a revista do ies xuliÁn magariÑos 2019-2020 especial …
TRANSCRIPT
A revista do
IES XULIÁN MAGARIÑOS
2019-2020
ESPECIAL COVID-19
a revista do IES Xulián Magariños - Negreira
Nº 6 ESPECIAL COVID-19 - CURSO 2019/2020
COORDINACIÓN
Jesús García e Begoña Leal
DESEÑO E MAQUETACIÓN
Jesús García
CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA
Begoña Leal
COLABORARON NESTE NÚMERO
Clara C. Rodríguez Nuria Araújo Ana Barrientos María Rey Elena Paredes María López Manuel Magariños Pedro Núñez María José Carballo Carmen Dosil Fuentes Antía Quinteiro Fajín Héctor Lago Esperante Inés Rodríguez Rial Adrián Arasa Mayo Aroa Pousada iglesias Lara Gabín Varela Alumnado de 1º, 2º e 3º ESO Sara Marcos Lamas María Marcos Lamas Manuel González García Grazas a todos! Negreira, Xuño 2020
1
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. ESPECIAL COVID-19
SUMARIO
Limiar 3
Carta aberta ao noso alumnado en tempos de pandemia 4
Algo nunca visto 6
Informe COVID-19 7
As outras ensinanzas do confinamento 15
As dúas caras da tecnoloxía 17
Reflexiones desde el confinamiento 18
As matemáticas do COVID 21
Un paxaro na gaiola 22
COVID-Teatro 24
Os pais e nais opinan 27
A Olimpíada Tecnolóxica e nós os cinco 29
Celebramos o día de Rosalía ... 31
RELATOS 33
PERSOEIROS GALEGOS 36
Proxecto educativo ACADIX 40
CURIOSIDADES 44
PASATEMPOS 45
ConfinARTE 47
Claustro final de curso coa presenza física da metade do
profesorado (o resto asistíu vía videoconferencia)
2
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. ESPECIAL COVID-19
Limiar Parecía que ía ser imposible... pero non. Este ano voltamos coa revista do IES Xulián Magariños, pero non é unha revista máis. Quixemos que fora testemuña do período histórico que nos toca vivir. Un diminuto axente microscópico descuberto hai seis meses nunha afastada cidade de China confinou nas súas casas a máis da metade da humanidade e paralizou a economía dos países avanzados por un período superior aos dous meses. Ao sistema educativo tamén lle afectou de cheo. A actividade lectiva presencial suspendeuse pero iso non significou a paralización do ensino, senón todo o contrario. A creatividade e o talento do noso alumnado non quedou confinada, como demostran os contidos que seleccionamos para vós. O estado de alarma obrigou a todos, profesorado, alumnado e familias a poñerse as pilas e reforzar os seus coñecementos tecnolóxicos, manexar plataformas de teleensino, programas de conversión de documentos, edición de vídeo ou aplicacións de videoconferencia. Pero máis alá diso, este período de corentena fíxonos a todos reflexionar, ler, aprender cousas que non están nos currículos oficiais. Tivemos que adaptarnos, e a escola tamén.
É ese mundo de aprendizaxes extraordinarias o que queremos achegarvos nesta revista: dende un completo estudo científico sobre a COVID-19, pasando polas reflexións de dúas brillantes alumnas de bacharelato, ata unha obra de teatro inspirada no confinamento ou como as matemáticas son tan necesarias nas actuais circunstancias. A situación sanitaria aínda non está solucionada, e toda a poboación ten que ser sensata e precavida agora que se nos permite saír de casa e reunirnos cos nosos familiares e amizades. A evolución da pandemia é responsabilidade de toda a cidadanía. Dende o IES Xulián Magariños aportamos o noso gran de area para facer máis levadeiro o verán que acaba de chegar. Desexamos que a lectura desta revista vos sexa non só interesante senón inspiradora, como o foi para nós durante a súa preparación. Saúde e bo verán!
(o noso xardín convertido en xungla)
3
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. ESPECIAL COVID-19
Carta aberta ao noso alumnado en tempos de pandemia Xoves 12 de marzo, última hora da mañá. Na comunidade educativa cae, como un bombazo, a noticia: a prensa está comunicando que a partir do venres 13 quedan suspendidas as clases por un período de 14 días. Non é doado tomar decisións, nin cómodo comunicalas. E así, dunha hora para outra, houbo que reinventar o que sempre entenderamos como educación. Os 14 días foron medrando ata converterse en meses, e durante ese período, cos medios que tiñamos, coa formación coa que contabamos, e co esforzo que supón construír desde 0, tentamos dar solución, o mellor que
puidemos e soubemos, ás vosas necesidades educativas. É certo que cometemos erros, porque a situación era inédita, pero tamén é certo que aquí estivemos, contestando chamadas a calquera hora, solucionando dúbidas, cedendo materiais… Contan que hai quen apagaba o ordenador ás 11 e cando o acendía de mañá tiña xa 50 correos… Perdoade se de cando en vez se vos acumulaban as tarefas a horas intempestivas (é que moito profesorado tamén ten fillos e fillas na casa, e conciliar significaba traballar cando eles se deitaban…). Perdoade se utilizamos diferentes medios e plataformas, pero é que non todo o profesorado está afeito ao traballo en rede (ninguén nos advertiu nunca que un día todas as nosas clases serían a distancia...). Perdoade, en definitiva, por non ser quen de transformar as clases telemáticas en clases de verdade… pero é que cremos que é imposible.
4
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. ESPECIAL COVID-19 Podemos facer labores de substitución por un breve período de tempo, pero a vosa presenza nas aulas é imprescindible. Porque cremos que educar é algo máis que transmitir contidos, educar implica convivir e aprender dos outros: aprender a respectar as diferenzas, aprender a construír identidades, aprender a ser cidadáns do mundo. E de golpe pídesenos que adaptemos estas ideas ao mundo virtual e sexamos quen de avaliar unhas aprendizaxes das que apenas fomos testemuñas na distancia. Tentámolo, pero asegúrovos que non é unha carga pequena; non podemos aplicar este ano aqueles criterios de xustiza ou inxustiza nos que habitualmente confiabamos; imos sobrados de conciencia, pero escasos de ferramentas. Quero agradecervos o voso traballo e a vosa axuda para que este proceso de confinamento rematara con éxito. Foron tempos duros, nos que houbo que priorizar o que ten que ser priorizado: a saúde e a seguridade, e sen o voso esforzo e o das vosas familias isto tería sido imposible. Por desgraza, podemos ver como determinadas filosofías económicas están levando a que nalgúns países a pandemia siga estendéndose sen control. Neste momento parece que aquí podemos empezar a respirar, pero non debemos baixar a garda. Gustaríanos podervos dicir que en setembro todo vai ser mellor e que haberá un acordo político global sobre como afrontar o novo curso. Pero non é o noso un país que se caracterice ultimamente pola unidade nin polos acordos (con que envexa miramos durante estes meses o veciño Portugal…) O que si podemos garantirvos é que, malia a escaseza de medios ou de
indicacións, todo o voso profesorado traballará para facer do centro un lugar seguro para vós. Coidádevos moito, porque así coidades de todos e de todas. Clara Cristela Rodríguez Núñez Directora IES Xulián Magariños
5
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. ESPECIAL COVID-19
Algo nunca visto O xoves 12 de marzo de 2020 ás 14:00, con carácter de urxencia, a Consellería de Educación emitía unhas instrucións polas cales se suspendía a actividade lectiva presencial nos centros educativos a partir do luns 16 de marzo, e preferiblemente aconsellaba non acudir aos centros educativos xa dende o venres 13. Improvisación, sorpresa, agobio, falta de medios, ...
Dous días máis tarde, o sábado 14 de marzo, España entraba en estado de alarma e a suspensión da docencia presencial era efectiva en todo o territorio nacional.
Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, por el que se declara el estado de alarma para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19.
Artículo 9. Medidas de contención en el ámbito educativo y de la formación.
1. Se suspende la actividad educativa presencial en
todos los centros y etapas, ciclos, grados, cursos y niveles de enseñanza contemplados en el artículo 3 de la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación, incluida la enseñanza universitaria, así como cualesquiera otras actividades educativas o de formación impartidas en otros centros públicos o privados.
2. Durante el período de suspensión se mantendrán las actividades educativas a través de las modalidades a distancia y «on line», siempre que resulte posible.
E así chegou o luns 16 de marzo...
6
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. ESPECIAL COVID-19
Informe COVID-19
Orixe O 31 de decembro de 2019, a Comisión Municipal de Saúde e Sanidade de Wuhan (Hubei, China) informou sobre un grupo de 27 casos de neumonía de orixe desconocida, cunha exposición común a un mercado amplo de marisco, peixe e animais vivos na cidade de Wuhan, incluíndo sete casos graves. O inicio dos síntomas do primeiro caso detectouse o 8 de decembro. O 7 de xaneiro de 2020, as autoridades chinas identificaron como axente causante do brote un novo tipo de virus da familia Coronaviriade que posteriormente foi denominado SARS-CoV-2, cuxa secuencia xenética foi compartida polas autoridades chinas o 12 de xaneiro. O 11 de marzo, a Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou a pandemia mundial. Desde o inicio da epidemia ata o día de hoxe alcanzáronse os dous millóns
de casos notificados en todo o mundo e 195.000 en España. Os coronavirus son unha familia de virus que causan infección nos seres humanos e nunha variedade de animais, incluíndo aves e mamíferos. Trátase dunha enfermidade zoonótica, é dicir, pode transmitirse de animais a humanos. Os coronavirus que afectan ao ser humano (HCoV) poden producir cadros clínicos que van desde o resfriado común con patrón estacional en inverno ata outros máis graves como os provocados polos virus da Síndrome Respiratoria Agudo Grave (SARS) e da Síndorme Respiratoria de Oriente Próximo (MERS-CoV). Fonte de infección Igual que noutros brotes causados por coronavirus, a fonte primaria máis probable da enfermidade producida polo SARS-CoV-2 é de orixe animal. Neste momento parece claro que o reservorio do virus é o morcego, mentres que se segue
7
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. ESPECIAL COVID-19 investigando acerca do animal hospedador intermediario, habendo controversia entre o pangolín e outros. Determinouse, recentemente, a secuencia de coronavirus aillados de mostras de tecidos conxelados de 30 pangolíns. Estes animais, consumidos ilegalmente en China, procedentes dalgún lugar do sudeste asiático onde son endémicos, foron recuperados de decomisos policiais nas provincias chinas de Guangxi e Guangdong, entre 2017 e 2019. Os coronavirus detectados nestes tecidos mostraban unha similitude xenética de entre o 85 e o 92% co SARS-CoV-2 e isto apoia a posibilidade de que actuaran como hospedador intermediario e fonte da infección no mercado de Wuhan. Tipo de risco Deberiamos aclarar o que é un risco natural, que pode definirse como a probabilidade de que un territorio e a sociedade que o habita se vexan afectados por episodios naturais de rango extraordinario. A ameaza ou perigo natural fai referencia á probabilidade de que se produza un determinado fenómeno natural, dunha certa extensión, intesidade e duración, cun potencial para causar danos ás persoas ou ao contorno. A vulnerabilidade fai referencia ao impacto do fenómeno sobre a sociedade, desde a exposición ao risco, ata a sensibilidade socioeconómica, e depende fortemente da capacidade de resposta da poboación fronte ao risco (resiliencia). Así, o risco vén dado pola seguinte fórmula :
R=P ⋅V ⋅E R(risco)=P(perigosidade)⋅V(vulnerabilidade)⋅E(exposición).
