xesús alonso montero

9
Xesús Alonso Montero Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados Xesús Alonso Montero naceu en Vigo o 28 de novembro do 1928. Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Madrid e doutorouse na Universidade de Salamanca cunha tese verbo de Manuel Curros Enríquez. É destacábel especialmente no seu labor como sociolingüísta (O porvir da lingua galega (1968), Informe -dramático- sobre la lengua gallega (1973)... ) así coma nos seus estudos sobre autoras e autores da nosa literatura (Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Álvaro Cunqueiro...). Na actualidade é Presidente da Real Academia Galega. miércoles 27 de noviembre de 2013

Upload: asnosasletras

Post on 24-May-2015

213 views

Category:

Education


2 download

DESCRIPTION

Entrevista feita polos alumnos de Literatura Galega do século XX e da actualidade a Xesús Alonso Montero

TRANSCRIPT

Page 1: Xesús Alonso Montero

Xesús Alonso Montero

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

Xesús Alonso Montero naceu en Vigo o 28 de novembro do 1928. Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Madrid e doutorouse na Universidade de Salamanca cunha tese verbo de Manuel Curros Enríquez. É destacábel especialmente no seu labor como sociolingüísta (O porvir da lingua galega (1968), Informe -dramático- sobre la lengua gallega (1973)... ) así coma nos seus estudos sobre autoras e autores da nosa literatura (Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Álvaro Cunqueiro...). Na actualidade é Presidente da Real Academia Galega.

miércoles 27 de noviembre de 2013

Page 2: Xesús Alonso Montero

A min colleume o inicio do Alzamento Nacional en Vigo, onde nacera (28-11-1928), na taberna de meus pais. Tiña sete anos e medio.

Lembranzas?Negativas. Prenderon a meu pai ata maio de 1937. Era inocente, máis que outros presos, pois era un home de dereitas. O que aconteceu é que ocultou, por elemental humanitarismo, a un cliente, Brunet, significado socialista vigués.

Repercusións?Para min e millóns de nenos e adolescentes de España, moi negativas. Fomos educados no medo, no fascismo e, sobre todo, no clericalismo anticristián, hipócrita, da Igrexa Católica, que era perversa e temible.

Xesús Alonso Montero

1. A Vostede colleuno o alzamento nacional en terras de Ribadavia. Que lembranzas lle quedan daqueles tempos infantís e que repercusión tiveron no futuro Alonso Montero ao se ver mergullado con 11 ou 12 anos naquela nacente ditadura franquista?

2. Como viviu Vostede aqueles últimos anos do 40 e comezos do 50, momentos álxidos da ditadura franquista, alá polo centro da península? Comezou daquela o seu espírito “revolucionario” ou xa habitaba naquel xove antes de abandonar Galiza?

Eu fun a Madrid, para iniciar na Universidade Central, a carreira de Filosofía e Letras, en setembro de 1948 (Rematei, na especialidade de Filoloxía Románica, en 1953).Neses anos eu non tiña nada de “revolucionario”. Viña dunha familia submisa e tradicional da aldea e fora educado no pensamento acrítico e no conformismo. A Universidade, daquela, nin sequera a de Madrid, non se movía. A primeira acción intelectual de signo antifranquista data de 1956, o ano en que gaño a miña primeira cátedra e vou destinado á Escola de Maxisterio de Santiago.

3. Cando comezaron as represalias coa súa persoa por mor das súas actividades políticas? Marcaron estas represalias aínda máis o seu espírito marxista, republicano...?

Represalias contra min?As primeiras afectan á miña condición de conferenciante. A primeira das primeiras ten data precisa: 20 de marzo de 1957. Nesa data Abelardo Moralejo Laso, Decano da Facultade de Filosofía e Letras de Santiago, prohibiume falar en galego como mantedor do acto, no Paraninfo, en que se entregaban os premios das “Festas Minervales” daquel ano.Xa en Lugo (curso 1960-61) foron moitas as conferencias (en Lugo, Vigo, Pontevedra...) non autorizadas, prohibidas, vixiadas...Outro tipo de represións: multas do Gobernador Civil de Lugo (un tal “Del Gállego”) por excederme na liberdade de expresión; interrogatorios na Comisaría de Policía (un de doce horas pero sen malos tratos físicos); “desterro” administrativo a Montilla (Córdoba) de outubro do 75 a marzo do 76 (viñera a “amnistía”).

miércoles 27 de noviembre de 2013

Page 3: Xesús Alonso Montero

Eu fun lector de Curros desde 1950. O meu primeiro traballo filolóxico, de 1951, titúlase “A lingua galega desde Curros Enríquez” (Cadernos “Grial”, Vigo, Galaxia, nº 3). A tese de doutoramento, de 1966, titulouse na Universidade de Salamanca, “Lengua y estilo de Curros Enríquez en su poesía gallega” (dirixida polo profesor J. L. Pensado Tomé). Daquela non era presentable oficialmente a tese que máis me gustaba sobre Curros: o seu radical anticlericalismo, a súa solidariedade co proletariado rural galego, o seu antiimperialismo (contra os Estados Unidos), etc.

