a represión sobre o nacionalismo galego en 1936 · con todo o labor feito, estivo a piques de...

16
A represión sobre o nacionalismo galego en 1936

Upload: phamnguyet

Post on 12-Oct-2018

220 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

A represión sobre o nacionalismo galego en 1936

Agr

adec

emen

tos

Xust

o B

eram

endi

Xosé

Man

uel

Bei

ras

Xan

Leir

aC

arm

e Va

rela

Xabi

er B

alta

r To

xoP

epe

Car

reir

oE

nriq

ue M

acía

s R

uiz

Aso

ciac

ión

Soc

iope

dagó

xica

Gal

ega

AS

-PG

Mur

guía

. R

evis

ta G

aleg

a de

His

tori

aA

soci

ació

n G

aleg

a de

His

tori

ador

es/a

sFu

ndac

ión

Ale

xand

re B

óved

aM

useo

do

Pob

o G

aleg

oB

iblio

teca

Pen

zol

Mus

eo d

e P

onte

vedr

a Fu

ndac

ión

Cas

tela

o

Imax

es a

udio

visu

ais

tom

adas

do

docu

men

tal

“Irm

án D

anie

l”

da A

S-P

G.

Ent

revi

stas

e f

ragm

ento

s da

pe

lícul

a “C

aste

lao

e os

irm

áns

dalib

erda

de”

cedi

das

por

Xan

Lei

ra(M

emor

ia d

e G

aliz

a /

Acu

arel

aco

mun

ic@

ción

).

Org

aniz

a

ww

w.g

aliz

asem

pre.

org

Sub

venc

iona

do p

or

D.L

.: C

31

52

-20

06

Cando se cumpren 75 anos da fundación do PartidoGaleguista (Pontevedra, 5 e 6 de decembro de 1931)queremos destacar unha das dimensións colectivas, ideolóxicas, dos efectos do golpe de estado franquista esuscitar interrogantes sobre as repercusións na evolucióndo Pais da práctica desaparición ou esmorecementodo Partido Galeguista ou da Xeración Nós, expresiónspolíticas e culturais da vontade de autogoberno do pobo galego que quedaron truncadas debido á represión, despois dun longo proceso de desenvolvemento de máis de 90 anos.

Fundación Galiza Sempre

Federico Ribas. Como este morreron moitos

(fragmento), c. 1937.Museo de Pontevedra

Na longa traxectoria histórica do gale-guismo político, iniciada contra1840, hai dous momentos decisivos.O primeiro, en 1916-1918, traeconsigo o nacemento do nacionalismogalego en sentido estrito no planoideolóxico coa afirmación da Galiza-nación e a da conseguinte lexitimida-de da súa autodeterminación políticacon saída confederal/federal. Osegundo momento, o da fundación econsolidación do Partido Galeguista(PG) entre decembro de 1931 e xullode 1936, supón a irrupción do nacio-nalismo galego como forza políticacapaz de incidir de xeito ás vecesdecisivo na dinámica política do país.

Sen a acción continuada do PG a proldo autogoberno de Galiza hoxe nonpoderíamos falar do Estatuto deAutonomía de 1932-36. Sen a súateimuda insistencia, mesmo nosmomentos máis desfavorables daRepública, as forzas tepedamenteautonomistas, como a ORGA, renun-ciarían ao seu autonomismo, e asforzas inicialmente antiautonomistas,como o PSOE, o PCE ou moitosrepublicanos de esquerdas, nonacabarían asumindo a dose suficientede autonomismo para facer posibleo Estatuto.

XUSTO BERAMENDICatedrático de Historia Contemporánea. USC

O PA

RTID

O GA

LEGU

ISTA

: UN

SAL

TO C

UALI

TATI

VO

Pero se o PG puido cumprir ese papelde dinamizador dunha concienciagalega de seu foi porque soubo serunha organización política interna-mente cohesionada, malia as fondasdiscrepancias ideolóxicas internas,e altamente eficaz no seu labor depenetrar en todos os sectores dapoboación galega coa axuda dunhamensaxe democrática e socialmenteavanzada e da imaxe de honestidadesen fendas nos seus dirixentes.Grazas a todo isto puido obter naseleccións de novembro de 1933resultados electorais superiores aossocialistas nas provicias de A Coruñae Pontevedra, e foi quen de incorpo-

rar a numerosos sindicatos agrarios,a grupos pequenos pero significativosde traballadores e empregados urba-nos e de mulleres de todas as clasessociais.

