105074 la lingua 4eso 1t gal.pdf 23/3/12 12:11:33 4 ... · mento. variables que non se teñen en...

23
4ESO Lingua e Literatura PRIMEIRO TRIMESTRE rodeira

Upload: others

Post on 29-May-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 105074 LA LINGUA 4ESO 1T GAL.pdf 23/3/12 12:11:33 4 ... · mento. Variables que non se teñen en conta á hora de com-parar territorio. O 35% dos nosos habitantes teñen máis de

PRIM

EIRO

TRI

MES

TRE

4ESOLingua e Literatura

105074

PRIMEIRO TRIMESTRE

rodeira

PRIM

EIRO

TRI

MES

TRE

Ling

ua e

Lite

ratu

ra

4

ESO

rode

ira

www.edebe.comAtención ao cliente:

902 33 32 35

ESOrodeira

Ling

ua e

Lite

ratu

ra

4

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

105074_LA_LINGUA_4ESO_1T_GAL.pdf 23/3/12 12:11:33

Page 2: 105074 LA LINGUA 4ESO 1T GAL.pdf 23/3/12 12:11:33 4 ... · mento. Variables que non se teñen en conta á hora de com-parar territorio. O 35% dos nosos habitantes teñen máis de

Unidade2

CONTIDOSLECTURA. COMPETENCIA LECTORAOs fogares galegos contan con Internet?

GRAMÁTICAA palabra (I). A adecuación: intención.

ORTOGRAFÍAUso do «n» e do «ñ».

LINGUA E SOCIEDADEHistoria da lingua: as décadas da ditadura.

LÉXICO E SEMÁNTICAAs novas tecnoloxías. Os campos semánticos.

EXPRESIÓN ESCRITA, ORAL E AUDIOVISUALA presentación multimedia.

LITERATURAPrimeiro terzo do século XX: a narrativa.

Que pretendemos aprender con esta unidade?

Comunicación lingüística e audiovisual• Ler para gozar da lectura e interpretar os da-

tos.• Identificar as características estruturais das

presentacións multimedia.• Ser consciente dos compoñentes morfosintác-

ticos e ortográficos da lingua escrita: a palabra ea adecuación: intención. Uso do «n» e do «ñ».

• Mostrar interese por empregar un vocabulariocorrecto e preciso.

Autonomía e iniciativa persoal• Aplicar no traballo valores como a creatividade

e a responsabilidade.

Tratamento da información e competencia dixital• Utilizar de maneira axeitada as TIC.

COMPETENCIAS BÁSICAS

32 Unidade 2

105074_02 LENGUA ESO4_RODEIRA 03/04/12 12:00 Página 32

Page 3: 105074 LA LINGUA 4ESO 1T GAL.pdf 23/3/12 12:11:33 4 ... · mento. Variables que non se teñen en conta á hora de com-parar territorio. O 35% dos nosos habitantes teñen máis de

Que son as novas tecnoloxías? Hoxe en día estapregunta case non ten sentido porque quen máis equen menos está vinculado a elas.

Sabemos que fan referencia aos últimos desenvolve-mentos tecnolóxicos e ás súas aplicacións pero...,realmente coñecémolas todas? Cales dirías que em-pregas máis? Considéralas un bo adianto para ahumanidade? Por que?

33

105074_02 LENGUA ESO4_RODEIRA 03/04/12 12:00 Página 33

Page 4: 105074 LA LINGUA 4ESO 1T GAL.pdf 23/3/12 12:11:33 4 ... · mento. Variables que non se teñen en conta á hora de com-parar territorio. O 35% dos nosos habitantes teñen máis de

34 Unidade 2

Os fogares galegos contan con Internet?

LECTURA. COMPETENCIA LECTORA

5

10

15

20

25

30

35

40

45

50

55

60

65

ENTREVISTA A MAR PEREIRA

«Por primeira vez, máis do 50 % dos fogares galegos estánconectados a Internet»

A secretaria xeral de Modernización, achéganos nestaentrevista a súa visión sobre o pasado, o presente e ofuturo das novas tecnoloxías ao servizo do noso pulosocial e empresarial.

Galicia, aínda que non se vexa a simple vista, vive unha re-volución: a dixital. Unha revolución que aínda ten certaseivas que solucionar, pero que en palabras de Mar Pereira,secretaria xeral de Modernización, achega un mundo deposibilidades en múltiples ámbitos: coñecemento, mer-cados, formación e emprego. Ao seu xuízo, non hai alter-nativa posible: cómpre estarmos na rede e, ademais, enigualdade de condicións. De aí xorden iniciativas como oPlan de Banda Larga, impulsado polo seu departamento, doque nos ofrece informes recentes: con este ano que rema-ta, dotará de cobertura 421 000 persoas que carecían deacceso a Internet hai pouco máis de ano e medio. Pereiratamén nos achega o seu punto de vista sobre unha loita quelle toca ben de preto: a loita contra a fenda dixital. Segun-do apunta, por primeira vez, máis da metade dos fogaresgalegos están conectados a Internet.

—Como cre que nos afectaron, ás galegas e galegos,estes anos de ir meténdonos na Sociedade da Infor-mación?

—Un sinal evidente do cambio en materia tecnolóxica daúltima década é que ata o ano 2002 o INE non publicou osprimeiros datos sobre tecnoloxías da información. A pesarda súa curta vida, a adopción das tecnoloxías da informa-ción por parte da sociedade está a producirse a un ritmo devertixe. En Galicia, igual que no resto do mundo, as novas

tecnoloxías están a reportarnos vantaxes mellorando a nosacalidade de vida e facilitándonos o acceso a novos servizos.É indiscutible que hai que estar na rede. A nosa obriga éfacilitarlles o acceso a ela a todos os galegos en igualdadede condicións. Desde a Administración autonómica esta-mos realizando un importante esforzo neste sentido, po-ñendo os medios para ocupar o lugar que nos correspondena sociedade de información a través da estratexia tecno-lóxica 2014.gal, que abrangue tanto a implantación denovas redes de telecomunicacións como a dinamización douso das tecnoloxías entre a sociedade.

—Como lle afecta á Administración autonómica a súaaposta polas ferramentas e servizos dixitais?

—As tecnoloxías permítennos conseguir obxectivos degrande alcance en diferentes ámbitos como a sanidade, aeducación ou a xustiza. Os avances que se acadan nestasáreas repercuten directamente sobre os cidadáns mello-rando a súa calidade de vida e simplificando a súa rela-ción coas administracións. E así ponse de manifesto con ini-ciativas como Abalar que está a cambiar a aula tradicionalpola aula dixital e que é xa unha realidade para preto de33 000 alumnos de 370 centros. Tamén os avances no ám-bito sanitario como a receita electrónica que en 2010 per-mitiu unha redución de 1,5 millóns de citas médicas. Ou-tro exemplo é a modernización da xustiza ou os avances enAdministración electrónica para acadar o obxectivo fun-damental de que todos os cidadáns teñan acceso aosmesmos servizos, independentemente, do lugar no que vi-van. Ademais, o Goberno galego está a impulsar o usodas redes sociais como canle de diálogo, participación, con-sulta e opinión. A Administración autonómica incrementouprogresivamente a súa presenza nestas canles e actualmen-te arredor de 15 departamentos da Xunta teñen contas

eiva: aquilo que fai que algo ou alguén non sexa como debeser, ou non se considere bo ou perfecto.

fenda: abertura estreita e longa que se fai nun corpo sólido,sen que chegue a dividirse de todo.

105074_02 LENGUA ESO4_RODEIRA 03/04/12 12:00 Página 34

Page 5: 105074 LA LINGUA 4ESO 1T GAL.pdf 23/3/12 12:11:33 4 ... · mento. Variables que non se teñen en conta á hora de com-parar territorio. O 35% dos nosos habitantes teñen máis de

mento. Variables que non se teñen en conta á hora de com-parar territorio. O 35 % dos nosos habitantes teñen máis de55 anos fronte ao 27 % do resto, e a xente que reside nascidades é só do 35,7 % da poboación. Para eliminar a fen-da dixital o primeiro é avanzar na dotación de infraestru-turas de telecomunicación e acadar unha Galicia conecta-da. E nese obxectivo estamos a traballar a través do Plande Banda Larga de Galicia, que rematará dotando de cober-tura 421 000 persoas que carecían de acceso á Internethai pouco máis de ano e medio.

—Que ten proxectado a medio e longo prazo a Secre-taría Xeral de Modernización no camiño da universali-zación en Galicia do acceso ás novas redes do coñece-mento?

