· web viewse se activan as sirenas e emiten sons continuos de tono agudo con pilotos luminosos...
TRANSCRIPT
![Page 1: · Web viewSe se activan as sirenas e emiten sons continuos de tono agudo con pilotos luminosos activados en todo o Centro, implica que se decretou a Emerxencia Xeral e que é necesario](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022090111/5e2d441c746ddd62300dc4be/html5/thumbnails/1.jpg)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría-ETSERúa Lope Gómez de Marzoa, s/n
15782 Santiago de CompostelaTel. 881816730
Correo-e: [email protected]
PROTOCOLO DE FORMACIÓN BÁSICA EN MATERIA DE SEGURIDADE
para espazos experimentais
Este documento consta dos seguintes apartados:
Bloque I: Información e formación para o persoal docente
1. Persoas e teléfonos de contacto2. Responsabilidades do profesor(a) encargado/a da docencia3. Actuación en situacións de emerxencia
Bloque II: Información e formación para impartir ao alumnado
1. Esixencias mínimas para acceder ao laboratorio2. Dentro do laboratorio.3. Ao concluír a sesión
Bloque III: Formación académica específica. A transversalidade da seguridade
1. En cada práctica
Bloque IV: Documentación acreditativa da formación
1. ANEXO I Plantilla de comprobación de formación para o alumnado en laboratorios de prácticas e de investigación
2. ANEXO II Notificación de recibo para docentes e alumnado en laboratorios de prácticas e de investigación
Bloque I: Información e formación para o persoal docente1. Persoas e teléfonos de contacto
Conserxaría do Centro: Extensión 16700
Teléfonos da patrulla do Servizo de Seguridade: 600940050 ou extensión 40050
EMERXENCIAS: 112
EMERXENCIAS SANITARIAS: 061
2. Responsabilidades do profesor(a) encargado/a da docencia:
1. É o responsable da seguridade do alumnado durante a impartición da docencia. Non se poderán encargar
responsabilidades relacionadas coa seguridade aos bolseiros/as ou investigadores en formación colaboradores
de prácticas. Tamén é responsable do alumnado en situacións de emerxencia, incluída a súa evacuación, se
fose necesaria.
2. Debe verificar a seguridade de todo o equipamento dos experimentos antes do inicio das tarefas por parte do
alumnado.
3. Asegurarase de que o alumnado trae a súa bata (con puño pechado) e lentes de seguridade antisalpicaduras e
antiimpacto (con marcado CE e folleto informativo). Nos laboratorios da ETSE disporase de luvas de
Páxina 1
![Page 2: · Web viewSe se activan as sirenas e emiten sons continuos de tono agudo con pilotos luminosos activados en todo o Centro, implica que se decretou a Emerxencia Xeral e que é necesario](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022090111/5e2d441c746ddd62300dc4be/html5/thumbnails/2.jpg)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría-ETSERúa Lope Gómez de Marzoa, s/n
15782 Santiago de CompostelaTel. 881816730
Correo-e: [email protected]
seguridade química, luvas de protección térmica e luvas desbotables así como protección para crioxénicos se
fose necesaria ou outra específica.
4. Informará ao alumnado de todos os puntos relacionados no Bloque II: Información e formación para impartir
ao alumnado, xunto coas explicacións necesarias para a súa comprensión.
5. No que se refire á orde e limpeza do laboratorio, debe coñecer as súas obrigas e as do servizo de limpeza,
contempladas no apartado B do Plan de orde e limpeza (POL) para os laboratorios: http://www.usc.es/etse/files/u1/Plan_de_orde_limpeza_2015_0.pdf
Apartado B. Obrigas e deberes
a) Obrigas do PDI e técnicos de laboratorio dos espazos de traballo:
i. Retirar o material das superficies que se vaian a limpar.
ii. Retirar o material das piletas.
iii. Recoller derrames.
iv. Desaloxar o laboratorio o máis posible para facilitar a limpeza.
v. Realizar a xestión dos residuos da actividade experimental de forma correcta e coordinada co servizo de recollida de residuos.
vi. No tempo dedicado aos labores de limpeza, se fose requirido, estar a disposición do servizo que a realiza para as dúbidas que puidesen xurdir.
vii. Informar ao servizo de limpeza de calquera incidencia ou situación que puidese influír no labor de limpeza programada e na seguridade do laboratorio.
b) Obrigas do servizo de limpeza.
Acordar cos Responsables de Seguridade dos laboratorios, PDI ou técnicos, segundo proceda, as tarefas (datas e horarios) que requiran un desaloxo das mesas de laboratorio. Acordar con cada usuario a limpeza dos equipos informáticos pola súa vulnerabilidade. En ningún caso limparán equipamento tecnolóxico do laboratorio.
3. Actuación en situacións de emerxencia
De acordo co Plan de Autoprotección da Escola, todo o persoal docente pertence ao Equipo de Alarma e Evacuación
e polo tanto, debe coñecer o Plan de Autoprotección e, en particular os documentos Instrucións de actuación
durante unha emerxencia, Manual Informativo do Plan de autoprotección ETSE e o Cap. 6 do Plan de
Autoprotección, localizables no enderezo web http://www.usc.es/etse/taxonomy/term/10755. Están publicados
ademáis a composición dos equipos de emerxencia e outros documentos relacionados.
Se é vostede quen detecta a emerxencia, pulse o interruptor de alarma máis próximo, así se activará a sirena de
emerxencia parcial, que emitirá sons cortos e discontinuos, de ton agudo e ademáis recibirán a sinal de alarma na
central de incendios (Conserxería). Tamén pode comunicar a emerxencia persoalmente ou por teléfono á
Conserxería e ao persoal afectado na zona da emerxencia.
Páxina 2
![Page 3: · Web viewSe se activan as sirenas e emiten sons continuos de tono agudo con pilotos luminosos activados en todo o Centro, implica que se decretou a Emerxencia Xeral e que é necesario](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022090111/5e2d441c746ddd62300dc4be/html5/thumbnails/3.jpg)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría-ETSERúa Lope Gómez de Marzoa, s/n
15782 Santiago de CompostelaTel. 881816730
Correo-e: [email protected]
Se se activan as sirenas e emiten sons cortos e discontinuos, significa que hai unha emerxencia parcial que afecta só
á planta na que están soando (neste caso actívase o piloto luminoso da planta). O persoal docente que estea
impartindo clase na planta afectada, acudirá ao Punto de Encontro Interior correspondente para recibir información
da causa e localización da emerxencia e seguir as instrucións do Xefe de Intervención (conserxe), actuando segundo
as consignas recollidas no Cap. 6 do Plan de Autoprotección.
