a arquitectura renacentista. o quattrocento

74
A ARQUITECTURA DO RENACEMENTO: OBRAS SENLLEIRAS E CARACTERÍSTICAS XERAIS PERIODIZACIÓN: QUATTROCENTO (s. XV) CINQUECENTO ou Alto Renacemento (até1527 aprox.). MANIERISMO ou Baixo Renacemento (resto s. XVI) vista de Florencia (Italia) Foco artístico do Quattrocento

Upload: profesor-historia

Post on 24-May-2015

3.219 views

Category:

Education


8 download

DESCRIPTION

Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde presenta as principais características da arquitectura do Quattrocento, a través das obras de Brunelleschi e Alberti

TRANSCRIPT

Page 1: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

A ARQUITECTURA DO RENACEMENTO:

OBRAS SENLLEIRASE CARACTERÍSTICAS

XERAIS

PERIODIZACIÓN:• QUATTROCENTO (s. XV)• CINQUECENTO ou Alto Renacemento (até1527 aprox.).• MANIERISMO ou BaixoRenacemento (resto s. XVI)

vista de Florencia (Italia)Foco artístico do Quattrocento

Page 2: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

VISTAS DA CIDADE DE FLORENCIA

Page 3: A arquitectura renacentista. O Quattrocento
Page 4: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

E en Florencia estudaremos a fermosa capela Pazzi,

construída por F. Brunelleschi.Trátase da súa última obra; sendo,

polo tanto, o seu testamento artístico, un verdadeiro

manifesto ou programa construtivo

Florencia1430-1444

Page 5: A arquitectura renacentista. O Quattrocento
Page 6: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

CAPILLA PAZZI: A PLANTA. FLORENCIA, 1430-1444.

Vista frontal da fachada

Page 7: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

CAPELA PAZZI: ESCALA CONSTRUTIVA

Page 8: A arquitectura renacentista. O Quattrocento
Page 9: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

CAPELA PAZZI: vista lateral do

pórtico

Page 10: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

Detalle do interior do pórtico e da cúpula

Page 11: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

INTERIOR DA CAPELA PAZZI: parede interior da entrada

Page 12: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

INTERIOR DA CAPELA PAZZI.parede do fondo coa capela

Page 13: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

INTERIOR DA CAPELA PAZZI: dende a cúpula

Page 14: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

INTERIOR DA CAPELA PAZZI:cúpula central e da capela

Page 15: A arquitectura renacentista. O Quattrocento
Page 16: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

“Observamos enseguida que esta capela ten moi pouco en común con calquera templo clásico, pero menos aínda coas formas empregadas polos arquitectos góticos. Brunelleschi combinou columnas, pilastras e arcos no seu propio estilo para conseguir un efecto de levedade e graza distinto de todo o realizado anteriormente. Detalles como o esquema da porta, co seu frontón clásico, mostran con canta atención se estudaran as ruínas da Antigüidade e edificios como o Panteón. (...) Aínda vemos isto con máis claridade cando entramos na igrexa. Nada neste brillante e ben proporcionado interior ten que ver cos trazos que os arquitectos góticos tiñan en tan alta estima. Non hai grandes xanelas nin áxiles piares. No seu lugar, a branca parede está subdividida por grises pilastras que comunican a idea dunha “orde clásic”, xa que non desempeñan ningunha función na estrutura do edificio. Brunelleschi só as puxo alí para destacar a forma e proporcións do interior.”

Ernst Gombrich

Page 17: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

A CAPELA PAZZI

Á pequena capela Pazzi accédese dende o claustro da basílica de la Santa Croce (Florencia), xa que se atopa situada no xardín desta. Encargada pola familia Pazzi en 1441 a Filippo Brunelleschi, foi a súa última obra.

