vicerreitoría de estudantes e formación continua · ou máster, regulados no real decreto...

22
BIP Xuño 2012 1 Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua XUÑO 2012 Páxina EMPREGO OFERTAS DA AREA DE ORIENTACION LABORAL ............................ 2 OUTRAS OFERTAS DE EMPREGO..................................................... 3 OFERTAS DE EMPREGO E BOLSAS I+D ........................................... 5 OFERTAS DE EMPREGO PUBLICO ................................................... 6 PRACTICAS/BOLSAS ........................................................................... 7 ACTIVIDADES/FORMACION .............................................................. 17 NOVAS .............................................................................................. 20 BIP BOLETIN DE INFORMACION PROFESIONAL AREA DE ORIENTACION LABORAL- CAMPUS SANTIAGO INDICE

Upload: others

Post on 05-Jul-2020

8 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua · ou Máster, regulados no Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que establécese a ordenación das ensinanzas universitarias

BIP Xuño 2012 1

Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua

XUÑO 2012

Páxina

EMPREGO

OFERTAS DA AREA DE ORIENTACION LABORAL ............................ 2

OUTRAS OFERTAS DE EMPREGO ..................................................... 3

OFERTAS DE EMPREGO E BOLSAS I+D ........................................... 5

OFERTAS DE EMPREGO PUBLICO ................................................... 6

PRACTICAS/BOLSAS ........................................................................... 7

ACTIVIDADES/FORMACION .............................................................. 17

NOVAS .............................................................................................. 20

BIP BOLETIN DE INFORMACION PROFESIONAL AREA DE ORIENTACION LABORAL- CAMPUS SANTIAGO

INDICE

Page 2: Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua · ou Máster, regulados no Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que establécese a ordenación das ensinanzas universitarias

BIP Xuño 2012 2

OFERTAS AREA ORIENTACIÓN LABORAL

RESPONSABLE DE ZONA JUNIOR. Número de postos ofertados: 27 Empresa: Franchising Calzedonia España, S.A. Actividade da empresa: Sector textil Localidade de traballo: Ámbito nacional Requisitos:

• Titulados/as en: ADE, Económicas, Empresariais, Comunicación.... • Imprescindible carné de conducir B (non é preciso vehículo propio) • Mobilidade xeográfica a nivel nacional • Dotes de liderato, perfil dinámico, analítico e operativo e con capacidade

para traballar de forma autónoma.

Valorable: - Formación en masters - Nivel medio-alto de inglés

Contrato indefinido con un perído de proba Contacto: As persoas interasadas poden enviar o CV a través da web www.calzedonia.it, na sección "Trabaja con nosotros". Ou envialo por correo electrónico á [email protected] especificando no título a oferta que lles interesa. Máis información: http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/modules/jobs/job_0314.html

SEAT: 5 MEDICOS MEDICINA DO TRABALLO Requisitos:

• Licenciaturas en Medicina. Especialidade: Medicina do Traballo, Traumatoloxía.

• Valoraranse os títulos ou coñecementos en urxencias, reumatoloxía, Neumonoloxía/Alergoloxía.

• Idiomas: Valorárase nivel de inglés e/ou alemán. • Ofimática: Imprescindible dominio de MS Office (especialmente Word,

Excel, Outlook) e Internet. Valorárase coñecementos de SAP. • Carné de conducir B1. • Experiencia: Non imprescindible como Médico de Traballo pero si de 3 anos

en Traumatoloxía ou Urxencias Ofrécese

EMPREGO

Page 3: Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua · ou Máster, regulados no Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que establécese a ordenación das ensinanzas universitarias

BIP Xuño 2012 3

• Incorporación inmediata • Xornada completa • Centro de traballo en Martorell e Barcelona • Contrato indefinido • Salario + beneficios

Contacto:

As persoas interesadas inscribirse no Portal de Emprego: http://seat.asp.infojobs.net/barcelona/medico-del-trabajo/of-i12decf3b2145339891514e279856f9

Máis información: http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/modules/jobs/job_0285.html

OUTRAS OFERTAS: http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/

OUTRAS OFERTAS DE EMPREGO

ENFERMEIROS PARA BÉLXICA Empresa: Proxecto de cooperación España-Bélxica a través da rede Eures España e Eures Bélxica

Localidade de traballo: Varios hospitais, centros médicos e xeriátricos repartidos pola xeografía de Bélxica

Requisitos:

Varios hospitais, centros médicos e xeriátricos repartidos pola xeografía de Bélxica necesitan diplomados universitarios en enfermaría.

As tarefas e especialidades varían segundo o centro así como o idioma, (pode ser francés, inglés e neerlandés) Algúns hospitais facilitan formación en neerlandés.

Para participar no proceso de recrutamento:

1. Rexistrarse en http://spe.sepe.es/convocatoriaseures seleccionando o apartado "Quero rexistrarme", e seguir os pasos indicados

2. Se a candidatura é preseleccionada comunicaráselle día, hora e lugar de entrevista, mediante un correo electrónico á dirección de correo indicada por vostede na súa solicitude. Neste caso levar o seu CV no idioma de traballo e a documentación que considere oportuna.

Deberá achegar un exemplar de CV para cada oferta á que opte.

As enfermeiras e enfermeiros seleccionados que decidan traballar en Bélxica necesitan realizar, ante a Autoridade Competente de Bélxica, o recoñecemento profesional do título obtido en España.