No caso de que perciba este tipo de sirenas pero o piloto luminoso non estea activado, implica que a emerxencia
afecta a outra planta. Neste caso o persoal docente que estea impartindo clase acudirá ao Punto de Encontro
Interior correspondente para recibir información da causa e localización da emerxencia e voltará á aula, manténdose
alerta por se se decreta a alarma xeral.
Se se activan as sirenas e emiten sons continuos de tono agudo con pilotos luminosos activados en todo o Centro,
implica que se decretou a Emerxencia Xeral e que é necesario evacuar todo o edificio: O persoal docente que estea
impartindo clase deberá evacuar ao alumnado ao seu cargo pola saída de emerxencia máis próxima, tendo en conta
a localización da emerxencia, guiando aos ocupantes ao Punto de Encontro Exterior e asegurándose de que non
regresen ao Centro (só os acompañará e se quedará no Punto de Encontro Exterior se fora estritamente necesario).
Posteriormente acudirá ao Punto de Encontro Interior que lle corresponda para coordinar a evacuación da zona,
asegurándose de que todos os espazos sexan evacuados. Unha vez que a zona de influencia do Punto de Encontro
sexa evacuada haberá que dirixirse á conserxería para informar en persoa ao Xefe de Emerxencias (director da
Escola).
Se ante unha situación de alarma parcial ou xeral non recibimos información no Punto de Encontro debemos
dirixirnos á conserxería ou ao Punto de Encontro máis próximo para coñecer cal é a causa e onde está localizada.
Pois esta información é determinante para poder realizar a evacuación se fora necesaria.
Situación dos Puntos de encontro e zonas de influencia a evacuar
Edificio Enx. Química
Planta 0, ao carón do ascensor- evacúan Planta 0
Planta -1, dentro de Planta Piloto- evacúan Planta -1 e -2
Edificio Docencia
Planta -1, en fronte á conserxería – evacúan Biblioteca, planta 0 e planta -1
Planta -2, vestíbulo ao carón da cafetería – evacúan plantas -2 e -3
Páxina 3
![Page 4: · Web viewSe se activan as sirenas e emiten sons continuos de tono agudo con pilotos luminosos activados en todo o Centro, implica que se decretou a Emerxencia Xeral e que é necesario](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022090111/5e2d441c746ddd62300dc4be/html5/thumbnails/4.jpg)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría-ETSERúa Lope Gómez de Marzoa, s/n
15782 Santiago de CompostelaTel. 881816730
Correo-e: [email protected]
Bloque II: INFORMACIÓN E FORMACIÓN PARA IMPARTIR AO ALUMNADO
1. Esixencias mínimas para acceder ao laboratorio As establecidas nos puntos 1 e 2 da NPR-20, ed.3 Normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas (sen prexuízo doutros procedementos complementarios que fixe o Centro):
http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/sprl/descargas/NPR-20-Ed-3-Normas-xerais-de-seguridade-nos-laboratorios-de-practicas.pdfhttp://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/sprl/descargas/NPR-20-ES-Ed-3-Normas-generales-de-seguridad-en-los-laboratorios-de-practicas.pdf
Punto 1. INTRODUCIÓN - Cando se traballa nun laboratorio existe o perigo potencial dun ACCIDENTE xa que se manexan
substancias perigosas e pódese cometer un erro na realización dun experimento. As medidas de seguridade nos laboratorios serven para protexer a saúde das persoas fronte aos riscos derivados da actividade realizada e para evitar accidentes e contaminacións dentro e fóra do laboratorio. A actitude no laboratorio debe ser correcta, prevalecendo o bo xuízo e sentido común. Non se deben de gastar bromas, correr nin gritar.
MATERIAL PERSOAL OBRIGATORIO. En xeral, para os laboratorios con risco químico, físico e biolóxico, é obrigatorio levar bata, lentes de seguridade e luvas.
- No caso de laboratorios onde non se manipulen axentes químicos ou biolóxicos, deberase ter en conta, antes de eliminar a esixencia do uso de luvas ou de lentes de seguridade, que a protección ocular ou da pel será necesaria sempre que se poidan producir proxeccións. Por exemplo: traballo con vidro, pó, labras e líquidos inocuos pero que puideran estar quentes ou a temperaturas crioxénicas.
- O traballo con láseres require do uso de lentes debidamente certificadas para un uso determinado.
Punto 2. PARA INGRESAR NO LABORATORIO 2.1. Normas xerais
- No laboratorio é obrigatorio utilizar sempre bata de manga longa. Manter en todo momento as batas abotoadas.
- Calquera tipo de ferida (especialmente nas mans) débese levar cuberta, aínda que se utilicen luvas para o traballo.
- Debe coñecerse o sinal de risco biolóxico e as condicións especiais, se as hai, antes de entrar no laboratorio. En particular as mulleres embarazadas deben comunicarllo ao responsable das prácticas por se houbera algún risco para a súa saúde. 2.2. Normas específicas A aplicación destas normas será aconsellada polo responsable das prácticas ou técnico de laboratorio nos casos en que sexa necesario.
- Evitarase o uso de lentes de contacto. Os usuarios de lentes de contacto non só non están protexidos contra proxeccións e bafos, senón que son máis vulnerables xa que a lente de contacto dificulta o lavado do ollo necesario tras unha proxección.
- Levar o cabelo recollido. - Non levar pulseiras, colgantes, mangas anchas, bufandas, prendas soltas. Tampouco sandalias ou outro
tipo de calzado que deixe o pé ao descuberto.- Non levar piercings (especialmente na lingua e nos beizos) debido a unha maior susceptibilidade a
infeccións localizadas.
