vocabulario de xeografía: o relevo

44
LITOSFERA: Segundo o modelo dinámico da estrutura terrestre, a litosfera é un conxunto máis ou menos ríxido, fragmentado en diversas placas, que forma a superficie sólida do planeta e descansa sobre unha capa plástica, a astenosfera. A litosfera está formada pola cortiza e unha parte do manto superior terrestre.

Upload: profesor-historia

Post on 24-May-2015

1.526 views

Category:

Education


8 download

DESCRIPTION

Vocabulario extraído do blog de Xosé Antón, que versa sobre a termonoloxía relativa ao relevo

TRANSCRIPT

Page 1: Vocabulario de xeografía: o relevo

LITOSFERA: Segundo o modelo dinámico da estrutura terrestre, a litosfera é un conxunto máis ou menos ríxido, fragmentado en diversas placas, que forma a superficie sólida do planeta e descansa sobre unha capa plástica, a astenosfera. A litosfera está formada pola cortiza e unha parte do manto superior terrestre.

Page 2: Vocabulario de xeografía: o relevo

PLACA TECTÓNICA: Fragmento de litosfera que se despraza como un bloque ríxido sobre a astenosfera da Terra. Este movemento prodúcese por correntes de convección no interior da Terra que liberan o calor orixinal adquirido polo planeta durante a súa formación.

Page 3: Vocabulario de xeografía: o relevo

MAGMA: Masa natural de material mineral fundido e formado pola fusión parcial ou total dunha fonte parental (principalmente, a parte superior do manto e a base da corteza terrestre). Polo seu contido mineral, o magma pode clasificarse en dous grandes grupos: máficos e félsicos. Basicamente, os magmas máficos conteñen silicatos ricos en Mg y Ca, mentres que os félsicos conteñen silicatos ricos en Na e K.

Page 4: Vocabulario de xeografía: o relevo

LITOLOXÍA: Parte da xeoloxía que trata das rochas, especialmente o tamaño do seu gran e as súas características físico-químicas. Unha rocha é unha masa de materia mineral coerente, consolidada e compacta. Pódese clasificar pola súa idade, a súa dureza ou a súa xénese (ígneas, sedimentarias e metamórficas). Os tipos de relevo máis comúns, segundo as rochas predominantes, son os kársticos, volcánicos e graníticos.

Page 5: Vocabulario de xeografía: o relevo

ROCHA ÍGNEA: Rocha que procede daconsolidación do magma, rocha de orixe interna que carecede fósiles. Pode ser intrusiva, se está totalmente cristalizadaó enfriarse lentamente o magma, ou efusiva, ó sairbruscamente o magma ó exterior e enfriarse rápidamente,polo que non está cristalizada.

Page 6: Vocabulario de xeografía: o relevo

ROCHAS ÍGNEAS• Intrusivas:• Granito• Diorita• Peridotita• Gabro

• Extrusivas:• Riolita• Andesita• Basalto

Page 7: Vocabulario de xeografía: o relevo

ROCHA SEDIMENTARIA: Rocha formada na superficie terrestre pola acumulación de sedimentos, que son materiais procedentes da destrucción de rocas preexistentes ou de certos organismos. Os sedimentos forman estratos.

Page 8: Vocabulario de xeografía: o relevo

ROCHA METAMÓRFICA: Rocha transformada por altas presións e altas temperaturas que reorganizan a súa estructura e transforman o seu aspecto.

Page 9: Vocabulario de xeografía: o relevo

ESTRATO SEDIMENTARIO: Paquete de rochas de orixe sedimentario.

Page 10: Vocabulario de xeografía: o relevo

ROCHA SILÍCEA: Rocha con altos contidos de dióxido de sílice. Polo xeral dá lugar a terreos ácedos.

Page 11: Vocabulario de xeografía: o relevo

ROCHA ARXILOSA: Provén da descomposición das rocas nais cristalizadas como o granito. As diferentes arxilas están compostas por silicato de alúmina hidratado no que se mesturan elementos minerais que producen diferentes coloracións.

