tÍtulo de bacharelato

of 10 /10
ITINERARIO LARANXA: Itinerario de Formación Profesional ITINERARIO AZUL: Itinerario Académico Subir nota: O alumnado de FP Superior que desexe subir nota para acceder á Universidade pode presentarse á ABAU TÍTULO DE BACHARELATO

Upload: others

Post on 25-Oct-2021

10 views

Category:

Documents


0 download

Embed Size (px)

TRANSCRIPT

Page 1: TÍTULO DE BACHARELATO

ITINERARIO LARANXA: Itinerario de Formación Profesional

ITINERARIO AZUL: Itinerario Académico

Subir nota: O alumnado de FP Superior que desexe subir nota para acceder á Universidade pode presentarse á ABAU

TÍTULO DE BACHARELATO

Page 2: TÍTULO DE BACHARELATO

DISTRIBUCIÓN HORARIA. EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

(Os números dentro da táboa indican as horas lectivas semanais adicadas a cada materia)

MATERIAS CURSOS

1º 2º 3º 4º

ACADÉMICAS APLICADAS

Lingua galega e literatura 4 3 3 3 3

Lingua castelá e literatura 4 3 3 3 3

Primeira lingua estranxeira 3 3 3 3 3

Matemáticas 5 5 ↓

Matemáticas orientadas as ensin. académicas 4 4

Matemáticas orientadas as ensin. aplicadas 4 4

Xeografía e historia 3 3 3 3 3

Bioloxía e Xeoloxía 4 2 3 **

Física e Química 3 2 3 **

Educación física 2 2 2 2 2

Relixión / Valores soiais e cívicos 1 1 1 1 1

Titoría 1 1 1 1 1

Segunda lingua estranxeira / Exentos: reforzo 2 2 2 * 3 * 3 *

Educación Plástica, Visual e Audiovisual 2 2 3 * 3 *

Música 2 2 3 * 3*

Tecnoloxía 3 2 3 **

Cultura Clásica 2 * 3 * 3 *

Economía 3 **

Latín 3 **

Iniciación á Actividade Emprendedora 3 **

Ciencias aplicadas á actividade profesional 3 **

Artes escénicas e danza 3 * 3 *

Cultura científica 3 * 3 *

Filosofía 3 * 3 *

Tecnoloxías da información e comunicación 3 * 3 *

Unha materia do bloque de troncais non cursada 3 * 3 *

Libre configuración do centro 1 1

TOTAIS 32 32 32 32 32

* Específicas de opción:

- Elixir 1 en 3º de ESO

- Elixir 2 en 4º de ESO

** Troncal de opción:

- Elixir 2 en 4º de ESO

En 3º de ESO elixirás e cursarás 1 das seguintes materias: “Matemáticas orientadas ás Ensinanzas Académicas” ou

“Matemáticas orientadas ás Ensinanzas Aplicadas”.

Page 3: TÍTULO DE BACHARELATO

ORIENTACIÓNS CARA A MATRÍCULA DO VINDEIRO CURSO 2020-21

Se cara o vindeiro curso 2020-21 vas cursar 1º ESO, no impreso da matrícula atoparás que debes

realizar unha elección respecto das seguintes materias:

Primeira Lingua Estranxeira. Tes dúas opcións: Inglés ou Francés. Debes marcar (elixir) a

materia que queiras como Primeira Lingua Estranxeira. Cursarás as dúas materias

(Inglés e Francés), pero hai unha diferenza no horario semanal de ambas. A materia

elixida como 1ª Lingua Estranxeira impártese durante 3 horas lectivas á semana e a

materia elixida como 2ª Lingua Estranxeira ten un horario de 2 horas lectivas á semana.

Solicitar exención da Segunda Lingua Estranxeira. O alumnado que presentase

dificultades de aprendizaxe na etapa de Educación Primaria poderá solicitar a exención

da 2ª Lingua Estranxeira, é dicir, cursar só unha lingua estranxeira: Inglés ou Francés (a

que se elixa), sempre e cando haxa un Informe do Titor/a do 6º curso de Educación

Primaria no que se recomende dita exención e unha Autorización da familia.

Relixión / Valores Éticos. Elixirás cursar unha das dúas materias: Relixión ou Valores

Éticos.

Materia de Libre Configuración de Centro. Elixirás e cursarás unha materia das ofertadas

polo centro educativo.