Páxina 4
![Page 5: · Web viewSe se activan as sirenas e emiten sons continuos de tono agudo con pilotos luminosos activados en todo o Centro, implica que se decretou a Emerxencia Xeral e que é necesario](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022090111/5e2d441c746ddd62300dc4be/html5/thumbnails/5.jpg)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría-ETSERúa Lope Gómez de Marzoa, s/n
15782 Santiago de CompostelaTel. 881816730
Correo-e: [email protected]
2. Dentro do laboratorioPara a preparación da parte de seguridade da súa materia, o docente terá en conta, sen prexuízo doutros contidos específicos da materia, as seguintes fontes de información:
1) Punto 3 da NPR-20, ed.3 Normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas:http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/sprl/descargas/NPR-20-Ed-3-Normas-xerais-de-seguridade-nos-laboratorios-de-practicas.pdfhttp://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/sprl/descargas/NPR-20-ES-Ed-3-Normas-generales-de-seguridad-en-los-laboratorios-de-practicas.pdf
Punto 3: PARA PERMANECER NO LABORATORIO 3.1. Equipos de protección individual Dependerán do tipo de laboratorio. De entre o seguinte equipo o responsable de prácticas indicará cal é o axeitado:
- Bata de laboratorio. - Luvas desbotables. En presenza do risco. - Protección de ollos. En presenza do risco. - Máscaras. En presenza do risco.
3.2. Hábitos persoais - Non se pode comer, beber, aplicar cosméticos e poñer ou quitar as lentes de contacto no
laboratorio. - Está prohibido fumar nos laboratorios. - Non se poden gardar alimentos nin bebidas nas neveiras do laboratorio. - Non se deben deixar obxectos persoais en mesas de traballo ou poios.
3.3. Identificación - Sempre se debe ler a etiqueta e consultar a Ficha de Datos de Seguridade dos produtos antes da
súa utilización, previa consulta ao responsable, cando sexa preciso. - Non se debe utilizar nunca ningún reactivo que non teña a etiqueta do frasco. - Débense etiquetar axeitadamente os frascos e recipientes aos que se transvasara algún produto
ou onde se fixeran mesturas. Identificarase o seu contido, a quen pertence e informarase sobre a súa perigosidade (reproducir etiquetaxe orixinal). Ademais, deberá levar a data na que se fixo.
- Non reutilizar envases para outros produtos sen quitar a etiqueta orixinal. - Non sobrepoñer etiquetas.
3.4. Hábitos de traballo - Seguir os procedementos e protocolos de traballo, establecidos para as tarefas que se van
realizar polo responsable das prácticas. - Non traballar NUNCA SÓ no laboratorio. - Non facer actividade algunha non autorizada ou non supervisada. - Manter a máxima orde e limpeza posibles dentro do laboratorio. - Cando se realicen operacións con risco, deberase informar ás persoas que non interveñen nelas. - Utilizar sempre vitrinas de gases para todas aquelas operacións nas que se manipulen
substancias tóxicas ou volátiles.- Traballar sempre cos sistemas de extracción e renovación mecánica de aire conectados. - Nunca inhalar, respirar, ulir, tocar ou probar os produtos químicos nin os biolóxicos. - Só en caso de que o mande o responsable cheirar as substancias, e sempre con coidado. - Deben manipularse as substancias con coidado.
Páxina 5
![Page 6: · Web viewSe se activan as sirenas e emiten sons continuos de tono agudo con pilotos luminosos activados en todo o Centro, implica que se decretou a Emerxencia Xeral e que é necesario](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022090111/5e2d441c746ddd62300dc4be/html5/thumbnails/6.jpg)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría-ETSERúa Lope Gómez de Marzoa, s/n
15782 Santiago de CompostelaTel. 881816730
Correo-e: [email protected]
- Non verter nunca auga sobre ácidos concentrados. En caso de dúbida preguntar ao responsable das prácticas.
- Non traballar lonxe da mesa ou poios, nin colocar cousas no bordo. - Recoméndase o uso de acendedores piezoeléctricos longos para os isqueiros. - Recoller materiais, reactivos, equipos, evitando acumulacións innecesarias. - Os recipientes de produtos químicos deben quedar sempre pechados despois do seu uso. - Empregar e almacenar substancias nas cantidades mínimas imprescindibles. - Non deben utilizarse centrífugas que non dispoñan de peche de seguridade. - As desinfeccións do laboratorio, o material e os equipos virán determinados polo responsable
das prácticas, que indicará os produtos a utilizar e a forma de desinfección.
3.5. Tubos de ensaio - Os tubos de ensaio débense coller cos dedos ou con pinzas, nunca coa man. - Quentar os tubos de ensaio de lado, utilizando pinzas. Non mirar ao interior do tubo, nin apuntar
coa boca do tubo cara outro compañeiro nin para un mesmo. - Utilizar apoiatubos e soportes. Non levar tubos nin produtos nos petos das batas.
3.6. Pipetas - Prohibido pipetear coa boca. - Os materiais bioperigosos non se deben descargar á forza das pipetas. Deixar que a pipeta se
descargue sobre a parede do recipiente. - Ao pipetear na bancada do laboratorio, débese empregar papel absorbente sobre a bancada. - Tirar as pipetas Pasteur contaminadas nun colector para utensilios punzantes de tamaño
axeitado. - Non se debe substituír unha pipeta por unha xiringa e agulla.
3.7. Xiringas e agullas - Extremar as precaucións cando se empregan agullas e xiringas para evitar a autoinoculación e a
xeración de aerosois durante a súa utilización e ao desbotalas. - Non se deben pregar ou romper as agullas.
3.8. Transvasamentos - Transvasar, sempre que sexa posible, cantidades pequenas de líquidos. En caso contrario
preguntar ao responsable por unha zona específica para facelo. - Evitar que haxa vertidos empregando funís, dosificadores ou sifóns. - Efectuar os transvases de substancias inflamables lonxe de focos de calor.
3.9. Eliminación de residuos - Debe dispoñerse de información e instrucións para a eliminación de residuos no laboratorio. - Se por calquera causa non controlable houbera que verter algunha solución polo desaugadoiro,
deberá neutralizarse previamente. Como norma xeral non se poderá verter ningunha substancia perigosa polo desaugadoiro.
- Se por accidente ou calquera causa se orixine un vertido ao desaugadoiro engadir sempre moita auga.
- Non se poderán eliminar os residuos por evaporación. - Está prohibido desbotar líquidos inflamables, tóxicos, corrosivos, perigosos para o ambiente
(acuático, aéreo ou terrestre) ou con calquera outra característica de perigosidade, así como material biolóxico polos desaugadoiros ou sanitarios.