Page 12: Vocabulario de xeografía: o relevo

ROCHA CALCARIA: Rocha na que é abundante o carbonato cálcico, que pode disolverse orixinando relevos de tipo kárstico.

Page 13: Vocabulario de xeografía: o relevo

FALLA: Fractura do terreo, con desnivelación tectónica, que se dá preferentemente en rochasríxidas (eruptivas e metamórficas), nos zócolos.

Page 14: Vocabulario de xeografía: o relevo

FRACTURA: Unha fractura tectónica, tamén chamada litoclasa, é unha greta do terreo producida por forzas tectónicas. Moitas fracturas débense a que o terreo carecía da necesaria flexibilidade para pregarse ó ser sometido a empuxes laterais. Nas fracturas simples ou diaclasas, os dous bordes conservan, un fronte ó outro, as súas posicións respectivas. Pola contra, nas fallas ou paraclasas, un dos beizos afúndese ou elévase verticalmente respecto ó outro. Nas dislocacións ou fallas horizontais, ambas partes quedan ó mesmo nivel, pero desprázanse unha respecto á outra, horizontalmente.

Page 15: Vocabulario de xeografía: o relevo

FOSA TECTÓNICA: Depresión que coincide cunbloque afundido da corteza terrestre, delimitado entredúas fallas.

Page 16: Vocabulario de xeografía: o relevo

PREGAMENTO: Proceso polo que uns estratos sedimentarios depositados nun xeosinclinal se curvan como resultado de esforzos compresivos de orixe tectónica. Estas accións teñen lugar en áreas sedimentarias, e dan lugar a anticlinales e sinclinales.

Page 17: Vocabulario de xeografía: o relevo

PREGA: Deformación tectónica do terreo, que seproduce pola acción de forzas en sentido contrario eque se traduce nunha ondulación dos estratos. É propiodas rochas sedimentarias plásticas.

Page 18: Vocabulario de xeografía: o relevo

SINCLINAL: Estructura elemental de pregamentoonde os estratos buzan cara á charnela ou eixo da prega,e é típica das rochas sedimentarias plásticas.

Page 19: Vocabulario de xeografía: o relevo

ANTICLINAL: Estructura elemental de pregamentoen forma de lombo, na que os flancos se inclinan en sentidos opostos,e é típica das rochas sedimentarias plásticas.

Page 20: Vocabulario de xeografía: o relevo

OROXENIA HERCINIANA: Oroxenia do Paleozoico que formou as montañas durante o Carbonífero e o Pérmico. Caracterízase principalmente por unha litoloxía esencialmente de granitos e rochas metamórficas, e esta sedimentación dase sobre todo no Oeste da Península ibérica.

Page 21: Vocabulario de xeografía: o relevo

OROXENIA ALPINA: Ultimo dos grandes movementostectónicos que deu orixe a importantes aliñaciónsmontañosas e reordenou boa parte de estructuras antigas,na era Terciaria, e que en España deseñou os rasgosesenciais do seu relevo.

Page 22: Vocabulario de xeografía: o relevo

XEOSINCLINAL: Sinclinal longo e profundo en forma de fosa submariña, que se enche de sedimentos; estes, ó achegarse mutuamente os bordes da cubeta, son expulsados da mesma, elévanse por presións oroxénicas e forman unha cordilleira.

Page 23: Vocabulario de xeografía: o relevo

TRANSGRESIÓN MARIÑA: Ascenso xeral donivel mariño como consecuencia da fusión dos xeosglaciares en períodos máis cálidos, e que se manifesta no avance do mar sobre as terras emerxidas.

Page 24: Vocabulario de xeografía: o relevo

REGRESIÓN MARIÑA: Retroceso do mar, coa aparición de zonas antes cubertas polas augas. Prodúcese por descenso do nivel do mar ou por elevación do continente. É característico das glaciacións, pola retención de auga continental nos glaciares, e das oroxenias, ó levantarse grandes áreas.