Para realizar este trámite ademais de presentar unha solicitude tamén pediran máis documentos. Un deles será o certificado acreditativo do título (este documento certifica que cumpres os requisitos para exercer a profesión en España). Pódese solicitar online en Trámites e Servizos - Ministerio de Educación ou ben presentando a súa solicitude na Subdelegación do Goberno de cada

Page 4: Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua · ou Máster, regulados no Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que establécese a ordenación das ensinanzas universitarias

BIP Xuño 2012 4

provincia (pode descargar o formulario en Acreditación de títulos españois correspondentes a profesións reguladas pola Directiva 2005/36/CE para os efectos do seu exercicio noutro país de a Unión Europea).

Condicións laborais:

A entrevista de selección e as sesións informativas realizaranse en Madrid por representantes dalgúns dos hospitais e conselleiros Eures belgas, o día 27 de xuño no Centro de F.O. Santamarca do Sepe na rúa Costa Rica 30

Data límite de recollida dos CV: 18 de xuño de 2012

Máis información: www.sepe.es/contenido/empleo_formacion/eures/convocatorias_ofertas/procesos_seleccion.html#sele_belgica

FUNDACION UNIVERSIDAD EMPRESA, MURCIA Programa Leonardo: Convocatoria abierta a titulados de todas las universidades españolas: Enlace: http://www.fuem.es/Html/becasleonardo/que_son.aspx OFERTAS DE EMPREGO DE MÉDICOS, ENFERMEIROS/AS E FISIOTERAPEUTAS. Interesados/as, consultar webs de empresas colaboradoras: Mobilite Europe www.mobiliteeurope.com Selección Emploi Europe www.seleuropa.com FINLANDIA: Información sobre ofertasde empleo en la Agencia Química Europea http://echa.europa.eu/documents/10162/13602/vn_facility_management_assistant_en.pdf

OUTROS ENLACES

Axencial local de colocación Santiago de Compostela http://axencialocaldecolocacion.org/

Boletín Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil http://xuventude.xunta.es/rede-galega-de-informacion-xuvenil.html

Servizo Publico de Emprego Estatal (SEPE). Emprego e formación http://www.sepe.es/contenido/empleo_formacion/vinculo_laboral/personas_trabajadoras/index.html

Oportunidades profesionais en Organizacións Internacionais http://www.maec.es/es/MenuPpal/Oportunidades/Paginas/Oportunidades.aspx

Eures-Información e empregos para licenciados

Page 5: Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua · ou Máster, regulados no Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que establécese a ordenación das ensinanzas universitarias

BIP Xuño 2012 5

http://ec.europa.eu/eures/main.jsp?catId=0&lang=es&acro=links&orgTypeId=0&myOrgTypeId=85

Emprego en Europa. Rede Eures http://www.sepe.es/contenido/empleo_formacion/eures/convocatorias_ofertas/index.html

Great Place to work: Listas das mellores empresas para traballar en España. http://www.greatplacetowork.es/mejores-empresas/las-mejores-empresas-para-trabajar-en-espana

OFERTA DE EMPREGO E BOLSAS I+D

Contratos de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela

http://imaisd.usc.es/seccion.asp?i=gl&s=-2-26-128-129 Portal Emprego I+D+I

http://www.madrimasd.org/empleo/

Guía de convocatorias de bolsas de investigación da USC http://imaisd.usc.es/guiaconvocatorias.asp?i=gl&s=-2-26-30

PERSOAL TECNICO INVESTIGADOR

Entidade Convócante: Consello Superior de Investigacións Científicas. CSIC

Ámbito xeográfico: Nacional

Descrición: O CSIC convoca unha bolsa de traballo para a contratación temporal de persoal investigador e técnico con cargo a proxectos, convenios e contratos de investigación.

Seu ámbito de aplicación enténdese a tódolos Institutos e Centros de Investigación do CSIC, seus Centros Mixtos e Unidades Asociadas coa independencia da súa localización xeográfica.

Requisitos: Doutor, Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto ou titulación que confira un grao académico equivalente a éstes, así como os títulos de Grao ou Máster, regulados no Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que establécese a ordenación das ensinanzas universitarias oficias.

Prazo: 30 Xullo 2012

Mais información: https://sede.csic.gob.es/servicios/formacion-y-empleo/bolsa-de-trabajo

Page 6: Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua · ou Máster, regulados no Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que establécese a ordenación das ensinanzas universitarias

BIP Xuño 2012 6

OFERTAS DE EMPREGO PUBLICO

APERTURA DE LISTAS DE CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL E PERSOAL INTERINO DA XUNTA DE GALICIA

Prazo: 1 de Marzo - 15 de Xullo de 2012.

Máis información: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120301/AnuncioCA01-280212-12719_gl.pdf

http://funcionpublica.xunta.es/?q=node/92

TÉCNICO DE FINANZAS

Entidade Convócante: Consellería de Facenda

Ámbito xeográfico: Autonómico

Descrición: Convocase proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A”, escala técnica de finanzas. Requisitos: Estar en posesión ou en condición de obter os títulos de diplomado universitario, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico ou grao. . Prazo: 20 Xuño 2012

Mais información: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120531/AnuncioCA01-250512-0003_es.pdf

OUTRAS OFERTAS PUBLICAS DE EMPREGO

UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA http://www1.usc.es/WebPas/SPAS/Ofertas/Indice.htm BOLETIN SEMANAL DE EMPREGO PUBLICO http://www.060.es/060/appmanager/portal/desktop/page/boletinSemanal OFERTAS DE EMPREGO CONCELLOS E DEPUTACIÓNS DE GALICIA http://www.eidolocal.es/portal/serv_concellos/ofertas_emprego.jsp

