xuÑo 2012 historia de espaÑa - comisión ...ciug.gal/pdf/exames2012/exahespanax12.pdf · doc....

4
PAU XUÑO 2012 Código: 03 HISTORIA DE ESPAÑA OPCIÓN A Os seguintes textos deben permitirche facer unha redacción sobre o movemento obreiro en España dende as súas orixes ata a crise da Restauración. Nela debes desenvolver as seguintes cuestións: Razóns e reivindicacións das mobilizacións obreiras; evolución das formas de organización e loita; identificación e caracterización das principais organizacións de traballadores. Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de realizar unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita. Doc.1.-A destrución das máquinas. O exemplo da Fábrica de Tabacos da Coruña recollido en El País. Diario de Pontevedra (13 de decembro de 1857): “O luns 7 do actual houbo un pronunciamento de mulleres na fábrica da Palloza desta cidade (A Coruña). Parece que no canto dos cigarros que antes se facían nesta fábrica, están agora ensaiando a construción doutros de diferente feitura e (…) crearon un taller de pitos cunha máquina para picar o tabaco. Como ambas operacións son novas, non se prestan nin acomodan a elas as cigarreiras, porque non saben facelos, tardando tanto en elaboralos que a penas sacan a terceira parte do xornal que adoitaban (…). Alporizáronse aquelas catro mil mulleres, arremetendo contra os xefes e empregados do establecemento, destruíndo todo o tabaco (…), racharon e fixeron anacos as máquinas novas (…), tirándoas ao mar, o mesmo que os mobles, papeis, libros de caixa e efectos que atoparon nas habitacións do director”. Doc.2.-En setembro de 1855, El Eco de la Clase Obrera publicaba a seguinte petición ás Cortes: “Señores Deputados das Cortes Constituíntes: Hai anos que a nosa clase vai camiñando cara a súa ruína. Os salarios minguan. O prezo dos comestibles e das habitacións é máis alto. As crises industriais sucédense. Temos que (...) mandar ao taller ás nosas donas con prexuízo da educación dos nosos fillos, sacrificar a estes mesmos fillos a un traballo prematuro. É xa gravísimo o mal, urxe o remedio, e agardámolo de vosoutros. Non pretendemos que ataquedes a liberdade do individuo, porque é sagrada e inviolable; nin que matedes a concorrencia, porque é a vida das artes; nin que carguedes sobre o Estado a obriga de socorrernos, porque coñecemos os apuros do Tesouro. Pedímosvos unicamente o libre exercicio dun dereito: do dereito de ASOCIARNOS. Hoxe concédesenos só para favorecernos nos casos de enfermidade ou de falta de traballo; concédasenos en adiante para opoñernos ás desmedidas esixencias dos donos dos talleres, establecer de acordo con eles tarifas de salarios, procurarnos os artigos de primeira necesidade a baixo prezo, organizar o ensino profesional e fomentar o desenvolvemento da nosa intelixencia, atender a todos os nosos intereses”. Doc.3.-Neste artigo publicado en setembro de 1872 en La Defensa de la Sociedad, advírtese do perigo que para a orde establecida supón a Asociación Internacional de Traballadores (AIT): “Proba en verdade que atinxe a reis e pobos, a sacerdotes e profanos, ao cidadán humilde e ao elevado magnate, á relixión, á moral, á propiedade, ao traballo; á autoridade, á liberdade, á paz pública; á patria, á familia, á seguridade persoal; á orde, ao goberno, á economía política; e en fin, a todas as entrañas da vida da humanidade. ¡Tremendo retroceso habería sufrir esta se en tal proba saísen vencidos os principios tutelares da súa existencia e desenvolvemento! E vencidos sairían se os ánimos rectos, se os homes dos que os seus intereses morais e materiais están ameazados, se as clases lexítimas cegamente combatidas, non abrisen a tempo os ollos para ver e evitar o abismo onde empurra á sociedade enteira esa tempestade de erros (...), políglota e cosmopolita, que se titula a Asociación Internacional”. Doc.4.-En marzo de 1917, este Manifesto conxunto da UGT e a CNT propón a folga xeral, que sería definitivamente convocada en agosto: “O proletariado organizado chegou así ao convencemento da necesidade da unificación das súas forzas nunha loita común contra os amparadores da explotación erixida en sistema de goberno. E respondendo a este convencemento, os representantes da Unión general de Trabajadores e os da Confederación Nacional del Trabajo acordaron por unanimidade: Primeiro: (...) co fin de obrigar ás clases dominantes a aqueles cambios fundamentais de sistema que garantan ao pobo o mínimo das condicións decorosas de vida e de desenvolvemento das súas actividades emancipadoras, imponse que o proletariado empregue a folga xeral, sen prazo definido de terminación, como a arma máis poderosa que posúe para reivindicar os seus dereitos”.

