04 cub gall techno.indd 2 15/01/14 10:27 · 2.3. datos sobre violencia nas mulleres con...

23

Upload: others

Post on 16-Aug-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • www.once.es | www.fundaciononce.es

    _04_CUB_GALL_TECHNO.indd 1 15/01/14 10:27

  • _04_CUB_GALL_TECHNO.indd 2 15/01/14 10:27

    1

  • 4 1. Introdución

    2. A violencia nas mulleres con discapacidade

    Índice 2.1. Situación xeral das mulleres con discapacidade 9 2.2. Conceptualización da violencia contra a muller 10 2.3. Datos sobre violencia nas mulleres con discapacidade 13

    3. Xustificación: contexto actual e necesidade de intervención específica coas mulleres afiliadas 16

    3.1. Datos sobre violencia en mulleres afiliadas 17 3.2. Reflexións xurdidas a partir do estudo 20

    4. Marco conceptual 22

    4.1. Obxectivo xeral 23 4.2. Obxectivos específicos 23 4.3. Valores da Estratexia de Violencia de Xénero 24 4.4. Enfoque ideolóxico 25

    5. Plan de Actuación da Estratexia de Violencia de Xénero 26

    5.1. Áreas de intervención 27 5.2. Cronograma 34

    6. Seguimento e avaliación da Estratexia 38

    3

    8

  • 1Introdución

    Non son poucos os estudos e declaracións de institucións prestixiosas que comezan a recoñecer que as mulleres e nenas con discapacidade están expostas a unha situación de especial vulnerabilidade ante a violencia e abuso perpetrados contra elas. Mesmo, parece terse chegado ao consenso de que os devanditos actos adoitan producirse de maneiras particulares, como consecuencia da interacción de dous factores claves, o xénero e a discapacidade, que habitualmente non consideraron nin as políticas en materia de violencia contra a muller, nin tampouco as dedicadas ás cuestións de discapacidade.

    Tamén se pode dicir que dende os aínda escasos estudos e investigacións sobre este tema, xeralmente procedentes de Europa, América do Norte ou Australia, se sinala que máis da metade das mulleres con discapacidade sufriron abusos físicos, en comparación coa terceira parte das mulleres sen ela; ou que un 40% das mulleres con discapacidade sofre ou sufriu algunha forma de violencia, como sinala o Consello de Europa. Malia estas cifras alarmantes, seguramente o número de mulleres e nenas con discapacidade que son vítimas de violencia por parte de alguén próximo sexa, mesmo superior ao reflectido nas estatísticas, xa que se desenvolven en ámbitos frecuentemente pechados e segregados, fóra da cobertura habitual da investigación tradicional ao uso e a acción directa dos servizos sociais comunitarios.

    É certo que nos últimos anos aumentaron os programas dirixidos a informar, asesorar e protexer as mulleres contra a violencia. Non obstante, os devanditos programas non tiveron en conta as peculiaridades que presentan as mulleres con discapacidade como sector

    5

  • 6 7

    Introdución1diverso e complexo, cuxas principais diferenzas deben ser tidas en conta na práctica profesional. De feito, podería dicirse que hai unha maior concienciación social sobre a necesidade de intervir con aque-las mulleres que adquiriron unha discapacidade como consecuencia dun acto de violencia, pero non tanto coas que sofren esa violencia precisamente polo feito de ser unha muller con discapacidade, cuxa situación segue permanecendo invisible.

    Ante este panorama desolador, faise necesario que as organizacións de persoas con discapacidade tomen as medidas necesarias para desenvolver iniciativas que analicen a situación das mulleres e ne-nas con discapacidade en relación coa violencia, propoñendo ac-cións concretas para a súa prevención e atención axeitadas.

    Como parte do seu compromiso coa igualdade e a erradicación da violencia, o Observatorio de Igualdade de Oportunidades da ONCE e a súa Fundación incluíu no seu plan de actuación para o período 2011-2015 unha área específica de intervención, na que se identifi-caba a necesidade de elaborar unha estratexia plausible en materia de violencia de xénero dirixida ás mulleres afiliadas, que puidese ser implementada polas diferentes áreas executivas da ONCE e a súa Fundación en colaboración cos servizos específicos de violencia das administracións públicas, sen prexuízo das obrigas contidas na Lei 3/2007 do 22 de Marzo para a Igualdade Efectiva entre Mulleres e Homes, que establecía o desenvolvemento de medidas para a pre-vención do acoso sexual e do acoso por razón de sexo. muller con discapacidade, en xeral, e con discapacidade visual, en

    particular, así como a eficacia das medidas que se apliquen para Para iso, o Observatorio designou un grupo de traballo específi- previla e reparala, como recomenda Nacións Unidas.co encargado de elaborar unha proposta consensuada por todas as áreas executivas da institución que, partindo dun primeiro diagnós-tico, establecese as liñas mestras para actuar ao respecto, tomando para iso en consideración unha análise centrada na prevalencia de todas as formas, as causas e consecuencias da violencia contra a

    O presente documento, é pois, unha ferramenta consensuada para asumir este compromiso pola loita contra a violencia de xénero, con especial atención ás mulleres e nenas afiliadas, do que o Consello Xeral é garante, como se recolle nos seus Estatutos.