—Continuaremos consolidando as medidas postas en mar-cha a través da Axenda Dixital 2014.gal. Entre elas, avan-zaremos na extensión da banda larga en toda Galicia paraacadar o 100 % de galegos con cobertura en 2013. Ademais,porase en marcha un programa de axudas para a contra-tación de novas conexións a Internet dirixido ás familias ga-legas con menos recursos económicos. Outro dos eixes prio-ritarios é a consolidación do proceso de modernizaciónda Administración pública. Nesta liña porase en marcha oCentro de Proceso de Datos Integral (CPDI), unha infraes-trutura clave para reducir o gasto corrente, mellorar a efi-ciencia enerxética e acadar un aforro importante. Para avan-zar cara a unha verdadeira Administración electrónica, con-tinuaremos consolidando a sede electrónica para acadara presentación telemática nun 90 % dos novos procedemen-tos de relación entre os cidadáns e as administracións. Noámbito xudicial e no educativo darase continuidade ao PlanSenda e ao Proxecto Abalar para integrar as TIC na Xustizae na Educación. No eido empresarial, O Centro Demostra-dor TIC de Galicia continuará ampliando as súas actividadespara facer máis competitivos os sectores estratéxicos de Ga-licia facilitando a incorporación das novas tecnoloxías aosseus modelos de negocio.

Número 100 | EDICIÓN ESPECIAL Código Cero (adaptación)

35Lectura. Competencia lectora

LECTURA. COMPETENCIA LECTORA

75

70

80

85

90

95

100

105

110

115

130

135

140

145

150

125

120

en redes sociais como Facebook, Twitter, Tuenti, Flickr,Youtube e Vimeo e o portal corporativo www.xunta.es con-ta con preto de 5 000 seguidores en Facebook e Twitter.

—Como está Galicia, no ámbito europeo, en materiade Administración Electrónica?

—O Goberno galego está a avanzar na folla de ruta que mar-ca 2014.gal Axenda Dixital de Galicia para converxer con Eu-ropa e á que nos obriga, ademais, a Lei 11/2007 para faci-litarlles o acceso aos cidadáns á Administración a travésde medios telemáticos. Neste sentido, a recente posta enmarcha da sede electrónica marca un fito importante. Vimosde crear o que, nun futuro, será un punto de acceso únicoa toda a Administración e as súas entidades instrumentaisa través da rede. Pero ademais, facilitámoslles aos emprega-dos públicos as ferramentas necesarias para avanzar cara áverdadeira administración electrónica. Así iniciouse a emi-sión da tarxeta intelixente entre os profesionais da Admi-nistración xeral e da Xustiza que os acredita dixitalmente epermítelles asinar documentos de xeito electrónico. Soniniciativas enmarcadas no Plan de Modernización da Ad-ministración e van parellas a outras accións como a en-trada en vigor do DOG dixital, actuacións encamiñadas aacadar unha Administración aberta as 24 horas, os 365 díasdo ano e a cumprir coa política cero papel. Por outra ban-da, o Goberno galego vén de aprobar o Decreto 201/2011,do 13 de outubro, polo que se regula a presenza da Admi-nistración xeral e do sector público autonómico de Galiciana Internet. Nel, ademais de definir o modelo de presenzada Xunta na Internet e fomentar a participación cidadá através das redes sociais, impúlsase o avance cara ao OpenData, facilitando o reemprego dos datos que xera a Admi-nistración pública por parte de cidadáns e empresas.

—Estamos preto de tirar abaixo os atrancos que sepa-ran a sociedade galega da Sociedade do Coñecemento?

—A Comunidade reduciu a fenda dixital coa media estatalen 2,5 puntos no uso de ordenador e en 2 puntos no uso deInternet. Os últimos datos do INE de 2011 sobre Socieda-de de información na Comunidade indican que, por primei-ra vez, máis do 50 % dos fogares galegos están conecta-dos á Internet e que o 51,6 % se conecta mediante bandalarga, un 11 % máis que no ano 2010. Ademais, somos a ter-ceira comunidade autónoma con maior uso da Adminis-tración electrónica por parte da cidadanía para obter infor-mación das páxinas web. Polo tanto, estamos a adiantar noconxunto do Estado no grupo de idade de 10 a 15 anosen uso de ordenador e telefonía.

Hai que ter en conta que Galicia partiu cunha posición dedesvantaxe respecto doutras comunidades. Isto obedece adous factores: a dispersión poboacional e o envellece-

eixe: punto central ao redor do que se moven ou desenvolven di-versas cousas.

105074_02 LENGUA ESO4_RODEIRA 03/04/12 12:00 Página 35

Page 6: 105074 LA LINGUA 4ESO 1T GAL.pdf 23/3/12 12:11:33 4 ... · mento. Variables que non se teñen en conta á hora de com-parar territorio. O 35% dos nosos habitantes teñen máis de

Despois de ler

36 Unidade 2

COMPETENCIA LECTORA

COMPRENSIÓN1. Responde estas preguntas sobre a lectura.

— Que se pretende coa estratexia tecnolóxica Axenda Dixi-tal 2014.gal?

— Que avances tecnolóxicos se acadan na Administración?

— Que se aproba no Decreto 201/2011, do 13 de outubro?

— Que é o CPDI? Cando e para que se vai poñer en marcha?

— Que é a tarxeta intelixente da que se fala no texto? Quena vai poder empregar?

— Que se pon de manifesto con iniciativas como Abalar?

3. Apoiándote nas palabras da lectura, indica se estes enunciados son verdadeiros ou falsos.

REFLEXIÓN

CREACIÓN

2. Completa, no teu caderno, un cadro coma este tirando da información que liches no texto.

4. No texto fálase de que Galicia vive unha revolución dixital.

— Estás de acordo con esta afirmación? Por que?

— Elabora un texto no que deas a túa opinión persoal sobre a situación tecnolóxica coa que conta Galicia nestes momentos.

REFLEXIÓN

5. Que se quere dicir coa expresión «hai que loitar contra a fenda dixital»?

— En grupos, comentade de forma razoada a vosa opinión sobre o seu contido.

— Intercambiade, despois, a vosa opinión coa do resto de compañeiros.

Repercusións

Vantaxes que achegan a Galicia.

Desvantaxes coas que parte Galicia respecto doutras comunidades.

Exemplos

Novas tecnoloxías

• A adopción das tecnoloxías da información por parte da so-ciedade está a producirse a un ritmo de vertixe.

• Iniciativas como Internetlar están a cambiar a aula tradicio-nal pola aula dixital.

• Arredor de 75 departamentos da Xunta teñen contas en re-des sociais como Facebook, Twitter, Tuenti...

• Galicia é a terceira comunidade autónoma con maior usoda Administración electrónica por parte da cidadanía.

• Vaise poñer en marcha un programa de axudas para acontratación de novas conexións a Internet dirixido ás fa-milias con máis recursos económicos.

— Converte os enunciados falsos en verdadeiros.

105074_02 LENGUA ESO4_RODEIRA 03/04/12 12:00 Página 36

Page 7: 105074 LA LINGUA 4ESO 1T GAL.pdf 23/3/12 12:11:33 4 ... · mento. Variables que non se teñen en conta á hora de com-parar territorio. O 35% dos nosos habitantes teñen máis de

37Gramática

GRAMÁTICA

A palabra (I)

As palabras que teñen un mesmolexema forman unha familia depalabras.

REPARA

A palabra é a unidade base do discurso. Adóitase dicir que é a unidade míni-ma libre e o sintagma mínimo. É dicir, a palabra é unha unidade que pode illar-se e pronunciarse independentemente e constituír, en si mesma, unha fraseou sintagma.

Nesta unidade coñeceremos a estrutura interna das palabras e as posibilida-des de formación de novas voces.

Toda palabra está formada por un lexema ao que lle podemos sumar diferen-tes morfemas. Deseguida, vémolo mediante exemplos.

O lexema (LEX) é a parte da palabra que non varía e que achega o significadofundamental.

O morfema é a unidade mínima con significado en que podemos dividir unhapalabra. Engádese ao lexema para modificar o seu significado e, algúns deles,permiten a creación de novas palabras. Existen varias clases de morfermas. Ve-laquí temos a súa clasificación. Presta atención!

Morfemas flexivos: proporcionan información sobre o xénero e o número naflexión nominal ou o modo-tempo e o número-persoa na flexión verbal. A súacaracterística fundamental é que non cambian a categoría das palabras.

Dentro destes distinguimos os seguintes:

— Morfemas de xénero (MFX): serven para expresar a flexión de xénero, «-o»para masculino e «–a» para feminino.

