08c a orixe do mundo moderno

24
A ORIXE DO MUNDO MODERNO Roberto López 2º ESO

Upload: roberto

Post on 27-Jun-2015

188 views

Category:

Education


3 download

DESCRIPTION

2º eso Ciencias Sociais

TRANSCRIPT

Page 1: 08c a orixe do mundo moderno

A ORIXE DO MUNDO MODERNO

Roberto López

2º ESO

Page 2: 08c a orixe do mundo moderno

1. O MUNDO COÑECIDO NO SÉCULO XV

A comezos do século XV o mundo que coñecían os europeos limitábase a Europa e os territorios que rodeaban o Mediterráneo e o Mar Negro.

Sabían da existencia de India, China e Xapón polas viaxes de Marco Polo, aínda que os coñecían dun xeito impreciso.

Territorios coñecidos polos europeos antes de 1492

A ruta de Marco Polo

Page 3: 08c a orixe do mundo moderno

2. AS CAUSAS DOS DESCUBRIMENTOS

A necesidade de procurar novas rutas comerciais con Oriente, tras a conquista de Constantinopla polos turcos en 1453.

Os avances técnicos permitiron facer viaxes máis longas:

A mellora dos mapas. O uso de instrumentos

de navegación coma o compás, o astrolabio e o cuadrante.

Os novos tipos de barcos, coma a carabela.

Page 4: 08c a orixe do mundo moderno

O compás

O astrolabio Carabela

Mapa portolano do século XV

Page 5: 08c a orixe do mundo moderno

A vida a bordo dunha carabela

A vida a bordo Os barcos precisaban coidados as vintecatro horas do día; por iso, establecíanse quendas de catro horas que debían ser respectadas escrupulosamente. Unha das primeiras tarefas que se levaba a cabo pola mañá era a de achicar a auga acumulada na embarcación durante a noite. A continuación, realizábanse outras tarefas cotiás, como reparar as cordas, velas e calquera outro aparello; atar os cabos, izar as velas, fregar a cuberta ou remendar as redes. Moitas veces, os mariñeiros cantaban a coro mentres traballaban. Ao mediodía, facíase un alto para tomar a única comida quente que recibían ao día. Cada home tomaba o rancho nunha escudela ou nun prato de madeira. Porén, os membros máis importantes da tripulación comían separados do resto e incluso tiñan a súa propia despensa. Pola tarde, o ambiente era máis relaxado e realizábanse actividades lúdicas, como cantar, tocar algún instrumento, oír historias e aventuras dos mariñeiros de maior experiencia, etc. Ás veces, tamén se organizaban carreiras ou pelexas cos animais de a bordo ou competicións de pesca.

Page 6: 08c a orixe do mundo moderno

3. AS EXPLORACIÓNS PORTUGUESAS

Desde principios do século XV Portugal procuraba unha nova ruta que chegase a Oriente bordeando África.

Primeiro descubriron as illa Madeira (1418) e Azores (1431)

En 1488 Bartolomé Dias logrou dobrar o cabo de Boa Esperanza.

En 1498 Vasco de Gama chegou á India.

Na ruta entre Portugal e Asia os portugueses estableceron puntos para asegurar o abastecemento durante a viaxe e para controlar o comercio.

Page 7: 08c a orixe do mundo moderno

4. AS EXPLORACIÓNS CASTELÁS

A Coroa de Castela intentou chegar a Asia polo oeste, cruzando o Atlántico.

En 1492 Colón creu chegar a Asia. Pero, en realidade, descubriu un novo continente, América.

Entre 1519 e 1522 unha expedición española, capitaneada por Fernando de Magalláns e Xoán Sebastián Elcano, deu a primeira volta ao mundo, o que demostrou que a Terra era redonda.

Colón chega a América: visión idealizada dun pintor do século XIX

Page 8: 08c a orixe do mundo moderno

Principais exploracións portuguesas e castelás

Page 9: 08c a orixe do mundo moderno

Cronoloxía dos descubrimentos

Page 10: 08c a orixe do mundo moderno

5. A REPARTICIÓN DO MUNDO

Os descubrimentos puxeron en contacto pobos que antes non se coñecían.

Portugal e Castela crearon dous grandes imperios ultramarinos. Para evitar problemas entre eles , decidiuse realizar unha repartición das áreas para explorar por cada un dos dous países que se plasmou no Tratado de Tordesillas (1494).

Os descubrimentos supuxeron o comezo da hexemonía europea sobre o resto do mundo.

Tamén foron un aliciente para o avance das ciencias: posibilítase un mellor coñecemento das terras e dos océanos; achado de numerosas especies vexetais e animais.

Page 11: 08c a orixe do mundo moderno

O Tratado de Tordesillas

Liña de demarcación do Tratado de Tordesillas

Hemisferio para Portugal

Hemisferio para Castela

Page 12: 08c a orixe do mundo moderno

Imperio azteca

Imperio inca

Civilización maia

A América precolombiana

Localización xeográfica das tres grandes civilizacións da América precolombiana

Page 13: 08c a orixe do mundo moderno

Ruínas de Chichén Itzá

Os maias

Mural de Bonampak

Situábanse na península de Iucatán e noutras terras dos actuais México, Guatemala e Honduras. Organizábanse en cidades estado, gobernadas por un xefe supremo. A sociedade estaba dividida en catro clases sociais: nobres, sacerdotes, campesiños e escravos. Cultivaban millo, cacao, frijoles, cabazas e tomates. Tamén tiñan unha artesanía moi rica. Conseguiron grandes logros en matemáticas e astronomía e desenvolveron un arte moi rico no que destacaban as piramides graduadas.