Upload: vuthien

Post on 12-Oct-2018

218 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

PAU

XUÑO 2012

Código: 03

HISTORIA DE ESPAÑA

OPCIÓN A

Os seguintes textos deben permitirche facer unha redacción sobre o movemento obreiro en España dende as súas orixes ata a crise da Restauración. Nela debes desenvolver as seguintes cuestións: Razóns e reivindicacións das mobilizacións obreiras; evolución das formas de organización e loita; identificación e caracterización das principais organizacións de traballadores. Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de realizar unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita.

Doc.1.-A destrución das máquinas. O exemplo da Fábrica de Tabacos da Coruña recollido en El País. Diario de Pontevedra (13 de decembro de 1857): “O luns 7 do actual houbo un pronunciamento de mulleres na fábrica da Palloza desta cidade (A Coruña). Parece que no canto dos cigarros que antes se facían nesta fábrica, están agora ensaiando a construción doutros de diferente feitura e (…) crearon un taller de pitos cunha máquina para picar o tabaco. Como ambas operacións son novas, non se prestan nin acomodan a elas as cigarreiras, porque non saben facelos, tardando tanto en elaboralos que a penas sacan a terceira parte do xornal que adoitaban (…). Alporizáronse aquelas catro mil mulleres, arremetendo contra os xefes e empregados do establecemento, destruíndo todo o tabaco (…), racharon e fixeron anacos as máquinas novas (…), tirándoas ao mar, o mesmo que os mobles, papeis, libros de caixa e efectos que atoparon nas habitacións do director”. Doc.2.-En setembro de 1855, El Eco de la Clase Obrera publicaba a seguinte petición ás Cortes: “Señores Deputados das Cortes Constituíntes: Hai anos que a nosa clase vai camiñando cara a súa ruína. Os salarios minguan. O prezo dos comestibles e das habitacións é máis alto. As crises industriais sucédense. Temos que (...) mandar ao taller ás nosas donas con prexuízo da educación dos nosos fillos, sacrificar a estes mesmos fillos a un traballo prematuro. É xa gravísimo o mal, urxe o remedio, e agardámolo de vosoutros. Non pretendemos que ataquedes a liberdade do individuo, porque é sagrada e inviolable; nin que matedes a concorrencia, porque é a vida das artes; nin que carguedes sobre o Estado a obriga de socorrernos, porque coñecemos os apuros do Tesouro. Pedímosvos unicamente o libre exercicio dun dereito: do dereito de ASOCIARNOS. Hoxe concédesenos só para favorecernos nos casos de enfermidade ou de falta de traballo; concédasenos en adiante para opoñernos ás desmedidas esixencias dos donos dos talleres, establecer de acordo con eles tarifas de salarios, procurarnos os artigos de primeira necesidade a baixo prezo, organizar o ensino profesional e fomentar o desenvolvemento da nosa intelixencia, atender a todos os nosos intereses”. Doc.3.-Neste artigo publicado en setembro de 1872 en La Defensa de la Sociedad, advírtese do perigo que para a orde establecida supón a Asociación Internacional de Traballadores (AIT): “Proba en verdade que atinxe a reis e pobos, a sacerdotes e profanos, ao cidadán humilde e ao elevado magnate, á relixión, á moral, á propiedade, ao traballo; á autoridade, á liberdade, á paz pública; á patria, á familia, á seguridade persoal; á orde, ao goberno, á economía política; e en fin, a todas as entrañas da vida da humanidade. ¡Tremendo retroceso habería sufrir esta se en tal proba saísen vencidos os principios tutelares da súa existencia e desenvolvemento! E vencidos sairían se os ánimos rectos, se os homes dos que os seus intereses morais e materiais están ameazados, se as clases lexítimas cegamente combatidas, non abrisen a tempo os ollos para ver e evitar o abismo onde empurra á sociedade enteira esa tempestade de erros (...), políglota e cosmopolita, que se titula a Asociación Internacional”. Doc.4.-En marzo de 1917, este Manifesto conxunto da UGT e a CNT propón a folga xeral, que sería definitivamente convocada en agosto:

“O proletariado organizado chegou así ao convencemento da necesidade da unificación das súas forzas nunha loita común contra os amparadores da explotación erixida en sistema de goberno. E respondendo a este convencemento, os representantes da Unión general de Trabajadores e os da Confederación Nacional del Trabajo acordaron por unanimidade: Primeiro: (...) co fin de obrigar ás clases dominantes a aqueles cambios fundamentais de sistema que garantan ao pobo o mínimo das condicións decorosas de vida e de desenvolvemento das súas actividades emancipadoras, imponse que o proletariado empregue a folga xeral, sen prazo definido de terminación, como a arma máis poderosa que posúe para reivindicar os seus dereitos”.

PAU

XUÑO 2012

Código: 03

HISTORIA DE ESPAÑA

OPCIÓN A

Los siguientes textos deben permitirte hacer una redacción sobre el movimiento obrero en España desde sus orígenes hasta la crisis de la Restauración. En ella debes desarrollar las siguientes cuestiones: Razones y reivindicaciones de las movilizaciones obreras; evolución de las formas de organización y lucha; identificación y caracterización de las principales organizaciones de trabajadores. Recuerda que no se trata de responder a preguntas aisladas, sino de realizar una composición coherente y argumentada, y que en la evaluación se tendrán en cuenta los conocimientos, la utilización de los documentos y la corrección de la expresión escrita.

Doc.1.-La destrucción de las máquinas. El ejemplo de la Fábrica de Tabacos de A Coruña recogido en El País. Diario de Pontevedra (13 de diciembre de 1857): “El lunes 7 del actual hubo un pronunciamiento de mujeres en la fábrica de la Palloza de esta ciudad (A Coruña). Parece que en lugar de los cigarros que antes se hacían en esta fábrica, están ahora ensayando la construcción de otros de diferente hechura y (…) crearon un taller de pitillos con una máquina para picar el tabaco. Como ambas operaciones son nuevas, no se prestan ni acomodan a ellas las cigarreras, porque no saben hacerlos, tardando tanto en elaborarlos que apenas sacan la tercera parte del jornal que acostumbraban (…). Se alborotaron aquellas cuatro mil mujeres, arremetiendo contra los jefes y empleados del establecimiento, destruyendo todo el tabaco (…), rompieron e hicieron pedazos las máquinas nuevas (…), tirándolas al mar, lo mismo que los muebles, papeles, libros de caja y efectos que hallaron en las habitaciones del director”. Doc.2.-En septiembre de 1855, El Eco de la Clase Obrera publicaba la siguiente petición a las Cortes: “Señores diputados de las Cortes Constituyentes: Hace años que nuestra clase va caminando hacia su ruina. Los salarios menguan. El precio de los comestibles y de las habitaciones es cada vez más alto. Las crisis industriales se suceden. Tenemos que (...) mandar al taller a nuestras esposas con perjuicio de la educación de nuestros hijos, sacrificar a estos mismos hijos a un trabajo prematuro. Es ya gravísimo el mal, urge el remedio, y lo aguardamos de vosotros. No pretendemos que ataqueis la libertad del individuo, porque es sagrada e inviolable; ni que mateis la concurrencia, porque es la vida de las artes; ni que carguéis sobre el Estado la obligación de socorrernos, porque conocemos los apuros del Tesoro. Os pedimos únicamente el libre ejercicio de un derecho: del derecho de ASOCIARNOS. Hoy se nos concede sólo para favorecernos en los casos de enfermedad o de falta de trabajo; concédasenos en adelante para oponernos a las desmedidas exigencias de los dueños de los talleres, establecer de acuerdo con ellos tarifas de salarios, procurarnos los artículos de primera necesidad a bajo precio, organizar la enseñanza profesional y fomentar el desarrollo de nuestra inteligencia, atender a todos nuestros intereses”. Doc.3.-En este artículo publicado en septiembre de 1872 en La Defensa de la Sociedad, se advierte del peligro que para el orden establecido supone la Asociación Internacional de Trabajadores (AIT): “Prueba en verdad que alcanza a reyes y pueblos, a sacerdotes y profanos, al ciudadano humilde y al encumbrado magnate, a la religión, a la moral, a la propiedad, al trabajo; a la autoridad, a la libertad, a la paz pública; a la patria, a la familia, a la seguridad personal; al orden, al gobierno, a la economía política; y en fin, a todas las entrañas de la vida de la humanidad. ¡Tremendo retroceso habría de sufrir ésta si en tal prueba saliesen vencidos los principios tutelares de su existencia y desenvolvimiento! Y vencidos saldrían si los ánimos rectos, si los hombres cuyos intereses morales y materiales están amenazados, si las clases legítimas ciegamente combatidas, no abriesen a tiempo los ojos para ver y evitar el abismo a donde empuja a la sociedad entera esta tempestad de errores (...), políglota y cosmopolita, que se titula la Asociación Internacional”. Doc.4.-En marzo de 1917, este Manifiesto conjunto de la UGT y la CNT propone la huelga general, que sería definitivamente convocada en agosto: “El proletariado organizado ha llegado así al convencimiento de la necesidad de la unificación de sus fuerzas en una lucha común contra los amparadores de la explotación erigida en sistema de gobierno. Y repondiendo a este convencimiento, los representantes de la Unión General de Trabajadores y los de la Confederación Nacional del Trabajo han acordado por unanimidad: Primero: (...) con el fin de obligar a las clases dominantes a aquellos cambios fundamentales de sistema que garanticen al pueblo el mínimo de las condiciones decorosas de vida y de desarrollo de sus actividades emancipadoras, se impone que el proletariado emplee la huelga general, sin plazo definido de terminación, como el arma más poderosa que posee para reivindicar sus derechos”.

