xincana 2011

12

Upload: lolylago

Post on 19-Feb-2016

223 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

Actividades ALFIN organizadas con motivo do Día das Letras Galegas 2011

TRANSCRIPT

Page 1: Xincana 2011
Page 2: Xincana 2011

PROBA Nº 1 (Ben doada, pero ollo… o resto costaravos!!)

CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL

SE O ENIGMA RESOLVEDES AGORA

PASAREDES XA Á SEGUNDA PROBA

A que escritor, nado na nosa comarca, lle adicamos as Bi-

bliotecas Escolares de Ferrolterra o Día do Libro Infantil

e Xuvenil 2011?

En que data se celebra o Día do Libro Infantil e Xuvenil?

Que grande da nosa literatura estivo connosco nesta ho-

menaxe?

Cantas obras destes dous autores hai nos fondos da nosa

biblioteca?

Page 3: Xincana 2011

¿Cantos días tardará o caracol en subir este muro

de cinco metros, si cada día sube 3 metros e cada

noite baixa 2?

Debedes explicar a vosa resposta.

PROBA Nº 2

CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL

ESTA PROBA SOLUCIONAREDES

SE DE INXENIO DISPOÑEDES

O pasado luns 12 de maio celebrouse o Día Escolar

das Matemáticas e nós queremos poñer a proba os vo-

sos coñecementos nesta materia... máis ben o voso

inxenio!

Page 4: Xincana 2011

PROBA Nº 3

CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL

A ESTA PROBA ATOPAREDES A SOLUCIÓN

SE NO SEU DÍA ATENDÍCHEDES Á EXPLICACIÓN

Tedes que atopar nos fondos da nosa biblioteca un libro que

responde á seguinte pista

Debedes dicirnos o nome do autor e o título do libro:

Quen é o autor das ilustracións?

Como se chama o seu protagonista?

A quen lle dedica o autor esta obra:

Cando foi publicado por primeira vez?

Tendo en conta esa data, que se está a conmemorar no 2011?

82-3G-X

NEI

mem

Page 5: Xincana 2011

PROBA Nº 4

CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL

SE ESTA PROBA LEDES CON ATENCIÓN

AXIÑA ATOPAREDES A SOLUCIÓN

Extraordinaria persoa, comprometida e adiantada ao

seu tempo, escribiu: (...)Resolved lo que queráis, pero afrontando la responsabilidad de dar entrada a esa mitad de género humano en política, para que la política sea cosa de dos, porque solo hay una cosa que hace un sexo solo: alum-brar; las demás las hacemos todos en común, y no podéis venir aquí voso-tros a legislar, a votar impuestos, a dictar deberes, a legislar sobre la raza humana, sobre la mujer y sobre el hijo, aislados, fuera de nosotras.

Que pide no texto anterior?

De quen se trata?

En que proceso constituinte participou?

En que partido político militou e ata que ano?

Page 6: Xincana 2011

PROBA Nº 5

CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL

NESTA OCASIÓN DEMOSTRAREDES

SE DE NAVEGACIÓN ENTENDEDES

Mª Xesús Arias refírese no

seu libro “Barallobre no pasa-do” a un tipo de embarcacións

que se utilizaba para o trans-

porte de mercancías ou perso-

as e que tiñan a súa base en

Maniños e Barallobre.

Como se denominaban estas embarcacións e cal era o nome da

derradeira construída en Maniños?

Page 7: Xincana 2011

PROBA Nº 6

CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL

XA NA PROBA SEXTA

CADA MONSTRO COA SÚA PARELLA !

Cada monstro coa súa parella

G.

A. B.

E.

C.D.

F.

Page 8: Xincana 2011

PROBA Nº 7

CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL

SABEDES DE TIC E DE INFORMACIÓN VEXAMOS SE DA BIBLIOTECA CONTROLADES A ORGANIZACIÓN!!

Cal é o nome científico do animal que

aparece na páxina 80 do número de

febreiro de 2011 da revista

“National Geographic España”?

Que plantas aparecen nas fotografías da páxina 221 do li-

bro “Diversidade natural de Galicia”?

Page 9: Xincana 2011

PROBA Nº 8

CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL

ESTE “XARDÍN MITOLÓXICO” NON TERÁ DIFICULTADE

SE XUNTOS, EN EQUIPO, O INTENTADES...

1. Antes de ser flor quedei namorado da miña propia imaxe.

2. Nacín do sangue de Adonis.

3. Na orixe éramos só brancas ata que quedamos tinguidas polo

sangue de Afrodita.

4. Fun unha rapaza -Clitia- e agora consúmome de amor por Helios.

5. Apolo transforma o sangue da miña ferida nesta flor que leva o

meu nome.

6. Chámanme lágrima dos deuses e nacín polo suicidio de Atis

(Nota: Debedes poñer as respostas nas raias dos pétalos)

Page 10: Xincana 2011

PROBA Nº 9

CONSIGNA PARA IR AO SEGUINTE POSTO DE CONTROL

PERO COMO ÍAMOS REMATAR

SEN DE LOIS PEREIRO FALAR?

Lois Pereiro aparece incluído pola profe-

sora Iris Cochón no capítulo de “Poesía

fin de milenio, anos noventa; corrente

dionisíaca” , dentro do tomo XXXIII da

obra Galicia. Literatura, editada pola

editorial Hércules edicións. No comenta-

rio da súa obra “Poemas 1981/91” indica

que “supón unha dolorosa inmersión nunha realidade urbana, infecta e abisal”.

Debedes completar a comparación que aparece a continua-

ción do comentario anterior e que comeza así: “xardín de ....”

Page 11: Xincana 2011

PROBA Nº 10

CONSIGNA PARA IR AO ÚLTIMO POSTO DE CONTROL

ENTRE AS REDES

ATRAPADOS COMA PEIXES

HAI POEMAS FERMOSOS

ESTE É UN DELES

Dos poemas Luz e sombras de amor resucitado

Tristemente convivo coa túa ausencia

sobrevivo á distancia que nos nega

mentres bordeo a distancia entre dous mundos

sen decidir cal deles poder darme

a calma que me esixo para amarte

sen sufrir pola túa indiferencia

a miña retirada preventiva

dunha batalla que xa sei perdida

resolto a non entrar xamais en ti

pero non á tortura de evitarte

¿Quen é o autor deste poema?

E para rematar esta xincana e optar aos premios,

todos os membros do equipo debedes achegarvos a

Radio Barullo e ler este poema !!