    O PRESENTE DOCUMENTO É UNHA FERRAMENTA CONSENSUADA PARA ASUMIR ESTE COMPROMISO DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, CON ESPECIAL ATENCIóN ÁS MULLERES E NENAS AFILIADAS

  • 8 9

    2A violenci

    a nas mulleres

    con discapacidade

    2.1. Situación xeral das mulleres con discapacidade

    Segundo a Enquisa de Discapacidade, Autonomía persoal e situación de Dependencia (EDAD), elaborada, en 2008, polo Instituto Nacional de Estatística, 3,85 millóns de persoas teñen discapacidade en España, das que o 60% son mulleres.

    En liñas xerais, a EDAD mostra que as taxas de discapacidade por idades son lixeiramente superiores nos varóns ata os 44 anos, situación que se inverte a partir dos 45, crecendo esta diferenza na poboación feminina a medida que aumenta a idade. O 67,2% destas persoas presentan limitacións para moverse ou trasladar obxectos, o 55,3% teñen problemas relacionados coas tarefas domésticas e o 48,4% coas tarefas do coidado e hixiene persoal.

    En materia de emprego, esta mesma fonte sinala que a taxa de actividade das persoas con discapacidade é do 35,5%. O 40,3% para os homes e o 31,2% para as mulleres. Pola súa banda, a taxa de ocupación é o 28,3% para o total das persoas con discapacidade, sendo o 33,4% a masculina e o 23,7% a feminina. En canto ao desemprego, a taxa de paro das persoas con discapacidade é do 20,3%, cunha repartición do 17,2% para os homes e do 24% para as mulleres.

    En termos globais, os datos mostran que as mulleres con discapacidade en relación aos seus dous grupos naturais de referencia (homes con discapacidade e mulleres en xeral), presentan un maior índice de analfabetismo, niveis educativos máis baixos, menor actividade laboral e/ou con postos de traballo de menor responsabilidade e peor remunerados, maior illamento social, máis baixa autoestima,

  • 1110

    A violencia nas mulleres con discapacidade 2maior dependencia económica respecto da familia e/ou persoas responsables de apoialas, maior dependencia socio afectiva e emocional, menor desenvolvemento persoal e social, gran descoñecemento da sexualidade e numerosos e catastróficos mitos ao respecto, maior desprotección socio sanitario e baixa autovaloración da imaxe corporal; todo o cal tradúcese nunha maior exposición a sufrir calquera tipo de violencia.

    Centrándonos xa nos datos máis actualizados de que se dispón (decembro 2012) referidos á poboación afiliada á ONCE e á súa Fundación, cabe destacar que o conxunto da poboación vai en aumento, situándose en 71.295 persoas afiliadas das que o 51,28% son mulleres e o 48,72% restante son homes.

    2.2. Conceptualización da violencia contra a muller

    A violencia contra a muller constitúe unha forma de discriminación e unha violación dos seus dereitos humanos. Segundo Nacións Unidas, entenderase por violencia contra a muller: todo acto de violencia de xénero que teña ou poida ter como consecuencia, o dano físico, sexual, psicolóxico ou económico ou o sufrimento para a muller, incluíndo ameazar con realizar tales actos, coa coacción e a privación arbitraria da liberdade, independentemente de que aconteza na vía pública ou privada.

    Por outra banda, hai que ter presente que a variable xénero é a que determina ser vítima de violencia sexista. Nese senso, segundo o último informe anual de Nacións Unidas elaborado pola Alta Comisionada sobre Dereitos Humanos sobre a violencia contra as nenas

    e mulleres con discapacidade, se a devandita variable se cruza e relaciona coa discapacidade, dá como resultado un colectivo moito máis exposto á violencia. A violencia que reciben as mulleres con discapacidade é invisible mesmo dentro das accións de violencia contra a muller. A muller con discapacidade sofre múltiple discriminación como muller e como muller con discapacidade. Este feito fai que, a miúdo, careza de privacidade, que se vulneren de forma habitual e sistemática os seus dereitos, illándoa, negándolle o acceso normalizado á cultura, ao ocio compartido e discriminándoa no acceso ao mercado laboral.

    A Convención de Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade recoñece no seu Preámbulo (apartado q) que as mulleres e nenas adoitan estar expostas a un risco maior –dentro e fóra do fogar– de violencia, lesións ou abuso, abandono ou trato neglixente, malos tratos ou explotación e sofren diversas formas de discriminación. Así mesmo, recolle a necesidade de incorporar a perspectiva de xénero en todas as actividades destinadas a promover o pleno gozo dos dereitos e liberdades (Preámbulo, apartado s). A Convención insta aos Estados a tomar medidas que potencien a muller (art.º 6) e teña en conta o interese dos menores (art. 7) xa que parte da suxeición de mulleres e nenas con discapacidade a múltiples formas de discriminación.