Page 7: Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua · ou Máster, regulados no Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que establécese a ordenación das ensinanzas universitarias

BIP Xuño 2012 7

BOLSAS DE FORMACION EN ARQUIVOS DE GALICIA

As bolsas irán destinadas a actividades de Formación relacionadas coa organizacion e descrición ou con outros procesos que integran o tratamento técnico dos fondos documentais custodiados nos arquivos municipais de Galicia e outros arquivos de interese Requisitos:

• Licenciatura universitaria ou equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, cunha configuración curricular (expediente académico) na que predomine a formación en Historia e ou Arquivística

• Ter acreditado o dominio da lingua galega a nivel iniciación mediante título oficial.

As bolsas terán unha duración máxima de 6 meses, contados a partir da data de incorporación O importe bruto mensual de cada bolsa será de 901,01€ As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento CT110A Prazo de presentación: Ata o 21 de xuño de 2012. Máis información no DOG do 22 de maio de 2012 e en http://culturaeturismo.xunta.es/oficina na epígrafe de trámites e axudas.

BOLSA DE FORMACION EN MATERIA DE PATRIMONIO MOBLE GALEGO

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca o programa 2012/2013 de bolsas de formación en materia de patrimonio moble en museos propios e xestionados pola Consellería de Cultura.

O total de bolsas convocadas son 6.

Requisitos:

Bolsas de documentación de fondos de patrimonio moble: Licenciatura universitaria ou equivalente, segundo o espazo europeo de educación superior, con formación académica nalgunha das materias que se relacionan a continuación: • Historia. • Historia da arte. • Arqueoloxía.

Bolsas de restauración de fondos de museos e coleccións visitables de Galicia: Diplomatura universitaria en conservación e restauración de bens culturais ou equivalente, nas especialidades de: • Arqueoloxía. • Pintura ou escultura.

Prazo de presentación: Ata o 21 de xuño de 2012.

PRACTICAS/BOLSAS

Page 8: Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua · ou Máster, regulados no Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que establécese a ordenación das ensinanzas universitarias

BIP Xuño 2012 8

Máis información: DOG do 21 de maio de 2012 e en https://sede.xunta.es co procedemento CT110B

PRÁCTICAS EN EMPRESA DE LONDRES- CAMARA DE COMERCIO DE A CORUÑA

A Cámara de Comercio de España en Gran Bretaña, en colaboración coa Cámara de Comercio de A Coruña,

Convocatoria de prácticas en empresas londinenses durante 6 meses dentro do Graduate European Programme dirixidas á recén titulados.

As prácticas, inician no próximo mes de setembro, e se complementan cun curso de inglés de negocios.

REQUISITOS:

• Licenciado ou diplomado (preferiblemente en Económicas, Empresariales, Dereito ou Administración de Empresas)

• Ter un nivel de inglés alto e coñecementos de informática.

Prazo de inscripción ata o 29 de xuño 2012.

Os exames de selección realizaránse entre o 9 e o 20 de xullo de 2012

As probas consisten nun exame oral e escrito en inglés, que pode realizarse na Cámara de Comercio de A Coruña.

Contacto: Para máis información: [email protected] ou [email protected] http://www.spanishchamber.co.uk/e

O IGAPE CONVOCA BOLSAS PARA FORMAR A 100 NOVOS TITULADOS E MELLORAR A COMPETITIVIDADE DAS PYMES

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), convoca bolsas formativas para a realización de proxectos de mellora das pemes galegas.

Requisitos dos solicitantes:

• Ter veciñanza administrativa en Galicia cunha antigüidade superior a 24 meses.

• Ser natural de Galicia. • Ser fillo ou descendente en liña directa ata o terceiro grao de emigrantes

galegos no exterior.

Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións universitarias: física, enxeñaría, matemáticas, química, ciencias económicas e empresariais, administración e dirección de empresas, ciencias empresariais, economía, e dereito.

A finalidade das bolsas e formar a titulados universitarios en diversas áreas relacionadas coa profesionalización e desenvolvemento estratéxico da empresa, entre outras:

• Optimización financeira/mellora do circulante.

Page 9: Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua · ou Máster, regulados no Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que establécese a ordenación das ensinanzas universitarias

BIP Xuño 2012 9

• Profesionalización da produción. • Relanzamento comercial. • Xestión por procesos. • Imaxe e comunicación empresarial. • Construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial. • Desenvolvemento de plans de acción. • Identificación de redes de cooperación e socios. • Innovación na empresa. • Desenvolvemento do capital humano. • Execución de vixilancia tecnolóxica/intelixencia competitiva.

A duración inicial da bolsa establécese nun máximo de 12 meses. A contía das bolsas é de 9.960 € anuais (830 mensuais).

Os titulados incorporaranse en primeiro lugar a un itinerario formativo especificamente deseñado para a participación no programa, e a seguir realizarán prácticas formativas baixo a tutela de axentes colaboradores do Igape en proxectos de mellora para implantar en pequenas e medianas empresas, período en que recibirán formación e titorización directamente por parte do axente colaborador.