— Morfemas de número (MFN): permiten diferenciar o singular do plural. Osingular carece de marca e o plural indícase cos morfemas «–s», «-es» ou «-is».

chuvasca-da

chuvisca chuvieira

chuvioso chuvia chuvasco

chuviscarchuvas-queiro

chuviña-da

Velaquí tes un exemplo máis cla-rificador.

gatos

gat - o - s

LEX MFX MFN

REPARA

libr-olibr-eirolibr-aría

canción-sflor-esanima-is

nen-o

nen-a

105074_02 LENGUA ESO4_RODEIRA 03/04/12 12:00 Página 37

Page 8: 105074 LA LINGUA 4ESO 1T GAL.pdf 23/3/12 12:11:33 4 ... · mento. Variables que non se teñen en conta á hora de com-parar territorio. O 35% dos nosos habitantes teñen máis de

38 Unidade 2

GRAMÁTICA

Velaquí tes un exemplo máis cla-ro da flexión verbal.

cant- a- ba- mos

LEX VT MMT MNP

REPARA En canto á flexión verbal podemos sinalar os seguintes morfemas.

A vogal temática (VT) é un morfema que indica a categoría verbal do lexema.A súa función é sinalar o tema e a conxugación á que pertencen os verbos.

cant-a-mos

beb-e-mos

durm-i-mos

Morfema modo-temporal (MMT): indica o modo e o tempo do verbo.

cant-a-baMorfema número-persoal (MNP): sinala o número e a persoa de quen realizaa acción verbal.

cant-a-mosOs morfemas derivativos tamén reciben o nome de afixos (prefixos e sufixos).O emprego destes morfemas permite a creación de novas palabras por derivación.

— Prefixos: son afixos que se colocan antes do lexema e modifican o seu sig-nificado, creando unha palabra nova.

des-orde

— Sufixos: teñen as mesmas propiedades que os anteriores, pero aparecen des-pois do lexema.

zapat-eiro— Interfixos: só teñen función de enlace, xa que carecen de significado.

en-s-anchar

te-t-eira

Procedementos de creación de palabrasPodemos atopar varios tipos de palabras, segundo o seu procedemento decreación:

— Palabras simples: son aquelas que só teñen un lexema. Poden levar sufi-xos flexivos.

nen-o

nen-o-s

— Palabras derivadas: son aquelas que teñen un lexema ao que lle engadimosun ou varios afixos derivativos.

des-honra

social-mente

— Palabras compostas: proceden da unión de dous ou máis lexemas.

agri + doce= agridoce

— Palabras parasintéticas: son as que se forman mediante a unión simultáneadun prefixo e dun sufixo, sen que se poida formar unha palabra intermedia.Polo tanto, non poderemos eliminar ningún dos afixos engadidos:

embarcación (non existe *embarca, nin* barcación)

Outro xeito de crear palabras parasintéticas sería a combinación de dous le-xemas e un sufixo. Neste caso, danse á vez os procesos de derivación e com-posición, sen que exista na lingua o derivado só, nin o composto só.

sete-mes-iño

Nas palabras parasintéticas os ele-mentos que rodean o lexema sonnecesarios e deben aparecer simul-taneamente. Fíxate nos exemplos.

Anoitecer

(Prefixo + Lexema + Sufixo)

Automobilista

(Lexema + Lexema + Sufixo)

REPARA

MORFEMAS DERIVATIVOS

PREFIXOS SUFIXOS

INTERFIXOS

105074_02 LENGUA ESO4_RODEIRA 03/04/12 12:00 Página 38

Page 9: 105074 LA LINGUA 4ESO 1T GAL.pdf 23/3/12 12:11:33 4 ... · mento. Variables que non se teñen en conta á hora de com-parar territorio. O 35% dos nosos habitantes teñen máis de

39Gramática

GRAMÁTICA

A adecuación é unha das tres propiedades básicas que debe posuír todoenunciado para que sexa eficiente e cumpra a súa función comunicativa.

Para que un texto sexa adecuado cómpre respectar unhas normas, previa-mente establecidas, e ter en conta aquilo que queremos comunicar.

Existe unha intención comunicativa que o emisor ten presente cando con-fecciona un texto. Desta maneira, selecciona o tema e crea a mensaxe paraque sexa comprendida polo receptor. Trátase da finalidade que o emisor que-re conseguir co seu texto: informar, persuadir, ordenar… Para isto, o emisor,selecciona tamén o rexistro. É dicir, escolle a linguaxe máis adecuada paracada contexto. Falamos de dous tipos de rexistros:

Rexistro formal: é un rexistro coidado que emprega a norma estándar doidioma e que os falantes utilizan en contextos formais (en conferencias, mediosde comunicación, nalgúns textos literarios, na aula… ). Velaquí tes un exemplo.

Rexistro informal ou coloquial: é o que empregamos a maior parte do tem-po na nosa vida cotiá, polo que é menos formal e móstrase como menos coi-dado (na casa, cos amigos, coa parella…).

É importante sinalar que o nivel de formalidade/informalidade debe ser cons-tante para cada contexto. Débense evitar os vulgarismos, os tecnicismos inapro-piados ou as confusións de diferentes estilos nun mesmo texto.

A adecuación: intención

«Eso pásavos por non saber ter conta coa bebida».

«Díxolle o pote á sartén’, marmulou o Milhomes que en-dexamais ficaba calado anque tivese morrendo. E coa mes-ma puxo a manta por enriba da testa e botou a andar.»

«¡Párate eí, merda vella…! En canto me poida endereitarvouche comer os fígados; malia a nai que te abatanou…!»

Eduardo Blanco Amor, A Esmorga (adaptación)

Artigo 10

1. Os topónimos de Galicia terán como única forma oficiala galega.

2. Correspóndelle á Xunta de Galicia a determinación dosnomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcle-os de poboación, das vías de comunicación interurbanase dos topónimos de Galicia. O nome das vías urbanas serádeterminado polo Concello correspondente.

3. Estas denominacións son as legais a tódolos efectos e arotulación terá que concordar con elas. A Xunta de Gali-cia regulamentará a normalización da rotulación públicarespectando en tódolos casos as normas internacionaisque subscriba o Estado.

Lei de Normalización Lingüística de Galicia, Título II, Artigo 10

O xornalismo desenvólvese en medios escritos eaudiovisuais, empregando sempre un rexistro formal.

105074_02 LENGUA ESO4_RODEIRA 03/04/12 12:00 Página 39

Page 10: 105074 LA LINGUA 4ESO 1T GAL.pdf 23/3/12 12:11:33 4 ... · mento. Variables que non se teñen en conta á hora de com-parar territorio. O 35% dos nosos habitantes teñen máis de

40 Unidade 2

GRAMÁTICA

6. Sinala os lexemas das seguintes palabras.

7. Completa os ocos con estas opcións: morfema flexivo oumorfema derivativo.

• Os que non cambian a categoría gramatical da palabrason os…

• Un afixo é un….

• -Dade é un…

• Os que permiten crear novas palabras son os…

• Un MMT é un…

• Extra- é un…

• Un morfema de xénero é un…

8. Divide os seguintes verbos atendendo aos seus morfe-mas flexivos.

9. Indica cales destas palabras son simples, derivadas, com-postas ou parasintéticas.

10. Engádelles sufixos e prefixos aos seguintes lexemas e creafamilias léxicas formadas, polo menos, por catro palabras.

— Agora explica que significado lles achegan estes sufi-xos e prefixos ás novas palabras que creaches.

11. Le este texto.

— Substitúe os termos e expresións subliñadas por outrosmáis cultos.

xustiza

can

bisavoas

mulleres

realeza

montes

biosbardos

noces

novidades

VERBO LEXEMA VT MMT MNP

crían

puxera

dado

saíres

valerei

couber

moede

dixemos

amontoar

chaves

enviuvar

telescopio

facilmente

luns

abrelatas

madrugador

terremoto

amencer

Colacao

Bueno, disque eran mal levados. El disque lle daba ma-lleiras, e claro… Non. Arrear, arreáballe, que dunha vezdisque a mandou ao hospital. E o conto é que elafartouse. Pois non sei, el antes vendía o cupón, non sa-bes, pero dáballe ao alpiste. Aí a eso das oito da tardexa che estaba peneque. E ademais era faltón, quenon penses ti que porque era cego... collía de bastóne veña bastonadas. Ai, tamén lle teñen arreado a el, te-nas levado boas, que a min dáme reparo sacudirlle aun cego, pero tamén se se pon chulo… Porque un tipodeses arréache unha bastonada e que? Ai si, ti falasmoito pero queríate eu ver no sitio, non penses queera unha calcomanía, que era un tiparraco… Mira, comaaquel da gabardina azul, pero máis ancho, si, o doperiódico. Pero máis ancho. Érache unha mula de ca-rallo. Botábache unha man e adiós muy buenas. Poiso tipo era mal levado con todo quisque. Estaba pele-xado cos veciños, aos fillos arre áballes cada chaque-tilla de medo, e á muller, xa ti ves. Pois o jicho tiña uncan deses pequenos, un marilín deses, e disque lle que-ría coma se fora un fillo. Bueno, tes razón ti, coma unfillo non, quereríalle algo mellor. Pois o choio é quepara o can, todo veña aloumiños, a mellor comida, eá familia hostias. E o caso foi ese, que a muller far-touse e, hala. Pois si señor. Así mesmiño. O tipo che-ga pola mañá, senta na mesa a almorzar, vai a muller,ponlle diante, coma sempre, unha cunca con cola-cao, así como temos nós aquí estes vasos, e vai otipo, bota man da cunca, bebe... Tan tranquilo, oes, perologo, vai, empeza a retorcerse e, pamba, espichouna.Á pataqueira. E vai ela e mandou o can detrás, me-teulle o mesmo na comida. Se cadra, o animaliño la-droulle por facerlle mal ao amo ou así. Os animais te-ñen moito entendemento, téñenche moito instinto. Ocaso é que ela preparouno tamén. Non, caer, hanllecaer uns anos. O malo é dos rapaces.