    No seu artigo 16, dedicado á violencia e ó abuso, este tratado internacional de dereitos humanos insta aos seus Estados Partes a adoptar todas as medidas de carácter lexislativo, administrativo, social, educativo e doutra índole que sexan pertinentes para protexer as mulleres e nenas con discapacidade contra todas as formas de explotación, violencia e abuso, tanto no seo do fogar, como fóra del, asegurando formas axeitadas de asistencia e apoio que teñan en conta as súas necesidades específicas. Dado que España ratificou este instrumento internacional, que pasou a formar parte do orde

  • -

    -

    2A violencia nas mulleres con discapacidade

    80%

    O 80% DAS MULLERES CON DISCAPACIDADE É VíTIMA DA VIOLENCIA E TEN UN RISCO CATRO VECES MAIOR qUE O RESTO DAS MULLERES DE SUFRIR VIOLENCIA SEXUAL

    namento xurídico español, sería desexable avanzar na súa correcta implementación, comezando por promover a formación dos profesionais e do persoal dos servizos de protección contra a violencia e o abuso sexual sobre as especificidades e necesidades concretas das mulleres e nenas con discapacidade neste ámbito, poñendo atención á súa diversidade e heteroxeneidade.

    O Comité de Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade no seu diálogo construtivo co Estado Parte de España mostrou a súa preocupación polo feito de que os programas e políticas públicas sobre a prevención da violencia contra a muller non tivesen suficientemente en conta a situación das mulleres con discapacidade, realizándolle as seguintes observacións ao respecto:

    Velar por que se teña en conta as mulleres con discapacidade nos programas e políticas públicas sobre a prevención da violencia de xénero, particularmente para asegurar o acceso das mulleres con discapacidade a un sistema de resposta eficaz e integrado.

    Ter en conta as cuestións relacionadas co xénero nas políticas de emprego, incluíndo particularmente medidas específicas para as mulleres con discapacidade.

    Elaborar e desenvolver estratexias, políticas e programas, especialmente nos sectores da educación, o emprego, a saúde e a seguridade social, para promover a autonomía e a plena participación das mulleres e das nenas con discapacidade na sociedade, así como para combater a violencia contra elas.

    En España a Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, supuxo unha conquista moi importante para a sociedade española e un avance para a loita contra a violencia dirixida ás mulleres en xeral e con dis

    capacidade en particular. Entre os seus principios reitores figura a atención a mulleres con discapacidade (artigo 2.k) para ofrecerlles información accesible e comprensible (art. 18). Os dereitos de carácter económico recoñecidos na Lei incrementan a súa contía can-do a vítima ten recoñecida oficialmente unha discapacidade. Tamén alude á necesidade de introducir o enfoque da discapacidade nos cursos de formación de profesionais (artigo 47).

    Aínda que este recoñecemento legal constitúe un primeiro paso, é necesario avanzar máis, potenciando as medidas dirixidas a vítimas con discapacidade para ofrecerlles realmente unha atención efectiva e eficaz acorde ás súas necesidades.

    Malia que nos últimos anos houbo un grande avance na loita contra a violencia contra a muller por parte de axentes políticos, xurídicos e sociais, impulsando políticas e medidas de actuación para previla e erradicalas, a realidade da discapacidade non foi ligada a estas medidas.

    2.3. Datos sobre violencia nas mulleres con discapacidade

    Segundo o Informe do Parlamento Europeo sobre a situación das mulleres dos grupos minoritarios na Unión Europea de 2004, case o 80% das mulleres con discapacidade é vítima da violencia e ten un risco catro veces maior que o resto de mulleres de sufrir violencia sexual. Así como as mulleres sen discapacidade son obxecto dunha violencia maioritariamente causada pola súa parella ou ex parella, as mulleres con discapacidade, o 68% das cales vive en institucións, están expostas á violencia de persoas do seu ámbito, xa sexa persoal sanitario, de servizo ou coidadores.

    1312

  • 2A violencia nas mulleres con discapacidade Este feito xa se constatou algúns anos antes, no informe Violencia e a Muller con Discapacidade, publicado no marco do proxecto Metis, financiado pola Unión europea en 1998 a través do Programa de Iniciativa Comunitario Daphne, nalgúns países da Unión Europea e, sobor de todo, en América, as persoas con discapacidade son receptoras de maior número de abusos que as persoas sen discapacidade (nun ratio de dous a cinco veces máis).

    Resulta importante mencionar ademais que, de acordo co Plan Estratéxico Nacional de Infancia e Adolescencia, a Dirección Xeral de Política Social, das Familias e da Infancia e o Centro Reina Sofía para o estudo da violencia realizaron unha investigación sobre “Maltrato Infantil na familia en España”. Unha das conclusións desta investigación de carácter cuantitativo é que o feito de presentar unha discapacidade é un factor que incrementa substancialmente o risco de maltrato. Entre os seus datos podemos destacar que a prevalen

    cia de maltrato é maior entre os menores que presentan algunha enfermidade física ou trastorno mental (7,80%) que entre os que non a presentan (3,57%), ou que os menores que teñen algunha discapacidade sofren maiores taxas de maltrato (23,08%) fronte aos menores que non presentan ningunha (3,87%).

    Por outra parte, España conta con algúns estudos desenvolvidos polas organizacións de persoas con discapacidade sobre a violencia exercida contra mulleres con discapacidade. Non obstante a falta de estatísticas e estudos específicos en materia de violencia de xénero e discapacidade é un feito que transcende á realidade das nenas e mulleres en España. Do mesmo xeito que acontece noutros países, a discapacidade non se ligou ao concepto de violencia de xénero en ningún estudo significativo de ámbito estatal nin por parte das institucións públicas, nin polo das institucións académicas.

