titorial slidestory

6
Grupo deTraballo: O CEIP Coutada Beade dando pasos cara a escola 2.0. Coordinadora: Susana Esmorís Fernández. ENDEREZO: http://www.slidestory.com Trátase dunha ferramenta para crear presentación. Para empregala, precisamos dunha serie de imaxes, un micrófono e auricular e unha historia que narrar. Aquí tedes algunhas ideas: Qué podemos facer con ela? Crear un conto para os alumnos. Crear unha historia coa ilustración dos alumnos. Crear unha historia coa ilustración e voz dos alumnos (guiado). Presentar as letras do alfabeto para traballar a súa pronunciación. Recusro moi bó para o traballo de vocabulario. Podemos empregalo para explicar un tema no que precisemos explicar imaxes Podemos realizar un “descubrimento guiado” gravando preguntas para as imaxes que están a ver. Moi bó para as linguas estranxeiras: traballo de pronunciación e vocabulario. Lectoescritura en infantil e AL Explicación dos pasos dun proceso: por exemplo unha operación matemática, dun experimento, dunha receita, … Explicar as normas dun xogo ou deporte de xeito visual. Presentar instrumentos musicais e gravar o seu son. Os alumnos tamen participan pois, eles mesmos poden aprender a manexar esta ferramenta. E seguro que hai moitas máis opcións 1º. Temos que facer unha conta persoal dende a web. 2º Descargamos a aplicación no PC ou pedimos axuda para que algún compañeiro a instale 3º Creamos a presentación e subímola ou pedimos axuda para subila ao espazo web. NON QUEREMOS CARGARVOS DE MÁIS TRABALLO pero, PODEMOS APROVEITAR O MOITO QUE LEVAMOS CREADO DURANTE O CURSO E CONVERTILO NUN CONTIDO DIXITAL.

Upload: susana-esmoris

Post on 28-Mar-2016

252 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

FERRAMENTA DE AUDIOPRESENTACIÓN

TRANSCRIPT

Page 1: TITORIAL SLIDESTORY

Grupo deTraballo: O CEIP Coutada Beade dando pasos cara a escola 2.0. Coordinadora: Susana Esmorís Fernández.

ENDEREZO: http://www.slidestory.com

Trátase dunha ferramenta para crear presentación. Para empregala, precisamos dunha serie

de imaxes, un micrófono e auricular e unha historia que narrar. Aquí tedes algunhas ideas:

Qué podemos facer con ela?

� Crear un conto para os alumnos.

� Crear unha historia coa ilustración dos alumnos.

� Crear unha historia coa ilustración e voz dos alumnos (guiado).

� Presentar as letras do alfabeto para traballar a súa pronunciación.

� Recusro moi bó para o traballo de vocabulario.

� Podemos empregalo para explicar un tema no que precisemos explicar imaxes

� Podemos realizar un “descubrimento guiado” gravando preguntas para as imaxes que

están a ver.

� Moi bó para as linguas estranxeiras: traballo de pronunciación e vocabulario.

� Lectoescritura en infantil e AL

� Explicación dos pasos dun proceso: por exemplo unha operación matemática, dun

experimento, dunha receita, …

� Explicar as normas dun xogo ou deporte de xeito visual.

� Presentar instrumentos musicais e gravar o seu son.

� Os alumnos tamen participan pois, eles mesmos poden aprender a manexar esta

ferramenta.

� E seguro que hai moitas máis opcións

1º. Temos que facer unha conta persoal dende a web.

2º Descargamos a aplicación no PC ou pedimos axuda para que algún compañeiro a instale

3º Creamos a presentación e subímola ou pedimos axuda para subila ao espazo web.

NON QUEREMOS CARGARVOS DE MÁIS TRABALLO pero, PODEMOS APROVEITAR O MOITO

QUE LEVAMOS CREADO DURANTE O CURSO E CONVERTILO NUN CONTIDO DIXITAL.