Existen diversos tipos de riscos clasificados en tres grandes grupos:
naturais, tecnolóxicos ou culturais, e mixtos. Neste caso, encontrámonos ante un risco natural, máis especificamente, biolóxico. Este tipo de riscos son enfermidades causadas por todo tipo de microorganismos infecciosos ou parasitos, pólenes ou animais. A COVID-19, causada polo SARS-CoV-2 é unha enfermidade causada por un virus e que provocou unha situación de epidemia a nivel global. Factores de risco Perigosidade e vulnerabilidade A taxa de mortalidade dos casos confirmados a nivel mundial estímase nun 1,38%, mentres que segundo un estudo realizado en China a cifra baixaría ao 0,66% ao incluír os casos non confirmados. Estas taxas son lixeiramente inferiores a algunhas estimacións feitas ata a data, que non se axustaban aos casos non diagnosticados ou ao número de persoas de cada grupo de idade dunha poboación. Ademais, as taxas varían notablemente, desde o 0,0016% en persoas de 0 a 9 anos ata o 7,8% en persoas de máis de 80 anos, polo que podemos concluír que afecta máis ás persoas de máis idade. Aínda que as estimacións son inferiores ás que se fixeron para o virus, seguen sendo relativamente elevadas respecto a pandemias anteriores como a gripe pandémica H1N1 de 2009, que se estimou mortal ao redor do 0,02%. As estimacións previas de mortes por casos confirmados de Covid-19 oscilaron entre o 2 e o 8%, mentres que as mortes por infeccións xerais estimouse entre o 0,2 e o 1,6%. Así mesmo, os cálculos da proporción de mortes no grupo de máis
8
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. ESPECIAL COVID-19 idade, os maiores de 80 anos, fixáronse entre o 8 e 0 36%. Porén, estas estimacións anteriores non se axustaran polo feito de que só é probable que se sometan a probas ás persoas con síntomas máis graves, polo que non reflicte o verdadeiro número de casos en todas as poboacións. O estudo tamén observa diferenzas nas taxas de hospitalización por idade. Estímase que o 11,8% das persoas de 60 anos, o 16,6% das persoas de 70 anos e o 18,4% das persoas de 80 anos ou máis desenvolven síntomas o suficientemente graves como para ser hospitalizadas. Estas cifras compáranse co 0,04% das persoas de 10 a 19 anos, o 1,0% das persoas de 20 anos e o 3,4% das persoas de 30 a 39 anos. Estes números dúplicanse pasando do 4,3% das persoas de 40 a 49 anos ao 8,2% das persoas entre 50 e 59 anos. Sen dúbida este estudo revela que un dos factores de risco máis importantes é a idade da persoa. Este risco aumenta canto máis maior sexa o paciente, como podemos observar nos datos anteriores. Ademais deste grupo de risco conformado polas persoas de máis idade tamén hai outros factores que incrementan o risco. Entre elas destaca un segundo grupo formado por persoas que padecen previamente outras enfermidades como hipertensión arterial, obesidade, diabete, patoloxías cardiovasculares ou cerebrovasculares, etc., que, evidentemente, poden levar a diversas complicacións. Estas persoas maiores e/ou que padecen afeccións médicas preexistentes son as máis vulnerables ao virus xa que teñen unha resposta inmune deficitaria. O feito de ter as defensas debilitadas fai máis
probable o desenvolvemento dunha neumonía vírica grave. Por outro lado, ás persoas que padecen algunha cardiopatía previa, o feito de coller unha neumonía vírica grave provocaríalles unha insuficiencia cardíaca, xa que ralentizaría a achega de osíxeno ao corazón. Ademais, nas enfermidades cardiovasculares existe un exceso de inflamación que ao sumarlle a infección respiratoria provocada pola Covid-19 non só afectaría a nivel cardiopulmonar, senón que afectaría a todos os órganos do corpo. O Centro Chino para o Control e a Prevención de Enfermidades (CCDC) fixo un estudo onde revelou que a taxa de mortalidade da Covid-19 varía en función do sexo da persoa. Nos homes a taxa de mortalidade é do 2,8% fronte a un 1,7% nas mulleres. Os pacientes inmunodeprimidos por inmunodeficiencias adquiridas, como pode ser o caso dunha persoa con VIH, ou ben inmunodeprimidos porque foron transplantados ou están a recibir algún tratamento inmunodepresor, constitúen un colectivo de alto risco. Por último, persoas con patoloxías respiratorias crónicas como a bronquite crónica, o enfisema pulmonar ou a asma bronquial poden desenvolver insuficiencia respiratoria ao ter xa comprometido o seu aparato respiratorio. Exposición e transmisión Mecanismo de transmisión animal - humano A forma na que puido transmitirse o virus da fonte animal aos primeiros casos humanos non é coñecido. Todo apunta ao contacto directo con animais infectados
9
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. ESPECIAL COVID-19 ou ás súas secrecións. En diversos estudos realizados en modelos animais con outros coronavirus observouse tropismo polas células de diferentes órganos e sistemas producindo cadros respiratorios e gastrointestinais principalmente, o que podería indicar que a transmisión do animal aos humanos puidera ser a través de secrecións respiratorias e/ou material procedente do aparato dixestivo. De todas formas, neste momento non hai evidencias de transmisión desde os animais aos humanos, nin parece que a enfermidade en animais teña unha gran contribución na epidemia.
Mecanismo de transmisión humano - humano A vía de transmisión entre humanos considérase similar ao descrito para outros coronavirus a través das secrecións de persoas infectadas, principalmente por contacto directo con gotas respiratorias de máis de 5 micras, capaces de transmitirse a distancias de ata 2 metros, e as mans ou os fómites contaminados con estas secrecións seguido do contacto coa mucosa da boca, nariz ou ollos. O SARS-CoV-2 detectouse en secrecións nasofarínxeas, incluíndo a saliva. A permanencia de SARS-CoV-2 viable en superficies de cobre, cartón, aceiro inoxidable e plástico é de 4, 24, 48 e 72
horas, respectivamente cando se mantén entre 21 e 23ºC e cun 40% de humidade relativa. Noutro estudo, a 22ºC e 60% de humidade, déixase de detectar o virus logo de 3 horas sobre papel, de 1 a 2 días sobre madeira, roupa ou vidro, e máis de 4 días cando se aplica sobre aceiro inoxidable, plástico, billetes e máscaras cirúrxicas. Demostrouse recientemente, en condicións experimentais, a viabilidade do SARS-CoV-2 durante 3 horas en aerosoles, cunha semivida media de 1,1 horas. Estes resultados son similares aos obtidos co SARS-CoV-1. Da mesma forma, puido detectarse o virus nalgunhas mostras de aire nos hospitais de Wuhan. Se ben a maioría das mostras foron negativas ou o virus foi detectado en concentracións moi baixas nalgúns lugares detectouse maior concentración, v.gr. nos baños dos pacientes ou nas habitacións designadas para retirar o Equipo de Protección Individual (EPI) dos sanitarios. Descoñécese o significado destes descubrimentos e se a cantidade detectada pode ser infectiva. Durante o brote de SARS-CoV-1 de 2003 si que se puido detectar presenza do virus no aire das habitacións de pacientes hospitalizados e mediante modelización matemática suxeriuse que a vía aérea puido ser unha vía de transmisión da infección. A pesar de ter detectado o xenoma e o virus infectivo en feces de persoas enfermas, a transmisión a través destas é outra hipótese para a cal non existe evidencia nesta pandemia a día de hoxe. As manifestacións clínicas gastrointestinais, aínda que presentes, non son demasiado frecuentes nos casos da COVID-19, o que indicaría que esta vía de transmisión, en caso de existir, tería un impacto menor na evolución da epidemia.
10
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. ESPECIAL COVID-19 Por último, a transmisión de nai a fillo nos casos nos que ocorre, prodúcese polo contacto estreito entre eles tras o nacemento. A transmisión vertical do SARS-CoV-2, é pouco probable en principio, dado que non é posible encontrar o virus en mostras de líquido amniótico, cordón umbilical e leite materno, aínda que recentemente se observáronse algúns casos, polo que se considera que sería posible. Período de incubación e intervalo serial. Transmisión a partir de casos asintomáticos. O período de incubación esperado é de 5-6 días, cun rango de 1 a 14 días. O 97,5% dos casos sintomáticos desenvólvense nos 11,4 días tras a exposición. O intervalo serial medio en numerosas observacións epidemiolóxicas resultou menor que o período de incubación. Sobre a base destas observacións e os casos detectados nos estudos exhaustivos de contactos, actualmente considérase que a transmisión da infección comeza 1-2 días antes do inicio de síntomas. Descoñécese se a intensidade da transmisión a partir de persoas asintomáticas será igual que a partir de persoas con síntomas, aínda que a carga viral detectada nun caso asintomático foi similar a doutros casos sintomáticos, efecto que puido ser observado nun modelo animal. En modelos matemáticos baseados nos brotes epidémicos de Singapur e Tiajin, estimáronse proporcións de transmisión a partir de casos presintomáticos de 45% e 62% respectivamente. Transmisión en centros sanitarios
Ao inicio da epidemia detectouse unha alta transmisión intrahospitalaria a traballadores sanitarios dos hospitais de Wuhan (29%), que logo foi descendendo. Ata o 20/02/2002 en CHina detectáranse 2.055 traballadores sanitarios con infección por SARS-CoV-2 confirmada, o 88% deles procedían de Hubei. Segundo as conclusións da misión da OMS en China, unha vez tomadas diversas medidas de protección individual, a transmisión entre os sanitarios decreceu drasticamente. Predición Desde a aparición da enfermidade a finais de decembro do 2019, os matemáticos e outros científicos tentaron predicir a forma na que se ía expandir a Covid-19 e para iso utilizaron diversos modelos matemáticos e crearon mapas de risco. Estes modelos teñen como obxectivo planificar e asignar todos os recursos sanitarios e sociosanitarios necesarios para dar resposta ao crecemento sostible e exponencial de novos casos, e avaliar a efectividade das medidas colectivas de illamento social que se foron instaurando en diferentes países afectados, así como para propoñer novas medidas no caso de que fosen necesarias. En España encontramos, por exemplo, o Modelo do Instituto Universitario de Matemática Multidisciplinar da Universidade Politécnica de Valencia (http://covid19.webs.upv.es/). A información publicada corresponde cos resultados obtidos dun modelos SIR (susceptible, infectado, recuperado). Este modelo é actualizado de forma diaria cos datos ofrecidos polo Ministerio de Sanidade e a predición é a tres días.
11
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. ESPECIAL COVID-19 O Modelo de la Universidad Rovira i Virgili e a Universidade de Zaragoza é un modelo máis complexo, con tres grupos de idade (ata 25, 26-65, máis de 65) e que combina un total de 17 parámetros distintos (https://www.medrxiv.org/content/10.1101/2020.03.21.20040022v1).
O modelo de ZZ Data Labs (https://zzdatalabs.com/coronavirus-es/) está baseado na intelixencia artificial que inclúe a mobilidade entre municipios baseada en datos históricos INE (antes do
confinamento) e ten en conta tres escenarios de confinamento (ausencia, medio, total). Ten unha aplicación interactiva para ver os datos de cada municipio na que se estiman os casos e ingresos hospitalarios por municipios a dez días.
Fóra de España destacan, por exemplo en Francia, o Modelo de Massonnaud et al “COVID-19: Forecasting short term hospital needs in France" . É un modelo determinista SEIR para as áreas hospitalarias con predicións a un mes e 17 grupos quinquenais de idade.
12
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. ESPECIAL COVID-19 Tipos de probas
Existen tres tipos de probas de detección da Covid-19 que se están a empregar nestes momentos en España: As PCR, os test serolóxicos ou de anticorpos e os test de antíxenos. As PCR (Reacción de Cadena da Polimerasa) consisten nunha técnica molecular complexa e laboriosa, que require equipamento específico e tempo ata obter o resultado. Porén, varias compañías desenvolveron kits semiautomatizados de PCR que simplifican o proceso despois de que os científicos chinos publicasen a mediados de xaneiro o código xenético do novo virus.
A PCR fai copias do material xenético e detecta as secuencias que caracterizan o virus, amplifícaas e fainas visibles. Permite detectar a presenza do virus na mostra lendo o seu ARN. A mostra tómase do exudado nasofarínxeo. Cando a mostra chega ao laboratorio, inactívase o virus e procésase na máquina, durante unhas dúas horas. En total o proceso supón un mínimo de catro horas ata obter resultados, mais, a pesar da lentitude, os resultados son os máis fiables entre as tres probas.
Os test sereolóxicos realízanse a partir dunha mostra de sangue. Estes detectan a presenza de anticorpos xerados polo organismo do paciente ante a infección por SARS-CoV-2. O test pode facerse a partir dunha soa gota de sangue, non necesita equipamento e funciona como unha tira reactiva que mostra o resultado entre 10 e 15 minutos. Esta proba ten a gran vantaxe da súa facilidade e rapidez, mais non mostra claramente se nese momento a persoa ten a infección, como si fai a PCR. Estes tests son moi útiles para facer estudos epidemiolóxicos que permitan saber que porcentaxe da poboación estivo exposta ao virus e así poder predicir como vai evolucionar a pandemia e establecer estratexias ante oleadas futuras e de vacinación.
