xov 3 | sensacional (na praza do toural ... - xunta de galicia

2
Este verán desexarás que se poña o sol. O ciclo Atardecer no Gaiás volve na súa cuarta edición a poñerlle música, ritmo e poesía ás tardiñas de Compostela. Cun amplo e variado programa de actuacións, Atardecer no Gaiás mantén a súa idea orixinal de ofrecer actuacións en pequeno formato os xoves, venres e sábados do verán, a partir das 21:00 horas. Do 3 de xullo ata o 30 de agosto, a praza exterior da Cidade da Cultura de Galicia acollerá 24 espectáculos nos que se fusionarán a música clásica coa a tradicional, o pop e o rock, o jazz, o flamenco, a electrónica ou o funk. O ciclo comezará o xoves 3 de xullo cunha festa de presenta- ción na praza do Toural a cargo da banda coruñesa Sensacional e rematará o 3 de agosto cun gran concerto final con Toy, unha das bandas máis interesantes do Reino Unido. Entre mentres, a praza exterior do Gaiás acollerá as máis diferentes voces e ritmos con espectáculos que van desde o pop de Grampoder ao folk de Talabarte, o indie de La Maravillosa Orquesta del Alcohol o Los Punsetes, a copla de María Rodés, bandas internacionais como os lusos Gala Drop ou a norteamericana Eleanor Friedberger, e o xa clásico miniciclo da Orquestra de Cámara Galega. PADROADO FUNDACIÓN GAIÁS XOV 3 | SENSACIONAL (na Praza do Toural) VEN 4 E VEN 18 | ORQUESTRA DE CÁMARA GALEGA SAB 5 | GRAMPODER XOV 10 | TALABARTE VEN 11 | SAMUEL DIZ SAB 12 | SINESTESIA XOV 17 | ARIES SAB 19 | DE NAUTERS XOV 24 | AUSTRIAN SOUNDSCAPES XOV 31 | LA MARAVILLOSA ORQUESTA DEL ALCOHOL VEN 1 | GALA DROP SAB 2 | TRAMPOLINE XOV 7 | MELISA CALERO VEN 8 | DIRTY SOCKS SAB 9 | THE VERSIONETTES XOV 14 | ORQUESTRA DE CÁMARA GALEGA VEN 15 | XUVENTUDE CREA: ERICK FELES & AMIGOS DANI FONT DÚO | PI GRAOS SAB 16 | ELEANOR FRIEDBERGER XOV 21 | LOS PUNSETES XOV 28 | MARÍA RODÉS VEN 29 | ADRIÁN COSTA SAB 30 | TOY

Upload: others

Post on 16-Oct-2021

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Este verán desexarás que se poña o sol. O ciclo Atardecer no Gaiás volve na súa cuarta edición a poñerlle música, ritmo e poesía ás tardiñas de Compostela.

Cun amplo e variado programa de actuacións, Atardecer no Gaiás mantén a súa idea orixinal de ofrecer actuacións en pequeno formato os xoves, venres e sábados do verán, a partir das 21:00 horas. Do 3 de xullo ata o 30 de agosto, a praza exterior da Cidade da Cultura de Galicia acollerá 24 espectáculos nos que se fusionarán a música clásica coa a tradicional, o pop e o rock, o jazz, o flamenco, a electrónica ou o funk.

O ciclo comezará o xoves 3 de xullo cunha festa de presenta-ción na praza do Toural a cargo da banda coruñesa Sensacional e rematará o 3 de agosto cun gran concerto final con Toy, unha das bandas máis interesantes do Reino Unido. Entre mentres, a praza exterior do Gaiás acollerá as máis diferentes voces e ritmos con espectáculos que van desde o pop de Grampoder ao folk de Talabarte, o indie de La Maravillosa Orquesta del Alcohol o Los Punsetes, a copla de María Rodés, bandas internacionais como os lusos Gala Drop ou a norteamericana Eleanor Friedberger, e o xa clásico miniciclo da Orquestra de Cámara Galega.