Prazo de presentación: Ata o 12 de xullo de 2012

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento IG401B

Máis información:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120612/AnuncioO92-040612-0001_gl.pdf e en www.igape.es

BOLSAS DE FORMACION EN ARCHÍVISTICA E XESTIÓN DOCUMENTAL DO TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

Convocanse dúas bolsas para a realización de actividades de formación archivística e en xestión documental teórico-práctica relacionadas coa xestión documental e archivística do Tribunal Constitucional, cunha duración máxima de doce mensualidades.

A dotación de cada bolsa será de 1.200 € brutos mensuais.

Entre os requisitos que se deben cumprir para solicitar estas bolsas, é ser licenciado universitario, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente e ter rematado os estudos para a obtención do título universitario con posterioridade ao 1 de Xaneiro de 2007.

Prazo de presentación: Será dun mes a partir do día seguinte a súa publicación no BOE (30 de Maio 2012)

Page 10: Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua · ou Máster, regulados no Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que establécese a ordenación das ensinanzas universitarias

BIP Xuño 2012 10

Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2012/05/30/pdfs/BOE-A-2012-7165.pdf

BOLSAS DE FORMACION XURÍDICA RELACIONADOS COA DOCTRINA CONSTITUCIONAL. TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

O Tribunal Constitucional convoca o presente concurso co fin de adxudicar seis bolsas para a realización de actividades de formación xurídica teórica-práctica relacionadas coa recopilación, clasificación e publicación da doctrina do Tribunal.

A dotación de cada bolsa será de 1.200 € brutos mensuais e tendrán unha duración máxima de doce meses prorrogables por un máximo de seis meses, con arreglo as disponibilidades presupuestarias.

Para solicitar estas bolsas se debe ter título de Licenciado ou Graduado en Dereito ou un título de outro país que acredite unha formación xurídica equivalente, ter rematado os estudios para a obtención do título universitario con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2007 e posuir coñecementos de inglés ou francés correspondentes ao nivel B2 do Marco europeo de referencia para as linguas (First Certificate, puntuación mínima de 87 no TOEFL Internet Based Test, Delf B.2 ou equivalente)

Prazo de presentación: Será dun mes a partir do día seguinte a súa publicación no BOE (30 de Maio 2012)

Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2012/05/30/pdfs/BOE-A-2012-7166.pdf

BOLSAS FormARTE SECRETARIA DE ESTADO DE CULTURA

A Secretaría de Estado de Cultura convoca as bolsas FormARTE de formación e especialización en materias de competencia das institucións culturais depedentes do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, correspondente ao cursos 2012/2013.

O obxectivo que persigue o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte con esta convocatoria é a mellora da formación de profesionais da cultura en materias artísticas, xestión cultural, arquivos, conservación e restauración, museoloxía e biblioteconomía, mediante un programa de actividades teórico-práctico en institucións dependientes do Ministerio. Esto supón un impulso para productividade do sector e un incentivo para o seu desenvolvemento.

As bolsas agrupanse en seis categorías e teñen como finalidade formar a especialistas nos seguintes ámbitos:

Protección, restauración, conservación, catalogación, exhibición e difusión do patrimonio histórico español, ao través de Bolsas de Conservación e Restauración de Bens Culturais.

Conservación, catalogación, exhibición e difusión dos fondos e coleccións dos museos. Bolsas de Museoloxía.

Técnicas de catalogación, documentación e bibliografía, e en tecnoloxías da información e as comunicación, aplicadas a fondos modernos e antiguos. Bolsas de Biblioteconomía e Documentación.

Técnicas arquivísticas. Bolsas de Arquivística.

Page 11: Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua · ou Máster, regulados no Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que establécese a ordenación das ensinanzas universitarias

BIP Xuño 2012 11

Xestión de institucións e actividades culturais. Bolsas de Xestión Cultural.

Ademáis, buscase impulsar a formación de artistas, ao través de estudos non regrados nas áreas de creación de artes plásticas e fotografía. Bolsas de Artes Plásticas e Fotografía.

Os beneficiarios, que levarán a cabo un programa de actividades teórico-prácticas, contarán coa orientación, formación e seguimento dun titor pertecente á institución correspondente.

Os requisitos específicos de cada bolsa pódese consultar no enlace: http://www.boe.es/boe/dias/2012/06/01/pdfs/BOE-A-2012-7324.pdf

Prazo de presentación: quince días hábiles a partir do día seguinte a súa publicación no BOE (BOE 1 de xuño 2012).

BOLSAS FORMACION DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO

Convocatoria de 6 BOLSAS de formación na Consellería de Economía e Industria da Comunidade Autónoma de Galicia, na Dirección Xeral de Comercio, para persoas tituladas

Programa formativo que integrará principalmente aspectos relativos á actividade comercial, o estudo e a análise da pequena e mediana empresa comercial e o sector da distribución e as estruturas comerciais.

O programa formativo poderá estenderse a todas aquelas materias sobre as que o centro directivo tencompetencia e, en concreto, a artesanía.

Dotación: 5.000 € brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 1.000 euros por mes (incluida SS)

Título universitario: Ciencias económicas e empresariais, dereito, ciencias políticas, administración e dirección de empresas, ciencias do traballo e asimiladas

A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición, ao remate do prazo de presentación de solicitudes, e ter rematado os estudos conducentes a el no ano 2005 ou posterior.