- Non tirar produtos, nin tecidos, nin papeis impregnados nas papeleiras. Páxina 6
![Page 7: · Web viewSe se activan as sirenas e emiten sons continuos de tono agudo con pilotos luminosos activados en todo o Centro, implica que se decretou a Emerxencia Xeral e que é necesario](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022090111/5e2d441c746ddd62300dc4be/html5/thumbnails/7.jpg)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría-ETSERúa Lope Gómez de Marzoa, s/n
15782 Santiago de CompostelaTel. 881816730
Correo-e: [email protected]
- Non gardar botellas valeiras destapadas. - Todos os materiais, líquidos ou sólidos, contaminados ou infecciosos, deben descontaminarse
antes de reutilizalos ou desbotalos. O exterior dos recipientes que conteñan os materiais contaminados que haxa que levar ao autoclave ou que teñan que ser incinerados lonxe do laboratorio, debe descontaminarse quimicamente ou colocar o recipiente dentro doutro recipiente (previamente consultalo co responsable).
3.10. Material de vidro - Desbotar o material de vidro que presente defectos. - Desbotar o material que sufrira un golpe de certa consideración, aínda que non se observen
fendeduras. - Deixar as pezas defectuosas ou os anacos en bidóns específicos se se dispón deles. - Non forzar a separación de vasos ou recipientes que quedaran obturados uns dentro dos outros.
Débense dar ao responsable do laboratorio para a súa apertura.
3.11. Accidente, derramo ou exposición accidental - En caso de accidente, derramo ou potenciais exposicións, avisar inmediatamente ao responsable
das prácticas. Rexistrarase o accidente en caso de cortes ou picadas. - Pel e ollos. Lavarse con abundante auga (se é nos ollos cun lavaollos). Nunca intentar
neutralizar. - Batas ou vestidos. Debe quitarse inmediatamente a roupa, lavándoa, ou colocarse baixo a ducha
de emerxencia, segundo a magnitude da salpicadura. - Inxestión. Non provocar o vómito agás indicación expresa. Avisar ao Instituto de Toxicoloxía,
Teléfono: 915620420. - Os encargados das prácticas informarán aos alumnos da situación das duchas e lavaollos de
emerxencia, do seu funcionamento e dos métodos de descontaminación e primeiros auxilios para os casos que se poidan presentar.
3.12. Normas xerais de utilización de fontes produtoras de radioaccións ionizantes - Todas as fontes produtoras de radioaccións ionizantes utilizadas nas materias de prácticas
deberán estar oficialmente ensaiadas e aprobadas de acordo coas disposicións regulamentarias de protección contra radioaccións ionizantes.
- Para unha manipulación segura das fontes radioactivas é necesario seguir estritamente as seguintes normas: - Só poderán manipular as fontes de radioacción as persoas autorizadas polo profesor
responsable da materia e baixo a supervisión del. - Antes de utilizar unha fonte de radioacción planificarase o experimento, co fin de optimizar
tempos de exposición e procedementos. Mentres non se utilicen, as fontes conservaranse en condicións de seguridade e protección.
- Baixo ningún concepto se sacarán as fontes de radioacción do laboratorio de prácticas sen autorización do profesor responsable.
- Durante a manipulación manterase a máxima distancia coa fonte de radioacción compatible coas operacións a realizar.
- Os tempos de exposición manteranse tan baixos como sexa posible. - No caso de que non sexan posibles os dous puntos anteriores, utilizarase unha blindaxe
axeitada. - Unha vez terminada a práctica, devolverase a fonte de radioacción ás condicións de
seguridade e anotarase a hora no correspondente rexistro.
Páxina 7
![Page 8: · Web viewSe se activan as sirenas e emiten sons continuos de tono agudo con pilotos luminosos activados en todo o Centro, implica que se decretou a Emerxencia Xeral e que é necesario](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022090111/5e2d441c746ddd62300dc4be/html5/thumbnails/8.jpg)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría-ETSERúa Lope Gómez de Marzoa, s/n
15782 Santiago de CompostelaTel. 881816730
Correo-e: [email protected]
- No caso de incidente notificarase de contado ao profesor responsable, quen determinará as medidas a adoptar.
- Ademais destas normas, aplicaranse as recomendacións específicas ao tipo de fonte de radioacción: fontes radioactivas encapsuladas, non encapsuladas, equipos de raios X con fins de diagnóstico médico (dentais, xerais, etc) ou industriais (difractómetros, etc). O profesor responsable da materia poñerase en contacto co Servizo de Protección Radiolóxica co obxecto de establecer esas normas.
3.13. Maquinaria - Tratar sempre a maquinaria móbil co máximo respecto (un movemento de descoido pode
provocar feridas graves). Tomar todas as precaucións que se especifican para o manexo seguro da máquina. Seguir as instrucións do responsable das prácticas.
- Non intentar manexar as máquinas que non se coñecen. - Non empezar a manexar a máquina sen autorización do responsable das prácticas. - Non eliminar aparatos de seguridade ou anular mecanismos de seguridade. - Non deixar a máquina funcionando sen atención, sen asegurarse primeiro de que non é
perigoso. - Non engraxar, axustar ou limpar a máquina mentres estea funcionando. -
3.14. Riscos eléctricos - Non usar enchufes ou caravillas en malas condicións. Non utilizar aparatos cos cables en mal
estado. - Informar inmediatamente de todos os fallos eléctricos ao profesor responsable das prácticas e
poñer fóra de uso o equipo afectado. - Non tocar aparatos eléctricos coas mans húmidas ou se se atopan sobre superficies molladas. - Non verter líquidos sobre os enchufes. Colocar os cables e as conexións de forma que non poidan
entrar en contacto coa auga. - Evitar o uso de prolongadores de enchufes. - Quitar a enerxía das máquinas ou equipos antes realizar operacións de mantemento, asegurarse
de que ninguén pode conectalas inesperadamente e asegurarse da ausencia de tensión. - Para suprimir a tensión da zona de traballo avisarase ao responsable do laboratorio. - Se algunha persoa queda atrapada nun circuíto eléctrico, non intentar liberala sen previamente
cortar a corrente. En caso de que non fose posible cortar a corrente, debe tratarse de liberar á persoa protexéndose debidamente, por exemplo utilizando un pau, unha cadeira ou calquera outro obxecto de material illante (madeira, plástico) que se encontre seco. O risco será menor se collemos á persoa pola roupa en vez de collela pola man, a cara ou calquera parte descuberta do corpo. É especialmente perigoso collela polas axilas por estar húmidas.
3.15. Incendio - Os profesores encargados das prácticas informarán aos alumnos da situación dos elementos de
seguridade existentes no laboratorio ao comezo de cada quenda de prácticas. - Vías de evacuación. Todas as escaleiras, corredores e portas de saída deben manterse
despexadas en todo momento. Non utilizar estas zonas para almacenar produtos ou equipos. - Informar sen perda de tempo sobre o requecemento dos equipos, enchufes ou cables eléctricos e
tamén de calquera cheiro a queimado ou a gas.
Páxina 8
![Page 9: · Web viewSe se activan as sirenas e emiten sons continuos de tono agudo con pilotos luminosos activados en todo o Centro, implica que se decretou a Emerxencia Xeral e que é necesario](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022090111/5e2d441c746ddd62300dc4be/html5/thumbnails/9.jpg)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría-ETSERúa Lope Gómez de Marzoa, s/n
15782 Santiago de CompostelaTel. 881816730
Correo-e: [email protected]
2) Normas de seguridade da USC , aplicables segundo o caso:
http://www.usc.es/gl/servizos/sprl/normas_seguridade.html
NPR-01 (GAL) Utilización de equipos de traballo NPR-02 (GAL) Manipulacion de cargas NPR-03 (GAL) Pantallas de visualización de datos NPR-04 (GAL) Ferramentas portatiles NPR-05 (GAL) Traballos en altura NPR-06 (GAL) Poda de árbores NPR-07 (GAL) Instalacións eléctricas NPR-08 (GAL) Soldadura NPR-09 (GAL) Normas mínimas para traballos en
laboratorios NPR-10 (GAL) Traballos con axentes bioloxicos NPR-11-1 (GAL)_Etiquetaxe e almacenamento de
produtos quimicos NPR-11-2_(GAL) Etiquetaxe de substancias e
mesturas químicas perigosas NPR-12 (GAL) Lesións producidas por animais de
experimentación
NPR-13 (GAL) Actuación no caso de derramamento de productos químicos
NPR-14 (GAL) Actuación no caso de derramamento de substancias radioactivas
NPR-15 (GAL) Instalacións, materiais e equipos de laboratorios
NPR-16 (GAL) Organización e normas xerais en laboratorios
NPR-17 (GAL) Fugas, vertidos e accidentes en laboratorios
NPR-18 (GAL) Seguridade en traballos con gases NPR-19 (GAL) Seguridade en traballos con láser NPR-20 (GAL) Normas xerais de seguridade nos
laboratorios de prácticas NPR-21 (GAL) Autoclaves NPR-22 (GAL) Reactividade de productos químicos NPR-23 (GAL) Operacións básicas de laboratorio NPR-24 (GAL) A voz como ferramenta de traballo
3) Punto 4 das Normas de seguridade específicas da ETSE http://www.usc.es/etse/files/u1/Normas_xerais_ETSE_0.pdf :
Punto 4. Nos corredores e ascensor:a) É obrigatorio quitarse as luvas antes de saír do laboratorio e antes de utilizar teléfonos ou tocar
superficies de uso común. Hai que lavarse as mans cada vez que se quiten as luvas.b) Utilizaranse colectores secundarios (cestas, caixas, etc.) para transportar materiais a través dos
espazos comúns. Estes colectores nunca se apoiarán no chan nos lugares comúns.c) Para transportar recipientes grandes utilizaranse carriños. Non se deixarán estes recipientes no chan
nos lugares comúns.d) Cando se transporten materiais perigosos, contaminados ou que emitan fortes cheiros (lodos, augas
residuais, etc.) non se entrará no ascensor se está ocupado por usuarios. Se trata doutros materiais consultarase aos usuarios do ascensor.
e) Se leva vestida a bata do laboratorio, non se apoiará nas superficies do ascensor.f) Durante o transporte de materiais perigosos os usuarios do ascensor alleos ao transporte deberán
esperar a que se descargue.
4) Apartado A do Plan de orde e limpeza (POL) para os laboratorios da ETSE : http://www.usc.es/etse/files/u1/Plan_de_orde_limpeza_2015_0.pdf
Apartado A. Normas básicas
a) En cada espazo dedicado a traballo experimental deberá habilitarse un punto limpo, debidamente sinalizado, para os colectores de residuos xerados na actividade, incluídos vidro roto e envases de produtos químicos e kits de recollida de derrames. Estes colectores estarán debidamente sinalizados. Queda terminantemente prohibido que o servizo de limpeza realice tarefas neste punto e manipule
Páxina 9
![Page 10: · Web viewSe se activan as sirenas e emiten sons continuos de tono agudo con pilotos luminosos activados en todo o Centro, implica que se decretou a Emerxencia Xeral e que é necesario](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022090111/5e2d441c746ddd62300dc4be/html5/thumbnails/10.jpg)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría-ETSERúa Lope Gómez de Marzoa, s/n
15782 Santiago de CompostelaTel. 881816730
Correo-e: [email protected]
estes colectores. Os colectores serán retirados polo servizo de residuos da USC previo aviso do responsable de seguridade, docente ou técnico.
b) Queda prohibido tirar á papeleira de recollida de RSU obxectos punzantes.c) Queda prohibido tirar á papeleira de recollida de RSU vidro roto.d) Queda prohibido tirar á papeleira de recollida de RSU envases de produtos químicos ou restos de
recollida de derrames.e) Non pode haber no chan, de forma desordenada, caixas, bidóns ou outro material máis ou menos
voluminoso que entorpeza as tarefas de limpeza.
5) Descrición da infraestrutura básica (*) do laboratorio.
Delimitación do espazo no que non é obrigatorio o uso EPIs Colgador no cal deben deixar a roupa da que se desposúan para vestir a bata Luvas para manexo de axentes químicos e materiais a elevada temperatura. Outro equipamento específico en función da actividade (cando proceda). Na Conserxaría do Centro disporase de kits para recollida de derrames. Caixa de primeiros auxilios e a manta ignífuga. Duchas de emerxencia e lavaollos Chave xeral para o peche da liña de auga. Chaves das liñas de subministros de gases. Cadro eléctrico: Limitador e diferenciais. Armarios de seguridade e campás de ventilación. Sinalización de teléfonos de emerxencia. Portas de emerxencia Extintores Escaleiras para traballos en altura. (*) En caso de descoñecela póñase en contacto co coordinador do Título ao que pertence a materia para que lle facilite o acceso á información ou ás persoas que deben facilitarlla.
