a literatura galega entre 1936 e 1975.... · guerra civil, aínda que as súas obras, tris-cos e...

25
de3300204 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1936 e 1975 1 A literatura galega entre 1936 e 1975. Índice 1.- Introdución: contexto histórico e liñas xerais da literatura deste período 2.- A poesía. As xeracións poéticas 2.1.- Principais tendencias da poesía deste período 2.2.- A xeración do 36 2.3.- A Promoción de Enlace 2.4.- A Xeración das Festas Minervais 3.- A prosa. Os renovadores 3.1.- Correntes temáticas da narrativa deste período 3.2.- Os autores máis representativos 3.2.1. Ánxel Fole 3.2.2. Álvaro Cunqueiro 3.2.3. Blanco Amor 3.2.4. Neira Vilas 4.- A prosa. A Nova Narrativa Galega 4.1.- Cronoloxía e influencias 4.2.- Características do movemento 4.3.- Os autores máis representativos 4.3.1.- Méndez Ferrín 4.3.2.- Carlos Casares 4.3.3.- Outros autores: Rodríguez Mourullo, Camilo Gonsar e María Xosé Queizán 5.- O teatro. Xeración dos 50 e Grupo de Ribadavia 5.1.- Liñas xerais do teatro deste período 5.2.- Os autores de enlace e a Xeración dos 50 5.3.- O teatro independente e o Grupo de Ribadavia 6.- A literatura do exilio 6.1.- Etapas e tipo de actividades desenvolvidas 6.2.- Os autores do exilio 7.- Antoloxía de textos

Upload: others

Post on 01-Jun-2020

9 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: A literatura galega entre 1936 e 1975.... · Guerra Civil, aínda que as súas obras, Tris-cos e Sombra de aire na herba, foron publi-cadas na posguerra, coincidindo coas obras dos

de3300204 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1936 e 1975 1

A literatura galega entre 1936 e 1975.

Índice

1.- Introdución: contexto histórico e liñas xerais da literatura deste período

2.- A poesía. As xeracións poéticas

2.1.- Principais tendencias da poesía deste período

2.2.- A xeración do 36

2.3.- A Promoción de Enlace

2.4.- A Xeración das Festas Minervais

3.- A prosa. Os renovadores

3.1.- Correntes temáticas da narrativa deste período

3.2.- Os autores máis representativos

3.2.1. Ánxel Fole

3.2.2. Álvaro Cunqueiro

3.2.3. Blanco Amor

3.2.4. Neira Vilas

4.- A prosa. A Nova Narrativa Galega

4.1.- Cronoloxía e influencias

4.2.- Características do movemento

4.3.- Os autores máis representativos

4.3.1.- Méndez Ferrín

4.3.2.- Carlos Casares

4.3.3.- Outros autores: Rodríguez Mourullo, Camilo Gonsar e María Xosé

Queizán

5.- O teatro. Xeración dos 50 e Grupo de Ribadavia

5.1.- Liñas xerais do teatro deste período

5.2.- Os autores de enlace e a Xeración dos 50

5.3.- O teatro independente e o Grupo de Ribadavia

6.- A literatura do exilio

6.1.- Etapas e tipo de actividades desenvolvidas

6.2.- Os autores do exilio

7.- Antoloxía de textos

Page 2: A literatura galega entre 1936 e 1975.... · Guerra Civil, aínda que as súas obras, Tris-cos e Sombra de aire na herba, foron publi-cadas na posguerra, coincidindo coas obras dos

de3300204 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1936 e 1975 2

1.- Introdución: contexto histórico e liñas xerais da literatura deste período

Este período literario aparece fondamente

marcado pola Guerra Civil e as consecuen-

cias políticas e sociais que se derivaron

dela. O establecemento dunha ditadura que

durará até 1975 provoca unha gran repre-

sión cultural e lingüística. Desaparecen to-

dos os grupos e institucións que levaran a

cabo o desenvolvemento da cultura galega

e deixa de publicarse literatura galega en

Galicia até a década dos 50. Nesta etapa,

cobra unha importancia vital para a supervi-

vencia da literatura galega, e da cultura

galega en xeral, a actividade levada a cabo

no exilio americano: publicación de libros e

revistas, representacións teatrais, conferen-

cias, emisións de radio...A temática com-

prometida gaña peso no conxunto da pro-

dución literaria. Mediado o século XX, pro-

dúcese unha progresiva recuperación da

actividade cultural en galego no noso país,

centrada nun principio arredor da editorial

Galaxia. A literatura galega vaise vendo

cada vez máis influída polas correntes so-

ciais e filosóficas europeas (existencialismo,

marxismo, pacifismo...), que contribuirán de

maneira decisiva na renovación da nosa

literatura, esencialmente da narrativa.

2.- A poesía. As xeracións poéticas

2.1.- Principais tendencias da poesía deste período

Durante este período, continúanse algunhas

liñas temáticas que xa foran cultivadas an-

tes da guerra, como o Hilozoísmo (ou Ima-

xinismo) que liderara Amado Carballo, o

Neotrobadorismo de Cunqueiro ou Bouza

Brey, o ruralismo herdeiro de Noriega Vare-

la ou de Crecente Vega ou a poesía de tipo

intimista. Cobra unha especial importancia a

poesía comprometida, que continúa a liña

da poesía cívica de Cabanillas. Agora é

denominada poesía social ou socialrealista

e desempeñará un papel moi importante na

reivindicación das liberdades e dos dereitos

civís fronte ás imposicións da ditadura.

Por outro lado, aparecen liñas temáticas

que até ese momento non existían na poe-

sía galega ou que se abordaban dunha ma-

neira completamente renovada. Son o pai-

saxismo renovador, cuxo principal repre-

sentante é Uxío Novoneyra, e que ofrece, a

diferenza do paisaxismo ruralista anterior,

unha unión case panteísta entre ser huma-

no e paisaxe e unha reflexión metafísica

sobre a natureza; o clasicismo, cuxo prin-

cipal representante é Iglesia Alvariño, e que

integra referencias da cultura grecolatina

mediante formas poéticas clásicas, como o

soneto; e a denominada Escola da Tebra,

unha corrente de base existencialista mar-

cada pola angustia e o pesimismo existen-

cial, cuxo autor máis representativo é Cuña

Novás.

Desde un punto

de vista cronoló-

xico, os autores

deste período po-

den dividirse en

tres promocións

sucesivas: a Xe-

ración do 36, a

Promoción de

Enlace e a Xera-

ción das Festas

Minervais.

Page 3: A literatura galega entre 1936 e 1975.... · Guerra Civil, aínda que as súas obras, Tris-cos e Sombra de aire na herba, foron publi-cadas na posguerra, coincidindo coas obras dos

de3300204 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1936 e 1975 3

2.2.- A Xeración do 36

A figura de Luís Pimentel adoita ser enca-

drada na xeración de vangarda anterior á

Guerra Civil, aínda que as súas obras, Tris-

cos e Sombra de aire na herba, foron publi-

cadas na posguerra, coincidindo coas obras

dos autores da Xeración do 36, á que el

non pertence. Pimentel mostra claras pega-

das vangardistas (sobre todo de tipo surrea-

lista) na súa poesía, aínda que se orienta

cara a un marcado lirismo intimista. No pla-

no formal, destaca o uso de verso libre, a

renuncia á rima e á estrofa e o emprego de

recursos de repetición. [V. texto 1]

Os autores da Xeración do 36 nacen entre

1910 e 1920. Participan na Guerra Civil,

que está moi presente na súa obra. Cultivan

tendencias de preguerra, pero sobre todo

desenvolven a temática socialrealista, fun-

damental no seu principal autor, Celso Emi-

lio Ferreiro, así como o clasicismo e o inti-

mismo radical.