Información convocatoria:

Páxina web oficial da consellería http://economiaeindustria.xunta.es ou ben no DOG: 15-xuño-2012 http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120615/AnuncioCA04-110612-0004_gl.pdf

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (fin prazo : 16/07/12)

As solicitudes tamén poderán presentarse vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es

Page 12: Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua · ou Máster, regulados no Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que establécese a ordenación das ensinanzas universitarias

BIP Xuño 2012 12

BOLSAS DE FORMACIÓN DO INSTITUTO NACIONAL DE TÉCNICA AEROESPACIAL ESTEBAN TERRADAS

O Ministerio de defensa convoca 17 bolsas de formación destinadas a persoas que se encontren en posesión do título de Licenciado, Enxeñeiro ou Enxeñeiro Técnico, sempre que rematasen os seus estudos con posterioridade ao 30 de xullo de 2008. Condicións de desfrute: a) O desenvolvemento das bolsas terá lugar nas dependencias do INTA de Torrejón de Ardoz (Madrid) ou de Mazagón (Huelva), cunha dedicación a xornada completa. b) O bolseiro deberá acudir ás instalacións do INTA conforme ao plan de formación programado polo Instituto c) Durante o mes de agosto o plan de formación será interrompido e os bolseiros non acudirán ao Instituto. d) A cada bolseiro asignaráselle un titor que dirixirá e coordinará as actividades que compoñan o seu plan de formación. e) O desfrute das bolsas esixe dedicación exclusiva do bolseiro ás actividades de formación, polo que será incompatible con calquera outro tipo de bolsa ou axuda, e coa percepción de toda clase de remuneración, prestación ou subsidio de desemprego. Requisitos dos solicitantes: a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou estranxeiro residente en España no momento de solicitar a bolsa. b) Estar en posesión do título esixido según o tipo de boldsa: Enxeñeiro Aeronáutico Enxeñeiro Industrial Enxeñeiro Técnico Aeronáutico Enxeñeiro Técnico Industrial, Enxeñeiro Informático Enxeñeiro Electrónico Enxeñeiro Técnico Informático Enxeñeiro Técnico Electrónico, Enxeñeiro Técnico de Telecomunicación, Licenciado en Físicas Licenciado en Químicas Enxeñeiro Superior, Licenciado en CC. Ambientais, Bioloxía, Xeoloxía ou Físicas. A contía das bolsas será a seguinte: 1) Bolsas de formación concedidas a Licenciados e Enxeñeiros Superiores: 1.030 € mensuais brutos. 2) Bolsas de formación concedidas a Enxeñeiros Técnicos: 970 € mensuais brutos. Prazo de presentación: 25 de xuño de 2012 Máis información: http://www.inta.es/BolsaEmpleo.aspx

PRACTICAS DA AXENCIA EFE PARA ESTUDANTES DE XORNALISMO OU COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL

A Fundación Caja de Ahorros y Pensiones de Barcelona e a Fundación EFE anuncian a convocatoria de 15 bolsas destinadas a alumnos do último curso de grao ou

Page 13: Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua · ou Máster, regulados no Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que establécese a ordenación das ensinanzas universitarias

BIP Xuño 2012 13

licenciatura en Xornalismo e/ou Comunicación Audiovisual de calquer universidade española, para realizar 18 meses de prácticas formativas na Axencia EFE. Durante os primeiros nove meses (de outubro de 2012 a xuño de 2013), as prácticas realizáranse nas delegación da Axencia EFE nas distintas comunidades autónomas e, durante o segundo período de nove meses (de outubro de 2013 a xuño de 2014), nas delegacións internacionais da Axencia EFE en Europa, países iberoamericanos, América do Norte, África e Asia. Para acceder as bolsas, os solicitantes deberán ter a nacionalidade española, estar matriculados no último curso de grao ou licenciatura en Xornalimso e/ou Comunicación Audiovisual cun mínimo de 30 créditos por cursar entre outros requisitos. A bolsa deberá solicitarse para realizar as prácticas na sede da Axencia Efe en Madrid e nas súas delegacións de Alicante, Barcelona, Bilbao, Málaga, Murcia, Pamplona, Santiago de Compostela, Sevilla, Tenerife, Valencia e Valladolid. A dotación económica da bolsa comprende unha bolsa de estudos de 650 euros mensuais para cada un dos primeiros nove meses e de 1.300 € para cada un dos nove meses de prácticas internacionais. Contén ademáis una axuda para desprazamento, dun importe de 500 € para os destinos europeos e de 1.000 € para o resto dos destinos, e un seguro de multiasistencia de viaxe. Prazo de presentación: Ata o 10 de xullo 2012 Máis información: http://obrasocial.lacaixa.es/ambitos/becas/pdf/periodismo_es.pdf

PRACTICAS REMUNERADAS PARA XORNALISMO EN EE.UU.

IHS (Institute for human Studies) oferta prácticas profesionais para xornalistas sin experiencia en distintos

medios de comunicación

O programa de prácticas consiste en:

• Minimo 8 semanas de prácticas nun xornal, emisora de radio, ou ben outros medios de comunicación

• Salario de $ 3.200 e unha bolsa para viaxar a un seminario de prácticas

• O/a bolseiro/a terá un titor que lle asistirá no proceso.

Proceso de selección

No caso de ser aceptado no programa, o director do mesmo falará por teléfono para comentar as oportunidades. IHS ofrece bolsa de transporte para viaxar ata o lugar das prácticas.

Seminario de Xornalismo

Page 14: Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua · ou Máster, regulados no Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que establécese a ordenación das ensinanzas universitarias

BIP Xuño 2012 14

O programa introdúcese cun seminario dunha semana de xornalismo e sociedade libre impartido por xornalistas expertos e docentes

Requisitos:

• Non é preciso ter experiencia previa en xornalismo aínda que será valorable, constitúe unha vantaxe pero non é obrigatorio.