Por último están os test de antíxenos, que detectan estas proteínas presentes na superficie do virus, en mostras tomadas da zona nasofarínxea. Non precisan equipamento nin personal especializado, a diferenza das PCR, e a diferenza dos test sereolóxicos, estes poden realizarse nos primeiros días da infección. O test funciona diluíndo a mostra e depositándoa nun cartucho cunha tira reactiva que marca con liñas se é positivo ou negativo. Esta técnica é moi efectiva para realizar un cribado, xa que se sae positivo clasifícase como tal, e se é negativo ou dubidoso pode realizarse a PCR.
Prevención
Posto que aínda non se dispón de tratamento nin vacinas eficaces, a mellor estratexia colectiva para facer fronte á Covid-19 constiste en controlar a fonte de infección e sobre todo alcanzar un diagnóstico temperán que permita notificar os casos, Illar aos pacientes, aportar o tratamento sintomático e de soporte oportuno e publicar información epidemiolóxioca de maneira que se evite, na medida do posible, un pánico sanitario innecesario na sociedade.
A nivel individual é conveniente seguir as normas adecuadas de hixiene, ventilación de interiores e a evitación de lugares onde se acumulen moitas persoas. É importante recordar á poaboación e ao personal sanitario as medidas básicas para reducir o risco xeral de transmisión do virus a través de diversas campañas, é dicir, convén educar a poboación fronte ao risco. É importante recordarlle ás persoas que deben evitar o contacto directo con outras persoas que padezan
13
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. ESPECIAL COVID-19 sintomatoloxía, o mantemento do metro de distancia, lavar as mans con frecuencia con auga e xabrón ou solucións hidroalcohólicas e tamén evitar tocar os ollos, nariz e boca coas mans. As persoas con síntomas deben manter distancia cos demais, usar máscaras e confinarse nos fogares. Por outro lado, nos centros sanitarios debe incidirse na mellora das prácticas habituais de prevención e control.
Outras medidas que se puideron ter tomado anteriormente puideron ser o peche das fronteiras ou unha declaración máis temperá do Estado de Alarma que terían axudado á non expansión da enfermidade.
Agora mesmo entanse a tomar máis medidas para reducir os danos que está a provocar a Covid-19, xa non só sanitarios, senón tamén a nivel económico e social. Para isto último estanse tomando moitas decisións que pretenden paliar os custos económicos que implica o confinamento e a parada de toda actividade.
Resiliencia fronte ao risco
Enténdese por resiliencia a capacidade de reaccionar da poboación fronte ao risco, neste caso a Covid-19. As crise sanitaria e as medidas de confinamento poden constituír unha amenza para a vida física, así como para a estabilidade psicolóxica, social, política e económica. En psicoloxía, a resiliencia defínese como a capacidade para saír fortalecido en condicións adversas ou traumáticas, que supón unha resposta de afrontamento eficaz da crise.
A resiliencia é algo individual, pero non só iso, ten tamén un carácter cohesivo que afecta a toda a sociedade e por iso se di que unha sociedade é resiliente cando se mantén unida, cooperando polo ben común, de forma respectuosa e solidaria. Por isto é moi importante seguir as medidas que nos indican, é vital cumprir no máximo posible o confinamento saíndo o menos posible á rúa. Ademais disto,
temos que ser considerados coas demais persoas, por exemplo, non comprando cantidades excesivas de alimentos ou outros produtos como sucedeu os primeiros días. Eses actos egoístas poden ter unha repercusión negativa para a sociedade e incluso poden dificultar a superación da crise sanitaria.
Os principais factores asociados á resiliencia social que axudarán a superar a crise da covid-19 son a calidade de vida, a satisfacción vital e o apoio social. A calidade de vida é o factor que máis depende da comunidade, baséase na saúde, o confort, a produtividade, o apoio social, e as relacións de intimidade e expresión emocional aberta. É nisto onde temos que apoiarnos a nivel comunitario, non deixando a persoas illadas e brindando confianza ao sistema para cubrir estas necesidades e cooperar para cubrir as propias e as doutros.
Bibliografía
https://www.portalfarma.com/Profesionales/campanaspf/Asesoramiento-salud-publica/infeccion-coronavirus-2019-nCoV/Documents/Informe-tecnico-Coronavirus.pdf
https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov-China/documentos/20200417_ITCoronavirus.pdf
https://gacetamedica.com/investigacion/coronavirus-identifican-los-factores-de-riesgos-asociados/
https://www.elespanol.com/como/coronavirus-vulnerables-covid-19/475202899_0.html
https://sespas.es/2020/03/23/publicamos-un-resumen-de-los-principales-modelos-predictivos-de-la-pandemia-covid-19-elaborados-para-espana-y-otros-paises/
https://es.wikipedia.org/wiki/Riesgo_natural
Manuel González García 2º BAC
14
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. ESPECIAL COVID-19
As outras ensinanzas do confinamento
56 días de confinamento estrito dan para moito. A xente ponse a facer pan, desaparece a fariña e o lévedo das tendas, inícianse proxectos …
O alumnado comparte con nós esas outras aprendizaxes ou cousas novas que fixeron por primeira vez.
Eu aprendín a facer tortas, pan e biscoitos.
Durante este confinamento puiden gozar moito máis da miña casa e aprendín a cociñar mellor do que sabía antes, porque cando os meus pais non estaban na casa tiña que facer a comida. Tamén plantei un horto co meu pai. Axudei a meus pais moito máis do que o facía antes, e iso axudoume a que fose máis levadío.
Pois eu o que fixen mentres estivemos confinados en casa foi facer dous quebracabezas de 1000 pezas e outro de 3000 pezas.
Pois, eu, a verdade é que non fixen nada novo. Asistía a clase polas mañás e facía as tarefas do día. Polas tardes, que é cando tiña libre, dediqueime a ler case todo o tempo, xa que ler é o que máis me gusta facer. Os días de sol que viñeron aproveiteinos na terraza tomando o sol na tumbona, e polas noites facía todos os días exercicio cos meus compañeiros de ximnasio por videochamada. A verdade é que non fixen nada novo que non fixese antes do confinamento. Nestes case tres
meses dediqueime a descansar e a cargar as pilas, que falta me facía.
Xamais tería usado gran parte do meu tempo en reciclar tapóns ou botellas, para utilizalos e que non vaian ao lixo sen aproveitalos de todo. Outra cousa é a repostería, sempre axudaba coas sobremesas ou con outro tipo de comida, pero neste confinamento, a causa do aburrimento, fixen millóns de sobremesas desde tortas ata iogures caseiros de distintos sabores.
Unha das cousas que fixen foi salvar unha gata dunhas silvas porque estaba abandonada.
Eu aprendín a cociñar, aprendín a facer máis tarefas do fogar, tamén no meu tempo libre lin varios libros…
(Aprendín) Que a vida non é só traballo nin gañar diñeiro, tamén é gozar dos nosos fogares, a nosa familia, valorar máis as cousas (pequenas)
Desde o primeiro día de confinamento (logo de facer os deberes e acudir ás clases) empecei a forxar unha historia, unha novela policíaca que levaría ao lector ata unha cidade corrupta a moreas, asediada por diversas mafias que asolagan as súas rúas de drogas e crime. Pero, como en cada historia, ten que haber algún bo, ou dous… Vou polo capítulo catro e xa estou a empezar a construír a novela. Os tres primeiros baseabanse en describir a cidade ao completo e narrar a historia do personaxe para, logo, proceder cos feitos.
15
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. ESPECIAL COVID-19 Neste tempo aprendín a facer de comer, reformei a miña habitación enteira, aprendín a ter máis paciencia porque tiña moi pouca e tamén aprendín a valorar máis as cousas.
Nesta corentena retomei unha pequena afección, o cultivo de árbores e distintas plantas, deixárao hai tempo e grazas a esta corentena retomeino con máis forza.
A verdade é que durante todo este tempo fixen cousas que non sei se verdadeiramente as faría se non estivese confinado. Cociñei, limpiei, coidei do xardín, pero algo excepcional foi cando na miña casa e durante un par de semanas aparecía un cachorro. Tiña moita fame pero non se achegaba a ninguén, estaba morto de medo. Neste caso fun moi persistente, todos os días ía xogar con el, chamábao e leváballe comida, e así foi collendo confianza, ata o punto que, cada vez que saio pola porta ponse contentísima, e quere xogar.
Pois empecei a cociñar sobre todo a facer repostería, cousa que nunca fixera porque como non me gusta cociñar sempre pensei que a repostería tampouco.
Pois eu o que aprendín é a pintar con pintura ao xiz. Axudei a meu pai a pintar os mobles da cociña.
Neste confinamento aprendín a facer a lavar a roupa, a varrer e a fregar e tamén entrei no mundo da acuarofilia e aprendín moito sobre iso.
Durante este confinamento empregueime máis a fondo en facer as tarefas da casa, que aínda que xa as facía antes, agora, ao ter máis tempo, puiden facelas mellor. E tamén, debido a que o meu pai hai anos traballou de panadeiro, axudeille a facer pan e empanadas.
Ao longo deste confinamento volvín a pasar as tardes xogando a algúns xogos de mesa de cando era pequena, co meu irmán e a miña familia no canto de estar todo o tempo coa tecnoloxía. Tamén axudei a meus avós coa súa horta (sachar, plantar, sulfatar, etc.)
Neste confinamento aprendín que o ser humano ten que enfrontarse a desafios todo o tempo. Ao principio nas primeiras semanas, aburríame moito e quería saír a tomar o aire porque estrañaba esa sensacion de liberdade, estrañaba os meus amigos, sentir o sol na cara, respirar aire fresco, ao vivir nun piso a cousa complícase máis. Cando se foron habilitando as fases de desescalada, non tiña gañas de saír porque me sentía segura na miña casa e deime conta que os seres humanos somos indecisos ou moi inseguros tamén. O que aprendín neste confinamento non foi a cociñar, nin a coidar o xardín, foi a compartir merendas e almorzos en familia, que por falta de tempo, pouco o faciamos.
Nesta corentena, non me aburrín porque fixen moitas cousas, por exemplo aprendín a facer pizza coa miña nai e a miña irmá. Tamén fixen exercicio e ioga coa miña irmá, e xoguei co meu pai ás cartas.
16
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. ESPECIAL COVID-19
As dúas caras da tecnoloxía O noso alumnado de 2º e 3º ESO responde a pregunta: Que aspectos positivos ou negativos lle ves á tecnoloxía nestes casos excepcionais como o de ter que estar encerrados na casa dous meses?
Serve de axuda para no día a día e fai máis levadío o tempo libre.
Pois eu véxolle un aspecto positivo porque grazas á tecnoloxía puidemos estar en contacto co profesorado do instituto e poder sacar as materias pendentes ou as materias deste ano para poder aprobar.
A tecnoloxía foi unha amiga de dúas caras. Durante o tempo de traballo, é moi útil, pois podes facer videoconferencias e deberes para entregar. Con todo, o lecer tamén está ocupado pola tecnoloxía. Neste caso, causa peores efectos. Xogar coa consola e ver a televisión durante a maior parte do día provoca unha perda progresiva de boa vista e un aumento da enfermidade ocular coñecida como miopía.
Que grazas á tecnoloxía puidemos estar en contacto co profesorado.
Ao estar confinados na casa, a tecnoloxía axudounos para estar en contacto cos nosos amigos, xa que non os viamos todos os días como pasaba antes, e serviu para non botalos tanto de menos. Tamén para recibir as tarefas e facelas se necesita usar a tecnoloxía para logo envialas, e o mesmo pasa coas videoclases que o profesorado usaba para dar temario ou repasar. Algo que non me gusta tanto é o feito de estar diante da pantalla tanto tempo, porque pode danar a vista e é malo para a saúde.
Eu véxoo todo positivo, porque grazas a ela puidémonos comunicar cos nosos seres queridos, a tecnoloxía tamén nos axudou a distraernos… en fin grazas á tecnoloxía o confinamento non foi tan duro.