    1514

  • 3

    Xustificaci ón:

    contexto actual e necesidade de intervención específica coas mulleres afiliadas

    3.1. Datos sobre violencia en mulleres afiliadas

    En novembro de 2001, a Comisión Europea concedeu á Unión Europea de Cegos (EBU) a subvención para o desenvolvemento dun programa Daphne, para estudar a situación específica de violencia nas mulleres cegas ou con deficiencia visual grave, contando para iso coa participación de catro organizacións nacionais de persoas cegas (Francia, Italia, Holanda e España). Foi así como, a través da ONCE, se comezou a desenvolver a principio de 2002 un estudo de aproximación á violencia de xénero a través das seguintes fases:

    1. Elaboración dun cuestionario dirixido a todas as socias e afiliadas ás organizacións de cegos dos catro países seleccionados, co fin de recoller información acerca da percepción da violencia entre elas mesmas ou outras mulleres de tales organizacións.

    2. Distribución do devandito cuestionario en formatos accesibles e garantindo a máxima difusión nos distintos países.

    3. Organización de seminarios nacionais e internacionais para persoas expertas en materia de violencia de xénero e minusvalidez visual.

    4. Establecemento de “grupos de autoaxuda” para todas aquelas mulleres que quixeran reflexionar xuntas sobre temas de violencia de xénero e a súa implicación na vida das mulleres con minusvalidez visual.

    17

  • 18 19

    Xustificación: contexto actual e necesidade de intervención específica coas mulleres afiliadas3Por todo iso, considerouse que esta cifra inicial era o suficientemen-te representativa da poboación obxecto de estudo (7,10% do total).

    Lamentablemente, as organizacións de cegos dos países participan-tes no estudo apenas conseguiron un número óptimo de respostas de mulleres con discapacidade visual; tanto, que nin sequera se pui-do considerar, en termos estatísticos, representativa da poboación de referencia. Precisamente por ese motivo, en marzo de 2003 de-cidiuse difundir o cuestionario entre o resto de países da Unión Europea, sendo igualmente moi reducidas as respostas obtidas nesta segunda fase de mulleres europeas con discapacidade visual.

    Malia estas baixas taxas de participación, en xullo de 2003 orga-nizouse en París o primeiro seminario internacional sobre Violencia de Xénero e discapacidade visual, desenvolvido conxuntamente por todas as organizacións de cegos socias deste programa Daphne, coa presenza de persoas expertas na materia, provenientes do ámbito académico, político, gobernamental e asociativo do ámbito euro-peo. O seminario estivo aberto á participación de todas as orga-nizacións da Unión Europea de Cegos (formada nesta data por 44 países), que foron invitadas a presentar modelos e experiencias de boas prácticas nesta materia. Desgraciadamente, a precaria situa-ción económica na que se encontraban moitas organizacións (es-pecialmente as de Europa do Leste) dificultou a participación de moitas delas.

    Por outro lado, en canto á organización de Seminarios Nacionais, foron Francia e Italia os que tomaron a iniciativa. En canto a Espa-ña, deseñouse un programa de formación concreto co obxectivo de crear “unha rede de mulleres con discapacidade visual” para asumir o desenvolvemento dos “grupos de autoaxuda”. Para iso, a través

    5. Organización de cursos específicos de defensa persoal por parte das organizacións intervintes.

    6. Análise de resultados e publicación de conclusións.

    A elaboración do cuestionario desenvolveuse conxuntamente por parte de todas as organizacións intervintes, establecéndose para iso unha serie de criterios comúns para todas, así como a análise de dous tipos concretos de violencia (a física e a psicolóxica) deixando unha terceira posibilidade para calquera outro tipo de violencia.

    Ademais, decidiuse utilizar os formatos de tinta, tinta ampliada, braille, son e páxina web accesible, para a divulgación do cuestio-nario, facilitándose, igualmente, unha serie de normas claras para cumplimentalo. Neste punto hai que sinalar que, no caso da ONCE, se puxo a disposición de todas as afiliadas maiores de 18 anos unha liña telefónica gratuíta, onde con apoio de dúas persoas instruídas para o efecto, podían responder verbalmente ás preguntas e ex-poñer cantas situacións persoais considerasen, garantindo en todo momento (tanto para os cuestionarios materiais como verbais) a confidencialidade. Esta recollida de información foi remitida direc-tamente aos/ás traballadores/as sociais da ONCE da demarcación xeográfica da muller que se declaraba vítima, cando así se solicitaba na devandita entrevista telefónica.

    No caso de España, recibíronse 2.100 respostas, un número espe-cialmente significativo, se se ten en conta que, seguindo instru-cións xerais, o cuestionario soamente se remitiu a mulleres maiores de 18 anos. Esta poboación -que naquel momento era de 29.555 mulleres-, contaba con afiliadas con outras discapacidades enga-didas á visual que, como no caso da intelectual, non participaron.

    EN XULLO DE 2003 ORgANIzOUSE EN PARíS O PRIMEIRO SEMINARIO INTERNACIONAL SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO E DISCAPACIDADE VISUAL, DESENVOLVIDO CONXUNTAMENTE POR TODAS AS ORgANIzACIóNS DE CEgOS SOCIAS DO PROgRAMA DAPHNE

    2003

  • 20 21

    dos 17 Conselleiros Territoriais da ONCE, e coa colaboración doutras mulleres afiliadas con formación académica axeitada que querían implicarse como actividade de voluntariado no propio proxecto Da-phne, desenvolveuse un seminario para analizar con profundidade os datos obtidos nos cuestionario, e sentar as bases dos “grupos de autoaxuda”. Lamentablemente, o programa concluíu en España tras esta fase.