• Destacada motivación pola liberdade de comuncacións

• Non é imprescindible a licenciatura en xornalismo. Acéptanse todas as disciplinas, incluíndo ciencias políticas, economía..

• Programa aberto a estudantes de pregrao, estudantes de posgrao e graduados recentes.

• Inglés fluído falado e escrito.

• Traballo a tempo completo, 40h/semana.

Solicitudes: Ata 1 Xullo 2012 Rexistro e formulario solicitude na páxina web formulario on-line http://www.theihs.org/ihs-journalism-internship-program/investigative-journalism

BOLSAS FARO. BOLSAS PARA REALIZAR PRÁCTICAS PROFESIONAIS EN EUROPA, ASIA, ESTADOS UNIDOS

1.050 bolsas en Europa, Asia, Estados Unidos e Canadá para estudantes universitarios O programa de bolsas FARO Global promove a mobilidade de estudantes dos últimos cursos de todas as universidades españolas mediante a realización de prácticas formativas de

calidade en empresas radicadas en Europa, Asia, Estados Unidos e Canadá. O obxectivo último do programa é facilitar a súa inserción profesional mediante a mellora das súas competencias, aptitudes e actitudes. Este programa está financiado polo Ministerio de Educación, sendo a Fundación Xeral da Universidade de Valladolid a entidade que o promove e xestiona a nivel nacional Prazo para disfrutar dunha bolsa Faro Global: O desenvolvemento da actual edición de Bolsas FARO Global terá lugar dende febreiro de 2011 ata o 31 de decembro de 2013, sendo esta a data límite de regreso dos últimos bolseiros. A asignación das bolsas producirase de maneira continuada durante dito período. Dado que a duración media das bolsas é de 6 meses para Europa e de 7 meses para EEUU, Canadá e Asia, a data da última incorporación dos bolseiros, así como o límite para realizar ofertas de prácticas, será en principio maio de 2013, sempre que non se adxudicarán en ese momento todas as bolsas disponibles. Máis información: www.becasfaro.es

Page 15: Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua · ou Máster, regulados no Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que establécese a ordenación das ensinanzas universitarias

BIP Xuño 2012 15

PRACTICAS DE TITULADOS EN EMPRESAS: PROGRAMAS DA FUE

A Fundación Universidade Empresa desenvolve diferentes programas de prácticas en empresas para os recen titulados de calquera universidade española

PROGRAMA CITIUS PROGRAMA OPTIMUS PROGRAMA GAIA (Sedes de Empresas no estranxeiro)

A través destes programas poderás coñecer cómo funciona unha empresa de primeiro nivel desde dentro, formando parte dela e sendo un mais, mentres aprendes e pos en práctica os teus coñecementos.

Estes programas son retribuídos e gran parte da xente que os cursa, acaba contratada pola empresa.

As convocatorias están abertas durante todo o ano.

Podes consultar as condicións destes programas, coñecer as empresas e as prazas convocadas na páxina web da FUE

www.fue.es http://www.fuenohaymasqueuna.com/022_titulados.asp

BOLSAS ARGO GLOBAL

ARGO GLOBAL é un programa de mobilidade, promovido polo Ministerio de Educación, co obxectivo de impulsar a formación complementaria dos titulados de todas as universidades españolas a través da realización de prácticas en empresas no estranxeiro.

Entre 2009 e 2012 concederánse un total de 1100 bolsas para realizar prácticas formativas cunha duración de entre 3 a 12 meses en empresas en Europa, EEUU, Canadá e en empresas españolas con sede en Asia.

O obxectivo principal das bolsas ARGO GLOBAL é facilitar a realización de prácticas formativas en empresas europeas, de EEUU, Canadá e Empresas españolas con sede en Asia a mozos/as titulados de universidades españolas públicas e privadas.

Para beneficiarse dunha bolsa ARGO GLOBAL, o solicitantes debe cumprir os seguintes requisitos:

Ser titulado universitario de calquera universidade española pública ou privada (A titulación debe atoparse no Catálogo Oficial de titulacións impartidas en Universidades españolas, públicas ou privadas).

Non terse beneficiado anteriormente das bolsas de mobilidade Leonardo Da Vinci en calquera das súas formas, Bolsas ARGO, FARO GLOBAL ou INTEGRANTS.

Importante non poderán participar:

Page 16: Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua · ou Máster, regulados no Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que establécese a ordenación das ensinanzas universitarias

BIP Xuño 2012 16

Titulados de Doutorado, Máster ou doutro tipo de estudos de posgrao, que non obtiveran o título univesitario previo a estos estudios nunha universidade española pública ou privada.

Titulados doutro tipo de Enseñanzas Superiores como son as impartidas nos Conservatorios Superiores de Música ou nas Escolas de Artes, os denominados títulos propios ou títulos universitarios u homologacións de títulos obtidos noutros países.