Aquilino Iglesia Alvariño destaca pola súa

temática de paisaxismo ruralista, continua-

dora de Noriega Varela. Tamén é un dos

principais representantes da poesía clasicis-

ta. Gran coñecedor da poesía grega e latina,

emprega con mestría a métrica clásica: so-

netos, hendecasílabos brancos, perfección

formal... Na parte final da súa obra cobra

máis peso a temática angustiada e de refle-

xión existencial. O seu principal poemario é

Cómaros verdes.

Xosé María Díaz Castro é o principal re-

presentante da corrente ruralista. No seu

único libro, Nimbos, ofrece unha profunda

reflexión sobre a natureza humana, mos-

trando unha concepción tráxica da vida.

Aborda tamén a temática relixiosa, pouco

frecuente na poesía galega, desde unha

perspectiva ascética. [V. texto 2]

O gran autor deste grupo, e un dos máis

importantes

de toda a

poesía gale-

ga contem-

poránea, é

Celso Emilio

Ferreiro. É o

principal re-

presentante,

xunto con

Manuel Ma-

ría, da poe-

sía social. A

súa poesía comprometida foi un referente

fundamental na resistencia antifranquista.

De gran aceptación social, a súa poesía

popularizouse en parte grazas á súa divul-

gación polos cantautores do grupo Voces

Ceibes. Ademais desta liña social, que mos-

tra solidariedade cos oprimidos, denuncia

dos males sociais (fascismo, guerra, emi-

gración, inxustizas en xeral) e defensa da

lingua galega, ofrece unha importante poe-

sía de tipo intimista, na que expresa incon-

formismo, desacougo existencial, fugacida-

de da vida, saudade da infancia e vivencia

do amor, e outra de tipo satírico, moi rela-

cionada coa social, fortemente corrosiva,

seguindo a tradición medieval das cantigas

de escarnio, na que critica condutas sociais

pouco éticas.

O seu libro máis

representativo é

Longa noite de

pedra, obra de

gran popularidade,

que se converteu

nunha referencia

de culto da resis-

tencia contra a

ditadura franquis-

ta. O título consti-

Page 4: A literatura galega entre 1936 e 1975.... · Guerra Civil, aínda que as súas obras, Tris-cos e Sombra de aire na herba, foron publi-cadas na posguerra, coincidindo coas obras dos

de3300204 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1936 e 1975 4

túe unha metáfora da situación que se vive

durante o réxime. A nivel formal destaca por

unha expresión sinxela, ás veces mesmo

coloquial, para non dificultar a comprensión

da mensaxe. A súa poesía convértese así

nunha arma de concienciación social acce-

sible a calquera lector. Hai unha presenza

importante do humor, da ironía e do sar-

casmo como ferramentas para a crítica. [V.

textos 3 e 4]

2.3.- A Promoción de Enlace

Os membros desta promoción de autores

nacen entre 1920 e 1930. Inícianse baixo a

influencia da poesía española. De forma-

ción autodidacta, móvense entre o intimis-

mo e a angustia existencial da “Escola da

tebra”. Os seus principais autores son Antón

Tovar, Luz Pozo Garza e Cuña Novás.

A obra de Antón Tovar está marcada por

unha forte pegada existencialista, cunha

reflexión, en ton pesimista, sobre o sentido

da vida e da morte. A finais dos 60, a súa

poesía adquire unha preocupación social

intensa, cunha expresión caracterizada polo

prosaísmo e a sinxeleza. Publica, entre ou-

tras obras, Non, O vento no teu colo e Ca-

lados esconxuros.

Fronte ao ton pesimista dos seus compañei-

ros de xeración, Luz Pozo Garza (O paxaro

na boca, Verbas derradeiras, Códice Calix-

tino) cultiva unha poesía intimista de gran

forza vitalista, na que se mesturan o amor, a

sensualidade, o erotismo, as lembranzas...

Nos últimos libros aparece unha temática

máis desacougante e algunhas trazas de

socialrealismo. [V. texto 5]

Manuel Cuña Novás é o iniciador da de-

nominada “Escola da Tebra”, poesía de ba-

se existencialista e nihilista que reflicte un

mundo angustiado, presa do medo e a de-

sesperanza. Ademais desta temática, de

imaxes herméticas e omnipresenza da es-

curidade, cultiva tamén, nos seus inicios,

algunhas correntes de preguerra (imaxinis-

mo e neotrobadorismo). A súa obra principal

é Fabulario novo.

2.4.- A Xeración das Festas Minervais

Está integrada por autores nacidos entre

1930 e 1940. Teñen formación universitaria

e están influídos

polas correntes

literarias europeas

da época. Como

resposta ao pano-

rama gris e repre-

sivo que se vive

na sociedade ga-

lega da ditadura,

buscan referentes

externos na cultu-

ra francesa e an-

glosaxoa. Ademais, son a xeración que re-

cupera na clandestinidade a acción política

nacionalista de esquerdas. Algúns deles,

circunstancialmente residentes en Madrid,

forman o grupo Brais Pinto. Escriben unha

poesía comprometida na que se mesturan

socialrealismo e existencialismo.

O máis salientábel da lírica de Uxío Novo-

neyra (Os eidos, Elexías do Caurel) é a te-

mática paisaxista, presentada como un diá-

logo co medio natural desde unha perspec-

tiva transcendente, ás veces mística e pan-

teísta. A natureza convértese nun instru-

Page 5: A literatura galega entre 1936 e 1975.... · Guerra Civil, aínda que as súas obras, Tris-cos e Sombra de aire na herba, foron publi-cadas na posguerra, coincidindo coas obras dos

de3300204 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1936 e 1975 5

mento para reflexionar sobre a natureza

humana. Tamén presenta unha vertente

social, comprometida con Galiza e coa loita

antiimperialista e antibelicista. [V. texto 6]

Xosé Luís Méndez Ferrín, ademais de ser

un dos principais narradores da actualidade,

representa unha referencia esencial na po-

esía deste período. Constitúe o grupo

Brais Pinto, xunto con Bernardino Graña,

Alexandre Cribeiro e outros autores. Inícia-

se na poesía seguindo a corrente estética

da “Escola da Tebra”, manifestando sempre

unha predilección pola poesía comprometi-

da. A súa obra Con pólvora e magnolias

supón un auténtico revulsivo na poesía ga-

lega da década dos 70. Renova a temática

de reivindica-

ción social,

dándolle un

enfoque me-

nos tópico e

“panfletario” e

introducindo

elementos es-

téticos novido-

sos e abun-

dantes refe-

rencias cultu-

rais. O libro

combina dúas

vetas: a da proclama política (a pólvora) e a

da introspección persoal e intimista (as

magnolias). Formalmente, destaca polo ver-

solibrismo, as longas series estróficas e a

alternancia de prosaísmo narrativo e expre-

sión máis refinada. [V. texto 7]

Manuel María (Muiñeiro de brétemas, Terra

cha, Os soños na gaiola) comeza a súa

obra poética desde os presupostos intimis-

tas e existencialistas da “Escola da Tebra”.