    3.2. Reflexións xurdidas a partir do estudo

    Algunhas das propostas xurdidas nos grupos de debates que se es-tableceron para a análise dos resultados obtidas foron as seguintes:

    1. Formación dos/as profesionais dos equipos multidisciplinares da ONCE en materia de violencia.

    2. Coordinación estreita coas xerencias de asuntos sociais, institu-tos da muller, etc. para a detección precoz de posibles situacións de violencia.

    3. garantir a accesibilidade integral dos servizos comunitarios que ofreceran atención a mulleres maltratadas.

    4. Desenvolver por parte de profesionais da ONCE actividades de sensibilización entre o colectivo de mulleres para que coñecesen os servizos existentes para a atención a mulleres nas súas zonas e para que, igualmente, soubesen recoñecer actos abusivos que se puidesen estar a perpetrar contra elas.

    Xustificación: contexto actual e necesidade de intervención específica coas mulleres afiliadas3

  • 4 4.1. Obxectivo xeral Desenvolver unha estratexia para previr e erradicar a violencia de xénero dirixida ás mulleres afiliadas, como poboación en situación de especial vulnerabilidade, co obxecto de mellorar a súa atención e prevención dende unha perspectiva global. Para a consecución de dous dos factores fundamentais: 1. O nesgo cultural, a través da información e a concienciación. Marco conceptual 2. Os apoios externos, mediante a atención, asesoramento e as

    axudas que reforcen os dereitos das mulleres afiliadas.

    4.2. Obxectivos específicos

    1. Coñecer a situación das mulleres e nenas afiliadas en relación coa violencia de xénero e analizar os recursos necesarios para poñer en marcha a presente estratexia.

    2. Ofrecer información sobre violencia de xénero e os dereitos das vítimas.

    23

  • ••

    Consideración do contexto da discapacidad visual, o cal implica adaptar as medidas ás necesidades específicas de orixe.

    Marco conceptual

    4. Ser multidisciplinar: as medidas deben desenvolverse dende as diferentes disciplinas e axentes implicados, co asesoramento dos profesionais da ONCE, cando así sexa preciso.

    5. Ser social: terá que desenvolverse en colaboración coas Administracións (Xeneral do Estado, Autonómica, Local) e coas organizacións de mulleres, e axentes sociais, contando para iso coa colaboración da ONCE e a súa Fundación.

    6. Ter unha orientación individual personalizada: en todas aquelas actuacións, especialmente referentes á atención, as medidas orientaranse ás circunstancias de cada muller afiliada.

    4.4. Enfoque ideolóxico

    4 3. Desenvolver actividades formativas dos/as profesionais dos

    servizos sociais da ONCE, tanto na adquisición de coñecementos xerais básicos e suficientes en materia de violencia de xénero, coma no coñecemento das actuacións necesarias de colaboración coas diferentes administracións e autoridades na atención da violencia de xénero.

    4. Realizar campañas e outras medidas de concienciación social sobre a violencia contra a muller a nivel institucional.

    5. Adoptar medidas adecuadas para ofrecer orientación e apoio ás mulleres e nenas afiliadas vítimas de violencia de xénero.

    4.3. Valores da Estratexia de Violencia de Xénero

    A presente Estratexia de Violencia de Xénero toma como referencias ideolóxicas os principios e mandatos establecidos polos tratados de dereitos humanos de Nacións Unidas, con especial atención á Convención para a Eliminación de todas as Formas de Discriminación contra a Muller e á Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, respectivamente.

    Serán valores da Estratexia de Violencia de Xénero da ONCE e a súa Fundación os seguintes:

    1. Ser integral: abordar elementos relacionados con: Prevención e atención. Dende este prisma paradigmático, cobra relevancia o artigo 16 deste

    último tratado, adicado á Protección contra a explotación, a vio-lencia e o abuso, que afirma que é necesario que os Estados Partes tomen medidas ao respecto, incluídos os aspectos relacionados co xénero, cuestión esta que foi analizada con detalle a través do último Informe Temático de Nacións Unidas sobre a violencia contra as mulleres e nenas con discapacidade, cuxas conclusións inspiraron o plan de actuación da presente Estratexia.

    2. Ser proactiva: aproximar os recursos ás mulleres afiliadas, non esperar a que elas os demanden.

    3. Ser global: incorporar a atención á violencia de xénero como parte da prestación dos servizos sociais da ONCE e doutros específicos do ámbito comunitario sobre violencia e mulleres.

    2524

  • 5 O plan de actuación da Estratexia de Violencia de Xénero do Observatorio de Igualdade de Oportunidades da ONCE e a súa Fundación articúlase sobre cinco áreas principais: diagnóstico, información, formación, concienciación e orientación e apoio ás vítimas. Cada unha delas está enmarcada dentro dun obxectivo xeral, cuxo desenvolvemento se detalla a través dunha serie de medidas específicas. Pola súa banda, no cronograma detallado das actividades asígnanse a cada unha delas tanto o órgano ou dirección executiva encargado do seu desenvolvemento, como o tempo previsto para a súa implementación. Plan de Actuación da Estratexia de Violencia de Xénero

    5.1. Áreas de intervención

    Área 1. Diagnóstico

    Obxectivo xeral: Coñecer a situación das mulleres e nenas afiliadas en relación coa violencia de xénero e analizar os recursos necesarios para poñer en marcha a presente estratexia.