Page 25: Vocabulario de xeografía: o relevo

CURVA DE NIVEL: Isoliña que une todos os puntos que nun mapa topográfico están á mesma altitude sobre o nivel do mar. Son equidistantes entre sí. Nos mapas topográficos 1:50.000, a equidistancia é de 20 m. Nos de escala 1:25.000, a equidistancia é de 10 m.

Page 26: Vocabulario de xeografía: o relevo

PERFIL TOPOGRÁFICO: Un perfil ou corte topográfico sirve para facerse unha idea de como é o relevo que está debuxado nun mapa. Para levantalo debemos partir da información que nos proporciona o mapa, é dicir, as curvas de nivel, a distancia horizontal entre dous puntos e a escala.

Page 27: Vocabulario de xeografía: o relevo

ZÓCOLO: Os escudos ou zócolos son vellos macizos montañosos formados durante a era primaria hai máis de 500 millóns de anos e arrasados pola erosión durante a era secundaria, que constitúen os núcleos dos actuais continentes. Están formados por rochas magmáticas e metamórficas moi antiguas, aínda que nalgúns lugares poden estar recubertas por coberteiras sedimentarias máis modernas. Desde épocas moi remotas os escudos permaneceron estables, sen sofrer nengún pregamento, aínda que foron afectados por dislocacións, abombamentos e fracturas.

Page 28: Vocabulario de xeografía: o relevo

MACIZO: Conxunto montañoso de materiaisantigos ríxidos, que durante a oroxenia alpina non se plegane se fracturan en bloques. Exemplos: Macizo Galaico,Sistema Central, etc.

Page 29: Vocabulario de xeografía: o relevo

MESETA: Superficie chá ou lixeiramente inclinadanunha determinada dirección, cortada porvales e situada a certa altitude sobre o nivel do mar.

Page 30: Vocabulario de xeografía: o relevo

CORDILLEIRA: Unha cordilleira é unha sucesión de serras montañosas enlazadas entre sí. Constitúen zonas pregadas ou en fase de pregamento. Nos xeosinclinais, ou zonas alongadas situadas nos bordes dos continentes acumúlase un grande espesor de sedimentos; cando estes materiais sofren unha importante compresión debido a empuxes laterais, préganse e elévanse, dando lugar á formación de cadeas montañosas. A este tipo pertence a maeirande parte das grandes cordilleiras continentais: Alpes, Himalaia, Andes, entroutras. Ademáis das forzas internas do planeta, interveñen no modelado do relevo axentes externos, como o vento ou a auga, e procesos ligados ó clima, á vexetación e ó solo.

Page 31: Vocabulario de xeografía: o relevo

SERRA: Liña de montañas con crestas dentadas.

Page 32: Vocabulario de xeografía: o relevo

PÁRAMO: Superficie estructural máis ou menos elevada e horizontal, onde hai unha sucesión de materiais: calizos na parte superior, máis resistentes, cubrindo arxilas ou margas, fácilmente erosionables.

Page 33: Vocabulario de xeografía: o relevo

CERRO TESTEMUÑA: Resto da plataforma nun relevo tabular (conxunto de capas duras e brandas dispostas horizontalmente no que a erosión esculpíu paisaxes horizontais). Ó aumentar a erosión producida polos ríos nas capas brandas vanse formando colinas, e se a altiplanice é atacada pola erosión aparecen os "cerros testemuña con cumios planos. Son bastante comúns nas cuncas sedimentarias das dúas submesetas e na depresión do Ebro.

Page 34: Vocabulario de xeografía: o relevo

CAMPIÑA: Superficies moi planas e de grande extensión e escasa pendente, constituídas por materiais litolóxicos moi brandos, como arxilas, margas, limos e areas; poden aparecer nelas algunhas lomas dispersas, polo afloramento en ocasións dalgún material de maior dureza. É unha forma do relevo característica da submeseta norte.