Os aspectos positivos que lle vin á tecnoloxía, neste caso, era que algúns podiamos seguir traballando, estudando e aprendendo. E que no meu caso por exemplo, aprendín máis cousas novas. Algún aspecto negativo é que non todos poden gozar de poder ter ordenador nin Internet na casa, e que tamén todos, tanto os traballadores como o alumnado, estivemos moitas máis horas diante dunha pantalla para realizar as nosas tarefas diarias.
Positivos: está ben para comunicarte coas amizades e familiares, para dar clase, para divertirte, pasar o tempo… Negativos: estar moito tempo é malo, porque hai xente que se colle o móbil, despois cústalle moito deixalo…
Grazas á tecnologia de hoxe en día, todos nós puidemos seguir en contacto coas nosas familias, puidémonos decatar das noticias de cada día e tamén puidemos seguir coas clases. Algunha desvantaxe é que agora as persoas aumentaron a súa dependencia das tecnoloxías.
17
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. ESPECIAL COVID-19
Reflexiones desde el confinamiento
Hace pocos días la primavera pareció
adelantarse y hacerle una corta visita al pueblo. Una mañana, de repente, el cielo gallego -siempre gris- estaba despejado, la glicinia del jardín había florecido y un pájaro pasaba volando entre las flores violetas. Y yo lo contemplaba todo a través de un cristal sucio, porque detesto limpiar los cristales, y no me da reparo ninguno decir que no los he tocado en toda la cuarentena. Si algo malo le veo a la primavera, es que de momento el coronavirus le gana la batalla, y yo tengo que contemplar estas maravillosas imágenes estacionales desde la ventana. La esperanzadora primavera y su simbolismo se quedan fuera, y el optimismo que últimamente destilan los balcones y aplausos de España también. Yo, encerrada en casa, viendo las mismas noticias todos los días y apagando la radio cuando suenan los anuncios empalagosos sobre solidaridad y aspectos positivos del confinamiento, no puedo evitar tomarme la primavera y todos sus días soleados como un mal chiste, porque no puedo salir a disfrutarlos. El optimismo, a estas alturas, me cansa. Se me hace mucho más fácil estar enfadada y ser pesimista, porque llevo encerrada
semanas y quiero, y puedo, bajarme del carro de la alegría y la esperanza cuando me quedo sin energía. Me da la sensación muy a menudo de que todo el mundo firmó el catorce de marzo un contrato de positivismo, productividad y solidaridad, y el mío se perdió por alguna parte. Soy positiva solo en las conversaciones con amigos y productiva un día de cada cuatro. Lo de ser solidaria, creo, se me da mejor, porque ayudo en mi familia con lo que puedo y no me salto la cuarentena, pero ambas cosas, por feo que suene, me cuestan enormemente. Me alegro por los productivos y por los optimistas, pero que no se sulfuren con los pesimistas y los hoscos, porque tenemos todo el derecho a cabrearnos con el mundo. Me molesta la idea mencionada en el texto de que a los pesimistas los tiran por la borda cuando llega la tormenta, porque creo que el peor lastre no son ellos. Los agoreros somos capaces de funcionar perfectamente en malas situaciones, y podemos seguir remando aunque veamos que el barco se va a pique. Yo me quedo en casa, me lavo las manos y desinfecto todo lo que vaya a tocar mi abuela, por si las moscas. Y entre medias cojo el móvil y veo que hay un montón de gente optimista saltándose la cuarentena, pidiéndole a vecinos médicos que se muden del vecindario y sacando a sus hijos a la calle en masa, sin protección ni distancia de seguridad. Si esa es la gente que se merece quedarse en el barco, prefiero que me tiren por la borda. No todos los optimistas son idiotas, pero todos los idiotas son optimistas. Todos los que se saltan la normativa y no toman precauciones lo hacen porque no se ven en una cama de la UCI, porque no ven un país colapsado, y mucho menos ahora que el pico ya ha pasado y se empieza a salir a las calles.
18
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. ESPECIAL COVID-19 Como fatalista que soy vaticino repuntes de contagios, un frenazo en la desescalada y una vuelta inminente al confinamiento, porque sé que comparto país, y por lo tanto consecuencias, con varios millones de ignorantes y optimistazos. Acierte o no, el enfado ya lo tengo. Con el vírus, con la población española, con el presidente y la oposición, y con los optimistas. Y sé que nada de esto está justificado, porque nadie tiene la culpa de una pandemia, pero me da igual, porque creo que lo único que debo hacer es colaborar y cumplir, y eso, de momento, lo hago. Y mientras siga remando pese a no ver un final feliz cerca, tengo todo el derecho a enfadarme y ser agorera, porque gran parte de mi cordura depende de ello. La primavera llegará y los optimistas saldrán a la calle con ganas de comerse el mundo, y se comerán el virus, los pájaros cantarán al sol del Resistiré de los vecinos, y las flores nos darán a los pesimistas algo bonito en lo que pensar. Las cosas no acabarán tan bien, pero tampoco tan mal. Los positivos se llevarán un chasco, y cuando paseando escuche sus quejas me pondré los audífonos. El optimismo es un arma, pero un arma de doble filo. María Marcos Lamas 2º BAC
Comparto con mi padre, entre otras
cosas, el gusto por el dibujo y la pintura. Yo prefiero el papel pero según he escuchado, él, en sus irreverentes años de juventud, prefería las paredes. Hace un par de meses me contó que, con mi edad, estampó una frase en una pared. “Quien a los 18 años no es comunista, no tiene corazón.” A mí me vino a la cabeza antes de ayer, porque con esta pandemia del coronavirus, que se ha superpuesto a la de la crisis, si algo tengo es tiempo, y cuando me aburro y me encuentro ociosa me da por ver películas para después discutir un rato sobre ellas con María. Pues el otro día vimos “El Hoyo”. Yo no me considero comunista, nunca lo he hecho pero es que tampoco es que me considere otra cosa. No me considero, creo. Pero después de ver la peli le di un par de vueltas al asunto. Llego a la conclusión de que, tal vez, de pagar impuestos, yo sería comunista. O tal vez no tenga corazón, porque los 18 si los tengo. El problema es que con 18 años, soy bastante refractaria a expresar cualquier tipo de opinión o ideología política. Porque ni yo misma me tomo en serio, me temo. No tengo ni idea de lo que es pagar impuestos, no sé qué es que te quiten parte del salario que has ganado con esfuerzo, y a lo mejor el día que yo tenga que someterme a ello se me pasa la tontería comunista, si es que en verdad la he sufrido. Creo que es lo que me diría buena parte de la población adulta. Más adulta que yo, quiero decir. Pero es que luego están las noticias, la peli, la orden de no salir de casa a causa de la enfermedad y la gente que no tiene casa de la que salir, la gente que lleva media vida fuera y que sólo importa ahora. ¿Qué hago yo con esto? Estas cosas no gustan
19
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. ESPECIAL COVID-19 a nadie, habrá que cambiarlas. Como dice el texto somos bichos tenaces, pero llega un punto en que la única forma de cambiarlas que veo es repartir las cosas un poquito mejor. Nos lo hemos montado muy mal. Hemos creado un sistema, y no hablo sólo de gobierno o economía, que hace a las personas débiles para después darlas de lado. Lo único que reparte es mierda y miseria, y hasta que una pandemia como no ha habido otra en décadas no asola el mundo entero no somos quien de echar una mano a aquellos que han sido víctimas del egoísmo y la indiferencia que definen este sistema. No soy comunista porque no me atrevo a considerarlo, porque, en lo que se refiere a este tema concreto, doy tanto crédito a mi opinión como le daría la mayoría de la población. Sé que el comunismo no atañe sólo al dinero, sé que implica un gobierno metiendo la pezuña donde le plazca, y también sé que mis opiniones, en la mayoría de ámbitos y por lo general, se enmarcan en una ideología liberal, y creo que esta cuestión del comunismo las contradice un poco, lo que no es necesariamente malo. Me temo que es un poco triste, pero voy a esperar a pagar impuestos y a tener un trabajo para decir estas cosas en voz alta. La frase original era “Si a los 20 años no eres de izquierdas, no tienes corazón. Si a los 40 años no eres de derechas, no tienes cerebro” y se le atribuye a Winston Churchill, según tengo entendido. Más tarde Willy Brandt hizo un remake, y dijo que “Quien de joven no es comunista, es que no tiene corazón. Quien de viejo es comunista, es que no tiene cabeza.” Resulta que el valiente acto de insurrección de mi padre no fue más que el remake de otro remake, él tan sólo concretó la franja de edad. A mí me
parece un poco desalentador asociar la empatía con la falta de razón, así que creo que Felipe hizo bien en omitir la segunda parte de la cita en su grafiti. Espero seguir teniendo corazón de aquí a 20 años, y también espero, en el proceso, reunir la confianza suficiente para poder considerarme una cosa u otra y expresarlo en voz alta, si me da la gana. Esto del coronavirus ha abierto los ojos a otros problemas que ya existían antes, pero que ahora pueden perjudicar a muchos indirectamente. Resulta que por primera vez las personas deshauciadas suponen un problema. El mundo ya estaba enfermo antes, y pertrechada esta vez con armas biológicas, la ironía ha querido que sea el virus quien lo cure. Sara Marcos Lamas 2º BAC
20
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. ESPECIAL COVID-19
As matemáticas do COVID
Averigua a máxima cantidade de persoas que poden asistir a unha clase nun aula de 7 x 7 m, se tanto o profesorado como o alumnado teñen que estar separados por unha distancia de 2m.
Está demostrado que para minimizar o risco de contaxio entre persoas de virus que se transmiten polo ar, é necesario manter unha distancia de seguridade. Os expertos falan de 2m(*) no caso do coronavirus.
Nunha sala suficientemente grande, a mellor distribución de persoas para maximizar o aforo sería a hexagonal,
coas persoas situadas no centro de círculos de 1 m de radio tanxentes entre sí. Equivale a que tres persoas ocupan os vértices dun triángulo equilátero de lado 2m. O insigne matemático e físico alemán Carl Friedrich Gauss xa o demostrou no seu momento.
Pero cando temos un espacio pequeno as paredes xogan un papel importante, así que aí queda o reto…
(*) A distancia de seguridade recomendada está a minguar conforme pasa o tempo. De 2 metros pasou a 1,5m. e xa se fala de 1m. É normal un cambio tan rápido dos criterios científicos ou hai algo máis detrás deste fenómeno?
21
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. ESPECIAL COVID-19
Un paxaro na gaiola
Un paxaro recrutado na gaiola é a situación que manifestamos toda a poboación de España durante o confinamento tan inesperado que se produciu por mor do coronavirus.
A poboación sempre respondía con risas ou ignorancia ante as supersticións dos maias sobre a fin do planeta Terra, pero cando chegou isto e se converteu nun problema a nivel global non se escoitou nin un chío. Aínda me lembro cando os meus compañeiros máis eu adoitabamos falar pola mañá sobre a principal epidemia que ocorría en China. Falabamos entre risas sen saber o que estaba por vir nun pequeno intre. Nós mesmos, inclusive a maior parte dos adultos, considerabamos que este virus non nos ía afectar xa que o continente de Asia estaba bastante alonxado do noso, co cal non existía unha razón pola que preocuparse, sempre é cando non o estiveses vivindo dende dentro, como as miles de persoas chinas con residencia fixa en España que quedaron recrutadas como un paxaro na súa gaiola durante días, semanas e meses.