    Accións para a súa Implementación:

    1. Elaboración dun estudo para coñecer a situación das mulleres e nenas afiliadas ante a violencia, facendo unha reunión sistemática de datos e detallando as súas causas e consecuencias.

    2. Desenvolvemento dun sistema de detección precoz de situacións de violencia en mulleres e nenas con discapacidade visual institucionalizadas ou residentes en ámbitos pechados e segregados, establecendo protocolos de prevención da violencia e o abuso para os/as profesionais implicados na súa atención.

    27

  • 28 29

    Área 2: Información

    Obxectivo xeral:Ofrecer información sobre violencia de xénero e os dereitos das vítimas.

    Accións para a súa implementación:

    5. Elaboración e difusión de materiais informativos sobre a violen-cia contra as mulleres e as nenas en formatos accesibles, a través das diversas canles coas que conta a ONCE e a súa Fundación para que, por unha parte, as propias mulleres afiliadas sexan cons-cientes dos que significa a violencia e os recursos que teñen para combatela e, por outra, facer extensivo este coñecemento a todas as persoas que compoñen a organización.

    6. Realización de sesións informativas ás mulleres e nenas afiliadas, así como ás súas familias e persoas do seu ámbito próximo, sobre o xeito de previr, recoñecer e denunciar os casos de explota-ción, violencia e abuso, poñendo á súa disposición información comprensible en formatos accesibles sobre os servizos de apoio e sobre as medidas legais existentes para combatelos nos seus ámbitos locais.

    7. Desenvolvemento de conferencias nos ámbitos central e territo-rial sobre a violencia contra as mulleres.

    8. Creación dun apartado específico sobre violencia no espazo Wed do Observatorio de Igualdade de Oportunidades da ONCE e a súa Fundación.

    3. Análise do grao de cumprimento das provisións de accesibilidade da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Pro-tección Integral contra a Violencia de xénero.

    4. Partindo dos indicadores sobre violencia de xénero de carácter xeral e, se é o caso, relativos ás mulleres con discapacidade ela-borados polos organismos oficiais, a ONCE teraos de referencia para a súa utilización e aplicación adaptada á realidade das mu-lleres afiliadas, para dispoñer dun sistema de datos e factores relevantes que configuren os devanditos indicadores adaptados para un mellor coñecemento da problemática específica interna, e para a súa remisión aos devanditos organismos oficiais coa finalidade de que se incorporen aos informes e estudos para que se poida ver a violencia sufrida por este colectivo.

    Plan de Actuación da Estratexia de Violencia de Xénero5

  • 30 31

    Área 3. Formación

    Obxectivo xeral: Desenvolver actividades formativas dos/as profesionais dos servizos sociais da ONCE, tanto na adquisición de coñecementos xerais básicos e suficientes en materia de violencia de xénero, coma no coñecemento das actuacións necesarias de colaboración coas diferentes administracións e autoridades na atención da violencia de xénero.

    Accións para a súa implementación:

    9. Formación dos/as profesionais dos servizos sociais da ONCE na adquisición de coñecementos xerais básicos e suficientes en materia de violencia de xénero, así como poñendo á súa dispo-sición a información necesaria para coñecer os recursos, medios e programas específicos de atención e protocolos de actuación para asistencia ás vítimas.

    10. Colaboración da ONCE cos servizos específicos da Administra-ción Pública mediante o asesoramento sobre as especificidades e necesidades concretas das mulleres e nenas con discapacidade visual ante a violencia de xénero, poñendo atención á súa diver-sidade e heteroxeneidade.

    Área 4: Concienciación

    Obxectivo xeral:Realizar campañas e outras medidas de concienciación social sobre a violencia contra a muller a nivel institucional.

    Accións para a súa implementación:

    11. Adhesión da ONCE e a súa Fundación á iniciativa “Empresas por unha sociedade libre de violencia de xénero”, do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

    12. Asesoramento técnico para que os materiais das campañas de concienciación xeral sobre a violencia contra a muller sexan accesibles para as persoas con discapacidade visual.

    13. Actuación en pro da defensa dos dereitos das mulleres e nenas afiliadas vítimas de violencia, concienciando aos ámbitos de maior risco sobre a explotación sexual e colaborando no nece-sario coas autoridades e cos servizos comunitarios específicos para a atención da violencia de xénero.

    14. Participación activa nos actos oficiais conmemorativos do 25 de novembro, día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra a Muller.

    15. Designación do cupón do día 25 de novembro á loita contra a violencia de xénero.

    Plan de Actuación da Estratexia de Violencia de Xénero5

  • 32 33

    Área 5: Orientación e apoio ás vítimas

    Obxectivo xeral:Adoptar medidas adecuadas para ofrecer orientación e apoio ás mulleres e nenas afiliadas vítimas de violencia de xénero.