Trátase dun edificio de pequenas dimensións e cun pórtico cuberto por bóveda de canón, que se construíu como recinto funerario dos Pazzi. Esta capela foi considerada como o exemplo máis representativo da arquitectura de Brunelleschi, quen aquí amosa, unha vez máis, ademais da cita de elementos clásicos, a súa preocupación polo emprego axeitado das proporcións e da harmonía, empregando como medida a proporción áurea (xa empregada anteriormente polos gregos nos seus templos) no deseño da súa planta e fachada

Page 18: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

• De planta rectangular (centralizada) con cúpula central e pórtico (a suma de ambos os dous elementos xera un cadrado), é, por diversos aspectos, a máis avanzada das solucións arquitectónicas deste arquitecto. A súa fachada é un pórtico de cinco tramos entre seis columnas de orde composta, os catro extremos alintelados e o central en forma de arco de triunfo semicircular moi alto e de dobre anchura, que se cobre por unha bóveda de canón. Sobre tal pórtico érguese un ático decorado con pilastras corintias e seccionado polo gran arco do centro, que se coroa cunha cornixa moi ornamentada. Combina el alintelado grego, co arco central de orixe romana. Arriba sobresae a cúpula coa súa lanterna. Esta organización do pórtico, onde combina a disposión alintelada co arco central, supón unha innovación que será modelo ou fornte de inspiración para numerosos arquitectos

• A cuberta desta capela é unha cúpula semiesférica sobre pechinas, coroada por unha lanterna e perforada por unha serie de óculos dispostos na base da mesma, un en cada plemento

• O espazo interior (as paredes) articúlanse por medio do emprego de pilastras clásicas e entablamentos, xerando unha imaxe rítmica e harmoniosa do edificio. No interior ábrese unha capela onde se coloca o altar, ornamentada con pilastras encostadas con acanaladuras

• O pórtico combina arco central con vans alintelados (serliana) e frisos a base de tondos e estrixilos. O interior serviu de modelo a Miguel Anxo para a sancristía da basílica de San Lourenzo

Page 19: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

A ARQUITECTURA DO QUATTROCENTO ITALIANO

OS GRANDES ARQUITECTOS:• FILIPO BRUNELLESCHI (1377-1446)• LEÓN BAUTISTA ALBERTI (1406-1472)

A UTILIZACIÓN E REINTERPRETACIÓN DA LINGUAXE ARQUITECTÓNICA DA

ANTIGÜIDADE CLÁSICA(arco de 1/2 punto, columnas e pilastras

coas ordes clásicas, entablamentos, decoración de casetóns, etc.)

A BUSCA DA UNIDADE ESPACIAL(CONCEPCIÓN GLOBAL DO EDIFICIO)

PROPORCIONALIDADEE HARMONÍA MATEMÁTICA

A INSERCIÓN DEL EDIFICIONO ENTORNO URBANO

(ESTUDOS DE URBANISMO)

Page 20: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

QUE NOS DI GOMBRICH SOBRE BRUNELLESCHI?

“O caudillo do grupo de artistas novos florentinos foi un arquitecto, Filippo Burnelleschi (1377-1446). El foi o encargado de rematar a catedral de Florencia. Era de estilo gótico, e Brunelleschi tivo que dominar totalmente os principios que formaron parte da tradición á que aquela pertencía. A súa fama, en efecto, é debida en parte a principios de construción e de concepción que non serían posibles sen o seu coñecemento do sistema gótico de abovedar. Os florentinos desexaron que a súa catedral estivese coroada por unha cúpula enorme, pero ningún artista era capaz de cubrir o inmenso espazo aberto entre os piares sobre os que debía descansar aquela cúpula, até que Brunelleschi ideou un método par realizala. Cando foi solicitado para planear novas igrexas e outros edificios, decidiu deixar a un lado o estilo tradicional, adoptando o programa de quen botaban de menos un renacemento da grandiosidade romana. Dise que se trasladou a esta cidade e mediu as ruínas de templos e palacios, sacando apuntamentos ás súas formas e adornos. Nunca foi a súa intención copiar estes antigos edificios. Dificilmente poderían ser adaptados ás necesidades da Florencia do s. XV. O que se propuxo foi conseguir un novo modo de construción, no cal as formas da arquitectura clásica se empregasen libremente co obxecto de crear modalidades novas de beleza e harmonía.

O que segue a ser o máis sorprendente é que realmente logrou impor ese programa. Durante case cinco séculos os arquitectos de Europa e América seguiron os seus pasos”.