Prazo: O prazo para as solicitudes dos titulados universitarios para acceder a unha bolsa ARGO GLOBAL estará aberto ata o 30 de xuño de 2012. Máis información: http://www.becasargo.es/portal/web/guest/argo-grants

MAIS INFORMACIÓN DE PRÁCTICAS

Ultimas bolsas publicadas no BOE http://www.boe.es/aeboe/consultas/enlaces/becas.php

Boletín quincenal de axudas, bolsas e subvencións http://www.060.es/060/appmanager/portal/desktop/page/boletinQuincenal

Bolsas e Axudas - Rede Galega de Información Xuvenil http://xuventude.xunta.es/

Guía de prácticas e saídas laborais na Unión Europea http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/archivos/ficheros_estatica/10A_fgeweb.pdf

Prácticas profesionais en Institucións Europeas. A maioría das Institucións Europeas (Comisión Europea, Parlamento Europeo, Tribunal de Xusticia da Unión Europea...) ofrecen prácticas profesionais. Dependendo da institución, a súa duración e as súas características varían. Pódese obter esta información consultando a páxina: http://ec.europa.eu/spain/jovenes/practicas/index_es.htm

Bolsas do Centro de Documentación Sociolingüistica de Galicia http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/noticias_canle.php?seccion=Convocatorias

Boletín informativo Eurodesk. O boletín Eurodesk, editado polo Instituto da Xuventude, presenta información actualizada sobre programas españois e iniciativas europeas, así como novas relativas ás areas de educación, formación e xuventude

http://www.juventudenaccion.injuve.es/opencms/opencms/eurodesk/boletin/?__locale=es

• Bolsas da deputación da Coruña. http://www.dicoruna.es/cultura/bolsas/

Page 17: Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua · ou Máster, regulados no Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que establécese a ordenación das ensinanzas universitarias

BIP Xuño 2012 17

FORMACION CURSOS INTENSIVOS DE VERÁN 2012. CENTRO DE LINGUAS MODERNAS - USC

No Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC estará aberta a matrícula en 25 cursos intensivos de verán de 16 linguas diferentes dende o 1 de xuño ata o día 25 de xuño. Estes cursos desenvolveránse en horario de 9:30 a 13:45 polas mañás ou de 16:15 a 20:30 horas polas tardes, entre os días 9 e 20 do mes de xullo 2012.

Na oferta intégranse cursos de alemán, árabe, catalán, checo, chinés, eslovaco, finés, francés, grego moderno, húngaro, inglés, italiano, polaco, portugués, ruso e xaponés. Estes cursos están dirixidos en primeiro lugar a alumnos da USC que vaian ir a unha universidade estranxeira cunha bolsa dos programas de mobilidade durante o curso 2012-2013 aínda que tamén están abertos a outras persoas con interese nas citadas linguas así como a alumnos de ensino secundario que cumpran ao longo de 2012 dezaseis anos. Trátase dunha oferta formativa na que se dará maior importancia á práctica das destrezas orais que ás outras.

Ademais, o CLM tamén ofertará no Campus de Santiago dous cursos intensivos de linguaxe de signos, un de iniciación e outro de perfeccionamento.

Como novidade, nas mesmas datas, ofertaráse un curso intensivo de 20 horas para a preparación do exame oficial de lingua xaponesa NOKEN (Nihongo nōryoku shiken). Este exame valora e acredita o coñecemento do idioma xaponés en todo o mundo e é análogo ao exame CELGA para a lingua galega e ao DELE para a lingua española. O primeiro centro universitario que celebrou este exame en España foi a Universidade Autónoma de Barcelona no ano 1972, e debido ao aumento de estudantes interesados en certificar o seu coñecemento da lingua xaponesa, no ano 1992 tamén a Universidade Autónoma de Madrid comezou realizar este exame. E agora, a partir do ano 2012, a Universidade de Santiago de Compostela convértese no terceiro centro examinador oficial en España coa autorización por parte da Japan Foundation para celebrar o exame NOKEN.

A matrícula deberá realizarse nas datas sinaladas a través da páxina web do Centro http://www.usc.es/clm ou, excepcionalmente, de xeito presencial no Negociado do propio CLM.

Os interesados que queiran mais información poden chamar entre as 9.00 e as 14.00 horas ao teléfono 8818 14443, escribir ao enderezo electrónico [email protected] ou ir a Casa dos Catedráticos, 1º C, Avenida das Ciencias, Campus Vida, Santiago de Compostela.

Máis información: http://www.usc.es/gl/servizos/clm/cursos/veran/index.html

ACTIVIDADES/FORMACION

Page 18: Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua · ou Máster, regulados no Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que establécese a ordenación das ensinanzas universitarias

BIP Xuño 2012 18

UNIVERSIDADE DE VERÁN 2012

A Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua abriu o prazo de inscrición para os cursos da Universidade de Verán 2012. Ábrese o prazo: En liña por internet, a partir do 15 de maio Presencial, a partir de 20 de xuño Acaba o prazo: o 6 de xullo, para os cursos que se celebran na semana do 16 de xullo o 13 de xullo, para os cursos que se celebran na semana do 23 de xullo o 31 de agosto, para os cursos que se celebran na semana do 3 de setembro A matrícula poderá formalizarse de tres maneiras: 1.- Por internet 2.- Presencial 3.- Por correo ordinario A USC recoñece créditos para os cursos da Universidade de Verán 2012 A información está dispoñible en: http://www.usc.es/cultura/uveran12cursos.htm

CURSO DE POSGRAO EN INVESTIGACIÓN SOCIAL APLICADA E ANÁLISE DE DATOS

O Centro de Investigacións Sociolóxicas convoca o XXI Curso de posgrao de Formación de Especialistas en Investigación Social Aplicada e Análise de Datos 2012-2013.

