titorial: publicar entradas nun blog de blogger

24
Titorial para publicar nun blog con blogger borado por Miguel Carricoba Armesto e Marta Arias López.

Upload: sociaisabalar

Post on 13-Jun-2015

542 views

Category:

Documents


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Titorial: Publicar entradas nun blog de Blogger

Titorial para publicar nun blog con blogger

Elaborado por Miguel Carricoba Armesto e Marta Arias López.

Page 2: Titorial: Publicar entradas nun blog de Blogger

Para empezar… Como accedo ao meu blog outro día ou noutro ordenador?

1ª opción: tecleo no navegador a dirección de www.blogger.com e nesta ventá inicial, tecleo o meu correo electrónico e o meu contrasinal

Page 3: Titorial: Publicar entradas nun blog de Blogger

Fai c

lic aq

2ª opción: Tecleo o enderezo do meu blog na barra de navegación de internet (no meu caso blogccss.blogspot.com) e doulle ao botón acceder, onde te preguntará o teu correo e contrasinal…

Page 4: Titorial: Publicar entradas nun blog de Blogger

Para crear unha nova entrada podes facelo desde este escritorio

Page 5: Titorial: Publicar entradas nun blog de Blogger

Ou podes facelo desde a propia páxina do teu blog, sempre e cando esteas “dentro do sistema”, ou sexa, identificada.

Page 6: Titorial: Publicar entradas nun blog de Blogger

Aquí ponse o titular da túa entrada

Aquí escríbese a entrada, os contidos

Page 7: Titorial: Publicar entradas nun blog de Blogger

Aquí podes poñer palabras polas que clasificar as nosas entradas. Non tes porqué cubrilo inda que máis adiante nos pode axudar a que podamos organizar mellor as nosas entradas.

•En programar podes establecer a data de

publicación.

•En ubicación podes indicar o lugar (pode ser de

publicación, ou para o profesorado de Ciencias

Sociais, o lugar onde se produciu a noticia.

•En opcións podemos permitir ou non os

comentarios á nosa entrada.

Page 8: Titorial: Publicar entradas nun blog de Blogger

Podemos acompañar o noso texto cunha imaxe

Fai c

lic aq

Page 9: Titorial: Publicar entradas nun blog de Blogger

Podemos subir unha imaxe desde o noso ordenador ou podemos poñer unha imaxe que estea xa en internet.

Imos facer isto segundo.

Fai clic aquí

Page 10: Titorial: Publicar entradas nun blog de Blogger

Pega aquí o enderezo da imaxe seleccionada

Se non sabes seleccionar o enderezo dunha imaxe, explícocho a continuación

Primeiro busca a imaxe que queiras poñer en internet.

Page 11: Titorial: Publicar entradas nun blog de Blogger

Pega aquí o enderezo da imaxe seleccionada

Se non sabes seleccionar o enderezo dunha imaxe,

explícocho a continuación

Adianto eleccións

Busca en Google imaxes, unha sobre o tema da túa entrada.Selecciónaa.

Page 12: Titorial: Publicar entradas nun blog de Blogger

Doulle co botón dereito do rato e selecciono “copiar a ruta da imaxe”

Page 13: Titorial: Publicar entradas nun blog de Blogger

UN AVISO!Cando publiques a imaxe (ou un texto) que non sexa teus, acostúmate a indicar cal é a súa fonte. Non só porque é o correcto, senón tamén porque se queremos que o alumnado aprenda a respectar a propiedade allea, debemos dar exemplo. Non podemos criticarlles o seu “copia/pega” se nós facemos o mesmo.

Pego aquí o enderezo (ben co botón dereito do rato ou ben coa combinación de teclas CTRL+V)

Cando apareza a imaxe,

selecciónaa e fai clic aquí

Page 14: Titorial: Publicar entradas nun blog de Blogger

Aparece a imaxe. Selecciónaa cun click

Aparece un menú onde podes seleccionar o tamaño da imaxe e a súa colocación e xustificación (esquerda, centro, dereita). Ademais podes arrastrala ao lugar do texto que queiras.

Page 15: Titorial: Publicar entradas nun blog de Blogger

Observa estas catro opcións:•Publicar: Gardas o que estás facendo e queda publicado definitivamente no teu blog. En última instancia terás que facelo algunha vez ;-)•Gardar: queda gardado como borrador, pero non se publica no teu blog. Podes rematar a entrada se queres outro día.•Vista previa: permíteche ver como vai quedar a entrada. Olliño! Non queda publicada!•Cerrar: Pechas e non gardas nada.

Estas son as ferramentas típicas dun editor de texto

Page 16: Titorial: Publicar entradas nun blog de Blogger

Outra cousa útil é poñer enlaces a páxinas web que nos interesen. É o que se coñece co nome de hipervínculos ou en inglés links.

3.- Fai clic aquí

Para que non apareza todo o enlace escrito (que pode ser eterno), fai o seguinte:1.- Busca a páxina web que nos interesa e copiamos

o seu enderezo web (co botón dereito do rato ou coa combinación de teclas CTRL+C)

2.- Selecciona o texto que vai facer de hipervínculo.

Page 17: Titorial: Publicar entradas nun blog de Blogger

Pega o enderezo web aquí (usando o botón dereito do rato ou coa combinación de teclas CTRL+V)

http://www.elpais.com/articulo/opinion/urnas/fin/elpepuopi/20110730elpepiopi_1/Tes

Page 18: Titorial: Publicar entradas nun blog de Blogger

Observa como cambia a cor e aparece a información do enlace.

Page 19: Titorial: Publicar entradas nun blog de Blogger

Así nos queda!!!

Observa que ten unha cor distinta, indicativo de que é un hipervínculo a unha páxina web.

Page 20: Titorial: Publicar entradas nun blog de Blogger

Queda unha cousiña por dicir: lembra que o blog é unha ferramenta web 2.0 porque, entre outras cousas, nos permite relacionarnos cos autores. No caso dos blogs faise a través dos comentarios.

Fai clic aquí.

POSIBLE USO DOS COMENTARIOS: Pode usarse como ferramenta avaliadora

Page 21: Titorial: Publicar entradas nun blog de Blogger

Escribe aquí o teu comentario

Se estás dentro do sistema de blogger, aparecerache xa:

“Comentar como” e o nome que puxeches no teu rexistro, no meu caso Sociais

Entón xa podes publicar o teu comentario

Se non estás dentro do sistema de google, podes comentar igualmente en calquera blog. Neste caso aparecerache a opción de seleccionar un perfil. Selecciona “Conta de Google”, e completa os teus datos na ventá emerxente.

Page 22: Titorial: Publicar entradas nun blog de Blogger

Para xestionar as túas entradas, vai ao teu escritorio (cando gardas ou pechas a entrada volves automaticamente a el, senón pincha no nome do blog).

Fíxate, son borradores, inda non están publicados

Ponte encima dunha entrada calquera, e verás que aparece un menú de

Editar - Visualizar - Suprimir

Page 23: Titorial: Publicar entradas nun blog de Blogger

Para publicar no teu blog outros recursos que existen na rede web 2.0… terás que ler o seguinte titorial:

“Como incrustar HTML nun blog”.

Page 24: Titorial: Publicar entradas nun blog de Blogger

Elaborado por Miguel Carricoba e Marta Arias.

FIN

Titorial para publicar nun blog con blogger

Elaborado por Miguel Carricoba Armesto e Marta Arias López.