Page 21: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

A OBRA DE FILIPPO BRUNELLESCHI

Igrexa de San Lourenzo (1440-1445)

Igrexa do Santo Espíritode Florencia (1420)

Hospital dos Inocentes

Page 22: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

Sancristía vella de San Lourenzo1420-29 (Florencia)

PalacioPitti

(Florencia)

Capela Pazzi (Florencia)

Cúpula de Santa María das Flores

(Florencia)

Page 23: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

Fachada e loxia do Hospital dos Inocentes, Florencia. F. Brunelleschi

Page 24: A arquitectura renacentista. O Quattrocento
Page 25: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

Loxia do Hospital dos Inocentes

Na primeira metade do s. XV na mesma cidade de Florencia realiza a loxia que serve como fachada a un dos hospitais de Florencia.

Primeira obra plenamente renacentista da historia

Ábrese a unha ampla praza. Nela apréciase claramente a inspiración nos edificios clásicos do foro romano e a ágora grega. É un pórtico de extremada lixeireza, xa que posúe amplos vans que sosteñen unha arquitectura arquitrabada nun nivel superior

Vólvese ao arco de medio punto, típico do romano, así como á columna de inspiración clásica, neste caso esveltas columnas de estilo compuesto

A súa grande importancia estriba na aplicación da perspectiva aplicada á arquitectura. No seu interior apréciase perfectamente a compartimentación desta, da loxia. Cada van correspóndese cunha bóveda caída que se une á parede. Dá a sensación de punto de fuga na xanela que servía tamén de hospicios. Nas enxutas coloca grandes medallóns de terracota con temas da infancia

Page 26: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

• Ideada por Brunelleschi en 1420-1429 é unha harmónica construción, fundada sobre as figuras xeométricas regulares do cadrado e do círculo

• A cúpula maior está repartida en doce cuarteiróns, que simbolizan os apóstolos, mentres a tribuna pequena, sobrepasada por unha cúpula pequena que exprime a bóveda do ceo cos signos zodiacais, distínguese por tres nichos, alusivos á Unidade e Trindade de Deus

A decoración polícroma, con historias de S. Xoán Evanxelista e os outros tres evanxelistas, é obra de Donatello, que fixo en bronce tamén as dúas portas, chamadas polas figuras que están alí representadas, dos mártires (á dereita) e dos Apóstolos (á esquerda)

Sancristía vella da Igrexa deSan Lourenzo

Page 28: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

Basílica de San Lourenzo, de planta de cruz latina

Construída a partir de 1419 por Brunelleschi

Page 29: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

Basílica de San Lourenzo de Florencia

• Inspirada nas basílicas paleocristiás que Brunelleschi estudou, tratase dun templo con planta de cruz latina de tres naves, plantexada baixo un esquema 2-1, é dicir, coa nave central máis alta e ancha

• No interior, a nave central ten cuberta alintelada con casetóns e as laterais, bóveda de aresta

• A separación das naves establécese por medio de columnas de orde composta e sobre elas entablamento, no que descarga cada arco de medio punto

• No cruceiro puxo unha cúpula coma cuberta

Nesta igrexa destacan dous aspectos:

• Horizontalidade: empréganse elementos arquitectónicos que reforzan a sensación de horizontalidade, como os entablamentos, a cuberta plana da nave central, etc.

• Harmonía: busca a harmonía empregando criterios xeométricos. Por exemplo, establece formas cúbicas xa que a altura das columnas é idéntica á distancia entre columnas contiguas e entre estas e os muros das naves laterais

Page 30: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

Igrexa do Santo Espírito (Florencia)F. Brunelleschi.

Repite o modelo da Basílica de San Lourenzo

Page 31: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

PALACIO PITTI (FLORENCIA) F. BRUNELLESCHI.

Nesta construción o autor establece o modelo renacentista de palacio Foi amplamente seguido polos seus discípulos (Palacio Médici Ricardi, obra de Michelozzo di

Bartolomeo) O aspecto externo é case dunha fortaleza. Planta en cuadrilátero en que as dependencias se constrúen arredor dun patioMostra unha tendencia á horizontalidade por medio dunha superposición de tres pisos ou corpos. O muro está moi articulado por medio de balaustradas. Empréganse pedras de cantaría almofadilladas, que van sendo máis planas a medida que se gaña altura. Os vans con arco de medio punto constituídos por dovelas almofadilladas. As xanelas levan frontón

Page 32: A arquitectura renacentista. O Quattrocento
Page 33: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