Suso de Toro, Polaroid (1986)

pan-arb-

camiñ-pedr-barc-AC

TIVI

DAD

ES

105074_02 LENGUA ESO4_RODEIRA 03/04/12 12:01 Página 40

Page 11: 105074 LA LINGUA 4ESO 1T GAL.pdf 23/3/12 12:11:33 4 ... · mento. Variables que non se teñen en conta á hora de com-parar territorio. O 35% dos nosos habitantes teñen máis de

41Ortografía

ACTIVIDADES

ORTOGRAFÍA

Neste tema imos ver a variedade de posibilidades que se poden dar á hora dediscernir se unha palabra leva «n», «ñ» ou ningunha das dúas. Pon atención!

Uso do «n»Dependendo de se estamos ante unha palabra culta, semiculta ou patrimonialaparecerá o «n» ou non. A regra fonética básica é saber que na evolución dolatín ao galego o -n- intervocálico desaparece nas palabras patrimoniais, men-tres que se conserva nos cultismos e nos semicultismos.

• Palabras que levan «n»: canón, danar, enganar, ensinar, escena, pestana, sinal,albanel, cabana, dona, abandonar, apaixonar, condenar, consonancia, lunar...

• Non levan «n» intervocálico: abotoar, ameaza, amoestar, amontoar, apisoar,area, cadea, campá, comadroa, conter, contido, coroa, doar, doazón, empadroar,estrea…

• Palabras que non levan «n»: abdome, albará, campá, certame, réxime...

Uso do «ñ»A representación gráfica do «ñ» varía dependendo da lingua románica. En italia-no e francés emprégase o dígrafo «gn», en portugués o «nh», no catalán «ny» eno castelán, o vasco e o galego «ñ». No entanto, en galego empregamos o dígra-fo «nh» para representar o n velar (unha).

Confusión entre as terminacións -iño/-iña.

• Rematan en -iño ou -iña as palabras patrimoniais que proceden de voces la-tinas coa terminación -INUM ou -INAM.

-iño: golfiño, mariño, mesquiño, niño, padriño, pergamiño, sobriño, touciño...

-iña: madriña, mañanciña, panxoliña, piña, tardiña, viña, xoaniña, zamburi-ña...

• Rematan en -ino ou -ina algúns préstamos doutras linguas e voces latinasintroducidas por vía culta.

-ino: albino, asasino, bovino, capuchino, casino, clandestino, cristalino...

-ina: doutrina, esquina, gabardina, gasolina, guillotina, heroína...

12. Engade «n» ou «ñ» segundo o estimes necesario.

• O co frade enga ou os seus irmáns para apa ar un poucomáis de vi o.

• Fertilizar o terreo de seca o abando ado é rememorar a vidade anta o.

• Ali ar a comida despois de traballar no muí o é tradiciónaquí.

• A patela está chea de sardi as. Haberá bo qui ón.

• En xu o darase o ditame do réxime xudicial.

• A comadro a tirou de enxe o para sacar adiante a situación.

• Ento ar para prego ar é tradición xa esquecida nas vilas.

13. Indica se as seguintes palabras requiren a terminación -ino/-inaou -iño/ -iña.

14. Redacta un texto de vinte liñas sobre as novas tecnoloxías.

— Para iso debes empregar todas as palabras que poidasdas que acabamos de ver.

Uso do «n» e do «ñ»

gasoli a

lati o

mari o

ladi o

albari o

brillanti a

maimi o

porci o

guilloti a

mesqui o

divi o

corti a

golfi o

peregri o

espi a

gabardi a

meni o

coci a

A palabra xoaniña escríbese con «ñ».

105074_02 LENGUA ESO4_RODEIRA 03/04/12 12:01 Página 41

Page 12: 105074 LA LINGUA 4ESO 1T GAL.pdf 23/3/12 12:11:33 4 ... · mento. Variables que non se teñen en conta á hora de com-parar territorio. O 35% dos nosos habitantes teñen máis de

42 Unidade 2

LINGUA E SOCIEDADE

Tras a Guerra Civil española (1936-1939), comezou unha ditadura que, dirixidapolo xeneral Francisco Franco, duraría ata o ano 1975. Neste tempo, e como con-secuencia dunha política dura e represiva, a lingua galega retrocedeu todo o queavanzara nos últimos anos do século XIX e no primeiro terzo do XX.

A lingua galega desapareceu da Administración, da escola, da Igrexa, dos mediosde comunicación e das actividades económicas e culturais. Pero a presenza dogalego no ámbito familiar estaba tan arraigada que nin sequera tantos anos deditadura foron quen de facela desaparecer. Pola contra, no eido cultural, a produ-ción literaria limitouse a algún texto ocasional permitido polo réxime.

No exilio americano, na década de 1950, atopouse o principal foco da cultura ga-lega, despois de que moitos dos mellores intelectuais abandonasen a terra. Osartistas exiliados desenvolveron o seu labor cultural nos países de acollida, ondeeditaron obras en galego, promoveron e organizaron eventos e crearon diferen-tes compañías teatrais.

Sen dúbida foi Bos Aires o referente senlleiro da expresión cultural da diásporagalega. Na capital arxentina xa existía unha comunidade numerosa de emigran-tes galegos e foi tamén alí onde se asentou o Consello de Galiza.

Arredor da figura de Castelao, que morrería nesta cidade en 1950, xuntouseun numeroso grupo de intelectuais que continuaron o labor cultural encetadona II República. Algúns xa emigraran á Arxentina antes da contenda, como Blan-co Amor, Emilio Pita ou Varela Buxán; outros tiveron que fuxir para salvar as vi-das no transcurso da guerra, como o propio Castelao, Dieste, Seoane ou Alon-so Ríos; por último, un grupo de autores marcharon cara a América posterior-mente, como Díaz Pardo, Neira Vilas ou Ramón de Valenzuela.

A produción cultural no exilio nestes primeiros anos foi moi abundante. Por riba,abrangueu distintas vertentes.

Para alén da actividade literaria que bulía en Bos Aires, noutros moitos lugaresde América a expresión cultural galega floreceu vizosa.

— En México, da man do Padroado da Cultura Galega, publícase a revistaVieiros.

— En Venezuela, houbo moita actividade arredor do Centro Galego de Caracas.

— Nos Estados Unidos, o poeta Ernesto Guerra da Cal desenvolveu a súa carrei-ra académica e literaria.

As décadas da ditadura

Vertentes Exemplos

Edicións de obras que a censura nonpermitía publicar.

Sempre en Galiza (de Castelao), A Es-morga (de Blanco Amor)...

Publicación de revistas vinculadas asociedades de emigrantes. Galicia, Galicia Emigrante, Eufonía...

Creación de grupos de teatro afec-cionado que estrean moitas obras.

Os vellos non deben de namorarse (deCastelao), A xustiza dun muiñeiro (deVarela Buxán)...

Castelao escribiu Sempre en Galiza, unha das obrasmáis importantes da literatura galega.

105074_02 LENGUA ESO4_RODEIRA 03/04/12 12:01 Página 42

Page 13: 105074 LA LINGUA 4ESO 1T GAL.pdf 23/3/12 12:11:33 4 ... · mento. Variables que non se teñen en conta á hora de com-parar territorio. O 35% dos nosos habitantes teñen máis de

43Lingua e sociedade

ACTIVIDADES

LINGUA E SOCIEDADE

Editorial GalaxiaDez anos despois de rematar a Guerra Civil, a ditadura franquista comezou atolerar a publicación dalgúns textos en galego. Aparecen a colección Benito Soto,na que colabora Celso Emilio Ferreiro, en Pontevedra, ou a editorial Monterrey,fundada en Vigo por Xosé María Álvarez Blázquez. Pero o proxecto que máisrepercusión tivo, ata o punto de se converter en referente da literatura feita enGalicia durante 25 anos, foi a editorial Galaxia.