Cando este virus se comezou a expandir por Europa, a xente comezaba a estar máis alarmada, os casos aumentaban como unha bomba de reloxaría e existía un gran risco de contaxio, pero as nosas vidas seguían a súa canle con normalidade. Todos os días espertaba coas preocupacións que ten unha estudante, é dicir, que precisaba facer, que tiña que acabar de estudar hoxe ese apartado dunha determinada materia, etc. Eran preocupacións que aínda a día de hoxe, na situación na que nos atopamos, son prioritarias ante todo, sempre que exista saúde. Estiven durante dúas semanas enferma de asma e case non podía co corpo, pero existían exames e precisaba espremer ao máximo os coñecementos que aprendín durante todo o trimestre. Pasaban as clases e en dúas semanas aveciñábase unha viaxe magnífica a Londres. Tiñamos os exames da maior parte das materias, co cal despois de comer pasaba as tardes que quedaban repasando as diversas materias das que me ía examinar. Cando chegaba á casa, comía xunto a meus avós e o meu irmán, xa que meus pais se atopaban traballando, e a cotío viamos a televisión para poder informarnos do que pasaba por Galicia. Lémbrome que cada vez que poñiamos a canle da galega unicamente falaban sobre a expansión do coronavirus e na casa xa nos comezabamos a alarmar. No instituto seguiamos falando sobre o tema e chegáronme a contar, unha amiga do autobús escolar, que no hospital onde adoita traballar súa nai, os pacientes tentaban roubar as máscaras para ter un subministración na súa casa. Dende ese intre, sentín que o tema se estaba poñendo grave, aínda que sempre consideraba que a compra de máscaras
22
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. ESPECIAL COVID-19 ou luvas eran feitos que demostraban o materialismo e egoísmo que as persoas presentaban contra o persoal sanitario. Os días pasaban e a situación empeoraba notablemente, cada día o meu contorno máis eu realizabamos a nosa rutina diaria. Aquela semana, o día 11 de marzo, dispuxémonos a ir a Serra de Outes xa que iamos celebrar unha xornada de debate xunto con outros institutos de Galicia. O día pasou voando e voltamos para á casa debido a que os seguintes días tiñamos exames. De camiño a Negreira comezouse a tratar o tema da cancelación de clases e ao día seguinte, cando eu me atopaba na miña pediatra, avisounos de que se cancelaban as clases durante dúas semanas. Naquel momento, pensei que se cancelarían debido a que cerrar a expansión en colexios e institutos é necesaria, pero chegar ao punto de non poder saír da casa prodúceche un sentimento de tristura no teu ser. O primeiro día da cancelación de clases estiven na cama durante horas tentando mellorar o meu estado asmático e ao mesmo tempo estiven vendo unha serie coñecida como “The good doctor,” mentres trataba de relaxarme e non pensar que ía ocorrer con todo isto. Cando se produciu o confinamento oficial, sábado 14 de marzo, os meus familiares xa se comezaban a alarmar dunha forma que a min me parecía esaxerada. Todos os contactos de meus pais, inclusive os dos meus avós, enchíanse a cada hora de vídeos relacionados con este tema. E nos medios de televisión informativos só trataban de contar novas sobre esta pandemia global. Durante as dúas semanas seguintes, todo transcorreu na miña vivenda de forma
cotiá, miña nai e meu pai ían traballar e de vez en cando, só cando o necesitabamos, ían ao supermercado. As novas que contaban os meus familiares e amigos eran exclusivamente dedicadas aos contaxios que se producían en zonas do noso arredor, como por exemplo o número de infectados en Santa Comba ou na Baña. Atópome a piques de terminar a terceira semana de confinamento, e na miña opinión pasóuseme voando pero algúns días necesitaba saír a fóra e poder volver a vivir con liberdade. En relación cos meus sentimentos durante estes días non podo dicir moito, unicamente existen días nos que como non vas precisar saír da casa atópaste cansado e sen ganas de facer nin o máis mínimo esforzo. O que máis boto de menos é poder ver os meus familiares e amigos e non poder ir a sitios cos que estou familiarizada, como o instituto. En segundo plano, boto de menos tamén poderme acercar de vez en cando aos centros comerciais de Santiago de Compostela para botar unha ollada a roupa que está en tendencia. Cos meus familiares tento comunicarme polo menos dúas veces á semana, xa que por exemplo os meus avós paternos non viven comigo, entón necesito falar con eles acotío. A comunicación cos meus amigos é habitualmente pola mensaxería pero tampouco acostumamos falar diariamente xa que cada un seguramente nós atopamos realizando actividades que nos gustan e agora tamén lle vexo as caras cando facemos clases telemáticas. Por último tamén quería agradecer ao profesorado e ao instituto. Principalmente ao meu profesorado e instituto xa que se
23
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. ESPECIAL COVID-19 está involucrando e dándonos ánimos diariamente, algo que valoro moito e que é recíproco e seguramente no resto de cursos e centros ocorre o mesmo. Quero rematar este traballo recalcando que o medo que podo chegar a manifestar fronte a esta enfermidade non é realmente porque me afecte a min nun futuro, senón que lle afecte aos meus familiares máis maiores, xa que son un apoio enorme para min e meu irmán.
Carmen Dosil Fuentes 3º C
24
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. ESPECIAL COVID-19
COVID-Teatro “Reunión familiar” Personajes: La silla El sofá El suelo La mesa de cristal (Salón de una vivienda. Se está celebrando la reunión familiar anual. Hay una silla blanca indignada por tener que aguantar el peso de los comensales. Por esa razón empieza a discutir con otros muebles sobre por qué tienen que aguantar eso.) LA SILLA. (Echándole una innecesaria bronca a un comensal sentado encima de ella) ¡ Oye tú, puedes intentar no espachurrarme! No me dejas respirar. El SOFÁ. (Aguantando el peso de cinco comensales pequeños que no paran de saltar en él.) Deja de pensar solo en ti misma, ¿crees que yo estoy cómodo aguantando a los niños todos los años?
Da igual, es nuestro destino, no estamos aquí para adornar el salón. LA MESA DE CRISTAL. (Con toda clase de comida grasienta y asquerosos líquidos en ella.) No estáis viendo el lado bueno. ¿Tanto os cuesta ser un poco positivos? EL SOFÁ. (Extrañado por el optimismo de su compañera.) No sabía que hubiera un lado bueno en todo esto. Dinos, ¿cuál es? EL SUELO. (Interviniendo por primera vez en la discusión.) Espera, espera. Creo que yo sé cuál es. ¿El lado bueno es que solo tenemos que aguantar esto una vez al año? LA MESA DE CRISTAL. (Algo entusiasmada.) ¡No! Justo lo contrario. El lado bueno es que ya no podrán hacer más reuniones gracias al coronavirus. LA SILLA. (Hablando mucho más calmada gracias a la noticia.) ¡Es verdad, qué bien! EL SUELO. (Algo pensativo.) ¿Pero qué es lo que os molesta exactamente? A mí no me importa que estén aquí. Es algo muy normal. Para eso nos han creado, ¿no?
25
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. ESPECIAL COVID-19 EL SOFÁ. (Reaccionando antes que nadie a la duda del suelo.) A ver, es verdad que nos han creado para esto, pero ya podrían intentar cuidarnos un poquito mejor. Si no paran de rompernos y dañarnos, al final nuestros dueños nos reemplazarán por otros mejores. Y entonces, ¿qué pasará con nosotros? LA MESA DE CRISTAL. (Respondiendo tristemente, ya que a su hermana la reemplazaron anteriormente.) Yo sé lo que pasará. Nos pintarán de unos colores muy feos y nos dejarán en la calle, a merced de cualquier desalmado con coronavirus. LA SILLA. (Sin palabras por lo ocurrido.) Aun así, no creo que se siente nadie, yo no me fiaría de un cacho de metal feo. LA MESA DE CRISTAL. Bueno, bueno. Yo ya os lo advertí. EL SUELO. (Cansado ya de hablar.) Da igual, no penséis en eso ahora. Dentro de un rato se van a marchar todos. ¿Pensamos en algo para hacer durante el confinamiento? EL SOFÁ. (Muy atraído por la idea.) ¡Buena idea! A mi me gustaría ver “Titanic”. ¿Qué os parece? LA SILLA. Un rollo total, ¿por qué te gusta tanto esa película? Ya la has visto unas trescientas veces. Yo propongo que juguemos al “Tetris”. Pero antes de nada, me gustaría terminar algunos ejercicios de mates. Son un poquito más difíciles, por lo menos para mí. Odio rotundamente las figuras geométricas y los ángulos. LA MESA. (De repente, tiene una maravillosa idea.) ¿Y si probamos “El monopoli”? Siempre quisimos jugar a ese juego y justo somos cuatro.
LA SILLA. Vale. EL SOFÁ. De acuerdo. EL SUELO. Vale, bien. Pero quiero elegir mi personaje. LA SILLA. (Al darse cuenta de que cada minuto que transcurre la sala está cada vez más vacía decide alertar a sus amigos.) Amigos míos, no se escucha nada en la casa. ¿Creéis que se han ido todos? EL SOFÁ. (Sin saber si hay alguien o no, decide ir a mirar.) No hay nadie. Por primera vez en mucho tiempo estamos solos. LA SILLA. (Sincronizándose.) ¡Fiestaaaaa! EL SUELO. (Sincronizándose.) ¡Fiestaaaaa! LA MESA DE CRISTAL. (Sincronizándose.) ¡Fiestaaaaa! EL SOFÁ. (Sincronizándose.) ¡Fiestaaaaa! TELÓN Antía Quinteiro Fagín. 1º ESO C
26
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. ESPECIAL COVID-19
Os pais e nais opinan Como sociedad estamos viviendo una situación excepcional y única, que evidencia nuestra vulnerabilidad y fortaleza, al mismo tiempo. La pandemia nos hace reflexionar sobre lo verdaderamente importante tanto a nivel individual como colectivo.
Entendiendo el contexto actual, cambiante, complejo e incierto, agradecemos de antemano el esfuerzo y el trabajo de cada uno de los maestros/as y profesionales del centro. Confiamos que nuestras palabras sirvan a modo de reflexión.
Más que nunca la educación debe ser un pilar fundamental, donde los niñxs y jóvenes sean la prioridad, y los centros educativos den respuesta a sus necesidades de desarrollo.
Sin embargo, el confinamiento, la desescalada y la “nueva realidad” dejan de manifiesto las carencias que el sistema educativo arrastra desde hace años en el modo presencial y se siguen manteniendo en el seguimiento online o a distancia.
-Falta de una respuesta ordenada y estructurada como centro:
Al igual que ocurre de manera presencial, cada profesor actúa de forma individual siguiendo un criterio propio en el desarrollo de sus clases. Hubo maestros que dieron respuesta inmediata y se preocuparon por su alumnado priorizando su bienestar, y manteniendo sus clases de manera regular y cercana. Cada profesor usó diferentes herramientas, y plataformas lo que provocaba desorden y estrés en los jóvenes. E incluso usando la misma plataforma, lo hacían con diferentes criterios.
Y los que a día de hoy siguen sin tener contacto o que solo mandan tareas a modo teórico y automático. Materias fundamentales en el desarrollo del bienestar como el movimiento físico no se tuvo en cuenta para nada.
-Valoración de los resultados y no de los procesos.
Se sigue valorando sólo los resultados académicos, y no los procesos de los niñxs y jóvenes, sin tener en cuenta la parte física y emocional como esencial para el desarrollo de su mente y la integración de los aprendizajes.
-El sostén emocional
Así como al inicio de la pandemia, parecía que se iba a priorizar la parte emocional como una parte fundamental, conforme fue avanzado el curso, el resultado académico se volvió a convertir en el objetivo, sometiendo en muchos casos a los estudiantes a un estrés innecesario.
-Falta de motivación y pertenencia.
Como también ocurre en el presencial las clases se crean sin tener en cuenta a quien van dirigidas, sin sentido de pertenencia y sin motivación para seguir y cautivarse por el aprendizaje.
Estar en una clase con cámara y micro apagado ni da pertenencia al grupo ni motiva a seguir aprendiendo.
-Apoyo entre padres y escuela, comunicación bidireccional entre escuela y familias.
Falta de apoyo y comunicación entre escuela y familia. Se sigue poniendo de manifiesto esta dicotomía entre ambos.
27
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. ESPECIAL COVID-19 Las decisiones que toma el centro se comunican directamente con el alumno/a sin tener en cuenta la repercusión familiar que pudiese ocasionar, sin disponer de un medio concreto para hacer llegar nuestras inquietudes o dudas.
Las familias no tenemos a día de hoy ninguna información sobre cómo se plantea el curso escolar que viene por parte del centro escolar.
Los niñxs y los jóvenes, se han adaptado de una manera ejemplar a todas las nuevas situaciones, a las nuevas maneras y formas, con voluntad, con apertura, con responsabilidad, y buen talante, con un sentido de renuncia y de aceptación admirable.
“No queremos volver a la normalidad”, queremos una educación mejor.
María José Carballo Vilar, presidenta da ANPA “A Barcalesa”
28
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020.
A Olimpíada Tecnolóxica e nós os cinco O martes 18 de febreiro, celebrouse en Coruña a Olimpíada Tecnolóxica, un concurso no que é necesaria a intelixencia, o inxenio, o traballo en equipo e a destreza.