6) Avaliación de riscos : Informar de que o contido relativo ao espazo de que se trate está dispoñible e á vista no laboratorio e de que o documento completo está publicado en http://www.usc.es/etse/taxonomy/term/10764
→ Explicación do contido específico que para ese laboratorio aparece no documento da AVALIACIÓN DE RISCOS da ETSE (se procede)
→ Explicación do contido específico que para ese laboratorio aparece no documento de MEDIDAS DE CORRECTORAS E CONTROIS PREVENTIVOS (se procede)
7) Boas prácticas en prevención de riscos laborais. Manual de Seguridade no Laboratorio do ISSGA, consultar sobre todo no caso de que haxa algunha montaxe ou práctica non contemplada na avaliación de riscos: http://issga.xunta.es/export/sites/default/recursos/descargas/Actividade/GuiaLaboratorioGalegoWeb2014.pdf
1. NORMAS XERAIS DE SEGURIDADE 2. CONSIDERACIÓNS RELATIVAS Á ESTRUTURA, AO DESEÑO E Á DISTRIBUCIÓN DOS LABORATORIOS 3. CONSIDERACIÓNS DE SEGURIDADE RELATIVAS A INSTALACIÓNS 4. SEGURIDADE DOS APARATOS DE LABORATORIO5. CONSIDERACIÓNS DE SEGURIDADE RELACIONADAS CON ALGUNHAS OPERACIÓNS COMÚNS NOS LABORATORIOS6. EQUIPOS DE SEGURIDADE 7. PROCEDEMENTOS DE PRIMEIROS AUXILIOS E EMERXENCIA 8. XESTIÓN DE RESIDUOS 9. INFORMACIÓN DA PERIGOSIDADE DOS PRODUTOS QUÍMICOS
Páxina 10
![Page 11: · Web viewSe se activan as sirenas e emiten sons continuos de tono agudo con pilotos luminosos activados en todo o Centro, implica que se decretou a Emerxencia Xeral e que é necesario](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022090111/5e2d441c746ddd62300dc4be/html5/thumbnails/11.jpg)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría-ETSERúa Lope Gómez de Marzoa, s/n
15782 Santiago de CompostelaTel. 881816730
Correo-e: [email protected]
10. INFORMACIÓN ESPECÍFICA PARA TRABALLADORAS EN PERÍODO FÉRTIL CON RELACIÓN AOS RISCOS ESPECÍFICOS DURANTE O EMBARAZO E A LACTACIÓN
8) Formación relativa aos ítems que se recollen no ANEXO I Plantilla de comprobación de formación para o alumnado en laboratorios de prácticas e de investigación: Explicar riscos específicos das prácticas, EPIs necesarios, etc.
9) Protocolo de formación no laboratorio de investigación (exclusivo para estudantes en laboratorios de investigación)
10) Actuación en situacións de emerxencia: Informar ao alumnado de que debe seguir as instrucións do persoal docente encargado da materia e de que todo o persoal docente, investigador e de administración e servizos da Escola forma parte dos equipos de emerxencia.
a) Información breve sobre o procedemento ante unha alarma parcial ou xeral de evacuación (Carteis informativos en cada laboratorio). http://www.usc.es/etse/files/u1/Folleto_para_alumnos.pdff
b) Puntos 4 e 5 da NPR-20, ed.3 Normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas :
Punto 4. AO DESCUBRIR UN INCENDIO
- Dar a alarma de contado. Avisar ao responsable da práctica. Apertar o pulsador de alarma máis próximo.
- Manter a calma, non berrar. Seguir as instrucións dadas polo responsable da práctica e polo persoal dos equipos de emerxencia.
- Non se expoñer, baixo ningunha circunstancia, a un perigo por propia iniciativa.- Apagar os lumes pequenos tapándoos, sen utilizar auga.- Se prende lume na roupa, utilizar a ducha de emerxencia ou a manta de seguridade.
Punto 5. NO CASO DE EVACUACIÓN
- Manter a calma en todo momento, non berrar, non fomentar situacións alarmistas. Seguir as instrucións do responsable da práctica e do persoal dos equipos de emerxencia.
- Desconectar os equipos eléctricos e de calor.- Non se entreter recollendo obxectos persoais.- Abandonar o edificio pola saída máis achegada a nós. Camiñar con rapidez, pero sen correr xa que
unha caída pode obstaculizar o camiño de evacuación e producir a aglomeración e a caída doutras persoas, con graves consecuencias.
- Axudar a evacuar as persoas con minusvalías que se atopen no laboratorio.- Non utilizar os ascensores.- Pechar portas e fiestras, asegurándose que non quede ninguén no interior do recinto. Non pechar con
chave.- Eliminar obstáculos en portas e camiños de evacuación.- Durante a evacuación non retroceder a buscar a outras persoas, nin obxectos persoais.- Se hai fume, camiñar anicados e cubrir o nariz e a boca cun pano ou outro tipo de prenda.- Abandonado o edificio, dirixirse á zona de reunión exterior, guiados polo persoal dos equipos de
emerxencia e comprobar posibles ausencias. Comunicalas ao persoal dos equipos de emerxencia. Non abandonar a zona de reunión ata que se dea a orde. Esperar instrucións.
- Se por algunha razón non se pode chegar a zona segura, deberán comunicalo se é posible ao Posto de Dirección da Emerxencia (conserxaría do centro), e pedir axuda a través das fiestras.
c) Localización das saídas de emerxencia e recorridos de evacuación (consultar plano de planta na web): http://www.usc.es/etse/taxonomy/term/10755
Páxina 11
![Page 12: · Web viewSe se activan as sirenas e emiten sons continuos de tono agudo con pilotos luminosos activados en todo o Centro, implica que se decretou a Emerxencia Xeral e que é necesario](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022090111/5e2d441c746ddd62300dc4be/html5/thumbnails/12.jpg)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría-ETSERúa Lope Gómez de Marzoa, s/n
15782 Santiago de CompostelaTel. 881816730
Correo-e: [email protected]
d) Informar ao alumnado de que a documentación completa do Plan de Autoprotección está a disposición pública na web en http://www.usc.es/etse/taxonomy/term/10755
3. Ao concluír a sesión:Apartado 6 da NPR-20, ed.3 Normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas
6. AO CONCLUÍR A SESIÓNo Asegurar a desconexión de equipos, auga e especialmente de gas ao finalizar as tarefas.o As luvas deberán quitarse coidadosamente e se é necesario descontaminaranse co resto dos residuos
segundo indique o responsable das prácticas.o Débense lavar as mans antes de saír do laboratorio, e antes de ir ouriñar, xa que moitos dos produtos
(fluídos, toxinas, etc.) absórbense pola mucosa xenital e poden causar lesións.o Antes de saír do laboratorio retirar a bata e o resto do equipo de seguridade e gardalos nunha bolsa
de plástico exclusiva para este uso. o Está prohibido entrar con bata de laboratorio nas cafetarías, restaurantes e bibliotecas da
Universidade.