Xesús Alonso Montero

4. Nos anos sesenta pasou Vostede a convivir (?) en maior profundidade coa vida e obra do seu poderiamos dicir veciño ourensán, Manuel Curros Enríquez. Que supuxo para Vostede esta, digamos, convivencia profunda co pensamento do mestre celanovés?

5. Converterse en militante daquela dun partido político coma o Partido Comunista supuña xa estar acompañado da sombra continua do franquismo? Poderíanos contar algunha anécdota daquela situación?

Afiliarme clandestinamente en maio de 1962 ó Partido Comunista de España implicaba moitos riscos (familiares, profesionais, económicos...). Existía, ademais da prisión, a tortura, que se practicaba “normalmente” nas comisarías sen que os bispos e “os que teñen fama de honrados na vila” protestasen. Eran cómplices activos ou pasivos.Unha anécdota?Fun á Unión Soviética en xullo de 1963 a un Congreso da Paz. Desde París viaxei cun pasaporte falso: chamábame Alonso Quijano.

6. Como viviu o pasamento de Franco naquel “exilio académico” que sufriu imposto por lei a Montilla(Salamanca)?

Nesas horas só me preocupaba a miña familia, en Lugo, pois tiña o temor de que algún ultra lugués perpetrase unha falcatruada. Chamei a un querido amigo e colega, Gonzalo Allegue, que trasladou a miña muller e os tres fillos a Vigo, á casa do meu irmán Julio.

Fonte: La Vanguardia

miércoles 27 de noviembre de 2013

Page 4: Xesús Alonso Montero

Sigo compoñendo algúns versos e fago algo de Filoloxía-ficción, que ás veces asino cun apelido, Cordal, o meu gran amor da adolescencia (África Cordal de Prado!).

Xesús Alonso Montero

7. O seu labor literario practicamente moveuse no campo do ensaio tanto lingüístico coma literario. Nunca pensou en se mergullar de cheo na creación literaria, se exceptuamos os seus Versos republicanos e versos políticos ou Versos satíricos ó xeito medieval?

8. Até que punto o seu Informe dramático sobre a lingua galega publicado a finais da ditadura (1973) seguiría a ter aínda valor corenta anos despois na actualidade?

Segue a ter valor nalgúns aspectos. En calquera caso, houbo cambios, uns para mal e outros para ben.

9. Chámanos a atención que a maior parte dos seus importantes premios recibidos fosen polo apartado xornalístico e tamén pola investigación. Que importancia teñen estes premios para un profundo estudoso da nosa lingua e da nosa literatura, a pesar das súas moi importantes colaboracións en prensa, e para un Presidente da RAG?

En realidade, eu teño colaborado na prensa xeral e na literaria, moito: desde 1951.E teño feito indagacións (investigacións) en varios eidos das nosas Letras: Sociolingüística, Historia literaria, Biobibliografía, Historia cultural....

Fonte: TodoColección

10. Como se definiría Vostede na súa defensa ao longo dos tempos da nosa lingua?

Defendina desde que coñecín a Ben-Cho-Shey (“un quixote da Fala”) en outubro de 1948, e defendina, ata hoxe, desde as miñas premisas políticas e sociolingüísticas.

miércoles 27 de noviembre de 2013

Page 5: Xesús Alonso Montero

Xesús Alonso Montero

11. Ollando a prensa deste ano 2013 vemos diferentes polémicas verbo do seu nomeamento como Presidente da RAG (se o do coche oficial, que se lle chamaron “españolista extremista”...). Simboliza esta situación que hai unha fragmentación clara na nosa Academia ou que non deixan de ser problemas conxunturais e de pensamento que poidan fortalecela?

12. A nós que nos están a dicir de contino nas clases que unha lingua é algo vivo, que evoluciona... chámanos a atención que Vostede se sitúe no lado dos non partidarios das modificacións da normativa oficial. Como nos podería xustificar esta súa posición?

Non hai colectivo humano, por pequeno que sexa, no que os seus compoñentes estean, sempre, unanimemente de acordo.Por outra parte, a Academia, nos seus 107 anos de historia, viviu unha anomalía inédita: dimitiu un presidente, e iso, loxicamente, sempre crea algún tipo de tensión.Renunciar a coche e chofer oficial non é unha deshonra para min, é aforrarlle á Academia, de exiguas arcas, bastantes miles de euros.Na Academia hai membros que son independentistas e outros que non o son, eu entre eles. Eu son un federalista que, polo momento (“dura lex”), acato a Autonomía como acato a Monarquía, que, intelectual e moralmente, dáme noxo (como concepción política).