A CÚPULA DE SANTA MARÍA DAS FLORES

A catedral de Florencia é gótica e foi realizada por Arnolfo di Cambio, mais estaba sen concluír, pois se atopaba sen abovedar o cruceiro

Pola altura do edificio, a cúpula que cubrise o edificio non podería ser totalmente semiesférica polos posibles problemas no sistema de empuxes e contrarrestos. A solución que levou a cabo Brunelleschi foi unha cúpula en forma de curva parabólica, que en realidade esta formada por dúas: unha interior, e outra exterior, de ladrillo, e dividida en tramos a modo de cuarteiróns

A distancia entre ambas a dúas cúpulas mantense constante. Polo seu casquete alongado lembra ao gótico. Está construída sobre un tambor poligonal (octógono) decorado con mármores. En cada un dos lados ábrense xanelas circulares

Page 34: A arquitectura renacentista. O Quattrocento
Page 35: A arquitectura renacentista. O Quattrocento
Page 36: A arquitectura renacentista. O Quattrocento
Page 37: A arquitectura renacentista. O Quattrocento
Page 38: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

ELEMENTOS EXTERIORES DA CÚPULA

Cúpula de Santa María das Flores,Florencia. F. Brunelleschi.

lanterna

nerviocasqueteexterior

tamboroctogonal

óculo

plemento

pechinal

Page 39: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

linterna

casqueteexterior casquete

interior

nervios principales

nervios secundarios

aneis de tracción

tambor octogonal

óculo

A cúpula: sección e axonometría

Cúpula de perfil apuntadoque cabalga sobre un tambor

octogonal de 8 panos42 m. de diámetro

Page 40: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

A CÚPULA DE SANTA MARÍA DAS FLORES, DE FLORENCIA. F. BRUNELLESCHI. A LANTERNA

Page 41: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

CALES FORON AS CLAVES DO ESTILO “INNOVADOR” DE BRUNELLESCHI?

Page 42: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

CALES FORON AS CLAVES DO ESTILO “INNOVADOR” DE BRUNELLESCHI?

O redescubrimento da proporción:O todo é a suma das partes

(Sección Áurea ou o Número de Ouro)

As relacións harmónicas da medida da obra humana deberían ser ou reflectir a

harmonía divina do universo

A proporcionalidade matemática do conxunto

arquitectónico (planta, alzado, columnas, capiteis, entablamentos

e cornixas), converte os edificios do Renacemento en

construcións racionalmente comprensibles, cuxa estrutura interna está caracterizada pola

claridade

Page 43: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

O REDESCUBRIMENTO DA PROPORCIÓN A idea renacentista de

beleza e perfección baséase nun racionalismo orientado matematicamente, de forma que a Teoría da Proporción intenta levar a un denominador común o canon de proporcións do corpo humano e as leis matemáticas das formas xeométricas básicas, como a circunferencia e o cadrado, e expresalas en regras de proporción de validez universal

Page 44: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

OS INTERIORES: O ESPAZO

PERSPECTIVO

A simetría e regularidade dos elementos construtivos e a unidade de conxunto, materialízanse nas liñas de perspectiva que guíana mirada do observador e outorgan ao espazo amplitude e profundidade

OS SISTEMAS DE SOPORTES

A columna fundamentalmente, tanto pola súa función construtiva (sustentante), como decorativa, ben illada, formando arquerías, ou combinada con piares

Page 45: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

OS SISTEMAS DE SOPORTES

Emprégase o repertorio das cinco ordes clásicas

A columna é esencial dado que o estudo das súas proporcións é un dos fundamentos do clasicismo, e serve como pauta para determinar toda a proporción do edificio

O carácter rector da columna é o fundamento esencial da beleza arquitectónica na concepción renacentista. Utilizaranse todas as ordes romanas, dende o rústico ao composto, enriquecido co corintio, que é o máis utilizado

Interior da Igrexa do Santo Espírito. Florencia, F. Brunelleschi.