PAU

XUÑO 2012

Código: 03

HISTORIA DE ESPAÑA

OPCIÓN B Os seguintes documentos deben permitirche elaborar un texto sobre a Guerra Civil. Na redacción debes desenvolver as seguintes cuestións: a sublevación militar que lle dá inicio; as posicións ideolóxicas que se enfrontan no conflito; a evolución política das dúas zonas; os factores que favorecen a vitoria final dos sublevados e as consecuencias desa vitoria. Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de realizar unha composición coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a utilización dos documentos e a corrección da expresión escrita. Doc. 1.-Dolores Ibarruri, Pasionaria, chama á resistencia no seu discurso do 19 de xullo de 1936: “Traballadores, antifascistas, pobo laborioso: todos en pé a defender a República, as liberdades populares e as conquistas democráticas do pobo (...). Todo o país vibra de emoción ante eses desalmados que queren polo fogo e o terror sumir á España democrática e popular nun inferno (...). Pero non pasarán; España enteira está en pé de loita (...). ¡Viva a Fronte Popular! ¡Viva a unión de todos os antifascistas! ¡Viva a República do pobo!”. Doc. 2.-Galeazzo Ciano, ministro italiano de Asuntos Exteriores, informa así da situación en España: “En España xa se formaron dúas frontes. Cunha están alemáns e italianos; con outra franceses, belgas e rusos. O Duce está de acordo con Hitler en opinar que a determinación das dúas frontes é xa un feito consumado. Italia apoiou e segue a apoiar aos españois sen condicións (...). A nosa acción en España é unha proba efectiva da nosa participación na loita antibolxevique”. Doc. 3.-Discurso de Largo Caballero, presidente do Goberno e secretario xeral da UGT, outubro de 1936: “Primeiro debemos gañar a guerra e despois xa poderemos falar de revolución”. Doc. 4.-Boletín informativo da CNT-FAI, xaneiro de 1937: “Que quede ben entendido que non estamos a loitar pola República democrática. Estamos a loitar polo triunfo da revolución proletaria. A revolución e a guerra son inseparables. Todo o que se diga en sentido contrario é contrarrevolución reformista”. Doc. 5.-Postura defendida en Mundo Obrero, órgano de expresión do PCE, marzo de 1937: “¿De que nos acusan os camaradas da CNT? Segundo eles, afastámonos do camiño do marxismo revolucionario. ¿Por que? Porque defendemos a República democrática (...). Unha República democrática e parlamentaria dun contido social como non existiu endexamais”. Doc. 6.-O 20 de abril de 1937, Francisco Franco, Xefe do Estado e Xeneralísimo das forzas nacionais, asina o Decreto de Unificación: “Art. 1. Falange Española e Requetés, cos seus actuais servizos e elementos, intégranse, baixo a Miña Xefatura, nunha soa entidade política de carácter nacional que, de momento, se denominará Falange Tradicionalista y de las JONS. Esta organización, intermedia entre a Sociedade e o Estado, ten a misión principal de comunicar ao Estado o alento do pobo e de levar a este o pensamento de aquel a través das virtudes político-morais, de servizo, xerarquía e irmandade (...).