O ano 1950 supón un punto de inflexión para a cultura na ditadura en Galicia.Fúndase a editorial Galaxia, e a súa primeira obra publicada foi Antífona da Can-tiga de Ramón Cabanillas, e xorde a revista Grial. Nas décadas seguintes, e ataa chegada da democracia, proliferaron fundacións, asociacións e publicaciónsque contribuíron a levar a lingua galega aos ámbitos que lle foran negados.

A editorial nace a raíz da decisión do Partido Galeguista, que se mantiña acti-vo na clandestinidade desde a fin da guerra, de aproveitar as físgoas polas quea ditadura comezaba a permitir a publicación de literatura galega. De feito, adirección do partido está detrás do proxecto editorial.

15. Por que cres que a Guerra Civil supuxo unha creba histórica ecultural para Galicia? Xustifica a túa resposta?

16. Alonso Ríos tivo que agocharse durante anos en Galicia an-tes de poder marchar a América.

— Busca información sobre o orixinal método que escolleupara escapar dos fascistas.

— Investiga por que se relacionaba o nome de Afranio de Ama-ral co del?

— Cando recompiles a información suficiente, cóntalla ao res-to dos compañeiros.

17. Procura información sobre Castelao.

— Cales foron os motivos que o levaron á Arxentina?

— Canto tempo estivo alí?

18. Le o seguinte poema.

— A que lle chamou Celso Emilio Ferreiro Longa noite de pedra?

Ramón Piñeiro coas seguintes pa-labras deixa claro que a direccióndo Partido Galeguista está detrásdo proxecto editorial Galaxia.

«A idea foi de Xaime Isla, que a tiñamoi pensada e moi elaborada, econtou coa colaboración eficací-sima de Paco del Riego, que xa foraa alma do suplemento de La Noche.Foi Xaime Isla quen pensou en dar-lle a Galaxia a forma dunha socie-dade mercantil, co seu consello deadministración correspondente,para integrar neste ao equipo re-presentativo do galeguismo, é di-cir, Otero Pedrayo como presiden-te, Gómez Román como vicepre-sidente, Paco del Riego como se-cretario, Xaime Isla como consellei-ro delegado, e eu mesmo como di-rector literario. Máis ou menos a di-rección do partido.»

Ramón Piñeiro, Da miña acordan-za. Memorias, Ed. Galaxia

O teito é de pedra.De pedra son os murosi as tebras.De pedra o chani as reixas.As portas,as cadeas,o aire,as fenestras,as olladas,son de pedra.

Os corazós dos homesque ao lonxe espreitan,feitos estántaménde pedra.I eu, morrendonesta longa noitede pedra.

Celso Emilio Ferreiro

GrialA partir de 1963 e baixo a constanteame aza de expedientes administrativose xudiciais, a revista Grial inicia unhaandaina de case 50 anos ininterrompi-dos de contacto permanente con lec-tores e subscritores. Tiña por obxecti-vos servir de canle á produción culturalgalega e ser testemuña da súa existen-cia autónoma, tanto fóra coma dentro deGalicia, erixíndose como un espazo decomunicación entre a cultura galega eas culturas do mundo.

105074_02 LENGUA ESO4_RODEIRA 03/04/12 12:01 Página 43

Page 14: 105074 LA LINGUA 4ESO 1T GAL.pdf 23/3/12 12:11:33 4 ... · mento. Variables que non se teñen en conta á hora de com-parar territorio. O 35% dos nosos habitantes teñen máis de

20. Resolve este encrucillado axudándote das pistas que chedamos.

21. Relaciona as seguintes palabras co seu significado.

22. En grupos de catro, imos afondar un pouco máis nesta te-mática.

— Considerades que sabedes o suficiente sobre as novastecnoloxías? Por que?

— Credes que no voso instituto se fai un bo manexo do usodas TIC? Xustifica a túa resposta.

— Repara nestas expresións: exercicios en liña, debates vir-tuais, simposios electrónicos, titorías virtuais... Algunha vezfixestes actividades deste tipo na aula? Sabedes en queconsisten? Xustificade a vosa resposta.

ACTI

VIDA

DES

44 Unidade 2

LÉXICO E SEMÁNTICA

Neste apartado veremos vocabulario relacionado coas novas tecnoloxías.Imos profundar un pouco neste tipo de léxico.

As novas tecnoloxías

19. Fíxate nestas imaxes e adiviña de que palabra falamos.

4

1

5

6

7

8

9

2

3

1. Rede informática.

2. Dispositivo que explora un es-pazo ou imaxe e tradúceos ensinais eléctricos para o seu pro-cesamento.

3. Sistema que emprega radia-cións electromagnéticas reflec-tidas por un obxecto para de-terminar a localización ou a ve-locidade.

4. Pequeno circuíto integradoque realiza numerosas funciónsen dispositivos electrónicos.

5. Rede de área local.

6. Ferramenta empregada para alocalización de páxinas dis-poñibles na Internet.

7. Especie de ordenador de man.

8. Regras e convencións nece-sarias para intercambiar infor-mación nun sistema de teleco-municacións.

9. Modo estandarizado de indi-car un enderezo dunha páxinaweb.

BluetoothLugar na rede onde se atopa a informa-ción de xeito xerarquizado, máis restrinxi-da e conforme a diversas opcións.

CiberespazoRede de telecomunicacións mundial queagrupa redes internacionais, nacionais, rexionais e locais.

DirectorioNovo medio de comunicación que xordeda interconexión mundial dos sistemasde datos.

ExtranetRede dunha empresa que enlaza empre-gados e membros do equipo directivo.

IntranetSistema de conexión sen fío de escaso al-cance, un 10 metros aproximadamente.

105074_02 LENGUA ESO4_RODEIRA 03/04/12 12:01 Página 44

Page 15: 105074 LA LINGUA 4ESO 1T GAL.pdf 23/3/12 12:11:33 4 ... · mento. Variables que non se teñen en conta á hora de com-parar territorio. O 35% dos nosos habitantes teñen máis de

45Léxico e semántica

ACTIVIDADES

LÉXICO E SEMÁNTICA

Un conxunto de palabras que comparten un contido común recibe o nome decampo semántico.

Este conxunto de palabras pertencen ao mesmo campo semántico porque te-ñen un contido común: os deportes.

O campo semántico está formado por palabras relacionadas entre si polo seusignificado.

Pai, nai, avoa, tío... campo semántico: a familia

As palabras do exemplo anterior son palabras distintas pero comparten o tra-zo de significado de «parentesco».

Os campos semánticos

23. Elixe as palabras que pertencen ao mesmo campo se-mántico.

— Das palabras que escolliches en cada caso, poderías di-cir que semas teñen en común e cales os distinguen? Xus-tifica as respostas.

24. Indica a que campo semántico pertencen estes termos.

25. Escribe cinco palabras para cada un destes campos semán-ticos.

Os trazos distintivos que servenpara diferenciar os membros duncampo semántico chámansese mas.

Os membros dun campo semán-tico caracterízanse porque teñenque ter como mínimo un sema encomún e un ou varios semas queos diferencian entre si.

REPARA

adestrador estrela barco ondada

porto xeo bandeira rede

COLEXIO

NAVEGACIÓN

poetas científicosárbores froiteiras aves

caderno sal libraría estoxo

lapis móbil cabicha encerado

Picasso

Van Gogh

Dalí

Velázquez

Po

Miño

Ebro

Danubio

Fútbol Tenis Baloncesto

Ciclismo Paracaidismo Windsurf

105074_02 LENGUA ESO4_RODEIRA 03/04/12 12:01 Página 45

Page 16: 105074 LA LINGUA 4ESO 1T GAL.pdf 23/3/12 12:11:33 4 ... · mento. Variables que non se teñen en conta á hora de com-parar territorio. O 35% dos nosos habitantes teñen máis de

46 Unidade 2

EXPRESIÓN ESCRITA, ORAL E AUDIOVISUAL

As presentacións multimedia son documentos informáticos que combinanpolo menos un tipo de contido estático (texto, fotografía...) cun tipo de contidodinámico (vídeo, son, animación...), co obxectivo de informar ou entreter a au-diencia. As presentacións multimedia deséñanse para poder ser vistas na pan-talla do ordenador ou nunha pantalla externa coa axuda dun canón proxector,coma se se tratase dunha proxección de diapositivas.