Page 46: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

O arquitecto volve utilizar, de forma sistemática, o arco de medio punto

Sostido por elegantes columnas de orde clásica e formando galerías ou loxias, a súa repetición rítmica contribúe a subliñar a claridade racional dos edificios renacentistas

Page 47: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

Laurana Lucianoc.1420-1479Palacio Ducal

Page 48: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

OS SISTEMAS DE CUBERTA:

a cúpulaa bóveda de ½ canón con casetónsa cuberta plana (artesoado) con casetóns

Page 49: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

A REVALORIZACIÓN DA CÚPULA

Non obstante, o máis importante será a primacía que se lle concede á cúpula como forma ideal construtiva (derivada da admiración que sempre suscitou a cúpula do Panteón de Agripa, en Roma; así como a influencia da arquitectura bizantina que irradiaba San Marcos de Venecia)

A cúpula elévase sobre pechinas e polo xeral con tambor, onde se abren xanelas, adoitando estar rematada con lanterna que lle proporciona luz cenital

Page 50: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

OS SISTEMAS DE CUBERTA

Prodúcese unha profunda renovación, xa sexan de madeira ou de pedra

Nas cubertas de madeira o tipo máis utilizado é ol artesoado: unha superficie plana que se divide en casetóns, que poden ser cuadrangulares ou poligonais, e en cuxo centro adoita situarse unha flor ou outro motivo decorativo, polo xeral dourado ou policromado

Nas cubertas de pedra empréganse preferentemente as bóvedas de canón, as de aresta e as rebaixadas ou vaídas; en todas elas é frecuente que o casquete da bóveda non fique liso, senón que se decore con casetóns, como na arquitectura romana.

Igrexa de San Lourenzo de Florencia,F. Brunelleschi.

Page 51: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

Igrexa de San Sebastián, de Andrea Palladio.A cuberta da nave central é unha bóveda de canón con casetóns

Page 52: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

Valórase a superficie dos muros

Exteriormente reálzanse as pedras de cantaría por medio do clásico almofadillado (mesmo se tallan coma puntas de diamante)

Nos interiores anímase a propia superficie do muro a través de elementos harmonicamente equilibrados: cornixas, pilastras, columnas enmarcadas, etc.

Page 53: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

O APARELLO DO MURO NA ARQUITECTURA RENACENTISTA

A regularidade e a orde xeométrica trasládase á

superficie exterior do muro; o aparello de pedra de cantaría

perfectamente labrada é a expresión racional da visión

xeométrica do edificio

Page 54: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

A DECORACIÓN

O repertorio decorativo inspírase en modelos da AntigüidadeDecoración de tipo fantástico, onde o artista funde caprichosamente os diversos reinos da natureza creando seres monstrosos, en parte animais, en parte humanos,e en parte vexetais ou inanimadods, que reciben o nome de grotescosCando esta decoración se ordena arredor dun vástago vertical, que lle serve de eixe, recibe o nome de candelabro. Os talos ondulantes ascendentes, polo xeral con roleos laterais, que adoitan usar nas pilastras, reciben o nome de subientes. Flores, froitos, trofeos e obxectos diversos pendentes de cintas, festóns, coroas e medallóns, son tamén elementos frecuentes na decoración renacentista

Page 55: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

Repertorio decorativo renacentista

Page 56: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

LEÓN BAUTISTA ALBERTI (1406-1472)

Sistematiza a linguaxe arquitectónica e contribúe á súa difusión. É o grande teórico da arquitectura renacentista.

Os seus edificios denotan unha clara inclinación ao clasicismo, especialmente nas fachadas, onde as columnas, as arcadas, os capiteis e os frontóns con tímpano nos remiten directamente aos arcos de triunfo e aos templos grecorromanos

Escribiu un tratado de arquitectura, De Re Aedificatoria, baseado no libro De Architectura, do escritor romano clásico Vitruvio

Page 57: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

CREADOR DO MODELO DE IGREXA RENACENTISTA

Búscase un tipo de templo que aúne a utilización dos elementos clásicos e as necesidades derivadas do culto e da liturxia cristiáEra preciso compaxinar a grandiosidade dos edificios clásicos e o carácter aéreo da arquitectura gótica; pois se os primeiros impuñan solidez, os segundos distinguíanse pola luminosidade dos interioresOs arquitectos góticos buscaron e lograron desmaterializar o corpo do edificio, borrando os límites espaciais, o arquitecto renacentista inspirarase nas formas xeométricas básicas, que xa se atopaban nos edificios clásicos. O círculo e o cadrado, o cubo e a esfera, o cilindro, serán as formas máis adecuadas, grazas á súa perfecta regularidade e racionalidade. A dinámica lineal e ascendente do gótico será desprazada pola lóxica claridade do clasicismo

San Andrés de Mantua, 1470. L. B. Alberti.