    Accións para a súa implementación:

    16. Firma dun convenio marco de colaboración entre o Observatorio de Igualdade de Oportunidades da ONCE e a súa Fundación e a Delegación do goberno para a Violencia de Xénero, como canle de acción global para a implementación da presente Estratexia, con especial interese nos ámbitos da formación, o asesoramen-to e a atención a mulleres e nenas con discapacidade visual.

    17. Orientación e apoio dende os Servizos Sociais da ONCE a mulle-res e nenas afiliadas vítimas de violencia de xénero, co fin de asegurar a súa axeitada atención por parte dos servizos comu-nitarios específicos en materia de violencia.

    18. Adopción dun protocolo de actuación para a orientación e apoio ás mulleres e nenas afiliadas vítimas de violencia de xénero.

    19. Ofrecer información ao servizo telefónico do 016 para a axeita-da atención ás vítimas con discapacidade visual.

    20. Establecemento de colaboración con organizacións de mulleres que traballan no ámbito da violencia de xénero para favorecer o acceso e inclusión das mulleres afiliadas, a nivel estatal, territorial e local.

    Plan de Actuación da Estratexia de Violencia de Xénero5

  • 34 35

    Plan de Actuación da Estratexia de Violencia de Xénero55.2. Cronograma

    ÁREA 1. DIAGNÓSTICOTemporalización Medida Responsable do seu

    desenvolvemento

    2013-2014 1. Elaboración dun estudo para coñecer a situación das mulleres e nenas afiliadas ante a violencia, facendo unha reunión siste-mática de datos e detallando as súas causas e consecuencias.

    Consultoría externa

    2014 2. Desenvolvemento dun sistema de detección precoz de si-tuacións de violencia en mulleres e nenas con discapacidade visual institucionalizadas ou residentes en ámbitos pechados segregados, establecendo protocolos de prevención da violencia e o abuso para os/as profesionais implicados na súa atención.

    Consultoría externa

    2013-2014 3. Análise do grao de cumprimento das provisións de accesibi-lidade da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.

    Consultoría externa

    2013-2014-2015 4. Partindo dos indicadores sobre violencia de xénero de carác-ter xeral e, se é o caso, relativos ás mulleres con discapacidade elaborados polos organismos oficiais, a ONCE os usará de refe-rencia para a súa utilización e aplicación adaptada á realidade das mulleres afiliadas, para dispoñer dun sistema de datos e factores relevantes que configuren os devanditos indicadores adaptados para un mellor coñecemento da problemática espe-cífica interna, e para a súa remisión aos devanditos organismos oficiais coa finalidade de que se incorporen aos informes e estu-dos para visibilizar a violencia sufrida por este colectivo.

    Dirección Xeral da ONCE

    ÁREA 2. INFORMACIÓNTemporalización Medida Responsable do seu

    desenvolvemento

    2013- 2014-2015 5. Elaboración e difusión de materiais informativos sobre a violen-cia contra as mulleres e as nenas en formatos accesibles, a través das diversas canles coas que conta a ONCE e a súa Fundación para que, por unha banda, as propias mulleres afiliadas sexan conscien-tes do que significa a violencia e os recursos que teñen para com-batela e, por outra, facer extensivo este coñecemento a todas as persoas que compoñen a organización.

    Observatorio de Igualdade de Oportunidades da ONCE e a súa Fundación

    2013-2014-2015 6. Realización de sesións informativas ás mulleres e nenas afi-liadas, así como ás súas familias e persoas do seu ámbito próxi-mo, sobre o xeito de previr, recoñecer e denunciar os casos de explotación, violencia e abuso, poñendo á súa disposición infor-mación comprensible, en formatos accesibles, sobre os servizos de apoio e sobre as medidas legais existentes para combatelos nos seus ámbitos locais.

    Observatorio de Igualdade de Oportunidades da ONCE e a súa Fundación en colaboración cos Consellos Territoriais

    2013-2014-2015 7. Desenvolvemento de conferencias a nivel central e territorial sobre a violencia contra as mulleres.

    Observatorio de Igualdade de Oportunidades da ONCE e a súa Fundación en colaboración cos Consellos Territoriais

    2013-2014-2015 8. Creación dun apartado específico sobre violencia no espazo wed do Observatorio de Igualdade de Oportunidades da ONCE e a súa Fundación.

    Obsevatorio de Igualdade de Oportunidades da ONCE e a súa Fundación.

  • 36 37

    Plan de Actuación da Estratexia de Violencia de Xénero5ÁREA 3. FORMACIÓNTemporalización Medida Responsable do seu

    desenvolvemento1 semestre 2014

    9. Formación dos/as profesionais dos servizos sociais da ONCE na adquisición de coñecementos xerais básicos e suficientes en materia de violencia de xénero, así como poñendo á súa disposi-ción a información necesaria para coñecer os recursos, medios e programas específicos de atención e protocolos de actuación para asistencia ás vítimas.

    Dirección Xeral da ONCE en colaboración coa Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero

    1 semestre 2014

    10. Colaboración da ONCE cos servizos específicos da Adminis-tración pública mediante o asesoramento sobre as especificida-des e necesidades concretas das mulleres e nenas con discapci-dade visual ante a violencia de xénero, poñendo atención á súadiversidade e heteroxeneidade.