Na actualidade, os avances tecnolóxicos facilitaron que a comunicación decontidos se aproxime máis ao xeito de comunicarnos dos seres humanos, poloque as presentacións multimedia son valiosas ferramentas que, sempre quesexan empregadas adecuadamente, van facilitar enormemente a atención, acomprensión e a aprendizaxe. Isto é así porque nos presentan os contidos dun hamaneira semellante á que empregamos nós habitualmente para relacionar-nos co contorno que nos rodea.

A presentación multimedia

105074_02 LENGUA ESO4_RODEIRA 03/04/12 12:01 Página 46

Page 17: 105074 LA LINGUA 4ESO 1T GAL.pdf 23/3/12 12:11:33 4 ... · mento. Variables que non se teñen en conta á hora de com-parar territorio. O 35% dos nosos habitantes teñen máis de

26. Sinala que afirmacións sobre as presentacións multime-dia son verdadeiras e cales son falsas.

a) As imaxes, os vídeos, os esquemas... atraen a atenciónda audiencia e facilitan a transmisión de ideas.

b) As presentacións multimedia só poden empregarse engrupos moi pequenos, pois para moitas persoas é com-plicado seguir a información nunha pantalla.

c) Unha das vantaxes comunicativas deste tipo de presen-tación é que se asemellan máis á maneira que temos oshumanos de comunicarnos que, por exemplo, un libro.

d) As presentacións multimedia véñense empregandocon fins educativos desde o século XIX.

— Corrixe as que sexan falsas.

27. Definimos a comunicación asíncrona como aquela que seproduce de maneira diferida no tempo.

— Cita tres exemplos deste tipo de comunicación.

28. Consulta o seguinte enderezo electrónico: contén unha pre-sentación multimedia sobre a figura do poeta Lois Pereiro.

http://prezi.com/39hmidnfxbjh/lois-pereiro/

— Clasifica os contidos que aparecen en estáticos e diná-micos. Xustifica a túa resposta.

29. En grupos, realizade unha presentación multimedia sobrealgún dos escritores estudados neste curso.

— Para levala a cabo podedes axudarvos de ferramentascomo o Impress de Open Office ou a web prezi.com.

47Expresión escrita, oral e audiovisual

ACTIVIDADES

EXPRESIÓN ESCRITA, ORAL E AUDIOVISUAL

Preparación dunha presentación multimediaHai moitos tipos de presentacións multimedia de acordo co programa empre-gado na súa realización. Deseguido, ofrécense uns datos xerais que cómpreter en conta.

— Primeiro créanse todas as diapositivas: título, índice, contidos e créditos.

— En cada diapositiva cómpre inserir un botón que leve á seguinte e outroque permita volver atrás.

— Finalmente, poñerase unha diapositiva cos créditos (autoría, colaboracións,referencias...) que pechará a presentación.

Tipos de contidosComo xa dixemos, os contidos dunha presentación multimedia poden ser dedous tipos: estáticos ou dinámicos.

CONTIDO CARACTERÍSTICAS

ESTÁTICO

Está constituído por elementos de información independen-tes do tempo, onde a comunicación é asíncrona, é dicir, nonexiste coincidencia temporal entre o momento en que o emi-sor envía a información e aqueloutro en que esta lle chegaao receptor. Os contidos estáticos máis comúns nas pre-sentacións multimedia son: o texto, as imaxes e os gráficos.

DINÁMICO

Esixe unha reprodución continua a medida que pasa otempo para ter sentido. A comunicación é síncrona, é dicir,ten que haber coincidencia temporal, sincronía, entre o mo-mento en que o emisor envía a información e o receptor arecolle. Os contidos dinámicos máis comúns nas presenta-cións multimedia son: o audio, o vídeo e as animacións.

A primeira diapositiva dunha presen-tación multimedia será o título e a se-gunda o índice que agrupará os con-tidos. En cada contido haberá un hi-pervínculo que remitirá á diapositi-va na que se atopa. É preferible quea cor dos hipervínculos sexa diferen-te á do resto do texto, así poderemosidentificalos mellor.

O atractivo e o interese destas pre-sentacións están en engadir fondos,animacións, sons e ligazóns.

Para facelo podes seguir as indica-cións que che dá o programa que de-cidas usar.

REPARA

!

@

@

105074_02 LENGUA ESO4_RODEIRA 03/04/12 12:01 Página 47

Page 18: 105074 LA LINGUA 4ESO 1T GAL.pdf 23/3/12 12:11:33 4 ... · mento. Variables que non se teñen en conta á hora de com-parar territorio. O 35% dos nosos habitantes teñen máis de

48 Unidade 2

LITERATURA

O Grupo Nós A revista Nós nace en Ourense en 1920. Daralle nome a unha xeración da quefixeron parte intelectuais como Vicente Risco (director da publicación), RamónOtero Pedrayo, Florentino López Cuevillas e A. D. Rodríguez Castelao, quen seencargou da dirección artística desta publicación que tentou darlle proxec-ción universal á cultura galega.

Nos 144 números de Nós, publicada ata a Guerra Civil de 1936, fíxose un esfor-zo por facer da lingua galega unha lingua de cultura, capaz de levar a Galiciaas novidades da cultura europea. Na publicación xurdiron dúas direccións:— Científica: avanzando no estudo da arqueoloxía, a historia e a etnografía. Este

proxecto compárteno co Seminario de Estudos Galegos.

— Literaria: atendendo ás novidades da creación literaria na prosa e no ensaio.

A revista tamén recolle numerosas colaboracións estranxeiras e traducións, pro-cedentes das culturas atlánticas célticas (Bretaña e Irlanda) ou ben da intelectua-lidade portuguesa, lugares de referencia para a ideoloxía deste movemento.

Pintores e debuxantes galegos ilustran as páxinas da publicación, procurandoa estética dunha nova arte galega moderna.

Ao mesmo tempo, o grupo realizou un importante labor de difusión do libro ga-lego, ao crear o editor compostelán Ánxel Casal a editorial Nós.

A prosa neste períodoDurante estas décadas, a prosa galega supera o ruralismo e o costumismo an-terior e aborda novas temáticas máis universais. Ao mesmo tempo, realiza un es-forzo de fortalecemento da cultura propia. Os autores do Grupo Nós desenvol-ven varias tendencias:

• As mudanzas sociais. Unha serie de novelas reflicten os cambios sociais daépoca, como a desaparición da fidalguía e a desruralización da sociedade (porexemplo, a triloxía Os señores da terra de Otero Pedrayo), ou a consolidacióndunha pequena burguesía industrial e financeira (O porco de pé, de Vicente Ris-co). Estes procesos víronse acelerados polo apoio económico da emigración.

• A valoración e o interese na cultura popular. As lendas e tradicións gale-gas centran a narrativa breve de autores como Vicente Risco (como O loboda xente) ou Otero Pedrayo (Entre a vendima e a castañeira).

• As vangardas na prosa. As innovacións estéticas dos movementos de van-gardas comezan a introducirse en textos que combinan o exotismo e o mo-dernismo, como na obra de Risco Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros.

O conto recibe novas técnicas. O relato breve pasará a mesturar o popular eo culto, a través de autores como Rafael Dieste (Dos arquivos do trasno) ou Cas-telao, creador coa obra Cousas dunha fórmula literaria nova que combina aprosa cargada de lirismo coas ilustracións.

• O ensaio. Este xénero experimenta un forte avance, axudado polo esforzodo Grupo Nós para adaptar a lingua galega aos novos campos da ciencia. Co-bran importancia os textos políticos, como Sempre en Galiza, de Castelao;os textos sobre experiencias vitais, como Mittleuropa de Vicente Risco; e osestudos históricos, etnográficos ou arqueolóxicos, que centran a produciónensaística de Florentino López Cuevillas e Otero Pedrayo.

Primeiro terzo do século XX:a narrativa

Evolución ideolóxica do Grupo Nós

O cosmopolitismo, as lecturas de au-tores europeos, as viaxes de estudopor Europa e o interese por outras cul-turas máis exóticas son característi-cas comúns da fase de formación dosintegrantes desta xeración, marcadapolo individualismo nesta fase inicial.Máis tarde, evolucionan cara ao ga-leguismo, ao descubriren Galicia, etentan poñer en contacto a culturagalega coas outras culturas europe-as nunha relación de igualdade.

REPARA

Rafael Dieste empregou nos seus relatos novas técni-cas.

105074_02 LENGUA ESO4_RODEIRA 03/04/12 12:01 Página 48

Page 19: 105074 LA LINGUA 4ESO 1T GAL.pdf 23/3/12 12:11:33 4 ... · mento. Variables que non se teñen en conta á hora de com-parar territorio. O 35% dos nosos habitantes teñen máis de

49Literatura

LITERATURA

Vicente Risco axudou a espallar as no-vidades literarias das vangardas enGalicia, non só a través da publica-ción dos primeiros poemas futuristasna literatura galega, senón tamén pormotivar outros escritores.