Viaxamos ao CITEEC, unha parte da universidade da Coruña centrada na tecnoloxía, máis ben en pontes, camiños e presas. Eu e outros compañeiros da miña clase (Eloi, Xiana, Lucía e Iago), destacados polos seus traballos na materia de Tecnoloxía, chegamos ao CITEEC en taxi. Moi apretados, si… pero chegamos. Guiáronnos por todo o recinto, ensinándonos máquinas que non estaban en funcionamento. O único experimento
que vimos foi cando unha máquina enorme intentaba alongar unha vara de ferro grosa. Alongouse e partiu pola metade. Faláronnos de presas que había na Coruña e os materiais que empregaban para construílas. Despois desta visita guiada, comezou a Olimpíada. Pero antes de comezar, déronnos unha camiseta co nome do noso instituto e unha tarxeta de indentificación co noso nome e o nome do noso grupo. Eramos o grupo Ingenicra.
Deseguido, comezou a primeira proba. Debiamos facer unha ponte de Leonardo da Vinci. Os outros catro apenas sabían o que había que facer, pero eu sabía perfectamente o proceso de construción da ponte. Dirixinos durante a proba e, cando rematamos, unha persoa do CITEEC subiuse á ponte. Temiamos que a ponte rompera, debido a que a fixemos rápido, sen preocuparnos. Soportou o peso. Despois de felicitarme e de sacar as luvas que nos deran para non facernos dano cos paus (non estaban lisos), comezamos coa segunda proba. Esta era máis fácil,
29
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. pois tan só había que facer uns puzzles de imaxes de obras arquitectónicas famosas con cubos. Superámola sen dificultade. A terceira proba era de loxística e consistía en transportar cubiños de cores nun camión teledirixido no menor tempo posíbel. Deixamos que a fixera Eloi, quen semellaba un neno cativo co mando do camión nas mans. Tamén a superamos. A continuación, chegou o momento de facer a presa-dique. Debiamos facela con area fina, pedriñas e pedras. Fixémola da maneira máis efectiva, pero as nosas dez mans (enfundadas en luvas) botaban o material a todo correr. Verteron dez centímetros de auga. Non resistiu e acabou por derrubarse. Na seguinte construímos un arco con dezaseis dovelas. Foi difícil, pois tiñamos que suxeitar as dovelas coas dúas mans, todos. Cando rematou o tempo, deixamos que a ponte se suxeitara soa. Lográmolo. Mentres esperábamos a que soara o chifre para dar comezo á última proba, eu e Eloi intentamos facer a ponte nós os dous sós. Eu poñía as dovelas coas mans e suxeitábaas cos pés. Case o conseguiamos, pero daba o mesmo. A sexta e última proba consistía en xogar a un videoxogo de construción de pontes de madeira e superar o máximo número de niveis posibles. Tan só demos feito dous niveis (Iago fixo a última proba). Detrás nosa, un home cun micrófono falaba á cámara de televisión. Saímos do recinto da proba e fomos ao exterior do edificio para sacar unha foto con todos os colexios e institutos que viñeran. Despois da foto, chegou a troula. Con toda a xente apertada, degustamos algúns pratos como a pizza, polo frito, empanada, tortilla española e máis cousas. Ao rematar a festa, fóronnos chamándo para recibir os premios. Non
sei en que posto quedamos, pero non creo que gañaramos. Cando chegou o equipo gañador do primeiro premio, rin con ganas. O primero premio era unha calculadora científica Casio, das que empregamos en Física e Química. Era cousa de risa que o premio fora unha calculadora, pois nós pensabamos que era unha tableta. Recollemos as nosas cousas e marchamos do CITEEC. Subimos ao taxi para ir a unha praza da Coruña, donde hai un monumento en honor a María Pita. Volvemos ao taxi e, esta vez si, retornamos a Negreira, ao IES Xulián Magariños, o noso instituto. Chegamos ao noso destino ás catro da tarde. Non nos iamos librar das clases da tarde. Volvemos á rutina. Dedícolle este artigo a Carmen (2ºC), pois foi ela quen me serviu de exemplo para comprender que é importante ser feliz e desfrutar da vida. Quérote moito, Carmen! Héctor Lago Esperante 2º ESO A
30
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020.
Celebramos o día de Rosalía ... … plantando unha figueira. O luns 24 de febreiro celébrase o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro que naceu un 24 de febreiro de 1837. Ademais, este ano declarouse a figueira como árbore galega do ano. Esta árbore ten particularidades como que non dá boa sombra ou que a súa flor é comestible. A figueira presenta unha forte carga simbólica na poesía de Rosalía,aparece en diferentes contextos , sempre asociada a un sentimento. Durante a súa vida, Rosalía cultivou varias figueiras no xardín da súa casa. A modo de lembranza da súa memoria aínda hai unha figueira na Casa da Matanza, lugar de residencia da emblemática escritora galega. No célebre poema “Adíos ríos, adiós fontes” podemos
ver a figueira como símbolo de nostalxia, da saudade pola terra na que non pode vivir por circunstancias sociais e económicas pero que sempre levará no corazón. Adios, ríos; adios, fontes; adios, regatos pequenos; adios, vista dos meus ollos: non sei cando nos veremos. Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei, prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores, casiña do meu contento, muíño dos castañares, noites craras de luar, campaniñas trimbadoras da igrexiña do lugar, No poemario Cantares Gallegos tamén aparece a figueira como observadora dos amoríos entre un gaiteiro e unha
31
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. rapaza, presentando a poesía costumista da autora como antes se representou a súa faceta intimista. Camiño d’a romería Debaixo dunha figueira, Canta meniña solteira ¡Quérote!, lle repetía..., i él co’a gaita respondía por a todas emvoucar pois ben fixera en cantar aló pol-a mañanciña: Con esta miña gaitiña As nenas hei de engañar. Elas louquiñas bailaban E por xunta d’el corrían, Cegas, cegas que non vían As espiñas que as cercaban; Probes pombiñas buscaban A luz que as iba a queimar, Pois que él soupera cantar Aló pol-a mañanciña: Con esta miña gaitiña As nenas hei de engañar.
No cantar 13 de Cantares Gallegos tamén aparece mencionada a figueira como árbore farturenta no tempo da fame. Rica figueira que Dios che bendiga que hasme abofé de fartar a barriga Desta maneira concluimos recoñecendo a figueira como a árbore galega no 2020, e homenaxeamos a nosa escritora máis universal. Inés Rodríguez Ríal 2º Bacharalato B
32
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020.
RELATOS Un momento de calma Ya era tarde. Las luces del día habían desaparecido hacía unas horas junto con la calma que intentaba mantener en todo momento. Empezaba a ponerse nerviosa por lo que le podría pasar, sentía que algo la seguía, que le olía el cabello, le rozaba la espalda y estaba a punto de susurrar algo, algo que nunca llegaba a decir, algo que siempre era detenido por las continuas miradas que volvía atrás. Tenía miedo de qué era eso, ese monstruo que la atormentaba, ese ser que la perseguía. ¿Irónico no?. A fin y al cabo, ¿cómo podía tener miedo de algo que conocía mejor que a ella misma?
Pasadas las doce, cuando las calles se sumían en la oscuridad, en ese paisaje sombrío que ese ser habitaba y donde mejor se movía, cuando su miedo empezó a sentirse cada vez más y más fuerte, al girar la esquina de aquella calle en aquel barrio por el que no solía pasar, encontró un bar. “Phillies”, lograba leer entre lágrimas. No sabía por qué razón creía que el estar rodeada de gente y bañada en luz la protegería como hacía su madre cuando era pequeña al creer ver cosas bajo su cama, pero entró. Lo primero que volvió al cruzar la puerta fue al camarero, joven y calvo al mismo tiempo, pero con una cálida mirada de tranquilidad, y a un hombre trajeado leyendo el periódico en el asiento más alejado de la puerta. Por mucho que lo intentó no lograba verle la cara oculta tras el papel, sólo podía fijarse en la portada del periódico. Era esa maldita noticia otra vez.
33
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. Las paredes del bar estaban hechas de cristal, por lo que se podía ver claramente la calle y todo lo que en ella había; le recordaba a un escaparate, a ese escaparate lleno de vestidos de lujo del que sacaba todas sus prendas, incluido ese vestido rojo que llevaba a juego con el color de su cabello. Pidió ese café con leche con un toque de canela que tanto le gustaba tomar cuando tenía permitido salir al bar de la esquina. Mientras el camarero preparaba el pedido con una suave sonrisa, miró a través del cristal y el miedo regresó. No se había fijado antes cuando escapaba por las angostas calles entre las sombras, pero una vez dentro, se dio cuenta de que estas se habían sumido por completo en la oscuridad y ahora parecían un mar de sombras carente de luz excepto por la poca claridad de las farolas, como faros en la noche. No lo pudo aguantar, entró en pánico, se puso a temblar, tenía que escapar, y justo cuando se dispuso a dejar su asiento, alguien entró. Se quedó paralizada, su respiración se cortó; seguía sentada pero notaba que se hundía, otra vez; pero cuando estaba a punto de desmayarse, un sonido la devolvió a la realidad: el café estaba listo. Miró al camarero y tras dos segundos le dio las gracias devolviéndole la sonrisa. Poco le duró. Quien había entrado se había sentado a su lado. No lo comprendía, no lo entendía, había diez asientos libres pero se había sentado a su lado. El miedo se hizo más grande. No se atrevía a mirarle a la cara, le daba pánico ver ese rostro que tanto había visto, ese rostro que era lo primero que veía al despertar y lo último que veía antes de dormir, así que con todo el valor que logró reunir miró de reojo su brazo izquierdo y sintió que su alma era expulsada de su cuerpo por la inmensa felicidad que no cabía en ella al
no ver ese reloj dorado en la muñeca de aquel hombre. Ya un poco más tranquila y calmada le miró a la cara. Era un rostro masculino bastante atractivo con unos rasgos que transmitían serenidad, tenía el cabello negro y los ojos azules; su nariz era un tanto alargada pero sin serlo demasiado, y tras pedirle al camarero un café simple la miró y le sonrió con ternura a modo de saludo; ella le devolvió la sonrisa. Tras un par de minutos ya se sentía más cómoda y lograba mirar a su alrededor viendo cada detalle del bar, pero no a través de la gran ventana; aún sentía que la observaban desde las sombras. Vio que el bar era muy sencillo, no era más grande que un salón, y más que un bar era una barra que rodeaba lo que era casi la totalidad del espacio del local, separando el sitio de trabajo del camarero de los asientos de los clientes. En la pared tras la barra había distintos productos típicos de los bares: patatas fritas, bollos, la máquina de café y el congelador. Sin embargo se fijó en que a su izquierda había dos dispensadores de leche caliente que le daban al establecimiento un toque vintage muy lindo y que hacían que el café supiera mucho mejor. Había perdido la noción del tiempo, no sabía qué hora era, y como en el bar no había reloj no podía verla; tampoco le importaba; por primera vez en tres años, la hora no le importaba. Estaba a gusto, relajada y se sentía bien, demasiado bien, tan bien que los nervios volvieron. No hacía más que pensar por qué se sentía bien, era extraño, hacía mucho que no se sentía así de bien y eso la inquietaba, notaba que algo iba a pasar, algo malo. Empezaba a hundirse en sus pensamientos cada vez más, notaba que se ahogaba en múltiples preguntas sin respuesta y sus ojos empezaban a
34
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. recorrer cada rincón del local. Sin quererlo, miró tras el cristal. Lo vio. Una figura oscura estaba quieta bajo la luz de una farola mirando hacia el interior del bar, hacia ella. Se quedó congelada. Estaba a punto de llorar cuando el hombre que estaba a su lado le puso una mano sobre su hombro y le preguntó si estaba bien. Volvió en sí y le respondió con la voz un tanto temblorosa que creía haber visto algo tras el cristal. El caballero se giró para mirar qué había allí a la vez que ella lo hacía, pero ya no había nada. Ahora era mucho peor: no había nada. Pensó que estaba delirando, que era imaginación suya, y eso le dijo al hombre pensando que la tomaría por tonta y le llamaría loca como siempre hacían todos cuando intentaba contar lo de siempre. Pero no fue así, el caballero la miró a los ojos, sonrió y le dijo que no se preocupara, que era normal, que ya era tarde y que el cansancio le habría jugado una mala pasada. Eso la tranquilizó. Entonces el camarero se giró y les dijo a los clientes que iban a cerrar, que ya eran las dos. Ambos se levantaron, recogieron sus cosas, se despidieron y cuando cruzó la puerta lo recordó. Volvía a estar fuera, sola. Vuelta a empezar. Ahora el miedo ya no la acompañaba, ni esa cosa tampoco, sabía que ya era tarde para que ella tuviera miedo de estar sola en la calle, en un barrio desconocido, de noche, a las dos de la mañana y sola. Hace unos dos años se preguntaría cómo era esto posible pero ahora ya no, ¿y por qué no? Porque sabía que ahora esa cosa que la perseguía y la atormentaba siguiéndola con cada paso que daba ya no estaba ahí fuera con ella. Ahora la esperaba en casa. Adrián Arasa Mayo. 1º Bach. B
35
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020.