Sen dúbida a breve experiencia doPartido Galeguista da época republi-cana conseguiu que o nacente nacio-nalismo galego arraigase o suficientepara poder resistir o brutal golpe dabarbarie franquista e re-agromarvizoso trinta anos despois.

Sr. Dn. R. Prada

Meu querido irmán: Recibín a súa carta. Non lle nego que mecausou unha gran preocupación. Ese irmán que se queixadende Portugal non di verdade, nin está convencido da nosamisión histórica, quero decir da misión que nos cadrou realizaraos galeguistas nesta guerra e nesta revolución. Estou seguro deque Bóveda somentes se queixaría da nosa inactividade. Tende saber Vde, que eu non falei máis que unha vez na Radio,dispois, moito dispois de seren asesiñados os nosos melloresirmáns; dispois de saber eu que os mártires galegos contábansepor miles. ¿En qué puido perxudicar o meu discurso a sorte dosque aínda vivían? Falei da Galiza mártir en ton dorido e afirmeique a nosa Terra sería, pese ao martirio, un dos baluartes doréxime que esta catástrofe vai construir. Creo que o meu discur-so foi reproducido por algún periódico bonaerense. Creo que opublicou “España republicana” (¿non se chama eisí o orgaodos republicáns dahí? Convén que o lean e que me dean o seuparecer, amén de escribirlle a ese irmán refuxiado en Portugalpara que abandone as súas facultades de novelista. Non; eufalei unha soia vez porque fun invitado pol-a Generalitat enin falei de Lustres Rivas nin de ninguén. Esa afirmación deque eu falo de vez en cando dende a Radio-Barcelona é com-pletamente falsa e o feito de afirmar que os meus discursosestán prexudicando aos que aínda quedaron con vida, revelaque o tal irmán non vive esta guerra. Tamén pode ocurrir que osfeixistas necesiten un pretesto para matar xentes e que candonon-o teñen o inventan. De todos xeitos resulta inocente, pornon decir outra cousa, o creer que uns discursos meus poidanservir de esplicación aos crimes que se cometen na nosa Terra.E dispois de saber que son falsos os informes dese irmán, quenon escribe en galego, e saber que en Galiza mataron a flor dosPartidos que se dispoñían a construir unha nova Patria Galega¿Qué podemos facer? Traballar canto poidamos polo triunfodos nosos ideaes, sen reparos sentimentaes. Déixense, pois, demiramentos inutiles e traballen abertamente e craramente pol-otrunfo da República democrática. De outra maneira para nadaserviría o sagrificio dos nosos mellores homes, que morreronpensando seguramente que nós habíamos de vengalos e derealizar os ideaes que eles mantiveron.CA

RTA

DE C

ASTE

LAO

A RO

DOLF

O PR

ADA

Orix

inal

na

Fund

ació

n Ca

stel

ao

Nest

e te

xto

ata

agor

a in

édito

–un

ha d

as ca

rtas

esc

ritas

por

Cast

elao

a R

odol

fo P

rada

dur

ante

a g

uerra

– co

nstá

tans

e as

difi

-cu

ltade

s, so

frim

ento

e co

mpr

omiso

pol

ítico

do

lider

nac

iona

lista

para

den

unci

ar a

repr

esió

n, d

efen

der a

lega

lidad

e re

publ

ican

a e

proc

urar

a in

stitu

cion

aliza

ción

da

auto

nom

ía re

cén

apro

bada

.

Agra

dece

mos

toda

s as f

acili

dade

s rec

ibid

as p

ara

a sú

a pu

blic

a-ci

ón e

esp

ecia

lmen

te a

cola

bora

ción

da

Fund

ació

n Ca

stel

ao.