Posteriormente, decántase cara ao descriti-

vismo paisaxista e a poesía de compromi-

so social: defensa das clases populares,

reivindicación nacional de Galiza e crítica

da tiranía e do imperialismo. A sinxeleza da

expresión e a temática popular contribúen á

súa grande aceptación social.

Bernardino Graña (Profecía do mar, Non

vexo Vigo nin Cangas) presenta una traxec-

toria común á maioría dos membros da súa

xeración: inicio na órbita da “Escola da Te-

bra” e posterior achegamento á poesía so-

cial e a outras temáticas máis intimistas. A

súa poesía, de marcado ton vitalista, trata

de maneira singular o tema do mar; nas últi-

mas obras adquire maior peso a vivencia

amorosa e o sentimento de alienación do

ser humano nunha sociedade mercantiliza-

da en exceso. [V. texto 8]

3.- A prosa. Os renovadores

3.1.- Correntes temáticas da narrativa deste período

Dentro da narrativa de posguerra encon-

tramos diferentes correntes temáticas. Por

un lado, están os continuadores do Grupo

Nós, que presentan unha expresión máis

tradicional, baseada no modelo de Otero

Pedrayo, quen continúa publicando neste

período. Neste grupo intégrase, entre outros,

Ricardo Carvalho Calero. Un segundo gru-

po de autores está constituído por autores

que cultivan o realismo etnográfico, con

textos de carácter popular e costumista,

baseados moitas veces nas lendas, cons-

truídos a miúdo sobre as técnicas do conto

de tradición oral e nos que domina a am-

bientación rural. O seu principal represen-

tante é Ánxel Fole. Un terceiro grupo é o

denominado realismo social, que mostra

unha intención de denuncia, crítica e análi-

Page 6: A literatura galega entre 1936 e 1975.... · Guerra Civil, aínda que as súas obras, Tris-cos e Sombra de aire na herba, foron publi-cadas na posguerra, coincidindo coas obras dos

de3300204 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1936 e 1975 6

se da sociedade do momento. Nesta ten-

dencia destacan Blanco Amor e Neira Vilas.

Álvaro Cunqueiro é o principal representan-

te do realismo fantástico, un tipo de narra-

tiva que mestura elementos populares ex-

traídos da realidade con outros de carácter

fantástico. Dentro dun marco concreto in-

trodúcese o marabilloso e o mítico respec-

tándose o criterio de verosimilitude. Por

último, e con posterioridade, aparecerá, xa

na década dos 50, un movemento renova-

dor denominado Nova Narrativa Galega,

da que son principais representantes Mén-

dez Ferrín e Carlos Casares, que analiza-

remos no punto seguinte.

3.2.- Autores máis representativos

3.2.1.- Ánxel Fole

É un dos máis dos grandes autores de na-

rrativa breve. Coa excepción dunha obra de

teatro, a súa produción literaria céntrase no

conto popular. A súa narrativa presenta as

seguintes características:

Emprego de recursos propios da na-

rración oral. Os seus contos están pensa-

dos máis “para contar” (modelo oral) que

“para ler” (conto literario). Recorre a fórmu-

las da oralidade, como apelacións directas

ao receptor, ao que prepara para o que se

vai contar e do que reclama atención, e hai

unha presenza do narrador como protago-

nista supostamente real da historia.

Realismo narrativo. Os elementos fan-

tásticos teñen case sempre unha xustifica-

ción realista. Son produto das alucinacións

ou delirios de personaxes ou aparecen con-

tados por alguén.

Naturalismo lingüístico. Como conse-

cuencia do desexo de reflectir a realidade

galego tal como é, adopta un modelo de

lingua oral, que reproduce a súa diversida-

de dialectal, introducindo mesmo formas

vulgares e arcaizantes.

Variedade de fontes. Ademais dos in-

ventados pola imaxinación do autor, grande

parte dos relatos de Fole proceden da tradi-

ción oral e de acontecementos tirados da

súa propia

experiencia.

As te-

máticas es-

tán centra-

das basica-

mente na re-

alidade ga-

lega. Mestu-

ran unha re-

alidade ma-

terial, que

ten como re-

ferencia as

terras da co-

marca do

Courel, unha natureza salvaxe que marca a

vida e o carácter das súas xentes, e unha

realidade inmaterial (ás veces exposta cu-

nha certa ironía ou distanciamento) que

recrea as crenzas sobrenaturais e supersti-

cións da tradición rural galega: historias de

aparecidos, premonicións, lendas mitolóxi-

cas...

Entre as súas obras (Terra brava, Contos na

néboa, Historias que ninguén cre) destaca

Á lus do candil, un conxunto de relatos de

tipo oral nos que predomina a temática so-

brenatural, relacionada coa comarca do

Courel, tratados moitas veces cun sentido

humorístico. Están enmarcados dentro du-

nha estrutura unificadora: son relatados por

Page 7: A literatura galega entre 1936 e 1975.... · Guerra Civil, aínda que as súas obras, Tris-cos e Sombra de aire na herba, foron publi-cadas na posguerra, coincidindo coas obras dos

de3300204 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1936 e 1975 7

unha serie de personaxes reunidos varias

noites ao redor do nunha vella torre durante

unha gran nevarada que os mantén inco-

municados. No artificio literario, os contos

son transcritos o día seguinte, para poder

lembralos, polo narrador da historia.

3.2.2.- Eduardo Blanco Amor

É un escritor

dunha excepcio-

nal forza narra-

tiva, ademais de

ser autor dunha

interesante obra

poética e dra-

mática. Home

comprometido e

progresista, é

fundamental no

proceso de re-

novación da na-

rrativa galega

deste período.

Presenta carac-

terísticas renovadoras que posteriormente

desenvolverán os autores da Nova Narrati-

va Galega: espazos urbanos, personaxes

marxinais, temática realista, expresión colo-

quial... As súas obras están ambientadas en

Auria (Ourense) e nelas predomina o narra-

dor en 1ª persoa.

Algúns dos seus temas recorrentes son o

mundo da infancia e da adolescencia, as

relacións familiares, a violencia, a marxina-

ción, a represión política e lingüística e o

afastamento da política das necesidades da

xente.

A súa narrativa en galego componse de tres

obras. Os biosbardos é un conxunto de sete

relatos protagonizados e relatados en pri-

meira persoa por rapaces (maioritariamente

de condición humilde) nos que se represen-

ta un mundo infantil misterioso e cheo de

emocións. Na reconstrución do Ourense da

infancia do autor subxace unha certa crítica

social.

Xente ao lonxe constitúe unha visión da

sociedade ourensá dos inicios do século XX.

Narra a crónica dunha familia de clase tra-

balladora e nela analiza o contexto socio-

político da época, ao tempo que describe a

evolución persoal do seu protagonista ado-

lescente. Formalmente, destaca a alternan-

cia de narradores.

