a rianxeira
TRANSCRIPT
XOVES 8
DE FEBREIRO DO 2013
ISSS 1888-511X
Tel 981835009
redac.barbanza
@lavoz.es
David Lariño <<Chegar ó máis alto require moito traballo e constancia no día a día>>
SUCESOS L3
O temporalcausóuinundaciónse o derumbedunha gradaen Mazaricos
CULTURA L4
DEPORTES L5
Un francés afincadoen Barbanzacoleciona librosde séculos pasadosque foi herdando
O Ribeira empata apuntos co Noiaao gañar polamínima no derbicun gol de penalti
Bichos raros
SÁLVORA
Na illa de S á v o r a apareceu
un peixe voador de cores moi r e c h a m a n t e s . O pescador que o viu dou parte a Garda Civil de Ribeira para ver de coller algún exemplar vivo e levalo ao acuario da Coruña. A noticia foi ben acollida e púxose en marcha un dispositivo de captura que ata o de agora non deu ningún resultado. Somentes se puido quitar unha foto de pouca calidade
CONSUME PRODUTOS GALEGOS
Bico da ría .comRianxo
A Rianxeira, vai ser traducida ao
Todo indica que o proxecto de traducir ao castelán a canción popular A Rianxeira está en marcha, só quedan por establecer na convocatoria, as bases que determinen os requisitos que debe reunir a nova versión. A comisión encargada desta tarefa, pretende difundir e dar a máxima publicidade ao texto castelán, para ser cantado por miles de voces na praza Castelao o último día Guadalupe 2013.A peculiar idea xorde a raíz da trascendencia mediática que tivo o pasado Nadal a iniciativa do director da banda de música de Vilagarcía, Suso Nogueira, de traducir o texto orixinal do poema musicado “Os Heróes de Orzán” do rianxeiro Antón Alcalde escrito en galego ao castelán, coa intención de que “se entenda mellor”. O texto orixinal desta conmovedora peza, combina textos sen música e textos sobre fondo musical escritos en lingua galega.Á nosa redacción teñen chegado novas sobre o interese que esta convocatoria ten espertado en colectivos que pregoan o bilingüismo como base do seu proxecto, e aplauden esta iniciativa que permitiría de forma democrática, escoller entre cantar A Rianxeira ou ben optar pola versión de La Rianjera.Músicos e expertos en traducción, coinciden
castelán para que se entenda mellor
unanimemente sobre a inviabilidade desta idea, argumentando que a maiores dos atrancos melódicos aos que se terían que enfrontar os que respondan a esa convocatoria, non serían capaces de transmitir no sentido máis amplo, a información lingüística, musical e cultural de A Rianxeira, cualificada como a peza musical máis universal do cancioneiro galego. Sociólogos e lingüistas, tamén opinan que a versión traducida desta obra, considerada por moitos como o himno a l ternat ivo de Gal ic ia , deberá enfrontarse a unha proba seguramente imposible de salvar: a veneración e o culto que os rianxeiros e moitos galegos teñen cara a cada unha das notas e os versos de A Rianxeira.É o pobo de Rianxo quen ten a responsabilidade de decidir se A Rianxeira vai seguir transmitíndose de xeneración en xeneración “descalciña pola área” ou ben decide renegar do texto orixinal tal e como foi concebido por Anxo Romero Lojo, e Xesús Freiro Dourado "Pinciñas", no ano 1947 en Bos Aires .