Se cara o vindeiro curso 2020-21 vas cursar 2º ESO, no impreso da matrícula atoparás que debes

realizar unha elección respecto das seguintes materias:

Primeira Lingua Estranxeira. Tes dúas opcións: Inglés ou Francés. Debes marcar (elixir) a

materia que queiras como Primeira Lingua Estranxeira. Cursarás as dúas materias

(Inglés e Francés), pero hai unha diferenza no horario semanal de ambas. A materia

elixida como 1ª Lingua Estranxeira impártese durante 3 horas lectivas á semana e a

materia elixida como 2ª Lingua Estranxeira ten un horario de 2 horas lectivas á semana.

Se o curso pasado estiveches exento da 2ª Lingua Estranxeira, continuarás, de xeito

xeral, exento da 2ª Lingua Estranxeira no vindeiro curso.

Solicitar exención da Segunda Lingua Estranxeira. O alumnado que presentase

dificultades de aprendizaxe no curso previo poderá estar exento de cursar a 2ª Lingua

Estranxeira, é dicir, cursar só unha lingua estranxeira: Inglés ou Francés (a que se elixa),

sempre e cando haxa un Informe do Titor/a do curso previo no que se recomende dita

exención e unha Autorización da familia.

Relixión / Valores Éticos. Elixirás cursar unha das dúas materias: Relixión ou Valores

Éticos.

Materia de Libre Configuración de Centro. Elixirás cursar unha materia das ofertadas

polo centro educativo.

Materias pendentes de 1º ESO. No impreso da matrícula escribirás todas as materias que

suspendiches o curso pasado.

Page 4: TÍTULO DE BACHARELATO

Se cara o vindeiro curso 2020-21 vas cursar 3º ESO, no impreso da matrícula atoparás que debes

realizar unha elección respecto das seguintes materias:

Primeira Lingua Estranxeira. Tes dúas opcións: Inglés ou Francés. Debes marcar (elixir) a

materia que queiras como Primeira Lingua Estranxeira. A materia elixida como 1ª Lingua

Estranxeira impártese durante 3 horas lectivas á semana.

Relixión / Valores Éticos. Elixirás cursar unha das dúas materias: Relixión ou Valores

Éticos.

Materias Específicas de Opción. No impreso da matrícula aparecen as dúas Materias

Específicas de Opción que hai en 3º de ESO: Cultura Clásica e 2ª Lingua Estranxeira.

Elixirás unha delas para cursar. De xeito xeral, se durante 1º e 2º de ESO estivestes

exento de cursar a 2ª Lingua Estranxeira, será recomendable que elixas cursar Cultura

Clásica.

Matemáticas. Neste curso ofértanse dúas materias de Matemáticas: “Matemáticas

Orientadas ás Ensinanzas Académicas” e “Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas

Aplicadas”. Elixirás cursar unha delas. As Matemáticas Académicas están pensadas para

o alumnado que, en Bacharelato e/ou estudos superiores, vaian cursar materias de

Matemáticas. Ten en conta que en 4º de ESO hai dous itinerarios para elixir: Académicas

e Aplicadas. O itinerario de Académicas inclúe as “Matemáticas Orientadas ás

Ensinanzas Académicas” e o itinerario de Aplicadas inclúe a materia de “Matemáticas

Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas”. Polo tanto, pensa no itinerario que escollas en 4º

de ESO, xa que é aconsellable que haxa unha continuidade curricular.

Materias pendentes de 2º ESO. No impreso da matrícula escribirás todas as materias que

suspendiches o curso pasado.

Se cara o vindeiro curso 2020-21 vas cursar 4º ESO, no impreso da matrícula atoparás que debes

realizar unha elección respecto das seguintes materias/opcións:

Primeira Lingua Estranxeira. Tes dúas opcións: Inglés ou Francés. Debes marcar (elixir) a

materia que queiras cursar como Primeira Lingua Estranxeira.

Relixión / Valores Éticos. Elixirás cursar unha das dúas materias: Relixión ou Valores

Éticos.

Itinerario Académicas ou Itinerario Aplicadas. Terás que elixir un dos dous itinerarios. O

itinerario de Académicas está concibido para alumnado que curse un bacharelato ou

unha Formación Profesional de Grao Superior. O itinerario de Aplicadas está pensado

para o alumnado encamiñado cara á Formación Profesional de Grao Medio.

Itinerario de Académicas. Hai 2 opcións e elixirás 1

Bioloxía e Xeoloxía + Física e Química.

Dirixido ó alumnado que curse estudos posteriores polas ramas de

Ciencias/Tecnoloxía ou Ciencias da Saúde.