Fund

ació

n Ga

liza

Sem

pre

Pensen que agora é cando nós debemos dar fé de vida para terdereito a eisixir a recompensa que Galiza merece. Temos oEstatuto presentado e necesitamos homes que reclamen a súaaprobación. Estes homes somos nós e necesitamos contar nonsomentes cos méritos persoales que nos corresponde senóntamén cun pobo que pensa como nós. Galiza está amordazadae morta; pero as colonias galegas de América deben actuar detal xeito que a súa actuación fira os ouvidos do Goberno daRepública. Pensade que Galiza xa non conta con homes capa-ces de falar por ela o día da Libertade. O pobo non fará máisque vengarse e matar a todol-os asesinos; pero aqueles homesque podían dirixir ao pobo están mortos xa. Non quedamosen pé máis que os galegos que andamos pol-o mundo e nonseríamos dinos de chamarnos galegos se non axudásemos contodol-os nosos folgos ao trunfo de guerra. Non podemos, nindebemos ter outra preocupación agora. Eso valeranos o trunfodos nosos ideaes. Hoxe rematei as estampas que o Ministeriode Propaganda me vai a editar. Estaría eu lucido que non-aspublicase por temor co sofrimento da retaguardia de Galiza.Non, non e non. Estou seguro de que ninguén sofreu e sofretanto coma min; teño alá duas irmáns e miña nai e dous cur-máns que quero tanto como si fosen irmáns meus. Pois ben;dixéronme que están vivos e non por eso deixarei de cumplirco meu deber de galeguista. Si me matasen a familia taménmataron a Casal, a Bóveda, a Víctor, Leuter, etc.

Xa sei que Vde non me acusa nin me aconsella doutro xeito;pero eu, que non podo batirme na guerra nin puden dar a vidacomo outros ¿qué vou facer? Ben pouco fago certamente edoime que un novelista pense que o estou perxudicando.Estou seguro de que un vasco non pensaría desa maneira.

Esa Delegación debe traballar mais que a Embaixada mesma ede todo deben darme novas para que o Goberno seipa queaínda quedan galegos.

Fai algúns días que lle escribín a Búa.

Apertas para todos e para Vde unha moi forte de seu irmán

Castelao

CARTA DE CASTELAO A RODOLFO PRADA

Retrato de Alexandre Bóveda.Pepe Carreiro

(...) Nos intres nos que se extingue orexime dictatorial e entra en crise amonarquía española, o nacionalismogalego acadou madurez abondo paraunificarse orgánicamente –coa funda-ción do Partido Galeguista en de-cembro do 1931– e lanzarse á fantás-tica carreira que en só cinco anos vaimudar a fasquía sociopolítica do país.Até o punto de que o país que vivíu amiña xeración tería sido completa-mente diferente do que foi, e pro-blemas políticos aos que aínda hoxenos enfrentamos levarían máis demeio século resoltos, de non ser polatraxedia de 1936, que deu ao trastecon todo o labor feito, estivo a piquesde exterminarnos como povo, e entodo caso fixo recuar o noso procesode autodeterminación a un estadioequivalente ao do intre da fundacióndas Irmandades (...)

Primeiro de todo, establécese que «aGaliza é un Estado libre dentro da Re-pública Federal Española». Derrubadaa monarquía nos comicios municipaisde abril, aínda non se celebraran aseleicións a Cortes constituíntes–serán decontado, en xuño. Os nacio-nalistas adiántanse a propugnar que anacente república sexa federal, e queGaliza teña nela un statuts de«Estado libre». (...)

En segundo lugar, destaca a defini-ción da fonte do poder político esta-tuído no texto do SEG: «os poderes doEstado galego corresponden ao povoda Galiza.» (...) Ao ser Galiza unhanación, a soberanía nacional –o poderdemocrático– correspóndelle ao povogalego. (...)

A negativa dos constituíntes repu-blicáns a aceitaren a identidadenacional da Galiza cos dereitos polí-ticos conseguintes obrigou aos nacio-nalistas a adiaren a consecución desestatus político e elaboraren un esta-

Proba da madurez acadada polo na-cionalismo galego cando sobrevén aIIª República é a celeridade e acertocon que elabora o «Anteproyeito deEstatuto da Galiza» apresentado poloSeminario de Estudos Galegos enmaio do 1931. (...)

Con ser, como é, conciso e escueto,este texto articulado ten o feitío e oscontidos sustanciais dunha auténticacarta constitucional dun Estado ga-lego –só que non configurado comoindependente, senón como suxeitosoberán dun proceso de pacto federalrepublicán. (...)

tuto de simples autonomía promovidopolos concellos galegos no 1932. Nencon esas: España meteulle varas nasrodas, delongouse a tramitación, e sócoa Frente Popular deuse realizadoo plebiscito. Era o 28 de xuño do1936. Aos vinte días, a metamorfosefascista de Atila ensanguentou á«Galiza mártir»: esa barbarie foi aréplica da España «una, grande ylibre» ao combate democrático danación galega pola sua pacíficaautodeterminación.