U...ju ju...

(Poema futurista)

TerraDúas áas diagonaladas d'azur baten

no marSóbor do Atlántico a diástole imensa

da razaVapor en todol-os motores do mundo

[...]Vicente Risco (adaptación)

Ademais de U...ju ju..., Risco escribiuoutros poemas vangardistas como Ovento pasa e O mar cantou, poemasnos que utiliza diferentes grafías nascomposicións. Ás veces crea caligra-mas, rompe coas regras de puntua-ción, utiliza siglas, estranxeirismos...

Podes coñecer máis sobre a poesíada vangarda neste enderezo crea-do por Lourenço Álvarez Ruíz.

http://www.slideshare.net/louren-zo/21-a-poesa-de-vangarda-carac-tersticas-xerais

REPARA

Vicente RiscoO escritor ourensán, bo coñececedor dos movementos de vangarda europeosde comezos do século, fixo un importante labor na modernización da literatu-ra galega.Ao longo da súa traxectoria intelectual pasou por unha etapa inicial afastado dacultura galega, que coincidiu coa dirección da revista La Centuria (1917). Despoisevolucionou cara ao descubrimento do galeguismo tras integrarse nas Irmanda-des da Fala. Despois da Guerra Civil abandona o uso literario da lingua galega.

Na complexa obra intelectual de Risco podemos ver os seguintes valores:

— Invidualismo. Xorde como reacción do individuo cara aos movementospolíticos de masas do seu tempo (fascismo e comunismo). Segundo Risco,unha elite intelectual debería liderar a creación cultural.

— Crítica da ciencia. Fronte á opinión da sociedade do momento que loaba atécnica, Risco valora a historia e a tradición popular por medio dun cultura-lismo relacionado co seu interese pola etnografía e os mitos.

— Relixiosidade e misticismo. A identificación do catolicismo como unhadas bases da identidade galega é un dos seus principios. Nun primeiro mo-mento, a súa procura de Deus discorre por un espiritualismo relacionado coastradicións orientais.

— Ambigüidade respecto ás vangardas. Axudou a difundir entre escritoresnovos, como Manoel Antonio, as novas correntes estéticas da literatura euro-pea, as cales mesmo influenciaron os seus primeiros textos. Por outra parte,rexeitábaas ao limitar a individualidade dos escritores, pois pensaba que acultura galega debería crear unha arte propia.

Obra de RiscoA obra narrativa de Vicente Risco desenvólvese en varios xéneros, que vandesde a novela curta ao teatro.

Novelas curtas como O lobo da xente ou A trabe de ouro e a trabe de alquitrán tra-tan temas relacionados coa literatura popular (os lobishomes e os mouros).

A sátira protagoniza as novelas longas, como Os europeos en Abrantes, onde cri-tica a burguesía que frecuentaba o Ateneo ourensán. Posteriormente, escribi-ría a súa obra máis coñecida, O porco de pé, novela que satiriza un comercianteenriquecido utilizando unha linguaxe e unha estética vangardistas.

Risco tamén contribuíu con ensaios á renovación literaria que caracterizou esteperíodo, escribindo sobre temas etnográficos, políticos (Teoría do nacionalis-mo galego), viaxes e experiencias vitais (Mittleuropa), ou coa recompilación deartigos Leria, que recolle o texto Nós, os inadaptados, relato da súa xeración.

A súa obra dramática componse dunha única peza, O bufón d-el Rei, un dra-ma cun gran simbolismo. A trama discorre nunha corte medieval onde o bu-fón descobre o adulterio cometido pola raíña.

—Por iso eu quixen ao principio —respondeu o Inspector de Escolas— que esteAteneo fose un centro de cultura popular que espallase as luces da Ciencia en to-das as clases sociais... —Ese labor —replicou o doutor Andrade— é no campo onde hai que facelo. Eu co-ñezo a vida rutinaria dos labregos... —Si —concedeu don Feliciano—, cómpre roturar aquel ermo espiritual.

Vicente Risco, Os europeos en Abrantes

O porco de pé é aobra máis coñecidade Vicente Risco.

105074_02 LENGUA ESO4_RODEIRA 03/04/12 12:01 Página 49

Page 20: 105074 LA LINGUA 4ESO 1T GAL.pdf 23/3/12 12:11:33 4 ... · mento. Variables que non se teñen en conta á hora de com-parar territorio. O 35% dos nosos habitantes teñen máis de

50 Unidade 2

30. Deseguida vas ler un conto de Risco inspirado nunha len-da de tradición popular.

— Fai un resumo sobre o contido do conto que acabas deler. En que temática dirías que se basea? Por que?

— Na última frase aparece a palabra fada, sinalando o de-sexo de que alguén sufra algún padecemento ou que lleaconteza algo negativo. Saberías indicar algún sinónimocon este mesmo sentido? Esta palabra ten sempre un usonegativo?

— O texto recolle unha lenda popular, un dos temas deinterese dos escritores deste período. A narrativa destaépoca que outros temas trata?

— Investiga na Internet ou coa axuda do libro V.V.A.A, Dicio-nario de los seres míticos gallegos, Ed. Xerais, Vigo, que ou-tros seres aparecen nas lendas tradicionais galegas.

31. Le o seguinte fragmento de Vicente Risco extraído de Nósos Inadaptados pertencente ao libro Leria.

— Repara nas seguintes palabras de Vicente Risco tiradasdo texto que acabas de ler.

— Que cres que expresa esta afirmación? Xustifica a túa res-posta.

— Pensas que a presenza de varias culturas na sociedadegalega é unha vantaxe ou unha desvantaxe? Defende atúa opinión indicando as vantaxes e os problemas quecausa esta situación.

32. Le este texto sacado dun ensaio de Vicente Risco.

Neste fragmento de Leria, Vicente Risco xoga coa relativida-de dos límites de Galicia.

— Investiga cales son os lugares (cabos, vilas, serras...) situa-dos máis ao norte, ao sur, ao leste e ao oeste da comu-nidade.

ACTI

VIDA

DES

O lobo da xente

O lobo da xente foise chegando ao lume. Andou cheiran-do o banco, a machada que o Ánxel deixara no chan, anavalla e o pan riba do banco, e logo ficou quedo unpedazo. O Ánxel sentíao alentar, coma un can candovai canso.

Despois o lobo da xente principiou a rebulir, foi sol-tando a pelella, e apareceu de súpeto transformadonun ha rapaza fermosa coma un caravel recén aberto.Non levaba máis que a camisa, e os cabelos escuros conreflexos dourados.

Sentou no banco, a rente do lume, e púxose a quentar. De-bía vir aterecida, e o Ánxel, que lle non quitaba os ollos, viuque pola faciana, branca coma a dun defunto, lle coabanregueiros de bágoas. Logo tapouna coas mans e estra-lou saloucando e chorando tan amargurada, que ao Án-xel partíaselle a alma.

Mais nesto, alumouse cunha idea toda a conciencia do ra-paz. Non sei que lla inspiraría: a alma da caste, que viveen nós e que o sabe todo, sería, se cadra. O caso foi quepegou nun varal que había na caniceira, e sacando un bra-zo, pillou co varal a pelella do lobo da xente, que a rapa-za tiña ao pé dela, e botouna no lume.

—Ai pel, váleme!, miña pel querida! —berrou a rapaza.

A pelella revoltábase enrabexada para fuxir do lume, e ti-raba para irse para onda a moza, mais o Ánxel tíñaa pre-sa co varal e a non deixaba escapar. Entón a rapaza ergueuos ollos verdes e díxolle ao mozo docemente:

—Baixa, baixa, que me libraches; non teñas medo de min!

O Ánxel baixou da caniceira e veuse sentar onda ela. El dí-xolle:

— Foi a miña nai quen me botou a fada, máis tí quitáches-ma.

Ti dis: Galicia é ben pequena. Eu dígo-che: Galicia é un mundo. Cada terra écomo si fora o mundo inteiro. Poderalaandar en pouco tempo do Norte pro Sul,do Este pra o Oeste noutro tanto; pode-rala andar outra vez e máis; non a hasdar andado. E de cada vez que a an-des, has atopar cousas novas e outrashas botar de menos. Pode ela ser peque-na en extensión; en fondura, en enti-dade, é tan grande como queiras, e den-de logo, moito meirande de como a ves.

Leria

Igual nos pasou a nós. Despois de tan-tas voltas e revoltas, despois de tantasviravoltas e trasvoltas polas lonxaníasdo espazo e do tempo, en procura dealgo inédito que nos salvara do habituale vulgar, viñemos dar na sorprendentedescoberta de que Galicia, a nosa Te-rra, oculta ao noso ollar por un espesoestrato de cultura allea, falsa e ruín,vulgar e filistea, ofrecíanos un mundotan estenso, tan novo, tan inédito, tandescoñecido, como os que andabamosa procurar por aí adiante.