Economía + Latín.

Dirixido ó alumnado que curse estudos posteriores pola rama de

Humanidades ou Ciencias Sociais.

Itinerario de Aplicadas. Terás que escoller dúas materias das tres que se ofertan

no impreso da matrícula.

Materias Específicas de Opción. Cursarás dúas materias das ofertadas polo centro.

Debes marcalas todas por orde de preferencia.

Page 5: TÍTULO DE BACHARELATO

Se cara o vindeiro curso 2020-21 vas cursar 1º Bacharelato, no impreso da matrícula atoparás

que debes realizar unha elección respecto das seguintes materias/modalidades:

Primeira Lingua Estranxeira I. Tes dúas opcións: Inglés ou Francés. Debes marcar (elixir)

a materia que queiras como Primeira Lingua Estranxeira I.

No I.E.S. “Eduardo Pondal” ofértanse 2 modalidades de Bacharelato: modalidades de

Ciencias e modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais. A modalidade do

Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais divídese en 2 itinerarios: Humanidades

e Ciencias Sociais.

Se escolles o Bacharelato de Ciencias cursarás obrigatoriamente a materia troncal de

modalidade Matemáticas I.

Se escolles o Bacharelato de Humanidades cursarás obrigatoriamente a materia troncal

de modalidade Latín I.

Se escolles o Bacharelato de Ciencias Sociais cursarás obrigatoriamente a materia

troncal de modalidade Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I.

Modalidade de Bacharelato de Ciencias. Nesta modalidade tes 2 itinerarios e elixirás 1

deles:

Itinerario de Física e Química + Bioloxía e Xeoloxía (pensado para estudos

posteriores relacionados coa rama de Ciencias / Ciencias da Saúde).

Itinerario de Física e Química + Debuxo Técnico I (pensado para estudos

posteriores relacionados coa rama de Enxeñaría e Arquitectura).

Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais.

Destas 2 materias: Grego I e Economía, escollerás e cursarás 1 soa.

Destas 2 materias: Literatura Universal e Historia do Mundo Contemporáneo,

escollerás e cursarás 1 soa.

Ademais de escoller unha modalidade de bacharelato, tamén terás que escoller que Materias

Específicas e De Libre Configuración vas cursar. No impreso da matrícula terás as seguintes

opcións:

Escollerás e cursarás 1 das seguintes 4 materias: Tecnoloxía Industrial, Anatomía, TIC +

Ref., Ling. e Pr. Musical.

Escollerás un Itinerario: A ou B

Itinerario A:

Escollerás e cursarás 1 das seguintes 3 materias: Cultura Científica, TIC,

Francés.

Escollerás e cursarás 1 das seguintes 6 materias: Reforzo/ampliación

Inglés, Reforzo/ampliación Francés, Reforzo/ampliación Educación

Física, Reforzo/ampliación Tecnoloxía Industrial, Relixión, Educación

Emocional.

Itinerario B: cursarás Robótica e Relixión.

Page 6: TÍTULO DE BACHARELATO

NOTA: É IMPORTANTE QUE SI XA TES UNHA IDEA SOBRE CALES SON OS GRAOS UNIVERSITARIOS

QUE MÁIS TE GUSTAN OU PREFIRES, CONSULTES NA PÁXINA DA “COMISIÓN

INTERUNIVERSITARIA DE GALICIA” (https://ciug.gal/PDF/ponderacions.pdf) OS PARÁMETROS

DE PONDERACIÓN DAS DISTINTAS MATERIAS PARA QUE COÑEZAS CALES SON OS QUE TE

PUNTUARÁN MÁIS ALTO CARA A PARTE VOLUNTARIA (PARA SUBIR NOTA) DA ABAU. Os

parámetros de ponderación son 0,1 ou 0,2. Para entrar nun Grao Universitario no que a

demanda de prazas sexa superior á oferta interesa escoller aquelas materias con parámetros de

0,2 posto que te subirán máis a nota. Na páxina da Comisión Interuniversitaria de Galicia tamén

hai toda a información necesaria sobre a ABAU, Acceso a Universidade, Notas de corte, etc.

A túa Nota de Acceso á Universidade calcularase do seguinte xeito:

Nota de Acceso = 0,6*NMB + 0,4*NFO (só fase obrigatoria da ABAU)

A túa Nota de Admisión á Universidade calcularase do seguinte xeito:

Nota de Admisión = 0,6*NMB + 0,4*NFO + a1*M1 + a2*M2 (fase obrigatoria + fase voluntaria para subir nota)

NMB: Nota media de Bacharelato.

