros da Unión 1910 -Oza- (1 persoa).

Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos e Clube San Francisco de Teo (1 persoa).

AVV A Ramallosa e ANPA Río Tella -A Ramallosa- (1 persoa).

AVV Augas Mansas (1 persoa).

AVV O Castro -Recesende- (1 persoa).

ANPA IES Cacheiras (1 persoa).

Particulares (1 persoa).

Resumo do traballo realizado.

1. Inicio do Foro ás 20,00h, cunha presentación do seus obxectivos e a súa función no

marco do proceso TEO DECIDE: CAMIÑOS SEGUROS, por Xosé Ignacio Iglesias

Villar, Concelleiro de Benestar, Igualdade, Mocidade e Participación Veciñal, e por

Maica Gómez Freire, do equipo técnico do proceso participativo.

2. A partir de aquí, Dª Uxía Lemos, Concelleira de Urbanismo, Vivenda e

Sostibilidade, presentou as actuacións que, no presente mandato, realizará o

Concello para dotación e/ou mellora de sendas peonís; a partir das propostas

formuladas polas persoas e entidades participantes no proceso TEO DECIDE:

CAMIÑOS SEGUROS.

A continuación, procedeuse a unha quenda de preguntas e intervencións por parte

das persoas asistentes a este Foro, para aclarar dúbidas e/ou achegar valoracións ao

expsto.

3. Por último, realizouse unha quenda final de intervencións que permitiu identificar

temas, polo seu interese ou relevancia social, podían dar pe a novos procesos

participativos no marco TEO DECIDE.

4. Peche do Foro ás 21,15h.

Desenvolvemento da sesión.

Presentación do Foro e o seu programa de traballo.

Presenta a sesión o Concelleiro delegado de Benestar, Igualdade, Mocidade e

Participación Veciñal, Ignacio Iglesias Villar, poñendo en valor as metodoloxías

participativas para a mellora da xestión local1, e destacando que o proceso CAMIÑOS

SEGUROS é a primeira experiencia destas características en Teo. Aproveita, ademáis,

para salientar que este Foro pecha o proceso, logo de ter celebrado un foro anterior no

mes de marzo, no que se debatiron as máis de 50 propostas recollidas, previamente, en

3 encontros veciñais (celebrados en xaneiro-febreiro) e nas canles web habilitadas.

Presentación das actuacións que relizará o Concello.

A continuación, á Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda e Sostibilidade, Uxía

Lemos, expón que o Concello asumirá, no que resta de mandato, a realización dun total

de 9 actuacións para a dotación e mellora de sendas peonís; a partir das propostas

formuladas polas persoas e entidades participantes no proceso CAMIÑOS SEGUROS.

Estas 9 actuacións se distribúen equitativamente entre as 3 zonas que se identif icaron no

proceso para a formulación de propostas: zona A, CACHEIRAS- RECESENDE-TILOS;

zona B, RARIS-LUCI-OZA-BAMONDE-VILARIÑO-TEO-REIS; e zona C, CALO-LUOU-

LAMPAI.

Comenta, tamén, que na identif icación destas actuacións o Concello tivo en conta:

O nivel de dif icultade que tería que afrontar a execución dos diferentes proxectos

propostos, en función:

o Da dotación orzamentaria dispoñible, dado que que a maior parte do

f inanciamento para sendas procede da Deputación Provincial da

Coruña;

o Das esixencias técnicas e legais (por exemplo, o ancho da vía na que

se localiza unha proposta), e da presenza de f incas privadas nos trazados

propostos. Neste sentido, saliéntase que a colaboración da veciñanza

pode ser clave na dotación dunha senda, no canto de ceder o espazo

necesario.

1

Salienta a utilidade deste proceso, porque permitiu recoller un gran número de propostas relativas a sendas

peonís, que constitúen unha guía de referencia, así como medidas de seguridade viaria; e mesmo outras

propostas que exceden a competencia municipal e que abren un diálogo con outras administracións,

especialmente a Deputación Pronvincial e a Xunta de Galicia.

A valoración das propostas recollidas que realizaron as persoas participantes no

Foro de marzo seguindo os seguintes criterios: Factibilidade, ou facilidade

para realizar cada actuación proposta2, Seguridade, ou impacto na reducción

de riscos e perigosidade nos desprazamentos; e Conectividade, ou potencial

para facilitar o acceso a un maior número de servizos e equipamentos de

referencia nas parroquias.

A continuidade, abordando actuacións que reforcen o servizo que prestan

sendas xa existentes, para non deixar tramos cortados e para conectar o máximo

de lugares cunha mesma actuación.

Coméntase, por útimo, que a execución destas 9 sendas require de solucións diferentes

para cada un dos tramos identif icados; en función das alturas, plataformas únicas, etc.