A súa obra máis importante é A esmorga. É

unha das novelas máis importantes e in-

fluentes da literatura galega. Conta a histo-

ria de tres homes que, durante un día de

esmorga, viven unha serie de tráxicas peri-

pecias que os conducen inexorabelmente á

morte e ao cárcere. Presenta un grande

número de personaxes, que representan

todos os estratos sociais, entre os que des-

tacan os tres protagonistas. Cibrán, o na-

rrador, é un home sen vontade, incapaz de

gobernar a súa propia vida, e déixase arras-

trar cara á traxedia; Bocas é caracterizado

como irreflexivo, violento e de forte perso-

nalidade; e Milhomes, como covarde e efe-

minado. A novela distribúese estruturalmen-

te en tres partes: un prólogo no que un au-

tor-editor descobre a historia que se vai

contar (“Documentación”), a declaración

perante o xuíz de Cibrán, que constitúe o

núcleo argumental da obra e un breve epí-

logo no que a autor-editor reaparece para

informar da morte de Cibrán. Pódese consi-

derar unha novela sociolóxica na que se

presentan dous mundos enfrontados que se

rexen por códigos e normas diferentes: o do

poder, asociado á opresión e ao emprego

do castelán, e o das clases populares, igno-

rantes e alienadas, asociadas ao emprego

do galego, que sofren, nunha atmosfera de

fatalismo, as consecuencias dunha socie-

dade opresiva. A obra ofrece características

formais renovadoras, que serán recollidas

polos autores da Nova Narrativa Galega,

Page 8: A literatura galega entre 1936 e 1975.... · Guerra Civil, aínda que as súas obras, Tris-cos e Sombra de aire na herba, foron publi-cadas na posguerra, coincidindo coas obras dos

de3300204 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1936 e 1975 8

como a redución temporal da acción (24

horas), a ambientación urbana ou periur-

bana, a presenza de personaxes marxinais,

problemáticos, movidos pola violencia e as

fobias e o emprego dunha linguaxe colo-

quial.

3.2.3.- Álvaro Cunqueiro

Autor enorme-

mente polifacé-

tico, é un impor-

tante poeta, dra-

maturgo, xorna-

lista e precursor

na divulgación

da temática de

viaxes e da gas-

tronomía. Pero

destaca, sobre

todo, por ser un

dos narradores

máis orixinais e

creativos da no-

sa literatura. As características principais da

súa narrativa son as seguintes.

Creación dun universo literario singu-

lar, froito da combinación do mito, a tradi-

ción, o popularismo e a experiencia do co-

tián, e desbotando a temática social; atrac-

ción polo exotismo e as temáticas univer-

sais.

Gusto polo relato breve. Mesmo nas

novelas, apréciase unha tendencia cara á

disgregación, cara á construción da historia

mediante a acumulación de pequenos rela-

tos cunha estrutura moitas veces próxima á

das caixas chinesas.

Mestura do real co fantástico. Dentro

dun marco realista, introduce elementos

marabillosos entrecruzados co común, cu-

nha naturalidade tal que se borran as fron-

teiras entre realidade e fantasía.

Predominancia da oralidade do estilo.

O seu modelo lingüístico está no conto de

tradición oral, no xeito popular de contar

historias, con tendencia aos períodos ex-

tensos, o polisíndeto, as continuas digre-

sións e o recurso ao diálogo.

Presenza do humor e da ironía, sem-

pre de maneira sutil e amábel, que emprega

ás veces para distanciarse da solemnidade.

Lirismo e poeticidade, presentes tanto

no tratamento dos personaxes como na

descrición de paisaxes e na evocación de

tempos pasados.

Intertextualidade. Abundantes refe-

rencias a outros textos literarios de moi va-

riadas procedencias.

A obra de Cunqueiro pode dividirse en dous

grandes grupos: as novelas e as denomina-

das semblanzas, conxuntos de relatos de

narrativa breve centrados en personaxes

concretos. Escribiu tres novelas. Merlín e

familia é unha sucesión de historias autó-

nomas vertebradas arredor do personaxe

de Merlín, que recibe no seu pazo de Mi-

randa a visita de numerosos visitantes de

terras distantes que lle presentan o seu

caso ao mago e solicitan o seu consello. A

estrutura destas

historias é cons-

tante: presenta-

ción do caso,

exposición do

problema e so-

lución proposta

por Merlín. O

relato está con-

tado desde a

perspectiva do

paxe, Felipe de

Amancia, narra-

dor testemuña.

Se en Merlín e

familia se ache-

Page 9: A literatura galega entre 1936 e 1975.... · Guerra Civil, aínda que as súas obras, Tris-cos e Sombra de aire na herba, foron publi-cadas na posguerra, coincidindo coas obras dos

de3300204 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1936 e 1975 9

ga á temática artúrica, en Si o vello Sinbad

volvese ás illas, Cunqueiro parte do perso-

naxe e do ambiente das historias das Mil e

unha noites. Presenta un Sinbad vello, reti-

rado no país de Bolanda, que relata (coa

axuda non só da memoria senón tamén da

imaxinación) historias pasadas, mentres

agarda conseguir unha nova nave que lle

permita regresar ás aventuras do mar. O

mariño, enganado, nunca conseguirá a na-

ve e o seu idealismo, como en tantos outros

relatos do autor, sucumbirá perante a dura

imposición da realidade. A narración, cen-

trada nun protagonista soñador, fracasado e

nostálxico, flutúa entre a realidade e o soño,

cuxos límites se revelan difíciles de percibir.

N’ As crónicas do sochantre, a acción sitúa-

se na Bretaña francesa, na época da Revo-

lución francesa. O personaxe principal, o

sochantre (eclesiástico que dirixe un coro)

de Pontivy é recollido por unha carruaxe na

que viaxan varios defuntos, que lle relatan

as súas historias. A obra integra unha pe-

quena peza dramática: “A función de Ro-

meo e Xulieta, famosos namorados”.

As semblanzas están integradas por tres

libros: Escola de menciñeiros, Xente de

aquí e de acolá e Os outros feirantes. De

características semellantes, estas obras

están integradas por relatos de grande bre-

vidade, centrados nun personaxe peculiar

ou insólito. Constitúen un fresco de tipos

humanos que conforman unha especie de

personaxe colectivo, reflexo da sociedade

rural galega, mais que tamén integra valo-

res universais. As temáticas son variadas:

os oficios, a emigración, as malformacións

físicas, os “creadores” ou soñadores, os

tolos... Entroncadas na oralidade, supoñen

unha excelente mostra do realismo fantásti-

co do autor.

3.2.4.- Xosé Neira Vilas

É autor dunha inxente produción narrativa e

de numerosas traducións e estudos de in-

vestigación sobre a presenza da cultura

galega en Cuba,

onde viviu gran

parte da súa vida,

comprometido co

goberno revolu-

cionario. Tamén

cultivou a poesía.

Podemos consi-

deralo un dos

pioneiros da lite-

ratura infantil en

galego. A pesar

de ser contem-

poráneo cos au-

tores da Nova

Narrativa Galega, non participou no proceso

de renovación técnica e temática deste mo-

vemento. Os seus relatos, de carácter máis

tradicional, mostran cun tratamento crua-

mente realista a vida da Galiza rural e da

emigración. Os conflitos dos personaxes

xorden do enfrontamento co medio, da loita

cotiá pola supervivencia.

Entre as súas obras (Cartas a Lelo, Xente

no rodicio, Camiño bretemoso, Querido To-

más), destaca Memorias dun neno labrego.