Page 2: TITORIAL SLIDESTORY

2

1. Crear conta persoal na aplicación

PARA CREAR UNHA PRESENTACIÓN NECESITAMOS TER A MAN AS IMAXES QUE IMOS A

EMPREGAR: gardalas no PC, CD ou MEMORIA USB.

Cando falamos de imaxes éstas poden ser fotos do grupo, de traballos, debuxos escaneados,

imaxes descargadas da rede,… Dependerá da idea que teñades.

2. Comezo coa aplicación.

Page 3: TITORIAL SLIDESTORY

3

A pantalla anterior é o primeiro que nos atopamos ao abrir a aplicación.

Pasos a seguir para o seu emprego:

1) Engadir tódalas imaxes que imos empregar. Temos que engadir de unha en unha. Para

facelo, prememos no botón ADD e buscaremos nas carpetas do pc. Un truco rápido é

crear unha carpeta no escritorio con todas elas. Seleccionamos a foto e clicamos en

ABRIR. Aparecerá a nosa imaxe na barra superior.

- Se queremos eliminar unha foto: situámonos sobre ela (aparecerá en cor vermello)

e realizamos estes pasos: prememos o botón dereito do rato e– REMOVE SLIDE.

Desaparecerá.

- Se queremos cambialas de orde, só temos que situar o rato sobre elas e

arrastralas.

2) Guión para o audio das imaxes. Non é necesario que todas elas teñan audio pois

dependerá do contido que estedes a crear.

- Podemos crear un guión previo, de xeito que antes de gravar a voz podemos

redactar o texto. (depois non é visible pois só se trata dun borrador).

- Para facelo, seleccionamos a imaxe (aparece en vermello) e prememos no botón

Q Card. Abrirase unha nova xanela na que redactamos o texto.

- Unha vez redactado, se prememos en NEXT estaremos preparados para redactar o

texto da seguinte foto.

Page 4: TITORIAL SLIDESTORY

4

3) CREAR O AUDIO:

Ao premer sobre unha imaxe, aparecen baixo ela os botons dun reproductor.

- Para grabar, prememos no botón con punto.

- Para parar a grabación, prememos no botón “stop”.

- E, para escoitar a grabación, prememos no botón “play”.

- Que non nos gusta como queda, volvemos a repetir a secuencia anterior.

- Realizaremos estes pasos con cada imaxe.

-

OLLO, en cada imaxe só podemos grabar 1 minuto de duración.

4) VISTA PREVIA: podemos ver como queda a presentación. Tras vela pechamos a xanela

e podemos realizar cambios. Para iso, prememos no botón PREVIEW e dámoslle ao

“play”.

Page 5: TITORIAL SLIDESTORY

5

5) ÚLTIMOS PASOS; agora temos que editar a información da nosa presentación. Para iso

faremos clic en SLIDESTORY INFO – EDIT.

- Onde pon CHOOSE CATEGORY, seleccionaremos education

- Title: poñemos un título á nosa presentación

- Engadimos unha breve descripción

- Engadimos tags, (son palabras clave que se empregan para clasificar e buscar

arquivos). Pode ser “colebeade”. Escribímolo e prememos en add tag. Por

último, prememos en OK e listo.

6) Agora xa podemos publicar a nosa presentación e hai dúas posibilidades

- Se non tes unha conta creada terás que gardar o arquivo: File. Save Slidestory.

Gardarase no PC.

- Se tes creada unha conta, preme en Publish e verás o proceso de subida. Cando

remata podes premer en wiew e irás directamente á web onde está aloxado ( a

túa conta)

Page 6: TITORIAL SLIDESTORY

6

Unha vez subido á web, o aspecto dentro da túa conta será este: aparecen as presentacións

que tes creadas.

E, para obter o código embed e poder insertar a presentación nun sitio web (web, blog,…)

podes velo neste apartado. Selecciona a presentación previamente.

Copias o código, pégalo no sitio web e LISTO!!