Expostos os criterios que se tiveron en conta, detállanse as actuacións que se preve

realizar en cada zona (para un maior detalle VER ANEXO):

SENDAS A REALIZAR NA ZONA DE CACHEIRAS- RECESENDE-TILOS

1. CATRO CAMIÑOS A SEOANE, responde, básicamente, aos criterios de seguridade

e conectividade.

2. SISTO- CEMITERIO DE CACHEIRAS (OU ALTERNATIVA CARA ROTONDA

GAITEIRA), nesta actuación é preciso valorar a dif icultade derivada do entramado

de f incas colindantes.

3. CEIP TILOS- PAVILLON MUNICIPAL, escollida especialmente polo criterio de

factibilidade, corresponde cunha das propostas máis votadas no proceso.

SENDAS A REALIZAR NA ZONA DE RARIS-LUCI-OZA-BAMONDE-VILARIÑO-TEO-REIS

4. VERXELES- CAPELA DE SANTA EUFEMIA/LOCAL SOCIAL DE OZA, recibiu moitos

apoios no foro de marzo e recolle unha confluencia clara cos criterios de

seguridade, conectividade e factibilidade.

5. ACCESO AO CEIP POR CHAVES, seguindo o criterio de conectividade con

servizos básicos.

6. A IGREXA DE REIS- VALIÑAS, unha nova senda, que foi presentada no foro

cidadán de marzo, e na que conflúen os 3 criterios de priorización.

2 Tendo presente que transcorrera sobre terreos e estradas de competencia municipal, evitando, deste xeito,

dif icultades técnicas ou legais.

SENDAS EN CALO-LUOU-LAMPAI

7. VILAR DE CALO-SAN DOMINGO, esta actuación dá continuidade á senda que se

está executando na zona, coa posibilidade de realizar un circuito circular; sendo

ademais unha das máis votadas no foro de marzo.

8. FOLGUEIRAS-GALANAS, recolle a demanda de conectar o IES e aborda a escasa

visibilidade que afronta o desprazamento a pé neste tramo, dando a posibilidade

de conexión en Calo.

9. IGREXA LUOU-PISCINA INSUA, unha das máis votadas e priorizadas no proceso.

Quenda de intervencións e contraste do exposto.

Rematada a exposición das actuacións programadas, ábrese unha quenda de

intervención das persoas asistentes para realizar un contraste e valoración das mesmas.

Este debate permite, ademáis, identif icar novas problemáticas ou consideracións que

son recollidas:

Incídese na problemática que existe na zona do colexio A Rabadela, Calo, por canto,

coa actuación prevista, os nenos e nenas da urbanización quedan un pouco illados

no acceso peonil ao centro. Respóndese que esta circunstancia está moi ligada á

problemática que se rexistra na Cascalleira e que, na medida en que esta se resolva

coa actuación prevista, tenderá a mellorar.

Desde o Concello valórase que nesta zona sería factible realizar un “camiño escolar

seguro”, aínda que a súa operativización sería moi complexa; polo que un requisito

necesario sería poñer de acordo á cidadanía ao respecto.

Algunhas persoas inciden na necesidade de arbitrar outras medidas de seguridade

viairia nesta zona, tal como a presenza de policía local, etc. Este tema é trasladado ao

f inalizar a sesión, co obxectivo de convocar unha xuntanza de traballo específ ica.

Ao respecto actuación 4 (VERXELES- CAPELA DE SANTA EUFEMIA/LOCAL SOCIAL

DE OZA) formúlase a pregunta de que tipo de senda sería. Coméntase, desde o

Concello, que se está pendente do estudo técnico, xa que o pase de Cepeda é un

punto problemático, na súa abordaxe, co cambio de rasante. Algunha das persoas

participantes expresa o medo de que os veciños non cedan os metros de terreo que

faciliten a dotación dunha beirarrúa neste tramo, explicitándose, desde o Concello,

que se está a buscar unha solución creativa sobre o trazado xa existente.

No que toca á actuación 3 (CEIP OS TILOS- PAVILLON MUNICIPAL) unha persoa

expresa a súa preocupación polo trazado actual “na zona onde fai a curva, os

coches se abren e xeran perigo (para os peóns”); polo que valora moi positivamente

a actuación proposta na medida en que solucione a esta cuestión.

Unha persoa valora especialmente a actuación 5 (ACCESO AO CEIP POR CHAVES)

por que engade un tramo por detrás do centro. Desde o Concello explicítase que,

neste caso, máis que dunha senda trátase de dotar unha beirarrúa.