Creo que o que eu veño dicindo, xa moito antes de ser Presidente, é outra cousa: non hai que mudar de Normativa cada mes, nin cada ano, nin cada dous, nin cada tres...

Xesús Alonso Montero coAlumnado de Literatura Galega do Séc. XX do

MGB. Curso 13/14.

miércoles 27 de noviembre de 2013

Page 6: Xesús Alonso Montero

14. Podería explicarnos que quixo Vostede dicir coa frase “Felizmente a Academia non vai no sentido de Murguía”? E coa de “É o meu marxismo o que me levou a aceptar pero non son académico por marxista”?

Xesús Alonso Montero

Eu non sei en que contexto fixen esa afirmación sobre Murguía. Preciso, na medida do posible, o meu pensamento verbo de quen, para moitos, é o definidor, historiador e pai da patria. Eu, con matices, estou de acordo. Agora ben, na época de Murguía (1906-1923) as actas da Real Academia Galega redactábanse en castelán, el falaba coas súas fillas en castelán, etc., etc., (anos antes, Rosalía e Murguía sempre falaron en castelán). A Academia de hoxe é outra, outra moi distinta.Cando o señor Méndez Ferrín dimitiu, eu nunca pensara en postularme para Presidente da RAG, nin daquela nin nunca (si en presentarme, cando for, a Presidente da III República Española). Creada a situación que se creou, voces moi autorizadas entre os numerarios e numerarias solicitaron de min este servizo (por que: os anos?, a bibliografía?...). Non sen esforzo, aceptei. Tratábase de dedicar horas e horas e esforzos a unha institución que se debe a un ben cultural público, e os marxistas, aínda os imperfectos, valoramos supremamente os bens públicos. Renuncio na altura da miña vida (cumpro, o 28 de novembro, 85 anos) a bens particulares que non son ilexítimos, entre eles, concluír cinco libros que teño moi adiantados, ademais de escribir uns versos políticos de amor, de amor á Idea, á Utopía.

13. Temos entendido que foi Vostede un gran apoio para o homenaxeado co Día das Letras Galegas do 2014, don Xosé María Díaz Castro, aquel compoñente da “Xeración do 36”. Como é que Vostede, que se caracterizou por facer estudos profundos de grandes representates das nosas letras, non se implicou en Díaz Castro?

O voto, nestas cuestións, é secreto. En calquera caso, Díaz Castro é un nome relevante da poesía galega da segunda metade do XX, período pródigo en nomes relevantes.

15. E finalmente, Vostede declarouse abertamente en contra do “Decreto de Plurilingüísmo”. Que futuro lle agoira a este tan polémico decreto e á nosa Lingua e Literatura?

Non son futurólogo, pero hai que loitar polo futuro. Se se loita (non só a Academia), se se loita con intelixencia, axeitadamente, hai futuro.

Retrato de Alonso Montero realizado por: Ariadna Silva,

alumna do MGB

miércoles 27 de noviembre de 2013

Page 7: Xesús Alonso Montero

CUESTIONARIO

miércoles 27 de noviembre de 2013

Page 8: Xesús Alonso Montero

O Pórtico da Gloria

(e vinte m

áis).Un monumento

salientábel?

Rosalía de Castro: Follas

novas.

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

Luís Seoane / Rosa Luxemburgo.

Un personaxe galego e un estranxeiro?

Se “estranxeiro

” significa extragalego, o

Quixote.

Se significa extraespañol, o Manifes

to de C.

Marx e F. Engels (1848)

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria estranxeiro

s?

Con Pedro Petouto.

Un personaxe literario co que se

identifique?

Calquera das mellores de Woody Allen.

Unha película de cine?

A realidade.

Cal é a súa fonte de inspiración

Luces de bohemia, de Valle-Inclán.

Unha obra teatral?

miércoles 27 de noviembre de 2013

Page 9: Xesús Alonso Montero

Colaborar eficazmente

na consecución dunha

sociedade xusta.

Un anceio por

realizar?Urbano / montaña.

Mundo rural/urbano? Praia/montaña?

Moitos

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

A Revolución

Soviética (1917).

Un feito histórico?

A Revolución (por

transición)

Socialista.

Unha utopía?

A cama.

Un lugar axeitado para a lectura?

“A Internacional”.

Un tipo de música?

Antonio Machado.

Un/ha autor/-a con quen se identifique?

Ver bailar.

Outro entretemento ademais da lectura?

miércoles 27 de noviembre de 2013