a casa da familia march

6
A casa da familia March Raquel Pérez Rivera 3º ESO

Upload: yolanda-castro

Post on 24-May-2015

61 views

Category:

Documents


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: A casa da familia March

A casa da familia

March

Raquel Pérez Rivera 3º ESO

Page 2: A casa da familia March

A casa da familia March

—¿Pásache algo? De pronto palideciches.

Tardei uns segundos en contestar.

—Non, non é nada.

—Está ben, vou buscar o té.

Estaba tan atordado que nin sequera me decatara de que a teteira non fervera, e iso foi

o meu fin. Podería ter saído de alí e fuxir no coche, esquecerme daquela casa e do que

pasara nela, pero en vez diso, quedeime, e foi o peor que puiden facer.

Hai unhas horas…

Mudeime a aquel solitario barrio por traballo. A casa que escollín estaba situada no

número 23 do Camiño dos Frades, e a dicir verdade, non me gustaba do todo. Moitos

contactos próximos a min dixéranme que era un barrio tranquilo e por iso compreina:

quería tranquilidade, pero me atopei de todos menos iso.

Era a segunda noite que pasaba naquela mansión restaurada e sentíame tan só que

quería fuxir. Ao poder ir ao traballo todos os días, aínda que iso supoñía levantarme ás

7 da mañá, tranquilizábame un pouco. Polo menos durante unhas horas tiña contacto

humano dalgún modo.

Volvín de traballar ás 4 da tarde como é costume, pero aquel non foi un día normal.

Deixei o meu coche aparcado en fronte da casa que tan só me facía sentir. Ao saír, de

pronto, sentinme observado. Mirei a todas as partes e non vin a ninguén, mais ao estar

Page 3: A casa da familia March

a piques de meter a chave na cerradura, puiden sentir uns pasos dentro da miña propia

casa, e foi ese mesmo detalle, o que me fixo sospeitar que de onde me estaban

mirando hai un intre, era dende alí mesmo. Dirixinme ao piso de enriba, do lugar onde

se escoitaban os pasos, e topeime cun completo estraño. Ambos quedámonos mirando

uns segundos ata que un dos dous decidiu falar.

—Ola. Sinto molestar. Chámome Miguel e vivín aquí antes ca ti.

Aquel mozo podería ter entre uns 20 a 25 anos, era moreno e de ollos verdes, e non

sei por que, inspirábame confianza, aínda que os seus ollos esmeralda transmitían

máis inseguridade que outra cousa. Parecía estar a piques de saír correndo polas

escaleiras que estaban tras de min, pero non o fixo.

—Enténdoo, xa me dixeron que esta casa tivera uns donos antes, e polo que vexo

segues tendo unha copia das chaves.

—A verdade é que non é así, eu non teño ningunha chave. Verás, entrei por…

—Non me importa por onde entraches —interrompino antes de escoitar a súa

desculpa—. Pediríache que abandonases a miña casa canto antes.

—Non pretendía molestarte. Adeus.

—Adeus.

Por un momento, pensei que ía chocar o seu ombro contra o meu como sinal de que

non lle gustara a nosa pequena charla, pero non notei nada. Foi estraño.

Un momento despois, baixou polas escaleiras tal e como eu predixera fai un intre, pero

non escoitei ningún portazo. Por un instante pensei que aquel descoñecido permanecía

na casa, escondido nalgunha parte, así que fun á planta baixa.

Inspeccionei todas as habitacións sen ningún rastro aparente do estraño, ata que me

decatei de que a porta daquel misterioso soto que non vin cando me ensinaron a casa

Page 4: A casa da familia March

por primeira vez, estaba entreaberta. E como sabía que non tiña rede eléctrica, collín

da miña equipaxe a medio desfacer, unha lanterna. Baixei con coidado de non me

tropezar, e comprobei que alí non había ninguén. Pero o que si había era un pequeno

moble de madeira. Acerqueime ata el e puiden ver como, enriba do mesmo, había un

maletín de coiro desgastado cun nome bordado: “Miguel”. O que me pareceu estraño é

que a casa en si non estaba mal conservada, excepto o soto, no cal o chan era de terra

e estaba desnivelado.