Ao respecto da actuación 2 (SISTO- CEMITERIO DE CACHEIRAS (OU ALTERNATIVA

CARA ROTONDA GAITEIRA) recóllese a proposta de que a senda siga “cara arriba,

ate a rotonda”. Valórase que esta actuación tería un claro interese.

Ao respecto da actuación 1 (CATRO CAMIÑOS A SEOANE) exprésase unha demanda

de ampliación do trazado exposto desde o Concello. “No IES hai un tramo en curva,

por detrás, onde entran os buses desde a recta de Requián. Os rapaces van por ahí

paseando e pode haber algún risco. Sería engadir un tramiño á senda 1”.

Recóllese a intevención dunha persoa que incide na importancia de, en cada unha

das actuacións que se realice, separar claramente a circulación de persoas e

vehículos; “Gran parte do éxito dunha senda estará no xeito en que se execute. A

seguridade está en que haxa unha separación física entre os peóns e os coches.

Senón se fai así, por unha cuestión económica, (cada actuación) vai rematar cunha

liña pintada e cun peón pintado (no chan)”. Neste sentido, existe coincidencia na

importancia de habilitar, sobre todo, barreiras visuais.

Quenda propostas para novos procesos participativos no marco TEO DECIDE.

Como peche do traballo realizado neste 2º Foro, ábrese unha quenda de intervencións

para que as persoas que o desexen podan propoñer temas que, na súa opinión,

poderían dar pe novos procesos participativos no futro. As temáticas formuladas foron

as seguintes:

Reordenación do tráf ico, especialmente en horarios escolares (zona de Campos de

Mirabel). A idea proposta é un proceso que permita poñer de acordo á veciñanza

para establecer horarios de acceso prioritario a determinados tramos de estrada.

Proceso participativo, centrado no tramo Río Tinto-Campos de Mirabel, que

contribúa á recuperación, posta en valor e dinamización da memoria e o patrimonio

inmaterial.

Estandarización da avaliación en todos os procesos municipais que sexan factibles.

Cítanse as actividades que oferta o Concello con continuidade e que seguen un

mesmo procedemento.

Creación dun “consello de Sabio/as”, formado por persoas nativas de Teo e maiores,

tendo en conta que poden aportar moito coñecemento sobre o municipio ás

persoas que se instalan ex novo no concello.

Establecer unha moeda única do Concello de Teo, elaborando xogos nos centros

educativos, na clave do traballo comunitario ou banco de tempos.

Proceso participativo centrado na identif icación de melloras nos pavillóns e

instalacións deportivas, xa que se detecta que se trata de equipamentos de gran

afluencia de persoas usuarias, e que posúen def iciencias en relación á seguridade e

emerxencias (ancho para o tránsito de ambulancias, solos non practicables para as

cadeiras de rodas…).

Activación de procesos participativos coa Xuventude e a poboación escolar;

buscando a colaboración dos centros de ensino e o profesorado ou mediante

convocatorias abertas; tendo presente outras iniciativas en municipios da zona.

Síntese da sesión de traballo e cuestións pendentes.

Remitir a acta do Foro ás entidades cidadás e persoas participantes no proceso, e

difundila a través da web municipal.

Iniciar a execución das 9 sendas presentadas, durante o período 2016-19.

Realizar un labor de divulgación das sendas aprobadas para a búsqueda de

colaboración por parte da veciñanza –a través da tecido asociativo municipal- á

hora de executalas; e iniciar os traballos de xeito que se facilite un seguimento por

parte das entidades e persoas participantes.

Anexo

SENDAS EN CACHEIRAS- RECESENDE-TILOS

[Senda 1. Catro Camiños a Seoane]

[Senda 2. Sisto- Cemiterio de Cacheiras (ou Alternativa cara a rotonda da Gaiteira)]

[Senda 3. CEIP Tilos- Pavillón Municipal]

SENDAS EN RARIS-LUCI-OZA-BAMONDE-VILARIÑO-TEO-REIS

[Senda 4. Verxeles- Capela de Santa Eufemia/Local Social de Oza]

[Senda 5. Acceso ao CEIP por Chaves]

.

[Senda 6. A Igrexa de Reis- Valiñas]

SENDAS EN CALO-LUOU-LAMPAI

[Senda 7. VILAR DE CALO-SAN DOMINGO]

[Senda 8. FOLGUEIRAS-GALANAS]

[Senda 9. IGREXA LUOU-PISCINA INSUA]

DIFERENTES MOMENTOS DURANTE A REUNIÓN

[Presentación do proceso e do obxecto da xuntanza,

por parte do concelleiro Ignacio Iglesias]

[Exposición de contidos relativos ás sendas a executar durante o período 2016-2019,

a cargo da concelleira Uxía Lemus]