NFO: Nota media das cinco materias da fase obrigatoria da ABAU.

a1 e a2: parámetros de ponderación das materias da parte voluntaria e/ou materia troncal de modalidade.

M1 e M2: cualificacións das materias da parte voluntaria e/ou da materia troncal de modalidade.

Poñamos un exemplo:

NMB (nota media de bacharelato) = 5

NFO (nota media das cinco materias da parte obrigatoria da ABAU) = 7

Nota de Acceso = 0,6 x 5 + 0,4 x 7 = 3 + 2,8 = 5,8 (A nota media do bacharelato multiplícase por

0,6 para calcular o 60 por cento da nota media do bacharelato e a nota da fase obrigatoria da

ABAU multiplícase por 0,4 para calcular o 40 por cento da nota da fase obrigatoria).

Imaxinemos que este alumno quere entrar no Grao de Medicina, estudos moi demandados

cunha nota de corte moi alta. Necesita subir nota para poder acceder a Medicina xa que un 5

como nota media de bacharelato non é suficiente. Tería que presentarse á parte voluntaria da

ABAU, examinándose de ata un máximo de catro materias e escollendo as dúas materias con

mellor cualificación para subir a nota total.

Na seguinte táboa de parámetros de ponderación observamos que no Grao en Medicina, as

materias que puntúan con 0,2 son Bioloxía e Química. Polo tanto, a nota obtida polo alumno

nestas dúas materias multiplicaríase por 0,2.

Page 7: TÍTULO DE BACHARELATO

M1(nota do alumno na materia de Bioloxía) = 9

M2 (nota do polo alumno na materia de Química) = 8

a1 (parámetro de ponderación de Bioloxía para o Grao de Medicina)= 0,2

a2 (parámetro de ponderación de Química para o Grao de Medicina) = 0,2

Nota Parte Voluntaria = a1*M1 + a2*M2 = 0,2 x 9 + 0,2 x 8 = 1,8 + 1,6 = 3,4

Polo tanto, a Nota de Admisión do alumno sería = 5,8 + 3,4 = 9,2

Page 8: TÍTULO DE BACHARELATO

Se cara o vindeiro curso 2020-21 vas cursar 2º Bacharelato, no impreso de matrícula te atoparás

que debes realizar unha elección respecto das seguintes materias/modalidades:

Primeira Lingua Estranxeira II. Tes dúas opcións: Inglés ou Francés. Debes marcar (elixir)

a materia que queiras como Primeira Lingua Estranxeira II.

No I.E.S. “Eduardo Pondal” ofértanse 2 modalidades de Bacharelato: modalidades de

Ciencias e modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais. A modalidade do

Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais divídese en 2 itinerarios: Humanidades

e Ciencias Sociais.

Se escolles o Bacharelato de Ciencias cursarás obrigatoriamente a materia troncal de

modalidade Matemáticas II.

Se escolles o Bacharelato de Humanidades cursarás obrigatoriamente a materia troncal

de modalidade Latín II e a materia Historia da Filosofía.

Se escolles o Bacharelato de Ciencias Sociais cursarás obrigatoriamente a materia

troncal de modalidade Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II e a materia Historia

da Filosofía.

Modalidade de Bacharelato de Ciencias.

Nesta modalidade tes 3 itinerarios e elixirás 1 deles:

Itinerario de Bioloxía e Física

Itinerario de Debuxo Técnico II e Física

Itinerario de Bioloxía e Xeoloxía

Tamén escollerás cursar 1 das seguintes materias: Química ou Historia da Filosofía.

Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais.

Escollerás 2 das seguintes materias: Xeografía, Grego II, Historia da Arte

e Economía.

Aparte de escoller unha modalidade de bacharelato tamén terás que escoller que Materias

Específicas e De Libre Configuración vas cursar. No impreso de matrícula terás as seguintes

opcións:

Escollerás e cursarás 1 das seguintes 6 materias: Tecnoloxía Industrial II, TIC II, Francés,

Ciencias da Terra e o Medio Ambiente, Fund. De Administración e Xestión, Psicoloxía.

Escollerás e cursarás 1 das seguintes 5 materias: Relixión, Estatística, Ref. Inglés, Ref.

TIC, Fundamentos do Léxico das Ciencias e da Técnica.