PADROADO FUNDACIÓN GAIÁS

XOV 3 | SENSACIONAL (na Praza do Toural)VEN 4 E VEN 18 | ORQUESTRA DE CÁMARA GALEGA

SAB 5 | GRAMPODERXOV 10 | TALABARTEVEN 11 | SAMUEL DIZSAB 12 | SINESTESIA

XOV 17 | ARIESSAB 19 | DE NAUTERS

XOV 24 | AUSTRIAN SOUNDSCAPESXOV 31 | LA MARAVILLOSA ORQUESTA DEL ALCOHOL

VEN 1 | GALA DROPSAB 2 | TRAMPOLINE

XOV 7 | MELISA CALEROVEN 8 | DIRTY SOCKS

SAB 9 | THE VERSIONETTESXOV 14 | ORQUESTRA DE CÁMARA GALEGA

VEN 15 | XUVENTUDE CREA: ERICK FELES & AMIGOSDANI FONT DÚO | PI GRAOS

SAB 16 | ELEANOR FRIEDBERGERXOV 21 | LOS PUNSETESXOV 28 | MARÍA RODÉSVEN 29 | ADRIÁN COSTA

SAB 30 | TOY

Atardecer no Gaiás arranca este 2014 con Sensacional, unha das grandes sorpresas de 2014. Este quinteto formado por coñecidos músicos da escena coruñesa e liderado por Ricardo Saavedra tráenos melodías que rozan a perfección, un digno herdeiro do mellor indiepop contemporáneo.

Atardecer Italiano. A Orquestra de Cámara Galega comeza o seu miniciclo de clásica ollando cara a Italia coa colaboración dun dos máis destacados guitarristas españois da sua xeración: o galego Ramón Carnota.

Rock portátil, pop campestre, folk psicodélico, punk acústico, hardocre comeflores. Grampoder, ou Le Roi e Martin Wu, son todo iso e moito máis. A súa máxima: facer boas cancións, con melodía, enerxía e compromiso. E tede por seguro que non decepcionan. Sen dúbida, unha das citas imprescindibles deste verán.

Unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e doutras latitudes, aliñada con distintos enfoques estéticos que van desde a linguaxe do jazz pasando polo tango ata a tradición musical europea. Esta é a proposta de Talabarte, o novo proxecto folk formado por Quim Farinha ao violín, o acordeón diatónico de Pedro Pascual e o contrabaixo de Kin García.

Novembro de 1930. A madrileña Residencia de Estudiantes acolle un concerto único na historia. Os protagonistas son oito músicos novos que buscan unha nova linguaxe artística a partir da forte pegada que Manuel de Falla e Federico García Lorca imprimen na súa personalidade, tomando o nome de ‘Grupo de los Ocho’. Nel, atopamos ao inxustamente esquecido Juan José Mantecón, do que o guitarrista Samuel Diz presenta agora por vez primeira o seu inédito Atardecer para guitarra.

Do blues de Chicago á psicodelia dos sesenta de Hendrix ou The Doors pasando por suaves matices de jazz, soul e a mellor canción de autor estatal de tradición rockeira. A banda compostelana Sinestesia chega a Atardecer no Gaiás co seu primeiro disco baixo o brazo, cheo do mellor rock actual.

Aries, o proxecto da exElectrobikinis e exCharades Isabel Fernández Reviriego, presenta no Gaiás o seu segundo traballo ‘Mermelada dorada’, no que esta bilbaína afincada en Vigo lle dá renda solta a súa persoalisima visión do universo pop con cancións solleiras e hipnóticas que nos farán gozar ata que se poña o sol.

Os sons esquecidos. Xunto ao trompetista e artista multidisciplinar galego Abraham Cupeiro, a OCG fará un percorrido histórico por repertorios menos transitados e instrumentos esquecidos que tiveron un protagonismo esencial en épocas pretéritas.

A banda murciana chega a Compostela cunha formación e un son asentado que se plasma en Tiempos modernos, catorce cancións de corte folk, con moita carga de pop, rock e psicodelia que forma un álbum moi persoal, con letras sinxelas cheas de carga emocional e unha dose de análise e reflexión.

Andreas Kurz, Sun O, Enrique Tomás, Jakob Dietrich e Doric Prlic, cinco músicos habituais da escena austríaca electrónica, ofrecen unha das propostas máis vangardistas deste Atardecer no Gaiás: unha mestura de arte contemporánea de vangarda, conceptual e de instalación coa música como vehículo de todo.

Xullo remata no Gaiás a ritmo de La Maravillosa Orquesta del Alcohol, orixinal sexteto que mistura música acústica e instrumentos como o acordeón, banjo, mandolina e saxofón. Cun son que bebe do folk, o blues, o country e o rock, esta banda burgalesa (tamén coñecida como La M.O.D.A.) é o grupo que todos estamos esperando.