É unha das novelas máis vendidas, traduci-

das e divulgadas da nosa literatura. Narra,

desde a óptica crítica dun neno (Balbino), a

vida dunha aldea galega da posguerra. Nela,

dáse unha visión do rural de miseria eco-

nómica e moral, de opresión e inxustiza, de

carencia de perspectivas de futuro. Fronte a

este mundo, só se ofrece como alternativa

salvadora a posibilidade da emigración. A

novela está estruturada en breves capítulos

que conforman unidades narrativas autó-

nomas.

Page 10: A literatura galega entre 1936 e 1975.... · Guerra Civil, aínda que as súas obras, Tris-cos e Sombra de aire na herba, foron publi-cadas na posguerra, coincidindo coas obras dos

de3300204 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1936 e 1975 10

4.- A prosa. A Nova Narrativa Galega

4.1.- Cronoloxía e influencias

A Nova Narrativa Galega (NNG) orixínase

na década de 1950. En plena posguerra

europea, logo da derrota nazi na 2ª Guerra

Mundial e no inicio da Guerra Fría, prodú-

cese un movemento de renovación literaria,

asociado a novas correntes de pensamento,

que afectará de maneira significativa á na-

rrativa. Nestes anos, cobra forza a interpre-

tación da sociedade desde a perspectiva

marxista, que impulsará unha liña de rea-

lismo social. Esténdese tamén unha visión

angustiosa e desesperanzada da vida a

partir da difusión do filosofía existencialista.

A pervivencia da ditadura franquista engade

en Galiza un elemento extra de desespe-

ranza, de falta de futuro.

A publicación en 1954 de Nasce unha árbo-

re de Rodríguez Mourullo marca o inicio do

movemento, que terá a súa fase de auxe na

década seguinte, coa publicación de impor-

tantes obras de Méndez Ferrín, Camilo

Gonsar, María Xosé Queizán e Carlos Ca-

sares. Desde a súa orixe, estes autores

incorporan as técnicas e temáticas que es-

tán a renovar o panorama literario interna-

cional. A partir de 1968 e até 1980, ano de

publicación de Cara a Times Square de

Camilo Gonsar, van abandonando progresi-

vamente a experimentación formal.

As influencias son múltiples:

James Joyce, no que respecta á in-

trodución da “corrente da conciencia” (se-

mellante ao monólogo interior), que preten-

de mostrar os pensamentos dos persona-

xes sen ningún tipo de elaboración racional;

tamén no referente á ruptura da orde crono-

lóxica lineal.

Os autores do Nouveau Roman fran-

cés, movemento que inspita a propia deno-

minación da NNG. Experimentan cunha

narración obxectalista na que, cun desen-

volvemento mínimo de acción, se describe

con minuciosidade o entorno físico.

Franz Kafka, na caracterización de

personaxes atormentados e incapaces de

gobernar o seu propio destino e na plasma-

ción dunha realidade absurda que se vive

como un pesadelo.

John dos Passos e William Faulkner,

no emprego do pluriperspectivismo e a “na-

rración cinematográfica”.

Page 11: A literatura galega entre 1936 e 1975.... · Guerra Civil, aínda que as súas obras, Tris-cos e Sombra de aire na herba, foron publi-cadas na posguerra, coincidindo coas obras dos

de3300204 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1936 e 1975 11

4.2.- Características do movemento

A renovación narrativa afectou tanto aos

aspectos de contido, como aos formais. En

síntese, as principais características da

NNG son as seguintes:

As temáticas móvense dentro do mar-

co da expresión do absurdo da existencia, o

pesimismo, a desesperanza. Abundan os

asasinatos, os suicidios, os fracasos perso-

ais, o amor insatisfeito, a soidade, o illa-

mento, os episodios patolóxicos...

Os personaxes están caracterizados

con frecuencia como seres perdidos, des-

nortados, movidos polas circunstancias, sen

control do seu destino, violentos, agresivos,

solitarios, desequilibrados, autodestrutivos...

antiheroes, en definitiva.

En canto ao tratamento estrutural do

tempo, evidénciase un gusto pola ruptura

da orde cronolóxica (analepses, prolepses,

ucronía), e pola redución radical do tempo

da historia.

Os espazos nos que se desenvolve a

acción son maioritariamente urbanos ou

suburbiais. Hai unha fuxida consciente do

ruralismo. Preséntanse ambientes claustro-

fóbicos, sórdidos. Por outro lado, tamén se

pon de manifesto unha atracción polo cos-

mopolitismo e polas localizacións estranxei-

ras.

No que respecta á perspectiva da na-

rración, obsérvase unha preferencia pola

primeira persoa protagonista e as perspec-

tivas obxectivistas, que mostran a historia

sen explicala, e un gusto polo multiperspec-

tivismo e o monólogo interior.

O estilo é simple, con oracións curtas,

unha marcada tendencia ao coloquialismo e

unha fuxida deliberada da retórica. En moi-

tas obras realízanse descricións de nature-

za obxectalista.

4.3.- Os autores máis representativos

4.3.1.- Xosé Luís Méndez Ferrín

É unha das grandes voces da narrativa ga-

lega contemporánea, ademais de posuír

unha importante obra poética. As súas tres

primeiras obras (Percival e outras historias,

O crepúsculo e as formigas e Arrabaldo do

norte) encádranse claramente dentro das

características da NNG: personaxes pro-

blemáticos (violentos, incomunicados, con

diversas patoloxías...),

espazos urbanos, estilo

menos elaborado... A

partir de Retorno a Tagen

Ata, o experimentalismo

vaise reducindo, ao tem-

po que a realidade social

e política galega vai co-

brando máis peso.

Page 12: A literatura galega entre 1936 e 1975.... · Guerra Civil, aínda que as súas obras, Tris-cos e Sombra de aire na herba, foron publi-cadas na posguerra, coincidindo coas obras dos

de3300204 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1936 e 1975 12

A súa obra caracterízase por unha constan-

te relación entre realidade e fantasía. Reali-

za unha reconstrución e interpretación dun

pasado mítico que remite á cultura celta ou

á materia artúrica. Abundan na súa narrati-

va os topónimos e antropónimos de apa-

rencia céltica, oriental ou nórdica: Ulm,

Nmógadah, Hannak Oberzen, Grieih... En

liña con esta característica, pódese salien-

tar tamén a creación de espazos literarios

propios cargados de simbolismo: Tagen Ata,

Terra Ancha, Grande Fraga...

4.3.2.- Carlos Casares

Ademais da súa im-

portantísima obra

narrativa, con inte-

resantes achegas á

literatura infantil,

como A galiña azul

e As laranxas máis

laranxas de todas

as laranxas, dedi-

couse á política, ao

xornalismo e ao en-

saio literario.

A súa narrativa po-

de dividirse en dúas

etapas ben delimitadas. A primeira manifes-

ta unha grande renovación formal, ligada á

nova estética da NNG. Abrangue Vento feri-

do, Cambio en tres e Xoguetes pra un tem-

po prohibido. Mostra unha realidade desa-

cougante e opresiva e emprega o monólogo

interior, o obxectivismo e a narración en 2ª

persoa.

Na etapa de madurez, a partir d’ Os escuros

soños de Clío, escribe novelas máis realis-

tas, centradas en sucesos ou situacións

históricas de distintos períodos do século

XX, sen renunciar totalmente ao elemento

fantástico. Algunhas das súas novelas máis

importantes desta etapa son Ilustrísima e

Os mortos daquel verán.