Bloque III: Formación académica específica. A transversalidade da seguridade
1. En cada práctica: Segundo proceda e o a/o docente considere) o alumnado realizará as seguintes tarefas, supervisadas pola/o docente:
Inventario de reactivos químicos e a súas fichas de seguridade. As fichas deben permanecer enriba dos mesados durante a realización da práctica
Introdución aos equipos do laboratorio. O seu manexo farase a partires do coñecemento do seu manual de uso e a posta en funcionamento será supervisada polo profesorado encargado da materia.
Identificación dos perigos asociados a cada práctica que o alumnado deberá anotar no caderno de laboratorio.
Bloque IV: Documentación acreditativa da formaciónRematada a análise dos aspectos de seguridade e resoltas as dúbidas oportunas, o alumnado e o profesorado deberán cubrir e asinar os seguintes documentos:
1. Anexo I Plantilla de comprobación de formación para o alumnado en laboratorios de prácticas e de investigación. O docente conservará este documento co resto do material que o alumnado entrega para avaliar. Esta Plantilla desenvolverase en función das características específicas de cada materia experimental.
2. Anexo II Notificación de recibo para docentes e alumnado en laboratorios de prácticas e de investigación. O docente o grapará á copia da acta provisoria de cualificacións e o entregará na Administración do Centro, de acordo co establecido na normativa vixente de actas.
Cando se trate de estudantes en laboratorios de investigación, a documentación indicada anteriormente entregarase coa incorporación ao laboratorio, na Secretaría Administrativa do Dpto. de Enx. Química.
Páxina 12
![Page 13: · Web viewSe se activan as sirenas e emiten sons continuos de tono agudo con pilotos luminosos activados en todo o Centro, implica que se decretou a Emerxencia Xeral e que é necesario](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022090111/5e2d441c746ddd62300dc4be/html5/thumbnails/13.jpg)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría-ETSERúa Lope Gómez de Marzoa, s/n
15782 Santiago de CompostelaTel. 881816730
Correo-e: [email protected]
ANEXO I Plantilla de comprobación de formación para o alumnado en laboratorios de prácticas e de investigación (obrigatorio cubrir todos os apartados)
Nome e apelidos do alumno/a Espazo de traballo Nome e apelidos do Docente/Titor(a):________________________________________Declara baixo a súa responsabilidade que explicou ao alumnado a materia que debaixo se detalla , tanto en sesión expositiva como interactiva e que revisou toda a instalación experimental e comunicou a conformidade/desconformidade ao coordinador do Título
Titulación:Materia:
Principais perigos da súa tarefaSI
marcar con XNON
marcar con XToxicidadeInflamabilidadePerigos eléctricosPerigos derivados de alta presiónPerigos derivados de alta temperaturaPerigos derivados de sustancias crioxénicasPerigos mecánicosPerigo biolóxicoOutros (indicar cales) (Estender táboa todo o que precise)
Listado de EPI que precisaSI
marcar con XNON
marcar con XBataGafas de seguridadeLuvas de protección químicaLuvas de protección mecánicaLuvas de protección térmicaMascarilla (indicar tipo)EPI para crioxénicosOutros (indicar cales) (Estender táboa todo o que precise)
Actuación en accidentesDispón de SI
marcar con XNON
marcar con XNON PROCEDE
marcar con XIndicar en que sitio
ExtintoresTeléfonos de emerxenciasDuchas de seguridade e lavaolloskit de recollida de residuos (area, bicarbonato sódico, containers e drenaxes)
![Page 14: · Web viewSe se activan as sirenas e emiten sons continuos de tono agudo con pilotos luminosos activados en todo o Centro, implica que se decretou a Emerxencia Xeral e que é necesario](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022090111/5e2d441c746ddd62300dc4be/html5/thumbnails/14.jpg)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría-ETSERúa Lope Gómez de Marzoa, s/n
15782 Santiago de CompostelaTel. 881816730
Correo-e: [email protected]
ANEXO I Plantilla de comprobación de formación para o alumnado en laboratorios de prácticas e de investigación (obrigatorio cubrir todos os apartados)
Operación de equiposDispón de SI
marcar con XNON
marcar con XIndicar cales
Manuais de operación de equipos
Pantallas de visualización de datos (PVDs) e ergonomía (Cubrir só cando proceda)% da xornada laboral que traballa con PVDs <20
Marcar con X
20-40Marcar con
X
40-60Marcar con
X
60-80Marcar con
X
80-100Marcar con X
SI (marcar con X) NON (marcar con X) ou indicar NON PROCEDE
Coñece a guía técnica de PVDsAlterna o uso de PVDs con outras actividades
Indicar a frecuencia se a resposta anterior é siRespéctanse as condicións do equipo de traballo en:
PantallasTeclado,rato e portadocumentos
Dimensións do posto de traballo segundo normas: Estenda a táboa tanto como precise
Área do plano de traballoEspazo reservado para as pernasZona de alcanceDimensión do posto de traballo
Valore o seguinte: Estenda a táboa tanto como precise
IluminaciónConfort térmicoConfort acústicoCalidade do aire
DocumentaciónO Profesor(a)/Titor(a) informoulle sobre:No caso de laboratorios de prácticas a responsabilidade recae no profesor(a)/titor(a)
SI(marcar con
X)
NON (marcar con X) ou indicar NON
PROCEDE
Quedoulle clara a información?SI
(marcar con X)NON (marcar
con X) ou indicar NON
PROCEDEProtocolo de formación no laboratorio (Só para labs. de investigación)Avaliación de riscosMedidas do Plan de Autoprotección
Entregóulle:Notificación de recibo para docentes e alumnado en laboratorios de prácticas e experimentais de investigación
Data______________ Data___________
Sinatura do/a alumno/a Sinatura do/a docente
![Page 15: · Web viewSe se activan as sirenas e emiten sons continuos de tono agudo con pilotos luminosos activados en todo o Centro, implica que se decretou a Emerxencia Xeral e que é necesario](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022090111/5e2d441c746ddd62300dc4be/html5/thumbnails/15.jpg)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría-ETSERúa Lope Gómez de Marzoa, s/n
15782 Santiago de CompostelaTel. 881816730
Correo-e: [email protected]
ANEXO II Notificación de recibo para docentes e alumnado en laboratorios de prácticas e de investigaciónLaboratorios de prácticas: O docente deberá entregar este Anexo II de notificación na Administración da ETSE grapada á acta provisoria de cualificacións.