Calmeime da inoportuna visita daquel estraño, e dispúxenme a remodelar a miña nova

casa. Empecei por nivelar aquel chan de terra do soto, xa que tiña pensado meter

algunhas cousas alí. Collín unha pa e empecei a cavar, pero… ¿Cal foi o meu asombro

ao descubrir que o que aquela parte da casa escondía, eran restos humanos?

Chamei á axencia que me vendera aquela casa sen dicirme nada do que escondía.

Quedei nun café bar coa mesma persoa que me levara a vela por primeira vez e

charlamos un anaco.

—¿Estasme dicindo que ti non podes explicarme que facían aqueles ósos alí?

—Xa cho dixen, Rafael, nós so nos facemos cargo de vender as casas, nada máis.

Dareiche o número e a dirección da dona orixinal e falas con ela, ¿paréceche?

—Está ben.

Tras conseguir a información daquela muller, dirixinme cara a miña nova e terrorífica

casa. Estaba a piques de sacar o teléfono móbil para marcar o seu número, cando,

unha entrañable señora que se asomaba pola ventá da casa veciña, fíxome xestos coa

man. Quedeime parado sen saber que facer, co pano de mesa que Carmen me

escribira hai un intre na man, e que contiña a dirección e o número de teléfono daquela

“Anabel March” mentres unha muller de pelo canoso saía da casa.

Page 5: A casa da familia March

—¡Ola! Ti es o mozo que comprou a casa dos irmáns March, ¿equivócome?

—Supoño que así é. Chámome Rafael.

—Pasa, pasa. Tomemos o té e charlemos un anaco.

Pasamos a un salón non moi amplo que tiña unha mesa baixa cun centro de mesa do

máis colorido acompañado dun sofá de cor granate que facía xogo coas cortinas.

—Verá, é que me están a pasar unas cousas moi estrañas… Apenas me mudei hai 2

días e todos son sorpresas.

—¿A que te refires con cousas estrañas?

—Pois, mire, esta mesma mañá un home apareceu na miña casa, e un intre despois

atopei ósos humanos no meu soto.

—Vaia… —levantouse.

—¿Vostede, por casualidade, non saberá algo, verdade?

—Verá, a familia March foi unha familia moi rica na súa época. Mudáronse a esta casa

pouco despois de morrer a nai. O señor March e os seus dous fillos eran bos amigos

meus. Os nenos viñan ás veces a pasar a tarde comigo,pasabámonolo xenial. Pero

todo cambiou cando o pai morreu e non lle deixou nada de herdanza á filla maior. Por

aquel entón o fillo tería entre 20 e 25 anos; e a filla, uns 30.

—¿E que pasou?

—Matouno.

—¿Que?

—Matouno para facerse coa casa e se quedar con todas as súas pertenzas. Era así de

egoísta.

—¿Todo por unha casa?

—Así é.

Page 6: A casa da familia March

No o podía crer. A miña casa, ¿o escenario dun asasinato?

—Mira, este era el cando aínda tiña 20 anos —levantouse e acercoume un marco de

fotos.

Me quedei aterrado, atemorizado. Estaba tan asustado como cando encontrei aqueles

ósos no meu soto. A cara daquel mozo… O seu retrato… Coñecíao. Era Miguel.

—¿Pásache algo? De pronto puxécheste moi branco.

Tardei uns segundos en contestar.

—Non, non é nada.

—Está ben, vou buscar o té.

Estaba tan atorado que nin sequera me decatara de que a teteira non fervera, e iso foi

o meu fin. Podería ter saído da casa e fuxido no coche, esquecerme daquela casa e do

que pasara nela, pero en vez diso, quedeime.

Dos seguintes minutos apenas teño recordos. O único do que me lembro foi dun golpe

na cabeza cun obxecto metálico, das miñas mans ensanguentadas pedindo axuda, e

dunha chamada telefónica.

—Ola, quería falar con Carmen.

—…

—Si, con Carmen March.

—…

—Son Anabel, a súa nai.