Algunhas características comúns a toda a

súa obra son a presenza de elementos au-

tobiográficos, os ambientes predominante-

mente urbanos, a constante aparición do

Mal, orixinado pola mentira, a calumnia, o

engano... como motor dos conflitos sociais

e o gusto polo humor, a ironía e a parodia.

4.3.3.- Outros autores

Gonzalo Rodríguez Mourullo. Publica na

súa xuventude dous libros de relatos de

grande transcendencia para este movemen-

to. Nasce unha árbore marca o inicio da

NNG. Consta de tres relatos que se enmar-

can nun ambiente de irrealidade, simbolis-

mo, subxectivismo, con mestura da fantasía

e a pluralidade de voces narrativas. Memo-

rias de Tains está composto por oito cartas

que conteñen historias entrelazadas, radi-

cadas nunha cidade imaxinaria xa desapa-

recida, que presentan unha atmosfera de

angustia, próxima ao pesadelo.

Camilo Gonsar. Logo dun primeiro libro de

relatos, publica algunhas das novelas máis

representativas do grupo, nas que emprega

técnica obxectalista, temática sobre a vio-

lencia e o absurdo humano, ambientacións

afastadas da realidade galega (Madrid, No-

va York)... Despois de Cara a Times Square,

considerada o remate da NNG, publicará

aínda varias novelas, xa afastadas dos pre-

supostos estéticos deste movemento.

María Xosé Queizán. É autora dunha na-

rrativa plural, onde toca as temáticas femi-

nista, histórica e infantil. O seu compromiso

coa causa feminista é esencial na súa vida

e na súa obra. A súa primeira novela, A ore-

lla no buraco, enmárcase de cheo na estéti-

ca da NNG. Narra a biografía dun emigrante

fracasado, desde a atemporalidade e a par-

tir de sucesivos monólogos. Presenta unha

grande influencia do Nouveau Roman nas

descricións de natureza obxectalista.

Page 13: A literatura galega entre 1936 e 1975.... · Guerra Civil, aínda que as súas obras, Tris-cos e Sombra de aire na herba, foron publi-cadas na posguerra, coincidindo coas obras dos

de3300204 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1936 e 1975 13

5.- O teatro. Xeración dos 50 e Grupo de Ribadavia

5.1.- Liñas xerais do teatro deste período

Entre 1936 e 1950 a produción teatral en

Galiza redúcese á representación de espec-

táculos de carácter folclorista de asocia-

cións culturais tuteladas ou toleradas polo

franquismo e a súa censura. Mediado o

século, iníciase unha lenta recuperación da

escrita dramática, que se divide en tres ten-

dencias de creación diferenciadas: o teatro

rexionalista, a tendencia renovadora e o

teatro de angustia existencial. O teatro re-

xionalista é continuador do teatro costu-

mista e a comedia urbana realizada por

autores das Irmandades da Fala, como Ca-

rré Alvarellos ou Ramón Cabanillas. A ten-

dencia renovadora, profunda na moderni-

zación do teatro de inspiración vangardista

de preguerra. Os seus principais represen-

tantes son Otero Pedrayo, Ánxel Fole e

Jenaro Marinhas. Por último, encóntrase o

teatro de angustia existencial, represen-

tado por Xosé Luís Franco Grande, Manuel

María, Ricardo Carvalho Calero e Isaac

Díaz Pardo, que ofrece unhas característi-

cas análogas á Escola da Tebra da poesía.

5.2.- Os autores de enlace e a Xeración dos 50

A recuperación teatral deste período foi ini-

ciada por un conxunto heteroxéneo de auto-

res, denominado o grupo de enlace, que

serven de conexión entre a dramaturxia de

preguerra e a renovación do teatro inde-

pendente. Un deles, Ramón Otero Pedra-

yo, xa escribira importantes obras antes da

Guerra Civil (A lagarada e Teatro de másca-

ras). Nesta época publica O desengano do

prioiro, unha obra na que contrapón a Vida,

simbolizada polas forzas dionisíacas e a

Morte, representada pola industria dos fére-

tros que estaba a establecerse no Ribeiro.

Tamén publica Noite compostelá e O fidalgo

e a noite.

Outro autor importante é Eduardo Blanco

Amor, cuxa obra dramática pode dividirse

en farsas, pezas imaxinativas, cheas de

elementos fantásticos e satíricos, con per-

sonaxes esquemáticos e escenografía aus-

tera (“Romance de Micomicón e Adhelala”,

“Un refaixo para Celestina”) e autos, pezas

de realismo costumista que recrean perso-

naxes e situa-

cións do mundo

rural galego

(“Anxélica no

ombral do ceio”,

“A verdade vesti-

da”). As súas pe-

zas aparecen

recollidas en

dous volumes de

gran popularida-

de, Farsas para

títeres e Teatro

pra a xente.

Álvaro Cunqueiro é autor de tres obras de

gran interese, O incerto señor Don Hamlet,

príncipe de Dinamarca, A noite vai coma un

río e Palabras de víspera. Na primeira, unha

das obras máis importantes e máis repre-

sentadas do teatro galego, realiza unha

orixinal versión do drama shakespeareano

na que o rei usurpador resulta ser o verda-

deiro pai do príncipe. Nesta profunda refle-

Page 14: A literatura galega entre 1936 e 1975.... · Guerra Civil, aínda que as súas obras, Tris-cos e Sombra de aire na herba, foron publi-cadas na posguerra, coincidindo coas obras dos

de3300204 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1936 e 1975 14

xión sobre a natureza humana están tamén

presentes o humor e a ironía.

Outros autores de menor importancia son

Jenaro Marinhas (A revolta e outras farsas),

que manifesta unha intención pedagóxica,

educar desde a cultura para conseguir un

pobo máis libre, e escribe numerosas pezas

de reflexión política e ética; e Ricardo Car-

valho Calero (A farsa das zocas), que, con

técnicas realistas ou simbolistas, reflexiona

sobre algunhas das grandes temáticas do

ser humano: o amor, o alén, a arte e a polí-

tica.

A Xeración dos 50 está constituída por un

conxunto de escritores (fundamentalmente

poetas) nacidos arredor de 1930, que

irrompen na década dos 50 á sombra do

grupo Galaxia cunha decidida vocación re-

novadora. Cunha vivencia indirecta da Gue-

rra Civil, pertencen maioritariamente a unha

pequena burguesía liberal e republicana

que se achega á realidade cultural galega a

través da Universidade e do maxisterio de

Otero Pedrayo. Nela destacan Daniel Cor-

tezón, Manuel María, Xohana Torres e Ber-

nardino Graña.

A obra dramática de Daniel Cortezón (Pris-

ciliano, Xelmírez ou a groria de Compostela)

é unha revisión de importantes episodios e

personaxes da historia de Galicia: Priscilia-

no, Xelmírez, Pedro Madruga, os irmandi-

ños, Castelao... Manuel María (Auto do

labrego, Farsa de Bululú) é autor dunha

copiosa obra teatral, composta por poemas

dramatizados, textos infantís, autos, farsas

e dramas épicos. Como na súa importante

obra poética, emprega o teatro como ins-

trumento reivindicativo e de concienciación

nacional. Xohana Torrres aborda n’ Un

hotel de primeira sobre o río a temática de

denuncia social: a expropiación das terras

con fins especulativos. Esta peza, cun im-

portante protagonismo feminino, é unha boa

mostra do teatro realista. As obras de Ber-

nardino Graña (20 mil pesos crime, Os

burros que comen ouro nunca cabalos se-

rán) comparten unha visión crítica sobre o

poder do diñeiro e sobre a vida alienada do

ser humano no mundo moderno. Graña

constrúe un teatro popular, dándolle gran

importancia aos elementos escénicos.