PERSOEIROS GALEGOS ISAAC DÍAZ PARDO Nado en Santiago de Compostela no 1920 e finado na Coruña no 2012, foi un intelectual, artista e empresario galeguista que se impuxo a tarefa de preservar, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galicia, acometendo facetas de empresario cultural, deseñador industrial, escritor, editor, promotor e mecenas de proxectos.
Fillo do pintor e escenógrafo Camilo Díaz Baliño, galeguista comprometido coa recuperación da cultura galega durante a Segunda República, na súa nenez entra en contacto con persoeiros como: Castelao, Risco, Otero Pedrayo, Cabanillas, Blanco Amor, Asorey ou Vilar Ponte, que se reunían no taller do seu pai, membro das Irmandades da Fala, ou na imprenta de Ánxel Casal, alcalde de Santiago e promotor da editorial Nós. Díaz Pardo é a personalidade artística
máis formada e creativa da Galicia contemporánea. No 1936 Díaz Baliño participa activamente na campaña a favor do Estatuto de Autonomía. Ao pouco de comezar a Guerra Civil o seu pai foi fusilado, nunha entrevista Isaac dixo: “… uns homes da Coruña viñeron dicirnos: “non busquedes ao voso pai, matárono”. Ao final o seu corpo apareceu en Palas de Rei, nunha gabia. Daquela, sacaban á xente do cárcere, supostamente poñíana en liberdade; mais logo agardaban fóra
outros e “paseábanos”, isto é, matábanos en calquera lugar lonxe da vila. Eu salvei a vida agochándome; estiven seis meses na casa dun meu tío, na Coruña, sen saír. Tempo despois, xa en América, a vida continuou…” Traballa como peón nun obradoiro, e en 1938 realiza os primeiros ensaios persoais como pintor. Trasládase a Madrid para estudar, pois a súa intención é ser arquitecto. Participa na primeira experiencia de deseño industrial, baixo a dirección do
36
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020.
debuxante "oficial" do franquismo, Carlos Sáenz de Tejada. Completa a súa formación cunha viaxe de fin de carreira a Italia, experiencia que lle permite descubrir a pintura do Renacemento en Roma, Florencia e Siena. Ao seu regreso exerce como profesor en la Real Academia de Bellas Artes de Barcelona, inicia así unha etapa de dedicación plena á pintura, con exposicións en España e no estranxeiro. Otero Pedrayo presenta unha exposición de Díaz Pardo en Madrid, onde xa están algúns dos seus cadros «nazarenistas», que han caracterizar o seu entendemento da estética durante algúns anos. Díaz Pardo, ao que lle bolen na mente mil proxectos, funda con outros socios en 1947 a fábrica de Cerámicas do Castro situada en Castro de Samoedo, en Sada, A Coruña.
Esta fábrica ensaia con materias primas usadas nas primitivas cerámicas de Sargadelos. No futuro vai erguer o grande complexo industrial e museístico xunto a Luís Seoane. En 1955 viaxa á Arxentina, e en Magdalena crea unha fábrica de cerámica. Volve a Galicia, mais as súas viaxes a Sudamérica van ser frecuentes. Alí intensifica o contacto cos exiliados e toma conciencia da súa verdadeira razón de existir dende a experiencia tan negativa do fusilamento de seu pai. Convive con Seoane, Dieste, Cuadrado, Varela. Escribe poemas, artigos, dramaturxia, que publica co pseudónimo Ollar novo na revista Galicia Emigrante. Algúns dos seus traballos de pensamento prohíbeos a censura; un deles, «Discusión sobre organización de industrias manufactureras», que aparece na Coruña, vai encamiñado a formar «unha conciencia industrial en Galicia atenta á realidade industrial internacional». En 1963, xunto con Luís Seoane, funda o Laboratorio de Formas de Galicia, e aparecen os primeiros volumes de «Edicións do Castro», que levan a personalidade de ámbolos intelectuais e artistas. Aparecen novos traballos
37
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. seus, coleccións de debuxos nos que un estilo máis ríxido se reafirma, e o estudio sobre «EL ceramista Arranz y su escuela», que é de 1965. En 1966 aparece na editorial Ruedo Ibérico de París o libro de «Galicia hoy», coordinado por Díaz Pardo e Seoane, aínda que os dous empregan pseudónimos. En España perséguese a súa obra para evitar o seu espallamento. Instálase definitivamente en Galicia en 1968, para se entregar por completo ás experiencias cerámicas de Sada. Outra teima esencial para el é o museo Carlos Maside, no mesmo complexo do Castro, que se inaugura en 1970.
Situado no complexo industrial de Cerámicas do Castro, en Sada (A Coruña), este inmoble foi concibido polos debuxantes, escritores e galeguistas Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo en 1970 como espazo para “reivindicar o papel dos autores das
vangardas galegas que, debido á Guerra Civil, ou ben fuxiran ao exilio ou desapareceran tirados en cunetas”. Créase o Seminario de Sargadelos, co que se revitaliza o auténtico Seminario de Estudios Galegos, que a partir de 1972 desenvolve unha intensa actividade, reflectíndose no seu grande número de publicacións. Ás súas actividades, que se caracterizan por teren un talante absolutamente liberal, acoden desde plásticos a arquitectos, escritores e críticos. A actividade de Sargadelos é moi intensa. Unha nova concepción do deseño no que se xuntan tradición e modernidade comézase a espallar. Edicións do Castro posúe xa un catálogo importante, con obras que pretenden afondar na historia, a verdade e mais a idiosincrasia de Galicia. A Díaz Pardo galardóano co Pedrón de Ouro, tras o que inicia as tarefas para a creación dun Instituto Galego da Información. En 1981 créase no Castro un Laboratorio de Industria e Comunicación. El segue coa súa febril actividade, con publicacións, co auspicio de novas empresas, apoio a iniciativas culturais de todo carácter, sempre con Galicia como bandeira e fondo. Díaz Pardo é xa unha figura imprescindible, de recoñecemento xeneralizado.
38
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020.
A obra de Díaz Pardo, como pintor, procúrana con moito interese museos e coleccionistas. Está representado en todos os museos de Galicia e mais en importantes coleccións de España e América. Díaz Pardo tivo unha etapa barroquista nos seus comezos, con retratos de materia recargada, identificables con modos de Laxeiro, tamén abandonados. Despois da viaxe a Italia vólvese un colorista exquisito, digno dos mellores momentos da pintura do XVI e XVII. Hai xente que o emparenta con Tiziano, Giorgione e tamén co noso Goya, a quen sen dúbida admira. Outro período seu é o que denominamos «nazarenista», con influencia da pintura posromántica, caracterízase este polo debuxo firme, entoacións escuras, aparente avellentamento das texturas, con «craquelado» e un certo misticismo de raíz moi literaria. Canto á etapa final, é a dun debuxante rexo, rotundo, esquemático, de corte expresionista, denunciador e ata deliberadamente panfletario, con rostros alucinados, figuras xesticulantes, que afogan o
seu bero imposible de denuncia e reivindicación. En conxunto, trátase dunha excepcional obra, moi persoal. No campo Literario cultiva varios xéneros: teatro, crítica, ensaio, onde destacan obras como: Xente do meu rueiro O ángulo de pedra Galicia hoy Paco Pixiñas El marqúes de Sargadelos Castelao, etc..
Aroa Pousada Iglesias 4º ESO B
39
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020.
Proxecto educativo ACADIX O alumnado de FP Básica participou este ano no proxecto educativo ACADIX. Un dos responsables do mesmo, Manuel Magariños, explícanos as súas claves. Esta emocionante aventura iniciouse en Decembro de 2019 cando as alumnas e os alumnos de 1º e 2º curso do Ciclo Formativo de formación profesional básica en Servizos comerciais comezaron a viaxe no Proxecto ACADIX (Actividade, Convivencia, Aprendizaxe, Diversidade, Igualdade e Xénero) que xurdiu coa idea de constituír unha experiencia enriquecedora, creativa e práctica, utilizando recursos motivadores para aproveitar a súa potencialidade educativa. Este Proxecto supuxo unha oportunidade para levar á práctica os aspectos transversais en actividades nos módulos propios do ciclo formativo de grao básico como en actividades que realizamos de maneira conxunta, na que o alumnado da Formación Profesional Básica en Servizos Comerciais de 1º curso coma de 2º curso do IES, puideran convivir participando nun Proxecto común, onde fomentamos, potenciamos e promovemos algúns dos aspectos que aparecen recollidos no Decreto 107/2014, de 4 de setembro, "as ensinanzas de formación profesional básica incluirán de modo transversal no conxunto de módulos profesionais do ciclo os aspectos relativos ao traballo en equipo, á prevención de riscos laborais, ao emprendemento á actividade empresarial e á orientación laboral dos alumnos e as alumnas, que terán como referente para a súa concreción as materias da educación básica e as
esixencias do perfil profesional do título e as da realidade produtiva".