Page 58: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

San Andrés de Mantua, 1470. L.B. Alberti.

O desexo de fundir ambos os dous modelos conduce ao prototipo ideado por Alberti en San Andrés de Mantua, de igrexa de planta basilical dunha nave con capelas laterais e

cruceiro con cúpula, na que a gradación lumínica está perfectamente lograda ao se

concentrar a luz no cruceiro e no presbiterio

Page 59: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

Interior de San Andrés de Mantua:

Vista da nave e da cúpula do cruceiro

Page 60: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

• A fachada está constituída polo grandioso arco de medio punto que cerra a portada, flanqueado por dúas pilastras corintias a cada lado

• A bóveda de canón que recobre este van está decorada con casetóns clásicos

Fachada de San Adrés de Mantua:a “Orde Xigante”

Page 61: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

San Andrés de Mantua, 1470. L. B. Alberti.

Page 62: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

O concepto de pórtico monumental dos arcos de triunfo romanos inspirou a Alberti para deseñar a fachada desta igrexa, rematada por un frontón triangular en lugar do ático clásico

Page 63: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

la iglesia: la parte superior de la fachada fue diseñada por Alberti.

Santa María Novella, Florencia.L. B. Alberti.

Destacan as dúas S, volutas xigantes,que unifican os dous corpos da fachada

Page 64: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

Santa Mª NovellaFlorencia

Page 65: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

Leon Battista Alberti 1404-1472

Templo Malatestiano

Page 66: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

DESENVOLVEMENTO DA ARQUITECTURA

CIVIL NO RENACIMIENTO

Predominan dous tipos de construcións, ademais do gran desenvolvemento que terán os edificios públicos (casas de concello, lonxas, pontes, etc.):

O Palacio A Vila, que terá un gran

desenvolvemento durante o s. XVI

Alberti contribúe a fixar o modelo de palacio urbano renacentista

Page 67: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

Os palacios renacentistas florentinos adoptan a forma cerrada dun bloque, con pisos ben diferenciados, xanelas repartidas regularmente e recintos de altura uniforme, sen ter en conta a distinta función das estancias

A torre medieval desapareceu, pero aínda é recoñecible a tradición medieval dos palacios toscanos

Palacio Médici Ricardi

Realizado por Michelozzo cara ao 1444 en Florencia, convértese no exemplo dos palacios da cidade

Page 68: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

Segmento de fachada delPalacio Médici Ricardi

Os vans da fachada adoitan estar enmarcados e decorados con elementos arquitectónicos de raíz clásica (pilastras,

frontóns, etc.) que se repiten de forma rítmica

Page 69: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

Patio interior do palacio Médici Ricardi

A estrutura do edificio está condicionada pola claridade racional; no interior agrúpanse as catro ás arredor dun patio interior arrodeado por logias (galerías

abertas de arcos de medio punto sobre columnas que se repiten regularmente)

Page 70: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

TRAZOS DO PALACIO RENACENTISTA

Palacio Rucellai, FlorenciaL.B. Alberti. 1446

Son edificios concibidos coma un “bloque” de forma cerrada, aínda que abertos á cidade e integrados no espazo urbano (módulo de proporcionalidade e perspectivas)Muros exteriores almofadillados con pedra de cantaría refundida nas arestasSuperposición das diferentes ordes clásicas nos tres andares da fachada (como no Coliseo romano)Os diferentes andares están separados por medio de entablamentosXanelas “albertinas” (xanelas bíforas, rematadas en arco de medio punto, englobados nun maior en cuxo tímpano atopámos un óculo)

Page 71: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

Esquema compositivoda fachada do

PALACIO RUCELLAI

Page 72: A arquitectura renacentista. O Quattrocento
Page 73: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

PALACIO PITTI (FLORENCIA). O PRECEDENTE DE F. BRUNELLESCHI

Page 74: A arquitectura renacentista. O Quattrocento

PALACIO STROZZI EN FLORENCIA.

LEÓN BAUTISTA ALBERTI.