5.3.- O teatro independente e o Grupo de Ribadavia

A mediados dos anos 60, aparecen os pri-

meiros grupos de teatro independente

galego (O Facho, Teatro Circo, Keyzán...).

Na década seguinte, o teatro independente

espállase por toda Galiza, converténdose

nun fenómeno de extraordinaria vitalidade.

Nacen numerosas e importantes compañías:

Antroido, Artello, Troula... Superando nume-

rosos atrancos económicos e institucionais,

desempeñan, alén da divulgación cultural,

unha función política, de loita contra a dita-

dura.

Os seus obxectivos son rescatar o teatro

Page 15: A literatura galega entre 1936 e 1975.... · Guerra Civil, aínda que as súas obras, Tris-cos e Sombra de aire na herba, foron publi-cadas na posguerra, coincidindo coas obras dos

de3300204 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1936 e 1975 15

das salas convencionais para achegalo ao

público en todo tipo de locais, tanto urbanos

como rurais; romper co concepto de com-

pañía estábel do teatro burgués e apostar

pola itinerancia e a creación colectiva; pes-

cudar novos métodos para a creación e a

representación, sempre cun afán experi-

mental, aberto a todo tipo de influencias; e

crear unha rede teatral no país que permiti-

se o desenvolvemento dunha dramaturxia

galega moderna e comprometida.

En 1973, a Agrupación Cultural Abrente de

Ribadavia convoca a I Mostra de Teatro

Galego e o I Certame Abrente de textos

dramáticos. Con esta iniciativa, Ribadavia

convértese no principal punto de encontro

do mundo do teatro galego. Ao tempo que

se fomentan e popularizan as representa-

cións teatrais, estimúlase, co premio Abren-

te, a creación de textos de teatro. O exem-

plo de Ribadavia foi seguido, aínda que con

menor transcendencia, por outras localida-

des (Vigo, A Coruña, Lugo, Cariño, Fene...).

Arredor da Mostra de Ribadavia creouse o

denominado Grupo de Ribadavia ou Grupo

Abrente, formado por autores que tiveron

unha destacada participación nel e que ga-

ñaron o premio Abrente. Ademais de escri-

tores, son tamén directores, promotores de

compañías e algúns deles mesmo actores.

Os principais representantes deste grupo

son Manuel Lourenzo, Euloxio R. Ruibal,

Roberto Vidal Bolaño e Francisco Taxes.

A pesar de que publican algunha obra nes-

te período (Romería ás covas do demo, de

Manuel Lourenzo ou Zardigot de Euloxio

Ruibal), a práctica totalidade dos seus tex-

tos son posteriores a 1975, polo que nos

referiremos a eles no último tema do curso:

“A literatura galega entre 1975 e a actuali-

dade. O teatro”.

6.- A literatura do exilio

6.1.- Etapas e tipo de actividades desenvolvidas

A gran represión cultural e lingüística duran-

te a ditadura franquista en Galiza provocou

o exilio de numerosos intelectuais compro-

metidos co nacionalismo, o republicanismo

ou simplemente coa democracia. Ante a

práctica imposibilidade de publicar en gale-

go até a década dos 50 no noso país, cobra

unha vital importancia a actividade cultural

do exilio. O exilio galego conta cunha pecu-

liaridade importante: a existencia dunha

infraestrutura asociativa estábel en moitos

países de Latinoamérica creada por intelec-

tuais que xa vivían na emigración antes da

irrupción da ditadura. En consecuencia, a

práctica totalidade do exilio galego diríxese

cara a eses países do continente americano.

Cidades como Caracas, A Habana, México,

Montevideo e, sobre todo, Buenos Aires,

convértense en centros de gran actividade a

prol da cultura galega, que toma como refe-

rencia os centros galegos e diversas aso-

ciacións culturais.

Pódense establecer tres etapas na activi-

dade literaria do exilio. Entre 1939 e 1950, a

produción literaria en galego concéntrase

Page 16: A literatura galega entre 1936 e 1975.... · Guerra Civil, aínda que as súas obras, Tris-cos e Sombra de aire na herba, foron publi-cadas na posguerra, coincidindo coas obras dos

de3300204 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1936 e 1975 16

exclusivamente en América. Publícanse

obras importantes como Jacobusland, de

Emilio Pita, Catro poemas pra catro graba-

dos, de Lorenzo Varela ou Sempre en Gali-

za, de Castelao. Entre 1950 e 1960, funda-

das en Galiza Galaxia e outras editoriais, a

actividade do interior e da diáspora com-

pleméntase. Publícanse en América obras

que a censura española non tolera, como A

esmorga, de Blanco Amor. Entre 1960 e

1975, A expresión cultural en galego vai

adquirindo unha certa normalidade en Gali-

za e comezan a publicarse obras dos exilia-

dos. Algúns destes inician o proceso gra-

dual de regreso ao noso país, xa antes da

chegada da democracia.

A actividade do exilio é intensa e variada.

Abarca os seguintes campos:

Publicacións. Fúndanse editoriais (Al-

borada, Emecé), coleccións bibliográficas

(“Hórreo”, “Dorna”), xornais (Galicia, Opi-

nión gallega) e

revistas (Vieiros,

Galicia emigrante,

De mar a mar)

Conferen-

cias e exposicións.

O labor político

céntrase na reali-

zación de exposi-

cións e conferen-

cias en apoio á

causa republicana e en defensa da identi-

dade galega, sendo neste campo a figura

de Castelao, membro do goberno republi-

cano no exilio e autor do texto teórico máis

importante do nacionalismo (Sempre en

Galiza), o principal referente.

Audicións radiofónicas. En Arxentina,

realízanse desde 1945 varios programas

radiofónicos con temática cultural galega: “A

hora Iberoamericana”, en Radio del Pueblo,

“Recordando a Galicia”, en Radio Ribadavia,

dirixida por Maruja Villanueva e “La voz de

Galicia”, dirixida por Tacholas e coa colabo-

ración de Blanco Amor.

Espectáculos teatrais. Lévase a cabo

unha intensa actividade teatral, tanto a nivel

de pequenas asociacións, como a nivel de

grandes producións. Neste campo cómpre

salientar a estrea da obra de Castelao Os

vellos non deben de namorarse en 1941 en

Buenos Aires e o labor do Teatro Popular

Galego de Blanco Amor.

6.2.- Os autores do exilio

Os escritores máis importantes de poesía

da literatura galega do exilio son Luís Seo-

ane e Lorenzo Varela. Luís Seoane é un

artista polifacético, que destaca polo seu

labor nas artes plásticas. Como poeta (Na

brétema e As cicatrices), móvese dentro da

temática social, con predominio do tema da

emigración e cun estilo que tende ao colo-

quialismo e no que destaca o verso longo e

un marcado ton épico.