Recorda que para avaliar as materias progresivas (as que teñen a mesma denominación) de 2º

de Bacharelato debes ter superadas as de 1º de bacharelato. Por ex. Para cursar Grego II en 2º

de Bach. precisas Grego I de 1º de Bach; Bioloxía de 2º de Bach. precisa Bioloxía e Xeoloxía de

1º de Bach, etc.

NOTA: é IMPORTANTE QUE SI XA TES UNHA IDEA SOBRE CALES SON OS GRAOS UNIVERSITARIOS

QUE MÁIS TE GUSTAN OU PREFIRES, CONSULTES NA PÁXINA DA “COMISIÓN

INTERUNIVERSITARIA DE GALICIA” (https://ciug.gal/PDF/ponderacions.pdf) OS PARÁMETROS

DE PONDERACIÓN DAS DISTINTAS MATERIAS PARA QUE COÑEZAS CALES SON OS QUE TE

PUNTUARÁN MÁIS ALTO CARA A PARTE VOLUNTARIA (PARA SUBIR NOTA) DA ABAU. Os

parámetros de ponderación son 0,1 ou 0,2. Para entrar nun Grao Universitario no que a

demanda de prazas sexa superior á oferta interésate escoller aquelas materias con parámetros

de 0,2 posto que te subirán máis a nota. Na páxina web da Comisión Interuniversitaria de Galicia

Page 9: TÍTULO DE BACHARELATO

tamén tes toda a información necesaria sobre a ABAU, Acceso a Universidade, Notas de Corte

etc.

A túa Nota de Acceso á Universidade calcularase do seguinte xeito:

Nota de Acceso = 0,6*NMB + 0,4*NFO (so fase obrigatoria da ABAU)

A túa Nota de Admisión á Universidade calcularase do seguinte xeito:

Nota de Admisión = 0,6*NMB + 0,4*NFO + a1*M1 + a2*M2 (fase obrigatora + fase voluntaria para subir nota)

NMB: Nota media de Bacharelato.

NFO: Nota media das cinco materias da fase obrigatoria.

a1 e a2: parámetros de ponderación das materias da parte voluntaria e/ou materia troncal de modalidade.

M1 e M2: cualificacións das materias da parte voluntaria e/ou da materia troncal de modalidade.

Poñamos un exemplo:

NMB (nota media de bacharelato) = 5

NFO (nota media das cinco materias da parte obrigatoria) = 7

Nota de Acceso = 0,6 x 5 + 0,4 x 7 = 3 + 2,8 = 5,8 (A nota media do bacharelato multiplícase por

0,6 para calcular o 60 por cento da nota media do bacharelato e a nota da fase obrigatoria da

ABAU multiplícase por 0,4 para calcular o 40 por cento da nota da fase obrigatoria).

Imaxinemos que este alumno quere entrar no Grao de Medicina, estudos moi demandados

cunha nota de corte moi alta. Necesita subir nota para poder acceder a Medicina xa que un 5,8

non é suficiente. Tería que presentarse á parte voluntaria da ABAU, examinándose de ata un

máximo de catro materias e escollendo as dúas materias con mellor cualificación para subir a

nota total.

Na seguinte táboa de parámetros de ponderación observamos que no Grao en Medicina, as

materias que puntúan con 0,2 son Bioloxía e Química. Polo tanto, a nota obtida polo alumno

nestas dúas materias multiplicaríase por 0,2.

Page 10: TÍTULO DE BACHARELATO

M1(nota do alumno na materia de Bioloxía) = 9

M2 (nota do polo alumno na materia de Química) = 8

a1 (parámetro de ponderación de Bioloxía para o Grao de Medicina)= 0,2

a2 (parámetro de ponderación de Química para o Grao de Medicina) = 0,2

Nota Parte Voluntaria = a1*M1 + a2*M2 = 0,2 x 9 + 0,2 x 8 = 1,8 + 1,6 = 3,4

Polo tanto, a Nota de Admisión do alumno sería = 5,8 + 3,4 = 9,2

Se cara o vindeiro curso estás interesado en cursar estudos de Formación Profesional, ben de

Grao Básico (FP Básica), Grao Medio (CM) ou de Grao Superior (CS) entra na web da Consellería

de Educación, Universidade e Formación Profesional de Galicia a través do seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/fp/

Nesta páxina poderás atopar toda a información necesaria sobre:

Cando e como matricularse nun ciclo de Formación Profesional.

Oferta de Ciclos de Formación Profesional clasificados por Familia e/ou Concello.

Criterios de acceso e condicións.

Características de cada ciclo formativo.