    Observatorio de Igualdade de Oportunidades da ONCE e a súa Fundación

    ÁREA 4. CONCIENCIACIÓNTemporalización

    1 semestre 2013

    Medida

    11. Adhesión da ONCE e a súa Fundación á iniciativa “Empresas por unha sociedade libre de violencia de xénero” do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

    Responsable do seu desenvolvementoObservatorio de Igualdade de Oportunidades da ONCE e a súa Fundación

    2013-2014-2015 12. Asesoramento técnico para que os materiais das campañas de concienciación xeral sobre a violencia contra a muller sexan accesi-bles para as persoas con discapacidade visual.

    Observatorio de Igualdade de Oportunidades da ONCE e a súa Fundación

    2013-2014-2015 13. Actuación no paro da defensa dos dereitos das mulleres e nenas afiliadas vítimas de violencia, concienciando aos ámbitos de maior risco sobre a explotación sexual e colaborando no nece-sario coas autoridades e cos servizos comunitarios específicos para atención da violencia de xénero.

    Observatorio de Igualdade de Oportunidades da ONCE e a súa Fundación

    2013-2014-2015 14. Participación activa nos actos oficiais conmemorativos do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Vio-lencia contra a Muller.

    Observatorio de Igualdade de Oportunidades da ONCE e a súa Fundación

    2013-2014-2015 15. Designación do cupón do día 25 de novembro á loita contra a violencia.

    Dirección de comunicación da ONCE

    ÁREA 5. ORIENTACIÓN E APOIO ÁS VÍTIMASTemporalización

    2013

    Medida

    16. Firma dun convenio marco de colaboración entre o Ob-servatorio de Igualdade de Oportunidades da ONCE e a súa Fundación e a Delegación do goberno para a Violencia de Xé-nero, como canle de acción global para a implementación da presente Estratexia, con especial interese nos ámbitos da for-mación, o asesoramento e a atención a mulleres e nenas con discapacidade visual.

    Responsable do seu desenvolvementoObservatorio de Igualdade de Oportunidades da ONCE e a súa Fundación e a Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero

    2013-2014- 2015 17. Orientación e apoio dende os Servizos Sociais da ONCE a mulleres e nenas afiliadas vítimas de violencia de xénero, co fin de asegurar a súa atención axeitada por parte dos servizos comunitarios específicos en materia de violencia.

    Dirección Xeral da ONCE en colaboración cos servizos comunitarios para atención á violencia

    2 semestre 2014

    18. Adopción dun protocolo de actuación para a atención ás mulleres e nenas afiliadas vítimas de violencia de xénero.

    Servicios Sociais da ONCE

    2 semestre 2014

    19. Ofrecer información ao servizo telefónico do 016 para a axei-tada orientación e apoio ás vítimas con discapacidade visual.

    Obsevatorio de Igualdade de Oportunidades da ONCE e a súa Fundación

    2013-2014-2015 20. Establecemento de colaboración con organizacións de mu-lleres que traballan no ámbito da violencia de xénero para favorecer o acceso e inclusión das mulleres afiliadas, a escala estatal, territorial e local.

    Obsevatorio de Igualdade de Oportunidades da ONCE e a súa Fundación en colaboración cos Consellos Territoriais

  • 38 39

    6Seguimento e avaliaciónda Estratexia

    O Observatorio de Igualdade de Oportunidades da ONCE e a súa Fundación será o órgano encargado do seguimento e avaliación técnicas da presente Estratexia. Así mesmo, desenvolverá a coordinación global dende o punto de vista institucional respecto da súa execución polos equipos de xestión, e implementará as accións de detalle que puidesen derivarse das decisións da Comisión Executiva Permanente neste campo.

    Pola súa banda, o Pleno do Observatorio será a instancia encargada de realizar as propostas de avaliación periódica da aplicación da Estratexia, para o cal, elevará informes semestrais, a través do Vicepresidente Segundo, á Comisión Executiva Permanente para a súa consideración, valoración e adopción de medidas, se é o caso.

    Anualmente, o Observatorio de Igualdade de Oportunidades da ONCE e a súa Fundación elevará ao Pleno do Consello Xeral da ONCE, a través do Vicepresidente Segundo, un informe, no que se decate das accións desenvolvidas para a implementación da Estratexia de Violencia de xénero, así como sobre os posibles axustes que se propoña adoptar para o seu axeitado desenvolvemento.

  • _04_CUB_GALL_TECHNO.indd 2 15/01/14 10:27

  • _04_CUB_GALL_TECHNO.indd 1 15/01/14 10:27

    www.once.es | www.fundaciononce.es

    http:www.fundaciononce.eshttp:www.once.es

    Estratexia da once e a sua Fundación na loita contra a Violencia de Xenero.H1Índice1Introdución 2A violenci a nas mulleres con discapaci2.1. Situación xeral das mulleres con 2.2. Conceptualización da violencia cont2.3. Datos sobre violencia nas mulleres 3Xustificaci ón:. contexto actual e nec3.1. Datos sobre violencia en mulleres a3.2. Reflexións xurdidas a partir do est4 Marco conceptual 4.1. Obxectivo xeral 4.2.. Obxectivos específicos. 4.3. Valores da Estratexia de Violenci4.4. Enfoque ideolóxico 5 Plan de Actuación da Estratexia de Vio5.1. Áreas de intervención 5.2. CronogramaÁREA 5. ORIENTACIÓN E APOIO ÁS VÍTIMAS6Seguimento e avaliaciónda Estratexia