O curso, de carácter presencial, estrutúrase en dous módulos:

Módulo 1. A recollida de datos e a investigación mediante enquisas. Módulo 2. Análise e interpretación de datos de enquisa. Inclúe cursos de técnicas de análise estatística de datos, bivariables e multivariables.

A duración será de 300 horas lectivas, dará comezo a mediados de outubro de 2012 e finalizará en setembro de 2013. As sesións de traballo terán lugar entre tres e catro días por semana, en horario de 17 a 20 h.

O curso está dirixido a licenciados ou graduados con adecuada formación en ciencias sociais.

A admisión require estar en posesión dun título universitario.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 2 de setembro de 2012. Máis información: http://www.cis.es/cis/opencms/ES/6_formacion/CursoPosgrado/

Page 19: Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua · ou Máster, regulados no Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que establécese a ordenación das ensinanzas universitarias

BIP Xuño 2012 19

OUTRA FORMACIÓN Master – Cursos de especialización – Formación continua.

http://www.usc.es/cptf/Postgrado/CursosPostgrado/CpM2010-2011g.htm

Outros cursos da Universidade Santiago http://www.usc.es/gl/cursos/

Guía 10/11 Oficial das Universidades Españolas. Ministerio de Educación. http://www.guiauniversidades.uji.es/postgrados2010/index.html

Centro de Novas Tecnoloxía de Galicia – Consellería de Traballo e Benestar (No que se imparte formación para as persoas que desenvolven ou queren desenvolver o seu labor profeisonal no eido das novas tecnoloxías da información e comunicación)

https://cntg.xunta.es/web/cnt/formacion Cursos da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela

http://www.camaracompostela.com/Default.asp?m=3&p=31

Cursos do Centro Multimedia de Galicia http://www.cmg.xunta.es/of_cursosonline.php

Formación Centro de Iniciativas Profesionais http://www.cip-formacion.com/web/

Servizo Publico de Emprego Estatal. Formación para o emprego. http://www.sepe.es/contenido/empleo_formacion/formacion/formacion_para_el_empleo/formacion_profesional_para_el_empleo/index.html

Page 20: Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua · ou Máster, regulados no Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que establécese a ordenación das ensinanzas universitarias

BIP Xuño 2012 20

II FERIA INTERNACIONAL DE EMPREGO

Organizada pola Axencia de Colocación do Concello Santiago de Compostela. Entre os días 19 e 20 de xullo, o Pavillón Multiusos Fontes do Sar volverá acoller a celebración de selección de candidatos e o programa de actividades paralelas, que inclúe as Xornadas Internacionais “Os Novos Mercados de Traballo e as Estratexias Innovadoras para a Busca de Emprego” con diversas conferencias e obradoiros

Todas as actividades desenvolvidas durante as dúas xornadas da II FIE serán totalmente gratuítas.

Mais informacion: http://axencialocaldecolocacion.org/

PROGRAMA XÓVENES PROFESIONAIS 2012

As Nacións Unidas convocan un examen anual para recrutar xóvenes profesionais altamente cualificados que desexen iniciar unha carreira profesional en NNUU. A convocatoria de 2012 estará aberta a candidatos españois. Requisitos para participar

• Ser menor de 32 anos a 31 de decembre de 2012 (nacidos o 1 de xaneiro de 1980 en adiante).

• Ter un título universitario de grao. • Excelente nivel de inglés e/ou francés . • Ter a nacionalidade dun país participante (España participa na convocatoria

de 2012). As áreas convocadas son as seguintes:

• Arquitectura • Asuntos Económicos • Asuntos Políticos • Asuntos Socias • Produción de radio (portugués ou suajili) • Tecnoloxías da Información.

Prazo de presentación: Dende o 13 de xullo ata o 12 de setembro de 2012. O examen terá lugar en Madrid o 5 de decembro de 2012. Naciones Unidas seleccionará aos 40 españois máis cualificados de cada área para participar no examen escrito. Nesta selección teráse en conta:

• Idiomas: Excelente nivel noutros idiomas oficiais de Naciones Unidas (árabe, chico, español, ruso).

• Titulación universitaria: nivel superior na área convocada. • Experiencia: tempo de traballo na área convocada.

NOVAS

Page 21: Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua · ou Máster, regulados no Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que establécese a ordenación das ensinanzas universitarias

BIP Xuño 2012 21

O proceso de selección está a cargo do Departamento de Recursos Humanos de Naciones Unidas e pode seguirse no seguinte enlace: https://careers.un.org/lbw/home.aspx?viewtype=NCE CAMPOS DE TRABALLO EN GALICIA E NOUTRAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, convoca, unha vez máis, a Campaña de Verán 2012, para favorecer que a xuventude empregue parte do seu tempo vacacional en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan non só para divertirse senón tamén para o enriquecemento persoal e vital, ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional.

'Acción de Verán' é un programa de actividades que ten lugar durante os meses de xullo e agosto, tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas. Está composto por diferentes áreas, que comprenden actividades de lecer para toda a xuventude e actividades de voluntariado en campos de traballo nacionais e estranxeiros.

As actividades da campaña de verán están dirixidas a todos aqueles mozos e mozas que desexen pasar un verán diferente, cooperando en iniciativas sociais ou compartindo experiencias con outros rapaces en campamentos de todo o estado. Son unha forma económica e divertida de axudar e gozar.

Máis información: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html

Page 22: Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua · ou Máster, regulados no Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que establécese a ordenación das ensinanzas universitarias

BIP Xuño 2012 22

MAIS INFORMACION: