titorial sobre o dropbox

6
Departamento de Edu. Plástica do IES Nº 1 da Estrada Curso 10-11

Upload: plastilina3

Post on 20-Jul-2015

447 views

Category:

Documents


3 download

TRANSCRIPT

Departamento de Edu. Plástica do IES Nº 1 da Estrada

Curso 10-11

DROPBOX é un servizo gratuíto de almacenamento de datos online, co que podes

sincronizar e compartir todo tipo de arquivos entre varios ordenadores e/ou usuarios. É

moi doado de usar e unha alternativa eficaz aos métodos tradicionais de

almacenamento en discos externos ou chaves USB. Solo tes que rexistrarte e instalar

no teu PC o programa Dropbox. Despois de crear a túa conta, terás 2 GB de espazo de

balde (se invitas a máis xente podes chegar a ter ata 10 GB, e pagando podes ter ata

100 GB).

Descarga aquí o programa Dropbox

Poderás acceder ao teu espazo Dropbox dende calquera posto con acceso a Internet

(pc, móbiles, etc.). Todos os datos son codificados con un algoritmo robusto que

garanten a privacidade a través de un acceso exclusivo e seguro. Ademais, Dropbox

ofrece un diario de actividade da súa conta, con todas as modificacións realizadas ata a

data, así que poderás recuperar versións antigas de arquivos, incluso aqueles que

foron sobrescritos varias veces.

Descarga o arquivo executable de Dropbox no teu Pc

Unha vez descargado o arquivo executable no teu PC, execútao para instalalo

E seleciona: se é a primeira instalación

que fas de Dropbox coa túa conta ou ben

o se vas a sincronizar con outro PC

cunha conta que xa tes de Dropbox

Configura os datos da nova conta ou

introduce o mail e contrasinal dunha xa

creada

E fai click en «Next» nas distintas ventás que van aparecendo

Ao rematar comproba donde

queda instalada a carpeta «My

Drobpox», por defecto queda

dentro de «mis documentos».

Tamén veras aparecer os novos

arquivos e carpetas DROPBOX