Laboratorios experimentais de investigación: O titor deberá entregar os Anexos I e II na Secretaría Administrativa do Dpto. de Enx. Química ao incorporase o estudante ao laboratorio.
1. O/A DOCENTE/TITOR(A) confirma:
Que leu o Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais, sen prexuízo doutros requirimentos realizados a través da coordinación docenteQue os EPIs propios do laboratorio estaban a disposición do docente e alumnado (indicar: SI, NON ou NON PROCEDE):
Se procede, relacione os que faltan:
Indicar se os solicitou en caso de que falten : SI ou NON
Que as fichas de seguridade de todos os reactivos estaban ao seu dispor no laboratorio: (indicar: SI, NON ou NON PROCEDE):
Se procede, relacione as que faltan:
Indicar se as solicitou ao responsable de subministrar substancias ao laboratorio: SI ou NON
Apelidos e nome do/a docente encargado do grupo/Titor(a)
Sinatura
MateriaTitulaciónLaboratorio (número e ubicación)DepartamentoData
2. O ALUMNADO confirma:
Que recibiu o material e información que se relaciona, xunto coas explicacións necesarias para a súa comprensión polo/a docente asinante:
1. NPR-20, ed.3 Normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas : http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/sprl/descargas/NPR-20-Ed-3-Normas-xerais-de-seguridade-nos-laboratorios-de-practicas.pdf
2. Normas de seguridade da USC , aplicables segundo o caso: http://www.usc.es/gl/servizos/sprl/normas_seguridade.html
3. Normas de seguridade específicas da ETSE http://www.usc.es/etse/files/u1/Normas_xerais_ETSE_0.pdf
4. Plan de orde e limpeza (POL) para os laboratorios da ETSE : http://www.usc.es/etse/files/u1/Plan_de_orde_limpeza_2015_0.pdf
5. Descrición da infraestrutura básica do laboratorio.
SR. DIRECTOR DA ESCOLA TÉCNICA SUPERIOR DE ENXEÑARÍA
![Page 16: · Web viewSe se activan as sirenas e emiten sons continuos de tono agudo con pilotos luminosos activados en todo o Centro, implica que se decretou a Emerxencia Xeral e que é necesario](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022090111/5e2d441c746ddd62300dc4be/html5/thumbnails/16.jpg)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría-ETSERúa Lope Gómez de Marzoa, s/n
15782 Santiago de CompostelaTel. 881816730
Correo-e: [email protected]
ANEXO II Notificación de recibo para docentes e alumnado en laboratorios de prácticas e de investigaciónLaboratorios de prácticas: O docente deberá entregar este Anexo II de notificación na Administración da ETSE grapada á acta provisoria de cualificacións.
Laboratorios experimentais de investigación: O titor deberá entregar os Anexos I e II na Secretaría Administrativa do Dpto. de Enx. Química ao incorporase o estudante ao laboratorio.
6. Explicación da Avaliación de Riscos do espazo de prácticas, medidas correctoras e controis preventivos (se procede): http://www.usc.es/etse/taxonomy/term/10764
7. Boas prácticas en prevención de riscos laborais. Manual de Seguridade no Laboratorio do ISSGA: http://issga.xunta.es/export/sites/default/recursos/descargas/Actividade/GuiaLaboratorioGalegoWeb2014.pdf
8. Anexo I Plantilla de comprobación de formación. http://www.usc.es/etse/taxonomy/term/10761
9. Protocolo de formación no laboratorio de investigación (Só para estudantes en laboratorios de investigación)
10. Explicación básica do Plan de Autoprotección: Como actuar en caso de emerxencia e procedemento de evacuación ante unha alarma.http://www.usc.es/etse/files/u1/Folleto_para_alumnos.pdfhttp://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/sprl/descargas/NPR-20-Ed-3-Normas-xerais-de-seguridade-nos-laboratorios-de-
practicas.pdf
http://www.usc.es/etse/taxonomy/term/10755
11. Que foron informados/as de que a avaliación completa de riscos do Centro e o Plan de Autoprotección están a disposición pública na web:. http://www.usc.es/etse/taxonomy/term/10755
12. Que foron informados de que deben traer bata e lentes de seguridade ao laboratorio
No laboratorio disporase de luvas de seguridade química, luvas de protección térmica e luvas desbotables así como protección para crioxénicos e outra específica se fose necesaria. As lentes de seguridade deberán ser material autorizado con mercado CE e co correspondente folleto informativo que o alumnado terá sempre xunto coas lentes de seguridade.
Imprimir cantas copias fosen necesarias desta táboa e grapar
Nome alumno/a Sinatura
SR. DIRECTOR DA ESCOLA TÉCNICA SUPERIOR DE ENXEÑARÍA
![Page 17: · Web viewSe se activan as sirenas e emiten sons continuos de tono agudo con pilotos luminosos activados en todo o Centro, implica que se decretou a Emerxencia Xeral e que é necesario](https://reader036.vdocuments.mx/reader036/viewer/2022090111/5e2d441c746ddd62300dc4be/html5/thumbnails/17.jpg)
Escola Técnica Superior de Enxeñaría-ETSERúa Lope Gómez de Marzoa, s/n
15782 Santiago de CompostelaTel. 881816730
Correo-e: [email protected]
ANEXO II Notificación de recibo para docentes e alumnado en laboratorios de prácticas e de investigaciónLaboratorios de prácticas: O docente deberá entregar este Anexo II de notificación na Administración da ETSE grapada á acta provisoria de cualificacións.
Laboratorios experimentais de investigación: O titor deberá entregar os Anexos I e II na Secretaría Administrativa do Dpto. de Enx. Química ao incorporase o estudante ao laboratorio.
Nome alumno/a Sinatura
SR. DIRECTOR DA ESCOLA TÉCNICA SUPERIOR DE ENXEÑARÍA