Quedan disoltas as demais organizacións e partidos políticos”.

Doc. 7.-Último parte de guerra: “No día de hoxe, cativo e desarmado o exército roxo, acadaron as tropas nacionais os seus últimos obxectivos militares. A guerra rematou. Francisco Franco. Burgos, 1-IV-1939. Ano da Vitoria”.

PAU

XUÑO 2012

Código: 03

HISTORIA DE ESPAÑA

OPCIÓN B

Los siguientes documentos deben permitirte elaborar un texto sobre la Guerra Civil. En la redacción debes desarrollar las siguientes cuestiones: la sublevación militar que la inicia; las posiciones ideológicas que se enfrentan en el conflicto; la evolución política de las dos zonas; los factores que favorecen la victoria final de los sublevados y las consecuencias de esa victoria. Recuerda que no se trata de responder a preguntas aisladas, sino de realizar una composición coherente y argumentada, y que en la evaluación se tendrán en cuenta los conocimientos, la utilización de los documentos y la corrección de la expresión escrita. Doc. 1.-Dolores Ibarruri, Pasionaria, llama a la resistencia en su discurso del 19 de julio de 1936: “Trabajadores, antifascistas, pueblo laborioso: todos en pie a defender la República, las libertades populares y las conquistas democráticas del pueblo (...). Todo el país vibra de emoción ante esos desalmados que quieren, por el fuego y el terror, sumir a la España democrática y popular en un infierno (...). Pero no pasarán; España entera está en pie de lucha (...). ¡Viva el Frente Popular! ¡Viva la unión de todos los antifascistas! ¡Viva la República del pueblo!”. Doc. 2.-Galeazzo Ciano, ministro italiano de Asuntos Exteriores, informa así de la situación en España: “En España ya se han formado dos frentes. Con uno están alemanes e italianos; con otro franceses, belgas y rusos. El Duce está de acuerdo con Hitler en opinar que la determinación de los dos frentes es ya un hecho consumado. Italia ha apoyado y sigue apoyando a los españoles sin condiciones (...). Nuestra acción en España es una prueba efectiva de nuestra participación en la lucha antibolchevique”. Doc. 3.-Discurso de Largo Caballero, presidente del Gobierno y secretario general de la UGT, octubre de 1936: “Primero debemos ganar la guerra y después ya podremos hablar de revolución” Doc. 4.-Boletín informativo de la CNT-FAI, enero de 1937: “Que quede bien entendido que no estamos luchando por la República democrática. Estamos luchando por el triunfo de la revolución proletaria. La revolución y la guerra son inseparables. Todo lo que se diga en sentido contrario es contrarrevolución reformista” Doc. 5.-Postura defendida en Mundo Obrero, órgano de expresión del PCE, marzo de 1937: “¿De qué nos acusan los camaradas de la CNT? Según ellos, nos hemos desviado del camino del marxismo revolucionario. ¿Por qué? Porque defendemos la República democrática (...). Una República democrática y parlamentaria de un contenido social como no ha existido nunca”. Doc. 6.-El 20 de abril de 1937, Francisco Franco, Jefe del Estado y Generalísimo de las fuerzas nacionales, firma el Decreto de Unificación: “Art. 1. Falange Española y Requetés, con sus actuales servicios y elementos, se integran, bajo Mi Jefatura, en una sola entidad política de carácter nacional que, de momento, se denominará Falange Tradicionalista y de las JONS. Esta organización, intermedia entre la Sociedad y el Estado, tiene la misión principal de comunicar al Estado el aliento del pueblo y de llevar a éste el pensamiento de aquél a través de las virtudes político-morales, de servicio, jerarquía y hermandad (...). Quedan disueltas las demás organizaciones y partidos políticos”. Doc. 7.-Último parte de guerra: “En el día de hoy, cautivo y desarmado el ejército rojo, han alcanzado las tropas nacionales sus últimos objetivos militares. La guerra ha terminado. Francisco Franco. Burgos, 1-IV-1939. Año de la Victoria”.