Page 14: 08c a orixe do mundo moderno

Os incas

Machu Picchu

Máscara inca de ouro

Os quipus

Os quipus eran sistemas de cordas de distintas cores e nós onde os funcionarios do imperio inca recollían datos, coma o número de nacementos ou mortes, as armas, o número de cabezas de gando... Cada funcionario estaba encargado do coidado de moitos quipus que mantiña gardados en vasillas.

Tiñan o maior imperio dos existentes na América precolombina. Abranguía parte de Perú, Bolivia, Ecuador, Arxentina e Chile. Construíron unha fantástica rede de estradas . A sociedade estaba formada por varios grupos sociais: Nobres, pobo, servos e escravos. O seu xefe supremo era o Inca, considerado fillo do Sol. A maioría da poboación era campesiña ( cultivaban millo e patacas). Tamén souberon traballar o cobre e o ouro; e facían obxectos de cerámica.

Page 15: 08c a orixe do mundo moderno

Os aztecas

Tenochtitlán antes da chegada dos españois A pedra de Moctezuma

Poboaban o val de México desde o século XII. O seu imperio sustentábase na alianza de tres cidades: Tenochtitlán, Texcoco e Tlacopán. Eran un pobo guerreiro que se organizaban en tribos, divididas en varios grupos sociais: sacerdotes, nobres, homes libres e escravos. A economía baseábase no cultivo do millo, a cabaza e o tomate

Page 16: 08c a orixe do mundo moderno

6. OS CAMBIOS ECONÓMICOS E SOCIAIS

No século XIV a poboación minguou dramaticamente, a causa da fame (a agricultura non producía dabondo para alimentar a toda a poboación), as guerras e a peste negra.

No século XV a situación mellorou e a poboación comezou a medrar lentamente.

No século XVI a poboación medrou moito.

A evolución da poboación entre os anos 1000 e 1500

Estimación da poboación dalgúns países europeos no século XVI

O crecemento demográfico

Page 17: 08c a orixe do mundo moderno

O crecemento económico

No século XIV viviuse unha situación de crise económica.

Durante os séculos XV e XVI a economía europea coñeceu unha fase de prosperidade.

Causas do crecemento: O incremento da poboación. O descubrimento de novas terras,

que incrementou o comercio. Innovacións: mellora do sistema

bancario.

Page 18: 08c a orixe do mundo moderno

A transformación social

A sociedade seguiu dividida en estamentos.

Os dous estamentos privilexiados seguían sendo a nobreza e o clero.

A burguesía logrou gran preeminencia.

Moitos campesiños servos pasaron a ser persoas libres.

Pero producíronse cambios:

Page 19: 08c a orixe do mundo moderno

7. O NACEMENTO DO ESTADO MODERNO

No século XV os reis europeos seguiron reforzando o seu poder. Por iso, chamámolas monarquías autoritarias.

Para reforzar o seu poder:

Crearon una burocracia profesional.

Fortaleceron o exército.

Aumentaron os impostos.

Crearon unha rede diplomática.

Os principais reinos foron: Francia, Inglaterra, España e Rusia.

Burocracia

Impostos

Exército poderoso Rede diplomática

Page 20: 08c a orixe do mundo moderno

Europa en 1500

Page 21: 08c a orixe do mundo moderno

8. OS REIS CATÓLICOS

En 1479 produciuse a unión entre as Coroas de Castela e Aragón.

Foi unha unión persoal, cada reino mantivo as súas propias leis e institucións.

A morte de Isabel a unión estivo en perigo, xa que Xoana (a Louca) filla dos reis catolicos pasou a ser raiña de Castela mentres Fernando continuou a ser rei de Aragón.

Carlos I fillo de Xoana a Louca ocupou o trono de ambas coroas en 1516 o que supón a unión definitiva.

Page 22: 08c a orixe do mundo moderno

En política interior, pacificaron o reino (Santa Irmandade,

Chancelaría), aumentaron o control sobre as cidades (correxidores), reforzaron a Facenda e crearon un exército profesional e permanente.

Levaron a cabo unha expansión territorial: Granada, Navarra, Nápoles, Melilla, Orán, Canarias e descubrimento de América.

Posesións dos Reis Católicos

Page 23: 08c a orixe do mundo moderno

Intentaron lograr a unificación relixiosa dos seus reinos.

Fundaron o Tribunal de Inquisición en 1478

En 1492 promulgaron un decreto polo que todos os xudeus tiñan que converterse ao cristianismo ou abandonar España.

En 1512 un decreto similar establecía a conversión ou expulsión dos musulmáns españois.

Page 24: 08c a orixe do mundo moderno

As alianzas matrimoniais dos Reis Católicos Isabel e Fernando utilizaron os matrimonios dos seus fillos para establecer alianzas con Portugal, Inglaterra e o Sacro Imperio.