X3 | SENSACIONAL (Praza do Toural) O quinteto de Lisboa desembarcan en Galicia con Broda, un disco exclusivamente instrumental que bebe dos primeiros traballos de Santana e Pink Floyd. Música orixinal fascinante, inspirada pola inesgotable riqueza dos campos do rock e da música electrónica, ademais da afectiva trashumancia África-Jamaica.

V1 | GALA DROP

Trampoline, un trío de Vigo/Bueu/Cangas enraizado nos sons americanos e cunha delicadeza nas súas melodías máis propias da música británica, presentan o seu primeiro álbum: Motiva-tions. Música sen pretensións, vivindo por e para a melodía.

S2 | TRAMPOLINE

A bailaora Melisa Calero e o guitarrista José Torres traerán ao Gaiás Delicatessen para os nosos oídos. Unha colección das máis selectas creacións nas que levan a cabo a súa propia visión do flamenco contemporáneo, un traballo valente que mantén ao espectador enganchado pola súa emoción, atrevemento e pola súa liberdade creativa.

X7 | MELISA CALERO

A psicodelia e a enerxía da banda compostelana Dirty Socks deixarase notar na praza central do Gaiás, presentando os temas do que será o seu primeiro disco: Abandoned Warehouse. Con dous EP’s ás súas costas e máis de 500.000 visitas en myspace, estes novisimos músicos atópanse entre as mellores promesas do país.

V8 | DIRTY SOCKS

As mellores versións de todos os tempos chegan ao Gaiás da man do grupo coruñés The Versionettes. De Tom Petty ata Coldplay pasando polos Stones, Bowie, ACDC, Dylan, U2, Radiohead, The Killers, Pink Floyd ou Queen. O mellor da historia do pop e o rock internacional pero cun toque moi persoal.

S9 | THE VERSIONETTES

Atardecer barroco. Unha noite para deixarse atrapar pola música do barroco, unha das máis frutíferas na creación musical, coa colaboración do oboísta galego Avelino Ferreira, que actuará como solista no célebre Concerto para oboe de Marcello.

X14 | ORQUESTRA DE CÁMARA GALEGA

Coñecida por formar parte do dúo The Fiery Furnaces, grupo de culto que cruzou a última década ben situado no pelotón de cabeza do máis cool, Eleanor Friedberger chega ao Gaiás co seu segundo traballo en solitario ‘Personal record’, un disco extremadamente romántico ao redor do amor á música.

S16 | ELEANOR FRIEDBERGER

Son cinco, viven en Madrid e aman a Eduard Punset. O gamberrismo pop chega ao Gaiás da man destes cinco amigos capaces de contar historias mundanas que todo o mundo entende e que nos tocan de preto, pasados polo seu irónico prisma e caleidoscópica visión composta de pesimismo, cinismo e entomoloxía.

X21 | LOS PUNSETES

A catalana María Rodés ofrece un Atardecer especial: un concerto de copla sen desgarro, sen sufrimento e dor. Esta cantautora intismista e de fermosa e recoñecible voz recupera un xénero popular asociado á máis negra etapa do franquismo e convérteo nun himno indie cheo de ensoñación e cancións únicas.

X28| MARÍA RODÉS

O bluesman compostelán, cantante e guitarrista de Los Reyes del K.O., ofrecerá unha actuación en solitario na que estará compañado polo seu maquineto, un vello sampler que lle permite repetir as gravacións que se fai a si mesmo para animar á xente ao baile.

V29 | ADRIÁN COSTA

Atardecer no Gaiás despídese cunha das bandas máis interesantes dos últimos tempos no Reino Unido: Toy. Apadriñados por The Horrors e tras xirar polos festivais máis importantes de Europa e EEUU, Toy despregará todo o seu indie/rock psicodélico no fin de festa deste ciclo co que gozar ao final do día.

S30 | TOY

V15 | XUVENTUDE CREA: ERICK FELES & AMIGOS | DANI FONT DUO | PI GRAOS

V4 | ORQUESTRA DE CÁMARA GALEGA

S5 | GRAMPODER

X10 | TALABARTE

V11 | SAMUEL DIZ

S12 | SINESTESIA

X17 | ARIES

V18 | ORQUESTRA DE CÁMARA GALEGA

S19 | DE NAUTERS

X24 | AUSTRIAN SOUNDSCAPES

X31 | LA MARAVILLOSA ORQUESTA DEL ALCOHOL