Nós os inadaptados (adaptación)

«Galicia estaba oculta ao noso ollar por un espeso es-trato de cultura allea, falsa e ruín, vulgar e filistea».

105074_02 LENGUA ESO4_RODEIRA 03/04/12 12:01 Página 50

Page 21: 105074 LA LINGUA 4ESO 1T GAL.pdf 23/3/12 12:11:33 4 ... · mento. Variables que non se teñen en conta á hora de com-parar territorio. O 35% dos nosos habitantes teñen máis de

51Reforzo, ampliación e síntese

REFORZO

1. Identifica os lexemas e os morfemas destas palabras.

2. Completa o cadro identificando os constituíntes de cada for-ma verbal.

3. Le este texto:

— Pedrayo describe un prexuízo que existía na época sobrea lingua galega. Podes indicar cal é?

SÍNTESE

GRAMÁTICAA palabra é unha unidade que pode illarse e pronunciarse in-dependentemente e constituír, en si mesma, unha frase ousintagma. Cada palabra está formada por un lexema ao que llepodemos sumar diferentes morfemas. O lexema é a parte da pa-labra que non varía e que achega o significado fundamental.

O morfema é a unidade mínima con significado en que pode-mos dividir unha palabra. Engádese ao lexema para modificaro seu significado e, algúns deles, permiten a creación de no-vas palabras. Existen varias clases de morfermas: morfemasflexivos ( xénero, número, vogal temática, modo-temporal e nú-mero-persoal) e derivativos (prefixos, sufixos e interfixos). Ato-pamos varios tipos de palabras segundo a súa creación: pala-bras simples, derivadas, compostas e parasintéticas.

LÉXICO E SEMÁNTICAO campo semántico está formado por palabras relacionadasentre si polo seu significado.

LINGUA ORAL E ESCRITAAs presentacións multimedia son documentos informáticosque combinan polo menos un tipo de contido estático (texto, fo-tografía...) cun tipo de contido dinámico (vídeo, son, animación...),co obxectivo de informar ou entreter a audiencia.

LITERATURAA revista Nós nace en Ourense en 1920. Dálle nome a unha xe-ración da que fixeron parte intelectuais como Vicente Risco, Ote-ro Pedrayo, Cuevillas, Castelao...

A prosa galega supera o ruralismo e o costumismo anterior eaborda novas temáticas. Os autores do Grupo Nós desenvolvenvarias tendencias. Destacará a figura de Risco, bo coñecece-dor dos movementos de vangarda europeos. Na súa obra po-demos ver os seguintes valores: individualismo, crítica daciencia, relixiosidade e misticismo e ambigüidade respecto ásvangardas. A obra narrativa de Vicente Risco desenvólvese envarios xéneros que van desde a novela curta ao teatro.

AMPLIACIÓN

1. No contexto galego moitos falantes identificaban o rexis-tro culto cun idioma e o vulgar con outro. Con que idio-mas cres que se identificaba cada rexistro?

— Cres que é necesario mudar de idioma para empregar unrexistro formal? Xustifica a túa resposta.

2. Procura información na rede sobre obras e revistas publica-das no exilio.

— Quen autores destacaron? Que tema tratan esas obras?

— Teñen algunha relación eses temas con Galicia, co exilio,coa guerra ou coa ditadura? Por que?

Adrián falaba sempre en galego cos labregos. (...) No comer-cio con eles, o desperto sentido crítico de Adrián Solovioaprendeu ben pronto a falsedade dunha afirmación na queel por costume e preguiza, participara: a de ser unha linguavella, unha ruína, non doada para conter nin fecundar unhaidea moderna, impropia para a Técnica e para a Filosofía porexemplo. Pois desque Adrián falaba galego sentía todo oseu ser renovado.

Otero Pedrayo, Arredor de si

neno - soles - rapaza - can - veciñas - axóuxeres - abrigo

Forma verbal Lexema VT MMT MNP

cantabamos

fixerades

durmo

facías

105074_02 LENGUA ESO4_RODEIRA 03/04/12 12:01 Página 51

Page 22: 105074 LA LINGUA 4ESO 1T GAL.pdf 23/3/12 12:11:33 4 ... · mento. Variables que non se teñen en conta á hora de com-parar territorio. O 35% dos nosos habitantes teñen máis de

52 Unidade 2

1. Responde estas preguntas:

— Lémbraste desta catástrofe natural? Que recordos tesdela? Lembras se sentiches medo, angustia, sufrimentoou dor?

— Cando ocorreu este desastre natural? Canto tempodurou?

— Onde tivo lugar o epicentro? De canto se calcula quefoi a súa magnitude?

— A que se atribúe esta desgraza? Pasaran antes por al-gunha situación similar?

— Que consecuencias supuxo para este país? Houbo vítimasmortais ou só se cuantificaron danos materiais?

2. Reflexiona e contesta:

— Cando falamos de desastres naturais, en cales pensas?Cal che produce máis temor? Por que?

— A que cres que se deben? Cres que habería algún xeitode evitalas? Xustifica a túa resposta.

— Fálase de que este tipo de catátrofes afecta máis a xen-te pobre, cres que ten algo que ver a posición econó-mica? Por que?

3. Elabora unha listaxe das catástrofes naturais que se pro-duciron en Galicia.

— Fai un pequeno resumo de cada unha que inclúa estesdatos: tipo de catástrofe, data, intensidade, zonas afec-tadas, danos...

ACTI

VIDA

DES

TRABALLA AS COMPETENCIAS BÁSICAS

105074_02 LENGUA ESO4_RODEIRA 03/04/12 12:01 Página 52

Page 23: 105074 LA LINGUA 4ESO 1T GAL.pdf 23/3/12 12:11:33 4 ... · mento. Variables que non se teñen en conta á hora de com-parar territorio. O 35% dos nosos habitantes teñen máis de

53Avaliación

AVALIACIÓN1. Completa o cadro identificando os compoñentes de cada palabra.

2. Corrixe os erros do seguinte texto.

3. Busca e escribe seis palabras que pertenzan ao campo semántico dos seguintes termos.

4. Le con atención o seguinte fragmento.

Morfema Morfemas MorfemasPalabras derivativo Lexema derivativos flexivos

Prefixo Interfixo Sufixo Xénero Número

Retroactiva Retro Activ a

Comunicación

Internacional

Panadeiros

Lexical

Axilizar

Escritora

Cafeíño

Claridade

Preconstitucional

O cofrade que se meteu a peregriño resultou ser bastante mesquino por non darlle as grazas ao doutor que o atendeudunha dor dañina dabondo no abdomen. Ao doutor quedoulle unha espiña cravada, pois conocía o proceder acouga-do doutros moitos que por alí pasaran. Case que, máis que curalo, apeteceríalle meterlle o dedo maimiño nunha peque-na guillotiña para escarmentalo, sen que fora a cousa a máis. Porén, o peregriño puxo a gabardiña e marchou oufano apesar do ben que o trataran no albergue. Era un home que botaba gasoliña alí onde fose coa súa actitude. Calquera di-ría que lle curaron o intestiño. Se non fose que o doutor era xeneroso e moi ben educado, explicaríalle ao peregriño a fa-miliaridade que lle producía a súa cara con calquera outra de orixe porciña.

tomiño ordenadoresquís lagar

Responde estas preguntas sobre o texto.

— O narrador describe a Don Celidonio ao longo da novela comoavaro, pouco intelixente, sen iniciativa..., pero que outro de-fecto critica o escritor neste parágrafo?

— O autor fala dunha sonada descuberta para o protagonista, calcres que é?

— En que época encadrarías esta obra? Por que? Xustifica a túa res-posta.

— Cales dirías que son as características xerais das obras narrativasde Vicente Risco?

— Cita algunhas obras que escribira Vicente Risco.

Do seu trato coa política, sacou don Celidonio moito pro-veito. Chegou a se enteirar de que existía unha sorte de apa-ratiños, ou cousa así, chamados libros, da feitura dos quetiña na tenda o seu tenedor, mais que en troques de terennúmeros escritos á man, tiñan letra de imprenta, igualque os periódicos eses que traen as noticias, e que servenpara empaquetar e para outros usos reservados e traseiros.E aqueles aparatiños —case todos eran moito máis peque-nos que os da tenda —algúns señores refollaban e líanneles como el tiña visto que outros facían tamén cos pe-riódicos. Claro está que había moitos que non os tiñan máisque por gusto de telos, enringleirados en alzadeiros comaos da súa tenda.

V. Risco, O porco de pé

!

105074_02 LENGUA ESO4_RODEIRA 03/04/12 12:01 Página 53