Os temas recorrentes da obra de Lorenzo

Varela (Catro poemas para catro gravados

e Lonxe), inscrita na órbita da poesía social,

Page 17: A literatura galega entre 1936 e 1975.... · Guerra Civil, aínda que as súas obras, Tris-cos e Sombra de aire na herba, foron publi-cadas na posguerra, coincidindo coas obras dos

de3300204 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1936 e 1975 17

son a reconstrución histórica desde o punto

de vista das clases populares e a saudade

da terra, provocada pola distancia do exilio.

Na narrativa, destacan Silvio Santiago,

Ramón de Valenzuela e, sobre todo, Eduar-

do Blanco Amor. Nas súas novelas, de ca-

rácter autobiográfico, Silvio Santiago relata

a súa infancia na súa aldea natal (Vilarde-

bós) e a súa aventura para lograr fuxir da

España de Franco e exiliarse en Caracas

(O silencio redimido). Ramón de Valenzue-

la relata na súa novela Non agardarei por

ninguén, publicada en Buenos Aires, as

peripecias de Gonzalo Ozores (trasunto do

propio autor), guerrilleiro nos montes de

Galiza e soldado na fronte de batalla. En

Era tempo de apandar céntrase na súa ex-

periencia no exilio e nos cárceres franquis-

tas. A narrativa de Blanco Amor xa foi tra-

tada no punto 3.2.2 deste mesmo tema.

En canto ao teatro, cómpre salientar a Cas-

telao, Blanco Amor e, en menor medida, a

Varela Buxán e Luís Seoane. A obra máis

coñecida e representada deste período é,

sen dúbida, Os vellos non deben de namo-

rarse, de Castelao. Foi escrita de maneira

interrompida entre 1931 e 1939 e non foi

estreada até 1941, no exilio americano, na

cidade de Buenos Aires, constituíndo un

acontecemento cultural de primeira magni-

tude. En tres actos de grande simetría, se-

guidos por un epílogo, presenta tres ver-

sións diferentes dunha mesma historia: un

vello paga coa morte o seu namoramento

dunha rapariga nova. Os tres vellos repre-

sentan distintos sectores da sociedade da

época: un burgués de

formación universitaria

(D. Saturio), un fidalgo

en decadencia (D. Ra-

món) e un labrego rico

(Sr. Fuco). As tres mo-

zas pertencen a un es-

trato social inferior ao

dos vellos. Aparecen

caracterizadas negativamente; é a súa des-

honestidade e o seu materialismo o que

provoca a desgraza dos vellos. A peza

constitúe, en palabras do autor, unha farsa

pensada para o divertimento, desprovista

de intención moralizadora.

A obra teatral de Blanco Amor xa foi trata-

da no punto 5.2 deste mesmo tema. Varela

Buxán (O cego de Fornelos) participa como

actor e director nas compañías Aires da

Terra e na de Maruja Villanueva, de Arxenti-

na e escribe numerosas comedias de corte

ruralista e costumista, non exentas de críti-

ca social, que alcanzan grande popularida-

de e son moi representadas, tanto no exilio

como nos escenarios galegos. Luís Seoane

presenta unha temática histórica n’ A solda-

deira e n’ O irlandés astrólogo (a revolución

irmandiña do séc. XV e a persecución da

liberdade individual pola Inquisición no sé-

culo XVII, respectivamente) e contemporá-

nea en Esquema de farsa, na que denuncia

a falsa visión dada polas autoridades fran-

quistas da vida dos emigrados.

Page 18: A literatura galega entre 1936 e 1975.... · Guerra Civil, aínda que as súas obras, Tris-cos e Sombra de aire na herba, foron publi-cadas na posguerra, coincidindo coas obras dos

de3300204 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1936 e 1975 18

7.- Antoloxía de textos

111 222

333

Page 19: A literatura galega entre 1936 e 1975.... · Guerra Civil, aínda que as súas obras, Tris-cos e Sombra de aire na herba, foron publi-cadas na posguerra, coincidindo coas obras dos

de3300204 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1936 e 1975 19

No vento de mazán que se desfraga

nos cons e pedregullo solar

de cabo de Home e Punta do Cabalo de Fora

reclamo a libertade pró meu pobo.

No meniño que dorme

no edredón dos teus ollos

reclamo a libertade pró meu pobo.

Nas vellas mans agrarias,

nas loias amorosas dos estíos

reclamo a libertade pró meu pobo.

Nos bicos acedísimos e tenros

dos meus fillos inmensos

reclamo a libertade pró meu pobo. [...]

X: L: MÉNDEZ FERRÍN, Con pólvora e magnolias (1976)

666

777

888

555 444

Page 20: A literatura galega entre 1936 e 1975.... · Guerra Civil, aínda que as súas obras, Tris-cos e Sombra de aire na herba, foron publi-cadas na posguerra, coincidindo coas obras dos

de3300204 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1936 e 1975 20

999

Page 21: A literatura galega entre 1936 e 1975.... · Guerra Civil, aínda que as súas obras, Tris-cos e Sombra de aire na herba, foron publi-cadas na posguerra, coincidindo coas obras dos

de3300204 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1936 e 1975 21

EU son…

…Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non

hai quen lle tusa, a pesar do que lle aconteceu por causa miña.

No verán ando descalzo. O po quente dos camiños faime alancar. Magóanme as areas e nunca falta algunha brocha

para espetárseme nos pés. Érgome con noite pecha, ás dúas ou tres da mañá, para ir co gando, restrebar ou xuntar

monllos. Cando amañece xa me doe o lombo e as pernas. Pero o día comeza. Sede, sol, moxardos.

No inverno, frío. Ganas de estar arreo ó pé do lume. Muíños apeados. Faladurías de neves e lobos. Os brazos son

coma espeteiras para encolgar farrapos. Murnas, fridas, dedos sen tentos.

¡Que saben disto os nenos da vila!

Eles ignoran o que eu penso mentres boto ó corpo un gurrucho de caldo con broa. Ou o que sinto cando estou no

monte pingando, aterecido, vendo por entre a chuvia un fantasma bretemoso en cada árbore.

A aldea é unha mestura de lama e fume, onde os cans ouvean e a xente morre «cando está de Deus», como di a ma-

driña. Os rapaces somos tristes. Enredamos, corremos tras dos foguetes e ata rimos, pero somos tristes. Temos a po-

breza e os trafegos da terra aniñados nos ollos.

X. NEIRA VILAS, Memorias dun neno labrego (1961)

111000

111111

Page 22: A literatura galega entre 1936 e 1975.... · Guerra Civil, aínda que as súas obras, Tris-cos e Sombra de aire na herba, foron publi-cadas na posguerra, coincidindo coas obras dos

de3300204 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1936 e 1975 22

12

Page 23: A literatura galega entre 1936 e 1975.... · Guerra Civil, aínda que as súas obras, Tris-cos e Sombra de aire na herba, foron publi-cadas na posguerra, coincidindo coas obras dos

de3300204 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1936 e 1975 23

111333

111444

Page 24: A literatura galega entre 1936 e 1975.... · Guerra Civil, aínda que as súas obras, Tris-cos e Sombra de aire na herba, foron publi-cadas na posguerra, coincidindo coas obras dos

de3300204 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1936 e 1975 24

111555

Page 25: A literatura galega entre 1936 e 1975.... · Guerra Civil, aínda que as súas obras, Tris-cos e Sombra de aire na herba, foron publi-cadas na posguerra, coincidindo coas obras dos

de3300204 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1936 e 1975 25

111666

111777