Ás veces o alumnado da Formación Profesional Básica (a partir de agora FP Básica) séntense os grandes "esquecidos" polo que o noso afán foi convertelos en protagonistas deste Proxecto e coa realización das actividades propostas polo Departamento de Comercio e Márketing pretendemos deixar á unha beira os prexuízos e perseguimos como fin derradeiro que nos módulos de 1º curso - Operacións auxiliares de almacenaxe, Tratamento informático de datos e Técnicas básicas de merchandising- e nos módulos de 2º curso -Atención á clientela, Preparación de pedidos e venda de produtos e Aplicacións básicas de ofimática- o alumnado se sentira importante ao desenvolver o papel principal da súa propia aprendizaxe. Así, intentamos conseguir por unha banda, mellorar a súa autoestima e espertar nelas e neles o interese por aprender facendo, con apoio de metodoloxías activas de aprendizaxe, e doutra, poñer en valor os módulos que
40
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. impartimos aproveitando os recursos dun xeito orixinal e innovador. O grupo que formaban o alumnado de 1º e 2º curso da FP Básica tiñan unha gran heteroxeneidade e por isto considerabamos que o traballo a desenvolver neste Proxecto podería ser unha ferramenta didáctica moi adecuada porque nos permitía que o alumnado partira da súa situación real, crecera no seu coñecemento persoal e levara adiante un proceso educativo que, ancorado nas súas FORTALEZAS, fora desenvolvendo as capacidades necesarias para a obtención da cualificación profesional de nivel un. O alumnado a través da realización das actividades foi traballando novas capacidades e ferramentas que xeraban confianza e desta maneira buscaban solucións a problemas, facíanse preguntas, debatían ideas, comunicaban as súas e establecían conclusións. A xustificación deste Proxecto é o papel estratéxico da FP que se apoia en dous alicerces básicos: a súa capacidade para reducir o abandono escolar temperán, por unha banda, e, por outra, o seu valor como motor de cambio na estrutura do mercado laboral. Ademais, a oferta de FP, cada vez máis atractiva, e a aparición da FP Básica, especialmente dirixida a evitar o abandono, son outros dos factores que contribúen de forma decisiva á redución da taxa de abandono temperán. Na situación actual, a FP debe responder non só con capacidades propiamente técnicas, senón tamén con outras recollidas no Sistema Nacional de Cualificaciones: de comunicación, traballo en equipo, negociación, xestión de conflito, toma de decisións… Estas habilidades son contidos dos módulos que impartimos no Departamento de Comercio e Márketing,
por iso se dota os nosos módulos dun carácter transversal. Deste xeito, a súa participación desenvolve e favorece a súa capacidade de aprender. Por unha banda, non debemos perder de vista que na nosa sociedade actual a revolución tecnolóxica (internet, videoxogos, ...) contribúe a constituír unha revolución sen precedentes, pero por outra á súa vez xera illamento social e a non comunicación entre as persoas. Por iso, incidiuse no desenvolvemento de actividades que se fundamentaban en compaxinar o uso das novas tecnoloxías coas interrelacións humanas e o seu contexto social, que nos incitaban a reflexionar e expor mecanismos que nos permitían habitar, convivir e relacionarnos nos espazos recreados no propio IES. Non debemos esquecer que a formación coa que accede o alumnado ao mercado laboral actual xoga un papel fundamental na posibilidade de atopar emprego. Pero a inserción laboral exitosa dos mozos e das mozas, xa non depende só do seu nivel de formación senón tamén do seu nivel de competencia persoal e profesional. Hoxe máis ca nunca fanse necesarias no alumnado da FP Básica habilidades que lle permitan ser capaz de aprender en grupo e por iso considerabamos dende o Departamento de Comercio e Márketing que a FP Básica é un territorio idóneo para transformar as metodoloxías de aprendizaxe e, en moitos casos, poñer en práctica actividades que motiven ao alumnado, melloren as súas capacidades e adestren as habilidades sociais tanto a
41
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. nivel individual coma grupal (empatía, escoita activa, asertividade, autocontrol, comunicación e resolución de conflitos) e por suposto facilitarlle unha formación moi próxima á realidade social e empresarial, que lle permitirá adaptarse á diversificación das tarefas e diferentes postos de traballo. Entre os aspectos transversais que se fomentaron e promoveron en cada un dos módulos correspondentes, entre o alumnado de 1º e 2 º curso, a modo de exemplo, sinalamos os seguintes: Módulo de FP Básica 1 TÉCNICAS BÁSICAS DE MERCHANDISING (1º Curso) Exemplo de actividade: A través do uso da “aula-taller” (Xosé María Pérez Forxán), que é unha aula de traballo onde proxectamos un escaparate co pulo das chamadas datas comerciais (Samaín, Nadal, Entroido,..) e permitíanos reforzar o traballo cooperativo. Aprendemos ademais a comunicarnos, a respectar as ideas dos demais, a resolver de feito pacífico os conflitos, o respecto á igualdade entre xéneros, e por suposto traballamos a creatividade e a autonomía e o cumprimento das medidas de seguridade e saúde no traballo. Módulo de FP Básica 2 MÓDULO DE APLICACIÓNS BÁSICAS DE OFIMÁTICA. Exemplos de actividades: Elaborouse entre o alumnado do 2º curso presentacións nos programas de PowerPoint e Prezi dende Decembro de 2019 ata Marzo de 2020. Enumeramos dúas: 1.- Elaboracións por parte do alumnado de presentacións sobre un Obxectivo de
Desenvolvemento Sostible (Obxectivos de ODS). En 2015, a ONU aprobou a Axenda 2030 sobre o Desenvolvemento Sostible, unha oportunidade para que os países e as súas sociedades emprendan un novo camiño co que mellorar a vida de todos e todas, sen deixar a ninguén atrás. A Axenda conta con 17 ODS, que inclúen desde a eliminación da pobreza ata o combate ao cambio climático, a educación, a igualdade da muller, a redución das desigualdades ou a paz, xustiza e institucións sólidas. 2.- Elaboración por parte dun alumno dunha presentación sobre a Segunda Guerra Mundial e outra sobre o Holocausto Xudío. Aproveitamos o interese do alumno no feito histórico da Segunda Guerra Mundial e o Holocausto Xudío, temática que coñecía polo videoxogo da PS4 "Call of Duty: WWII", que está ambientado na Segunda Guerra Mundial e traslada ao xogador ou xogadora aos conflitos vividos na gran guerra e as súas cruentas e brutais batallas, todo iso visto a través dos ollos duns simples soldados de infantería, coas que se pretende mostrar dunha forma verídica e histórica os horrores e atrocidades que tiveron lugar na peor guerra da humanidade. Ás veces era un traballo individual e noutras un traballo en grupo. Presentáronse os traballos na propia aula nº24 de FP Básica (Andrés Barbazán Ferreiro) ou tamén na aula nº 31 de FP Básica (Luis Pimentel) ao alumnado de 1º curso e noutras aulas en colaboración con outros Departamentos do propio IES. Traballouse deste xeito, aspectos coma a comunicación audivisual, as tecnoloxías da información e da comunicación, a pluralidade, o traballo en equipo, a iniciativa, o estudo do Holocausto Xudío como feito histórico xunto co respecto aos dereitos humanos e de calquera forma de
42
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020. violencia, racismo ou xenofobia e a paz, a democracia, a pluralidade e o respecto ás institucións. As actividades que se porían en marcha de maneira conxunta entre 1º curso e 2º curso e os aspectos transversais a traballar a modo de exemplo foron os seguintes: TÉCNICAS DE DINÁMICAS DE GRUPO. Actividade que realizamos os Martes na 4ª sesión na aula 31 (Luis Pimentel) dende Decembro do 2019 coa participación conxunta do alumnado do 1º curso e do 2º curso da FP Básica. As técnicas da dinámica de grupos aplicadas son procedementos para organizar e desenvolver a actividade de grupo, todos eles fundamentados na teoría da dinámica do grupo. Unha dinámica de grupo na aula é unha actividade na cal os alumnos e as alumnas que se implican nela buscan afianzar as súas relacións. Ten que ver, polo tanto, co contacto coa comunidade, coa sociedade, coa convivencia e coa cooperación. Os profesores e profesoras encargámonos de moderar as dinámicas de grupo e temos que estar pendentes do comportamento dos participantes. Todas as técnicas teñen entre os seus obxectivos: • Desenvolver as competencias da cooperación, intercambio, responsabilidade, autonomía, creatividade. • Vencer os medos ou inhibicións, superar as tensións e os conflitos. • Fomentar unha actitude que permita resolver os problemas nas interaccións e nas relacións sociais. Exemplos de técnicas de dinámicas de grupo que realizamos de xeito conxunto: 1.- Solucións creativas dun problema. 2.- Dinámica grupal de discusión. 3.- Xogo de roles.
4.- Debate aberto. 5.- Búsqueda de responsabilidade. 6.- Toma de decisións en grupo. Coa realización destas técnicas traballamos e promovemos a aprendizaxe da prevención e resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida personal, familiar e social, así como dos valores que sustentan a liberdade de expresión, a igualdade efectiva entre homes e mulleres, o pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto por igual aos homes e ás mulleres e a pluralidade. A finalidade da decisión na realización deste Proxecto puido ser moi variada podéndose citar, a: Función motivadora: na que tratamos de estimular ao alumnado para aumentar e mellorar o esforzo realizado. Para o alumnado o feito de coñecer o nivel ou a situación na que cada cal se atopa no proceso de aprendizaxe pode significar un aliciente; saber que se ten que enfrontar a unha determinada actividade, cunhas características específicas, pode servir para reforzar determinados comportamentos e actitudes ao comprobar o seu bo progreso... Este artigo é en recoñecemento ao traballo desenvolvido polas alumnas e alumnos da FP Básica. A súa participación, interese, colaboración e esforzo fixo posible que o Proxecto ACADIX fora unha realidade. PROHIBIDO RENDERSE! Manuel Magariños Llerena Profesor do Dpto. de Comercio
43
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020.
CURIOSIDADES Os nomes cambian cos tempos. As modas fan que nomes moi populares hai anos apenas se empreguen hoxe, e pola contra, outros case esquecidos volven a ter vixencia.
Fixemos un rápido estudo estatístico entre os 388 alumnos do noso centro e atopamos 196 nomes diferentes. Cales son os máis populares? A resposta tédela no seguinte cadro*
HOMES Nº MULLERES Nº
Diego 8 María 11
Pablo 8 Andrea 9
Manuel 7 Laura 9
Daniel 6 Lucía 8
Adrián 6 Paula 8
José 6 Sara 6
Ángel 6
Raúl 6 *só se recollen os nomes repetidos 6 ou máis veces
Chama a atención que nomes moi habituais hai anos como Luis, Carlos,
David, ou Pilar conten cun só representante entre o noso alumnado. Se alguén anda na procura de ideas tedes unhas completas listaxes de nomes en Internet, mesmo na Wikipedia:) https://gl.wikipedia.org/wiki/Lista_de_nomes_masculinos_en_galego https://gl.wikipedia.org/wiki/Lista_de_nomes_femininos_en_galego
44
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020.
PASATEMPOS SOPA DE LETRAS Atopa 10 termos relacionados coa crise sanitaria.
COVIDGRAMA Encaixa as definicións mostradas á dereita
PUZZLE Encaixa os bloques na figura. Os bloques pódense rotar.
45
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020.
CLAUSTRO DE PROFESORADO CURSO 19/20
Núñez Ferreiro, Pedro Luis CCNN Rodríguez Rodríguez, Santiago Vales Datorre, María del Carmen
Salinas Márquez, Elisa COM Rodríguez Rodríguez, Javier (xb. dic 2019) Magariños Llerena, Manuel
Mateos Santiago, Jose Luis ECO Rodríguez Borges, María Cecilia Regueira Liñares, Miriam (S)
Pazos Valiño, Juan José EF Gantes Lesta, Xoán Carlos
Paredes Sánchez, María Elena EP
López Ares, Xosé FIL
Porta Martínez, Jorge (xb. oct 2019) FQ Luaces Pazos, Carmen (xb. dec 2019) Bouzón Capelo, Silvia Diana López Pico, Marta
Martínez Rodríguez, Mercedes Isabel FR Weber, Vanessa
Boado Quijano, María Milagrosa GRE
Alonso Rodríguez, María Esther INF Bautís Nieto, Ana García Constenla, Mónica González Regal, Manuel Mansilla Trillo, Rosa Beatriz Otero Álvarez, Roberto Penas Vázquez, Mariña Sanín González, Jacobo Sordo Touza, Ignacio Torres Domínguez, Alejandro (S)
Castro Baamonde, María del Pilar ING Ramilo Rodo, Sandra Romero Crugeiras, María Visitación Sierra Fuentes, Mónica
Alves Tomé, Juan Manuel LC Barrientos Fernández, Ana María López Sández, María Madera Seoane, María Jesús
Araújo García, María Nuria LG Borrazas Rodríguez, Elisa Leal Gómez, Begoña Rey Rey, María Rubio Rendo, Laura Isabel (S)
Bretal Laranga, Josefa del Rosario MAT Irazu Paz, Isabel Paz Castañal, Félix Rendo Martínez, Xesús Paulo Rodríguez Reboredo, Raquel
Lois Salgado, Enriqueta MUS
Galdo Leal, Cristina OR Castro Romero, Natalia OR/PT
Capeáns Pazos, Juan José REL
Freire Currais, Natalia TEC García Otero, Jesús
Carrera Boente, María José XH Liñares Giraut, Xosé Amancio Otero Fernández, Araceli Rodríguez Núñez, Clara Cristela XUBILACIÓNS E TRASLADOS DURANTE O CURSO (XUÑO-DECEMBRO 2019) Clara Requeijo - Xubilación Jorge Porta - Xubilación Carmen Luaces - Xubilación Javier Rodríguez - Xubilación NOVAS INCORPORACIÓNS Á PLANTILLA DEFINITIVA (SETEMBRO 2019) María Esther Alonso Rodríguez (INFOR) María Milagrosa Boado (GREGO) María del Pilar Castro (ING) Begoña Leal Gómez (LG) Félix Paz Castañal (MAT) Santiago Rodríguez Rodríguez (CCNN)
46
A revista do IES XULIÁN MAGARIÑOS. 2019-2020.
ConfinARTE Os alumnos de 1º ESO pintaron as súas versións do cadro “Castelo e Sol” de Paul Klee (Alemaña 1928) durante o confinamento. Dise que sendo destro, Paul Klee pintou este cadro coa man esquerda, e que este feito impulsou a súa creatividade. Tomamos nota! Despedímonos cunha das estupendas versións do noso alumnado, feita por Lara Gabín. Que a súa luz e colorido nos aporten optimismo para superar estes tempos difíciles. Bo verán a todos!
*cadro orixinal de Paul Klee (1928)
47