Page 35: Vocabulario de xeografía: o relevo

COSTA: é a parte dun continente ou dunha illa que linda co mar. Tamén se denomina litoral á costa de grandes ríos. Ten unha paisaxe inestable, onde nos sectores de praia o seu perfil bidimensional pode medrar debido ao depósito de sedimentos e noutros casos pode diminuír polos procesos de erosión mariña. Pero as costas tamén son modificadas por outros factores, como o clima, o vento, a ondada, actividade biolóxica e as actividades humanas.

Page 36: Vocabulario de xeografía: o relevo

EROSIÓN: Desgaste da superficie terrestre por mor dos axentes externos. A erosión é a principal forma de transformación do relevo terrestre. Pode ser eólica, hídrica, fluvial, glaciar, mariña e antrópica, se se debe á acción dos seres humanos. A erosión actúa mediante procesos físicos, como a forza de arrastre da auga, e a través de procesos químicos, principalmente a disolución das rochas.

Erosión e morfoloxía

Page 37: Vocabulario de xeografía: o relevo

SEDIMENTACIÓN: Proceso polo que se depositan e acumulan materiais rochosos, restos biolóxicos e sustancias químicas nun lugar, xeralmente o fondo do mar ou dunha conca, como resultado da erosión e o arrastre producidos por diversos axentes.

Page 38: Vocabulario de xeografía: o relevo

GLACIAR: Masa de xeo orixinada nas parte máis altas das montañas por encima do límite das neves perpetuas, que descende lentamente ata niveis inferiores formando unha lingua. Os glaciares ocupan aproximadamente o 10 % da superficie terrestre. Os de tipo alpino están formados polo circo glaciar, que é unha depresión rodeada de montañas onde a neve acumúlase e transfórmase en xeo; o val glaciar, ou canle polo que descende a masa de xeo cara a lugares máis baixos das montañas, e a lingua glaciar, ou masa de xeo que se desliza polo val. Outros tipos de glaciar son o pirenaico ou de circo, nos que a língua fúndese con rapidez, e o continental ou de casquete, propio das zonas polares, que é unha gran acumulación de xeo con moitas linguas que terminan no mar e forman icebergs.

Page 39: Vocabulario de xeografía: o relevo

MOREA: Depósito de materiais xeolóxicos diversos, como rochas, cantos, grava miúda, arxila, etc., erosionados, transportados e depositados por un glaciar. Segundo a súa situación respecto da língua do glaciar, a morea pode ser de fondo, lateral, final, mediana, terminal, etc.

Page 40: Vocabulario de xeografía: o relevo

EÓLICO: Referente á acción do vento. Este axente produce accións de erosión, transporte e sedimentación. O vento transporta partículas diminutas que chocan contra algunha rocha e divídense en máis partículas que van chocando con outras cousas. Adóitanse atopar nos desertos en formas de dunas e montañas rectangulares ou tamén en zonas relativamente secas.

Page 41: Vocabulario de xeografía: o relevo

ALUVIÓN: Depósito de materiais soltos, gravas e areas, deixados por un curso de auga.

Page 42: Vocabulario de xeografía: o relevo

DUNA: Formación asociada á sedimentación eólica, constituída por unha gran acumulación de area que se deposita cando a corrente de aire perde forza ou atopa un obstáculo no camiño. Son propias dos ambientes onde a acción do vento é importante como axente modelador do relevo, como sucede no deserto.

Page 43: Vocabulario de xeografía: o relevo

PENICHAIRA: Superficie de erosión, cunhatopografía plana e de escasos desniveis a certa altitudesobre o nivel do mar.

Page 44: Vocabulario de xeografía: o relevo

ALBUFEIRA: Lagoa litoral separada do marpor un cordón litoral ou restinga, no que existen unhaou máis bocas que comunican co mar.