[Publicado en Galicia Hoxe,16 de xullo de 2006]

XOSÉ MANUEL BEIRASPresidente da Fundación Galiza Sempre

PROBLEMAS POLÍTICOS AOS QUE AÍNDAHOXE NOS ENFRENTAMOS LEVARÍAN MÁISDE MEIO SÉCULO RESOLTOS, DE NON SERPOLA TRAXEDIA DE 1936

Golpe de estado militarLectura do bando de Estado de Guerra.

Porta do Sol. Vigo, 20 de xullo de 1936

En poucos dias, os sublevados fixeronse co control de toda Galiza. Imediatamente comezou unha represión sistemática e despiadada contra os afiliados e militantesde todas as forzas integrantes da Fronte Popular, unharepresión que o nacionalismo galego, demócrata e republicano, padeceu con toda intensidade.Só puderon salvarse quen nese momento se atopaba fórade Galiza ou os poucos que conseguiron fuxir ao exílio nos primeiros dias. Do resto, uns foron fusilados tras unconsello de guerra ou simplemente asasinados sen xuízo:Alexandre Bóveda, Víctor Casas, Camilo Díaz, Johan Carballeira, Anxel Casal –daquela alcalde de Santiago– etantos máis. Outros cumpriron penas de prisión ou foronmultados, expulsados dos seus traballos e privados durantemoitos anos dos seus direitos civis: Antonio Fraguas, Ramón Otero Pedrayo, Francisco Fernández del Riego, Ricardo Carballo Calero, Ramón Piñeiro...As organizacións políticas e mesmo as de índole exclusiva-mente cultural como o Seminario de Estudos Galegos forondisoltas e os seus fundos foron requisados. Proibironse ossímbolos e manifestacións da galeguidade e, obviamente,impediuse usar o idioma galego.

[Fundación Galiza Sempre. 160 anos de nacionalismo galego en www.galizasempre.org/democracia.htm]

O golpe de Estado militar de 18 dexullo de 1936 provocou a Guerra Civilentre o bloque das forzas reacciona-rias, apoiado pola Alemaña nazi e aItalia fascista, e o bloque das forzasdemocráticas, nacionalistas cataláns,vascos e galegos incluídos. En Galizanon houbo Guerra Civil porque ossublevados se fixeron co control dopaís nun par de semanas. Pero sihoubo unha feroz represión. O seucarácter sistemático e a súa brutali-dade inhumana foron un ominosoensaio xeral do que lle agardaba aoconxunto do Estado na medida enque foi sendo ocupado e dominadopor militares, falanxistas e eclesiásti-cos protagonistas dunha Cruzadaexterminadora.

Todo o que de bo e progresivo foraagromando nas décadas precedentesfoi extirpado de raíz. A democracia ea ética civil que a República tentousementar foron substituídas poladitadura, o matonismo, o clientelismoe a corrupción. A xustiza social que

comezara coa República foi varrida coa vasoira da mordaza e a cadea da máis dura explota-ción de obreiros e campesiños. A liberdade de pensamento e cultodeu paso ao pensamento único, mistura de fascismo e nacional-cato-licismo. Os progresos nas ciencias,nas artes e na literatura foron afoga-dos co negro manto da ignorancia, oillamento e unhas expresións tanimpostas polo poder como arcaicas e até ridículas. E a alborada deemancipación das nacións asoballa-das retrocedeu a unha noite de pedrarealmente longa.

En Galiza tamén foron exterminadasou expulsadas ao exilio dúas xera-cións de intelectuais, científicos,artistas, profesionais e políticosdemócratas que a deixaron sen saviapara moito tempo e con moitas eivasreforzadas, como o caciquismo, ouinducidas de novo, como o cainismoou a intolerancia. Tiveron que trans-correr catro décadas para comezar de

novo e dende máis atrás. ¿Que seríahoxe Galiza se os Alfonso Castelao,Xaime Quintanilla, Alexandre Bóveda,Bibiano Fernández Osorio Tafall, LuisSeoane, Camilo Díaz, e tantos outrostiveran continuado durante os lustrosseguintes o labor emprendido? Sendúbida un país máis libre, más tole-rante, máis culto e moito máis desen-volvido. Foron demasiadas as espe-ranzas asasinadas polos franquistas.E nunca pagaron por elo.

Xusto BeramendiCatedrático de Historia Contemporánea.USC

MOITOS PROGRESOSTRUNCADOS, MOITAS

ESPERANZAS MORTAS

Organiza Subvencionado por